Severo Sarduy. Un testigo fugaz y disfrazado (Sonetos y décimas). Barcelona, 1985
DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen...
Transcript of DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen...
SOMOS
DOUS
GUÍA DE PREVENCIÓN
DA VIOLENCIA DE XÉNERO
PARA MOZAS E MOZOS
N A L O I T A C O N T R A A V I O L E N C I A
C O N T A M O S I G U A L
ÍNDICE
INTRODUCIÓN 5
O PATRIARCADO 7
ASIGNACIÓN DE ROLES 7
ESTEREOTIPOS DE XÉNERO 9
O SEXISMO NA ACTUALIDADE 10
QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO? 11
FORMAS DE MALTRATO 12
COMO COMEZA? 13
CICLO DA VIOLENCIA 13
A VIOLENCIA NO NOIVADO 14
CLAVES PARA UNHA RELACIÓN SAUDABLE 14
TEST PARA MOZAS/OS NUNHA RELACIÓN DE NOIVADO 15
O AMOR SEGUNDO O XÉNERO 17
MITOS DO AMOR ROMÁNTICO 18
INGREDIENTES DO QUERERSE BEN 20
QUE É UNHA RELACIÓN SA 23
INTRODUCIÓN
Constitúe uns dos obxectivos da Deputación da Coruña a adopción de
medidas para o fomento da igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes na sociedade e a loita contra a violencia de xénero.
Por este motivo e coincidindo coa conmemoración do 25 de
novembro, Día contra a Violencia de Xénero, considerouse de interese
levar a cabo un programa socioeducativo de prevención da violencia
de xénero dirixido a poboación adolescente, en centros de educación
secundaria da provincia.
Algunhas das finalidades deste programa son:
- Erradicar mitos e estereotipos.
- Fomentar estratexias que potencien actitudes críticas fronte
as desigualdades e a violencia de xénero.
- Desenvolver habilidades de comunicación, escoita activa,
expresión de sentimentos, asertividade , etc. para a resolución
de conflitos.
Esta guía está dirixida a todos e todas vós, porque queremos que
sexades conscientes da importancia de fomentar cambios de actitude
baseados no respecto, confianza, apoio, tolerancia e igualdade, raíces
para que na vosa idade adulta gocedes de relacións igualitarias.
Aprender a identificar unha relación de maltrato e estar informados
axuda a reaccionar no caso de vivila en primeira persoa ou detectar
estas situacións no voso entorno, non nos esquezamos que a violencia
de xénero é un problema que nos afecta a toda a sociedade.
ZAIRA RODRÍGUEZ PÉREZ
Presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de
Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
O patriarcado é o sistema de organización social no que existe unha
distribución de poder desigual entre as mulleres e os homes. Está baseado na
autoridade e goberno dos homes tanto dentro da familia como no conxunto
da sociedade.
Aínda que as súas orixes se sitúan, segundo varias fontes, na época na que os
seres humanos nos fixemos sedentarios e se inicia a agricultura, hoxe en día
segue a ser o sistema de relación que impera na sociedade, se ben se foi
adaptando ás diferentes etapas polas que pasou a humanidade.
O patriarcado maniféstase hoxe en día en moitos aspectos que están
interrelacionados como son os aspectos socioeconómicos, os psicolóxicos e
os culturais. Ao longo desta guía veremos algunha das súas manifestacións.
Esta organización social patriarcal establece distintos
tipos de actividades en función do sexo:
Os mozos, educados social e culturalmente en
masculino estamos destinados a unha actividade
central e valorada, a produción.
As mozas, educadas en feminino estamos
destinadas a unha actividade minusvalorada, a
reprodución.
Todos os días e a través de moitas persoas, casa, escola, medios de
comunicación, cancións, películas, videoxogos, etc. recibimos un bombardeo
de mensaxes diferenciados para mozas e para mozos.
O PATRIARCADO
ASIGNACIÓN DE ROLES
Falan de todas as características psicolóxicas e sociais que
debemos ter os mozos. As mensaxes azuis dinnos que os mozos
temos que ser fortes, agresivos, non ter medo, temos que ser
bos nos deportes, ligar moito e presumir das nosas conquistas.
As mensaxes azuis dinnos que a todos os mozos nos gustan as
mozas e que de maiores temos que encargarnos de manter á
familia.
A través de todas as mensaxes azuis imos aprendendo como
temos que ser os mozos e que cousas podemos facer. Se non
cumprimos con esas mensaxes, ás veces, critícannos ou
enfádanse con nós.
Fálannos de todas as características psicolóxicas e sociais que
debemos ter as mozas.
Moita xente cre que as mozas temos que coidar a nosa imaxe,
maquillarnos, temos que atender a outras persoas, ser servizais,
discretas, románticas, ter coidado e non ir soas.
Moita xente considera que todas as mozas somos sensibles,
débiles, presumidas. Moita xente pensa que a todas as mozas
nos gustan os mozos.
ESTEREOTIPOS DE
XÉNERO
O “Quid” do problema está en como se supón que deben ser
os modelos masculinos e femininos na sociedade, pois os
que se mostran e reproducen na nosa están desfasados e
son discriminatorios.
A maioría das mensaxes rosas ou azuis non son malas en si
mesmas. O problema é que as mensaxes rosas están
dirixidas só ás mozas e os azuis só aos mozos. Isto encadra
e limita as nosas posibilidades de desenvolvernos como
persoas.
Aínda hoxe se considera que as mensaxes azuis son mellores
que as rosas.
O sexismo é un problema social, non só das mulleres. Unha
nova sociedade baseada na igualdade beneficiará tanto a
homes como a mulleres, dándonos máis liberdade para
desenvolvernos segundo os nosos gustos e potenciais.
Neste sentido, para acabar co problema do sexismo na nosa
sociedade non basta con non practicalo, senón que non
debemos admitilo e temos que loitar activamente contra el.
ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
Ao longo do tempo o sexismo foise transformando pasando dun
sexismo hostil (Machismo) a un sexismo máis sutil e difícil de
recoñecer.
!!DEBEMOS ANDAR LISTOS E LISTAS PARA PODER
RECOÑECELO!!
SE
XIS
MO
HO
ST
IL • O paternalismo dominador: xustificado pola
crenza de que as mulleres son mais débiles e inferiores e isto lexitima actitudes dominantes.
• A diferenciación de xénero competitiva: debida á crenza de que as mulleres non poden responsabilizarse de asuntos sociais e económicos importantes, sendo o seu entorno o doméstico.
• A hostilidade heterosexual: fundamentada na crenza de que as mulleres (debido ao seu poder sexual) son perigosas e manipulan aos homes.
• O paternalismo protector: entende á muller como débil e inferior, considera que o home debe protexela e coidar dela.
SE
XIS
MO
SU
TIL
• A diferenciación de xénero complementaria: considera que as mulleres posúen moitas características positivas que complementan ás que teñen os homes.
• A intimidade heterosexual: froito da crenza de que un home está incompleto sen unha muller.
O SEXISMO NA ACTUALIDADE
QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?
“Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo
feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou
sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así
como as ameazas de tales actos, a coacción ou privación
arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública
como na vida privada”
(Nacións Unidas)
Cando falamos de violencia de xénero falamos dun problema
social, unha cuestión que se dá tanto na casa como fóra da casa
e que nos afecta a todos e todas como sociedade.
Neste tipo de violencia búscase o sometemento e utilízanse
diferentes mecanismos de control, establecéndose unha relación
desigualitaria de poder onde un domina e o outro está
sometido.
A violencia de xénero é tanto un problema de homes como de
mulleres, o único xeito de erradicala é implicarnos todos e todas
no seu rexeitamento.
Para parala debemos formar UNHA FRONTE COMÚN.
FORMAS DE MALTRATO
PSICOLÓXICOS FÍSICOS BAIXA INTENSIDADE
FÍSICOS ALTA INTENSIDADE
ACUMULACIÓN DA TENSIÓN
EXPLOSIÓN RECONCILIACIÓN
LÚA DE MEL
CÓMO COMEZA?
CICLO DA VIOLENCIA
Ademais das etapas que dan forma ás situacións de violencia, tamén
se establece un proceso cíclico entre unha agresión e outra.
FASE DE TENSIÓN
FASE DE EXPLOSIÓN
FASE DE LÚA DE MEL
A medida que pasa o tempo esta progresión modifícase e a fase de
tensión faise máis curta e se intensifican as estratexias da fase de
dominio, a fase de arrepentimento tamén se acurta e incluso
desaparece.
O comezo da violencia ten lugar de maneira progresiva.
Debemos ter ollo de parala nos seus inicios xa que é un proceso
ascendente de etapas nas que a intensidade e frecuencia dos
estalidos violentos vanse incrementando a medida que pasa o
tempo.
A VIOLENCIA NO
NOIVADO
CLAVES PARA UNHA RELACIÓN
SAUDABLE
As túas opinións son tan importantes como as da outra persoa,
aínda que sexan diferentes.
Organizades cousas xuntos e divertídesvos.
É tan importante o tempo que pasas co teu noivo/noiva como o
que pasas coas túas amizades.
Tes confianza para poder falar de calquera tema sen medo aos
reproches.
Falades dos conflitos que poidades ter sen temor nin sensación
de imposición.
Compartides cousas coas demais persoas e non só con el ou con
ela. (NON É A ÚNICA PERSOA DE REFERENCIA).
Non facedes sempre o que el ou ela quere, senón tamén cousas
que a ti che gustan ou ti propós.
EN REALIDADE, CALQUERA DOS DOUS, FACEDES SEMPRE O QUE
DESEXADES FACER.
Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen
acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou
mesturado con mostras de afecto e sentimentos amorosos.
Estes primeiros comportamentos, normalmente relacionados
con comportamentos posesivos e de control, van cobrando
forza co tempo.
A ÚNICA SOLUCIÓN EFICAZ NESTES CASOS É DAR POR REMATADA A
RELACIÓN O MÁIS AXIÑA POSIBLE.
A VIOLENCIA NO NOIVADO
Controla continuamente o que fas.
É celoso/a e posesivo/a.
Non quere que estudes.
Búrlase de ti diante das túas compañeiras ou compañeiros.
Racha cousas que ti aprecias.
Ameázate.
Pégache.
Non quere que teñas relación coas túas amizades de sempre.
Obrígache a facer cousas que ti non queres.
Bérrache a cotío e perde o control.
A miúdo faite sentir culpable.
Faite chorar.
Tes medo das súas reaccións.
Sentes que te afasta da xente que queres.
Se contestaches que si ás preguntas 6 ou 7, ou a varias das demais, sería moi
importante que reconsideraras a posible continuidade coa túa parella, porque co
paso do tempo as persoas agresivas son cada vez mais violentas.
TEST PARA MOZAS/OS NUNHA RELACIÓN DE
NOIVADO
SE SAES CUN RAPAZ/A E…
Non hai xustificación de ningún tipo diante dos malos tratos.
Tolerancia cero.
Polo tanto di non o maltrato.
Sentes a necesidade de saber onde está, que está facendo e con quen.
Tes celos do que fai a túa parella.
Algunha vez empuxaches, pegaches á túa parella.
Dixécheslle en ton ameazante “Non te enfades”.
Ameazaches con pegarlle ou levantácheslle a man con intención de facelo.
Durante algunha discusión lanzaches ou rachaches obxectos, ou golpeaches
paredes.
Consideras que é importante que as cousas se fagan á túa maneira.
Pensas que ás veces merecería que lle pegaran.
Danaches ou rachaches intencionadamente algo que era importante para
el/ela.
Seguíchela/o algunha vez cando a túa parella non quería que o fixeras, ou
revisaches o seu móbil, Messenger, Whatsapp, Line, etc.
Impedícheslle saír nalgunha ocasión.
Acotío faiche perder a paciencia.
Ás veces burlácheste dela ou del diante das súas amizades.
Tentas que se relacione menos cos seus amigos e amigas porque tes medo
que te deixe.
Tes celos constantemente aínda que non che dea motivos para telos.
Se contestaches que si á pregunta 5, ou a varias das demais, sería moi importante
que reconsideraras seriamente que tes un problema de violencia e que consultaras
con algunha persoa.
Non hai xustificación de ningún tipo diante dos malos tratos.
Tolerancia cero.
Polo tanto di non o maltrato.
TEST PARA MOZAS/OS NUNHA RELACIÓN DE
NOIVADO
SE SAES CUN RAPAZ/A E…
O AMOR SEGUNDO O XÉNERO
SEGUNDO A NOSA SOCIALIZACIÓN TAMÉN TEMOS
DIFERENTES TIPOS DE IDEAS SOBRE O AMOR…
Para os significa ter unha persoa ao
lado á que coidar e protexer, que nos
complemente. Soñamos co éxito, na
conquista de poder e cartos que nos faga
atractivos para conseguir amor. Partimos
dun concepto de separación, está moi
relacionado co sexo.
Para as , significa ter unha persoa ao
lado que nos coide e protexa, á que
completar, o amor é o centro da nosa vida;
intentamos estar atractivas e guapas para
manter e fixar a atención da persoa que
nos ame. Partimos dun concepto de
fusión, está moi relacionado cos
sentimentos.
•Isto leva a aceptar certos comportamentos convencid@s de que os cambiará porque “Ámate”.
FALACIA DO CAMBIO POR AMOR
•Se existe suficiente amor pódense superar todos os obstáculos.
MITO DA OMNIPOTENCIA DO AMOR
•Todo o que sucede ao principio (desacordos, imposicións, etc.) é normal xa que forma parte do proceso de adaptación. NORMALIZACIÓN DO CONFLITO
•Canto máis diferentes somos mellor parella faremos, xa que nos complementaremos mellor. OS POLOS OPOSTOS ATRÁENSE
•A paixón ás veces fai que unha persoa ame tanto que non se poida controlar.
NON HAI AMOR VERDADEIRO SEN SUFRIMENTO
•Se non me perdoas é que non me amas de verdade. O AMOR VERDADEIRO AGUÁNTAO TODO
•É a crenza de que todos temos unha parella predestinada, e esta é a única elección posible. MITO DA MEDIA LARANXA
•Necesitamos o amor de parella para sentirnos complet@s na vida.
MITO DA COMPLEMENTARIEDADE
•Só se quere de verdade unha vez, e se se deixa pasar nunca máis se volverá a encontrar.
SÓ HAI UN AMOR VERDADEIRO NA VIDA
•Que defende que a paixón que inunda os primeiros meses da relación vai durar toda a vida.
•O amor e o namoramento paixonal son equivalentes. MITO DA PAIXÓN ETERNA
MITOS DO AMOR ROMÁNTICO O AMOR TODO O PODE
O VERDADEIRO AMOR ESTÁ PREDESTINADO
•Relegando todo o demais na vida a esa crenza. SÓ SE PODE SER FELIZ SE SE TEN PARELLA
•A capacidade de ser felices pasa porque a nosa parella nos dea esa felicidade.
•Non está ben gozar sen a parella ao lado.
CAPACIDADE DE DAR A FELICIDADE
• A idea da fusión coa outra persoa, esquecéndose da propia vida e dependendo da outra persoa para todo.
• Debemos adaptarnos a ela, aprazando e sacrificando o propio sen esperar reciprocidade nin gratitude. Porque así é como debe ser.
ENTREGA TOTAL
•Implica sacrificar o EU, para identificarse coa outra persoa, esquecendo a propia identidade e a nosa vida.
O AMOR É DESPERSONALIZACIÓN
•Nunha parella non poden existir segredos RENUNCIA Á INTIMIDADE
•O amor romántico e apaixonado debe conducir a unha unión estable. “Foron felices e comeron perdices”. MITO DO MATRIMONIO
•Os celos son unha proba de amor, é incluso un requisito imprescindible para un amor verdadeiro. MITO DOS CELOS
•Con diferentes xuízos para homes e mulleres. MITO SEXISTA DA FIDELIDADE E
DA EXCLUSIVIDADE
O AMOR É O MÁIS IMPORTANTE E REQUIRE
ENTREGA TOTAL
O AMOR É POSESIÓN E EXCLUSIVIDADE
AMOR
INTIMIDADE
RESPECTO
CONFIANZA
TENRURA
Receta
do
amor
CALES SON AQUELAS ACTITUDES E FORMAS DE TRATARNOS
QUE AXUDAN A QUE A NOSA RELACIÓN SEXA SATISFACTORIA?
INGREDIENTES DO QUERERSE
BEN
Eu me sinto… Cando ti… Gustaríame
que…
RESPECTO Sería algo así como ter en consideración
á outra persoa como entidade
individual e independente, cos seus
gustos, valores, desexos…
Pregúntate…
Cando tomo unha decisión que nos atinxe aos dous pregúntolle qué
é o que desexa?
Respecto que non estea de acordo comigo?
COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN
DE SENTIMENTOS:
Aínda hoxe asociamos que falar dos
nosos sentimentos é un síntoma de
debilidade.
Si algo se sinte ben DÍO!!
Si algo se sinte mal, debes dicilo
tamén, podes utilizar as “Mensaxes EU”
VALORACIÓN:
Referímonos á apreciación das calidades da outra persoa, en toda a
súa variedade e riqueza, sexan iguais ás túas ou entren en
contradición cas mesmas.
Non intentamos cambiar a esa persoa.
INGREDIENTES DO QUERERSE
BEN
COIDADO
Cando nos preocupamos pola
nosa parella, polas súa amizades,
dificultades, estudos,
sentimentos, estados de ánimo...
Cando axudamos á nosa parella a
mellorar en algo no que se cadra
ten algunha dificultade.
DAR E PEDIR CARIÑO
O amor é tenrura, debemos expresalo
a través do cariño.
Cando pedimos á nosa parella o seu
cariño ela pode acceder ou non, o que non
significa que poidamos esixir.
É importante tamén expresar os
afectos, xa que ás veces pensamos que iso
é un síntoma de debilidade, e o único que amosan é
que amamos á nosa parella.
TRATA Á TÚA PARELLA COMO QUIXERAS QUE TE
TRATARA A TI
Soa como algo moi lóxico, e dirás claro… invitámoste a probalo e
despois nos contas como de doado ou difícil che resultou. Vale?
Se a ti che gusta que che falen nun ton de voz calmado. Que tal se ti comezas a facelo?.
Se a ti che gusta que te respecten, que tal se ti deixas de insultar, ou poñerlle alcumes?.
Se a ti non che gusta que che digan o que tes que facer, que tal se ti deixas de facelo?
Unha relación é cando dúas persoas se queren, se respectan e se divirten xuntas. É aceptarse mutuamente e querer á outra persoa coas súas virtudes e os seus defectos. É tratarse ben, con tenrura e sen faltarse ao respecto. É saber escoitar á outra persoa e poder contarlle os seus problemas, inquedanzas e desexos. É unha unión de sentimentos, na que unha persoa non se impón sobre a outra. É ter confianza mutua e non comprobar se o que fai ou o que di a túa parella é verdade. É ter diferentes puntos de vista e poder dialogar sobre eles sen que ninguén impoña a súa opinión. É apoiarse mutuamente en plans e proxectos aínda que estes non sempre coincidan.
É non abusar da parella pedíndolle constantemente que faga cousas pola outra persoa. É poder expresar con total liberdade e sen temor a que a nosa parella se enfade por dicir o que pensamos ou a que nos prohiba algo. É cando non se enfada porque ti lle levas a contraria. É valorar o esforzo e o traballo da túa parella. É cando ninguén impón a súa vontade.
QUE É UNHA RELACIÓN SÁ?
É recoñecer cando nos pasamos ou nos equivocamos. É cando as decisións que nos afectan ás dúas persoas son o resultado dun acordo mutuo. É aceptar e respectar as opinións, os gustos, actividades e amizades da outra persoa.
Ningún acto violento é xustificable,
independentemente do que a túa parella fixera.
SEMPRE hai unha alternativa mellor.
A VIOLENCIA
NUNCA É
XUSTIFICABLE
QUE O AMOR PAGUE A LEDICIA
NON A PENA
NOTAS