Doutor Zhivago

4
Traballo da película: DOUTOR ZHIVAGO Lara Fernández Reyes 4ºD – Nº4

description

Traballo de Lara Fernández sobre "Doutor Zhivago" de David Lean. No IES Francisco Aguiar de Betanzos

Transcript of Doutor Zhivago

Page 1: Doutor Zhivago

Traballo da película:

DOUTOR ZHIVAGO

Lara Fernández Reyes4ºD – Nº4

Page 2: Doutor Zhivago

1.-IntroducciónA película “Doutor Zhivago” (доктор Живаго en ruso) foi estreada en 1965. O seu director foi David Lean e os actores principais Omar Sharif (Yuri Zhivago) e Julie Christie (Lara). Trátase dunha película estadounidense sobre a revolución rusa que comezou en 1905. Este film está basado na novela “Doutor Zhivago” de Boris Pasternak, publicada en 1957, a cal estivo prohibida en rusia durante moito tempo debido á imaxe que transmite da Revolución.

2.-SinopseA historia está narrada por Yevgraf Zhivago, hermanastro de Yuri Zhivago, e cóntalla á que cree que é súa filla, Tonia Bezócheredeva.Yuri Zhivago é un médico, casado con Tonia Gromeko, unha rapaza da alta burguesía rusa. Durante a Guerra Civil rusa, a súa casa é requisada e deben compartila con outras familias. Mentras isto pasa, Zhivago encóntrase na Guerra Civil servindo como médico ó lado de Larisa Antípova (ou Lara); e ó volver encóntrase con esta situación.Yevgraf Zhivago, o mesmo que narra esta historia, recoméndalles saír de Moscú, e tras unha axetreada viaxe nun vagón de tren cheo de xente, chegan a Varýkino; pero a casa onde se pensaban aloxar está requisada, e deciden pasar ese tempo da Guerra Civil nunha pequena cabaña que forma parte da propiedade. Zhivago comeza a visitar a biblioteca dunha cidade cercana, Yuriatin, e alí encóntrase de novo con Lara. A súa relación con ela chega a ser unha relación amorosa. Tonia queda embarazada, e Yuri decide deixar a Lara. Cando volve de despedirse dela, é sorprendentemente reclutado forzosamente por un pelotón revolucionario. Despois de dous anos, deserta e chega a Varýkino, pero se entera de que a súa familia foise, e decide ir a casa de Lara. Xuntos coa filla de Lara, Katia, van a vivir á casa de campo, da que Zhivago decide romper as táboas que non deixaban o paso á casa e refuxiarse alí con elas. Pero Lara máis tarde vese obrigada a irse coa súa filla. Zhivago nunca se enterará de que Lara quedouse embarazada del. Yuri regresa a Moscú, e un día viaxando no tranvía ve a Lara camiñando pola rúa. Cando se baixa para ir a por ela, desafortunadamente ela non o escoita, e a Zhivago dálle un ataque ó corazón, polo cal falece. A historia termina con Tonia, a filla de Lara e Yuri, e Yevgraf. Éste comprende que debe deixala ir. Onde se desenvolve a escena é o lugar de traballo de Tonia e seu noivo. Yevgraf fíxase en que Tonia leva una balalaica. Dinlle que ninguén a enseñou, e el dáse de conta de que é un don, como tiña a nai de Yuri Zhivago.

3.-Análise histórica da películaa.: Grupos socialesO Doutor Zhivago e Tonia representan á alta burguesía. A Revolución aféctalles tendo que deixar a súa casa, e ademáis, moita xente está na súa contra, porque cren que teñen parte de culpa das masacres, dos tiroteos e dos fusilamentos que ocorreron por aquel entón.Lara e o seu noivo bolxevique representan á clase obreira. O noivo de Lara debe ir á Guerra, formando parte do exército vermello. Éste chega a ser un alto cargo do exército, pero máis adiante falece na Guerra. Ademáis, debido a que o seu marido está la Guerra, Lara vese obrigada a criar soa a Katia, a súa filla. b.: Cambios da revolución na vida dos rusosPara explicar isto, é boa a escena na que o doutor Zhivago fala co bolxevique no tren. Falan dos seus poemas, os cales xa non gustan tanto. A causa disto é que son demasiado privados e

Page 3: Doutor Zhivago

sentimentais. Debido á revolución ningún ruso ten xa vida privada, todo se basa da Guerra Civil. Os homes van a loitar e as mulleres coidan soas dos fillos durante moito tempo, e en moitos casos o home non volve porque morre na Guerra.

4.-Valoración persoalDende o punto de vista do cine, creo que é moi boa película tendo en conta a época na que se fixo. Nos Oscar de 1965 foi candidata a mellor película, mellor director, mellor actor de reparto por Tom Courtnay, mellor sonido; e gañou o premio a mellor guión adaptado, mellor fotografía, mellor banda sonora, mellor vestuario e mellor dirección artística. Ademáis gañou seis globos de ouro en 1966.Según o punto de vista da comprensión da Revolución rusa, foi moi útil. Por exemplo, a min axudoume a comprender mellor a división de bandos entre o exército branco e o exército vermello. Ademáis vese moi ben a radicalidade dos bolxeviques e a forte represión do goberno contra os revolucionarios.

FONTES DE INFORMACIÓNhttp://es.wikipedia.org/wiki/Doctor_Zhivago_(pel%C3%ADcula_de_1965) http://es.wikipedia.org/wiki/Doctor_Zhivago