Edipo

10
O CICLO TEBANO: EDIPO É fillo de Laio e Iocasta. Pertence á familia dos Labdácidas, reis de Tebas, sobre a que pesaba unha maldición. Cando nace, un oráculo declara que o neno mataría ao seu pai e sería unha deshonra para os seus. Laio furoulle os pes (Edipo significaba “pes inchados”) e déullelo a un pastor para que o abandoase no monte Citerón. Cadmo - Harmonía Polidoro Lábdaco Laio- Iocasta Edipo

Transcript of Edipo

O CICLO TEBANO: EDIPO

É

fillo

de Laio

e Iocasta. Pertence

á

familia dos

Labdácidas, reis

de Tebas, sobre a que pesaba unha

maldición.•

Cando nace, un oráculo declara que o neno

mataría

ao

seu

pai

e sería unha deshonra para os seus.

Laio

furoulle

os pes

(Edipo significaba “pes inchados”) e déullelo a un pastor para que o abandoase no monte Citerón.

Cadmo - Harmonía

Polidoro

Lábdaco

Laio- Iocasta

Edipo

EDIPO•

O neno foi recollido por un pastor de Corinto, que o levou aos seus reis, Pólibo

e Mérope, que non

tiñan fillos.•

Xa adulto, Edipo escoitou que non era fillo dos que cría seus pais, por elo foi consultar o oráculo de Delfos.

O oráculo respondeulle que mataría ao seu pai e casaría coa súa nai.

Espantado, decide fuxir de Corinto para que non se cumpla

o oráculo.

EDIPO•

Nun cruce de camiños mata a un señor e a súa comitiva porque lle impedían o paso.

Diríxese a Tebas, que estaba dominada pola Esfinxe, monstro con cabeza e peito de muller, patas de león e cola de serpe.

A Esfinxe destruía a todo aquel non descifraba o seu enigma: “¿Que é

ao mesmo tempo bípedo,

trípodo

e tetrápodo?”

EDIPO•

Edipo responde que ese animal é

o home, polo que a

Esfinxe autodestrúese

e a cidade de Tebas queda liberada.

Como premio, Edipo casa coa raíña viúva, Iocasta, e é

nomeado rei da cidade.

Cúmprese así

o oráculo, xa que o descoñecido que matara no cruce de camiños era Laio.

EDIPO

Edipo é

un bo rei, pero un día a cidade de Tebas sofre unha peste. Os oráculos din que a peste non cesará

ata que o

asasino de Laio sexa castigado.•

Edipo pide axuda ao adiviño Tiresias, que se nega a colaborar para non acusar ao rei. Ante as amezas e a presión de Edipo, Tiresias

insinúa súa culpabilidade.

O drama de Edipo é

descubrir quen é

el en

realidade. Sófocles

cóntanolo na súa traxedia Edipo rei.

EDIPO

Iocasta

tenta calmar a Edipo, pero as súas informacións aínda sementan máis dúbidas nel.

Edipo recibe a nova de que o seu pai, o rei de Corinto morreu de morte natural, polo que se anima pensando que non se cumpriu o oráculo.

O mesmo mensaxeiro infórmao de Pólibo

non era

seu pai verdadeiro

EDIPO

O rei comeza a investigar a súa orixe, chamando aos servintes

máis antigos da

casa.•

A medida que avanza a investigación, aumentan as súas sopeitas

e a súa

angustia.•

Iocasta

retírase cando

comprende que o seu home, Edipo, é

tamén o

seu fillo.•

Edipo, ao descubrir a súa identidade, cégase para non ver a realidade.

EDIPO

Edipo parte desterrado, forzado polos seus fillos, que o abandonan. Edipo maldíceos, vaticinado un enfrontamento entre eles.

Chega a Colono, pequena cidade ao norte de Atenas, acompañado pola súa filla Antigóna.

Alí

os habitantes pídenlle que vaia, pero recibe a protección do rei de Atenas, Teseo.

Edipo morre bendecindo

ás súas fillas Antígona

e Ismene.

OS FILLOS DE EDIPO

Etéocles

e Polinices, os fillos de Edipo, deciden alternarse no poder para evitar a maldición do seu pai. Comeza a reinar Etéocles, pero non respecta o pactado e non cede o poder ao seu irmán.

Polinices fuxe a Argos, onde pide axuda ao rei, quen organiza unha expedición contra Tebas para reclamar o trono a Etéocles. No enfrontamento morren os dous irmáns, tal como predixera Edipo.

Este enfrontamento nolo conta Esquilo

na súa traxedia Os sete contra Tebas (Eran sete os xenerais que formaban parte da expedición, para atacar cada unha das sete portas da cidade).

OS FILLOS DE EDIPO

Ante a morte dos dous fillos varón de Edipo,Creonte volve tomar o poder de Tebas e ordena que Etócles

sexa enterrado coas honras fúnebres, e que

Polinices permaneza insepulto, exposto ás aves de rapina, por traizoar e atacar á

súa cidade.

Sófocles, na súa traxedia Antígona, cóntanos como esta heroína desafía as leis da cidade, e enterra ao seu irmán obedecendo outras leis, as naturais, que ela considera superiores.

Antígona

é

condenada a ser emparedada viva e afórcase. Hemón, noivo de Antígona

e fillo de Creonte suicídase sobre o cadáver súa súa amada.

Remata así

a maldición da familia dos Labdácidas.