encerados_4

24
Boletin de información da vida escolar do CEIP de URDILDE. Número 4. Xuño 2008 ENCERADOS LETRAS GALEGAS 2008 Xosé María Álvarez Blázquez

description

Cuarto número do boletín 3cera2

Transcript of encerados_4

Boletin de información da vida escolar do CEIP de URDILDE.

Número 4. Xuño 2008

ENCERADOS

LETRAS GALEGAS

2008

Xosé María Álvarez Blázquez

A

maioría de nós levamos case toda a vida neste colexio (7, 8, 9 anos), dende parvulitos ata sexto. Aquí

aprendemos a ler, escribir, sumar, restar, ortografía... Pero pronto imos ter que marchar e deixar tantos

anos atrás. Cando marchemos, seguro que vai quedar un vacío ben grande, pero tamén nos quedará

outro a nós.

Foron un montón de excusrsións, entroidos e festivais nos que nunca o pasamos mal; tivemos moitos titores, Dna

Lucía, Dna Nieves, D. Ramón, D. Claudio, Dna Candita e Dna Celia e de todos aprendemos moito.

Pero tamén temos ganas de comezar un camiño novo no instituto, coñecer amigos novos, novos profes, ainda que

nunca olvidaremos os que deixamos aquí. Asi que agora tócanos dar a despedida.

En primeiro lugar queremos darlle as grazas a todas as profesoras e profesores, aos titores, como xa dixemos, e

tamén aos que nos deron outras cousas: Dna Carmen Brey axudounos co inglés, D. Pepe e D. Benito coa música e

a ximnasia, e D. Joaquín coas matemáticas.

Queremos dar un adeus moi especial a nosa titora de sexto, Dna Celia, moitas grazas pola súa paciencia e por

todos os coñecementos que nos deu. E como non, a D. Joaquín, que ademais de darnos matemáticas é o Director

do colexio, que e como nos dí na entrevista da páxina seguinte tense que esforzar e traballar cada día para que este

colexio sexa o mellor. Grazas!

Non nos podemos esquecer tampouco dos cociñeiros, Mercedes e Antonio; grazas a eles tivemos as mellores

comidas e as máis ricas. E o conserxe Olimpio, que moitas fotocopias nos ten feito e moitas berraduras nos ten

botado. Tamén un recordo para Dna Carmen, a señora que se encarga de que o colexio estea limpo.

Seguro que no instituto acordarémonos moitas veces do colexio de Urdilde e das cousas simpáticas que nos

pasaron, como cando un compañeiro tragou a tapa dun portaminas e pouco lle faltou para afogar. Menos mal que

non pasou nada.

En fin, adeus a todos, profesores e amigos, verémos pronto.

VIVA O COLEXIO DE URDILDE!

2

Adeus ao noso colexio

O alumnado de sexto

ENTREVISTA

D. JOAQUÍN, o noso Director

Pregunta.- Cantos anos leva sendo director deste

colexio?

Resposta.- Pois levo 34 anos, dende que se inaugurou.

P.- E cantos anos tiña cando foi fundado este colexio?

R.- Tiña 30 anos

P.- É moi duro ser director de colexio?

R.- Si, bastantes, sempre hai situacións difíciles.

P.- Por que?

R.- Porque quero que os alumnos sepan, e porque quero

dar unha resposta para que a comunidade educativa se

sinta a gusto.

P.- Quixo ser director dende pequeno?

R.- Non, foi algo de improviso.

P.- Algún membro da súa familia (menos doña

Candita) ten algo que ver co colexio ou traballan nun

colexio?

R.- Non.

P.- Antes de ser director no

noso colexio foino nalgún

outro?

R.- Pois si, na antiga

agrupacion escolar de

Urdilde.

P.- Coñece ao fundador

deste colexio?

R.- Si, cando se construíu o

colexio estaba de alcalde D.

Peregrino Castro Freire, que

foi o impulsor.

P.- Ten moitas tardes

ocupadas a conta do

colexio?

R.- Case todas.

P.- Que fai naquelas que ten

libres?

R.- Como son poucas,

dedícoas o máximo posible á

familia e a solucionar

asuntos persoais.

P.- Ten algún hobby? Cal?

R.- Si, teño afeccións, como pasear, a aventura...

P.- Doña Candita e vostede coñecéronse no colexio?

R.- Non, viñemos para este colexio xa casados.

P.- E onde se coñeceron?

R.- Na nosa terra, no Val do Salnés.

P.- Ainda que non é o encargado do comedor, pasa

moitas horas matinando nel?

R.- Por suposto, a dirección ten que estar sempre

pendente de todas aquelas actividades que afectan ao

centro, e nelas temos que contar, por suposto, co

comedor.

P.- Pois xa está, moitas gracias pola súa atención.

R.- De nada.

Paula

Neste número, seguindo coas nosas entrevistas, acercámonos ao despacho do Director do noso colexio,

Don Joaquín Núñez, toda unha institución na historia do centro.

3

O pasado domingo 11 de maio celebramos no colexio o festival de fin de curso 2008.

Desperto pola mañá, vístome, peitéome e vou almorzar: Que impaciente estaba!

As dez imos buscar a Ana Belén a Liñares e dirixímonos todos cara a Urdilde.

O chegar, carreira pedestre. Eran 3:

Ed. Infantil

1º ciclo

2º e 3º ciclo

Deseguido futbol e futbol 7 (exalumnos contra pais de alumnos) Ao rematar, degustación da empanada

de millo e concerto da banda de música de Negreira. Apertura da tómbola, da tenda de gominolas e das

colchonetas de Mundoxogo.

Pasado o tempo, imos xantar pagando unha entrada de 10 € nenos e 15 € os adultos.

Ás 17 comezan as actuacións do alumnado do colexio. Eran as seguintes:

Educación Infantil de 3 e 4 anos: Canción Rebelde

Educación Infantil de 5 anos: A ratiña presumida

1º Ciclo: Quen dará a vez?

3º curso: Celestiais por un día.

4º curso Bicos, bicos e máis bicos. Canción "besos"

5º cusro: As nenas e Miguel: Empezar desde cero. O resto: Aproximaciones (Pereza)

6º curso: O Prestige.

Entre 4º e 5º a actuación estelar dos malabaristas Duende Sico.

E fin de festa coa actuación do grupo "Géminis"

Nesta actuación moito bailamos. (e D. Xaquín tamén) Entre outros, bailamos o "Baile do reloxo" que

consta dos seguintes pasos:

1.- Cu recto; 2 º Á dereita; 3.º Á esquerda 4.º Atrás; 5º adiante.

Pasámolo de marabilla.

Zeltia

FESTIVAL FIN DE CURSO 2008

4

5

Excursión aos Ancares

Paula

O

venres cedo, moi cedo, espertoume miña irmá. Era o día no que ¡iamos aos Ancares!.

Levanteime, laveime e almorcei rápida coma un tiro. Saímos para o colexio onde xa

estaban algúns dos meus compañeiros. Metimos as maletas no autobús,

despedímonos e marchamos, xa estamos en camiño. No autobús todo era Nintendo DS.

móbiles, cámaras de fotos, risas, chistes... Que ben o pasamos!

Primeiramente fomos a Montefurado onde houbo unha anécdota moi graciosa. Pablo Lóipez,

Noelia e mais eu iamos un pouco retrasados e Noelia, ao querer apurar algo, esvarou e caeu

nun charco boca abaixo e empezou a espernexar igual que se estivera nadando. A min

doíame a barriga de tanto rir. Noelia tivo que se cambiar a roupa.

Despois fomos ver un vídeo de "Las Médulas" e máis tarde fomos visitalas. Alí puxéronos un

casco cunha luz pequena porque podían caer algunhas pedras, ademais estaba todo escuro.

Aínda asi coas luces víase moi pouco.

Seguimos vendo cousas, xogando... e así pasou a tarde.

Á noitiña fomos para o hotel (a verdade é que eu xa tiña moitas ganas); deixamos as cousas

nas habitacións e baixamos para a cea. Bueno, todos menos Antonio, que quedou pechado no

baño e tivo que ir máis tarde, despois de que o rescatara Dna. Amanda por unha ventá. Á hora

de durmir foi de todo menos deso, de durmir, porque entre unhas cousas e outras, xogando,

falando e enredando déronos as seis da mañá, e os espertadores dos móbiles soaron ás sete

e houbo que erguerse, asi que... moito non durmimos!.

Despois de almorzar voltamos ás habitacións para coller as maletas e seguir a nosa viaxe. na

mañá vimos moitas cousas, pero o que máis nos gustou foi que había neve.

Fomos comer e visitar unha igrexa. Onde xantamos había moitísima neve e dali saía un rali.

Puidemos ver a saída despois da comida. Á tarde fomos vendo outros sitios e viñendo hacia

Urdilde, co que o tempo pasou nun abrir e pechar de ollos. Ceamos nun bar e seguimos a

viaxe cantando, contando chistes... Cando chegamos a Urdilde, os nosos familiares estaban a

esperar por nos, así que collimos as maletas e cada un para a súa casa.

Foi unha excursión fenomenal!

ENQUISA

PRESSING CATCH

Pressing Catch! Parece que no noso colexio hai unha auténtica pasión por este

deporte/espectáculo no que os loitadores dánse un montón de porrazos sen que lles pase nunca

nada.

3ncera2 sae ao patio para facer unha enquisa entre os nenos e nenas. Queremos saber dos

vosos favoritos e por que vos gusta ou por que non. Estes son os resultados.

Preguntamos aos nenos e nenas de 3º, 4º ,

5º e 6º de primaria se lles gusta Pressing

Catch ou non; as respostas foron bastante

claras: a metade (21) di que si lle gusta, e

a outra metade (21) di que non.

En xeral, pressing catch é máis visto

polos nenos, e ten menos éxito entre as

nenas.

Ante a pregunta de por que lles gusta o

programa ou por que non, as respostas

máis repetidas foron:

"Gústame porque entretén un pouco e

porque os loitadores disimulan moi

ben". E "Non me gusta porque pelexan e

é moi pouco educativo"

GÚSTACHE PRESSING CATCH?

Hai dúas ligas importantes, SMACK DOWN

e RAW; en cada liga compiten loitadores

diferentes, e ás veces van de invitados á

outra liga.

Segundo a nosa enquisa, a favorita no

colexio é a de SMACK DOWN, porque nela

están os mellores loitadores.

No apartado adicado aos protagonistas, as preferencias dos

participantes na enquisa están moi repartidas e non hai un

gañador claro.

Os principais loitadores son:

Batista, Jeff Hardy e Rey Misterio, con 6 votos cada un, e

Under Taker (Enterrador) que consigue 3 votos.

AS LIGAS

OS LOITADORES

6

Adrián

Pressing Catch é un programa televisivo que se emite os sábados e domingos nunha cadea nacional de

televisión. Non é a primeira vez que se emite, pois haberá 13 anos tamén o botaron na tele.

Trata de loita ao bruto: non paran de darse golpes e saltar dende 1 metro ou máis de altura, un por riba

do outro.

Neste programa partician homes e mulleres:

Homes: Rey Misterio, John Cena, Batista, Kane, Paul London...

Mulleres: Trinity, Ashley, María, Melina, Layla...

Moitos deles teñen unha canción.

Non só se trata de pelea, pelea e máis pelea no sitio de loitar onde está o árbitro, senón que, por

exemplo, unha vez, un meteuse nunha cabina de teléfono de cor vermella e outro loitador tirouna con él

dentr.

Este programa fai obxectos coas imaxes dos loitadores e moitos rapaces cómpranas: o que máis exito

ten agora no colexio son os cromos, ainda que tamén hai tazos e outras cousas.

Sobre o programa hai distintas opinións:

Algúns din que é unha mala influenza, xa que despois os rapaces loitan entre si e gravan todo cos

móbiles e cren que é todo unha montaxe, un espectáculo... e máis cousas, coma que os loitadores,

aparte de ir ao ximnasio, toman substancias para ter eses músculos.

Outros moitos opinan que non é máis que un programa de televisión, un espectáculo divertido e

emocionante.

E ti...

Que opinas?

E esto, de que vai?

Zeltia

PARA OS PAIS.

Recollemos aquí unha noticia da prensa do pasado mes de febreiro que se fai eco deste fenómeno.

" A emisión de "PRESSING CATCH" en horario infantil xenera críticas.

Se a semán pasada foron as escolas e os especialistas en desenvolvemento infantil os que deron un toque

de alerta anta a influcencia que teñen nos nenos os programas de loita libre, onte foron algunhas

asociacións de pais e de televidentes as que plantaron cara a WWWE Raw e WWWE Smackdown, os

espazos de pressing catch que a cadea Cuatro emite nas fins de semán. Estas organizacións esixen que

ditos contidos sexan clasificados para maiores de 18 anos e, polo tanto, que se emitan fóra do horario

infantil.

A Asociación de Usuarios de Comunicación (AUC) e a Confederación Nacional Católica de Pais de

Familia e Pais de Alumnos (Concapa) reclamaron á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, que abra

un expediente e que pida que o programa sexa considerado para adultos. Ambas as dúas entidades

lembraron que a lei que regula a actividade televisiva en España prohíbe a emisión entre as seis da mañá e

as dez da noite de "programas susceptibles de perxudicar o desenvolvemento físico, mental ou moral dos

menores". Neste senso, a AUC e a Concapa aseguraron que Cuatro "incumple" esta condición aol emitir

WWE Raw y WWE Smackdown ás 15.30 horas, posto que "estes espectáculos poden perxudicar aos

menores tanto dende o punto de vista físico coma psíquico".

EFECTO IMITATIVO

As asociacións de pais e de televidentes explicaron tamén que os propios locutores do programa "avisan

frecuentemente nos seus comentarios de que os nenos non deben tentar facer o que ven na pantalla", pero

aínda asi tense producido un efecto imitativo" que ten desembocado en loitas nos colexios, en moitos casos

gravadas cos móbiles e colgadas en internet".

7

DÍA DA MULLER

O

día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller para loitar polos dereitos das

mulleres. En numerosos lugares do mundo, as mulleres seguen pedindo dereitos básicos, coma

acceder á educación, á cultura, ao traballo ou á política. As mulleres reclaman o seu dereito a

participar en igualdade de condicións en todo tipo de traballos.

UN POUCO DE HISTORIA

As orixes desta conmemoración non están moi claras e existen diversas

versións. Algúns contan que o 8 de marzo de 1908, 129 traballadoras

dunha empresa téxtil declaráronse en folga e como non quixeron saír

atacáronas con bombas incendiarias. Outros din que foi o 3 de maio de

1908 cando se celebrou o primeiro día da muller. O que é certo é que o 8

de marzo de 1909 houbo unha manifestación que reclamaba mellores

condicións de vida e de traballo, a abolición do traballo dos rapaces e o

dereito ao voto feminino. En 1910, nun congreso de mulleres propúxose o

8 de marzo como día internacional da muller e foi aceptado.

A SITUACIÓN HOXE

Dende os tempos que dicimos no parágrafo anterior ata o de hoxe os

dereitos das mulleres melloraron moito, pero aínda hai moitas, sobre todo

nos países pobres e sen desenvolver, que non teñen dereitos. Pero tmén

nos países ricos hai discriminación contra as mulleres. Por exemplo,

algunhas cobran menos que un home pero fan o mesmo traballo, e outras a

veces as despiden porque van ter un bebé, pero esto está prohibido.

Todos debemos loitar contra esto!

NO NOSO CONCELLO

No concello de Rois este día tamén se celebra. Por eso os rapaces e rapazas de todo o concello fan

debuxos lu un texto con debuxos ou imaxes según a idade d@s nen@s. Os premios tamén son diferentes

según as idades.

Participan rapaces e rapazas de todos os colexios e escolas do concello; como non podemos poñer todos

os premiados, poñemos algúns:

En Educación Infantil levaron case todos os premios para a escola de Sorribas, menos o primeiro que o

gañaron en Rois.

Primeiro ciclo de primaria:

1º premio: Toda a clase de segundo do noso colexio

2º premio: Noelia Pais, Nuria Becerra e Carmen González. Tamén de segundo

Segundo ciclo de primaria:

1º premio: Alba Blanco, de cuarto. Colexio de Urdilde.

2º premio: Natalia Cortés, de terceiro. Colexio de Urdilde.

Terceiro ciclo:

1º premio: Dúas rapazas de sexto do colexio de Rois.

2º premio: Javier Boullón, Martín Fabeiro e Adrián Varela, de sexto do colexio de Urdilde.

NORABOA ÁS PREMIADAS E AOS PREMIADOS!

Dúas mulleres reclamando o voto a

principios do século pasado.

8

Zeltia e Irene

Alba Blanco Pedrido, de 4º de Educación Primaria gañou o primeiro premio da súa categoria no certame

do Día da Muller con este bonito debuxo. Noraboa!

9

Este é o debuxo co que gañaron o seu premio as nosas compañeiras e compañeiros de segundo.

Noraboa a tod@s el@s!

10

11

Martín Fabeiro, Javier Boullón e Adrián Varela, de sexto, ganaron o segundo premio da súa categoría

con este cartel. Demostraron ser uns auténticos artistas.

12

Naceu en Tui o catro de

febreiro1915.

Estudou bacharelato no instituto de

Pontevedra

Estudia Maxisterio en

Pontevedra entre os anos

1931 e 1933

En 1953 toma parte nun

dos principais

descubrimentos

arqueolóxicos de Galicia:

un ara de 29 estelas

funerarias romanas en

Vigo.

Nesta foto podemos ver a Álvarez

Blázquez paseando pola rúa viguesa do

Príncipe, con dous importantes escritores

galegos: Celso Emilio Ferreiro e Camilo

José Cela (con barba).

DÍA DAS LETRAS

GALEGAS 2008

13

Aquí aparece con varios

membros da Real Academia

Galega, da que foi membro

numerario, e xunto con Otero

Pedrayo, Bouza Brey...

No acto de

inauguración das

primeiras salas do

Museo do Pobo

Galego (29 de

outubro de 1977).

En 1977 recibiu o título de Cronista Oficial da cidade de Vigo.

Xosé María Álvarez Blázquez

Morreu en 1985, e en Vigo

adicáronlle un paseo que ten

un monolito adicado ao

escritor.

14

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008

Xosé María Álvarez Blázquez colaborou con revistas e xornais, ademais foi editor, destacando a súa

colección de libros de peto "O Moucho", que chegaron a ser os libros máis populares de Galicia.

El vivía ao lado da súa librería. A librería vendía libros vellos, e tamén tiña unha editorial, así que él

facía libros (primeiro con Edicións Monterei e despois con Edicións Castrelos).

Escribiu libros de historia, poesía, arqueoloxía, novelas, etc.

Ademais das obras que vos ensinamos nesta páxina podemos destacar:

- La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Historia da cidade de Vigo.

- Abril, poesía. E moitos máis.

Roseira do teu mencer. Libro de

poemas galegos adicado á súa filla

Colorín (Mª Luísa)

Poemas de ti e de min. Poesías galegas.

Cancioeiro de Monfero. Poesías

galegas semellantes ás dos

trobadores medievais.

Escolma de Poesía

Galega medieval.

Selección de poesías

dos nosos trobadores

medievais.

O

O

B

B

R

R

A

A

S

S

15

Cando as fotos falan...

Os nosos compañeiros e compañeiras de primeiro ciclo fixeron un traballo bonito e interesane: poñer

palabras a unhas fotos. Pola súa calidade, poderíamos poñelas todas, pero non temos aspazo tanto...

A PELÍCULA

Un home e unha muller van ver unha película dun

escaparate e é moi bonita. Despois, a moza

convenceu ao mozo, mercaron a tele e así

puideron ver a televisión cando quixeran, na súa

casa. Xuntiños.

Alba Alfonsín Neo

O MONTE

No monte hai paus e tamén madeira, e ademais

hai un elefante e un obreiro, e hai pedras, e unhas

cadeas e árbores. Hai temporal, pero o obreiro

segue traballando porque hoxe chove pouco e non

pode parar de traballar a pesar de que non lle

gusta traballar.

Paula Refojo Otero.

OS OVOS DO XÍLGARO

Os ovos do xílgaro son azuis. Ten o niño feito de

palla. Van nacer xílgaros pequeniños. Teñen que

alimentarse ben e teñen que estar a salvo e sans.

E teñen que comer comida san.

Noelia Pais Pais.

AS GALIÑAS BUCEADORAS

Aquí temos a unhas galiñas que están buceando

para comer peixes. Ao mesmo tempo xogan no

mar e son moitas as quer queren comer peixes no

mar do sur. E como fai bo día, aproveitan para

bañarse.

Sheila Carreira García.

16

AS

FOTOS

DE

Educación Infantil de 3 e 4 anos

Educación Infantil de 5 anos.

Primeiro de Educación Primaria

Segundo de Educación Primaria

17

TOD@S

@S

QUE

Terceiro de Educación primaria.

Cuarto de Educación Primaria

Quinto de Educación Primaria

Sexto de Educación Primaria

SOMOS

18

AQUA2

Unha historia en imaxes sobre o consumo excesivo da agua.

Na clase, a profesora explicou o

importante que é a auga, porque é un

recurso escaso e hai moita xente no

mundo que non ten acceso a ela.

Debedes ter en

conta que é preciso

aforrar auga, e usala dun xeito

razoable.

Pois a nós, sóbranos auga,

Je, je, je...

Cando tres rapaces as viron, foron

explicarlles outra vez o mesmo que

dixera a profesora para que deixaran de

malgastar a preciada auga.

A auga é importante

para a vida e non podemos

malgastala.

No recreo, tres rapazas adicáronse a tirar

auga despois de oir o que dixo a

profesora e só por levarlle a contraria.

1

2

3

Alberto e compaña

19

Elas non fixeron caso e seguiron

coa súa diversión.

Ti non lles fagas caso a

eses; será por auga...

Os outros tres rapaces ao ver que non lles

fixeran caso, quixeron darlles unha lección

e colléronlles o seu material de traballo.

Máis tarde...

Onde estará o

meu material?

As tres rapazas viron que lles faltaba o seu

material de traballo e os seus compañeiros

explicáronlles que igual que a eles lles faltaba

o seu material, a moita xente no mundo

fáltalle a auga.

4

5

6

7

20

As nosas árbores

Como vemos as árbores do colexio? Como é

a nosa árbore ideal?

Hai tantas ideas como nenos e nenas, pero

só temos espacio para unhas pouquiñas.

Podédelas ver todas no bloc "As nosas

árbores" que está na biblioteca.

21

22

Dende Voz Natura seguimos aprendendo ano a ano coa intención de mellorar e cultivar nos alumnos a

ilusión de traballar polo medio ambiente.

O noso traballo neste curso:

-Utilización e seguimento de producción de compost:

- Residuos vexetais do xardín escolar.

- Residuos orgánicos do comedor escolar.

Posto que o recinto escolar o permite temos aparte do composteiro unha zona de compostaxe ao ire

libre.

-Coa chegada dun novo composteiro adecentamos un pouco

a zona de compostaxe e conseguimos unha aceleración do

proceso.Neste curso xá empezamos a utilizar o compost do

ano anterior

- No invernadoiro sementamos:

* Prantas ornamentais:

-Taxetes.

-Cosmos

* Hortícolas:

-Pementos

- Tomates

* Prantas aromáticas:

-Salvia

-Ourego

Traballamos os venres en grupos reducidos; grupos de 5 en educación infantil e de 9 no resto.

Tamen visitamos a facultade de Bioloxía, onde unhas monitoras explicáronos todo o que queriamos

saber sobre a vida e as enfermidades das prantas.

O día 7 de xuño, como fin das actividades deste ano, asistimos á festa organizada en Acea de Ama,

onde pasamos o día en compañía dos nosos amigos, das nosas familias e un montón de xente de outros

colexios que tamén participaron no programa.

Levamos para a casa as tomateiras que

23

Semana do Almorzo Saudable

C

omo ven sendo costume dende hai uns anos, neste curso tamén celebramos a "semana do

almorzo saudable", uns días nos que almorzamos no colexio antes de empezar as clases. Con esta

actividade aprendemos o importante que é vir a escola despois de ter almorzado na casa, e

debemos procurar que o que tomamos sexa san e variado.

No colexio podemos tomar leite con cacao, zumes, cereais, froita e moitas cousas máis que nos envían

importantes firmas de alimentación. Todo está coordinado por Ramiro Esparís. Sen él todo sería moito

máis difícil. GRAZAS!

Aquí deixamos algunhas fotos para que lembredes que ademáis de importante e necesario, o almorzo

pode ser divertido.

Se queres que publiquemos algún traballo, debuxo ou artigo, por favor, entrégallo a un ou unha dos membros do equipo de 3ncera2. Son: •

Adrián • Alberto • Irene • Ilduara • Noelia • Paula • Zeltia.

Tamén en: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepumarurdilde/normalizacion

XAN E SARAI

(2ª parte)

Un conto colaborativo escrito polo alumnado de 4º

Pero a avoa, ao ser consciente do perigo que corrían, decidiu ir esconder o mapa na selva outra vez.

Pero do que non se decatara era de que dous famosos contrabandistras estaban a buscar

afanosamente o mapa que anteriormente agocharan naquel coco. Entonces viron á avoa e recoñeceron

o mapa. Como non querían que ninguén máis soupera onde estaba o tesouro, raptárona. Por máis que

gritaba, ninguén oía á avoa.

Os nenos decatáronse da ausencia da avoa, e foron impacientándose ante a súa tardanza. Finalmente

Xoán dixo:

- Eu ireina buscar, pode que lle pasara algo.

Pero Sarai respondeulle:

- Non te acordas do que nos dixo a avoa? Quedaremos aquí.

- Pois eu vou. Retrucoulle Xoan.

- E eu vou contigo, entón, respostou finalmente Sarai.

E os nenos encamiñáronse cara á espesa selva. Cando chegaron ao lugar no que raptaran á avoa,

Sarai detívose e dixo sinalando ao chan:

- Mira! é o plano que levaba a avoa na man!

- Que lle pasaría?

Cautelosamente, os rapaces exploraron o lugar no que se atopaban; de repente descubriron unha cova

e sen pensalo dúas veces entraron nela. Un pouco máis adiante viron á avoa atada con cordas que

pedía axuda mentres os contrabandistas estaban a durmir nun rincón da cova. Os nenos foron

achegándose sen facer ruído, pero Xoán tropezou nunha pedra, caeu ao chan e os contrabandistas

espertaron.

- Ou, non! - Pensou a avoa.

Os delincuentes abalanzáronse sobre os rapaces; era a fin, pero nese mesmo momento apareceu o

elefante cos loros ao lombo e tiraron aos contrabandistas ao chan. Mentres, os nenos aproveitaron o

rebumbio para desatar á avoa. A continuación ataron aos sorprendidos contrabandistas, e como non

tiñan teléfono, leváronos para a súa casa e viviron co elefante. Pero un día, os rapaces decidiron seguir

o camiño que mostraba o mapa e atoparon un baúl cun papel que dicía:

"Estes son os aforros de

toda a nosa vida

esperamos que vos sirvan

para algo".

Os nenos imaxináronse que sería dos seus pais, porque contáralles a súa avoa que uns contrabandistas

lles roubaran un plano antes de morrer.

Pero os nenos non gastaron os cartos en nada, xa que era o único recordo que lles quedaba de seus

pais. E cando xa se foron volvendo grandes, enterraron de novo o tesouro e esconderon o plano coa

esperanza de que alguén máis o atopara.

E nunca esqueceron que os seus animais lles salvaran a vida.

FIN