Encerados_5

24
Boletin de información da vida escolar do CEIP de URDILDE. Número 5. Xuño 2009 ENCERADOS LETRAS GALEGAS 2009 Ramón Piñeiro López

description

Quinto número de 3ncera2

Transcript of Encerados_5

Page 1: Encerados_5

Boletin de información da vida escolar do CEIP de URDILDE.Número 5. Xuño 2009

ENCERADOS

LETRAS GALEGAS 2009

Ramón Piñeiro López

Page 2: Encerados_5

A índa recordamos os nosos primeiros días neste centro, xa ben sexa en infantil ou primaria, pensando que nos quedarían uns longos anos de duro aprendizaxe. Pero se nos poñemos a contar pasaron moitos anos e aquí estamos, en sexto e a escasos días de que remate todo isto.

É difícil recordar todo este tempo: cando tivemos que facer novos amigos; despedirnos de compañeiros que deixaban o colexio tras 9 cursos; os cumpreanos de cada un de nós; enfados que tiñamos polo medio do curso; o 1º exame, que por certo foi ben complicado; os aburridos deberes de cada día; os traballos que tivemos que realizar en grupo; as clases de teatro; as berraduras que nos teñen botado; cando veu Jan a practicar castelán e a axudarnos co inglés e a mostrarnos un pouco de cultura polaca; o momento de abrir as notas das 3 avaliacións de cada curso; as notas que nos temos mandado cando nos aburriamos na clase... En fin, milleiros de momentos que non os esqueceremos xamais.

Queremos comezar pola nosa chegada a este colexio; algúns comezamos en primeiro e outros xa estudaran Educación Infantil nel. Ao chegar, o noso primeiro profesor foi Don Pepe, que nos acolleu moi ben, grazas a el acostumámonos pronto. Tamén nos axudaron: Dona Cristina e Dona Amanda. Así nos pasaron os dous primeiros cursos.

Logo, da man de Don Benito, o noso querido profesor de ximnasia e encargado da biblioteca, pasamos terceiro e cuarto, cabe destacar a colaboración do resto dos profesores: Don Joaquín, coas malditas matemáticas e Dona Carmen Brey axudándonos co inglés.

O último ciclo foi comezando en quinto, con Dona candita como titora; nel disfrutamos da viaxe aos Ancares. Logo, en sexto, tivemos unha titora espectacular, Dona Celia, coa que fomos aos Picos de Europa e con quen faremos a excursión de fin de curso a Madrid.

Tampouco nos podemos esquecer do conserxe, Olimpio, que non se cansa de berrarnos polas trasnadas que facemos; dona Carmen, a señora da limpeza que fai que o colexio quede limpo todos os días; Antonio e Mercedes: que nos preparan a comida máis rica e saudable que existe...

A TODOS ELES: MOITAS GRAZAS!!!

Agora dános moita pena deixar o centro, os compañeiros que seguen estudando, non nos imaxinamos canto choraremos cando todo isto remate, levaremos unha chea de recordos, unha camiseta firmada por todos... Pero falaremos cos nosos amigos por correo electrónico durante o verán, chamarémonos, verémonos nas festas...

Aínda así, por outra parte temos moitas ganas de ir para o instituto, coñecer amigos e mestres novos, volver a estar con compañeiros que marcharon anos anteriores...

ADEUS A TODOS!!!

2

DespedidaO alumnado de sexto

O alumnado de sexto curso despídese do Colexio

Page 3: Encerados_5

ENTREVISTA

D. Pepe, o noso profesor de música

Nun recreo, achegámonos á aula de música para saber algo máis sobre Xosé Vicente Ferreirós

P: Bos días.R: Ola, bos días.

P: Cando comezou a dar clases neste colexio?R: (Pensativo) Penso que foi no ano 1997 , máis ou menos.

P: Que asignaturas ensinaba?R: Ó comezo só música, anos máis tarde, cando o colexio pasou a ser exclusivamente de Primaria, aparte da música, fun titor de varios cursos. Neste preciso momento de 2º curso.

P:Gústalle dar clase de música?R: Pois claro que si, porque é a materia da que son especialista.

P: Que quería ser de pequeno?R: De moi pequeno non o tiña moi claro, de máis maior gustaríame ser matemático ou músico.

P: Aparte de traballar aquí, sabemos que toca en “MILLADOIRO”; neste grupo musical, canto tempo leva tocando?R: Dende a súa fundación, no ano 1979, pois son un dos membros fundadores do grupo.

P: De pequeno tocaba algún instrumento? Cal?R: Sí, comecei de moi novo, aos dez anos de idade xa tocaba a guitarra.

P: E actualmente?R: (Risas) Pois moitos: a gaita, o oboe, a mandolina, pandeireta...

P: Vostede que se adica á música, poderíanos dicir se a maioría dos instrumentos requiren esforzo e práctica ou só algúns?R: Todos requiren esforzo e práctica, hai algúns que son máis fáciles ca outros, pero todos eles precisan de dedicación e constancia se queremos tocalos ben

P: Aparte da música, que outros hobbies ten vostede?R: Gústame moito ler, camiñar e máis a pesca.

P: Pois xa está, moitas grazas pola súa atención.R: De nada.

Neste número, seguindo coas nosas entrevistas, acercámonos á figura de D. Xosé Vicente Ferreirós, Don Pepe, o profesor de música do colexio e compoñente do famoso grupo musical "MILLADORIO" dende a súa creación.

3Zeltia Iglesias Rodríguez

Irene López Batalla Yadel Cardona González

ORLASDurante o presente curso estivemos traballando na confección das orlas de fin de EXB que por diversos motivos non estaban feitas. Fixémolas a partir das fotografías que aparecen nos expedientes académicos dos alumnos e alumnas de entonces. As promocións que se fixeron son as que remataron a EXB nos anos: 1985, 1991 e 1995.Estas orlas están á disposición das persoas que as queiran. Pódense pedir ao colexio para que se impriman nunha empresa especializada ou ben pódense ver e descargar para impresión dende a páxina web do colexio: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepumarurdildeSon arquivos bastante pesados, polo que convén unha conexión de banda larga a Internet.

Page 4: Encerados_5

O alumnado de segundo curso durante a súa representación.

O domingo 24 de maio celebramos no noso colexio o Festival de fin de curso, para o que levabamos ensaiando obras e bailes, bueno, actuacións para representalas no escenario para entreter e divertir á xente.

O día anterior algúns pais de alumnos e tamen algúns alumnos e alumnas foron axudar a colocar, decorar e ordenar cousas, ao remataren, ocorreu un percance moi desagradable; o conserxe do colexio, Olimpio tivo un accidente co coche ao chocarlle outro por detrás. Afortunadamente non foi moi grave.Chegou o domingo e con el o festival.Comezamos coa carreira pedestre, que era por ciclos e cada ciclo corría:1º ciclo: case unha volta enteira ao colexio.2º ciclo: unha volta completa ao colexio3º ciclo: dúas voltas.Eu corrín na de terceiro ciclo e costoume bastante pero conseguino. Deinas! O problema foi chegar de antepenúltima. Aínda así déronme unha medalla por participar. Que sorte!antes de comer houbo outras actividades, como un corcerto da Banda de Música de Negreira, partidos de fútbol e a degustación da Empanada de Millo.Fomos ao comedor do colexio e xantamos coas nosas familias e os nosos amigos; foi un rato moi agradable.Trala comida chegou a hora das actuacións do alumnado foron:Infantil: DespistadosInfantil: Aceitunas (Pitufos)1º de primaria: Os apuros de papá Sol.2º de primaria: A paciencia do sabio.3º de primaria: Tenía tanto que darte (Nena Daconte)Actuación estelar co malabarista Rafa4º de primaria: Colgando en tus manos (Carlos Baute e Marta Sánchez)5º de primaria: Te quiero (Naggy)6º de primaria: Fisica o Química (Despistados)O fin de festa puxérono os membros da Orquestra Luar, cos que nos divertimos un rato.En resumo: andiven cos amigos, tomei chucherías, saltei nas colchonetas, escoitei música...FOI XENIAL

FESTIVAL FIN DE CURSO 20094

Page 5: Encerados_5

5

Excursión aos Picos de Europa

O s días 8-9 de maio as clases de quinto e sexto curso fomos a unha excursión de dous días aos Picos de Europa.

Saímos do colexio as 6:00 h. da mañá. Cando pasábamos por Santiago recollimos a Dña. Amanda e a Dña.Celia logo continuamos co noso percorrido hacia os Picos de Europa. Despois de catro horas no autobús paramos uns minutos para descansar. Máis tarde, en Ribadeo, cambiamos de condutor.

De primeiro fomos a Cudillero, un pobo moi bonito onde compramos algúns recordos e sacamos fotos. Ao acabar de comer, subimos no funicular a Bulnes . Foi espectacular ! A min gustoume moito, que digo: moitísimo!

Logo fomos a Sto. Toribio de Liébana que foi moi bonito, a continuación fomos a Potes onde tivemos tempo libre para comprar recordos. Cando rematamos fomos a Arriondas no hotel “Os Acebos” onde dormimos, descansamos ...

Ao día seguinte, espertamos, vestímonos... e baixamos as maletas e fomos a almorzar ao comedor. Ao rematar fomos dar un paseo e coñecer un pouco máis. Logo fomos ao Santuario de Covadonga, onde collemos unhas furgonetas que nos levaron a ver os lagos Enol e Ercina, dous lugares preciosos.

Despois, subimos ao autobús e continuamos coa nosa viaxe. Quedaba un longo percorrido para chegar á próxima parada... En Xixón fomos á praia de san Lorenzo, onde as olas eran tan altas que bateron contra a parede e nos mollaron a todos...E por último marchamos en dirección a Urdilde, e cando estábamos chegando, puxémonos a cantar todos no autobús; e don Xaquín tamén...

FOI UNHA EXCURSIÓN FANTÁSTICA!

Yadel Cardona GónzalezÓscar Rodríguez Vidal

A visita aos Picos de Europa é unha sucesión de paisaxes espectaculares.

Page 6: Encerados_5

6

Enfurruxámonos e comemos castañas no Magosto

Disfrazámonos no Entroido

FOTOS VARIADAS

Decoración da aula de inglés no Halloween

Page 7: Encerados_5

FOTOS VARIADAS7

Aprendemos habilidades circenses...

Fixemos un composteiroXogando aprendemos a reciclar

Ata nos pasou un temporal por riba!

Fomos ao teatro en Santiago...

Page 8: Encerados_5

mércores día 3 de Xuño os nenos de Infantil e 1º de Primaria fomos a dar unha volta en autobús ata o GROVE. Queríamos ver o mar, pero sobre todo, queríamos ver peixes, e cando nos acercamos ao mar, ver, vimos poucos... ou ningún. Pero alí no Grove, dentro do ACUARIO, había “unha morea deles“. Vimos: robalizas, badeixos, corubelos, congrios, mantas-raias... por ver vimos ata TIBURóNS, e aprendemos que

os das nosas costas non son perigosos son os PINTA-ROXAS e os CAZÓNS, pero había un grande que era un tiburón TORO, e este sí que metía medo.

Ademáis deixáronnos coller e tocar unha estrela de mar e unha RABUDIÑA.Tamén vimos animais que non eran do mar, viven no rio, gústalle a agua doce, eran unha parella de LONTRAS, que nos fixeron unha demostración do ben que se pode nadar aínda que non sexan peixes, e algún

ESTURIÓNS, que por certo, os nosos rios xa non os teñen...extinguíronse, quizás os nosos avós-as os recorden nadando nos nosos rios.

Gustaríanos que non se extíngan ningún máis e que os nosos fillos e netos poídan seguir vendo tantos coma nos.

As nenas e nenos de Educación Infantil e Primeiro Curso

8

día dous de xuño as clases de 2º, 3º e 4º fomos de visita a Vigo. Primeiro fomos ao Zoo e vimos moitos animais, como por exemplo: llamas, leóns panteiras, serpes, pavos reais, monos, linces, cervos, cebras, e moitos máis.

Cando saimos do zoo acercámonos ao mirador desde onde contemplamos a ría e a cidade de Vigo e aproveitamos para sacar unha foto de todo o grupo.Máis tarde fomo á prais de Samil a comer pero unha das nosas amigas botoulle de comer a unha gaivota e de pronto viñeron todas as gaivotas dos arredores, pero uns nenos botánonas fóra.Antes de vir de volta visitamos unha fortaleza, o castelo do Castro, onde subimos a uns canóns antigos que había na entrada e logo fomos a un parque infantil (que era para pequenos).Foi unha excursión moi bonita.

O alumnado de cuarto curso

OVisita a Vigo

ONo acuario de O Grove

Page 9: Encerados_5

O alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil gañou o primeiro premio da súa categoria no certame de carteis do Día da Muller con este bonito debuxo. Noraboa!

9

Page 10: Encerados_5

Con esta fotomontaxe, o alumnado da clase de Educación Infantil de 3 e 5 anos gañou o premio da súa categoría. Noraboa!

10

Page 11: Encerados_5

11

Con esta preciosa composición, Alba González Bargo, de 1º de primaria obtivo o premio da súa categoría. Ben feito, Alba!

Page 12: Encerados_5

12

Andrea López Batalla acadou o segundo premio da súa categoría con esta bonita composición.

Page 13: Encerados_5

13

Natalia Cortés Fabeiro gañou o primeiro premio da categoría de segundo ciclo co seu debuxo. Noraboa!

Page 14: Encerados_5

14

Este debuxo que nos fala da violencia de certos homes sobre as mulleres, Sara Iglesias Rodríguez, de 5º de primaria conseguiu o seu premio. Para facernos pensar, sen dúbida. Noraboa, Sara

Page 15: Encerados_5

15

Debuxo de Zeltia Iglesias Rodríguez que nos fala da importancia de compartir e colaborar todos e todas nas diferentes tarefas, sen importar o xénero. Ben por Zeltia!

Page 16: Encerados_5

16

Primeiro de Educación Primaria Segundo de Educación Primaria

Educación Infantil de 3-4 anosEducación infantil de 3-5 anos

ORLA

Page 17: Encerados_5

Cuarto de Educación Primaria

Quinto de Educación Primaria Sexto de Educación Primaria

Terceiro de Educación Primaria

COLECTIVA

17

Page 18: Encerados_5

18

E ntrou o noso profesor de Educación Física e dounos a gran noticia: iamos ter unhas clases de hip-hop coa súa filla Julia! Eso si, tiñamos que cumplir unha normas, que eran non facer comentarios absurdos, non molestar, non poñerse a discutir... (o típico).

Cando por fin chegou o gran día todos estabamos moi emocionados; antes da clase a nós (os de quinto) tocábanos un exame; a hora facíasenos interminable, ata que for fin tocou o timbre. A profesora preguntou:- Que vos toca agora? - Clases de hip-hop, respondemos todos a coro.Recillimos tan rápido as nosas cousas que non lle deu tempo nin a dicir os deberes. Don Benito

petou na porta e díxonos cun amplo sorriso que xa podiamos ir todos para o ximnasio. Xa estaban alí os de sexto agardando por nós. Pouco despois chegou don Benito coa cámara fotográfica e todos gritamos:- Nooooooooon!O que dixemos pouco lle importou, porque xa se puxo inmediatamente a quitar fotos.Xulia presentouse, a min pareceume un pouco delgada, pero moi simpática, e parecía moi contenta con nós.Comezaron as clases. Tiñamos todos moitas ganas. Quentamos un pouco e comezou a ensinarnos pasos. Estabamos tan concentrados

que cando nos demos conta estaba don Benito coa gravando cámara de vídeo para despois colgalo na rede do colexio.Montamos un baile e pasámolo moi ben, tanto que a min me pasou a hora voando. Tocou o timbre e o prpfesor díxonos que agor fósemos par ao comedor e que mañán xa seguiriamos co baile. Despedímos de Julia. A verdade e que tiña unha fame...Cando acabou o comedor funme coas nenas de sexto e máis Miguel ao patio e alí puxémonos a bailar.Como era xoves tocabanos contacontos. Chegamos e ensinámoslle o baile a todos. Gustábanos moitísimo. No autobús de volta a casa fun co meu amigo Daniel falando de como foran as claes, o que máis me gustaba, o que menos... Cheguei a casa toda emocionada e onteille todo a meus pais. Despois de facer os deberes estiven bailando baile unha e outra vez coa miña irmá Zeltia.Hoxe xa era outro día e despertei con máis gañas ca nunca. Levaba un pantalón e un xersei típicos deste tipo de baile. No autobús fun falando coa miña amiga maría del Mar porque hoxe tiñamos tamén as clases, pero tamén estabamos moi tristes porque era o último día e Julia xa non volvería.Chegamos ao colexio e todos pensaban o mesmo.Outra vez nos tocaba esperar ata a última hora, pero mellor é tarde ca nunca. Tivemos catro largas horas de espera antes da clase, pero por fin chegou.

CLASES DE HIP-HOPSara Iglesias Rodríguez

Page 19: Encerados_5

19Como era o segundo día estabamos moi alborotados e fomos correndo para o ximnasio.Julia puxo a música e todos nos puxemos a bailar. Ata don Benito bailou.Aprendemos novos pasos, cada vez máis difíciles, ata chegar a un que xa era un desastre. Estivemos media hora tentando xirar sobre os xeonllos. Dicilo é fácil, pero facelo non. Eu caía unha e outra vez.Ese día viñeron todos os parvulitos a vernos.O profesor (mira que é malo) dixo:- Que risa! Esto haino que gravar.Igual que o día anterior, as clases pasaron voando. Despois, a profesora bailou ela soa, pero que ben bailaba!Cando acabou, eu e máis un grupo de amigas fomos onda Julia para darlle as grazas e pedirlle un autógrafo. Deúnolo con moito gusto e despedímonos dela.Cando voltamos da fin de semana, fomos todas as rapazas á rede do colexio e vimos o vídeo de Julia, pero o peor é que xusto enriba estaba o noso e apareciamos todos espatucados no chan. Viuno todo o cole!

Que vergoña!!!

Page 20: Encerados_5

20

A árbore

A árbore é un engado dos ollos pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas pólas conta contos o vento.

A árbore dános sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno.Val máis unha terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos.

Castelao, Sempre en Galiza

Page 21: Encerados_5

21

MODELANDO BARROEn abril viñeron ao colexio uns señores moi simpáticos que dixeron que eran "oleiros" de Buño para ensinarnos a facer platos, cinceiros e figruas de cerámica. A min encantoume.Mentres uns facían cinceiros os outros facían figuras. Eu fixen unhas moi bonitas que eran unha cuncha, unha lúa, dous colares e por último o signo do zodíaco de Virgo. Había moitos máis símbolos e debuxos: mouchos, paxaros, flores, etc.A todos lles quedaron as figuras moi bonitas; eu fixen seis, pero podían facerse máis.Chamáronme para ir facer un cinceiro e eu fun encantada; estaba moi emocionada porque ía a prender a facelo. Como era o primeiro día que me ensinaban a facer eso, o señor tívome que explicar como se facía. El dáballe voltas a unha roda, eu mollaba as mans e dáballe forma a figura. Ao final quedoume ben.Despois levamos as figuras á clase para que se secasen e o luns levámolas para casa.

FOI XENIAL!

Traballando co torno

O alumnado de primeiro ciclo atendendo ás explicacións

As nenas e nenos de infantil disfrutaron modelando formas

Mónica Rodriguez Somoza

Page 22: Encerados_5

22

R amón Piñeiro López foi un escritor galego nacido en Arnea (Láncara, Lugo) o 31 de maio de 1915 e morto en Santiago en 1990.

Mestres estuda bacharelato superior en Lugo ingresa nas xuventudes do Partido Galeguista, onde destaca rapidamente a pesares da súa timidez. Coñeceu a Ramón otero Pedrayo (1888-1976) e a outros persoeiros do galeguismo político (Castelao, bóveda e outros).Cchegou a ser elixido secreatio do comité provincial para o Plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936. Na na guerra civil loitou obrigado no bando nacional; ao acabar a guerra realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.

Dende 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista no interior, dende onde estivo en contacto coa oposición ao franquismo e cos nacionalistas cataláns e vascos para asegurar a presenza galega en todos os foros.En 1946 foi encarcelado durante tres anos.

Foi o primeiro director literario da Editorial Galaxia que en pleno franquismo comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia.

O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega co discurso "A lingoaxe e as língoas".

A escrita de Ramón Piñeiro non é abundante, e case toda se centra na nebulosa folosofía da saudade: Siñificado metafísico da saudade, Notas para unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000)

Co restablecemento da democracia pasou a formar parte do primeiro Parlamento Autonómico como deputado pola provincia de A Coruña.

En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que ocupou ata a súa morte (o 29 de agosto de 1990) a consecuencia dunha insuficienza hepática.

O 11 de febreiro de 1993 o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne asinou o decreto 25/1993 polo que se creaba o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, institución que en 1997 pasou a denominarse Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Real Academia Galego decidiu o 5 de xullo de 2008 adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2009.

LETRAS GALEGAS 2009

Ramón Piñeiro LópezÓscar Rodríguez Vidal

Irene López Batalla

Page 23: Encerados_5

23

Semana do Almorzo Saudable

U n ano máis, e xa van catro, celebramos a "semana do almorzo saudable", que nesta ocasión ten lugar entre os días 4 e 8 de maio; días nos que almorzamos no colexio antes de empezar as clases. Con esta actividade aprendemos o importante que é vir a escola despois de ter almorzado

na casa, e debemos procurar que o que tomamos sexa san e variado.

No colexio podemos tomar leite con cacao, zumes, cereais, froita e moitas cousas máis que nos envían importantes firmas de alimentación. Todo está coordinado por Ramiro Esparís. Sen él todo sería moito máis difícil. GRAZAS! Aquí deixamos algunhas fotos para que lembredes que ademáis de importante e necesario, o almorzo pode ser divertido.

Page 24: Encerados_5

Esa é a historia que me contaron vosos pais antes de morrer,por iso vos prohibo acercarvos a esa pedra. Suevia tragou saliva; non podía crer que ese mesmo día lle suxerira a Alexander cruzar o valo.Cando a avoa se foi da habitación, Suevia pediulle perdón a Alexander polo que lle dixera antes.Pasaron os días, os meses e os anos, as campás da igrexa soaban. Había un enterro. Non era Suevia, non era Alexander, era de súa avoa. Os rapaces xa tiñan agora trinta anos.Cando chegaron á casa estaban esgotados.Suevia non se podía quitar a idea da cabeza de que ou quen podía haber detrás do valo.Alexander debía estar pensando o mesmo porque lle dixo xusto nese momento:— Creo que debemos ir mañá mirar que é o que hai detrás do valo.Suevia aceptou, pois non deixaría que Alexander fose só.Ao día seguinte colleron unhas cordas e encamiñáronse cara o valo de pedra. Alexander chegou alí e, como fixera a nai de Suevia, puxo o primeiro pé no valo. A estrana forza tirouno ao chan, Suevia non podía nin sabía facer nada xa que non había ninguén polos arredores. Ao cabo de uns minutos Alexander morreu. Suevia estaba tan asustada que non sabía o que facer. Escapou a correr polo monte, correu días, días e días, ata que por fin chegou a un pequeno poboado ao que enseguida se trasladou, alí fixo a súa vida. Tivo fillos e netos, pero a ninguén lle contou o seu pasado. Nunca máis na súa vida quixo volver ao seu lugar de nacemento, por medo, por vergoña de que a descubriran, non se sabe por que foi. Cando cumpriu oitenta anos, o vinte e oito de abril, Suevia morreu.Agora, Meliá, a aldea na que vivían antes, está deserta, ninguén vive alí.E nunca ninguén soubo que se escondía detrás do valo.

O VALO DE PEDRASara Iglesias Rodríguez

Mónica Rodriguez Somoza

H abía unha vez unha aldea na que vivían dous nenos:Suevia e Alexander.Tiñan os dous 11 anos e non ían á escola, xa que eran pobres e

non tiñan cartos para pagala. Suevia vivía coa súa avoa (os seus pais morreran),e Alexander vivía con eles a causa de encontralo nunha cesta na porta da casa cando era moi pequeno.Adoitaban ir xogar a unha fraga, pero nunca se lle ocorreu a ningún dos dous intentar cruzar un alto valo de pedra, xa que a súa avoa llo prohibira. Cando lle preguntaban por qué, a avoa quedaba queda, moi queda,levantábase,e íase sen dicir nada.Os nenos íanse facendo grandes, e a súa curiosidade por saber que había detrás dese valo ía crecendo. Un día Suevia díxolle a Alexander:— Por qué non imos mañá ao valo cunhas cordas e o cruzamos?N on crees que a avoa se enfadará?A Suevia non lle deu tempo a responderlle, xa que nese xusto momento entraba súa avoa pola porta:— Creo que xa sodes o suficientemente grandes para saber en realidade por que non vos deixo cruzar o valo. Esta é a historia:

“Cando teus pais eran mais ou menos da vosa idade, xa había aí ese valo de pedra, un día de tormenta ocorréuselle cruzalo; cando túa nai, Mónica, puxo o pé na primeira pedra unha estraña forza arrastrouna hacia atrás, e caeu inmóbil no chan. Xosé, teu pai, intentou axudala, pero o mesmo lle pasou a el. Oín o berro que Xosé botou antes de desmaiarse, e fun a ver o que pasaba, encontreinos alí deitados. Cando conseguín reanimalos pregunteilles que foi o que lles pasara e non mo quixeron dicir. Dous anos e once días máis tarde, encontrouse outro home tirado no chan, pero este non tivo tanta sorte. Cando os veciños chegaron alí xa estaba morto, entón comprendín que iso fora o que lles pasara a teus pais. Mónica non comía, non durmía e xa non se ría. Un tremendo mal lle ocorrera.cando cumpriu os vinte anos, quedou embarazada, e deu a luz o día 28 de abril do 1998, ás doce en punto da noite. Ao cabo dunhas semanas, os dous morreron,deixando orfa á súa filla (Suevia). Eu quedei con ela e ocupeime da súa educación, ao mesmo tempo que me ocupaba da do neno que atopamos nunha cesta (Alexander).

Dende que teus pais morreron, dise que esa pedra está maldita, ningún pai e ningunha nai se lle ocorrería nunca deixar ir alí aos seus fillos. Toda a xente que había polos arredores foise de aquí,só quedamos nós.”