Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewQuen honra a seu pai expía os seus...

3
Bendí a nosa familia Deus Pai noso, bendí á nosa familia co don da fe, do amor e da alegría. Fai da nosa casa un fogar cálido e acolledor. Dános luz para iluminar os nosos problemas. Dános un corazón forte para afrontar as angustias e as penas. Dános un sorriso grande para vivir con alegría Dános un mans xenerosas para colaborar cos demais. Pai bo, bendí a todas as familias do mundo para que imitando a Xesús, María e Xosé, a familia de Nazaré, colaboremos na construción dun mundo máis xusto, humano e fraterno. Amén. 1 de xaneiro: ORACIÓN Á NAI DE DEUS A Ti, Virxe Santa, Nai e Virxe, consagramos este ano 2019 que comeza. A Ti, Santa María, Nai de Deus, elevamos a nosa oración sincera e a nosa pregaria confiada para que, Ti, como Nai que nos coñeces e queres, nos coides e rogues por nós ante Deus a quen esperamos e

Transcript of Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewQuen honra a seu pai expía os seus...

Bendí a nosa familiaDeus Pai noso, bendí á nosa familia co don da fe, do amor e da alegría.Fai da nosa casa un fogar cálido e acolledor. Dános luz para iluminar os nosos problemas. Dános un corazón forte para afrontar as angustias e as penas.Dános un sorriso grande para vivir con alegría Dános un mans xenerosas para colaborar cos demais. Pai bo, bendí a todas as familias do mundo para que imitando a Xesús, María e Xosé, a familia de Nazaré, colaboremos na construción dun mundo máis xusto, humano e fraterno. Amén.

1 de xaneiro: ORACIÓN Á NAI DE DEUSA Ti, Virxe Santa, Nai e Virxe, consagramos este

ano 2019 que comeza. A Ti, Santa María, Nai de Deus, elevamos a nosa

oración sincera e a nosa pregaria confiada para que, Ti, como Nai que nos coñeces e queres, nos coides e rogues por nós ante Deus a quen esperamos e desexamos abrazar no ceo.

ECLESIÁSTICO 3, 2-6.12-14: Quen teme o Señor honrará a seus pais.

O Señor honra máis ao pai que aos fillos e afirma o dereito da nai sobre eles. Quen honra a seu pai expía os seus pecados, e quen respecta a súa nai é como quen acumula tesouros. Quen honra a seu pai alegrarase dos seus fillos e cando rece, será escoitado. Quen respecta a seu pai terá longa vida, e quen honra a súa nai obedece ao Señor. Fillo, coida de teu pai na súa vellez e durante a súa vida non lle causes tristeza. Aínda que perda e xuízo, sé indulxente con el e non o despreces aínda estando ti en peno vigor. Porque a compaixón cara ao pai non será esquecida e servirache para reparar os teus pecados. Palabra do Señor. SAL. 127: Ditosos os que temen o Señor e seguen os seus

camiños. COLOSENSES 3, 12-21: A vida de familia vivida no Señor. SAN LUCAS 2, 41-52: Os pai de Xesús encontrárono no

medio dos mestres.Narrador: Os pais de Xesús adoitaban ir cada ano a Xerusalén pola

festa da Pascua. Cando cumpriu doce anos, subiron á festa segundo o costume e, cando terminou, volvéronse; pero o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que o soubesen os seus pais. Estes, crendo que estaba na caravana, andaron o camiño dun día e puxéronse a buscalo entre os parentes e coñecidos; ao non atopalo, volvéronse a Xerusalén buscándoo.

E sucedeu que, aos tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos mestres, escoitándoos e facéndolles preguntas. Todos os que o oían quedaban asombrados do seu talento e das respostas que daba.

Ao velo, quedaron abraiados, e díxolle súa nai: María: -«Fillo, por que nos trataches así? O teu pai e mais eu

buscabámoste angustiados».Narrador: El contestoulles:Xesús: -«Por que me buscabades? Non sabiades que eu debía estar

nas cousas do meu Pai?». Narrador: Pero eles non comprenderon o que lles dixo. El baixou

con eles e foi a Nazaré e estaba suxeito a eles. Súa nai conservaba todo isto no seu corazón. E Xesús ía crecendo en sabedoría, en estatura e en graza ante Deus e ante os homes.

Palabra do Señor. (Narrador-María-Xesús)

Xesús nace nunha FAMILIA. AMA e COIDA a túa.

1. VER: A familia, o máis importante -En Nadal pasamos máis tempo en casa, gozamos da familia, estreitamos lazos.-Hai realidades que valoramos moito: a familia é o máis importante para nós.-Facemos e comentamos a árbore xenealóxica da nosa familia: abaixo o noso nome, por encima, irmáns, os papás, etc. E un álbum cos momentos máis importantes.

Por que é importante a familia? Que recibes da túa familia? Que lle achegas ti? 2. XULGAR: A familia de Xesús-No evanxeo deste domingo fálasenos da familia de Nazaré, a de Xesús. Chamámola a Sagrada Familia. Non faltaron os problemas nesta familia. Van ao templo de Xerusalén e Xesús desobedece quedando a dialogar cos mestres. A súa nai quéixase e Xesús respóndelle unhas misteriosas palabras: “Por que me buscabades” Non sabiades que eu debía estar nas cousas do meu Pai?”. E Xesús “ía crecendo sabedoría, en estatura e en grazaQUE NOS QUERE DICIR?-Algo terá a familia: Deus quixo nacer, vivir e ser educado nela. Nela Xesús aprendeu a amar sen condicións e a sentirse querido, a darse aos demais, a colaborar, a rezar, a crecer como persoa, a respectar o outro e ser respectado, a obedecer, a rir e gozar cada momento, a pedir perdón… Xesús ía crecendo en sabedoría e en graza”. *Que a túa familia sexa como a Sagrada Familia: un fogar onde aprendamos os valores, onde aprendamos a orar e a vivir como cristiáns, onde rezamos e nos responsabilizamos, onde compartimos, onde crecemos en entrega e en fe.-O amor na familia: Nos dous debuxos dá beira de Fano resáltase a importancia do amor na familia. Na portada faise un chisco de ollos ás familias en dificultade, os inmigrantes, os que cruzan o mar. Tamén o belén feminista onde Xosé coida do neno e María sostén o bastón, compartindo papeis… Ou as caixas nas que Xesús pon o logo corazón. *Potenciemos o amor na familia feito xestos, detalles, dozura..

Que podemos mellorar na nosa familia? Como andades de dozura e amor?3. ACTUAR: Ama e coida a túa familia -Celebramos xuntos o día da familia o domingo. -Facemos algún cartel. -Vemos como orar nalgún momento do día en familia e dicimos como coidala. –Non esquezamos na familia a fe, orar xuntos, ir ao templo, as cousas do Pai. -Facemos algunha celebración a carón do Belén.

Que ides facer?