Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo:...

11
IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 [email protected] 886.15.90.98 www.iesaxunqueira2.com Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II Memoria final (curso 2018-2019)

Transcript of Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo:...

Page 1: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES A Xunqueira II

Memoria final (curso 2018-2019)

Page 2: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Índice

1. Limiar páx. 3 2. Actividades páx. 4 3. Cambios respecto á programación deseñada inicialmente páx. 8 4. Consecución dos obxectivos previstos páx. 8 5. Propostas para o vindeiro curso páx. 9 6. Conclusión páx. 9 7. Anexo páx. 10

Page 3: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

1. Limiar.

O balanzo global é novamente positivo e, unha vez máis, procurouse que cada mes houbese algunha

actividade, alén das intervencións permanentes ao longo de todo o curso. Seguen a quedar, porén, actividades que

de cara ao vindeiro curso haberá que potenciar. Tentouse, asemade, que todos os niveis contasen con actividades en

algún momento do curso, agás 2º de bacharelato onde é difícil -e pouco recomendable- encadrar actividades nun

calendario xa de por si apretado de abondo.

Unha vez máis os tres grandes obxectivos plantexados no proxecto (impulsar o uso do galego incidindo na súa

valoración positiva e erradicando prexuízos; implicar ao alumnado no proceso normalizador para corrixir a situación de desigualdade co

castelán e animar e apoiar ao profesorado para que colabore e se sinta implicado no proceso normalizador) foron a meta común de

todo o traballo realizado no día a día do equipo. Con todo, cómpre proxectar máis e mellor as actividades ofertadas

polo equipo para tratar de que o alumnado participe nelas en maior medida e aí segue a ser fundamental pór en

marcha as redes sociais e outros medios dixitais.

Page 4: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

2. Actividades.

No tocante ás actividades desenvolvidas no centro pretendeuse afianzar e normalizar a presenza do galego

en todos os ámbitos (educativos, administrativos...) a partires de numerosas intervencións:

· novembro: elaboración dun pequeno mural con información sobre o Samaín e colaboración no magosto

organizado polo centro. (fig. 1 a 4)

Fig. 1, 2, 3 e 4

· xaneiro: concurso de postais de Reis. A gañadora foi Gemma Graña Puente, de 1º ESO B. (fig. 5, 6 e 7) Custo total da actividade: 69,58 €

Fig. 5, 6 e 7

· febreiro: encontro con Luis Davila (en colaboración co Equipo PLAMBE e o departamento de Educación Plástica e Visual) e colocación dunha placa co seu nome na aula de debuxo artístico. (fig. 8 a 11). Custo total da actividade: 99,22 €.

Fig. 8, 9, 10 e 11.

Page 5: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

· marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros ofertados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. (fig. 12, detalle do cartel)

Fig. 12

· abril: · obradoiro A arte da palabra na cultura hip-hop con García MC para o alumnado de 2º de ESO. Dentro dos obradoiros ofertados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. (fig. 13, 14 e 15)

Fig. 13, 14 e 15

· charlas Desmontando os prexuízos e as mentiras contra a lingua galega da man da Mesa pola Normalización Lingüística co alumnado de 1º de ESO. Dentro das actividades ofertadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. (fig. 16)

Fig. 16

· obradoiro Regueifa e Igualdade co alumnado de 4º de ESO, da man do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. (fig. 17 e 18)

Fig. 17 e 18

Page 6: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

· maio: · conmemoración do Día das Letras Galegas: representación da obra teatral Quen ten un mestre etnógrafo? sobre a vida de Antón Fraguas da man do artista noiés Serafín Marcos (fig. 19, 20 e 21), confección de chapas conmemorativas e exposición no vestíbulo. (fig 22, 23 e 24). Custo total da actividade: 200 €.

Fig. 19 Fig. 20 Fig. 21

Fig. 24

Fig. 22 Fig. 23

· coordinación co resto dos EDLG da cidade do

certame Ben Veñas, Maio no que o noso centro acadou

varios premios: Sara Rodríguez González e Marcelo

Caramés Obelleiro, 1º e 2º premio na categoría B de

narración curta cos relatos Calopteryx Xanthostsoma e Misión

Mr. Moustache; Clara Fariña Castro (membro das

Pandeireteiras de Verducido) gañadora do certame de

videoclips con Que ocorre? e Enaitz Busto Ziarreta, gañador

coa curtametraxe O Gato pontevedrés, na que tamén

participaron Fabio Leboso Francisco e Adrián Esperón

Villaverde. (fig. 25, detalle do cartel) Fig. 25

Page 7: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

· outras actuacións desenvolvidas ao longo do curso: · exposición semanal Historia de mulleres, mulleres na Historia; nunha das columnas do vestíbulo do centro hai sempre catro biografías de mulleres mudando unha delas cada semana. (fig. 26 e 27)

Fig. 26 Fig. 27

· exposición semanal Humor e Historia escríbense con H; outra das columnas do vestíbulo amosa viñetas de humor sobre distintos episodios históricos e aspectos de actualidade sobre a lingua (diglosia ou estranxeirismos, p. ex.); procúrase que haxa sempre unha presencia destacada de humoristas galegos (Gogue, Davila, Pinto & Chinto, Xaquín Marín...) (fig. 28 e 29)

Fig. 28 Fig. 29

· revisión e corrección de documentación de dirección (proxecto anual de lectura, plan de autoprotección,

..), do departamento de orientación (protocolo de actuación con alumnado con necesidades educativas específicas) e

de cartelaría do servizo de cafetaría (listas de prezos, menús...), confección dunha pequena guía sobre o Camiño de

Satiago ao seu paso polo Burgo e Alba para a saída organizada polo departamento de relixión...

Page 8: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

3. Cambios respecto á programación deseñada inicialmente.

Quedaron sen facer varias das actividades propostas: o mural con A palabra da semana, a actividade Namórate en galego co gallo do 14 de febreiro, a tradución de relatos curtos, e o obradoiro Así se fan, así se tocan con Carlos do Viso e Luis O Caruncho. Os motivos para eses cambio son varios; no caso de A palabra da semana foi, sobre todo, a falta de tempo e o feito de que os outros dous murais que se realizan (Humor e Historia escríbense con H e Mulleres na Historia, Historia de mulleres) comen boa parte do tempo e do espazo do que se dispón no vestíbulo de entrada ao centro. Con todo, non se desbota tentar poñela en practica novamente. Namórate en galego finalmente tampouco se levou adiante e estase a pensar, en cambio, nunha serie de actividade àra conmemorar no mesmo mes de febreiro o Día de Rosalía. O obradoiro de percusión ten como principal inconveniente o elevado custo económico; a intención é organizalo en colaboración co departamento de Música para así poder repartir os gastos; os ponentes ofreceron, en calquera caso, facer dúas exposicións polo prezo de unha. Finalmente, a saída ao centro de interpretación de arte rupestre de Campo Lameiro desbotouse ao tela organizado o departamento de Xeografía e Historia co alumnado de 1º de ESO.

4. Consecución de obxectivos previstos. Tres eran os grandes obxectivos plantexados á hora de programar as distintas actividades:

- impulsar o uso do galego incidindo na súa valoración positiva e erradicando prexuízos.

- implicar ao alumnado no proceso normalizador para corrixir a situación de desigualdade co

castelán.

- animar e apoiar ao profesorado para que colabore e se sinta implicado no proceso normalizador.

Non é doado facer unha valoración obxectiva dos logros acadados. Se ben a presenza escrita é

maioritariamente en galego (salvo contadas excepcións onde o castelán segue a ser protagonista) o uso habitual na

fala segue a deixar unha sensación agridoce, especialmente -aínda que non exclusivamente- entre o alumnado. A

percepción do galego dun xeito normal segue a ser un obxectivo que, por momentos, se torna difícil de acadar a

pesares dos intentos de incidir na súa valoración positiva e na erradicación de prexuízos que aínda persisten. A pasividade

do alumno á hora de tentar corrixir a situación de desigualdade co castelán non se poderá subsanar só con actividades

máis ou menos atractivas mentres lles siga a chegar a mensaxe de que hai unhas asignaturas que é preciso impartir

en castelán e outras, accesorias, que si poden impartirse en galego; é máis, moitas veces, materias que deberían

impartirse en galego seguen a engrosar as horas de castelán mentres, probablemente, ningunha das que deben

impartirse nun correcto castelán se imparten en galego aínda que sexa violando a suposta legalidade vixente que, en

calquera caso, vulnera á súa vez a Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais.

Así pois, cómpre animar e apoiar ao profesorado para que colabore e se sinta implicado no proceso normalizador e quizais

deste xeito o alumnado sexa quen dea o seguinte paso.

Page 9: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

5. Propostas para o vindeiro curso. Segue en pé continuar coas charlas cun escritor/-a e a colocación do seu nome a unha das aulas do centro; podería xuntarse esta actividade coa de Historia de mulleres, mulleres na Historia e traer, por exemplo, a algunha autora que inaugurase unha placa co seu nome nunha aula e un pequeno panel coa súa biografía no pequeno mural efímero que se vai mudando cada semana. Xa se estableceron contactos, aínda que sen pechar nada definitivamente, coa escritora e activista Luz Fandiño e coa xogadora da selección española de fútbol e ex-alumna do centro Teresa Abelleira. O lanzamento do EDLG nas redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter) é, se cadra, a proposta máis urxente de cara ao vindeiro curso, na procura dunha maior presenza no día a día do alumnado. A celebración do Día de Rosalía en febreiro será outra das propostas máis firmes de cara ao vindeiro curso. A implicación do profesorado e o alumnado e a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra (Salón do Libro, obradoiros, roteiros, certame Ben Veñas, Maio!...) serán, pois, as pedras angulares para tratar de acadar unha presenza real e plena do galego no día a día do centro.

6. Conclusión.

Contar de novo coa colaboración do alumnado, o profesorado e, moi especialmente co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra durante todos estes meses foi fundamental polo que debemos estarlles a todos eles plenamente agradecidos. Finalmente, sirvan tamén estas letras para pedir unha maior implicación por parte da administración; non é doado dinamizar o uso do galego, en franca desvantaxe fronte a unha ameazante diglosia, cun presuposto que non fai máis que esmorecer ano tras ano; a soa boa vontade dos EDLG non pode facer imposibles e precísanse aportacións económicas que vaian parellas á realidade lingüística cada vez máis preocupante que se está a ver e vivir entre os nosos rapaces.

En Pontevedra, 26 de xuño de 2019.

Asdo., o coordinador do EDLG Vº e prace, o director

Jorge Potel Torres Juan Carlos Pérez Mestre

Page 10: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

ANEXO

· O Camiño Portugués e o seu paso por Pontevedra.

Conta a tradición que o apóstolo Santiago pasou polo barrio do Burgo nunha das súas

peregrinaxes evanxelizadoras; famento e sedento, atopou a un veciño a quen lle pediu axuda;

o home non dubidou en axudarlle e o Apóstolo agradeceulle a súa xenerosidade premiando á

casa do labrego coa primeira colleita de uvas e de millo de cada tempada. Velaí a orixe da procesión do viño e as

uvas que se celebra aínda hoxe co gallo do día grande no barrio do Santiaguiño do Burgo; no nº 95 da rúa da

Santiña unha placa conmemora o feito para lembranza de todos os peregrinos que, camiño de Compostela, pasan

polo lugar da milagre.

Mito e realidade adoitan ir parellos e non sempre é doado separar a palla do gran ou, neste caso, a lenda e a

historia. O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago no s. IX , a chamada inventio jacobea, da man do bispo

de Iria Flavia, Teodomiro, puxo en marcha unha ruta que, a través de Roncesvalles, traía (e trae!) peregrinos de toda

Europa ata unha pequena vila no finis terrae peninsular. O chamado Camiño Francés non é o único e existen outras

rutas xacobeas como a Ruta da Prata ou o Camiño Portugués, que é o que pasa pola vila do Lérez. E que teñen en

común estas dúas rutas? Pois que o seu trazado é, en realidade, o que seguían dúas vellas calzadas romanas: a Vía da

Prata (de Emerita Augusta a Asturica Augusta) e a Vía XIX, que unía Bracara Augusta e Asturica Augusta pasando por

Lucus Augusti.

Quen non coñece á Virxe Peregrina? Aínda que non é a patroa da cidade o seu santuario

segue a ser un dos iconos de Pontevedra e calquera peregrino que pase por ela ha de admirar a

súa beleza barroca. Entón, hai ou non hai un Camiño Portugués a Compostela? Habelo haino, pero

en realidade o que temos é o rescaldo dunha infraestrutura de comunicación moi anterior ao

culto xacobeo: a Via XIX.

A Via XIX (que non debemos confundir coa Via XX

per loca marítima, coa que comparte parte do trazado) é unha

calzada romana do tempo do emperador Augusto que aparece

recollida xa no chamado Itinerario Antonino. Unía Braga con

Astorga a través de Lugo e era un pouco a columna vertebral

da Gallaecia. Comeza a gañar peso a partires do s. XII cando Portugal se torna

reino independente; mostras do culto xacobeo no país luso foron, por exemplo,

a peregrinación de Isabel de Portugal (a Raíña Santa) no s. XIV ou a do rei

Manuel I, que ordenou que en lembranza da súa peregrinación unha lámpada

alumase o templo compostelán día e noite, asignando para iso unha renta anual.

E alí está a lámpada desde 1502...!

A propia rede viaria portuguesa obedece ao trazado desta vía e así varias das súas arterias de comunicación

principais seguen a pasar por Braga, Ponte de Lima ou Valença para, unha vez cruzado o Miño, continuar cara as

mansións romanas de Tude (Tui), Turoqua (Pontevedra), Aquis Celenis (Caldas de Reis), Iria Flavia e Compostela.

Curiosamente esta vía de peregrinación foi a máis importante no s. XIX cando as guerras napoleónicas frearon

notablemente o fluxo de peregrinos do centro do continente.

A pegada do Camiño na cidade é visible no rueiro: rúa da Virxe do Camiño, praza da Peregrina, Porta do

Camiño, Santiaguiño do Burgo... Cara á rúa da Santiña, a Gándara e as marismas de Alba o Camiño continúa cara a

Barro ata o final de etapa, que adoita ser Caldas de Reis; de alí, unha penúltima xornada leva aos peregrinos ata

Padrón para, nun último empuxón, entrar no Obradoiro despois de percorrer os

Page 11: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Xunqueira II ... - Memoria … · · marzo: obradoiro Ops! O galego, a nosa vantaxe co alumnado de 1º de bacharelato. Dentro dos obradoiros

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

últimos 22 km.

· A capela do Santiaguiño do Burgo

Recoñeces a capela da fotografía? É

posible que non ou que, como moito, só

identifiques a fachada. Pero se miras ben, ao

fondo da imaxe vese un transformador

eléctrico que continúa no mesmo lugar. E as

casas da esquerda son hoxe o Bar Estadio e a

Ferretería Malecho. Que foi, logo, da capela?

As festas do Santiaguiño de 1986

foron as últimas nas que os actos relixiosos se

celebraron nesa pequena capela, na cabeceira norte da Ponte do Burgo. A ordeación viaria nese punto fixo que a

derrubaran en setembro daquel ano. En abril do ano seguinte colocouse a primeira pedra da nova capela, na súa

actual ubicación preto da grada sur do Estadio Municipal de Pasarón, e que conserva aínda a fachada da vella

edificación.

O derribo provocou fortes protestas de veciños e organismos oficiais, incluído o Colexio de Arquitectos que

considerou aquilo unha aberración. A Comisión Provincial para a Defensa do Patrimonio Histórico-Artístico emitiu

informes en contra da actuación urbanística pero o Ministerio de Obras Públicas non modificou o seu trazado da

Avenida de Compostela, cuxos accesos afectaban á capela. Iso si, o Burgo convertiuse nunha nova parroquia da

cidade, independizándose das do Divino Salvador de Lérez e da de Santa María a Maior. Hoxe no lugar onde se

ubicaba a capela só queda un cruceiro e unha estatua dun dos veciños máis ilustres do barrio (con permiso de Xoan

Manuel Pintos!): o acordeonista César Dios, Diosiño.

· A igrexa de Santa María de Alba.

En Alba descubriuse un miliario adicado ao emperador

Caracalla (un cilindro de pedra que se colocaba nas calzadas

romanas para indicar a distancia ata certo punto determinado;

unha especie de poste quilométrico), o que é unha mostra evidente

do paso da Via romana XIX por esta parroquia. Logo, tendo en

conta que o Camiño Portugués segue parte do seu mesmo trazado,

é evidente que Alba é paso obrigado da ruta de peregrinación a

Compostela. Por alí pasou Isabel de Portugal, a Raíña Santa, en

1325 para orar en Santiago pola almiña do seu difunto marido.

A igrexa foi consagrada polo bispo Diego Xelmírez quen, no s. XII, adquiriu o templo románico; porén, a

actual edificación é unha reconstrución do s. XVIII con trazas neoclásicas e barrocas. Ten planta rectangular se ben

desde o exterior as capelas laterais interiores poden semellar os brazos dunha cruz latina. Os sillares de granito e o

campanario, típico do rural galego, dan boa mostra da dignidade construtiva do templo.