ESO
-
Upload
orientacionisidroparga -
Category
Documents
-
view
414 -
download
5
Transcript of ESO
PLAN DE PREPARACIÓN PARA
A E.S.O.
Departamento de Orientación
CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal
Que é o ensino básico?
O ensino básico é o que deben realizar todas
as persoas.
É obrigatorio e gratuito.
Iníciase aos seis anos e esténdese ata os
dezaseis.
Etapas do ensino básico
O ensino obrigatorio ten dúas etapas:
E.P.:Educación Primaria
E.S.O.
Ten 6 cursos.
De 1º a 6º.
Que é E.S.O.?
E.S.O.: EDUCACIÓN SECUNDARIA
OBRIGATORIA
Secundaria: vén a continuación da E.Primaria.
Obrigatoria: débena realizar todas as persoas.
¿Onde se estuda a E.S.O.? A E.S.O. estúdase nos I.E.S.
Un I.E.S. é un INSTITUTO DE EDUCACIÓN
SECUNDARIA.
O instituto ao que estamos adscritos é o IES
MARÍA CASARES .
Nel ademais da E.S.O. tamén se pode estudiar
Bacharelato, Ciclos formativos de Formación
Profesional de grao medio ou superior e FP
básica.
Cantos cursos ten a E.S.O.?
Está formada por 4 cursos
(12 – 16 anos):
Coa LOMCE 2 Ciclos (1º a 3º// 4º)
-1º ESO-2º ESO-3º ESO- 4º ESO
Que asignaturas estudas na E.S.O.?
Nos tres primeiros cursos: Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. 1ª Lingua estranxeira. 2ª Lingua estranxeira. Matemáticas. Ciencias da natureza. Ciencias sociais, Xeografía e
Historia. Educación física. Cada semana terás unha
sesión de titoría.
Ademais estudarase: Educación plástica e visual
(1º) Proxecto interdisciplinar (1º) Educación musical (2º). Educación para a cidadanía
e dereitos humanos. (2º). Tecnoloxía (3º) máis unha
optativa. Bioloxía e xeoloxía / Física e
Química (3º).
Que é unha asignatura optativa?
Unha asignatura optativa é aquela que se pode escoller ou non
segundo as propias preferencias.
As primeiras optativas estarán en 3º, excepto a opción de elixir
entre relixión ou a alternativa a esta que oferte o centro
educativo.
Como é a avaliación?
A avaliación na
E.S.O. é continua.
Recibirás
información
trimestral coma en
E.P.
As cualificacións
serán: Insuficiente Suficiente Ben Notable Sobresaliente
Indícase o valor numérico.
Como é a promoción?
Se suspendes máis de 2 asignaturas
dun curso deberás permanecer un ano
máis nel.
Só se pode repetir unha vez cada
curso.
Só se pode repetir dúas veces en toda
a E.S.O.
Criterios de promoción
Con dúas asignaturas suspensas non se repite.
Con tres asignaturas suspensas a repetición é automática.
Que título obtés cando rematas a E.S.O.?
O finalizar os estudos da E.S.O. cun
resultado positivo obterás o:
TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Que horario terás no I.E.S.? O horario que terás será de luns a venres de: 8:30 a 14:10
Os luns terás clase pola tarde de: 16:30 a 18:10
As sesións son de 50 minutos. Terás dous recreos : cada dúas sesións
farase un descanso de 20 minutos.
Que podes estudar ao rematar a E.S.O.?
Ao finalizar a E.S.O. poderás estudar: Bacharelato. Formación profesional
Se tes entre 15 anos cumpridos e tes dificultades para rematar os estudos de ESO, poderás cursar FP Básica.
Modalidades de Bacharelato e de Ciclos Formativos
Bacharelato: Humanidades e Ciencias Sociais Ciencias e Tecnoloxía
Ciclos formativos de grao medio: Instalacións eléctricas e automáticas
FP Básica
No I.E.S. tamén hai un Departamento de Orientación que che axudará e asesorará sempre que o necesites ou o demandes.