Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

6
Estamos ante unha catástrofe demográfica en Galicia? Retos e esperanzas Santiago González Avión Sociólogo / Asociación Diversidades 0.- Se non cambiamos nada, imos cara a unha catástrofe Na miña opinión, se a dinámica demográfica non cambia, a mediados de século perderemos case un terzo da poboación de Galicia (un millón de persoas menos en total). Unha perda de poboación tan rápida pode ser comparada cos efectos das grandes crises demográficas, como as que afectaron a Europa no século XIV ou a América no século XVI. Unha circunstancia así ben pode ser cualificada de catástrofe demográfica, sobre todo porque non está unida a un incremento repentino da mortaldade, senón a unha caída da natalidade sen precedentes na historia humana. Certo que a caída da natalidade caracteriza o que os demógrafos chaman transición demográfica. Pero esta consiste nunha caída parella da mortaldade e da natalidade que acaba por estabilizar a poboación logo de facela crecer dunha forma que só ten precedentes na revolución neolítica coa aparición da gandaría e a agricultura. A demografía, a ciencia social máis exacta A demografía é a ciencia social máis exacta. Non só coñecemos a poboación presente, senón tamén as variables máis relevantes para facer predicións de futuro: A taxa de mortalidade A taxa de natalidade As mulleres en idade fértil e o número de fillos/as por muller fértil. A taxa de fecundidade.

Transcript of Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

Page 1: Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

Estamos ante unha catástrofe demográfica en Galicia? Retos e esperanzasSantiago González Avión

Sociólogo / Asociación Diversidades

0.- Se non cambiamos nada, imos cara a unha catástrofeNa miña opinión, se a dinámica demográfica non cambia, a mediados de século perderemos case un terzo da poboación de Galicia (un millón de persoas menos en total). Unha perda de poboación tan rápida pode ser comparada cos efectos das grandes crises demográficas, como as que afectaron a Europa no século XIV ou a América no século XVI. Unha circunstancia así ben pode ser cualificada de catástrofe demográfica, sobre todo porque non está unida a un incremento repentino da mortaldade, senón a unha caída da natalidade sen precedentes na historia humana. Certo que a caída da natalidade caracteriza o que os demógrafos chaman transición demográfica. Pero esta consiste nunha caída parella da mortaldade e da natalidade que acaba por estabilizar a poboación logo de facela crecer dunha forma que só ten precedentes na revolución neolítica coa aparición da gandaría e a agricultura.

A demografía, a ciencia social máis exactaA demografía é a ciencia social máis exacta. Non só coñecemos a poboación presente, senón tamén as variables máis relevantes para facer predicións de futuro:

A taxa de mortalidade

A taxa de natalidade

As mulleres en idade fértil e o número de fillos/as por muller fértil.

A taxa de fecundidade.

Coñecendo esas variables, que tenden a ser moi estables nas poboacións modernas (por causas sanitarias, pero tamén culturais, políticas e económicas) é doado describir o actual movemento vexetativo da poboación e predicilo para o futuro, cunhas marxes de erro relativamente pequenas. Para evitar certos erros, propóñense correccións, traballando en escenarios que ofrecen variacións ás veces demasiado amplas.

As perspectivas da nosa poboaciónSegundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galicia perderá 81.557 habitantes no período 2012-2021, o que supón unha diminución do 3% da súa poboación. Por provincias, en Lugo e Ourense danse as maiores perdas de poboación en termos relativos (un 6,7% e un 6,3%, respectivamente).

Page 2: Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

Ademais da baixada no número de habitantes, as proxeccións mostran un progresivo avellentamento da poboación. Así, en Galicia, a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos pasa do 22,4% en 2012 ao 25,2% en 2021.

A máis longo prazo, e segundo as proxeccións feitas para o ano 2051, o IGE establece tres posibles escenarios de evolución, alertando o máis negativo deles da perda de até un millón de habitantes. Segundo esa análise, Galicia quedaría con só 1.734.073 residentes. Este escenario augura que, unha base da pirámide achatada como a que temos, producirán un efecto multiplicador de despoboamento, baixa natalidade e alta mortaldade (dentro do réxime moderno), concluíndo deste modo a segunda transición demográfica.

Unha proxección media debuxa unha posible poboación de 2.411.740 integrantes, 300.000 menos que na actualidade. As cousas continuarían como van, cunha perda arredor do 3% da poboación cada década (respecto da poboación actual).

A previsión máis optimista estima que Galicia podería recuperar censo e alcanzar os 3.307.441 veciños, algo que semella imposible coa tendencia dos últimos exercicios e que requiriría dunha inflexión demográfica similar á dos anos sesenta do século pasado, só que duradeira no tempo.

Sen cambios moi importantes, non podemos manter a situación actualNa miña valoración persoal, o resultado intermedio require dunha intervención decidida por parte das autoridades e un pacto xeracional en clave de futuro, ademais dun importante cambio cultural.

En primeiro lugar, porque a pirámide de poboación non está saneada, e, daquela, aínda non é estable. A previsión para 2021, a máis difícil de modificar, porque os tempos en demografía son moi lentos, indica que haberá en Galicia case tres veces máis de persoas entre 45 e 60 anos que persoas entre cero e quince (nada estraño, dado que estamos a comparar os nacidos nos felices sesenta cos fillos dos anos perdidos da crise de 2008).

En segundo lugar, e isto ten unha transcendencia decisiva, porque nos últimos 30 anos cambiou máis a forma de habitar o noso territorio do que cambiara desde o inicio da idade do ferro (nos últimos 3.000 anos). E ese cambio vai acabar de producirse en a penas outros 30 anos. Na metade do territorio de Galicia aproximadamente unha de cada tres persoas teñen máis de 65 anos. Pero é que hai concellos e comarcas enteiras por riba do 40% de xente maior. A consecuencia ineludible é un despoboamento moi rápido do interior e de certas zonas costeiras e unha concentración da natalidade na franxa atlántica do país.

Para dicilo dunha forma gráfica, xa chegamos a un punto en que aínda poñendo garderías de balde, no concello da Veiga en Ourense, non vai nacer ninguén, probablemente nos próximos dez anos.

O problema fundamental non é económicoA base da primeira transición demográfica non foi fundamentalmente económico (o tránsito do mercantilismo ao capitalismo), senón sanitario. Daquela, tampouco as bases da segunda transición demográfica son de carácter exclusivamente económicas, sendo Xapón a vangarda da segunda transición mentres que os Estados Unidos fica aínda lonxe dun horizonte de estabilidade da poboación.

Page 3: Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

Se a natalidade estivese determinada pola economía, Nixeria non podería ter unha taxa de natalidade superior a Suecia. Pódese argumentar que canto máis próspera unha sociedade, menor é a natalidade. Pero a propia Suecia é máis próspera que España, pero ten unha maior natalidade e non ten desequilibrios que presenta España.

Incluso nun mesmo contexto institucional, como pode ser ao interno de España, o noroeste (especialmente as comunidades do Cantábrico e Galicia) teñen unha natalidade menor, cando menos nos últimos cincuenta anos, perdendo progresivamente peso demográfico e o Sur presenta unha maior natalidade. No Norte, non hai diferencias demasiado relevantes en función da Renda Dispoñible, mentres que en variacións de renda moi inferiores, as diferenzas entre Galicia por unha banda e Estremadura, Andalucía e Murcia por outra son moi notables.

As políticas sociais teñen un peso explicativo moi importante (e sobre iso falaremos posteriormente) na corrección dos desequilibrios demográficos. Pero unha mellor política social (desde logo Galicia presenta vantaxes indubidables respecto das rexións do Sur en informes independentes) non garante un maior equilibrio demográfico. Acaso as mellores políticas sociais en España son as do País Vasco, Navarra e Castilla y León, en ningunha delas destaca por unha maior natalidade. As políticas sociais son significativas cando están centradas nos problemas da natalidade e da familia. Mentres, non hai diferenzas marcadas pola política social. É a cultura social a que resulta determinante.

A nosa cultura está instalada na derrota demográficaDesde o meu punto de vista, a nosa cultura está instalada na derrota demográfica, cando menos desde tres puntos de vista: desde a experiencia da superpoboación e da emigración, desde os fondos desequilibrios territoriais e o abandono do mundo rural e desde o coñecido como dilema do gorrón (free rider).

Desde a implantación dos novos cultivos e das novas políticas sanitarias do século XVIII ata ben entrado o século XX, Galicia produce máis poboación da que pode manter o territorio coas súas capacidades endóxenas. Pola súa condición periférica, a solución é exportar poboación en forma de emigración (se fose central, importaría alimentos).

Logo, asóciase o éxito social coa emigración (interior ou exterior) e o atraso co medio rural. E, cando reducimos a ocupación agraria de forma repentina, o mundo rural fica sen sentido produtivo (en boa parte) e, sobre todo, reprodutivo: coa entrada na Unión Europea sobran tres cuartos da poboación activa agraria, o que se converte de feito en que sobran tres cuartos da poboación rural en idade reprodutiva.

E, ademais, xérase un discurso de derrota: “estamos aquí para morrer”; “cando nós faltemos, xa non vai quedar ninguén”. Ese discurso dos últimos poboadores crea unha moral de derrota colectiva (no nivel demográfico).

Por último, existe unha penalización evidente da natalidade e a reprodución na diminución no nivel de renda mentres que a súa ausencia non ten ningunha penalización futura en forma de diminución das rendas da xubilación por non producir cotizantes para mantelas no futuro. Ter unha política de Estado que garante os dereitos económicos dos maiores pero non os dos menores dá como resultado que a decisión de ter fillos sexa a menos funcional desde o punto de vista económico (no curto e no medio prazo); e non ten ningunha repercusión económica medible no longo prazo.

Page 4: Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

É o que se denomina “dilema do gorrón”. Se todos adoptan a postura de quen se beneficia das vantaxes e non carga coas responsabilidades, a sociedade creba. Pero a propia sociedade non oferta a penas incentivos para adoptar a conducta socialmente proactiva.

Cómpre unha cultura da responsabilidade e unha política a prol do futuro demográficoVeñen aquí as dúas conclusións que quería ofrecer neste coloquio: por unha banda, o problema demográfico non é o produto dunha decisión política, senón dunha dinámica social. E, concretamente, dunha cultura social que non confía no futuro colectivo e que procura arranxar en exclusiva o futuro individual (para o que, a día de hoxe, non son necesarios os fillos, e mesmo poden constituír un estorbo). Logo, a solución non se lles debe reclamar exclusivamente aos políticos. Ou somos capaces de crear unha conciencia de que estamos ante un problema e que debemos pensar en solucións socialmente desexables, ou o problema demográfico tardará en entrar no centro da axenda política. Desde ese punto de vista debo celebrar iniciativas como a do Museo do Pobo Galego para poñer no centro do debate a cuestión demográfica.

E a política non comeza por ofrecer máis prazas de gardería ou cheques-bebé. É necesario un pacto político que garanta a nosa supervivencia como pobo. Dito dunha maneira moi gráfica: logo da xubilación temos unha esperanza de vida arredor de quince / vinte anos. E ninguén discute que temos dereito a unha protección pública dese período da nosa vida. Temos un dereito xa gañado a vivir sen traballar. Sen embargo, non hai un acordo similar respecto dos menores. E, se ben pode ser certo que algúns deles non servirán para soster co seu traballo o noso futuro, son unha condición necesaria (conditio sine qua non) para que este exista.

Hai que dicilo claro: nunca houbo menos nenos/as (proporcionalmente) e nunha houbo unha porcentaxe máis grande de nenos/as pobres. Hai que desenvolver políticas de servizos moito máis activas no ámbito dos servizos. Pero hai que crear unha conciencia da necesidade de políticas de transferencia de rendas se queremos influír alí onde é posible facelo desde as políticas públicas. A conciencia da necesidade dese cambio debe comezar agora. Do contrario, imos de cara a un escenario moi sombrío (senón catastrófico) desde o punto de vista demográfico en Galicia.

Vigo, 6 de novembro de 2013