ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA...

13
ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAJaume Ruiz Castro Barcelona, 9 de xaneiro de 2014

Transcript of ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA...

Page 1: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA

“A MEMORIA DA CHOIVA”

Jaume Ruiz Castro Barcelona, 9 de xaneiro de 2014

Page 2: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

1

1. A FICHA TÉCNICA:

- Nome: A memoria da choiva. - Autor: Pedro Feijoo. - Xénero: novela negra. - Colección: narrativa, número

342. - Editorial: Edicións Xerais. - Edición: Vigo, outubro de 2013;

primeira edición.

2. O AUTOR:

Pedro Feijoo (Vigo, 1975). A súa formación é filolóxica , aínda que ao longo dos últimos anos exerceu profesionalmente como músico, levando a cabo unha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos. No ano 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, ensaio no que se explica a importante relación do autor de Rianxo co xornal vigués que dirixiu Valentín Paz-Andrade entre os anos 1922 e 1926. No ano 2005 publicou Viva o Fu Remol! (Xerais), unha crónica desde a que se tenta botar unha pouca luz sobre os moitos problemas dos que adoece o panorama musical galego. En 2011 publicou o relato «O segredo do viaduto» no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos (Xerais 2012). Como novelista publicou Os fillos do mar (Xerais 2012, Premio «Arcebispo Juan de San

Page 3: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

2

Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da choiva (Xerais 2013).

3. XÉNERO LITERARIO: Novela negra, entrelazada coa biografía dos personaxes1, baseada nos crimes que tiveron lugar en Santiago de Compostela do 7 ao 17 de maio do 20132. Rastrexando os xornais galegos do mes de maio observei que nesa semana houbo un crime, pero non coincide cos que narra o autor; polo tanto hai unha intención que no fondo formularía Aquiles Vega no seu pensamento: “por que matan os custodios do patrimonio cultural lingüístico do Pobo Galego?”, sendo eles os protomártires da cultura galega. A intencionalidade do autor, ao non poñer o ano que sucederon estes crimes, é facer unha fusión de horizontes coa Comunidade Lectora de todos os tempos como autora ou implicada indirectamente no crime: “Vós fostes uns malos fillos”.3 Neste caso, o pronome “VÓS” que Feijoo pon na boca do primeiro narrador, fai referencia á Comunidade que está lendo a novela; e ten a intencionalidade de interpelar ou enganchar o lector coa novela. Neste pequeno prólogo da páxina 11, temos unha personificación: a nai do que relata os acontecementos de maio de 2013, simboliza as persoas que foron asasinadas.

Page 4: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

3

4. A LINGUAXE: Feijoo escribe en galego culto, é dicir, o gramatical pero ten algúns erros castelanismos motivados polo xeito de falar o terceiro narrador que fala galego común o vulgar4. Pedro Feijoo utiliza unha linguaxe sinxela, próxima e transcendental ou relixiosa; non só polas frases feitas da relixiosidade popular: - Santo ceo!5 - Polos cravos de Cristo!6

Tamén polos temas propios da teoloxía xudeucristiá que no punto 7 desenvolverei: - Concepto de Memoria7. - A procedencia semítica dos nomes8 e o motivo

que se lle atribúe á xente que nace ou vive en Santiago como “fillo da choiva”.9

- A resurrección10. - A Teodicea ou xustiza de Deus11.

Pola liturxia laica que suxire na entrega dos premios do “día das letras galegas”: o premio ténselle que conceder ás persoas mortas12, é dicir, aquelas que loitaron e deron a súa vida por manter viva a lingua e a cultura do Pobo.

5. ESTRUTURA DA NOVELA: A novela ten trinta capítulos repartidos en cinco actos e un epílogo; despois do título do acto ou do

Page 5: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

4

epílogo hai unha perícopa, un pequeno texto, que é a clave de interpretación desa parte. A novela ten certa estrutura escrituraria parecida ao “Réquiem por un campesino español”, de Ramón J. Sender: Sender empeza polo enterro do campesiño e a partir de alí vai desenvolvendo a súa vida. Feijoo narra primeiro os crimes e logo presenta a biografía das persoas que foron asasinadas nestes crimes. Feijoo supera en creces o esquema de Sender:

- Aparece tres narradores diferentes.

- Exaltación á figura de Rosalía de Castro como nai da cultura galega contemporánea ao incluír poemas desta gran poetisa.

- A ficción coa realidade únense que dá a sensación que existiron estes protomártires da cultura galega.

“A memoria da choiva” pódese dividir en tres partes, xa que ten tres narradores diferentes e ben diferenciados. En cada unha das partes ten unha estrutura de concordancia onde minuciosamente Feijoo plasma a finalidade desta novela (punto 6) e os detalles que cada narrador vai dando a coñecer á luz dos crimes.

Page 6: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

5

Feijoo utiliza o seguinte esquema en cada unha das partes: A) Pequeno prólogo. B) Asasinato ou asasinatos en Compostela. C) Biografía das persoas asasinadas. B’) Investigación e busca de resolución de cara

a estes crimes que acontece en Compostela. A’) Pequeno epilogo como conclusión dos feitos

que se insinúan no prólogo. Para entender mellor este tipo de estrutura, imos explicar a estrutura de concordancia interna do esquema anterior, é dicir, a estrutura: B),C), B')

A estrutura de concordancia garda toda unha unidade e ten como finalidade non cansar ao lector ou ao auditorio e por este motivo interrompe o tema exposto, neste caso o crime (O punto B), cun tema novo para captar de novo a atención do lector, neste caso é: “Quen é a persoa que foi asasinada?” (O punto C). Unha vez rematada a presentación da persoa asasinada continúa co tema do crime (O punto B’).

6. INTENCIONALIDADE OU FINALIDADE DESTA OBRA DE FEIJOO:

“O PROTOEVANXEO DA CULTURA GALEGA” Din os Pais da Igrexa: “O Sangue dos mártires é semente de cristiáns”. Este dito pódeselle aplicar a Feijoo na súa obra “A memoria da choiva”, publicada ao rematar o ano rosaliano: Feijoo estimula un novo rexurdimento para que saia como froito deste feito novos defensores da cultura galega dando a súa vida e custodiando o patrimonio cultural dun Pobo.

Page 7: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

6

Por este motivo teño clasificada esta novela como o protoevanxeo ou primeira Boa Nova da cultura galega.

7. O FEITO RELIXIOSO: - Concepto de Memoria:

Cando Galicia celebra o día da patria galega (25 de xullo), en memoria do mártir que deu a vida pola súa Comunidade, ese acontecemento implica aos galegos na súa identidade de Pobo. A memoria non é un recordo do feito pasado; senón ese feito que implica para un colectivo.

Feijoo actualiza os feitos de maio de 2013 ao implicar a comunidade lectora de todos os tempos13 como a nova nación cultural galega: con toda a nosa historia, con toda a nosa lingua, con toda a nosa cultura e con toda a nosa tradición. O concepto de nación cultural acontece a partir de medianos do século XIX co movemento do rexurdimento. Este movemento calou moi pouco en todas as esferas da sociedade galega e mesmo na súa vertente política que son moi poucos os nacionalistas que hai. Os nacionalistas galegos teñen como obxectivo facer a Pascua, é dicir, dar o paso de nación cultural a nación estado. Segundo creo: para chegar a esta meta a verdadeira sensibilización está que o Pobo estea moi enraizado e comprometido na súa cultura. Por este motivo, Feijoo pretende pasar dun estado cultural dentro do

Page 8: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

7

mundo dos sentimentos14 a un estado cultural real, que o galego se senta identificado e implicado coa súa nación cultural.

- A procedencia semítica dos nomes e o motivo

que se lle atribúe á xente que nace ou vive en Santiago como “fillo da choiva”:

Nas linguas semíticas o nome dunha persoa indica a súa identidade e a súa misión. Na novela busca a raíz orixinal de Diego que é unha derivación de Xacob que significa: “Perseverar con Deus”. Neste caso Diego Castro fai honra ao seu nome xa que se ve como unha persoa perseverante.

Santiago Apóstolo era coñecido como fillo do trono15; xa que segundo a tradición a súa tumba se encontra en Compostela, os habitantes desta cidade denomínanse: “Fillos do trono” ou “Fillos da choiva”.

- A resurrección:

O capítulo 23 ten como título “A escaleira de Xacob” que empeza coa biografía de Diego Castro e remata cunha alusión á biblia sobre o soño de Xacob que vía uns anxos que subían e baixaban por unha escaleira diante da presenza de Deus16. Feijoo identifica estes anxos coas persoas que foron asasinadas, eles gozan de Deus.

- A Teodicea ou xustiza de Deus:

A teodicea parte de tres postulados seguintes: A) Deus é Todopoderoso. B) Deus é bo. C) Non obstante o mal existe.

Page 9: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

8

ü Se Deus é Todopoderoso (pódeo todo) e o mal

existe: Por que dicimos que é bo? ü Se Deus é Todopoderoso e é bo: Por que

permite o mal?

Feijoo apúntase a esta segunda cuestión do seguinte xeito: “ Por que, Deus piadoso, por que chaman crime, ir en busca da morte que tarda, cando a un esta vida, lle cansa e lle aflixe?”17; é a pregunta que farían Xob e os seus amigos ao ver o mal que ten Xob (o mal persoal), pero vemos nesta pregunta o artigo indeterminado “UN” que nos indica que hai outras persoas que sofre as consecuencias do mal provocada pola comunidade18. É o mal hereditario provocado polo pecado orixinal19. Hai unha tendencia para quitarnos a responsabilidade dos nosos erros de cargar a culpa a unha terceira persoa. Esta tendencia no ambiente relixioso, a xente imputa a Deus como promotor do mal, e mirámolo como un Deus que nos amola, cando en realidade o mal vén polo uso incorrecto da nosa liberdade. Deus fíxonos libres. En realidade a teodicea pasa pola solidariedade: ese Deus compasivo20 que comparte as alegrías e o sufrimento do outro, comparte as alegrías e o sufrimento do seu Pobo21 e por iso decide vir liberalo22.

08. OS PERSONAXES:

NINGUÉN TEN AMOR TAN GRANDE

Page 10: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

9

QUE O DÁ A SÚA VIDA POLA CULTURA Os personaxes están seleccionados dos diferentes ámbitos da cultura galega en todas as súas parcelas: Real academia da lingua, cronista da televisión, literatos, etc. Analizando a vida destas persoas e o destino das súas vidas, Feijoo quérenos mostrar que paga a pena dar a vida en defensa da cultura e nos invita a que lles imitemos a súa conduta e a súa exemplaridade.

09. RESUMO

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano.

Jaume Ruiz Castro Barcelona, abril de 2014.

Page 11: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

10

BIBLIOGRAFÍA

- Feijoo, Pedro; A memoria da choiva, Colección Narrativa 342, Vigo, Edicións Xerais, 20131.

- Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos

(SEPT); A Biblia, Vigo, As edicións do adro, 19922. - Barrio Maestre‚ José María; Antropología del hecho

religioso, Madrid, Rialp, 2006. - VVAA; Misterio del mal y fe cristiana, Valencia,

Tirant lo blanch, 2013. - Grondin, Jean; Introducción a la hermenéutica

filosófica, Barcelona, Herder, 1999.

NOTAS FINAIS 1. Por exemplo: no capítulo 23, temos a biografía de

Diego Castro.

2. O autor durante a crónica diaria omite o ano en cuestión, pero na páxina 458 encontramos o dato revelador: “O día das letras galegas” está dentro do marco do ano de Rosalía de Castro, que é o 2013.

Page 12: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

11

No xornal “El Correo” do 21de setembro de 2013, fala do asasinato da adolescente Asunta e fai unha recensión de todos os crimes que houbo ao longo de 2013 na cidade de Santiago de Compostela especialmente do mes de maio.

3. A memoria da Choiva, páxina 11.

4. “ Por que, Dios piadoso, por que chaman crime, ir

en busca da morte que tarda, cando a un esta vida, lle cansa e lle afrixe?” (A memoria da Choiva, páxina 416)

5. A memoria da Choiva, páxina 415. 6. A memoria da Choiva, páxina 428. 7. A memoria da Choiva, páxina 11.

8. A memoria da Choiva, páxina 400.

9. A memoria da Choiva, páxina 392.

10. A memoria da Choiva, capítulo 23.

11. A memoria da Choiva, páxina 416.

12. A memoria da Choiva, páxina 458.

13. A memoria da Choiva, páxina 11.

14. Un dos modelos do galego sentimental: “O meu

equipo é o Deportivo da Coruña, alégrame moito cando gaña e entristéceme cando perde. Non son

Page 13: ESTUDO EXEXÉTICO DA NOVELA A MEMORIA DA CHOIVAblog.xerais.gal/wp-content/uploads/2014/01/Estudo-«A-memoria-da-c… · 2 Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da

12

socio, non vou ao estadio a ver o partido, nin pertenzo a algunha pena. Son do Deportivo porqué nacín e crieime na Coruña”. Esta persoa culturalmente é do Deportivo pero non está implicada directamente nin indirectamente co seu equipo.

15. Marcos 3,17.

16. Xénese 28,10-12.

17. A memoria da Choiva, páxina 416.

18. A memoria da Choiva, páxina 11.

19. Xénese 3,1-24. 20. Salmo 104,8.

21. Éxodo 3, 9-12.

22. Isaías 35,4c.