Euloxio r. ruibal

10
Euloxio R. Ruibal Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 23 de enero de 2013

Transcript of Euloxio r. ruibal

Page 1: Euloxio r. ruibal

Euloxio R. Ruibal

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 23 de enero de 2013

Page 2: Euloxio r. ruibal

Hai todo un proceso de concienciación que provén da infancia e se completa, reafirma e incita á acción na adolescencia. Os comentarios escoitados no fogar (moitos propiciados pola prensa, radio ou televisión), as conversas cos amigos e compañeiros, lecturas, observacións da realidade circundante, etc., quizais constitúan os máis importantes. A participación, ademais, en grupos de teatro ou a asistencia ao cine club (no que, como xa sabedes, había presentación e proxección dun filme de asegurada calidade, seguidas dun coloquio) foi, seguramente, determinante na conformación do compromiso (ético-estético) ao que vos referides. Non publiquei até 1974 (Zardigot, Galaxia) porque a miña obra estaba formada fundamentalmente por guións de cinema ou por obras de aprendizaxe. Tampouco era doado publicar se non se dispuña dun recoñecemento literario.

Euloxio R. Ruibal

1. A súa adolescencia estivo enmarcada na mediada ditadura. Até que punto estas vivencias e experiencias influíron na súa obra e no seu compromiso futuro? Cal foi a circunstancia que vostede non publicase até os fins desta ditatura?

2. Nacer nun concello próximo á Compostela na que se estaba a vivir un novo rexurdimento tanto literario como social fixo que xermolase en Vostede o espírito galeguista e literario?

Penso que non. Eu vin para Santiago de neno e aquí fixen xa os estudos de primaria. Mantiña relación con Ordes, iso si, a onde acudía polas vacacións, ás festas ou a xuntanzas familiares. Eu ía a Ordes divertirme. Claro que sempre queda un pouso… No idioma, fundamentalmente no idioma. Na miña familia sempre se falou galego.

3. Desde moi xove aparece Vostede inmiscido na escena teatral galega, xa como participante, xa como creador de grupos de teatro (Obradoiro). Será que reviviu en Vostede a necesidade dun novo teatro en Galiza, dunha renovación? Ou será máis ben que para aquela época este xénero literario for máis necesario como ocorrera a comezos do século?

A min o que me gustaba era participar nas montaxes teatrais. Foi onde ampliei e (re)orientei as miñas lecturas, onde aprendín a ser (auto)crítico, onde sentín a necesidade de coñecer as diferentes poéticas, onde aumentaron tódalas miñas inquedanzas tanto no eido socio-político como no artístico.

miércoles 23 de enero de 2013

Page 3: Euloxio r. ruibal

Abriume moitas portas. Permitiume coñecer a Ricard Salvat, e xa, máis tarde, a Xavier Fábregas (quizais o crítico que máis me apoiou e animou; promoveu, por certo, a tradución ao catalán e logo a estrea dunha peza infantil miña en Barcelona, que logo itinerou por Cataluña; tentou que se traducise a esa lingua Zardigot… Mágoa que morrese tan novo.), José Monleón, Moisés Pérez Coterillo, Ricardo Doménech, Alves Costa… Eu aquí en Galicia xa coñecía a Eduardo Blanco-Amor, García-Bodaño, Méndez Ferrín, Xavier Carro, Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Díaz Pardo… Todos me axudaron e deron azos para continuar como dramaturgo.Daquela, eu non era consciente, claro. Podía intuír algo, pero tanto a precariedade entón imperante como a incerteza política non me permitían moito optimismo.

Euloxio R. Ruibal

4. Que supón para un escritor ser o primeiro gañador dun novo certame (Abrente, Teatro infantil O Facho)? É un consciente neses intres da repercusión futura, máxime no de Ribadavia que deu incluso lugar a unha denominación xeracional?

5. Dende a súa ollada contemporánea, como xulgaría Vostede as Mostras de Teatro de Ribadavia para a nosa dramaturxia actual?

Penso que foron determinantes. Déronlle un pulo de grande relevancia. Xa forman parte da nosa historia cultural. Sen a súa existencia, a nosa dramaturxia actual talvez fose abondo diferente. Pero isto correspóndelle estudalo aos especialistas.

6. Chámanos a atención o espazo dunha decada de ausencia de obra súa (77-87). Sería que Vostede enxergou na sociedade democrática galega aquilo que amosou na súa obra satírica “Azos de esguello” gañadora do Álvaro Cunqueiro do ano 89?

Algo pode haber diso. Nunca o tiña matinado. Nese tempo escribín pouco e a miña idea dun cinema galego (que debía comezar por crear unha canteira viva de documentalistas) esfarelouse de vez. Por outra banda, inaugurei por aquel entón (1975 e 1978) dúas galerías de arte (unha, Citania, resistiu até os nosos días); como podedes imaxinarvos, tiña traballo abondo coa súa xestión. (De tódolos xeitos, as contas non están ben botadas. Hai, en efecto, un baleiro, pero diferente. Publiquei unha peza en homenaxe a Seoane (Grial, 1979) e A marquesiña encantada está datada en 1986. Alguén escribiu que houbo un silencio dunha década e xa non o imos modificar por moito que teimemos. E tampouco, polo demais, sei se paga a pena.)

Euloxio R.Ruibal

miércoles 23 de enero de 2013

Page 4: Euloxio r. ruibal

Si, foron censuradas; unhas en Galicia de forma encuberta (comprobeino), como Azos de esguello, e outras abertamente, en Madrid. Zardigot, por exemplo tivo problemas coa censura centralista (foi burlada con habelencia por Teatro Circo para representala) e outras, como O cabodano, prohibíronse totalmente pola censura previa, a do texto (había, como é sabido, unha segunda, a da montaxe). A censura actual, que non existe legalmente, pero si na realidade, é moito máis raposeira. E non deixa rastro. Se non lle interesa ao poder (político, económico, militar, xudicial…) que se represente, abonda con poñerlle chatas estéticas á obra, ou con concederlle unha axuda insuficiente… Non creo que teña nada de agoireiro, aínda que haxa por aí quen o diga (o profesor e crítico Anxo Abuín, por exemplo, referíndose tamén a Maremia). Con observar un chisco a realidade… E isto é o que debe facer todo escritor.

Euloxio R. Ruibal

7. Tan agoireiro era, ou aínda é, Vostede para amosar o seu diagnóstico socio-político na súa obra “Azos de esguello” para que aínda hoxe en día sexa, como dixo Vostede, “unha obra que anticipaba unha situación que hoxe se está a reproducir con máis forza”? Considera que esta súa obra, o mesmo que outras obras nacidas en plena democracia, foron obxecto de censura encuberta?

8. Que importancia lle concede Vostede ao teatro infantil e xuvenil para a nosa literatura?

É unha das nosas grandes carencias. Merece moitísima máis atención por parte de tódolos axentes socioculturais implicados. Calquera sabe que aí, no teatro representado por nenos ou mozos, ou na existencia de obras pensadas expresamente para eles (conforman un público do máis intelixente e sensíbel), xogamos unha parte importante do futuro da nosa cultura.

9. Tan renovador foi Vostede na súa obra teatral para ser considerado como un dos renovadores do noso teatro? Onde cre Vostede que radicou esa renovación?

Gustaríame que fose certo iso. Moitas grazas. Eu limiteime a tentar escribir un teatro cunha temática actual, un teatro para o público noso. O teatro que coñecín por medio de lecturas, vídeos (e algún filme) ou representacións nos teatros europeos (e algún americano) necesariamente tiveron que influír na conformación da miña vertente estética. Eu niso non son moi consciente, non me autoanalizo. Non sei… Nin me interesa. Considero que condiciona. Procuro ser, dentro do posíbel, intuitivo, escribir libremente sen nada que me limite. O que me importa no momento de escribir é a creatividade. Sen esquecer o destinatario, por suposto.

miércoles 23 de enero de 2013

Page 5: Euloxio r. ruibal

Euloxio R. Ruibal

10. Que pegada deixaron en Vostede importantes autores da nosa dramaturxia como Castelao ou Blanco Amor? E Valle Inclán? Houbo outros influxos? Até que punto se hoxe vivise Valle Inclán non sería quen da parar de facer “esperpentos”?

Eu non sei o que faría Valle, mesmo é posíbel que crease outra estética máis eficaz para este século, pero tedes toda a razón do mundo en que non daría feito, “acumularíaselle o choio”. “Esperpentos” hóuboos sempre, pero os que estamos a padecer semellan insuperábeis. E quizais non coñezamos nin a décima parte dos existentes…! Mais vaiamos coa vosa pregunta. Gústame a “farsa para caretas“ de Castelao; tamén, as farsas de Eduardo Blanco-Amor. Entre os escritores galegos, interésanme así mesmo Rafael Dieste e Otero Pedrayo. Parécenme notabéis as obras de Xaime Quintanilla e Manteiga, sobre todo se as situamos no contexto en que foron escritas. A unha altura moito maior, por suposto, atópase Valle-Inclán. É grandioso, fascinante, único…!Ademais do repertorio das grandes obras do teatro clásico universal (gregas, isabelinas, españolas), interesáronme (e aínda me interesan, claro) Chejov, Synge, Brecht, Genet, Ghelderode, Weiss, Camus, Miller, Pirandello, Beckett, Pinter, Müller… E aínda algúns máis.

Pero tamén cómpre referirse aos espectáculos. A min as montaxes que máis me impresionaron foron dúas de Marat-Sade, de P. Weiss: tanto a de Marsillach, como a de Peter Brook (versión cinematográfica). Entre outras varias, lembro con especial emoción Cemiterio de coches, de Arrabal, con dirección de Víctor García; e deste mesmo director, As criadas de Genet, e Yerma de Lorca. O círculo de xiz, de Brecht, dirixida por José Luis Alonso, foi unha magnífica posta en escena que me fixo comprender moito mellor a estética do grande autor alemán. Máis tarde completaríase con Galileo Galilei, escenificada por Vitez. Tamén, aínda que xa posteriomente, A tempestade, dirixida por Brook. Xa, máis adiante, fascináronme montaxes de Benno Besson, Wilson, Vitez, Bergman, Kantor, Pascual, Lavelli… E non quixera esquecer o teatro independente. Trouxeron a Galicia espectáculos de enorme interese. Grupos como Los Goliardos, Joglars… e outros varios, foron imprescindíbeis para adentrarme no rico e suxerente mundo do teatro con arelas anovadoras. Non me preocupo polas influencias. Non sei que respostar a isto. Non é doado para min. Podo falar do que me gusta ou interesa, pero logo igual non ten moito que ver cunha relación intertextual.

miércoles 23 de enero de 2013

Page 6: Euloxio r. ruibal

Euloxio R. Ruibal

11. Que función teñen para a nosa normalización literaria organismos coma a AELG (da que Vostede foi presidente) ou a propia RAG (á que Vostede pertence na actualidade)?

A AELG é unha asociación para a defensa dos intereses profesionais dos escritores de Galicia que se expresan en galego. Isto xa xustificaría a súa existencia. Pero é moito máis. Organiza actos culturais, promove a escrita e a cultura do país, realiza intercambios con outras nacións, defende todo o que teña que ver coa literatura e as demais artes, mantense en primeira liña na defensa do noso idioma…A RAG, como institución centenaria que é, posúe un extraordinario legado arquivístico e bibliógráfico dunha relevante importancia tanto pola cantidade como polos seus valores intrínsicos. E este legado ten que custodialo e conservalo en óptimas condicións, para poñelo a disposición dos estudosos. Pero ademais de todo o que atinxe ao patrimonio material, posúe a responsabilidade da normativización lingüística oficial (aínda que tamén a defensa e promoción do idioma), a confección dos diferentes dicionarios… Non debemos esquecer a proxección do seu labor na sociedade: correspóndelle á RAG a defensa, promoción e fomento, asesoramento, estudo científico e investigación da lingua e da cultura galegas. E isto, procurando sintetizar. Poderiámonos extender aínda máis, pero abonde só con salientar que se trata dun labor calado e laborioso de catalogación, arquivo, custodia, estudo, publicacións moi específicas… A RAG non organiza normalmente actos culturais, non é a súa misión, pero non debemos esquecer o enorme potencial promotor e divulgador que se proxecta por medio da promulgación e celebración do Día Das Letras Galegas, que ocasiona un inmenso movemento literario (e artístico), dunha repercusión de incalculábeis dimensións, por toda a xeografía galega (e mesmo no exterior), especialmente durante os días que preceden ou seguen ao 17 de maio de cada ano; pero que logo en realidade abranguen ou propician tamén, en maior ou menor medida, outras variadas actividades tódolos meses. A RAG, ademais, participa sempre ou colabora nas conmemoracións de todo tipo de aniversarios correspondentes a eminentes galeguistas do noso pasado. Entre os actos deste tipo cómpre que lembremos os máis recentes, os dedicados a Añón, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Seoane…

12. Tocou Vostede algo a narrativa e nada a lírica. Cales cre que son as causas? Tan cómodo se sente escribindo teatro como para case obviar outros xéneros?

Pois si. Isto foi certo até hai unhas semanas. Pero xa non o é: acabo de presentar hai uns días Caderno de Ordes, un pequeño poemario dedicado totalmente aos meus eidos nativos. Non atopei mellor maneira de homenaxear ás xentes de meu. Interésame moito o audiovisual. E escribo de cando en vez algún guión. Pero coido que fundamentalmente son dramaturgo. O groso da miña obra, tal como dicides, céntrase na dramática. Síntome cómodo escribindo teatro, quizais onde mellor me expreso, pero gosto de cando en vez xogar ao intrusismo.

miércoles 23 de enero de 2013

Page 7: Euloxio r. ruibal

Euloxio R. Ruibal

13. Vostede desempeña na RAG unha función importante como “Arquiveiro”. Aínda quedan nos baúis da RAG cousas por descubrir? Que supón para a nosa literatura o fondo existente nesta institución? Que pensa Vostede que de contino a nosa RAG teña que se estar a queixar da falta de axudas institucionais? Tan pouco representa a Academia para os nosos gobernantes ou máis ben será causa de pensamento?

Si, actualmente formo parte da Comisión Executiva como arquiveiro-bibliotecario. Seguimos a ter problemas de espazo, pero, afortunadamente, xa non hai caixas esquecidas ou estradas polo chan adiante. Tanto o arquivo como a biblioteca fóronse modernizando dende hai xa máis dunha década, antes de eu chegar. Agora, grazas aos profesionais que as atenden, e os acondicionamentos que se fixeron está todo en moito mellor estado de ordenación e conservación. Cumpría mellorar aínda algúns aspectos, ampliar instalacions, pero iso xa depende de que nos vaian achegando os fondos necesarios, de que atendan nese sentido as esforzadas e teimudas peticións de chamamento do noso presidente, Méndez Ferrín, para que os correspondentes gobernos nos inclúan nos orzamentos cunhas partidas fixas e suficientes para o axeitado funcionamento e modernización da biblioteca, do arquivo, e outras dependencias administrativas.

14. E para finalizarmos, que futuro lle agoira á nosa lingua e á nosa literatura en xeral? E en particular ao noso teatro?

Son optimista e desexo seguir séndoo, pero… a realidade é que nos están esmagando, que a corrente neoliberal reinante, de xinea fascistoide, non repara en destruír todo canto lles ula a conquista sociocultural galeguista. O que tanto tempo e esforzo levou construír (lembremos que estamos a falar dunha institución centenaria: o futuro da RAG está intimamente unido ó da nosa cultura), pode ser esfarelado en cuestións de meses. O que non podemos e determos, ficar de brazos cruzados. E precisamos a axuda, colaboración e apoio de todos.De nada vale a RAG sen unha cultura viva na sociedade. E unha lingua e unha literatura de gran potencialidade son as que lle dan sentido e razón de ser á RAG. É moi obvio. Por iso precisamos con premura unha resistencia activa que poña freo a todo tipo de ataque, desleixo, esquecemento de obrigas… O teatro, que precisa de máis medios de todo tipo, leva a peor parte… Unha mágoa.

Euloxio R.Ruibal nunha sesión da RAG

miércoles 23 de enero de 2013

Page 8: Euloxio r. ruibal

CUESTIONARIO

miércoles 23 de enero de 2013

Page 9: Euloxio r. ruibal

A Catedral de Santiago

de CompostelaUn monumento

salientábel?

Eduardo Blanco-Amor. A

esmorga

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Sinbad. Hamlet, Edipo, Don Quixote

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Juan Rulfo. El llano en

llamas

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

...

Un personaxe literario co que se

identifique?

Cidadán Kane , de Orson Welles

Unha película de cine?As pequenas cousas da

vida cotiá. O paseo, a lectura, a conversa cos

amigos…

Cal é a súa fonte de inspiración

Marat-Sade , de Peter Weiss

Unha obra teatral?

miércoles 23 de enero de 2013

Page 10: Euloxio r. ruibal

Percorrer a Bretaña

francesa.Un anceio por realizar?

Non son incompatíbeis.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Praga. O balneario de Caldelas (Portugal).

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Revolución francesa.

Un feito histórico?

Felicidade

universal.Unha utopía?

Calquera parque tranquilo.

Un lugar axeitado para a lectura?

Bach. Concertos de Branderburgo.

Un tipo de música? Unha canción?

Julio Cortázar.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Pasear, “excursionear”.

Outro entretemento ademais da lectura?

miércoles 23 de enero de 2013