Exercicios

2
1.- Calcula a forza paralela ao plano de 30º que haberá que facer para conseguir que un corpo de 30 Kg de m asa permaneza en repouso sobre el. 2.- Un corpo de 6 Kg descende por un plano inclinado liso que forma un ángulo de 45º coa horizontal. Sabendo que percorre 5 m en 2 s partindo do repouso, calcula a aceleración do corpo, o valor da forza paralela ao plano que actúa sobre o corpo e a forza de reacción normal. 3.- Dúas masas de 3 ,e,de 5 Kg enlazadas por unha corda, móvense sobre unha mesa horizontal lisa baixo a acción dunha forza de 40 N que forma un ángulo de 53º coa horizontal, tal como se ve na figura. Calcula a aceleración do sistema e a tensión da corda que une as masas. 4.-Un bloque de masa m 1 = 4,5 Kg descansa sobre un plano inclinado un ángulo de 30º, unido mediante unha corda lixeira que pasa por unha polea a un segundo bloque de masa m 2 = 2 Kg suspendido verticalmente. Calcula a tensión da corda e a aceleración do sistema. 5.- Un corpo de 4 Kg de masa descansa sobre unha mesa sen rozamento suxeito mediante unha corda que pasa pola garganta duna polea a outro corpo de 6 Kg. ¿Que forza horizontal hai que aplicar ao primeiro corpo para que, partindo do repouso, avance 1 m sobre a mesa en 5 s? ¿Cal é a tensión da corda? 6.- Arrástrase un corpo de 20 Kg por unha mesa horizontal sen rozamento tirando dunha corda suxeita a el cunha forza de 30 N. Calcula con que aceleración se move o corpo se : a) A corda se mantén horizontal b) A corda forma un ángulo de 30º coa horizontal 7.-Quérese sacar auga dun pozo tirando cara arriba dunha corda atada a un caldeiro de 800 g de masa e de capacidade 5 Litros. A corda é capaz de aguantar unha tensión máxima de 65 N. Averigua se romperá a corda se: a) O caldeiro sobe a velocidade constante b) Sobe cunha aceleración de 2 m/s 2 . 8.- Nunha polea colócanse dúas masas de 8 Kg cada unha dos extremos da corda, estando inicialmente ao mesmo nivel.Colocando un sobrepeso nunha delas, obsérvase que en 2 s se desnivelaron 8 m. Calcula o valor do sobrepeso e a tensión da corda. 9.-Sobre un plano inclinado 45º sen rozamento, descansa un corpo de 5 Kg de masa, unido mediante unha corda que pasa por unha polea a outro corpo de 3 Kg de masa. Calcula: a) En que dirección e con que aceleración se moverá o conxunto Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA E QUÍMICA 4º E.S.O. 2º BOLETÍN DE DINÁMICA VERÍN

Transcript of Exercicios

Page 1: Exercicios

1.- Calcula a forza paralela ao plano de 30º que haberá que facer para conseguir que un corpo de 30 Kg de m asa permaneza en repouso sobre el.

2.- Un corpo de 6 Kg descende por un plano inclinado liso que forma un ángulo de 45º coa horizontal. Sabendo que percorre 5 m en 2 s partindo do repouso, calcula a aceleración do corpo, o valor daforza paralela ao plano que actúa sobre o corpo e a forza de reacción normal.

3.- Dúas masas de 3 ,e,de 5 Kg enlazadas por unha corda, móvense sobre unha mesa horizontal lisa baixo a acción dunha forza de 40 N que forma un ángulo de 53º coa horizontal, tal como se ve na figura. Calcula a aceleración do sistema e a tensión da corda que une as masas.

4.-Un bloque de masa m1 = 4,5 Kg descansa sobre un plano inclinado un ángulo de 30º, unido mediante unha corda lixeira que pasa por unha polea a un segundo bloque de masa m2 = 2 Kg suspendido verticalmente. Calcula a tensión da corda e a aceleración do sistema.

5.- Un corpo de 4 Kg de masa descansa sobre unha mesa sen rozamento suxeito mediante unha corda que pasa pola garganta duna polea a outro corpo de 6 Kg. ¿Que forza horizontal hai que aplicar ao primeiro corpo para que, partindo do repouso, avance 1 m sobre a mesa en 5 s? ¿Cal é a tensión da corda?

6.- Arrástrase un corpo de 20 Kg por unha mesa horizontal sen rozamento tirando dunha corda suxeita a el cunha forza de 30 N. Calcula con que aceleración se move o corpo se :

a) A corda se mantén horizontalb) A corda forma un ángulo de 30º coa horizontal

7.-Quérese sacar auga dun pozo tirando cara arriba dunha corda atada a un caldeiro de 800 g de masa e de capacidade 5 Litros. A corda é capaz de aguantar unha tensión máxima de 65 N. Averigua se romperá a corda se:

a) O caldeiro sobe a velocidade constanteb) Sobe cunha aceleración de 2 m/s2.

8.- Nunha polea colócanse dúas masas de 8 Kg cada unha dos extremos da corda, estando inicialmente ao mesmo nivel.Colocando un sobrepeso nunha delas, obsérvase que en 2 s se desnivelaron 8 m. Calcula o valor do sobrepeso e a tensión da corda.

9.-Sobre un plano inclinado 45º sen rozamento, descansa un corpo de 5 Kg de masa, unido mediante unha corda que pasa por unha polea a outro corpo de 3 Kg de masa. Calcula:

a) En que dirección e con que aceleración se moverá o conxuntob) Tensión da corda

10.- Dous corpos de 1 Kg e de 2 Kg descansan sobre un plano horizontal e un plano inclinado 30º respectivamente, unidos por unha corda que pasa por unha polea. Calcular:

a) Tensión da corda e aceleración do sistema supoñendo que non haxa rozamento.b) Fai os mesmos cálculos supoñendo que nos dous planos existe un rozamento = 0,34

Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA E QUÍMICA 4º E.S.O. 2º BOLETÍN DE DINÁMICA VERÍN