F.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL – ANDALUS (páx.34-37) As casas podían ter un ou dous pisos e...

9
F.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL – ANDALUS (páx.34-37) F.1.- Por que se afirma que as cidades en Al-Andalus eran o centro da actividade musulmá?

Transcript of F.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL – ANDALUS (páx.34-37) As casas podían ter un ou dous pisos e...

F.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL – ANDALUS (páx.34-37)

F.1.- Por que se afirma que as cidades en Al-Andalus eran o centro da actividade musulmá?

F.2.- Copia o esquema das actividades económicas predominaban en Al-Andalus.

F.3.- Fai un esquema ou mapa conceptual que represente a Organización Social de Al-Andalus.

F.4.- Que función tiñan as seguintes partes dunha cidade musulmá:

- Medina

- Zoco

- Arrabalde

- Xudaría

- Alfóndega

- Alcazaba

- Mesquita

- Alcaicería

A Medina era a zona situada no interior das murallas. Nela atopábanse a maior parte das vivendas, a mesquita maior, o zoco ou praza do mercado, os baños públicos... As rúas das cidades musulmás eran de trazado irregular, estreitas e tortuosas, moitas delas sen saída... As casas podían ter un ou dous pisos e tiñan poucos vans, as habitacións ordeábanse arredor dun patio, que constituía o centro da vida familiar.

Os arrabaldes eran barrios que ían medrando fóra da muralla. En ocasións acollían aos artesáns dun mesmo oficio ou a minorías relixiosas. Se chegaban a medrar moito se amurallaban e se construía unha mesquita menor, baños...

Os exemplos máis destacados de cidades españolas con casco antigo de influencia musulmá son Sevilla, Toledo, Almería, Murcia e Córdoba, que chegou a ter 100000 habitantes no século X e máis de 31 arrabaldes, cada un deles co seu zoco, mesquita, baños...

Plano urbano do casco antigo de Córdoba