FACTORES DOS ESPAZOS RURAIS

3

Click here to load reader

description

Apuntamentos de alumnos e manual de Anaya 2006

Transcript of FACTORES DOS ESPAZOS RURAIS

Page 1: FACTORES DOS ESPAZOS RURAIS

AUTORIA: MARTA EIJO GLEZ E CARLA FERNÁNDEZ FDEZ

OS ESPAZOS RURAIS: FACTORES FISICOS E HUMANOS

O espacio rural ou agrario é o territorio onde se desenvolven as actividades agrícolas, gandeiras e forestais do ser humano.A pluralidade dos espacios rurais son o resultado da influencia de diversos factores fisicos e humanos, estes últimos experimentan notables transformacións a partir da década de 1960.

FACTORES FÍSICOS: O MEDIO NATURAL

A actividade agraria era dependente do medio físico pero agora os pregresos técnicos permiten modificalo para obter un aproveitamento máis favorable aínda que os factores físicos seguen exercendo a súa influencia; en xeral, no caso español, non son favorables.

- O relevo ten unha elevada altitude media e abundantes pendientes, que facilitan a erosión e dificultan a mecanización.

- O clima de precipitacións escasas e irregulares, de temperaturas con situacións extremas con aridez máis ou menos acusada.

- Os solos de calidade mediocre.

FACTORES HUMANOS: A ESTRUCTURA AGRARIA:

Trazos da estructura tradicional:

- Man de obra numerosa en explotacións, ben de pequena ou de gran propiedade e con escaso desenvolvemento tecnológico.

- Rendementos baixos, só para cobrir unha demanda de autoconsumo e un mercado interior protexido por barreiras arancelarias.

A partir de 1960 cambios estructurais amosan como caracteres:

- Unha poboación escasa e embellecida.

- Unha tendencia ao aumento do tamaño das explotacións agrarias e dos avances tecnológicos.

Page 2: FACTORES DOS ESPAZOS RURAIS

- Aumento dos rendementos.

- A especialización da producción e a venda nun mercado máis global e liberalizado.

A) TRANSFORMACIÓNS AGRARIAS

Feito: Descenso da poboación rural española con diferencias entre Comunidades Autónomas (con valores mínimos: Madrid, Pais Vasco, ó redor do 1% e comunidades que superan ó 10% : Galicia, Extremadura e Andalucia).

Causa principal: o éxodo rural, polas baixas rendas do campo e, logo, da mecanización, que levou a parte da poboación ós núcleos urbanos industriais, nacionais e do extranxeiro entre 1960 e 1975. Dende esta data, a crise económica e as dificultades de atopar emprego incrementaron a actividade agraria rural e se produciron algúns retornos ó campo. (Ver apuntamentos sobre Migracións).

Consecuencias: Despoboamento das zonas mais atrasadas e de moitas do interior, así como o envellecemento da poboación rural.

Tendencias: A previsión para os próximos anos son unha continuación na disminución da poboación rural (xubilacións, xubilacións anticipadas e plans de abandono da actividade).; pero, tamen un certo rexuvenecemento polo incremento dos novos agricultores pola dificultade de atopar traballo na cidade e polas subvencións que dá a U.E. para evitar o despoboamento rural.

B) TRANSFORMACIÓNS NO SISTEMA DE EXPLOTACIÓN (PROPIEDADE E TENENCIA):

Feito: As parcelas, unidades básicas do terrazgo son extensións do espacio rural que están baixo unha soa linde. A explotación rural agrupa as parcelas explotadas por un mesmo productor agrario. En España disminuíu o número de explotacións e aumentou o seu tamaño medio (en 2003 era de 29,20 hectáreas), mais segue a ter un excesivo número de parcelas.

Consecuencias: Estas unidades de explotación dificultan a extensión da mecanización e das áreas de cultivos e aumentan as perdas de tempo no translado dunha parcela a outra.

Page 3: FACTORES DOS ESPAZOS RURAIS

Distribución da propiedade en España: O tamaño medio da propiedade aumentou pola diminución dos pequenos propietarios pero aínda se caracteriza polo predominio de valores extremos e escaseza de propiedades de tamaño medio. A gran propiedade ou latifundio reúne a máis do 50% das terras e só ó 0,8 dos propietarios (Andalucia, Extremadura, A Mancha e Aragón) a sua orixe foi no reparto da terra durante a Reconquista e consolidouse coa desamortización do XIX. Algúns convertéronse en empresas capitalistas. A pequena propiedade ou minifundio reúne só o 10,5% da terra e ó 52,3% dos propietarios (Galicia e na Comunidade valenciana) e impide unha agricultura competitiva e tende a desaparecer.

C) TRANSFORMACIÓNS NAS TÉCNICAS E SISTEMAS AGRARIOS:

Notorias dende 1960, consistiron na mecanización dos labores agrarios, a selección xenética de sementes e razas gandeiras e o uso de fertilizantes químicos e supuxeron unha intensificación da producción e un aumento dos rendamentos.