FARSA DAS ZOCASconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2020_Farsa...arredor da Real Academia...
Transcript of FARSA DAS ZOCASconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2020_Farsa...arredor da Real Academia...
-
HOMENAXE
DO
CONSELLO
DA CULTURA GALEGA
MMXX
FARSA DAS ZOCAS
RICARDO CARBALLO CALERO
Capa ESTUDO+FACSIMILE 2020_477C_Capa estudo.qxd 31/03/20 20:44 Página 1
-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 2
-
FARSA DAS ZOCAS
RICARDO CARBALLO CALERO
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 3
-
ISBN
978-84-17802-14-1
DEPÓSITO LEGAL
C 502-2020
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 4
-
LIMIAR
POR
ROSARIO ÁLVAREZ
Presidenta do
Consello da Cultura Galega
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 5
-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 6
-
Ricardo Carballo Calero: E agora, álzase o pano
Carballo Calero pertence a esa nómina
de galeguistas ilustres que, nunha
atmosfera represora, coercitiva e indu -
bidablemente hostil, mantiveron aceso
o facho da cultura galega A súa acti-
tude non foi só a de sobreviviren, que
tamén, senón a de seren silentes depositarios
dos proxectos de construción identitaria que
agromaran con forza nas primeiras décadas do
século XX Os seus feitos firmes, conscientes e
valentes a un tempo, serviron de fío invisible
que, tras a insurxencia militar e a guerra civil,
mesmo en tempos de ditadura, conectou a tradi-
ción coa procura da recuperación, coa esperan-
za dun futuro A súa figura emerxe tamén na
súa firmeza a prol de dignificar, normalizar e
reivindicar a lingua e a cultura galegas, ben que
non sempre en sintonía cos seus compañeiros
de xeración No Día das Letras Galegas 2020,
cando toda Galicia, nunha soa voz, se congrega
7
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 7
-
arredor da Real Academia Galega para home-
naxear a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero
(Ferrol 1910 – Santiago de Compostela 1990), o
Consello da Cultura Galega únese con esta
edición de Farsa das zocas, entre outras activi-
dades
Carballo Calero entregouse á investigación,
sobre todo literaria, con importantes contribu-
cións sen as que non se conciben os estudos
galegos no século XX: só a súa monumental
Historia da literatura galega contemporánea
xustificaría xa por si mesma toda unha vida e
a elección do seu autor para a homenaxe
pública Cultivou a escrita nos diversos xéne-
ros, aínda que sempre se definiu a si mesmo
como poeta, vertente na que comeza e remata o
seu percorrido literario Optou decididamente
por estender a chama da cultura galega por dife-
rentes vieiros, non sempre doados de abrir ou
transitar; na súa acción divulgadora a través da
prensa puidemos lelo baixo os nomes de Eduardo
Colmeiro, Erik Larsson, Fernando Cadaval, Ilex,
José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho
Dumbria ou Namiq Ziyá Moitos porán, con
todo, en primeiro lugar o seu labor no ensino,
8
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 8
-
tanto no Colexio Fingoi coma na cátedra univer-
sitaria, que lle deu a ocasión de exercer o seu
maxisterio en sentido amplo e lle facilitou o con-
tacto cos máis novos e a influencia sobre sucesi-
vas xeracións
Desde o Consello da Cultura Galega quixe-
mos poñer o foco na vertente de creador, e de
todas as pólas que tocou escollemos a escrita
dramática e en concreto Farsa das zocas por
varios motivos, que se poden resumir en que
condensa dalgún xeito as múltiples facetas da
súa actividade e o seu percurso vital Esta é
unha obra temperá, escrita en Esteiro (Ferrol)
en 1948, publicada en Grial (1963) como parte
da intensa actividade de Carballo Calero para
soster a revista desde o primeiro número, reuni-
da con outras obras dramáticas da súa autoría
en Catro pezas aínda dentro do programa edito-
rial de Galaxia (1971) e finalmente na serie de
Cadernos da Escola Dramática Galega e facen-
do parte do volume Teatro completo editado
baixo o selo do Castro (ambos de 1982) O tra-
xecto permite observar o desacordo cos seus pri-
meiros compañeiros e o inicio do cambio de
modelo lingüístico cara á beira do reintegracio-
9
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 9
-
nismo, e nesta edición optamos pola reprodu-
ción facsimilar da última versión editada en vida
do autor É tamén unha obra que se adapta
ben ás condicións que poderían alcanzar na
altura, tanto grupos de teatro afeccionado (agru-
pacións, asociacións...) coma o teatro escolar,
obedecendo a un plan xa iniciado no tempo das
Irmandades da Fala de fomentar o teatro como
un espazo e un medio para a normalización oral
da lingua galega E, de feito, estes foron os
ámbitos de representación ou de lectura dra-
matizada da Farsa das zocas, a comezar pola
mesma estrea, anónima, no Colexio Fingoi
(Lugo 1960); como salienta Carlos Biscainho no
estudo que acompaña esta edición, as testemu-
ñas vivas desta anécdota teatral detallaron que
don Ricardo ensinaba fonética e prosodia nos
ensaios
A afección ao teatro chegoulle moi cedo
Entre as lembranzas da infancia adoitaba desta-
car as frecuentes visitas en familia ao teatro
Jofre Un hábito inculcado que lle permitiu ter
acceso ás comedias de salón, aos dramas e
demais espectáculos «demodés» da España da
época, entre os que se disimulaba algún clásico
10
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 10
-
español ou internacional Un camiño que
seguiu transitando desde as salas do teatro
Principal de Santiago e nas súas esporádicas via-
xes a Madrid A isto hai que lle engadir a lec-
tura intensa de textos dramáticos, que o levou
polas páxinas de Lope de Vega, Calderon, Tirso
de Molina, Alarcon… mais tamén de Sha kes -
peare, Ibsen, Pirandello, Brecht… Historias
das que falaría con intelectuais como Luís
Seoane, segundo testemuñan as cartas inter-
cambiadas E, como non podía ser doutra
maneira, foi este un xénero que cultivou desde
moi cedo Aínda que en 1936 comezara a escri-
bir Isabel, interrompida pola guerra, a súa pri-
meira obra chegaría un ano despois, con O fillo,
que mereceu o premio Castelao de Teatro do
Centro Gallego de Bos Aires; con todo, Carballo
decide non incluír ningunha destas pezas na
primeira compilación en libro, Catro pezas:
«Quixera máis ricaz a recadávida, e nas miñas
tullas houbo trigo dabondo, porque foron copio-
sas as sementeiras [...] Mais se o tempo pasa,
e chega o intre de moer, ¿hémolo levar todo ao
muíño? E aínda así, ¿todo ha de ser fariña
11
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 11
-
munda? ¿Non haberemos de peneirar e penei-
rar para xebrar o farelo?», di no prefacio
Non é o caso de Farsa das zocas, unhas das tres
escritas na soidade da casa de Esteiro no ano
1948 que escolma para a ocasión, todas elas
«fariña munda»
O facsímile da edición de 1982 (Teatro com-
pleto, Ediciós do Castro), derradeira autorizada
polo autor, vai acompañado doutros dous facsí-
miles de manuscritos autógrafos, que se ofrecen
coas correspondentes transcricións No pri-
meiro, «o home que leva o mesmo nome que o
autor» escribe un prólogo para ser lido antes da
escenificación de Farsa das zocas (Santiago de
Compostela 1966), dirixida por Rodolfo López
Veiga, coa participación da Asociación Cultural
O Galo e a Agrupación Cantigas e Agarimos, e á
que el asiste «desde a primeira fila» O se -
gundo, máis extenso, «Sobre o meu teatro. Unha
aportación teatral», é o texto dunha conferencia
pronunciada con motivo da presentación dos
primeiros volumes conxuntos de Cadernos da
Escola Dramática Galega (A Coruña 1983)
Proceden, respectivamente, do Fondo Cultural
O Galo e do Arquivo Carballo Calero do Parla -
12
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 12
-
13
mento de Galicia, aos que agradecemos a dispo-
ñibilidade e facilidades para esta edición Vaia
tamén a nosa gratitude ás herdeiras do noso
homenaxeado pola xenerosidade con que auto-
rizan a publicación das diferentes pezas
A edición vai acompañada do estudo de
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, do grupo
Grupo ILLA (Universidade da Coruña), signifi-
cativamente titulado «A Farsa das zocas: un elo
teatral entre dous tempos distantes» Non é
este o lugar de ponderarmos os acaídos méri-
tos do seu autor –recoñecido crítico, ensaísta e
investigador do sistema teatral galego–, mais si
de agradecermos expressis verbis a prontitude
e entusiasmo con que acolleu a nosa encarga e
o rigor e dedicación con que cumpriu a súa
tarefa
Deixamos a obra nas vosas mans desexándo-
lle un novo camiño dentro e fóra das táboas
Ricardo Carballo Calero escribiu teatro para ser
representado, un teatro que camiña do realismo
para o simbolismo e o expresionismo, aberto ás
grandes inquietudes do seu tempo Facer que
a obra renaza con nova vida, «independente,
logo de roto o cordón umbilical polo que zugaba
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 13
-
14
seiva do seu creador» (palabras súas no prefacio
de 1971), e que se anove consonte os novos
tempos e lugares, é tamén unha forma de ho -
menaxe que renderlle neste ano 2020 e en moi-
tas primaveras máis
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 14
-
ESTUDO
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 15
-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 16
-
A FARSA DAS ZOCAS :
un elo teatral entre dous tempos distantes
POR
CARLOS-CAETANO BISCAINHO-FERNANDES
Grupo ILLA – Universidade da Coruña
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 17
-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 18
-
I. INQUEBRANTÁBEL COMPROMISO COA
CULTURA GALEGA EN TEMPOS DE
REPRESIÓN
No cadro da saña represiva activada polo fascismo con-
tra o nacionalismo galego, Ricardo Carvalho Calero foi
condenado a prisión –estivo recluído na prisión de Xaén
até 1941– e privado da praza de funcionario que gañara en
1932. O consecuente exilio interior en que tivo que vivir
durante máis de tres décadas non conseguiu, porén, anu-
lar a súa firme vontade de manter o fío do activismo gale-
guista en que participara intensamente antes do golpe de
Estado.
Como pudemos
viver? Os olhos múltiplos e insones
de Medusa fixos em nós à espreita
As bocas das metralhetas
apontando-nos. A censura
postal –fatídico agoireiro–
lendo as nossas entranhas.
Os sacristaos passando lista
às portas das igrejas. Nos cafés,
os contertúlios anotando
as nossas reacçons perante
as notícias da rádio.
Clitemnestra na cama.
Na escola, os nossos filhos aprendendo
a condenar-nos, a
desprezar-nos, a
denunciar-nos, a falarem na língua
19
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 19
-
20
com que insultados fomos e julgados
réprobos, e na qual foi estendida
a acta que nos levou
ao paredom, ao cárcere, ao desterro,
a língua com que nos indultarom
para nos reinserir arrependidos
no mundo que quigéramos
substituír. Muitos morrerom, mas
nom falo agora desses mortos; falo
dos que tiveron que viver morrendo
entre os seus matadores, lendo a imprensa
que de lama os enchera, saudando
as insígnias contra as que militaram.
Como pudemos
viver? e Mais vivêmos. […]
(Carvalho Calero 1990: 129)
Ricardo Carvalho Calero –no centro, con chapeu– no Seminario deEstudos Galegos [Fundación Otero Pedrayo]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 20
-
Carvalho non se limitou a sobrevivir nesa atmosfera
coercitiva e decididamente desgaleguizadora: entregouse
á escrita, á investigación lingüística e literaria e a unha
instrución do seu alumnado que non omitise os atributos
culturais galegos negados pola ditadura.
Relativamente á produción literaria, Carvalho Calero
cultivou no período ditatorial a poesía, o teatro, a narrati-
va e o ensaio, e desde 1946 deu á luz traballos –anónimos
ou so pseudónimo– no xornal compostelán La Noche e en
revistas do exilio americano como Galicia, Lar ou Galicia
Emigrante.
Da súa autoría é a primeira novela publicada na nosa
lingua após a guerra no país, A xente da Barreira (1951).
Neste tempo escuro tamén deu ao prelo nas escasas pla-
taformas editoriais que atendían a literatura en lingua
galega tres volumes poéticos –Anxo de terra (1950),
Poemas pendurados dun cabelo (1952) e Salterio de Fingoy
(1961)–, ben como ensaios sobre literatura galega –Sete
poetas galegos (1955); Contribución ao estudo das fontes
literarias de Rosalía (1959), o seu discurso de ingreso na
Real Academia Galega en 1958, e Versos iñorados ou
esquecidos de Eduardo Pondal (1961).
O seu labor investigador levouno a se doutorar en 1954
cunha tese intitulada Aportaciones a la literatura gallega
contemporánea, traballo que estivo na base do seu magno
proxecto historiográfico, a Historia da literatura galega
contemporánea, publicada en 1963 e cunha segunda edi-
ción ampliada en 1973.
As súas investigacións e reflexións teóricas atinxiron
igualmente aspectos lingüísticos. Así, directamente envol-
21
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 21
-
22
vido desde a súa fundación na planificación cultural xera-
da á volta de Galaxia, en 1966 deu á luz nesta editora a
Gramática elemental del gallego común, texto que se ía
converter nun recurso fundamental nos inicios do proce-
so de incorporación da lingua galega ao ensino.
Membros da Real Academia Galega en 1963. Ricardo Carvalho Caleroestá sentado entre Fernández del Riego e Vales Villamarín[Fundación Otero Pedrayo]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 22
-
Após un período laboral moi inestábel en que sobrevi-
viu traballando en diferentes colexios privados de Ferrol,
entre 1950 e 1965 Carvalho Calero estivo á fronte do
Colexio Fingoi de Lugo, «unha institución educativa
orientada a dar clases máis racionais que as tradicionais»
(Blanco 1989: 41) que o réxime ditaba. Como veremos
máis adiante, a súa produción teatral non foi indiferente a
esta circunstancia.
Foron anos en que «funcionava umha espécie de “mas-
sonaria na sombra” onde os galeguistas mantinham
secretamente a consigna de proteger-se e ajudar-se os uns
aos outros» (Reimunde Norenha 1996: 338).
23
Galeguistas con Otero Pedrayo en Trasalba (1958) [Fundación Otero Pedrayo]
En 1965 o réxime franquista permitiulle continuar asoposicións que ficaran interrompidas en 1936 e Car -
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 23
-
valho obtivo praza no Instituto Rosalía de Castro deCom pos tela. Nesa mesma altura comezou a dar aulas deLingua e Literatura Galegas e de Lingua e LiteraturaGalego-Portuguesa Medieval na Facultade de Filosofía eLetras.
As duras circunstancias materiais, culturais e sociopo-líticas da posguerra non impediron que o autor da Farsadas zocas desenvolvese unha meditada e constante activi-dade de visibilidade e de lexitimación da cultura galega.O seu compromiso levouno, por un lado, a divulgar a pro-dución literaria galega anterior á guerra, achegando refe-rencias e propostas de canonización. Ademais, el propiomantivo, como vimos de ver, unha produción escrita regu-lar e diversificada, mesmo en momentos en que nonresultaba fácil a súa publicación. Da mesma maneira, tra-ballou intensamente na dignificación da lingua galega,
24
Consello da Editorial Galaxia. Carvalho Calero con óculos escuros (c. 1960) [Fundación Otero Pedrayo]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 24
-
achegando valiosos contributos descritivos-prescritivos e
iniciando unha prolongada tarefa de planificación do seu
corpus e do seu status. E, finalmente, estivo en contacto
coas diferentes iniciativas editoriais que se foron suce-
dendo na Galiza e coas plataformas que no outro lado do
Atlántico publicaban textos galegos.
Así sendo, Carvalho Calero ocupa un lugar moi desta-
cado na nómina de persoas que durante o franquismo se
sentiron depositarias no interior do país dos proxectos de
construción identitaria das décadas de vinte e trinta e asu-
miron, nesas adversas condicións, a preservación do vec-
tor planificador da cultura galega iniciado antes do perío-
do fascista.
II. A PLANIFICACIÓN CULTURAL GALEGA NACONSTRUCIÓN DO MARCO DEMOCRÁTICO
En 1972 o ferrolán gañou a Cátedra de Lingüística e
Literatura Galegas da Universidade de Santiago pola que
se responsabilizara desde a súa creación un ano antes.
Este feito supuxo o comezo dun outro período que, atra-
vesando a transición e a Xunta preautonómica, se esten-
dería na etapa democrática até o seu falecemento en 1990.
Nesta altura, Carvalho entendeu que tiña chegado o
momento de prender de vez na sociedade galega o facho
identitario que fora conservado con tanto esforzo durante
aqueles anos profundamente hostís, de maneira que se
trazase unha ponte real coa planificación programada
antes de 1936 e que a cultura galega –coa lingua no lugar
25
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 25
-
central– puidese desenvolverse sen restrición ningunha.
Mais a ditadura mantivérase durante tanto tempo que non
era factíbel esa conexión e só unhas poucas persoas, entre
as que estaba o propio Carvalho, podían servir de elo.
Constatado este feito, el propio asumiu, desde serenas
posicións pragmáticas, a tarefa de reactivar a enerxía
galeguizadora no país, a comezar pola camada universita-
ria mais sen esquecer nunca a divulgación á totalidade da
sociedade –a través da prensa, por exemplo. E, en parale-
lo á investigación e á vulgarización, a creación literaria,
que nunca abandonou.
Así sendo, até a súa reforma en 1980 temos Carvalho
Calero na Universidade formando o seu alumnado en lin-
gua e literatura galegas desde postulados afastados das
ideas limitadoras e dos prexuízos vigorantes até entón,
pois partía dunha concepción do galego como lingua his-
tórica, culta, extensa –con variantes internacionais– e sen
ningún tipo de subordinación á lingua castelá. Para alén
de achegar análises da produción literaria galega realiza-
das co máximo rigor académico, don Ricardo comprome-
teuse decididamente na restitución do idioma, tanto na
súa presenza social como na súa propia identidade –esma-
gada, deturpada e amputada por séculos de dominación
lingüística.
Neste sentido, participou activamente na planificación
lingüística do período preautonómico, como xa fixera no
Seminario de Estudos Galegos. Durante os anos 1970 e
1971, por exemplo, redactou con Ramón Piñeiro e
Filgueira Valverde as Normas ortográficas e morfolóxicas
do idioma galego (1971) que foron aprobadas pola Real
26
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 26
-
Academia Galega. Mais a partir do proceso de elabora-
ción das Bases pra unificación das normas lingüísticas do
galego (1977), os postulados de Carvalho comezarán a
recibir a frontal oposición do Instituto da Lingua Galega,
a institución promotora do documento. Estas discrepan-
cias amplificáronse cando en 1980, vésperas da oficiali-
zación do galego, presidiu a Comisión de Lingüística
nomeada pola Xunta preautonómica da que emanou
unha proposta ortográfica que defendía a unidade lin-
güística galego-portuguesa e a necesidade de planificar a
reintegración do idioma ao tronco común luso-afro-bra-
sileiro, sempre desde o consenso e cos pasos intermedios
que se considerasen necesarios. Coa aprobación do
Decreto 173/1982, o denominado Decreto Filgueira, prio-
rizouse a orientación do ILG e os postulados carvalhianos
foron definitivamente marxinados desde a oficialidade, o
que levou o ferrolán a canalizar o seu traballo planifica-
dor no movemento reintegracionista. Sen perder nunca o
ánimo, Carvalho Calero continuou a desenvolver e difun-
dir o seu modelo de lingua en volumes como Problemas
da Língua Galega (1981) ou Da fala e da escrita (1983),
ben como a presentar certeiras análises da situación
sociolingüística galega.
Ora ben, toda esta intervención na planificación do
idioma non lle fixo abandonar a produción literaria, en
que, por outro lado, foi incorporando o modelo de lingua
que ía construíndo desde a reflexión teórica –deixando
definitivamente atrás a lingua «arbitrária às veces, arcai-
zante outras, contraditória sempre, que usábamos no
Seminario» (Carballo Calero 1979: 279). Así, publicou
27
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 27
-
catro volumes de poesía –Pretérito imperfeito (1927-1961)(1980), Futuro condicional (1961-1980) (1982), Cantigasde amigo e outros poemas (1980-1985) (1986) e Reti -cências… (1986-1989) (1990)–; compilacións da súa narra-tiva –A gente da Barreira e outras histórias (1982) eNarrativa completa (1984)– e un novo romance –Scórpio(1987)–, e aínda o volume Teatro completo (1982), concatro novos títulos. Con todo, o feito de só unha das súasobras dramáticas ser posterior a 1969 deixará o teatro ámarxe desta evolución carvalhiana do modelo de lingua.
Sen descanso e inmune á frustración, Ricardo CarvalhoCalero mantivo unha actividade rigorosa e coherente dedignificación –desde todos os aspectos ao seu alcance– dalingua de noso e, por extensión, da cultura galega.
28
Carvalho Calero en 1980 exercendo como padriño de Álvaro Cunqueirona concesión do título de Doutor Honoris Causa pola Universidade deSantiago de Compostela [Casa Museo Álvaro Cunqueiro]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 28
-
E como o idioma é um veículo de comunicaçom, como a
língua nom se fixo para o monólogo robinsónico, senom
para o diálogo entre os compatriotas, essa consagraçom do
idioma é umha consagraçom de Galiza, porque a adesom a
essa forma cultural de expressom, supom o sentimento de
que a realizaçom dos valores espirituais que latejam em
cada indivíduo galego, só pode verificar-se plenamente no
marco da realizaçom da autenticidade do país. (Carvalho
Calero 1989: 169)
No seu último libro de poemas, Carvalho olla o seu per-
curso vital e pregúntase sobre a esencia última da súa
propia entidade:
Eu fum alguém? Talvez ninguém? Anacos
espargidos que sucessivamente
hóspedes forom de um espaço ausente,
cântaro fornecido de buracos?
Mil sentinelas fum que se revelam
no oco estrutural de umha guarita?
Que jerarca estas guardas necessita
que o seu segredo no silêncio escrevam?
Furna que encherom vagas incessantes,
pousada de incontáveis peregrinos,
âmbito para múltiplos destinos,
molde só de moedas circulantes.
Talvez non fum ninguém. Tam só umha estrada
por onde os pés dos deuses fam jornada.
(Carvalho Calero 1990: 21)
29
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 29
-
Unha longa e robusta estrada que atravesou o século XX
co designio de axudar a construír unha identidade colec-
tiva galega consistente e que, integrada no ámbito lusófo-
no, dialogase sen complexos coa modernidade. Iso foi
Ricardo Carvalho Calero. E, sempre, «consagrado o pre-
sente, por enteiro, a imaxinar o porvir, e, por iso, sen oco
para conxurar o pretérito» (Carballo Calero 1979: 274).
30
Ricardo Carvalho Calero –cuarto pola esquerda– na conmemoracióndos cincuenta anos do Estatuto de autonomía de 1936 [Biblioteca do Parlamento de Galicia]
III. CARVALHO CALERO E O TEATRO
O intelectual ferrolán afirmou en varias ocasións: «Amiña afeizón ao teatro é mui antiga» (Fernán-Vello /Pillado Mayor 1986: 108). No Sagrado Corazón de Ferrollera os clásicos da biblioteca de Autores Españoles deRivadeneira (Blanco 1989: 256) e coñecera ao dramaturgo
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 30
-
31
–e director do colexio– Manuel Comellas Coimbra, «escri-tor galego que debe ser lembrado», en palabras do propioCarvalho Calero, «pola súa obra de teatro Pilara ou gran-dezas dos homildes, unha especie de Alcalde de Zalameagalego» (Blanco 1989: 16). Tamén sabemos polo seu teste-muño que de moi novo escribira, segundo as modas domomento, «varias obras que tiñan forma de libretos dezarzuela» (Blanco 1989: 257) que non conservaría e dascales Henrique Rabuñal (2019) achega uns títulos –Elpuente de los enamorados, La cruz más santa– que trans-locen temáticas e gustos estéticos propios da época.
Volume dos Cadernos da EscolaDramática Galega en que serecolle a palestra ditada porCarvalho Calero na Sala LuísSeoane da Coruña
Cando en 1983 foi convidado a ditar unha conferencia napresentación dos dous primeiros volumes dos Cadernos daEscola Dramática Galega na Sala Luís Seoane da Coruña–conferencia que sería publicada no número 56 desa colec-ción–, enumeraba así as experiencias que foran conforman-do a súa disposición cara á arte escénica:
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 31
-
32
Os meus pais […] acudian sistematicamente ao teatro
Jofre cando o seu escenário nos brindaba algun espectácu-
lo. […], oferecian-se ao público actuacións de compañias de
teatro, moitas veces lírico, do que estaba en boga en
España: comédias de Benavente ou Linares Rivas ou Muñoz
Seca ou Arniches; pezas en verso de Marquina, Villaespesa
ou Fernández Ardavin; zarzuelas clásicas de Fernández
Caballero, Bretón, Chueca ou Chapí, ou máis modernas de
Luna, Serrano, Vives, Guerrero ou Alonso. […] Ja mozo,
desde a a miña humilde localidade de respaldo do Principal
de Santiago, continuei vendo teatro, o mesmo que durante
as miñas vacacións en Ferrol ou as miñas primeiras excur-
sións a Madrid. Enrique Borrás en El alcalde de Zalamea,
Santacana en Espectros, Francisco Morano en El collar de
estrellas, Lola Membrives en Pepa Doncel, Rosario Pino en
Cristalina, Catalina Bárcena en calquer comédia de Martínez
Sierra, suscitaron en min non so unha secreta vocación de
comediógrafo, senón de comediante. (Carballo Calero
1985: 4)
A súa bagaxe como espectador teatral era, pois, a habi-
tual nestas décadas: realismo burgués, comedias de salón,
dramas truculentos e algún clásico español, aos que en
ocasións se sumaban títulos de Henrik Ibsen –Carvalho
asistiu en Ferrol a unha representación de Espectros, «que
era case a única obra de Ibsen que se representaba en
España» (Blanco 1989: 255)– ou traducións para o español
de autores cataláns como Rusiñol ou Àngel Guimerà.
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 32
-
33
Mais Carvalho Calero acrecentou a esta cultura teatral
o coñecemento que foi adquirindo a través da lectura de
textos dramáticos clásicos e contemporáneos:
Si. Gostoume moito desde sempre ler teatro, non só velo
representar, senón lelo. Moitas veces, vivindo en provincias,
non é fácil ver representado teatro, é moito máis fácil lelo.
Sempre me sentín tentado de coñecer o teatro, se non a tra-
vés da representación, ao menos a través da lectura.
[…] lin todo, se se pode dicer, o teatro clásico español, de
maneira que Lope de Vega, Calderón, Tirso de Molina,
Alarcón…, todos eses cheguei a coñecelos moi ben.
A Shakespeare lino moito e, o mesmo que Calderón, era
un autor co que me compenetraba facilmente. […]
Lin teatro escandinavo, lin moito Ibsen […]. De maneira
que si, lin bastante teatro extranxeiro e logo incluso teatro
exótico, dramas hindús ou dramas chinos, mesmo, ou dra-
mas xaponeses… (Blanco 2020: 263-265)
E, por suposto, aínda cómpre ter en conta as conversas
e lecturas partilladas cos galeguistas de preguerra que
escribiron obras dramáticas, como Daniel Castelao ou
Xaime Quintanilla –quen «alentou os meus traballos lite-
rarios en galego» (Blanco 1989: 111).
Con todo, Araceli Herrero (2000: 256) sostén que
«Carvalho comportou-se, sobretodo, como un profesor
de Literatura, máis que como home de teatro (que non
era)», contrariamente ao defendido, por exemplo, por
Henrique Rabuñal, quen proclama convencido: «Ricardo
foi un home de teatro» (Rabuñal 2020: 145). Mais a pro-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 33
-
34
pia discípula do director de Fingoi matiza a súa contun-
dente afirmación:
Depende do que entendamos por home de teatro: é indu-
bitábel que Carballo non é O’Neill, non coñecía a profesión
desde os bastidores, non era empresario teatral, nen coreó-
grafo, nen propiamente teórico, teatrólogo… De todas as for-
mas, Rabunhal ten moita razón cando fala das múltiples face-
tas con que Carballo asumiu a literatura dramática e esa arte
figurativa para a que […] estaba especialmente dotado.
(Herrero 2002: 227)
Sexa como for, a correspondencia con Ramón Piñeiro
constata que Ricardo Carvalho Calero acabou por ser o
especialista en teatro de Galaxia. Así, cando en 1961 se con-
siderou a publicación dos títulos galardoados no Certame
de Teatro do Miño celebrado o ano anterior en Lugo
–Carvalho integrara o seu xurado–, Piñeiro escribe ao fer-
rolán: «Eu penso que debería levar un prólogo teu»
(Piñeiro / Carballo Calero 2015: 266).
O primeiro texto teatral da súa autoría que Carvalho
conservou é O fillo, escrito en 1937 e cuxa publicación
estaba prevista na revista Nós (Montero Santalha 1993:
136). Pasado o tempo, o dramaturgo non tería grande esti-
ma por este texto, que en 1951 recibira o Premio Castelao
de Teatro do Centro Gallego de Buenos Aires:
Hoxe esa obra non me satisfai, porque a personaxe de
Xoana, que me atraíu nun determinado momento, hoxe me
parece monstruosa; de maneira que hoxe non tería feito esa
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 34
-
35
obra. De todas maneiras, xa cando a preparei para incorpo-
rala ás miñas obras teatrais completas, fixen certas modifica-
cións. Pero, con anterioridade, cando publiquei Catro pezas,
que reunía todo o meu teatro até o momento, excluina, como
a Isabel, pois esas dúas obras xa estaban escritas; de todas
maneiras, Isabel me parece muito mellor, porque resulta
máis humana e no seu desenlace se superan certos prexuí-
cios e, en fin, triunfa a vida sobre a morte. (Blanco 1989: 263)
Carvalho Calero iniciou a escrita de Isabel en 1936,mais a guerra interrompeu uns traballos que só concluiríaen 1945. A obra xira á volta da confusión entre ilusión erealidade e poden estabelecerse algúns paralelismos coteatro de Luigi Pirandello –o propio autor comentou que,tempo despois, comprobara a través dunha adaptacióncinematográfica que tiña elementos comúns con Come tumi vuoi (Blanco 1989: 258).
O escritor ferrolán consideraba 1948 un auténticoannus mirabilis na súa produción dramática, pois nesadata escribira tres pezas, moi diferentes entre si: Farsadas zocas, A árbore1 e A sombra de Orfeo –unha farsa ins-pirada nos monicreques; un «auto simbólico co que ponen cuestión, dunha maneira abstracta, cercana ao teatrodo absurdo, o sentido do Paraíso» (Lourenzo / Pillado1979: 128), e unha comedia psicolóxica. As dúas últimasforon escritas orixinalmente en castelán, como lle expli-caba a Fernández del Riego en setembro de 1956:
1. Publicada como A arbre na primeira edición (1971).
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 35
-
36
Estóu revisando as miñas obras de teatro, pra ver cáles
podo mandarche, a fin de que estudiedes as posibilidades de
pubricación. As obras que teño escritas ate de agora son
cinco: O fillo, Isabel, Farsa das zocas, El árbol e La sombra de
Orfeo, que, dempóis de leela, resolvín someter á censura de
«Galaxia». O que me tes que decir é se debo ou non traduci-
la. El árbol é coñecido de Piñeiro. Dúas veces ensaióuse en
Ferrol, sen chegar a se representar. Teño que revisalo denan-
tes de decidir se cho mando ou non. (Carballo Calero 2006:
180-181)
O ferrolán acabou por facer a tradución, mais a publi-
cación demoraría aínda uns anos: A arbore viu a luz en
1965 no número 9 de Grial e A sombra de Orfeo non se
publicou até 1971, cando foi incluída no volume Catro
pezas. O título escrito orixinalmente en galego –Farsa das
zocas– editouse antes, pois foi incluído en 1963 no núme-
ro inaugural de Grial. Pola correspondencia con Ramón
Piñeiro tamén sabemos que a comezos da década de
sesenta Carvalho enviara A árbore ao Porto para que
Manuel Oliveira Guerra a editase na revista Céltica, mais
que a curta vida da publicación fixera que o texto conti-
nuase inédito.
Na publicación de Catro pezas (1971) sinalábase que se
incluían catro obras «coas que o autor desexa contribuir á
formación dun repertorio dramático galego», focando
desta maneira a súa perseveranza nos propósitos planifi-
cadores iniciados en tempos do Seminario de Estudos
Galegos: Carvalho traballaba –tamén na faceta creativa–
sen ignorar a necesidade de completar as debilidades que
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 36
-
37
aínda mostraba a cultura galega en aspectos como o lin-
güístico, o literario ou o teatral.
A sombra de Orfeu foi escrita no mesmo [ano] que A farsa
das zocas e A arbre, obras que apresentan planeamentos dra-
máticos radicalmente diferentes. Podemos concluir que nom
obedecem, portanto, a um «programa comum», mas eu penso
que obedecem. E fundamento essa opiniom precisamente
pola sua falta de coerência com a tradiçom teatral anterior, e
em boa parte com a posterior. E é que estas obras forom
escritas polo dramaturgo, mas afinal quem as encarregou foi
o crítico literário. Estas três obras estão feitas a contra-fio da
tradiçom porque pretendem encher os ocos que faltam na
produçom dramática galega […]. Assim que, poderíamos con-
cluir que Carvalho Calero nom escreve o que lhe apetece,
mas o que pensa que à produçom dramática galega lhe falta.
(Guisan 2002: 214)
«O autor non é agora máis queun futuro espectador» (CarvalhoCalero no «Prefacio», 1971)
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 37
-
38
Nestes tres títulos o autor identificaba –contrariamente
a O fillo e Isabel, ben como a posterior Os xefes– trazos
tomados do expresionismo, movemento que «no teatro,
sobretodo no teatro alemán, no teatro en xeral da Europa
Central, vivificou grandemente a cena no occidente dos
anos da guerra europea» (Fernán-Vello / Pillado Mayor
1986: 112).
Algunhas das miñas obras teñen ese carácter, de maneira
que hai un certo expresionismo, tal vez, na execución escé-
nica dalgunhas das miñas obras. Hai expresionismo na Farsa
das zocas, pero tamén en A árbore. Si, é unha especie de tea-
tro simbólico. […]
E o Auto do prisioneiro na forma externa muito máis que
Os xefes, porque a atmósfera de Auto do prisioneiro non pre-
tende referirse nunca a unha realidade tomada ao pé da letra,
é evidente que aquel home está nunhas circunstancias espe-
cias. ¿Que prisión é esa onde o visitan os amigos, o visita a
súa nai, pero hai un director descoñecido? Esta é francamen-
te expresionista ou simbolista. (Blanco 1989: 258-260)
Sobre A árbore ten pairado a sospeita dunha misoxinia
de ecos bíblicos, visto que a muller é a razón última da
imposibilidade de amar e o home a vítima –na peza enfór-
case perante a insistente negativa dela– e, por outro lado,
a perspectiva adoptada por Carvalho Calero é claramente
a do sexo masculino.
[…] é unha resposta mui coerente coa que nos dá a Biblia,
ese simbolismo dentro das formas propias dunha relixión
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 38
-
39
determinada e unha cultura determinada expresa unha rea-
lidade evidente. Esta realidade é unha loita de sexos e como
se mestura a felicidade coa desgracia no amor e polo tanto o
resultado é que o home sofre como consecuencia desta nece-
sidade de completarse na muller. (Blanco 1989: 263)
Mais o certo é que tamén se pode realizar outra lectu-
ra desta obra segundo a cal Carvalho non estaría a culpar
a muller da incompatibilidade entre os sexos:
[…] a súa disposición á reflexión filosófica lévao a
ultrapasar esta lectura de distancia entre sexos para falar
do interior do ser humano, independentemente do seu
sexo. É o ser humano o que persegue o amor e o que ve
frustrados os seus desexos de coñecer a experiencia amoro-
sa […]. O amor, como toda a vida fóra do Paraíso, vai ser
unha intensa loita entre a dimensión libre do noso ser fron-
te á covarde; aquela parte de nós que procura ardentemen-
te a vida e o amor, oposta á aquela outra submisa aos con-
vencionalismos, ás imposicións sociais, aos límites, á
re presión. Home e Muller son, así, as dúas dimensións
enfrontadas no interior de cada un de nós e a súa pugna non
é outra cousa que un exemplo máis da oposición entre o
«ser» e o «poder ser» tan presente na obra carvallana.
(Biscainho-Fernandes 2007: 113-114)
De ollarmos o texto desde esta perspectiva, o seu autor,
antes que a acusala, estaría a considerar a muller como
paradigma da represión que coarta a nosa liberdade,
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 39
-
40
[…] como espello das convencións morais e sociais do
réxime político que lle tocara vivir e padecer. O control,
mesmo dentro das familias, que a dictadura exerceu a través
das mulleres –educación, confesionarios e Sección Feme -
nina– non podía escapar ós ollos deste intelixentísimo profe-
sor que defendera os principios nacionalistas e republicanos
e viviu sempre rodeado de mulleres. (Tato 2000: 449)
O propio Carvalho corrobora esta lectura cando afirma
na introdución: «Debían ser felices, só un home e unha
muller, nunha eterna primavera. Pero hai monicións,
mamáis, curmáns, soles, neves, cañas… Hai circunstan-
cias» (Carballo Calero 1971: 16).
A imposibilidade de entendemento e os códigos
machistas presentes na sociedade comparecen igualmen-
te n’A sombra de Orfeo, peza de teor psicolóxico na que se
coloca o problema da escolla entre a dedicación á arte ou
ao amor.
No mito clássico, as ciumentas matadoras de Orfeu não
aturam a ruptura da tradição seriada, isto é, morta uma
mulher, por que não escolher outra, se todas –na rotina sexis-
ta– podem ser elementos substituíveis, transferíveis? O Orfeu
clássico mantém uma fidelidade à memória de Eurídice que,
na realidade, parece feminina. Não cumpre a norma mascu-
lina dominante: falecida ou impossibilitada a relação com a
amante desejada, desafia as regras: não haverá alternativa.
Elas, na sua vingança, serão ao mesmo tempo vítimas e capa-
tazes da imposta educação deformada e deformante. Na pre-
sente obra, a vingança será executada pela mão do próprio
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 40
-
41
herói. Para sobreviver, precisa de matar o seu retrato. […]
não haverá, nesta mentalidade, saída ou pacto possível para
as transgressoras, para as pecadoras, para, emfim, as Evas
rebeldes.
[…] qual a sombra de Orfeu? […] será talvez que alguns ele-
mentos definidores da masculinidade e da feminilidade ances-
trais, que firmam as suas raízes no patriarcado, ainda conti-
nuam vivos e em vigor […]? (García Negro 2016: 138-139)
Contrariamente á interpretación achegada polo autor
–quen negaba calquera «veleidade erótica ostensível»
entre o protagonista e a «devota servidora do mestre»
(Carvalho 2000: 190)–, Manuel Castelao fornece unha
análise que foca os aspectos máis escuros a que fai refe-
rencia o propio título da peza:
A sombra dun amor monstruoso, unha dependencia sór-
dida de Rafael con respecto á súa sombra e de Luísa respec-
to a Rafael. Nese amor, Luísa é, substancialmente, ninguén, o
seu ser é tal negatividade pura e ela, máis que entidade
dependente ou obxecto dado, é esa inaprensíbel nada que,
porén, todo o mobiliza –é o que chamamos «estratexia da
sombra».
Notábel paradoxo, esa fusión, a confusión coa sombra
leva Rafael, en canto está con Luísa, a sentirse enteiramente
só. A aniquilación (anihilización) de Luísa, o seu desaparecer
como suxeito –e como suxeito diferente– devolve Rafael a si
e a unha soidade que está para alén de todo o amor. Terríbel,
inicuo eros, que non ousa a manifestación directa. (Castelao
2010: 169)
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 41
-
42
Nalgún momento sinalouse tamén o carácter retórico
do teatro carvalhiano e até que algún final, como o de
Isabel, «é absolutamente expositivo e pouco dramático»
(Guisan 2002: 217).
Em A Arbre, o Home pronuncia este parlamento: «o dous
é só uma aparéncia. Todo tende à unidade. Só que se facen-
do un, poden dous ser felices» (Carballo Calero 1982: 150),
que resume e funde em duas linhas os pensamentos de
Plotino e de Platom (o «um essencial» e o mito do andrógino
no Banquete). Claro que, sem um manual de Filosofia no
Carta de Ramón Piñeiro a Ricardo Carvalho Calero na que lle pide queenvíe a Galaxia o texto da Farsa das zocas para a súa eventual publica-ción na revista Grial [Biblioteca do Parlamento de Galicia]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 42
-
43
bolso, nom sei se um espectador normal encontraria isso mui
gracioso. (Guisan 2002: 217)
O propio autor explicábase: «É necesario ese outro tipo
de teatro máis intelectual» (Salinas 1991: 79-80). E aínda
acrecentaría: «En realidade, obras de entretenimento
puro eu creio que non as escribín» (Blanco 1989: 264).
Certamente, o pendor racional da maioría das súas pezas
dramáticas pode ter condicionado a súa recepción e, moi
notabelmente, a sorte escénica das mesmas. Con todo,
Carvalho declarou que «no mesmo teatro, considero que a
parte mais orixinal […] é aquela que contén unha raiz líri-
ca» (Fernán-Vello / Pillado Mayor 1986: 86). Neste punto,
hai un título que se diferencia claramente do resto de
obras dramáticas do ferrolán:
Exceptuando Farsa das zocas, que apresenta um carác-
ter algo distinto às restantes peças, todo o teatro de
Carvalho Calero encerra umha grande carga de intelectua-
lidade: é um teatro ideológico, nom tanto no sentido de que
queira transmitir ao espectador umha mensagem preesta-
belecida quanto no sentido de que pretende pôr –e esclare-
cer, no possível– um problema teórico. (Montero Santalha
1993: 144)
Nun texto datado en 1965 e recollido no volume
Umha voz na Galiza (1992) Carvalho Calero defendía a
existencia dunha dramaturxia galega culta de pensa-
mento denso, tendo con certeza en mente o teatro de
Cunqueiro:
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 43
-
44
No momento actual ¿fainos falla un teatro de altura inte-
leitual, ao nivel do que se representa nos escenarios máis dis-
tintos de París; ou máis ben un teatro pensado pra un púbri-
co menos traballado pola cultura, que percure a súa
educación, pero partindo da súa escasa esperiencia actual?
Iste pranteamento do problema é seguramente incorreito.
Non podemos renunciar a que os nosos escritores de forma-
ción europea, que non se resignan a que a súa literatura teña
un tono puramente doméstico, elaboren obras de creación
cobizosa, dirixidas a un púbrico que representa unha con-
ciencia artística superior. Iste tipo de obras é o que nos per-
mite alternar decentemente coas literaturas estranxeiras.
(Carvalho Calero 1992: 30)
Con todo, o dramaturgo recomendaba alcanzar un
punto intermedio entre o popular e o elitista, de maneira
que o teatro galego atendese todas as camadas sociais
independentemente da súa cultura dramática:
Pero temos logo o problema da nosa propia educación.
O ensanchamento da base do púbrico culto, só se pode facer
con pezas que, revestindo unha forma popular, alenten ao
espeitador inxenuo, ao se lle facer do gosto, que as mesmas
pezas, con pedagóxica destreza, deben provocar mediante
unha maina estilización dos procedimentos técnicos que iste
tipo de púbrico dixire. Realmente, necesitamos un e outro
xeito de teatro; pero eu me atrevería a recomendar, en vista
dos dados con que xogamos, que os autores non estremasen
–na lingua, na técnica, na ideoloxía– as diferencias de clase:
que os aristócratas tenderan un pouco á democracia, que os
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 44
-
45
demócratas tenderan un pouco á aristocracia. (Carvalho
Calero 1992: 31)
O seguinte título teatral de Carvalho Calero é Auto do
prisioneiro, escrito en 1969 e que en xaneiro do ano
seguinte remitía a Fernández del Riego para a súa publi-
cación en Grial (Carballo Calero 2006: 476). Porén, sería
incluído no xa citado Catro pezas (1971).
Laura Tato (2000: 450) ten sinalado o paralelismo do
seu protagonista co príncipe preso de La vida es sueño e o
autor, pola súa vez, salientou o contido existencial desta
obra e as súas semellanzas –xa desde o título– cos autos
sacramentais españois:
Como os autos sacramentais do teatro clássico espanhol,
utiliza as personagens simbólicas, ainda que sem sacrificar a
sua aparência individual. Evidentemente, contém muitos ele-
mentos de sátira social, mas a sua raiz última é o problema
da transcendência: do que pode haver, se hai algo, tras a
porta que permanece fechada mentres o Prisioneiro vive.
Existe o Director? (Carvalho Calero 1984: 328)
Cando en 1982 Ediciós do Castro publique o seu Teatro
completo, Carballo acrecentará ás obras recollidas en
Catro pezas as dúas primeiras creacións –O fillo e Isabel–
«sen máis propósito que completar o volume do mesmo e
dar testemuño dun proceso de formación, asemade, con
eses ensaios de mocedade, desbotados na selección pre-
cedente» (Carballo Calero 1982: 7), xunto con O redondel
–unha adaptación de O círculo de xiz de Li Hsing-Tao feita
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 45
-
46
en 1951 para público infantil– e o seu derradeiro título
dramático, Os xefes –un drama de teor político escrito en
1980 no que ecoan as experiencias bélicas do autor.
Carvalho explicaría que O redondel fora escrito «coa
finalidade de proporcionar unha peza ad usum Delphini
para os alunos de Fingoi» e que o texto de Li Hsing-Tao
fora escollido «por circunstancias práticas: hai un tomo da
colección Austral en que esa peza está publicada, de
maneira que era unha peza de teatro exótico ao alcance
meu» (Blanco 1989: 260).
Relativamente ao drama político Os xefes, o ferrolán
considerábao moi representativo do seu pensamento sobre
o sentido da política, caracterizado pola ambiguidade:
Nesta obra, como sabedes, hai un final en que os xefes dos
dous bandos combatentes chegan à conclusón de que pre-
tenden o mesmo, e hai un pacto secreto entre eles que deter-
«Agás na faceta de historiador daliteratura, o mellor da obra carvalhianafoi producido na década de 1980 […].Mais nesa década prodixiosa non volveusobre o teatro, de forma que Os Xefesficou como a súa derradeira pezadramática» (Tato 2011: 212)
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 46
-
47
mina que sexa cal sexa o resultado da batalla decisiva que se
vai desenrolar, para os habitantes do país, as consecuéncias
a prazo médio serán idénticas. Por outra banda, quixen
tamén subliñar nesta peza como os xefes están tiranizados
por aquelas masas que eles governan, sen que isto impida
incluir no conxunto de dados da realidade que estes xefes
sexan tamén tiranos desas masas. (Fernán-Vello / Pillado
Mayor 1986: 111)
En 2002, João Guisan revelaba durante o Simposio
Ricardo Carvalho Calero. Memoria do Século que
Francisco Pillado lle dixera que o homenaxeado tivera en
mente nos últimos anos escribir unha outra obra dramáti-
ca, neste caso de contido político:
[…] comunicou-me que nessa época Carvalho o chamara
para tentar publicar uma obra de teatro que tinha em projec-
to e que nom escrevera polas escassas possibilidades edito-
riais que a sua condiçom de moço reintegracionista lhe ofere-
cia. A obra ia intitular-se A Conferência de Aquisgrano (ainda
que ele dizia Aquisgrán, como a forma vernácula do topónimo
em castelhano), e nela falariam grandes vultos da cena políti-
ca mundial, como Reagan e Margaret Thacher, o qual nos
pode fornecer uma orientaçom acerca da época concreta em
que podia ter-se produzido isto. (Guisan 2002: 222-223)
Sexa como for, non hai constancia da existencia deste
texto, polo que tal vez non chegou a se iniciar nunca a súa
escrita.
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 47
-
48
Sen dúbida, pode sorprender que Ricardo Carvalho
Calero escribise todos estes títulos dramáticos nun con-
texto en que resultaba moi complicada a súa publicación
e moito máis a posta en escena dos mesmos. Dúas foron
as razóns, segundo el propio desvendou:
[…] creio que pode explicar-se tendo en conta dous feitos:
en primeiro termo, que para min, como pra muitos outros
escritores, a literatura, a criazón literária, mais que comuni-
cazón co próximo, é comunicazón comigo mesmo. Trata-se
dun solilóquio en que o autor e o leitor son personaxes que o
mesmo actor interpreta. […] Pero ademais, o escritor galego
daquela época, formado como eu me formei, de nengunha
maneira dava por definitiva a situazón que entón reinava, de
xeito que tamén hai que considerar que alentava en nós a
esperanza doutro tempo futuro en que a literatura galega
recuperase a plenitude que xa iniciara con anterioridade à
guerra, e que superase incluso aquela situazón, de modo que
havia que imaxinar un tempo futuro en que existise un tea-
tro galego pleno con obras representadas –certamente, ese
futuro non se realizou ainda–, e havia que traballar con vis-
tas a el. (Fernán-Vello & Pillado Mayor 1986: 109-110)
En hipótese ningunha debemos considerar tampouco
que a produción dramática do intelectual ferrolán estive-
se destinada á lectura, pois Carvalho tivo sempre en
mente a súa posta en escena:
[…] eu endexamais escrevin teatro para ler. É dizer, que
as miñas pezas, sexan logradas, sexan fracasadas, están
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 48
-
49
escritas sempre co pensamento posto nun público que as ve
representar, aínda que algunhas non se representaron
nunca. Pero nunca fixen teatro para ler. (Fernán-Vello /
Pillado Mayor 1986: 111-112)
Aclaración publicadana prensa con motivoda representación daFarsa das zocas pologrupo Tiruleque noCarballiño [La Voz deGalicia 19-06-1987]
Neste sentido, Araceli Herrero (2002: 228) afirma que«don Ricardo era un filólogo e un poeta dramático cons-ciente de que o teatro é texto dramático e texto especta-cular, esa arte plurimedial que o teatro representadoimplica», ben como que nel confluían as figuras de dra-maturgo e dramaturxista. Así sendo, Herrero sitúaCarvalho Calero en posicións afastadas do logocentrismoe de calquera tentación de «terrorismo do texto» (Herrero2002: 228).
No que di respecto da sorte escénica das obras teatraisde Carvalho Calero, cómpre sinalarmos, antes de máis,que foi moi modesta, no xeral, até o extremo de o seuautor non ter visto representados varios dos seus títulos.
Nalgún caso foi el propio quen estreou a súa obra nuncontexto escolar –sucedeu coa Farsa das zocas (1960) e
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 49
-
50
con O redondel (1960). Outras veces, a composición res-pondía a unha proposta concreta de representación, final-mente frustrada. Segundo o testemuño do autor, isto foi oque ocorreu con A árbore, «escrita […] co fin de ser inme-diatamente representada; pero daquela o estreno non severificóu» (Carballo Calero 1971: 13). A obra tivo queagardar máis de dúas décadas, pois non foi escenificadaaté 1970, cando se estreou en Compostela a versión diri-xida por Rodolfo López Veiga co Grupo de Teatro doPadroado Rosalía de Castro.
Mesmo antes da publicación de Catro pezas (1971) xase realizaran lecturas dramatizadas dos títulos que viran aluz en Grial: a Agrupación O Facho fixo na Coruña a doAuto do prisioneiro en 1965, o mesmo ano en que Cantigase Agarimos o facía en Compostela con A árbore; este últi-mo colectivo tamén realizaría, en 1966, a lectura dramati-
Lectura dramática na agrupación compostelá Cantigas e Agarimos
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 50
-
51
zada da Farsa das zocas e o autor informa no prefacio
dunha lectura da obra en Pontevedra nunha data sen
determinar. A tal respecto, Araceli Herrero (2002: 230)
lembra que Carvalho gostaba especialmente deste tipo de
lecturas.
Porén, o conxunto da obra dramática de Ricardo
Carvalho Calero foi pouco representada –excepción feita
da Farsa das zocas, moi popular entre os grupos de teatro
escolares– e, cando subiu aos palcos, foi en moitos casos
da man de colectivos amadores. É o caso, por exemplo, da
estrea de Isabel por parte de Muxicas, a agrupación dra-
mática do Instituto de Elviña da Coruña que dirixía
Manuel G. Areoso (Lourenzo / Pillado Mayor 1987: 109).
Chama a atención que nun momento en que se estaba
a recuperar a actividade escénica en galego no interior do
país –desde finais da década de 60–, o teatro do ferrolán
non fose considerado para as postas en escena dos colec-
tivos que estaban a protagonizar ese momento refunda-
cional. Coa súa sagacidade habitual, Carvalho explicaba
as tendencias do teatro galego que subía ás táboas naque-
les anos:
O grupo teatral de Rodolfo Veiga fixo en Santiago unha
leitura escenificada da Farsa das zocas e estaba preparando
o estreno do Auto do prisioneiro cando se disolveu, porque
veu a etapa do teatro social reivindicativo e entón foron os
mesmos mozos os que organizaron as representacións e
durante certo tempo non se puido facer outra cousa que ata-
car a Franco, á burguesía ou ao capitalismo mediante o pro-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 51
-
52
cedimento teatral, e entón aquilo non chegou a realizarse.
(Blanco 1989: 271)
O dramaturgo non ignoraba o que se estaba a facer na
altura, mais as preferencias dos grupos de teatro indepen-
dente dificultaron a ligazón do ferrolán con este move-
mento. Carvalho non enxergaba a experimentación for-
mal dos colectivos e focaba o teor ideolóxico das súas
propostas:
A intensa politizaçom da literatura e o monopólio do tea-
tro de ensaio polos grupos juvenis, que concebem a repre-
sentaçom como um acto de agitaçom e propaganda, quase
elimina da cena nos últimos tempos toda obra que nom
reúna duas condiçons essenciais: que o seu contido seja con-
testatário e que a sua forma seja o bastante elemental para
nom suscitar dificuldades de comprensom no público. Vai
reinar um social-realismo, que exige um assunto em que se
planteie a opressom do povo polas classes dominantes, e
umha realizaçom técnica que nom exija ao ingénuo especta-
dor –pois fala-se de um teatro para o povo, quer dizer para a
nom-burguesia– nemgum esforço de assimilaçom que difi-
culte o didactismo da peça. (Carvalho Calero 2000: 109-110)
Un dato grandemente revelador é que nas oito edicións
da Mostra de Ribadavia (1973-1980) –polas que pasaron
unha cincuentena de grupos dramáticos que representa-
ron máis de cen títulos– unicamente dous espectáculos
estiveron baseados en títulos de Carvalho Calero, en con-
creto no seu Auto do prisioneiro: foran o Instituto Mixto de
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 52
-
53
Vilalba e o Grupo de Teatro da Agrupación O Facho os que
o representaran en 1974 e 1975 respectivamente. Ningún
outro título dramático carvalhiano alcanzou a seducir os
colectivos teatrais daquel momento.
Nos diferentes foros de debate celebrados en Ribadavia
discutíase cales debían ser os atributos que caracterizasen
o renacente teatro galego e a dupla condición popular e
realista –en oposición a «idealista, «un adxectivo moi odia-
do» (Lourenzo 2000)– foi reiteradamente sinalada polos
colectivos da altura. Desexábase prestar unha atención
especial á realidade social e cultural do país e as tenta-
cións elitistas –ou «escapistas»– non eran ben recibidas
nun teatro que quería dirixirse á maioría da cidadanía,
sen renunciar por iso á experimentación e ás novas ten-
dencias escénicas.
Así sendo, o texto representado polo Instituto de Vilalba
en 1974 «foi chatado de reaccionario» (Lourenzo / Pillado
Mayor 1979: 129). O propio Carvalho comentaría anos
máis tarde a incomprensión do seu Auto do prisioneiro, ao
que acusaban de falta de atención á realidade social do
momento:
Se trata dunha espécie de vitupério de tipo «Jomeinista»,
digamos. É dicer, fundado en motivos extraliterários. Pois
pode ser que sexa asi, porque efectivamente a obra non foi
escrita co obxectivo de facilitar en absoluto a revoluzón
social nen política en España nen en Galiza […]. Mas a
miña pluma non está hipotecada a nengun plan, que por
outra parte tampouco me foi comunicado, para que colabo-
rase nese sentido […]. Considero que se trata de unha
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 53
-
54
extrapolazón de ideoloxías políticas ao mundo da arte.
(Salinas 1991: 81)
A desconexión era evidente e esta foi unha das causas
que explican que Carvalho Calero non mantivese un con-
tacto real co movemento teatral dos anos setenta. O autor
foi coñecendo algunhas das propostas destes colectivos,
mais en ocasións a información veu por vía indirecta e
non por medio da asistencia a unhas representacións que
en moitos casos circulaban por espazos de exhibición
diferentes daqueles a que estaba afeito o dramaturgo. Eis
un exemplo do seu coñecemento non presencial do teatro
independente galego, tirado dunha carta a Fernández del
Riego na que fala das imaxes que deberían acompañar a
publicación en Grial do seu artigo «Sobre as fontes de Os
vellos non deben de namorarse» (1980).
No libro recentemente publicado por Edicións do Castro
firmado por Lourenzo e Pillado e titulado Teatro galego figu-
ra unha fotografía da realización desa escena polo Teatro
Circo en 1977, na que os retratos aparecen inscritos na esfe-
ra dun reloxe.
Se o deseño de Castelao ou unha mellor maqueta da esce-
na non foran habidos, a publicación desta fotografía do relo-
xe resolveria o problema de enfrontamento das dúas pezas
que é esencial para a ilustración do texto. (Carballo Calero
2006: 556)
A última obra dramática de Carvalho Calero –Os xefes,
escrita en 1980– non chegou a ser estreada. Con certeza,
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 54
-
55
o feito de os dous primeiros actos presentaren «forte
narrativización, estatismo e presenza do verbal monolóxi-
co» (Herrero 2002: 238), á maneira dos dramas estáticos
de Maurice Maeterlinck –que o ferrolán coñecía–, é un
dos motivos que acabaron por disuadir os colectivos tea-
trais galegos de a escolleren.
A sorte escénica dos títulos teatrais non mudou signifi-
cativamente tras o falecemento do seu autor en 1990. Nin
o Centro Dramático Galego nin as compañías profesionais
estrearon ningunha das obras carvalhianas e as represen-
tacións das mesmas adoitan estar restrinxidas ao ámbito
escolar e aos colectivos amadores. Tampouco se coñecen
estreas dos textos dramáticos de Carvalho Calero traduci-
dos para outras linguas.
A recepción desde o ámbito literario ten sido moi dife-
rente e analistas como Manuel Lourenzo e Francisco
Pillado (1979), Xosé Anxo Fernández Roca (1982), Aurora
Marco (1989, 1991), Araceli Herrero (1990, 1991, 1994,
2000, 2002), José-Martinho Montero Santalha (1993),
Ernesta Basanta (2000), Carmen Porrúa (2000), Henrique
Rabuñal (2000, 2019, 2020), João Guisan (2002), Carlos
Biscainho-Fernandes (2007, 2011), Manuel Castelao
(2010), Xohán Xabier Baldomir (2010), Laura Tato (2011),
María Carmen Suárez Rey (2011) ou Pilar García Negro
(2016) publicaron traballos sobre a produción dramática
de Ricardo Carvalho Calero.
Ademais, en 2000 a Biblioteca-Arquivo Teatral
“Francisco Pillado Mayor” recolleu no volume Escritos
sobre teatro –editado por Laura Tato– os artigos do ferro-
lán sobre algún aspecto da arte dramática, na súa dupla
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 55
-
56
dimensión literario-espectacular. Pola súa vez, Ediciós doCastro reeditou en 2008 o seu Teatro completo.
IV. A EXPERIENCIA ESCÉNICA NO COLEXIOFINGOI DE LUGO
Fundado en 1950, o Colexio Fingoi representou duran-te décadas «um pequeno paraíso docente, um oásis de for-maçom integral e liberdade didáctica, sonho dificilmentecrível em lugar tam tradicional e atrasado em matériaeducativa como Galiza» (Reimunde Norenha 1996: 342).Carvalho ía lembrar sempre con moito cariño o seu pasopor este centro, en que, segundo as súas propias palabras,se impartía un ensino de «carácter fondamente galeguis-ta, dentro do que os tempos permitían» (Blanco 1989: 43).
Ricardo Carvalho Calerocon Antonio FernándezLópez –fundador doColexio Fingoi– e o seuirmán Manuel [Arquivo doColexio Fingoi]
Os exercicios escénicos promovidos polo ferrolán noColexio Fingoi –como unha actividade formativa máisdo amplo programa de actividades incluídas regulamen-
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 56
-
57
te na programación deste centro mixto– representan un
caso absolutamente extraordinario nun período en que a
represión impedía a celebración dramática en lingua
galega –fóra das contadísimas excepcións en que os coros
populares representaban pezas onde a lingua e o pobo
galego adoitaban recibir un trato indigno.
Ricardo Carvalho Calerocon algunhas das
alumnas que dirixía nasrepresentacións do
Colexio Fingoi[Biblioteca-Arquivo
Teatral Francisco PilladoMayor da Universidade
da Coruña]
Inicialmente pensárase en desenvolver a capacidadecreativa do alumnado a través da improvisación, maislogo se optou por dramatizacións con soporte textual: «[…]como eu tiña un grande entusiasmo», comentaríaCarvalho, «e os nenos se prestaban admirablemente aolabor, fixemos muito máis do que podíamos pensar nosprimeiros momentos que era facedeiro» (Blanco 1989:272). Así, para alén de recitais –en que leron, entre outros,poemas de Rosalía de Castro ou algunha das Cousas deCastelao–, puxeron en escena textos dramáticos de moi
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 57
-
58
diversa procedencia, traducidos –cando foi preciso– polo
director e adaptados ás características dos seus intérpre-
tes e ao contexto en que se ían representar.
Recital poético celebradono marco da exposiciónCen anos de literaturagalega (1963), en queparticiparon estudantesdo Colexio Fingoi [ElProgreso 12-12-1963]
Araceli Herrero –quen participou como alumna nal -gunha das funcións de Fingoi– recolle entre o representa-do baixo a dirección de Ricardo Carvalho Calero: (i) enfrancés, unha peza de George Courteline; (ii) en español,pasos de Lope de Vega e Lope de Rueda, Lo que dicen lasabuelas en la modista. Juguete cómico de María Silgar–pseudónimo de María Ignacia Ramos–, El caballo deAlejandro de Maurice Baring, El zapatero de Herondas eEl peplo de Dolores Fernández; (iii) en latín, os sainetesPilulae e Porcus –teatro dos xesuítas–; (iv) un vilancico tri-lingüe galego-asturiano-castelán do século XVII, e (v), en
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 58
-
59
galego, a Ofrenda das fadas no Portal de Belén de Ramón
Cabanillas, Pimpinela –a partir do terceiro lance d’Os
vellos non deben de namorarse de Castelao–, fragmentos
d’A comedia da oliña de Plauto na versión de Aquilino
Iglesia Alvariño, poemas de Cantares gallegos de Rosalía,
ben como os textos de Carvalho Farsa das zocas –estrea-
da como obra anónima–, O redondel. Adaptación e versión
galega nun acto para teatro infantil e mais Kantán de
Seami Motokiyo –unha peza de teatro noh (Herrero 1994:
408-409).
Funcións da Aulularia de Plauto (arriba), O enfermo imaxinariode Molière e Kantán de Seami Motokiyo (abaixo) [Arquivo do Colexio Fingoi]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 59
-
60
A propia Herrero explica o que supuña para a normali-
zación do uso da lingua interpretar en galego personaxes
que vestían peplo, palio, toga ou quimono: «De certo, eu
nunca sentin mais “auténtica” a Edelmira de Cornido
falando galego en A farsa das zocas, do que a Rosei do noh
Kantán, de Seami Motokiyo, que tamén falaba galego»
(Herrero 1994: 402).
Para alén de estar a traballar na desactivación de pre-
xuízos, Carvalho empregaba os ensaios para ensinar foné-
tica e prosodia a un alumnado que maioritariamente non
empregara o galego até ese momento.
Temos, pois, ao profesor exercendo de dinamizador
teatral, de tradutor, de dramaturxista, de autor, de
director de escena…, até de apuntador –segundo lembra
a citada alumna. Axudábano outros profesores do cen-
tro: Ángel Johán encargábase normalmente da esceno-
grafía e Concepción Fernández Crespo preparaba os
cadros de baile que en ocasións se incluían nas repre-
sentacións.
Relativamente ás claves estéticas das funcións teatrais
do Colexio Fingoi, Carvalho Calero adoitaba recorrer ao
simbolismo:
[…] a cenografia, como a indumentária, era sumária, non
pretendendo sempre o realismo senón a simboloxia (Don
Ricardo falaria de «proceso metonímico»). Tamén se «actuali-
zaban» as pezas, e neste aspecto, recordo que os actores que
desempeñaban os papeis de Enrique VIII e Catarina Parr en
El caballo de Alejandro, de Maurice Baring, vestian de actua-
lidade». (Herrero 1994: 404)
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 60
-
61
Excepción feita dalgunhas saídas extraordinarias, asrepresentacións programábanse no Nadal e no final docurso e tiñan lugar na sala de estudo, no inverno, e no par-que, cando o tempo de comezos do verán o permitía.
O estanque servía de separación cos espectadores. Sobre
o estanque, unha ponte que os «actores» debían cruzar. […] e
ali, na herba, situaba-se a tribuna ou locutório do que falá-
mos, e que permitia as saídas e entradas das figuras e,
mesmo, era utilizado para, desde el, no alto, intervir, ben
como personaxe (unha figura de raisonneur, ou un parla-
mento a modo de teichoscópia), ou ben como coro, un coro
predominantemente «narrativo». (Herrero 1994: 405)
Funcións teatrais noparque do ColexioFingoi: Kantánde Seami Matokiyo(arriba) e O redoldelde Carvalho Calero(abaixo) [Biblioteca--Arquivo TeatralFrancisco PilladoMayor da Universidadeda Coruña / Arquivodo Colexio Fingoi]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 61
-
62
Segundo lembran diferentes testemuñas –incluído o
propio Carvalho Calero–, era habitual que a dramaturxia
dos espectáculos incluíse un arranque narrativo a modo
de prólogo e, nalgún caso, outras intervencións posterio-
res desta figura narradora allea á trama.
[…] é evidente o gosto de Carvalho polo incipit narrativo
no teatro […] muitos casos de encenacións levadas a cabo en
Fingoi incorporaban a presenza dun narrador, porén non
para aportar os antecentes aos cais o conflito dramático vai
buscar orixe, a información relevante difícil de incorporar no
discurso dramático, senón xa con fins máis didácticos, incisos
ou resumos de utilidade para aquel público escolar a quen se
facilitaba, así, a recepción.
Xosefina Baamonde Travesoencarnaba a narradora inicialda Farsa das zocas na súaestrea en 1960 no ColexioFingoi [Arquivo das irmásBaamonde Traveso]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 62
-
63
Por suposto, à parte deste considerar o índice de leitura-
bilidade, e suprir con información as dificuldades derivadas
dun previsto umbral que podia entorpecer a recepción, nes-
tas apresentacións e introducións ao texto espectacular que
costumaba incorporar o Teatro Fingoi, hai tamén muito do
gosto de Carvalho polo teatro «épico» (teatro que por sua vez
remete a formas que como o Noh me consta valoraba espe-
cialmente […]), e por ese potenciar a distanciación e a atitu-
de do espectador como mero observador, sen nengun tipo de
identificación asociativa ou catártica. (Herrero 2000: 245)
Así acontecía, por exemplo, na posta en escena dePimpinela no Instituto Masculino de Lugo –unha das pri-meiras representacións da obra dramática de Castelao nointerior do país. Anos despois o director lembraba as per-soas que participaran na función:
En «Pimpinela» tamén obtivemos un grande éxito, tanto
internamente como cando saímos fóra. María do Carmo
Herrero facía de Pimpinela; Araceli Herrero tamén traballa-
ba, era a voz do autor, a que enunciaba a lista de personaxes,
etcétera; e logo este rapaz, Acuña, era o vello, o señor Fuco;
o mozo era Manuel Fernández; os pais de Pimpinela eran
Marcos Fernández e unha rapaza chamada Carmen Canto,
que facía unha grande criación da súa personaxe; logo había
un coro de mulleres, a actual directora de Fingoi, Asunción
Fernández, filla do fundador, formaba parte dese coro.
(Blanco 1989: 273-274)
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 63
-
64
V. FARSA DAS ZOCAS
Como xa se sinalou anteriormente, Carvalho afirmaba
que esta peza en dous actos fora escrita en 1948, o mesmo
ano da redacción d’A árbore e A sombra de Orfeo: «Houbo,
pois, un ano, o ano 48, en que, na soedade da miña casa
de Esteiro, en Ferrol, aínda que cangado de traballo
urxente, como decote, tiven azos para argallar, unha tras
outra, as tres primeiras unidades desta serie» (Carballo
Calero 1971: 10).
Con todo, a correspondencia con Francisco Fernández
del Riego mostra que foi en 1950 –tal vez non por acaso, o
Representación de Pimpinela no Instituto Masculino de Lugo en 1965[El Progreso 15-05-1965]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 64
-
65
mesmo ano en que se fundou Galaxia– cando o ferrolán
deu forma á obra. Así, no mes de xullo comunicáballe ao
seu amigo o inicio do traballo: «Estos días he caído de
nuevo en la tentación de escribir, y he empezado a plane-
ar una obra de teatro que se titulará Farsa das zocas»
(Carballo Calero 2006: 130). Tres meses despois, acrecen-
taba: «Supoño que agora en moito tempo non escribiréi
nada. […] Non embargantes, rematarei a Farsa das zocas,
á que non lle resta senón a escea final» (Carballo Calero
2006: 133). O texto concluído sería enviado a Galaxia en
outubro de 1952 «aos efeitos censorios» (Carballo Calero
2006: 141) e aparecería no número inaugural da revista
Grial (1963).
A función escolar daFarsa das zocas en 1960
foi recollida por VidaGallega, que achegaba a
seguinte información:
«María de la GloriaBaamonde Traveso y
María del CarmenFernández y Fernández,
principales intérpretesfemeninas de la Farsa
das zocas, representadapor los alumnos del
Colegio Fingoy de Lugo(Foto de Quinteiro)»
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 65
-
66
Cando en 1966 comente o volume de Jenaro Marinhas
del Valle A revolta e outras farsas (1965), o ferrolán forne-
cerá información sobre a tipoloxía á que adscribe a Farsa
das zocas:
E os persoaxes dunha farsa, bonecos veñen sendo. Pero os
bonecos móvense como mecánicamente, son cousas que imi-
tan homes, e de aí o seu carácter antre real e irreal, que crea
a tensión en que se basea a especial comicidade do xénero.
(Carvalho Calero 2000: 71)
Na estrea do texto no Colexio Fingoi en 1960 –sen men-
ción do autor da mesma–, o Carvalho director recomen-
daba ao seu alumnado que interpretasen as personaxes da
peza en claves afastadas do realismo e máis próximas ao
teatro de bonecos:
Cando algunha vez dirixín a representación desta obra
aconsellei que as personaxes actuaran cunha certa rixidez
semellante á dos títeres, porque é unha farsa verdadeira-
mente, co seu inxenuo final de castigo, de puntapés, final
típico de muitos pasos e entremeses clásicos; é un teatro de
barraca, propio para ser interpretado ao ar libre, aínda que
admita tamén unha versión mui sofisticada. (Blanco 1989:
266-267)
A trama foi desenvolvida a partir dun relato que un
veciño de San Sadurniño contara a unha alumna de Fingoi
–Araceli Herrero (1994: 392) publicou as anotacións do
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 66
-
67
director do colexio–; Carvalho dramatizou e completou
unha historia que lle chegara incompleta.
O principio da demora en obter unha definitiva situación
no mundo do alén como consecuencia de ser enterrada
cunhas zocas que usara unha persoa que cometera un deli-
to, iso estaba no relato popular. De aí arrinquei, logo tiven
que criar personaxes e complicar a situación. As personaxes
son todas populares; incluso aquelas de condición social
relativamente elevada son xentes que viven na aldeia; todo
Momento darepresentación da
Farsa das zocasno parque do
Colexio Fingoi(1960) [Arquivo
das irmásBaamonde
Traveso]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 67
-
68
iso é mui real, pero aparece tamén a Santa Compaña, hai
elementos sobrenaturais da mitoloxía popular. De maneira
que é a máis galega nese sentido digamos folclórico, sen dar
á palabra folclórico nengún valor peiorativo, por suposto.
(Blanco 1989: 266)
Ora ben, o autor acautélanos contra a tentación de con-
siderar a Farsa das zocas como teatro popular –o «teatro
artesán» que facían Charlón e Hermida (Carvalho Calero
2000: 77)–, visto que introduce algún artificio «tan primiti-
vo que resulta tan moderno, e plausible sempre para o
espectador verdadeiramente inxenuo ou verdadeiramen-
te culto» (Carballo Calero 1971: 12-13).
Por exemplo, a apresentazón das personaxes por si mes-
mas é un tópico do teatro chino, e eu creio que algunhas lei-
turas que fixen de teatro chino me determinaron a empregar
este método teatral, este aspecto da técnica que lle dá unha
lixeireza, unha ironia, unha falsa inxenuidade à obra, que
non deixa a menor dúvida, no ánimo de calquer espectador
avisado, de que non intenta reproduzir realisticamente anéc-
dotas da vida rural, senón que as estiliza, procurando un efei-
to artístico que, por esa mesma razón, achega a peza ao tea-
tro primitivo de todas as literaturas; se ben agora se trata
unha inxenuidade procurada, dunha inxenuidade consciente
e non da inxenuidade inxénua própria do auténtico teatro
primitivo. (Fernán-Vello / Pillado Mayor 1986: 110-111)
Esta ruptura do pacto ficcional non se dá apenas nas
presentacións que as personaxes fan de si propias –«Miñas
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 68
-
69
señoras e meus señores: boas noites. Son Edelmira de
Cornido. Saúdo a toda esta familia. Que esteñan ben»– ou
para explicar a súa saída do palco –«O meu pito rematóu.
Voume deitar. Boas noites, miñas donas; boas noites, meus
señores», anuncia Delfino–, xa que nos diálogos tamén se
fai referencia a estas comunicacións coa platea.
O NOTÁRIO
Grácias a Deus que te lembras de min. Crin que non
rematabas hoje de falar con eses señores. E logo,
¿viñeches a falar comigo ou a falar co púbrico?
Tamén algúns mecanismos humorísticos están en rela-
ción con esta tendencia, como cando a longa ladaíña de
dor que Edelmira repite constantemente –«¡Ai, as miñas
María Gloria BaamondeTraveso caracterizada
como Edelmira de Cornido[Arquivo das irmás
Baamonde Traveso]
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 69
-
70
illargas! ¡Ai, os meus cadris! ¡Ai, os meus rens! ¡Ai, o meu
lombo!»– é simplificada na terceira escena do primeiro
primeiro acto nun lacónico «¡Ai, as miñas illargas, ecetra,
ecetra!» ou «¡Ai, os meus rens; ai, o demais!».
Outro elemento que quebra a ficción é a aparición final
do apuntador, que sae da cuncha e proclama: «Remata
eiquí a farsa das zocas». E aínda podemos considerar
tamén o feito de a última escena estar escrita en eneasíla-
bos consonantes –aínda que transcrita sen delimitación
dos versos–, rompendo así os mandatos máis estritos do
realismo costumista.
XOCAS
Ben adeprendidos ficades. Ollade que non o esqueza-
des. ¡Sete anos de andar polo mundo! ¡probe espritiño
vagabundo! Dá-te, Breixo, por ben contento, que non
desfago o testamento. Doada peniténcia habedes: do
seu manjades e bebedes. Chega-se a hora de cear: pri-
meira noite pra a chamar. A miña casa por min chama:
o meu jantar e a miña cama.
Todos estes recursos propician un distanciamento pró-
ximo do postulado por Bertolt Brecht a que Carvalho
Calero tería chegado a través das tradicións dramáticas de
Extremo Oriente. Neste sentido, o dramaturgo ferrolán
está a seguir a esteira do seu admirado Otero Pedrayo
como «escritor culto europeo que escribe desde o occi-
dente galaico» (Blanco 2000: 108). Faise evidente así a
filiación da Farsa das zocas co vector que representaron
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 70
-
71
Castelao e Otero no que di respecto da procura da moder-
nización do teatro galego.
A farsa das zocas, peza en dous actos, encaixaría perfec-
tamente no Teatro de Caretas con que Castelao proxectaba
renovar a escena durante a II República, e para o cal Otero
Pedrayo redactou os textos que conforman o volume Teatro
de Máscaras, pois coincide con eles na mestura de elementos
populares con elementos cultos, no expresionismo e na esti-
lización da materia dramática. (Tato 2011: 206)
Certamente, a crítica académica ten destacado os para-
lelismos desta peza de Carvalho Calero co título dramáti-
co de Castelao e o propio autor afirmou neste sentido:
[…] así como en Os vellos non deven de namorar-se influiu
poderosamente o que Castelao en Paris en 1921 coñeceu do
Teatro do Morcego, dirixido por Nikita Balief, na miña obra a
estilizazón tamén recolle elementos literários que se toman
aínda de mais alongadas fontes. (Fernán-Vello / Pillado
Mayor 1986: 110)
A pesar diso, non debemos considerar que Os vellos…
servise de referente directo a Carvalho para a escrita da
Farsa das zocas. Como lembra João Guisan (2002: 215), o
director do Colexio Fingoi concibiu a súa peza antes da
publicación da de Castelao, aínda que os ecos de
Pimpinela –a peza da que derivaría o terceiro lance– e a
súa lectura compostelá en abril de 1934 puideron chegar
aos ouvidos do ferrolán –a través, por exemplo, de
ESTUDO 2020_CARBALLO CALERO_xunto_ESTUDO.qxd 12/05/20 18:24 Página 71
-
72
Francisco Fernández del Riego, presidente da Federación
das Mocidades Galeguistas con quen o rianxeiro preten-
dera dar a coñecer o Teatro de Caretas que ía renovar a
escena galega (Tato 2019). O modelo, por conseguinte,
deberon ser as ideas que alicerzaban o proxecto teatral de
Castelao e non tanto a súa obra dramática. Mais as care-
tas non foron consideradas por Carvalho Calero.
Canto á lingua empregada na farsa, conxúganse a pro-
cura de naturalidade mediante o uso de fórmulas propias
da lingua popular cun importante esforzo de estilización e
literaturización, segundo ten analizado Aurora Marco
(1989). Por palabras do propio Carvalho, «hai nela unha
estilización que a diferencia claramente do teatro rural
decimonónico» (Fernán-Vello / Pillado Mayor 1986: 110).
Para concluírmos este percurso pola obra teatral de
Carvalho centrado na Farsa das zocas, achegamos algu-
nha información sobre a recepción e a sorte escénica
deste título dramático. Como comentaba o propio autor,
«A Farsa das zocas é a máis representada das miñas
pezas» (Blanco 1989: 275), mais sempre da man de grupos
escolares ou colectivos amadores.
A estrea, como ficou dito, tivo lu