febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36...

32
A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas para os lucenses A residencia e centro de día de Pol, á espera do Permiso de Inicio de Acvidade Residencia de maiores e centro de día en Mosteiro (Pol). febreiro 2017 nº 158 A primeira convocatoria pecha o prazo de solicitude o 31 de marzo e a segunda, o 31 de maio. P. 15 Fernando Soto- Camino: “O GDR 2 apoia proxectos con 563.000 euros neste 2017” O programa de educación familiar do Concello apoia 27 menores É un dos programas que desenvolven os Servizos Sociais municipais co obxectivo de lograr a inclusión social destes menores de 14 familias a través do apoio e o seu seguimento escolar; así coma do adestramento e modelaxe en habilidades parentais. En tódolos casos, o seguimento é individualizado atendendo á problemática de cada caso. P.3 castro de rei Ata 18 establecementos hostaleiros servirán as súas propostas do 9 ao 19 de marzo. O público entrará no sorteo de premios segundo as tapas consumidas; ademais de colabora con Xermolos para o arranxo da casa natal de Díaz Castro. P. 5 Guitiriz celebra o seu quinto Concurso de Tapas Unha das festas imprescin- dibles para os veciños e ve- ciñas de Ansemar, Goberno e Balmonte é o Antroido. Cada ano elaboran un “An- troido” ao que nun xuízo que se celebra no Campo do Carril condenan á fo- gueira acusado nu sermón en forma de estrofas de causar tódolos problemas do municipio, da comarca e mesmo do mundo enteiro. Como di a tradición, os fa- releiros serán os encarga- dos de poñer orde na festa que contará o martes 28 de febreiro con animación musical, petiscos gratuí- tos para as persoas asis- tentes e o sorteo de cestas de Antroido. O Concello de Castro de Rei, pola súa banda, ta- mén organiza festas infan- tís o sábado 25 en Castro de Rei e o luns 27 en Cas- tro Ribeiras de Lea. P. 9 A Deputación ten solicita- do á Xunta convenios de colaboración para ofrecer prazas “con prezos ao acce- so dos maiores lucenses”; pero a única vía ofertada é a de que “SUPLUSA con- corra con empresas priva- das para a concertación de prazas”. P. 21 As de Guitiriz e Meira, aín- da pendentes de permisos autonómicos. vilalba O Antroido máis antigo, o de Val de Francos

Transcript of febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36...

Page 1: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día.

A Deputación defende residencias públicas para os lucensesA residencia e centro de día de Pol, á espera do Permiso de Inicio de Actividade

Residencia de maiores e centro de día en Mosteiro (Pol).

febreiro 2017nº 158

A primeira convocatoria pecha o prazo de solicitude o 31 de marzo e a segunda, o 31 de maio. P. 15

Fernando Soto-Camino: “O GDR 2 apoia proxectos con 563.000 euros neste 2017”

O programa de educación familiar do Concello apoia 27 menoresÉ un dos programas que desenvolven os Servizos Sociais municipais co obxectivo de lograr a inclusión social destes menores de 14 familias a través do apoio e o seu seguimento escolar; así coma do adestramento e modelaxe en habilidades parentais. En tódolos casos, o seguimento é individualizado atendendo á problemática de cada caso. P.3

castro de rei

Ata 18 establecementos hostaleiros servirán as súas propostas do 9 ao 19 de marzo. O público entrará no sorteo de premios segundo as tapas consumidas; ademais de colabora con Xermolos para o arranxo da casa natal de Díaz Castro. P. 5

Guitiriz celebra o seu quinto Concurso de Tapas

Unha das festas imprescin-dibles para os veciños e ve-ciñas de Ansemar, Goberno e Balmonte é o Antroido. Cada ano elaboran un “An-troido” ao que nun xuízo que se celebra no Campo do Carril condenan á fo-gueira acusado nu sermón en forma de estrofas de causar tódolos problemas do municipio, da comarca e mesmo do mundo enteiro.Como di a tradición, os fa-

releiros serán os encarga-dos de poñer orde na festa que contará o martes 28 de febreiro con animación musical, petiscos gratuí-tos para as persoas asis-tentes e o sorteo de cestas de Antroido.O Concello de Castro de Rei, pola súa banda, ta-mén organiza festas infan-tís o sábado 25 en Castro de Rei e o luns 27 en Cas-tro Ribeiras de Lea. P. 9

A Deputación ten solicita-do á Xunta convenios de colaboración para ofrecer prazas “con prezos ao acce-so dos maiores lucenses”; pero a única vía ofertada é a de que “SUPLUSA con-corra con empresas priva-das para a concertación de prazas”. P. 21

As de Guitiriz e Meira, aín-da pendentes de permisos autonómicos.

vilalba

O Antroido máis antigo, o de Val de Francos

Page 2: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

2 febreiro 2017 actualidade

NOVAS DA CHAIRA

O Espazo Xove de Vilalba acolle no 2017 actividades do programa ‘Enredos’

vilalba

Comeza a etapa de competición para a Escola de Movemento de Vilalba. E a primeira cita foi o clasi-ficatorio para o Mundial de Danza en Burgos, organizado pola World Cup, que este ano se celebrará en Alemaña entre finais de xuño e co-mezos de xullo.O equipo de 36 alumnos e alum-nas dividíase en varios grupos que lograban colocarse entre as dez primeiras posicións das súas categorías. Foi na modalidade de “Acro Dance” na que sete rapazas

de entre 7 e 9 anos achegaban o espectáculo “Moana” onde logra-ban o ouro.Tamén na modalidade de “National Dance” con “Espantallo” que defen-deron once rapazas de entre 8 e 20 na categoría sénior lograban unha meritoria cuarta posición “que gus-tou moito, pero competía con pro-postas de moitísimo nivel”.Ata doce nenos e nenas de entre 2 e 6 anos (categoría Mini) partici-paron, seis deles a modo de cola-boración, na modalidade “Modern/

Contemporary Dance” con “Afrika”. Na mesma categoría e modalida-de un grupo de seis bailaríns de 8 anos defenderon “Kalinka”. Xa na categoría “Children” e modalida-de “Modern/contemporary” cinco rapazas de 10 e 12 anos bailaron “Lela”; mentres que Carla Mosteiro, individualmente, presentaba “Fly”.E na modalidade de “Jazz/show-dance” foron 14 rapazas de entre 8 e 19 anos as que defendan “The 60’s” tamén na categoría sénior.

A Dirección Xeral de Xuventude, Partici-pación e Voluntariado, a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil e da rede de Espazos Xoves pon en marcha un novo programa, chamado “Enredos” dirixido a estes mozos e mozas bus-cando consolidar o seu protagonismo en ámbitos como o do asociacionismo, o do voluntariado ou o de emprende-mento.Cos obxectivos de consolidar os espazos xoves como lugares de referencia para o tecido asociativo xuvenil e as entidades de acción voluntaria, impulsar como polos de innovación social e captación de talento xove e dinamizar os espazos como foros de participación e empode-ramento xuvenil; o Programa “Enredos” executará, ao longo de todo o ano 2017, un programa regular de actividades no Espazo Xove de Vilalba do mesmo xeito

que no resto de centro de toda Galicia.Trala xornada de “difusión de recursos e servizos para a Mocidade galega” que se desenvolvía en xaneiro e a de “Participa-ción Xuvenil e Asociacionismo” o 10 des-te mes de febreiro; as datas nas que se desenvolverán as áreas de actuación ao longo do 2017 son: o 10 de marzo, “Ase-soramento para a participación en pro-gramas xuvenís”; o 7 de abril “Creación de espazos de networking”; o 5 de maio, “Liderazgo e traballo en equipo”; o 2 de xuño, “Actividades de lecer saudable”; o 8 de setembro, “ Habilidades sociais e re-solución de conflictos”; o 6 de outubro, “O voluntariado como ferramenta para o desenvolvemento persoal”; o 3 de no-vembro, “ Coñecendo novos horizontes: programas de mobilidade europea” e o 1 de decembro, “Descubre o teu espíritu creativo”.

Equipo da Escola de Movemento de Vilalba para a World Cup 2017.

Despois de coñecer que estarán nesta nova edición, o 28 e 29 de abril, Iván Ferreiro, <<Rinôçérôse>>, Sidonie, Sexy Zebras e Amatria, incorpóranse ao cartel Love Of Lesbian, Varry Brava e David Van Bylen Dj para celebrar o décimo aniversario do FIV de Vilalba. Love Of Lesbian chegan co seu últi-mo álbum “El Poeta Halley” dispostos a que o público baile, salte e cante. Un ‘Safari Emocional’ é o que propo-ñen Varry Brava para subir e baixar por unha montaña rusa de baile con tinguiduras dos 80 actualizado. Can-cións bailables, vibrantes e conmove-doras para deleitar ao público cunha infinidade de emocións. Aínda que David Van Bylen, é máis coñecido por ser o cantante de Este-reotypo, a súa faceta de DJ dá boa en distintas salas. Encargado de realizar sesións cunha gran amplitude de es-tilos, pero baixo o paraugüas do baile, ofrecerá un fin de festa inigualable .

AbonosOs abonos, que se poden conseguir a través de www.fivdevilalba.com ou www.ticketea.com, pasan a costar 22 euros máis gastos ata o 9 de marzo ou esgotar existencias.

Love Of Lesbian, Varry Brava e David Van Bylen Dj súmanse ao FIV 2017

O IES Basanta Silva de Vilalba ce-lebrará entre o 10 de febreiro e o 10 de marzo un ciclo de charlas e debates dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato baixo a denominación “Hai futuro?”.“O obxectivo das mesmas é achegarlles aos rapaces as vi-sións que as distintas forzas políticas teñen da actual situa-ción económico - social e das alternativas que plantexan, en especial para os mozos e mo-zas, co obxectivo de saír da ac-tual situación de crise e falta de perspectivas”, segundo explica o vicedirector, Carlos Gómez Osa.Membros dos distintos grupos políticos con representación no Parlamento Galego participarán nestas charlas abertas á cidada-nía tras aceptar a invitación do centro.Así, o venres 10 de febreiro a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, abría o ciclo de char-las nunha sesión moderada por Eva López Barro, de 1º de Ba-charelato. O luns 13 de febreiro foi a quenda do deputado por Lugo e portavoz de Educación

do PSdeG-PSOE no Parlamen-to galego, Luís Álvarez. Nesta ocasión, actuaba como presen-tadora e moderadora Uxía Gato

Díaz, de 4º da ESO. A quenda do portavoz do PP no Parlamento galego, Pedro Puy, será o xoves 9 de marzo baixo a moderación de Sergio López Ramudo, de 4º

da ESO. Todas estas charlas se desenvolverán a partir das doce menos cuarto da mañá; mentres que o deputado por Lugo e por-

tavoz de En Marea no Parlamen-to galego, Luís Villares, pechará o ciclo de debates o venres 10 de marzo a partir das nove e media da mañá.

Debates políticos no Basanta Silva sobre o futuro do alumnado

A voceira do BNG, Ana Pontón, abría o ciclo de debates.

Vilalba procura a clasificación para o Mundial de Danza

A Escola

de

Movemento

de Vilalba

viaxaba

con 36

alumnos e

alumnas.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulle-res, como en anos anteriores, o Centro de Información ás Mu-lleres do Concello de Vilalba organiza diversas actividades dirixidas a distintos colectivos.Por unha banda continúa co traballo conxunto cos centros educativos para concienciar aos máis novos sobre valores edu-cativos en igualdade con obra-doiros, documentais e conta contos en todas as etapas edu-cativas. E por outra banda, dirixido ao público xeral, pon en marcha este ano a I Andaina pola Igual-dade o vindeiro 12 de marzo á unha menos cuarto do medio-día con saída dende a Praza da Constitución.A concelleira de Servizos So-ciais, Flor Rey, convida “a veci-ños e veciñas de Vilalba a par-ticipar nesta actividades lúdico – deportiva” co obxectivo de “visibilizar e por en marcha acti-vidades e espazos comúns para toda a veciñanza”.O percorrido será accesible para todas as idades.

Vilalba estrea a Andaina pola Igualdade

Page 3: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

3febreiro 2017actualidade

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba organiza o “Antroi-do de cine nos bares de Vilalba” que se desenvolverá en 16 locais de hos-talería entre o sábado 25 e o martes 28 de febreiro. A Lareira, As Cepas, Bar Centro, La Casa del Lobo, Pafe, Vintage Albora-da, O Porrás, Centro Cultural, Lem-branzas, Mesón do Campo, Mesón O Carballo, Revolta, Xalundes, Parador

de Vilalba, Pub Zero e Punto K son os establecementos que decorarán os seus locais e se disfrazarán seguindo a temática de películas de cine.Tamén se realizará o sorteo dunha cesta con productos típicos do Antroi-do entre os clientes que se acheguen aos locales colaboradores e selen as tarxetas. Disporán de cinco ocos dos que será suficiente ter selados dous para entrar no sorteo.

Antroido de cine nos bares de Vilalba

O Concello de Vilalba, a través do departamento de Servizos Sociais, desenvolve un programa de educa-ción e apoio familiar subvencionado pola Consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.Co obxectivo de lograr a inclusión social dos menores principalmente a través da promoción da adquisición, por parte das familias, de compe-tencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas; o programa divídese noutros dous diferenciados e complementarios ao programa de

inclusión social da oficina comarcal de Begonte. Por unha banda, o de apoio e seguimento escolar dos me-nores e, por outro, o de adestramento e modelaxe en habilidades parentais. O obxectivo principal do primeiro é o da escolarización de todos os menores dende os 3 anos -xa que a escolarización en infantil permite ob-ter mellores resultados posteriores, mitigando incluso a influencia dun entorno socioeconómico desfavora-ble- ata a obtención do Graduado en Educación Secundaria, como míni-mo, motivando aos mozos e mozas a continuar a súa formación.E, para alcanzar este obxectivo, o ser-vizo de Educación Familiar -á fronte

do que se atopa no Concello de Vilal-ba Ana Blanco- procura a implicación dos pais e nais nas tarefas escolares dos seus fillos e fillas, “sobre todo dos pais, xa que é unha labor asumida tradicionalmente polas nais”, segun-do explica a edil de Servizos Sociais, Flor Rey. Na mesma liña, búscase un seguimento das pautas indicadas polo profesorado dos centros edu-cativos respecto aos fillos e fillas; a promoción dun cambio de actitudes potenciando as relacións das familias cos colexios e a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e fillas, sobre todo dos pais; e tamén a promoción entre os pais e nais de

pautas para motivar aos seus fillos e fillas a acadar un título académico acorde aos seus intereses e motiva-cións, sen distinción de apoio segun-do o seu xénero. Á marxe das súas fa-milias, o programa traballa cos e coas menores “na adquisición de hábitos e técnicas de estudio que permitan ao alumnado aumentar o seu ren-demento académico ata chegar ao apoio escolar nos casos que se esti-me necesario e mesmo ata conseguir a reincorporación daqueles menores que abandonaron o sistema edu-cativo sen acadar un título escolar, proporcionándolles asesoramento e orientación para a súa formación, motivándolles a elixir segundo os

seus intereses, non segundo as profe-sións tradicionalmente consideradas dun ou outro xénero”.No caso do programa de adestra-mento e modelaxe en habilidades parentais “o obxectivo principal é a promoción da adquisición por parte das familias, de competencias e habi-lidades para o correcto desenvolve-mento das súas funcións parentais e educativas, implicando especialmen-te aos pais na educación dos seus fillos e fillas, xa que esta tarefa é con-siderada tradicionalmente responsa-bilidade das nais”.Ana Blanco apunta que se trata de que os proxenitores “coñezan as ca-racterísticas evolutivas dos ou das menores ao seu cargo, comprendan a importancia da escoita activa e da comunicación empática na relación cos seus fillos e fillas en relación á súa influencia no control dos impul-sos e que coñezan a importancia de satisfacer as necesidades afectivas, educativas e materiais dos seus fillos e fillas”. Igualmente, tamén supón o uso de estratexias de resolución de problemas e negociación e da dis-ciplina para fomentar a autorregu-lación do comportamento nos seus fillos e fillas sobre os límites constru-tivos, normas e consecuencias. “Todo, aplicando sempre as mesmas normas e disciplina sen ter en consideración o xénero dos e das menores”, apunta a Educadora Familiar.Actualmente son 27 menores e 14 familias as que contan con este tipo de intervencións, maioritariamente no domicilio das familias, que supón o acompañamento individualizado para dar resposta ás problemáticas específicas que presenta cada familia en particular.O servizo é posible grazas á coordi-nación entre a Educadora Familiar e os centros educativos que manteñen reunións periódicas cos responsables da oficina comarcal de inclusión so-cial de Begonte e os propios pais e nais dos e das menores. Así, a maioría das familias participantes son deri-vadas polos centros educativos ou polas traballadoras e traballadores sociais do concello de Vilalba.

Educación e apoio familiar en Vilalba para 14 familias e 27 menores

Amador Guerra, Agustín Baamonde e Flor Rey na Casa do Concello.

Eduardo Baamonde Noche, pregoeiro de San Ramón e Santa María 2017

Eduardo Baamonde Noche será o pre-goeiro das festas patronais de San Ra-món e Santa María 2017.O enxeñeiro agrónomo vilalbés é o ac-tual presidente de Cajamar Caja Rural despois de abandonar o cargo como director xeral de cooperativas agro-alimentarias de España despois de 15 anos. Previamente, exercera como di-rector da oficina da Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Es-paña en Bruselas dende onde defendía os intereses do sector antes as institu-cións comunitarias.

O rexedor local, Agustín Baamonde, considera que a elección, a cargo do edil de Cultura, José Antonio Pita, con-tinúa “na liña” de grandes persoeiros vencellados a Vilalba que foron xa pregoeiros das festas patronais “como demostra o seu currículo vencellado, tamén, a un sector tan importante para un concello coma o de Vilalba”.A pesar de que se considera tamén mantedor do XLIII Certame Literario de Vilalba, “é certo que nos últimos anos actúa como pregoeiro das festas”.

Eduardo Baamonde Noche.

Aberta a inscrición para o desfile de Entroido en VilalbaO Concello de Vilalba abre o prazo de inscrición no concurso de Entroi-do do desfile de murgas e compar-sas que se celebrará o martes 28 de febreiro polas rúas da vila a partir das cinco e media da tarde ameni-zado coas charangas de Vilalba, Cha-ranga DGT de Betanzos e o espectá-culo Imperium Road Show.A entrega de premios realizarase no templete da Praza da Constitución. E, no caso de condicións meteoroló-xicas adversas, os actos celebraranse na carpa institucional.O prazo de inscrición remata o ven-res 24 de febreiro. A formalización

das inscricións pode materializarse na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de nove a dúas, ou ben a través do formulario da páxina web do concello: www.vilalba.org.Haberá premios para os mellores disfraces individuais, en parellas e comparsas tanto na categoría infan-til -ata os 14 anos- coma de adultos.Os premios ascenden a 60, 40 e 20; 100, 60 e 30; 250, 150 e 120 euros na categoría infantil e xuvenil e 100, 50 e 30; 180, 80 e 40; e 600, 400, 300 e 150 euros; para os adultos, respec-tivamente.Ademais entregaranse accésits para

as comparsas que non acaden pre-mio e outorgaranse premios espe-ciais pola “mellor posta en escena” e “máis humor”. Neste caso as cantida-des económicas que se entregarán serán 100 euros.

Enterro da SardiñaO mércores 1 de marzo terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás oito e media do serán na Praza da Constitución, organizado pola Esco-la Municipal de Teatro de Vilalba e co acompañamento musical do Grupo Mato Vizoso.

O Concello de Vilalba inviste 11.000 euros na programación cultural que ofrecerá o auditorio municipal nos vin-deiros meses. Ópera, teatro e humor para marzo, abril e maio. En marzo recala en Vilalba a ópera en tres actos de Puccini, Madama Butter-fly, subtitulada en castelán, no audito-rio municipal o luns 6 de marzo a partir das oito e media do serán. As entradas poderanse adquirir na billeteira por un prezo de 15 euros. Tamén se poden adquirir de xeito anticipado na Casa da Cultura por 12 euros. O prezo da entra-da para menores de 12 é de 6 euros.Para pechar marzo, o venres 31, Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola e David Amor presentarán a comedia teatral

“Amigos ata a morte”. Será a partir das oito e media do serán tamén no audi-torio municipal. Abril será o mes do humor coa cele-bración da segunda edición do Fes-tival do Humor que este ano contará con Miguel Lago o venres 7 de abril e con Manquiña e Zahera o venres 21 do mesmo mes a partir das nove do serán en ambos casos tamén no auditorio municipal.Xa para o mes de maio, concretamen-te para o sábado 6, está programado o espectáculo de Rafael Álvarez, “El Bru-jo”, que representará a partir das oito e media do serán “El lazarillo de Tormes”.As entradas para as últimas propostas culturais aínda non están á venda.

Humor, teatro e ópera no auditorio municipal ata maio

Page 4: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

4 febreiro 2017 actualidade

guitiriz

Ata 18 establecementos hostaleiros guitiricense participarán na quinta edición do Concurso de Tapas ‘Que bo estás Guitiriz’.Produtos da terra, pescados, maris-cos e sorpresas conforman os prin-cipais ingredientes das propostas gastronómicas que se poderán de-gustar entre o venres 9 e o domingo 19 de marzo en horario de oito do serán a once da noite tódolos días e tamén entre a unha e as tres e me-dia do mediodía as fins de semana por un prezo de 2 euros. No caso de acompañar a tapa co viño colabora-dor: o mencía da DOP Ribeira Sacra, Casa Moreira, o custe será de 3,50 euros.Os establecementos participantes nesta edición son Gaibor, A Capela, D’Mónica, O Korreo, Xoldra, Centro, Soa, La Casilla, Titanic, Zeus e Nim-bos -en Guitiriz-, A Roda, CIT, Comba e Recreo -en Parga-, Merendero e Casa Guinea -nos Vilares- e San Juan -en Pardiñas-. En todos eles se ins-talarán huchas para recoller as doa-zóns á Asociación Cultural Xermolos para a rehabilitación da casa natal de Díaz Castro. Algúns deles, tamén achegarán a esta causa solidaria as propinas destes días.Con todo, 5 céntimos de cada tapa -arredor dunhas 22.000 servidas nas pasadas edicións- será destinado a este mesmo fin segundo acordaron os membros da asociación de hosta-leiros que preside Jordi Blengua con Mónica, Chito, Andrés, Pedro, Lola e Yolanda na directiva.Pero os clientes participiantes ta-mén se verán beneficiados, non só por degustar as propostas dos bares locais, senón tamén polo sorteo de premios. Ao primeiro premio -dota-do con 300 euros- optarán aquelas persoas coa totalidade dos esta-

blecementos selados, ao segundo -dotado con 200- as que conten con máis de 14 selos, ao terceiro -dotado con 100 euros- aquelas cun mínimo de 10 selos e aos catro cuartos pre-mios -dotados con 50 euros- as per-soas cun mínimo de seis selos. “Os cuartos premios son unha nova

proposta dirixida ás persoas que se acheguen a Guitiriz unha única xor-nada. Tamén queremos ofrecerlles a posibilidade de facerse cun premio”, segundo apunta o presidente da asociación De Bares.Igualmente, explica que os premios non son excluíntes, senón “en casca-da”. É dicir, as persoas coa totalidade dos establecementos cubertos en-trarán no sorteo do primeiro premio, pero senón resultaran premiadas tamén no do segundo e así sucesi-vamente”. En tódolos casos deberán contar cun mínimo dun local de fóra do casco urbano. Todos eles reci-birán tamén unha botella de viño magnum Casa Moreira.

Cartel Rebeca Pena é a gañadora do III concurso de deseño do cartel para este certame de tapas en Guitiriz. O seu premio é de 120 euros en metálico; pero tamén ten opción de degustar de xeito gratuíto a totalidade das tapas do concurso xunto a unha persoa acompañante.

O “V Que bo estás Guitiriz” amplía os seus premios

Jordi Blengua, presidente da Asociación de Hostaleiros de Guitiriz.

A noite do luns 27 de febrei-ro é a noite de Entroido e os bares de Guitiriz celébrano co sorteo de agasallos entre os participantes nun con-curso de disfraces organiza-do polos propios establece-mentos.O domingo 26 tamén haberá festas de Entroido en diver-sos puntos do municipio or-ganizadas polas asociacións veciñais coma as de Pedrafi-ta ou Os Vilares.

... e polo Entroido

A Casa de Díaz Castro esperta a xenerosidade dos creadores

Anxo Lamas motiva aínda máis a Xermolos para seguir adiante na súa teima de restaurar a Casa de Díaz Castro. Este creador- pintor, escultor, poe-ta…- traballa con táboas vellas que foron antes portas, poxigos, trabes, cubertas de moitas casas ou pedras e canterías ata convertelas en sopor-tes para gravar poemas e prosas de mulleres e homes da Chaira.Agora forman parte desta colleita de obras de arte que son un reflexo do que quere acadar Xermolos coa recuperación da Casa de Díaz Castro e aprendeu de Anxo a descubrir a alma e a memoria destes materiais que conformaron tantos fogares coma o do poeta.

A exposición achegarase a varias co-marcas, comezando por Lugo, con-taxiando o aprezo polas nosas raíces e a teima para que non desaparezan.

A biblioteca de Bernardo García CendánXermolos recibía no mesmo acto a Biblioteca de Bernardo García Cen-dán das mans das súas irmás e so-briños. Por agora foi depositada na sala de lectura e consulta da Casa das Palabras, pero pasará a formar parte da Casa de Díaz Castro; xa que “a afección pola lectura será outro dos destinos da Casa de Díaz Castro”, segundo defende Alfonso Blanco.

Anxo Lamas e a familia de Bernardo García Cendán aumentan os bens para a Casa de Díaz Castro.

Page 5: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

5febreiro 2017actualidade

O Concello de Guitiriz conmemora o nacemento de Rosalía e o “mes da muller” Concepción Arenal abre o ciclo de conferencias de marzo que tamén homenaxea a mulleres guitiricenses

Se o Concello de Guitiriz celebraba o ano pasado o Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro cun recital poético de Cantares Gallegos na Casa Habanera para dar comezo ás actividades do mes de marzo en

torno á muller; este ano volverá re-petirse unha programación similar.A propia Rosalía era o centro das actividades da pasada edición do “Marzo: mes da muller” en Guitiriz, pero desta volta pasaralle o prota-

gonismo a Concepción Arenal tra-la lectura pública de Follas Novas nun acto que se celebrará a partir das cinco da tarde do venres 24 de febreiro na Casa Habanera conme-morando os 180 anos do nacemen-to da escritora. Ademais da lectura dunha reseña sobre a súa vida e a audición dalgunha peza musical de poemas da autora versionados por Amancio Prada; realizarase unha cadea humana dende a Escola Ha-banera ata o Concello onde se de-positará unha solicitude para que o Pleno da Corporación aprobe na vindeira sesión ordinaria a declara-ción do 24 de febreiro como “Día de Rosalía en Guitiriz” e se compro-meta a realizar actividades cada ano lembrando á escritora.O primeiro de marzo comezará xa a programación do “mes da muller” cunha homenaxe a Concepción Arenal a través dunha conferencia sobre “Mulleres na historia”.

O mércores 8 as protagonistas da homenaxe serán catro “mulleres anónimas” guitiricenses de Labra-da, Os Vilares, San Salvador e As Negradas “que teñen moito que contar”. O 15 de marzo, na xornada dedica-da ás “mulleres maltratadas”, Inés Fernández Lamela presentará o li-bro “As miñas fillas devolvéronme a vida”. Tamén se inclúe a pequena peza de teatro “O puño psicópata” de Lucecús Teatro e a interpreta-ción de “No dudaría” de Antonio Flores da man de tres alumnas da Escola de Música de Guitiriz.Unha arquiteca, unha xornalista, unha médica e unha mestra-escri-tora participarán unha tábo redon-da sobre “mulleres empoderadas” o mércores 22. E, para concluír, o mércores 29 de marzo amosaranse traballos de “mulleres artistas” nun coloquio sobre a súa traxectoria.

Rosalía de Castro e Concepción Arenal, homenaxeadas en Guitiriz.

Solidaridade co párroco dende outras parroquias

As parroquias de Mariz, Roca, San Salvador, Santa Mariña, Trasparga e o Vilar solidarizáronse durante as celebracións desta fin de sema-na coas comunidades de Guitiriz e Friol na loita pola permanencia do seu párroco Don Ramón. Así, manifestaron a necesidade de non manterse á marxe desta rei-vindicación de parroquias lindan-tes que partillan a mesma vida. Al-gunhas e algún veciño destoutras parroquias tamén se manifestaron con eles o sábado e moitos máis asi-naron o manifesto dirixido ao bispo. Segundo explica o párroco des-tas comunidades, Alfonso Blanco, “o máis importante é o exemplo dunhas parroquias que son capa-ces de unirse e organizarse para buscar unha saída digna a esta en-crucillada, e este océano de ben, solidariedade, respecto ás persoas, non pode ser indiferente a ninguén desta comarca. Emporiso unimos as nosas voces ás súas e pedimos que sexan escoitados. Formamos unha rede tecida no seguimento a Xesús de Nazaré que endexamais pecha as portas a ninguén”.

Lareira de Soños urxe a restauración dos frescos da igrexa dos VilaresA Asociación Sociocultural Lareira de soños alerta do deterioro dos frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares e da urxencia de acometer os traballos de limpeza e restauración desta obra do século XVI cuxa autoría se atribúe ao Mestre de Parga. A Asociación presentou o pasado ve-rán un estudo co seu proxecto para reclamar ás distintas partes implica-das a recuperación destes murais. Coas autorizacións correspondentes da igrexa e coa tramitación do expe-diente en patrimonio da Xunta rea-lizado, “a restauración das pinturas atópase neste momento parada por falta de aprobación dos orzamentos provinciais”.“Cada inverno que pasa é fatal para o estado desta importante obra de arte relixiosa nunha igrexa referencial na Terra Chá, que data do século XII e

que conta con importantes elemen-tos relixiosos, entre eles os retablos, o sartego ou o calvario cos tres crucei-ros. Ademais, a igrexa de San Vicenzo, celebra a importante romaría dos des-amparados”, segundo apunta o presi-dente do colectivo, Antón Tenreiro.

“O perigo de adiar a consolidación e posterior restauración dos murais pode facer irreversible a recupera-ción dalgunhas partes, polo que estas pinturas descubertas a mediados dos anos 90 do pasado século precisan dunha actuación urxente”.

Pinturas murais do século XVI na igrexa de San Vicenzo dos Vilares.

Máscaras e cestas de Antroido en Guitiriz

Xermolos organiza un ano máis, coa colaboración do Concello de Guiti-riz, a festa de Antroido. O tradicional desfile será o martes 28 de febreiro a partir das cinco da tarde dende a Ponteveiga ata che-gar ao pavillón de deportes. Haberá premios para a mellor com-parsa -que recibirá 100 euros e unha cesta de produtos típicos-, ás más-caras individuais e parellas -para os que se preparan 30 euros e un aga-sallo para o primeiro premio e un agasallo para o segundo-, ás com-parsas con máis orixinalidade, máis traballo, máis humor e máis música entregaráselles 60 euros e unha cesta de produtos típicos; así coma para as cinco mellores máscaras e comparsas infantís.

O Concello de Guitiriz, en colabo-ración coa Comunidade de Montes de Parga e a Asociación Cultural Mediambiental de Pardiñas, pon en marcha a segunda edición do taller de cantería.Dirixido a maiores de 12 anos, Ra-món Villar ofrecerá na Casa da Esco-la de Pardiñas, un taller de cantería tódolos sábados dende marzo a xuño en horario de once da mañá a unha do mediodía.A actividade é gratuíta para os me-nores de 18 anos, mentres que o prezo da matrícula dos adultos é de 10 euros. Os interesados e inte-resadas pódense inscribir ata o 28 de febreiro na Casa do Concello ou contactando con Ramón Villar no teléfono 689 86 61 89.

O Concello de Guitiriz aposta pola iniciación á cantería

Page 6: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

6 febreiro 2017 actualidade

outeiro de rei

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición nas actividades de promoción da muller previstas para o primeiro semestre deste ano trala súa presentación realizada o venres 3 de febreiro.A décimo sétima edición desta tradi-cional programación oferta a través de nove actividades un total de 203 prazas sen incluír a celebración do Día Internacional da Muller, celebración de portas abertas.O prazo de inscrición remata o 24 de febreiro e as actividades ofertadas son: usos de internet na vida cotiá, imos á piscina, taller de elaboración de xa-bóns e cosmética natural.A actividade de “usos de Internet na vida cotiá” permitirá aos participantes recibir nocións que lles facilitarán o coñecemento das numerosas oportu-nidades que ofrece internet aplicadas á vida diaria tales como a realización de trámites bancarios, comunicarse cos demais (a través de Skype, whats-app…), realización de compras on line, o uso de plataformas de compra venda de artigos de segunda man, contrata-

ción de viaxes, hoteis, visionado de programas de TV ou de películas por internet, trámites como a declaración da renda, a solicitude de cita previa na AEAT ou na Seguridade Social, com-prar un billete de tren ou autobús, etc.“Imos á piscina” conta con dous grupos de oito prazas cada un que se desen-volverán no centro deportivo Aqualife de Lugo: un de ximnasia na auga e ou-tro de iniciación a natación. E o taller de elaboración de xabóns e cosmética natural ofrece a posibilida-de de recuperar antigos saberes, de aprender a usar ingredientes naturais, etc. As participantes aprenderán a rea-lizar a xabóns para a limpeza domésti-ca reciclando aceites usados e xabíns en frío para uso cosmético atendendo a cada tipo de pel.O segundo semestre tamén contará con actividades coma os obradoiros de intelixencia emocional, cestería de vimbio, e elaboración de pan e re-postería básica; ademais dun curso de defensa persoal que se desenvolverá entre o 25 de novembro e o 2 de de-cembro. Como actividades puntuais

esta programación recolle unha viaxe á Feira Franca de Pontevedra o 2 de set-embro e a celebración do obradoior de micoloxía en familia o 11 de novembro. A cota de inscrición, que se deberá fa-cer efectiva dentro do prazo de inscri-ción, será para as persoas non empa-droadas no Concello de 10 euros para os cursos de dous meses ou 20 para os cursos de tres ou catro meses.As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofer-tadas poderán ser cubertas por homes.

Correo da igualdadeEntre as novidades presentadas polo alcalde, José Pardo Lombao, e a conce-lleira de servizos sociais, Mª José Mar-tínez Vigo, destaca a posta en marcha do correo da igualdade no que a través dun formulario ao que se pode acce-der dende a web municipal ou a tra-vés do enderezo electrónico [email protected], as persoas que o desexen poderán realizar as súas achegas ou suxestións en materia de igualdade.

Aberta a inscrición para as actividades de promoción da muller 2017 en Outeiro de Rei

Dende que o Concello de Outei-ro fixera público o proxecto de Delimitación e Urbanización de Polígonos Urbanos da vila de Ou-teiro de Rei a oposición tanto dos propietarios das fincas pegadas á N-VI como dos veciños e veciñas do resto do concello, foi xenerali-zada, presentándose naquel mo-mento máis de 170 reclamacións a tal proxecto.Este proxecto consistía en facer unhas obras faraónicas ao longo desta estrada que levaba consi-go que moitas das parcelas case desapareceran e que as que que-daban, non tivera tan sequera en moitos casos o valor suficiente para afrontar o custe que supoñía tal proxecto.Ademais disto, este proxecto sig-nificaba o derribo de varias vi-vendas particulares, así como a desaparición de elementos de propiedade pública, tal como o edificio do PAC, o centro da Cruz Vermella e un parque infantil, en-tre outros elementos.“Para o BNG esta era unha obra fa-raónica, propia doutros tempos e doutros lugares, que non ten nada que ver co que quere a veciñanza de Outeiro e que responde exclu-sivamente aos intereses do señor Alcalde e dun cantos amigos”, ma-

nifestou o voceiro do BNG, Xosé Ferreiro. “Incluso pode ter implica-cións xurídicas, pois estase a pro-ducir unha situación de silencio administrativo e de indefensión”, continuou o portavoz municipal do BNG.Para o BNG tampouco parece “nor-mal” a postura teimuda do alcalde en non retirar este proxecto, así como en negarse reiteradamente a non solicitar a transferencia do tramo da N-VI que transcorre pola vila de Outeiro, debidamente ur-banizado, así como a instalación dalgúns pasos de peóns, semáfo-ros, rotondas ou calquera outro tipo de mecanismo para que as persoas puideran cruzar a estrada con algún tipo de seguridade.“Dende o BNG no cesaremos no empeño de solicitar a retirada do proxecto de delimitación de Po-lígonos Urbanos, a contestación aos recorrentes a este proxecto e a instalación de medios de segu-ridade para que os peóns poidan cruzar a estrada sen xogarse a vida”, asegurou o concelleiro do BNG.

O BNG critica a falta de resposta ás 170 alegacións ao Plan de Delimitación e Urbanización

‘Manuel María, paixón de palabra e terra’, nominado aos Premios Mestre Mateo 2017A Casa-Museo e Fundación Manuel María de Estudos Galegos acolleu con grande alegría a nominación do seu audiovisual Manuel María, paixón de palabra e terra aos Premios Mestre Mateo 2017 na categoría ao mellor documental, dada a coñecer este pa-sado 7 de febreiro pola Academia Ga-lega do Audiovisual.O documentario sobre o escritor a quen se dedicaron as Letras Galegas neste pasado 2016, estreado o mes-mo 17 de maio na TVG, compite polo galardón que concede a industria audiovisual galega con outros tres traballos na súa categoría. Todos catro foron seleccionados logo dun proce-so de votacións que no seu punto de partida atinxía as 25 pezas inicialmen-te candidatadas neste apartado.Dirixido por Jairo Iglesias e Mikel Fuentes, con guión de Anxa G. Refoxo e Jairo Iglesias e música de Carlos Seijo, o audiovisual foi realizado pola Casa-Museo Manuel María e produ-cido por Pixel Films. Cunha duración de 35 minutos, a fita fai un percorrido por distintos aspectos vitais de Ma-nuel María desde a ollada e a palabra de quen foi a súa compañeira vital

durante case medio século, Saleta Goy, hoxe presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a entidade que xestiona a Casa-Museo que desde o ano 2013 acolle o legado do poeta no seu Outeiro de Rei natal.O relato de Saleta, auténtico fío con-dutor da peza, vaise combinando con imaxes e fragmentos orixinais de di-versos recitados poéticos, entrevistas concedidas e intervencións públicas do propio Manuel María, de maneira

que se estabelece entre a parella pro-tagonista, xa desde o inicio, o mesmo diálogo cómplice que orixinou unha vida compartida durante tantos anos.A Casa-Museo Manuel María ve como un traballo audiovisual impul-sado por ela volve ás nominacións dos Mestre Mateo logo de que en 2011 outra súa peza audiovisual, De amor e cantería, tamén producida por Pixel Films, recibira o premio á mellor creación experimental.

Manuel María e Saleta.

Preto de 2.000 euros en premios no certame de disfracesUn ano máis, con motivo da Festa de Entroido 2017, o Concello de Outeiro de Rei organiza a XIX edición do Con-curso de Disfraces.A cita terá lugar o domingo de Entroi-do, 26 de febreiro, a partir das cinco da tarde na Praza da vila baixo car-pa cuberta e amenizada polo grupo D´Nika.En total repartiranse 1.960 euros en premios entre as catro mello-res comparsas -integradas por un mínimo de tres persoas- e os dous mellores disfraces da categoría de

parellas, individual e infantil -ata os 14 anos-. Serán 400, 300, 200 e 100 para as comparsas; 200 e 120 euros para as parellas, 150 e 100 para as dúas mellores propostas da categoría individual igual que para a infantil.

InscriciónsO prazo de inscrición -que se pode realizar na Casa da Cultura en horario de dez a dúas e media ou ben o mes-mo día do concurso en horario de cinco a seis da tarde- remata o venres 24 de febreiro.

Page 7: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

7febreiro 2017actualidade

xermade

O Concello de Xermade disporá de 1.604.690 euros como orzamento para este ano 2017.O rexedor local, Roberto García Per-nas, destaca “o aumento nas partidas dedicadas a servizos sociais” e o re-parto de fondos para a execución de obras.Neste capítulo inclúense “aquelas obras en camiños e infraestruturas en peores condicións” segundo o se-guimento que realizaba nos últimos meses o equipo de goberno por todo o municipio.Ata 13.000 se destinan a actuacións de emerxencia social, 12.800 para o pro-grama Xantar na Casa, 3.000 para o programa Educando en Familia e ou-tros 3.000 euros para a programación en materia de prevención de condu-

tas aditivas.En materia de obras, o Concello des-tina 18.000 euros cos que sufragar o 20% das actuacións con cargo ao Fondo de Compensación Ambien-tal da Vicepresidencia da Xunta -que inclúe a compra dunha retroescava-dora ou a mellora da imaxe da Casa do Concello-. Tamén dende a mesma consellería se agarda unha axuda en materia de eficiencia enerxética coa que instalar alumeado LED en Momán de Arriba e Candamil.Con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación mellorarase o ac-ceso á escola de Miraz e o campo da festa de Momán; ademais de contruír un depósito contra incendios en Rou-par e mellorar camiños en Lousada no límite con Muras.

Outras pistas e estradas en Cabreiros,

Piñeiro e Momán serán melloradas

con cargo ao Programa de Desenvol-

vemento Rural (PDR).

Tamén se achegan 3.000 euros para o

desenvolvemento dun programa en

materia de turismo.

Colaboración con entidades locais

En colaboración con entidades locais

o Concello ten disposto 12.500 euros

para a UNED Sénior, a Invernada de

Cine de Cabreiros, o III Premio Xer-

made na Historia, Protección Civil, a

Foliada de Roupar, a Festa do Neno de

Momán e para as asociacións veciñais.

1,6 millóns de euros de orzamento para Xermade neste 2017

O grupo municipal nacionalista de Xermade interésase polos plans de acción previstos polos órganos de xestión da Reserva da Bioesfera “Te-rras do Miño”.Os nacionalistas recordan que “o Concello de Xermade ten represen-tación nos órganos de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño; xa que inclúe todo o territorio do municipio. E ás últimas reunións soubemos que acudiu o señor al-calde”.Nese sentido, critican que “non in-formou á veciñanza nin á corpora-ción sobre o tratado como é a súa obriga”. E por iso preguntarán no vindeiro pleno polas propostas pre-sentadas polo rexedor de Xermade e polo motivo polo que non se in-formou á corporación para “poder levar propostas consensuadas”.Igualmente, dende o BNG local in-terésanse polas liñas de actuación do plan de acción; sobre todo, por aqueles aspectos “que poden afec-tar ao concello”. Así mesmo, “sendo de vital importancia para o desen-volvemento do concello o dito plan

de acción”, consideran oportuno coñecer “por que non se informou a veciñanza para que puidera par-ticipar”.

Dietas e axudas á locomociónPor outra banda, o BNG pretende coñecer “o motivo polo que non se cumpre a lei, nin os acordos plena-rios, en materia de indemnizacións por locomoción” e “por que non se concreta o motivo das viaxes das que se solicita a indemnización por locomoción tale e como se compro-metera o alcalde”.Tamén queren coñecer o motivo polo que “varios concelleiros pasan quilómetros por desprazamentos ao mesmo sitio e no mesmo día”. Na mesma liña, interésanse pola razón pola que “os concelleiros pasen qui-lómetros en días festivos”. Os nacionalistas de Xermade recor-dan que “o desprazamento se ten en conta dende o centro de traballo”. Por iso, lles chama a atención a va-riación da quilometraxe ao mesmo lugar dependendo da persoa que solicite.

O BNG pregunta pola Reserva da Biosfera e a percepción de dietas

O Executivo Provincial acordou en Xunta de Goberno as derradeiras obras do Plan Integral da rede viaria provincial do 2016. O voceiro do Exe-cutivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, explicou que se tratan de actuacións de 1.644.224 millóns de euros para arranxar 30 quilómetros de 8 vías en 6 municipios. Con estes traballos, o Goberno Provincial suma a través de dita programación un in-vestimento total de 6 millóns e 120 quilómetros de melloras en 40 estra-das de 26 Concellos. Entre as actuacións acordadas na sesión deste venres inclúen a con-tratación de melloras nun treito de 2 quilómetros en Xermade, concreta-mente, entre os puntos quilométri-cos 2 e 4, da LU-P-2204, de Momán ás Pontes a Porto Souto, con 284.024 euros. Estes traballos súmanse aos executados entre os quilómetros 0 e 2, con outros 250.000 euros. O obxec-tivo e compromiso cos veciños do Executivo da Deputación é arranxar

toda a vía ao longo do actual manda-to. E tamén en Xermade, o goberno da Deputación aprobou a contrata-ción do arranxo dun treito de 2 quiló-metros, dende o 10,200 ao 12,200, da LU-P-6513, de Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xerma-

de, con máis de 95.300 euros.Completando as melloras na zona, tamén aprobaba o Executivo as obras de mellora dun treito de case 1 qui-lómetro, dende o 4,670 ao 5,490, da LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín, con case 50.000 euros.

Preto de 390.000 euros da Deputación para vías de Xermade

As derradeiras obras do Plan do 2016 foron aprobadas en xunta de goberno.

Dúas festas diferenciadas acollerá Xer-made polo Entroido. Os máis peque-nos do municipio poderán participar en dúas festas infantís o luns 27 e o martes 28 de febreiro no pavillón po-lideportivo entre as once da mañá e as dúas da tarde. Neste caso é preciso inscribirse previamente.E xa para os adultos, coa animación do trío Kalima, haberá unha festa tamén organizada polo Concello no pavillón municipal o luns 27 a partir das nove e media da noite. Haberá premios para os tres mellores disfraces – dotados con 150, 100 e 50 euros- e chocolate quente para as persoas asistentes.

Festas para pequenos e maiores polo Entroido

O Concello de Xermade organiza a cea da muller o sábado 4 de marzo coincidindo coa conmemoración do Día da Muller - 8 de marzo.Será no local social da Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros coa participación da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.A animación musical correrá a cargo do Trío Kalima e tamén haberá sor-teo de agasallos.Con todo é preciso inscribirse no Concello ou nas asociacións de mu-lleres rurais de Roupar e Momán ata o xoves 2 de marzo. Colabora tamén a Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe.

López Abella na cea da muller en Cabreiros

Page 8: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

8 febreiro 2017 actualidade

castro de rei

Un millón de euros investidos polo Concello en vías públicas no 2016Melloran camiños, estradas, o acceso ao Mercado Gandeiro e o campo de fútbol

Marta Míguez, Manuel Otero, Fran Balado e José Manuel Balseiro en Castro.

O campo de

adestramento

de fútbol

contou cun

investimento

da Xunta de

49.890,77

euros.

O Concello de Castro de Rei pechaba o 2016 cun investimento dun millón de euros en vías municipais e espazos públicos. A Xunta achegaba 650.000 euros, 270.000 o Concello e 75.000 eu-ros a Deputación Provincial.Nese sentido, o rexedor local, Francis-co Balado, destaca “o compromiso da Xunta co Concello de Castro de Rei a través dos distintos plans de obras”. A administración autonómica destina-ba 252.000 euros aos camiños secun-darios da zona de concentración par-celaria de San Xiao de Mos; 194.000 euros ao plan de mellora de camiños en zonas de reestruturación parcelaria das parroquias de Ramil e San Xiao de Mos; 37.000 euros ao Plan de Emer-xecnias para asfaltado dos accesos do Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras de Lea; 105.000 euros ao Plan Marco

para reformar a estrada de Prevesos e 50.000 euros á primeira fase do cam-po de fútbol de adestramento da área deportiva de Castro Ribeiras de Lea.Precisamente estas últimas melloras recibiían a visita da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, acompañada polo delegado territo-rial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.A titular de Deporte sinalou a “constru-ción e reforma de instalacións depor-tivas como un dos eixos fundamentais do seu departamento para aumentar a práctica deportiva entre os galegos e galegas e que estes poidan exer-citarse nas mellores condicións po-sibles”. Marta Míguez mandou unha mensaxe de ánimo a todos os veciños lucenses para que usen estas instala-cións renovadas “mellorando así a súa

calidade de vida a través do deporte”.Con cargo aos fondos municipais levouse a cabo a pavimentación de estradas en Bendia e Prevesos cun investimento de 140.000 euros e o bacheo en distintas zonas do concello con 145.000 euros. Así, “compre desta-car o esforzo económico do Concello de Castro de Rei durante o 2016 que fixo posible a mellora dunha gran par-te da rede viaria do municipio facén-doo máis accesible e facilitando aos veciños e veciñas o acceso nas zonas beneficiadas polos distintos plans de obras”, segundo manifesta o rexedor local, Francisco Balado.Pola súa banda, no marco dun conve-nio suscrito coa Deputación de Lugo, o ente provincial destinou 75.000 euros á pavimentación da estrada de Viladonga.

Un total de sete empresas presen-taron as súas ofertas para a execu-ción das obras da senda entre o núcleo de Castro Ribeiras de Lea e o polígono industrial ao seu paso polo Concello de Castro de Rei, na estrada LU-115, que contarán cun investimento de case 50.000 euros.O Diario Oficial de Galicia (DOG) pu-blicaba o pasado 28 de decembro a licitación das actuacións das obras desta senda, que contará cun prazo de execución de 4 meses.Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, na comarca da Terra Chá, na que a Xunta investirá case 1,5 millóns de euros na construción de 9 sen-das que sumarán 8,3 quilómetros para favorecer desprazamentos cotiás seguros e sustentables.O núcleo de Castro Ribeiras de Lea conta con beirarrúas ac-tualmente, pero non existe un itinerario peonil ata o polígono industrial, situado a pouco máis de 200 metros do casco urbano, polo que neste proxecto defínese este percorrido peonil. Así, o trei-

to obxecto das actuacións está comprendido entre o Pq. 10+000 (punto no que finaliza a beirarrúa existente en Castro Ribeiras de Lea) e remata no 10+230 (inter-sección de acceso ao polígono industrial).As obras consistirán na execución dunha senda de formigón colo-reado de 115 metros de lonxitu-de e 1,8 metros de ancho, pola marxe esquerda da estrada. Estas actuacións,que será co-financiados ao 80% por el Pro-grama Operativo FEDER Galicia 2014-2020, teñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa se-guridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, supoñendo menor conxes-tión de vehículos en tramos sa-turados e novos espazos de trán-sito; e para o medio, buscando menos contaminación acústica e mellorando a calidade do aire, ao reducir a emisión de gases conta-minantes.

Ofertas de sete empresas para a execución da senda entre Castro e o polígono

Balseiro e Balado comprobaron os traballos de plantación en Bendia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, man-tivo unha entrevista con represen-tantes da comunidade de montes de Gándaras de Castro, Coutado e Campela-Bendia, do concello lu-gués de Castro de Rei, que resultou beneficiaria dunha axuda da Xunta para fomentar a plantación de sou-tos de castiñeiros.A comunidade recibiu unha axuda da Consellería do Medio Rural de máis de 55.000 euros.

Este souto de castiñeiros constitúe un exemplo de posta en valor do monte, neste caso para a produción e a comercialización da castaña en Galicia. Ademais contribúe á diver-sificación da produción forestal e ao aproveitamento dos recursos do monte aumentando a superficie forestal arborada e diminuíndo o risco de incendios forestais.Tamén estivo presente na reunión o alcalde de Castro de Rei, Francis-co Balado.

Gándaras de Castro, Coutado e Campela-Bendia reciben axudas para plantar soutos

O BNG esixe a mellora da imaxe da capitalidade municipalA vila de Castro de Rei foi declara-da conxunto histórico – artístico o 4 de febreiro de 1971. Pero, “dende aquela, hai 46 anos, o declive da vila é notorio”, para a voceira do BNG no Concello de Castro de Rei, Digna Lagarón. “O deterioro que padece a trama urbana da vila de Castro de Rei: beirarrúas desfeitas, sen papelei-ras, sinalización escasa, parque infantil descoidado, etc., provoca graves prexuízos á súa veciñanza e ofrece un aspecto de abandono to-tal por parte do Concello, impropio dun conxunto histórico – artístico e dunha capitalidade municipal”.Por estes motivos propón, para o seu debate e aprobación, que “o Pleno do Concello de Castro de

Rei acorde desenvolver, o antes posible, unha actuación municipal dirixida a rehabilitar o casco urba-no (arranxo das beirarrúas, parque infantil, colocación de papeleiras, acondicionamento dos espazos de lecer, accesibilidade, dotación dos elementos urbanos que se conside-ren necesarios, etc.), para mellorar e actualizar os servizos e a imaxe da vila de Castro de Rei, capitalidade do Concello”.

Marquesiñas municipaisPor outra banda, no mes de no-vembro de 2016, presentaba un rogo para solicitar que as marque-siñas do concello sexan acondicio-nadas, debido ao seu deterioro, á falta de sinalización e limpeza,

para que sirvan de refuxio e lugar de espera para as persoas que fan uso do transporte público e escolar.Digna Lagarón recordáballe de novo ao alcalde no pleno extraor-dinario de decembro esta proposta. Pero, “a pesar de comprometerse a darlle solución á volta das vaca-cións do Nadal; a día de hoxe o estado das marquesiñas vai a peor”.Polo mesmo, dende o BNG de Cas-tro de Rei denuncian “a falta de seriedade por parte do equipo de goberno municipal á hora de levar a cabo os compromisos acadados nos Plenos”. Así, volven a solicitar o acondicionamento inmediato das marquesiñas do concello de Castro de Rei.

Page 9: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

9febreiro 2017actualidade

O Concello de Castro de Rei rehabilita o Cruceiro de ColonizaciónEste elemento patrimonial pertence ao concello de Cospeito

O Concello de Castro de Rei rehabili-tou o Cruceiro de Colonización, a pe-sar de que non era a administración competente, xa que “está situado en terreos do Concello de Cospeito”.Así, “o Cruceiro de Colonización xa volve a estar colocado no lugar que ocupa dende 1956, cando foi inaugu-rado, como consecuencia do remate das obras de Colonización do Sector III. Entendendo que “a administración competente para a súa rehabilitación é o Concello de Cospeito, o Conce-llo de Castro de Rei declina todas as atribucións de responsabilidade que dende distintos foros se lle atribuiron

en días pasados como consecuencia de que o forte vendaval provocase a caída do elemento patrimonial. Con-cretamente lamentamos as respon-sabilidades invocadas dende o Ate-neo Galeguista da Terrachá, xa que os responsables son perfectamente coñecedores de que tanto os cami-ños sobre os que se sitúa o cruceiro, como o elemento en si, e as vivendas e fincas próximas pertencen ao Con-cello de Cospeito, estando situadas no barrio da Escanavada, da parro-quia de Xustás, aínda sendo vivendas que foron edificadas coa coloniza-ción do Sector III de Matodoso a cuxa feligresía eclesiástica pertencen, de-

bendo precisarse que a competencia municipal non ven determinada pola división eclesiástica, senón pola divi-sión civil e administrativa”, segundo manifesta o rexedor local, Francisco Balado.O alcalde defende que “a nosa res-ponsabilidade por elementos patri-moniais e vías públicas coincide coa división civil e administrativa e abar-ca ata os límites do termo municipal, non sendo extensible aos terreos de concellos limítrofes. Non obstante, reparamos o cruceiro porque non nos supuxo maior problema, xa que o pedestal e o fuste non sufriron danos e só houbo que reparar a cruz, todo elo coa mellor intención de evitar a desaparición dun elemento patri-monial que marca o pasado dunha comarca da que ambolos dous con-cellos, Castro de Rei e Cospeito, parti-cipan, como tamén no seu momento nos interesamos pola retirada do niño de cegoñas; pero non podemos asumir atribucións de responsabili-dade por elementos que están fóra do noso territorio ou que se refiren a bens que non nos pertencen ou que non forman parte do noso inventario. De ser así, tamén nos veriamos obri-gados a reparar as vías municipais e espazos públicos que están fóra dos nosos límites”.

Cruceiro de Colonización.

O Antroido máis tradicional, en Val de Francos

O “Antroido” é xulgado no Campo do Carril onde se celebra a festa.

O Concello de Castro de Rei celebra o Entroido cos máis pequenos Globoflexia, maquillaxe infantil, merenda de Entroido, larpeiradas, actuación do paiaso Piruleta e, como non, concurso de disfraces con premios. Así será a festa de Entroido que o concello de Castro de Rei organiza para os rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos o sábado 25 de febreiro no teleclube de Castro de Rei e o luns 27, na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea.

“A festa está aberta a tódolos ne-nos e nenas que queiran partici-par” segundo destaca a concelleira de Asuntos Sociais e Benestar, Ma-ría José López, que explica que “tó-dolos nenos e nenas do municipio recibirán información a través de programas de man que se repar-tirán nos colexios”. Tamén recorda a edil que disporán de sobremesas para intolerantes; pero, neste caso,

é necesario “avisar con antelación para atender a demanda de posibles intolerancias das que non teñamos constancia”.Entre tódolos participantes, a modo de premio, repartiranse vales de compra en librerías de cada un das localidades para os primeiros –tanto para os rapaces e rapazas participan-tes a título individual coma aqueles que participen en grupo-.

As parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno volverán celebrar xuntas o Antroido de Val de Francos no Campo do Carril o martes 28 de febreiro.Este ano suspéndese a celebración do sábado, pero os fieis acudirán á tradi-cional lectura do sermón e queima do Antroido do martes recuperada no 1991 despois de 22 anos da súa desa-parición tras outro período de descan-so na súa celebración por mor da falta de comisión de festas a mediados da década dos 50.Os predicadores lerán ante un xuíz, un fiscal e un avogado defensor, que nin nunha soa ocasión salvou ao An-troido de ser condenado á fogueira na sentenza, o sermón composto por 90 estrofas que recollen, cada ano, os asuntos de actualidade tanto no mu-nicipio coma en Galicia, no conxunto de España ou incluso no mundo. A organización adianta que “probable-mente se acuse ao Antroido do roubo das desbrozadoras do Concello, a nova praga da pataca, os problemas da Casa Real ou das controversias relacionadas co novo presidente dos Estados Uni-

dos, Donald Trump”. Non faltarán os fareleiros –a modo de forzas da orde- que levarán sacos con palla seca e fariña ou polvos de talco na celebración que este ano, no que se cumpren 25 anos trala súa recupera-ción, organizan Juan Pita e Remedios Anido, de Ansemar; José Luís García Cupeiro, de Goberno; e Maricarmen Gómez, de Balmonte.A súa chegada ao campo nun carro aínda por determinar –xa que cada ano se modifica a idea-, acompañado das pandereteiras dos Valuros, está prevista para as catro e media da tar-de. Despois da sentenza e queima do Antroido, arredor das seis da tarde, a charanga Maloserá e a orquestra Pontevedra poñerán a música. As súas actuacións veranse interrompidas ás nove do serán cando se ofrecerán pe-tiscos gratuítos para os presentes an-tes dunha nova sesión musical a partir das dez e media. Como é habitual, durante a xornada tamén se sortearán cestas de Antroido.

Page 10: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

10 febreiro 2017 actualidade

muras

O alcalde de Muras, Manuel Re-queijo, e a Tenente de Alcalde, Belén Chao -responsable dos Servizos Sociais- foron recibidos polo conselleiro de Política So-cial, José Manuel Rey, en San Cae-tano no marco das reunións que a consellería mantén cos concellos galegos co obxectivo de abordar a situación e as necesidades exis-tentes en materia social.A cita, que tamén fora solicita-

da dende o Concello, servía para acordar “o estudo dun novo au-mento no número de horas de atención a persoas dependentes nas súas casas. Actualmente son 1.271, pero non son suficientes para atender a demanda “porque hai nove persoas en lista de gar-da e unha que non dispón das horas que ten recoñecidas”. Por iso, o Concello pediulle á Xunta 214 horas a maiores deste Servizo

de Atención no Fogar (SAF), que axuda a unha trintena de veciños e veciñas.

O PAI e “Xantar no Fogar”Outro dos asuntos que abordou o rexedor foi a necesidade de po-der abrir canto antes o Punto de Atención á Infancia (PAI) para fa-cilitar o coidado de nenos e nenas e a conciliación familiar e laboral dos pais e nais.

“Podemos informar de que se avanzou nos trámites para po-ñelo en funcionamento unha vez que estea adaptado á normativa e se fagan pequenas reformas. Esperamos abrilo en dous ou tres meses”, segundo avanza o alcal-de.O Concello tamén aproveitou a reunión para trasladar ao con-selleiro a adhesión ao programa Xantar no Fogar que, “ano e me-dio despois da solicitude por par-te do Concello, segue pendente a sinatura do convenio”. Nese sen-so, Rey Varela comprometeuse a revisar a situación.

Contra a pobreza enerxéticaOutro dos asuntos tratados na conversa e que destacan dende o Concello é a presentación ao con-selleiro do modelo pioneiro de Muras de subvencionar a factura da luz. “Ademais de paliar os ele-vados costes da factura eléctrica, a medida pretende loitar contra a pobreza enerxética e o despo-boamento do rural”. Por ese moti-vo, o conselleiro traslada os seus parabéns ao equipo de goberno.

A Xunta e o Concello buscan o incremento de horas de axuda no fogar para dependentesHai nove as persoas en lista de agarda e unha que non dispón do total das horas que lle foron recoñecidas

O Concello de Muras amplía o pra-zo para solicitar a Axuda por Gasto de Luz no fogar ata o 28 deste mes de febreiro.As bases destas axudas publicadas no BOP o 25 de agosto recollen a “mellora da calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas de Muras e a erradicación da pobreza enerxética nos seus fogares”.As contías, en función da renda per cápita anual da unidade fami-liar e ata un máximo de 500 euros anuais, serán aboadas polo Con-cello nun prazo máximo de tres meses dende que remate o prazo de presentación das solicitudes do primeiro semestre e dous no caso do segundo semestre para o que se establece como período de soli-citude entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro.O alcalde de Muras, Manuel Re-queijo, defende que “a riqueza que xeran os aeroxeneradores eólicos instalados no noso concello, debe repercutir de maneira directa nas persoas que levan vivindo dende hai séculos neste territorio, ade-mais de compensar o sufrimento directo polo impacto medioam-biental -tanto na paisaxe do en-torno como pola contaminación acústica”-.A partida aprobada polo Concello no orzamento deste ano 2016 é de 150.000 euros de recursos propios.

O Concello de Muras amplía o prazo para a axuda da luz

A Expogrelo de Abadín, que al-canza a duodécima edición, cele-brarase o sábado 4 de marzo; por “coincidir coa feira máis próxima ao Antroido”. Deste xeito, os produtores e pro-dutoras do municipio -preto dun-ha vintena- porán á venda máis de 1.000 quilos de grelos nun das feiras anunais máis destacadas do municipio.O programa de actividades abre, ás nove da mañá, coa asignación de stands e a numeración das cestas que presentará cada greleiro ou greleira aos certames de calidade e presentación. Xa ás dez se abrirá o recinto feiral para a compra-venda deste produto de temporada; ás doce comezará a animación mu-sical e media hora máis tarde, co-mezará a degustación do grelo en diversas preparacións.Os premios -en forma de vales de compra a gastar no municipio- re-partiranse ás dúas da tarde, trala recepción de autoridades.

Os grelos, de Abadín

O Concello de Abadín organiza o seu desfile de disfraces polo An-troido converténdose nunha das primeiras citas dos grupos e com-parsas da comarca que participan cada ano nunha festa a cuberto. Isto débese a que a data da súa celebración é o domingo anterior ao Antroido -neste caso, o 26 de febreiro- e o escenario do desfile, o pavillón municipal de deportes.A partir das cinco e media da tarde xa se poderán ver as distintas pro-postas de máscaras e disfraces que optarán a un total de 3.460 euros en premios.Haberá premios para os grupos e comparsas, parellas de adultos ou adultos disfrazados individual-mente -maiores de 15 anos-; pero tamén para comparsas mixtas (en-

tre as categorías infantil e adulto), grupos e comparsas infantís, pare-llas e rapaces ou rapazas de xeito individual. En tódolos casos se es-tablece un primeiro, un segundo e un terceiro; excepto na categoría de comparsa mixta. No caso das charangas outorgara-se un único premio de 300 euros.

InscriciónsEn calquera caso, é necesario ins-cribirse antes do venres 24 de fe-breiro ás seis da tarde a través dos teléfonos 626 72 80 86 ou 605 349 137.Ao remate do desfile, haberá cho-colate con churros antes da entre-ga de premios.

O Concello de Abadín reparte 3.500 euros no desfile de Antroido

abadín

Rey Varela e Requeijo Arnejo durante a súa reunión de traballo.

O Punto de

Atención

á Infancia,

pendente

das

reformas

segundo as

esixencias

normativas

Page 11: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

11febreiro 2017actualidade

a pastoriza

Os 25.000 metros cadrados do recinto Manuel Vila de Muimenta agardan unha nova edición da Mostra Exposición de Muimenta - MOEXMU.Arredor dun centenar de expositores poderanse achegar á gran cita do agro chairego na que non falta maquinaria agrícola e automóbil, produtos galegos de calidade ou artesanía entre o venres 7 e o domingo 9 de abril para celebrar a súa trixésimo terceira edición.A comisión organizadora, con este

motivo, abre o prazo de solicitude de stand convidando aos interesados e in-teresadas en participar “nun evento de gran relevancia para a comarca”.A XXXIII MOEXMU acollerá tamén o XXX Concurso de Gando Frisón, o único que se celebrará na provincia neste 2017 e no que Rey Sonrrisa Sid se proclamaba vencedora nas últimas edicións, a XXX Exposición de Raza Rubia Gallega e a XX Poxa de Gando Selecto.

A MOEXMU reparte o espazo para os expositores

O Grupo Provincial do Partido Popular consegue sacar adiante por unanimi-dade unha moción na que solicitaban ante o Pleno da Deputación Provincial que a institución lucense adopte, “de maneira inmediata e urxente”, as me-didas necesarias para poñer en fun-cionamento a piscina climatizada da Pastoriza.Os populares celebran que estes cen-tros deportivos “se vaian poñer en mar-cha dunha vez por todas”. A voceira dos populares, Elena Candia, explicou que “levamos este asunto ao pleno xa que consideramos que estamos ante unha situación dunha gravidade considera-ble” xa que estes proxectos supuxeron un forte investimento público de todos os lucenses e “non estaban a prestar un servizo aos nosos veciños, mentres as instalacións se están a deteriorar sen abrir as súas portas”, engadiu. A edil responsable da área de deportes, Elva Carrera, asegura que “estamos en

contacto co delegado de deportes e coa delegación de Industria ante a que presentar a documentación que falta. Ademais, hai que realizar diversas pro-bas debido ao tempo que estas instala-

cións estiveron paradas”.A construción da piscina, adxudicada fai sete anos, implicou unha achega da Deputación superior aos 1,5 millóns de euros.

O PP pide que a Deputación abra a piscina climatizada da Pastoriza

As instalacións da piscina, abandonadas antes da súa apertura ao público.

A área de cultura, deporte e benestar social do Concello da Pastoriza pon en marcha novos talleres de memoria en Bretoña e A Pastoriza.Máis dunha trintena de persoas partici-parán en cada unha das propostas que desenvolverá a concesionaria do servi-zo de axuda no fogar, Servizos Sociais Virxe do Carme, atendendo a unha demanda do Concello sobre “a mellora da calidade de vida dos e das pastori-censes”. Bretoña acollerá os mércores no teleclub actividades lúdicas relacio-nadas coa memoria que inclúen xogos, bailes e teatro; mentres que a Casa da Música –antiga Cámara Agraria- acolle os martes o seu obradoiro de memoria.Á súa vez, a concelleira responsable, Elva Carrera, asegura que “estamos intentando retomar as actividades de ximnasia de mantemento para as que xa había grupos amplos nas parroquias de Lagoa e Crecente”.

A esta oferta, e ás escolas deportivas e culturais -campo a través, baloncesto, fútbol sala, tenis de mesa, balonmán, patinaxe, natación, baile e música tra-dicional - que se desenvolven ao lon-

go do ano no municipio e que foron aumentando o número de usuarios ata alcanzar o centenar de persoas, engádense os cursos de informática e manualidades.

Novos talleres de memoria en marcha en Bretoña e A Pastoriza

O obradoiro de memoria da Pastoriza conta cunha trintena de participantes.

cospeito

A Asociación de Empresarios de Muimenta entregaba o martes 7 de febreiro 700 euros en vales de compra dos 1.000 que poñía en xogo co VIII Mercado de Nadal.Entre os premiados, que dispoñían de prazo ata o 31 de xaneiro para reclamar o seu vale de compra, atópanse Isabel Cabana (Pacios) por comprar en Panadería Hermo; Sonia Anllo (Muimenta) que mercaba en Desexos; Cruz Maseda (Muimenta) en Calzados Iglesias; Víctor Carrera

(Outeiro) na Perruquería Velica; Filo Gueimonde (Muimenta) mercaba en Mercades Abelleira; Martina Rivas (A Regueira) por mercar en Supermercado Setti e outra última persoa que obtiña a súa papeleta na Perruquería Raquel.Os premios han de ser consumidos no prazo dun mes; é dicir, antes do vindeiro martes 7 de marzo, nos negocios do colectivo empresarial de Muimenta.

Sete premiados no VII Mercado de Nadal de MuimentaDispoñen ata o 7 de marzo para gastar os premios

A directiva da Asociación de Empresarios entregaba os premios.

Muimenta celebra, coma tódolos anos, a Festa da Filloa o 1 de maio. Con este motivo, o da súa vixésimo sexta edición; a comisión organizadora convoca o XVIII Concurso de Debuxo e Relato – Filloa 2017. Nos vindeiros días ata 28 centros educativos da comarca recibirán as bases do certame dirixido aos rapaces e rapazas dos mesmos que optarán a

algún dos 16 premios.A temática volve centrarse só na Festa da Filloa.Os traballos gañadores serán expostos durante a esta festa gastronómica, que conta coa colaboración dos veciños e veciñas de Muimenta e doutras pa-rroquias lindeiras. Os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón.

Debuxos e relatos para a Festa da Filloa de Muimenta

Page 12: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

12 febreiro 2017 actualidade

rábade

begonte

“Papysol” da Cafetería Papyrus pro-clamouse vencedora do V Concurso de Tapas de Rábade por diante de “La V de Beethoven” da cervecería-pub Beethoven.

Foron un total de 13 os establece-mentos hostaleiros participantes neste certame que organizaba a Asociación de Hostaleiros e Alimen-tación de Rábade en colaboración

co Concello e que se desenvolvía entre o 3 e 5 e o 10 e o 12 de febreiro.Tralo reconto dos votos celebrado o martes 14 de febreiro na Casa do Concello, sorteábase tamén unha Tablet e un Smartphone-doados polo Concello- entre tódolos con-sumidores participantes que com-pletaran o boletín co 100% das tapas. Os gañadores resultaron ser Alba Parga e Raúl Saavedra que se fixeron coa Tablet e o Smartphone, respectivamente.O Concelleiro de Deportes, Alejan-dro Martínez Campos e o Presiden-te da Asociación de Hosteleiros de Rábade, Julio García Carral, entre-garon os trofeos aos gañadores desta quinta edición: Enrique Cas-tiñeira, do Pub Beethoven, e Dolo-res Méndez, da cafetería Papyrus.A organización coincide en des-tacar “a calidade, presentación e elaboración das tapas. Cun balan-ce moi positivo, animan “a tódolos hosteleiros para o ano próximo”.

Calidade nas tapas do quinto concurso de Rábade

Enrique Castiñeira, Julio García, Dolores Méndez e Alejandro Martínez.

O pavillón de deportes de Baamonde acollerá o sábado 4 de marzo o VI Con-curso de Disfraces e Comparsas que or-ganiza o Concello de Begonte, a través da concellería de Cultura, co obxectivo de “manter a tradición local desta festa tradicional”.Se a partir das cinco da tarde se desen-volverá o concurso de disfraces, despois das seis e media celebrarase unha festa infantil con animación musical, incha-bles e talleres que se alongarán ata as oito do serán. As bases do certame de disfraces es-tablecen dúas modalidades: disfraces

individuais ou por parellas –conxuntos de ata dúas persoas con traxes dunha mesma temática- e comparsas –ou grupos formados por cinco ou máis componentes-. O xurado, formado por tres persoas pro-postas pola concellería de Cultura, terá en conta a complexidade na confección dos traxes, a orixinalidade e creativida-de e a maquillaxe; así coma o número de componentes e a posta en escena no caso das comparsas.Os premios establecidos ascenden a 100 e 500 euros para os primeiros clasi-ficados na categoría individual-parellas

e comparsas, respectivamente; 80 e 300 para os segundos, 60 e 200 para os terceiros e 40 e 100 para os cuartos. En calquera caso, o xurado concederá un premio especial de 150 euros á mellor comparsa do municipio que será com-patible con calquera outro premio.A inscrición pecha o luns 27 de febreiro ás dúas da tarde e pódese formalizar a través do enderezo electrónico [email protected] a onde se deberán enviar os arquivos musicais das comparsas. A orde de inscritos por modalidade farase pública na web do Concello o xoves 2 de marzo.

Mantendo a “tradición” do Entroido

Festa infantil e premios para os mellores disfraces do Entroido en RábadeO Concello de Rábade organiza coma tódolos anos dous actos para o Entroido: unha festa infantil e con-curso de disfraces.A festa infantil desenvolverase o luns 27 de febreiro entre as cinco da tarde e as oito do serán no Campo da Feira; aínda que se poderá tras-ladar ao Centro Sociocultural se as condicións meteorolóxicas son ad-versas. Haberá merenda para todos os asistentes.Xa o martes 28 de febreiro, a Praza de España acollerá a partir das cinco da tarde o concurso e desfile de dis-fraces amenizado polo grupo PK2 que rematará cunha degustación de sobremesas típicas do Entroido grazas á colaboración da Asociación de Mulleres Águeda de Rábade.Os interesados e interesadas en par-ticipar poderán inscribirse o propio martes 28 entre as catro e as catro menos cuarto da tarde en calquera das modalidades: comparsas -de adultos e infantís-, parellas e indi-vidualmente -diferenciando tamén entre adultos e categoría infantil-.

A cualificación dos participantes será determinada polo xurado do concurso que estará formado por un representante do Concello e catro persoas escollidas entre o público asistente. Cada membro cualificará de 1 a 5 puntos cada comparsa, pa-rella e individual tanto da categoría adulta coma infantil, tendo en conta o deseño dos traxes, a imaginación, a orixinalidade e a posta en escena os participantes.Os premios establecidos para as comparsas son de 280 e 100 euros os primeiros premios nas categorías adulto e infantil, respectivamente; 150 e 80, os segundos e 80 e 50, os terceiros. No caso das parellas os premios serán de 100, 50 e 30 euros para o primeiro, segundo e terceiro clasificado; mentres que entre os disfraces individuais se establecen un primeiro premio de 80 euros e un segundo de 50. A contía total dos premios ascende a 1.050 euros.

Begonte acolle unha xornada infor-mativa sobre axudas técnicas para a mellora da vida diaria no coidado e autonomía das persoas impartida pola terapeuta ocupacional Helena Traveso.A charla, que se centrará na figura do Terapeuta Ocupacional como profe-sional sociosanitario e na súa contri-bución á calidade de vida das persoas nas súas áreas de desempeño funcio-nal, desenvolverase o mércores 1 de marzo a partir das once e media da mañá na Casa da Cultura de Begonte.

O taller será concibido como un lugar de co-aprendizaxe na que os contidos abordados se adaptarán ás propias experiencias e expectativas dos participantes. A profesional incidirá no coñecemen-to de apoios técnicos para o coidado e a promoción da autonomía das per-soas, e en como adaptar obxectos co-tiás ás necesidades do coidado. A actividade está aberta a toda a po-boación interesada, previa comuni-cación da súa asistencia no teléfono 982 396 012 ou na Casa do Cultura.

Charla sobre axudas técnicas para o coidado das persoas

Page 13: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

13febreiro 2017actualidade

AO NOSO CARÓN

friol

O Vicepresidente da Deputación, Álva-ro Santos Ramos avanzou que o orga-nismo provincial financiou en Friol, cun orzamento de preto de 100.000 euros, obras para actuacións en impulso ao sector primario e rural da vila dentro do Programa de apoio ao sector agro-gandeiro, vitivinícola e pesqueiro . “Con estas axudas queremos a potenciar a calidade de vida no rural e o sector pri-mario, levando servizos públicos fun-damentais para o día a día dos veciños que viven en pequenos núcleos desta provincia, como é o caso de Friol”.Explicou que, concretamente, para a recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrogandeiros, concedéronse tres axu-das por un importe de 10.300 euros. No que se refire a axudas para a dotación de novas infraestruturas para o submi-nistro de auga no medio rural de Friol, a Asociación de Veciños de Montece-los recibiu unha subvención de 7.591 euros para a unha traída de auga.

Outra axuda correspondeulle a Asocia-ción Cultural e recreativa Carballo Vivo, dentro do Programa de equipamento de centros socioculturais, cun investi-mento de 1.391 euros para a adquisi-ción dun equipo de son.

E no Programa de mellora da mobilida-de rural e posta en valor dos núcleos ru-rais da provincia, en Friol, executáronse as seguintes actuacións: mellora de camiños de Carballo con 11.971 euros;

arranxo camiños rurais na parroquia de Xiá con 11.995 euros; arranxo camiño Seren a Guldriz cun investimentos de 10.164 euros; acondicionamento ca-miño rural na Rocha con 9.169 euros; e o arranxo de 3 camiños en bidueiro cunha aportación de 11.805 euros.

Liña de Mellora do Abastecemento e da Calidade de Auga 2016Ademais tamen se fixeron publicas as axudas deste ano para a liña de Mellora do Abastecemento e da Calidade de Auga. “Son máis de 1.200 os veciños de núcleos rurais de 21 Concellos da pro-vincia os que se benefician das axudas de 500.000 euros para a creación ou mellora de 31 traídas de auga”. Para o municipio de Friol concedeuse unha axuda para a dotación dunha traída de auga para abastecer a unha explotación de porco celta extensivo, con 4.777 euros, beneficiando aos 50 comuneiros que conforman a Comuni-dade de Montes de Carballo.

A Deputación impulsa o sector primario e o rural en Friol con 100.000 euros

O vicepresidente e o presidente da Deputación presentando as axudas ao rural.

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Friol, José Ángel Santos, copresidiron a xun-ta local de seguridade no municipio, na que participaron ademais represen-tantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.Segundo se espuxo neste encontro, a taxa de criminalidade de Friol sitúase nas 16,95 infraccións penais por cada mil habitantes, máis de catro puntos por debaixo da media da provincia (21,1) e máis de dez por debaixo da media galega (27,4), atendendo aos datos do balance presentado polo Mi-

nisterio do Interior.Das estatísticas da Garda Civil desprén-dese ademais que a delincuencia rexis-trou o ano pasado un lixeiro aumen-to con respecto ao ano anterior no municipio, se ben mantense en cifras relativamente baixas, cunha media en torno a tres denuncias ao mes por cal-quera tipo de feito delictivo. Os delitos contra o patrimonio mantéñense en idénticos niveis á anterior anualidade, mentras que baixan os delitos contra as persoas e os delitos contra a segu-ridade colectiva, entendendo como tal os delitos contra a saúde pública e contra a seguridade vial, por exemplo.

A taxa de criminalidade de Friol mantense catro puntos por debaixo da media provincial

Carballo e Santos copresidiron a xunta local de seguridade en Friol.

A Rede Museística Provincial da Deputación rexistrou un aumen-tou no número de visitas durante o ano 2016, pois foron un total de 104.811 nos catro museos que conforman a Rede Museística Pro-vincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Mu-seo-Fortaleza San Paio de Narla, e Museo Provincial do Mar. O número de visitas nos museos máis pequenos da Rede aumen-tou con respecto ao ano 2015. Así, no caso do Museo-Fortaleza San Paio de Narla foron 4.266 visitan-tes máis, en total 24.403.A Deputación de Lugo financiará as visitas dos escolares lucenses á Rede Museística Provincial a tra-vés dun Plan que está a deseñar a Área de Cultura; polo que os máis pequenos e pequenas da pro-vincia tamén poderán coñecer a fortaleza.

Máis de 24.000 persoas visitaron durante o 2016 o Museo Fortaleza San Paio de Narla

Page 14: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

14 febreiro 2017 actualidade

pol

riotorto

meira

A Deputación Provincial ten aprobado nas últimas semanas investimentos en materia de augas e mellora da rede viaria no Concello de Pol que ascen-den a máis de 91.000 euros.O goberno provincial acordaba a contratación das obras de acondicio-namento dun treito de case 1,5 quiló-metros, dende o 3,510 ao 5,010, da LU-P-4603, de Torneiros por Hermunde a Pol, con 61.100 euros. Foi nunha xunta de goberno na que tamén se acorda-ba a mellora de estradas provinciais

noutros puntos da comarca e no conxunto da provincia ata alcanzar os 1,6 millóns de euros de investimento.Tamén se dotará ao municipio polen-se dunha traída de auga incluída na liña de Mellora do Abastecemento e a Calidade de Auga do Plan de Mello-ra de Infraestruturas e Equipamentos no Medio Rural, dotado de 1.5 millóns de euros, para potenciar a calidade de vida do rural e o sector primario, levando servizos públicos fundamen-tais a núcleos moi rurais da provincia.

A parroquia beneficiada con 30.000 euros será a de Castro de Hermunde para dar servizo aos 40 veciños desta núcleo no que hai catro explotacións gandeiras.E para que as obras comecen canto antes, o o Goberno da Deputación ofrece un anticipo do 95% da axuda.

Obras executadas no 2016No ano 2016 o organismo provincial tamén realizaba melloras nas traídas de auga en núcleos moi rurais da pro-vincia que, anteriormente, ou ben non tiñan traídas de auga ou ben, eran moi deficitarias e insuficientes. Hoxe, os veciños destas zonas, ven melloradas as condicións do rural cuxa principal actividade é a agrogandeira. En Pol melloráronse un total de 3 núcleos rurais: a Asociación Parro-quial San Andrés Ferreiros dotada con 30.000 euros, na cal construíuse unha tubaxe con maior capacidade nesta zona agrogandeira de 40 casas e máis de 100 veciños; a Asociación de veciños Castro de Hermude dota-da con 27.000 euros, a cal consistiu na construción dun novo depósito e que deu servizo as 15 casas e a cinco explotacións gandeiras da zona e ao Monte Veciñal en Man Común de Pol dotada con preto de 10.000 euros na cal realizáronse traballos de melloras e captación de augas nesta zona dedi-cada á gandería.

A Deputación mellora a rede viaria e o abastecemento de auga en Pol

O Concello de Meira propón unha festa de Entroido para a noite do luns 27 de febreiro no pavillón municipal.A partir das dez da noite come-zará a festa amenizado polo dúo Os Adrianos e o concurso de dis-fraces co que se outorgarán catro premios en cada categoría -com-parsas, parellas e individuais- que alcanzan máis de 1.3000 euros.As bases do certame recollen a participación de todas as persoas, asociacións, comunidades ou co-lexios que o soliciten -aínda que os menores deberán participar baixo a responsabilidade dun adulto- a través da súa inscrición. As ins-cricións poderanse formalizar na

Casa do Concello de Meira de luns a venres en horario de mañá ou a través do teléfono 982 330 102 ou ben o propio día do desfile entre as dez e as doce da noite.O xurado valorará os disfraces conforme á confección artesanal dos traxes (5 puntos), orixinali-dade, colorido dos disfraces, bo gusto e traballo da súa creación (3 puntos) e parodia ou posta en escena (2 puntos).As comparsas -grupos de tres ou máis persoas- optarán a 650 euros divididos en catro premios; para as parellas destínanse 360 e para os disfraces individuais 300.

Máis de 1.300 euros en premios no Entroido de Meira

Os Concellos de Meira e Riotorto, en colaboración coa Asociación Cultural Avelino Díaz, convocan o I Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz co fin de “honrar ao Poeta de Meira, dar a coñecer a súa poesía e fomentar a creatividade e o gusto pola poesía”.O certame é aberto á participación de calquera persoa interesada; aínda que se establecen categorías segun-do a idade: A (de 3 a 8 anos) que só poderán participar na modalidade de debuxo; B (de 9 a 12 anos), C (de 13 a 17) e D (maiores de 18 anos) que poderán participar só na modalidade de poesía.Os debuxos serán de formato e te-mática libre; mentres que os poemas - tamén de temática e métrica libre- deberán ser escritos en lingua galega cunha extensión mínima de dúas es-trofas ou oito versos e máxima de 12 estrofas ou 50 versos. Para a súa pre-sentación as bases recollen a necesi-dade de seren escritos en letra “Arial” tamaño 12 a dobre espazo e por unha soa cara. Poderán ser ilustrados con debuxos.O prazo de entrega remata o 16 de marzo. Os traballos poderán achegar-se á Asociación Cultural Avelino Díaz

(Centro socio-cultural. Rúa Federico González, s/n, 27240 - Meira) por tri-plicado sen firma e en sobre pechado facendo constar no exterior un lema e a categoría á que se presenta. Noutro sobre, á parte, constarán estes mes-mos datos; pero tamén os dato per-soais do autor ou autora.O xurado emitirá o seu fallo o 21 de marzo, proclamado pola UNESCO en 1999, Día Mundial da Poesía, a través da web www.avelinodiaz.gal e dos perfís da asociación nas redes sociais.

PremiosOs premios serán entregados nun día por determinar na Casa da Cultu-ra de Meira. En tódolas categorías se establecen tres premios que obterán diploma -en tódolos casos- e figura conmemorativa os primeiros premios de tódalas categorías e un lote de material escolar, os segundos a ex-cepción da categoría D que recibirá un lote de libros. No caso da categoría A o primeiro premio tamén obterá un lote de libros, na categoría B un libro electrónico e na C e D, unha tableta cada un.Tamén se poderán conceder accésits.

Certame de debuxo e poesía na honra de Avelino Díaz

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuando coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre ad-ministracións, mantiña unha xun-tanza co primeiro edil do concello de Riotorto, Clemente Iglesias Gon-zález. A entrevista, que tivo lugar en San Caetano, serviu para abordar a situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nesta vila da provincia de Lugo.A Consellería de Política Social vén de incrementar en máis dun 25% as horas dispoñibles do SAF Depen-dencia en Riotorto, o que supón un aumento de 1.114 horas máis ao mes ata alcanzar as 13.368 ao ano nunha prestación de coidados no contorno familiar da que se be-nefician unha vintena de veciños e veciñas de Riotorto.Por outra banda, e no que atinxe ao mapa de infraestruturas locais que

dependen da Administración au-tonómica, este municipio lucense conta cunha vivenda sociocomuni-taria (20 prazas) construída a través do Plan Concertado e en servizo dende 2009.

Conselleiro e rexedor acordaron se-guir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administra-ción autonómica e a local para me-llorar os servizos de atención aos cidadáns.

Política Social mellora o servizo de atención a dependentes en Riotorto

Rey Varela e Iglesias mantiveron unha xuntanza sobre o SAF en Riotorto.

O rexedor local, Lino Rodríguez, tamén é deputado provincial.

O

investimento

do ente

provincial

será de máis

de 91.000

euros.Haberá festa e concurso de disfraces o luns 27 pola noite no pavillón.

Page 15: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

15febreiro 2017actualidade

TERRA CHÁ

Un ano máis o Servizo de Preven-ción de Drogodependencias dos Concellos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei, Guitiriz e Xerma-de pon en marcha o Programa de deshabituación tabáquica.Destinada ás persoas que dese-xan deixar de fumar, a actividade é gratuíta e desenvolverase no Concello de Guitiriz durante os meses de marzo, abril e maio.Aqueles interesados residentes nalgún dos concellos da agrupa-ción que desexen deixar de fumar, poden preinscribirse ata o mérco-res 22 de febreiro nalgún dos con-cellos da agrupación ou enviando os seus datos persoais e de con-tacto a [email protected]. As prazas son limitadas.

Aberta a inscrición nun novo programa de deshabituación tabáquica

Sete centros educativos da comarca participan en programas de mellora da calidade do ensinoA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa para o curso 2016/17, unha vez os centros anali-zaron nos primeiros meses de curso as necesidades do seu alumnado.Un total de 52 centros públicos da provincia de Lugo, dos que sete per-tencen á Terra Chá, beneficiaranse desta iniciativa que ten como obxec-tivos promover a excelencia educati-va e loitar contra o abandono esco-lar un 13% máis ca no curso anterior. En total poranse en marcha 105 iniciativas diferentes que procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alum-nado con baixo rendemento. Para iso, cada centro docente analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-progra-ma’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado.

Os centros participantes da Terra Chá son: o CEIP Aquilino Iglesia Al-variño (Abadín) e o CEIP O Salvador (A Pastoriza) no programa de refor-

zo e orientación do alumnado que presente dificultades -anteriormen-te PROA- igual que o CEIP Antonio Ínsua Bermúdez (Vilalba) no que ta-

mén se desenvolven programas de mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros e mellora do nivel de coñecemento para aca-dar a excelencia. Tamén participa o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Par-ga (Guitiriz) que acolle os programas de mellora de competencias clave en matemáticas, comunicación lin-güística e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Igualmente no centro de secundaria do municipio de Guitiriz -o IES Poeta Díaz Castro- tamén se desenvolven esta iniciati-vas ademais da promoción do nivel de coñecemento para acadar a exce-lencia. Pola súa banda, o IES da Terra Chá José Trapero Pardo desenvolve programas de mellora da conviven-cia e promoción da igualdade nos centros; mentres que o IES Pedregal de Irimia (Meira) ten aprobados os programas de mellora das compe-tencias clave en matemáticas e co-municación lingüística.

O “Programa de Desenvolvemen-to Rural de Galicia 2014-2020” contempla as actuacións en ma-teria de desenvolvemento rural co obxectivo de contribuir á Es-tratexia 2020 de acadar un desen-volvemento territorial equilibrado da comunidade rural incluíndo a

creación e conservación do em-prego. O programa é deseñado pola Consellería de Medio Rural e cofinanciado con fondos europeos.Dentro do PDR de Galicia destaca a Medida 19 Apoio para o desenvol-vemento local de LEADER. A Axen-cia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é o ente público xestor do programa Leader en Ga-licia. AGADER dividíu Galicia en

24 zonas de actuación do LEADER. Cada territorio está xestionado por un GDR. A Asociación de Des-envolvemento Comarcal da Terra Chá (GDR-2) presentou a Estra-texia de desenvolvemento local participativo do seu ámbito de ac-tuación (os concellos de Abadín, A

Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Riotorto, Vilalba e Xermade). A Estratexia foi elaborada coa colaboración e participación de todos os axentes socio económicos tanto públicos e privados (concellos, asociacións de veciños, culturais, comunida-des de montes, empresarios, téc-nicos de emprego locais, etc..); xa que o enfoque do Leader é de

abaixo cara arriba. Esta Estratexia conqueriu para territorio da Aso-ciación Terra Chá 3.990.451,42 eu-ros para os anos 2017 a 2020.

- Pero, quen forma parte da Aso-ciación de Desenvolvemento Co-marcal da Terra Chá (GDR 2)?- A Asociación Terra Chá (GDR 2) esta integrada por os 10 concellos do territorio (Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Riotorto, Vilalba e Xermade) e por 137 entidades pri-vadas como asociacións culturais, veciñais, deportivas, profesionais, comunidades de montes, SATs…

- Na actualidade, quen integra o ór-gano de xestión?- O órgano de xestión e a Xunta Directiva que ten 21 membros que son os representantes das Mesas Sectoriais da Asociación. Na Xunta Directiva está representado tanto o sector público como o privado, non obstante os representantes do sec-tor privado teñen unha representa-ción na Xunta Directiva superior ao 51%.

- Que tipo de proxectos xestionan? Algún exemplo dos últimos anos?- Dentro das axudas do LEADER se xestionan proxectos de todo tipo tanto produtivos como non produ-tivos. Como exemplo de proxectos produtivos que recibiron a axu-da LEADER está a creación dunha empresa destinada a central de alarmas, unha empresa destinada a formación e colocación da xente,

e como proxectos non produtivos destaca unha sala de rehabilitación para persoas dependentes.

- O orzamento da Xunta para o 2017 ten consignado un crédito de algo máis de 13,5 millóns de euros para a submedida 19.2 do GDR; mentres que para a anualidade 2018 está previsto un gasto de máis de 7,6 millóns de euros. Que actuacións se poderían ver beneficiadas?-As actuacións que abarca a Estra-texia para o territorio da Terra Chá son as destinadas as inversións en transformación e comercialización de produtos agrarios, inversións e comercialización de produtos forestais (estas dúas con moitas limitacións) tamén poderán ser beneficiarias da axuda Leader a creación e ampliación en todo tipo de empresas que desenvolvan ac-tividades non agrarias, actuacións de creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural, así como as acti-vidades recreativas e culturais, ac-tuacións de mantemento, recupera-ción e rehabilitación do patrimonio cultural e natural. Como novidade poderán ser subvencionadas actua-cións no sector servizos ou no co-mercio polo miúdo, aínda que con certas limitacións.

- Polo tanto, que tipo de entidades e sectores de actividade teñen ac-ceso a estas axudas? E que procede-mento deben seguir?- Son susceptibles de recibir axudas LEADER tanto as entidades priva-

das (empresas, autónomos, aso-ciacións, comunidades de montes, etc…) como as públicas (Concellos, mancomunidades)O mellor xeito de proceder para que os interesados en levar a cabo unha inversión (compra de equipa-mento, creación ou ampliación das instalacións, construcións de naves ou calquer outra) é que se poñan en contacto co equipo técnico da Aso-ciación Terra Chá no teléfono 982 52 30 13 ou no correo electrónico [email protected]. Na Asociación (GDR 2) informa-rémoslle e asesorarémoslle de si o proxecto é subvencionable ou non, da documentación que ten que aportar, da que ten que cubrir en definitiva dos pasos a seguir.

- Ao GDR 2 - Terra Chá foron asig-nados 563.337,58 euros para a anualidade 2017 e 370.536,91 para a seguinte ata completar 933.874,49 euros. Pero como se elixirán os proxectos aos que se dirixen?- Está dirixidos a proxectos que se realicen no territorio da Asocia-ción Terra Chá (GDR-2) e que pre-senten solicitude de axuda antes do 31 de marzo (primeira convo-catoria) ou 31 de maio (segunda convocatoria). Outra diferenza co respecto ao Leader anterior é que os proxectos serán elixidos por concorrencia competitiva ata es-gotar os fondos asignados.

“O GDR-2 apoia proxectos con 563.000 euros no 2017”Fernando Soto-Camino, técnico da Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá GDR-2

Fernando Soto-Camino.

CEIP Santo Estevo de Parga.

Page 16: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

16 febreiro 2017 publirreportaxe

CONCELLOS DA COMARCA: VILALBA

Vilalba é un municipio, capital da comarca da Terra Chá, situado no centro da provincia de Lugo que linda cos municipios de Muras –ao norte-, Abadín e Cospeito –ao les-te-, Begonte –ao sur- e Guitiriz e Xermade –ao oeste-. Conta con 379,36 km2 de extensión na que viven 14.487 habitantes, se-gundo os datos do Instituto Nacio-nal de Estatística (INE) a 1 de xaneiro do 2016. Isto tradúcese nunha den-sidade de poboación de 38,2 habi-tantes por quilómetro cadrado. Por segmentos de idade os vilalbeses e vilalbesas de entre 0 a 15 anos son 732, 4.326 as persoas empadroadas no municipio cunha idade de en-tre 16 a 64 anos; mentres que de 65 anos ou máis o INE recolle un total de 2.379 persoas. A idade media da poboación vilalbesa é de 49 anos cun índice de envellecemento do 213,6 %. Ademais, a taxa bruta de na-talidade é de 6,6 e a de mortalidade dun 14,4%.Son un total de 30 entidades po-boacionais: Vilalba e as 29 parro-quias das que Vilapedre, con 3,730 hectáreas, é a máis extensa, seguida

de Goiriz, con 3.325; mentres que San Salvador de Lanzós -a Peque-na-, con só 72 hectáreas, é a menos extensa seguida de Distriz, con 345. Polo xeral, son as parroquias do nor-te do municipio as máis extensas e as do sur, as que menos.O casco urbano comprende maio-ritariamente a parroquia de Santa María de Vilalba, pero tamén se estende a Sancovade e Mourence. Ata Goiriz esténdese tamén o po-lígono industrial, Sete Pontes, que consta na actualidade de 487.686, 25 m2 de superficie bruta na que alber-gan un cento de empresas das que 76 forman parte da Asociación de Empresarios Sete Pontes que conta tamén con 75 comercios socios e 28 establecementos hostaleiros ata alcanzar os 179 socios e asociados en total.A nivel asociativo, o rexistro muni-cipal de asociacións ten constancia de 71 colectivos no municipio dos cales 26 son asociacións deportivas, 17 asociacións de tipo cultural, 15 veciñais, 7 de mulleres, dúas educa-tivas e outras 4 doutro tipo. Praza de Santa María e Torre dos Andrade.

Unha vila con servizos

Vilalba, capital da Terra CháO municipio vilalbés supera os 14.000 habitantes

Nome: VilalbaExtensión: 379,36 km2

Poboación: 14.487 (2016)Parroquias: Alba (San Xoán), Árbol (San Lourenzo), Belesar (San Martiño), Boizán (Santia-go), Carballido (Santa María), Codesido (San Martiño), Cor-velle (San Bartolomeu), Distriz (San Martiño), Santiago de Goiriz, Gondaísque (Santa Ma-ría), Ínsua (San Bartolomeu), Ladra (San Salvador), Lanzós (San Martiño), Lanzós (San Sal-vador), Mourence (San Xiao), Nete (San Cosme), Noche (San Martiño), Oleiros (San Ma-mede), Rioaveso (San Xurxo), Román (Santalla), Samarugo (Santiago), Costa (San Simón), Sancovade (Santiago), Santa-balla (San Pedro), Soexo (Santa María), Tardade (Santa María), A Torre, Vilalba (Santa María), Vilapedre (San Mamede) e Xoi-bán (San Salvador).

DATOS

Vilalba ofrece diversidade de ser-vizos aos vilalbeses e vilalbesas a través, por exemplo, da área de Servizos Sociais –que desenvolve diversos programas dirixidos a di-ferentes segmentos da poboación entre os que se atopa o Centro de Información á Muller- ou, da área de servizos xerais –coma o Servizo Municipal de Augas ou da Reco-llida do Lixo a través de empresas concesionarias e de infraestruturas específicas como é o caso da Planta Potabilizadora de Auga ou o Punto Limpio. Outros servizos son xestio-nados por fundacións das que for-ma parte o Concello como é o caso do Centro Ocupacional Vilalba – Te-rra Chá. Tamén de titularidade municipal son outras infraestruturas que aco-llen actividade coma o Mercado Municipal, recentemente modela-do; ou, no eido cultura, o Auditorio Municipal, o Conservatorio de Mú-sica Municipal, a Casa da Cultura e a Biblioteca Municipal; e, no de-portivo, o Pavillón Polideportivo, a Piscina Municipal ou as instalacións deportivas da Magdalena.Vilalba, como capitalidade comar-cal, alberga un edificio administra-tivo comarcal da Xunta; pero tamén con outros servizos pertencentes a redes autonómicas coma o Centro

de Saúde, o Espazo Xove, o Centro de Seguridade Social (Terceira Ida-de) ou o albergue de peregrinos.O Parque Comarcal de Bombeiros completa os servizos de emerxen-cias de Vilalba xunto aos efectivos permanentes de Protección Civil do Concello –divididos en tres quen-das- e a Agrupación de Voluntarios que consta de tres grupos -Alpha, Bravo e Delta integrados por 11, 10 e 10 voluntarios, respectivamente-. En materia de seguridade, o Concello de Vilalba conta tamén con 12 efec-tivos de Policía Local: un inspector xefe, dous oficiais, seis policías e tres auxiliares de policía.En materia educativa, o municipio conta cunha Escola Infantil ‘A Gali-ña Azul’, o CEIP Terra Chá (Román), Monseivane (Lanzós) e tamén cun-ha Escola de Educación Infantil, os CEIPS Ínsua Bermúdez, Mato Vizo-so e os IES Santiago Basanta Silva e Lois Peña Novo, estes últimos cinco centros concentrados na rúa Quart de Poblet.Eran 1244 os alumnos e alumnas non universitarias matriculadas en centros públicos no 2015. Deles, 272 en educación infantil, 571 en educa-ción primaria e 412 na ESO.Charca do Alligal, queixo San Simón da Costa e capela de San Nicolás no castro da Torre.

Page 17: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

17febreiro 2017publirreportaxe

Praza de Santa María e Torre dos Andrade.

Unha vila con servizos

O pico

máis

alto do

municipio

é o monte

Monseivane

na Serra

da Carba

Multitude de vestixios prehistóricos se poden atopar pola zona coma o lugar de Pena Grande ou do Carrizo, ambos na parroquia de Santaballa, igual que Pedrachantada ou a Me-doña do Estelo que xunto á Roza das Modias, de San Xoán de Alba, zona as principais pegadas do Neolítico no municipio.Os asentamentos castrexos tamén teñen presenza no municipio vilal-bés, aldeas da Idade de Ferro que nalgúns casos foron romanizadas. Algúns exemplos son o castro de Nete, o castro de Belesar –ou Santa Catarina-, o castro da Torre -ou de San Nicolás-, o castro de Vixil (Boi-zán) ou o Castro Grande ou castro de Gondaísque.A Torre dos Andrade é unha cons-trución de forma octogonal que chegou aos nosos días como restos dun castelo sucesor doutra fortaleza de principios do século XIV destruí-da na Primeira Revolta Irmandiña en 1341 para ser reconstruída aínda que derrubada de novo na Segunda Re-volta Irmandiña (1467-1469). Ata o escudo do concello de Vilalba recolle a súa figura en sinal da súa relevancia entre o patrimonio his-tórico da arquitectura civil que con-serva a vila xunto á casa-torre de Co-desido –declarada Ben de Interese

Cultural (BIC) pola Xunta- e outros pazos do municipio coma o de Pe-nas-Corveiras na parroquia de San-covade ou o pazo de Arán, en Ladra; o pazo de Meire, en Belesar, agora dedicado á cría de cabalos españois; e o pazo de Vilamartín, en Rioaveso, construído polos Sanjurjo-Monte-negro . Outros pazos do municipio son o de Samarugo e os de Bodán e Pude, en San Simón da Costa.A actual Casa da Cultura, levantada no 1842 como sede do Concello, ta-mén foi cárcere do partido carlista. E outra mostra da arquitectura civil en Vilalba constitúena as Escolas Haba-neras construídas a principios do sé-culo XX por iniciativa dos veciños da zona emigrados a Cuba en Goiriz, Lanzós e Santaballa, por exemplo. Nesta última parroquia pódese visi-tar unha recreación dunha aula dos anos 20 trala súa rehabilitación que se suma á recreación dun poboado castrexo nas inmediacións da pro-pia escola co que difundir a cultura propia.E sendo Vilalba unha zona fluvial, non podían faltar as pontes, desta-cando a ponte vella de Martiñán –unha construcción do século XVII- e a de Saá –restaurada respectando o seu trazado medieval orixinal-. Espallados pola xeografía vilalbesa

consérvanse moitoas mostras de arquitectura relixiosa. Cada igrexa parroquial agocha a súa propia his-toria e elementos patrimoniais. Un destes exemplos constitúeo a igrexa de San Simón da Costa, sita no lugar do Valado, que foi construída entre os anos 1802 e 1804 en substitución do antigo santuario e se considera “a catedral da Terra Chá” polas súas dimensións. A cultura popular e a mestría dos canteiros da zona deixaron en Vilal-ba unha fonda pegada de cruceiros nos camiños e atrios do municipio. Por riba de todos destaca o de Lan-zán, sito na parroquia de Tardade, por ser unha das cruces máis deco-radas de Galicia. E no centro de Vi-lalba atopamos o cruceiro dos Catro Camiños, cruz de granito á que se honra todos os anos coa “Festa do Cristo”, celebración na que a veci-ñanza a decoran con flores. Data do 1874 e nel está a figura de Cristo no anverso e a da Dolorosa no reverso.Froito da tradición agrícola da co-marca chairega e do cultivo de ce-reais en especial, xurden constru-cións da arquitectura popular tales como o muíño do Rañego, sito na beira do río Ladra e reconstruído re-centemente, e o cabazo de Portoce-lo, situado na parroquia de Distriz.

O patrimonio que debuxa a súa Historia

A

paisaxe da auga domina a Terra Chá e Vilalba ofrécenos unha boa mostra destes entornos naturais, como a praia fluvial da Madalena -que recibe o nome dun dos prin-cipais ríos do municipio-, a Charca do Alligal –fonte de augas medici-nais bicarbonatado-cálcicas e de moi feble mineralización que bro-tan no medio de fragas e chousas de bidueiros e que poden alcan-zar os 23ºC- ou as ribeiras doutros ríos que discorren por estas te-rras. De feito, pertencen ao Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Ladra-Parga-Támoga da Zona de Especial Conservación (ZEC) Hu-midais da Terra Chá, á Reserva da Biosfera Terras do Miño e á Rede Natura 2000.Pero xunto á chaira e á auga es-tán a Serra do Xistral e o monte Monseivane, o mirador natural da comarca debido aos seus 929 me-tros de altitude que o constitúen coma o pico máis alto da Serra da Carba.Calquera das súas riquezas na-turais pódense contemplar a través das rutas que percorren o concello: o paseo fluvial, o casco histórico, a ruta do Monseivane ou a ruta Señardades de Santaba-lla e as etapas 29 e 30 do Camiño Norte de Santiago: Abadín-Vilalba (20,2 km) e 30 Vilalba-Baamonde (21 km).

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) eran 1.651 as em-presas rexistradas no municipio vi-lalbés no ano 2015. Por condición xurídica eran 1.233 persoas físicas, 283 Sociedades de Responsabili-dade Limitada, 10 cooperativas, 4 Sociedades Anónimas e 121 con outra condición. Clasificadas se-gundo a súa actividade as maiori-tarias son as empresas de servizos, 836; seguidas das relacionadas coa agricultura e a gandería, 548; as de construcción, 174; e, finalmente, das 93 industrias. Atendendo ao estrato de asalariados das mesmas, 1.460 dispoñían de 0 a 2, 107 suma-

ban entre 3 e 5 persoas empre-gadas, 48 empregaban entre 6 e 9 persoas, 29 son as que contan en-tre 10 e 19 persoas asalariadas, só 2 empresas dan traballo a entre 20 e 49 persoas, 3 a unha cifra entre 50 e 99 e só 2 suman entre 100 e 249 traballadores e traballadoras cada unha.Con todo, o índice de autosufi-ciencia en emprego no 2013 era do 76,9 %; é dicir, preto de 77 persoas afiliadas á Seguridade Social traba-llaban no propio municipio. O Produto Interior Bruto (PIB) por habitante no municipio era, no 2014, de 18.124 euros.

As cifras da actividade económica

A paisaxe da auga domina a Terra Chá e Vilalba ofrécenos unha boa mostra destes entor-nos naturais, como a praia flu-vial da Madalena -que recibe o nome dun dos principais ríos do municipio-, a Charca do Alli-gal –fonte de augas medicinais bicarbonatado-cálcicas e de moi feble mineralización que poden alcanzar os 23ºC- ou as ribeiras doutros ríos que discorren por estas terras. De feito, perten-cen ao Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Ladra-Parga-Támoga da Zona de Especial Conservación (ZEC) Humidais da Terra Chá, á Reserva da Bios-fera Terras do Miño e á Rede Na-tura 2000.Pero xunto á chaira e á auga es-tán a Serra do Xistral e o monte Monseivane, o mirador natural da comarca debido aos seus 929 metros de altitude que o cons-titúen coma o pico máis alto da Serra da Carba.Calquera das súas riquezas na-turais pódense contemplar a través das rutas que percorren o concello: o paseo fluvial, o casco histórico, a ruta do Mon-seivane ou a ruta Señardades de Santaballa e as etapas 29 e 30 do Camiño Norte de Santiago: Aba-dín-Vilalba (20,2 km) e 30 Vilalba-Baamonde (21 km).

Chaira e auga

Feira cada primeiro domingo de mes.

de Saúde, o Espazo Xove, o Centro de Seguridade Social (Terceira Ida-de) ou o albergue de peregrinos.O Parque Comarcal de Bombeiros completa os servizos de emerxen-cias de Vilalba xunto aos efectivos permanentes de Protección Civil do Concello –divididos en tres quen-das- e a Agrupación de Voluntarios que consta de tres grupos -Alpha, Bravo e Delta integrados por 11, 10 e 10 voluntarios, respectivamente-. En materia de seguridade, o Concello de Vilalba conta tamén con 12 efec-tivos de Policía Local: un inspector xefe, dous oficiais, seis policías e tres auxiliares de policía.En materia educativa, o municipio conta cunha Escola Infantil ‘A Gali-ña Azul’, o CEIP Terra Chá (Román), Monseivane (Lanzós) e tamén cun-ha Escola de Educación Infantil, os CEIPS Ínsua Bermúdez, Mato Vizo-so e os IES Santiago Basanta Silva e Lois Peña Novo, estes últimos cinco centros concentrados na rúa Quart de Poblet.Eran 1244 os alumnos e alumnas non universitarias matriculadas en centros públicos no 2015. Deles, 272 en educación infantil, 571 en educa-ción primaria e 412 na ESO.

Vilalba acolle mercados tódolos martes e venres; feiras cada pri-meiro domingo de mes que non sexa día 1 e feiróns os terceiros martes do mes comprendidos en-tre o 17 e o 22. Pero, ademais, hai outras citas anuais na vila, algun-has con máis tradición ca outras, coma: a Festa dos Pepes e Pepas, a Feira e Festa do Queixo San Si-món da Costa, o FIV de Vilalba, as festas patronais de San Ramón e Santa María –que inclúen a Festa da Terceira Idade, a Xira, pasando polos propios 31 de agosto e as ac-tividades do Certame Literario de Vilalba- ou a Feira do Capón.Ademais dos produtos aos que se honran en eventos específicos coma o queixo da DOP San Simón da Costa - que conta na actualida-de con 11 queixerías e un volume medio de producción de medio millón de quilogramos ao ano- e o Capón de Vilalba -que chega ás ceas de Noiteboa de moitas familias dende as granxas de 58 criadores que alimentan de xeito tradicional arredor de 1.700 exem-plares cada ano-; outra das xoias gastronómicas da vila é o Roscón de Vilalba.

De feira e festa

Numerosas

construcións

de tipo civil

e relixioso

deixan

constancia

da pegada

da Historia

en Vilalba

Page 18: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

18 febreiro 2017 colaboracións

COLABORACIÓNS

Por Lara Real LemaPsies Psicoloxía

O outro día no medio dunha conversa, o meu interlocutor afirmou cheo de ra-zón: “quen me dera

volver aos dezaoito anos sabendo o que sei agora”. Eu moi segura ta-mén, afirmei que eu non voltaría a esa idade porque aínda que soube-se o que sei agora (que non sei se é moito ou pouco) estou segura que non me faría moito caso.En realidade non teño interese en volver a ter dezaoito anos por moi-tas cousas, entre outras porque a esa idade pensaba que o sabía todo (si, podedes incluír aquí unha risotada sarcástica) e en realidade non sa-bía gran cousa. Esta confianza na miña suposta sabedoría, deberíame ter axudado a ir polo mundo cunha gran seguridade en min mesma, pero non. Curiosamente, o feito de pensar que sabía moito, combinábase cun-ha morea de inseguridades despro-

porcionadas e bastante absurdas que agora xa non me importan ou das que me queixo mentres pido outra tapa, co que poido dicir que están superadas. E non, non quero volver a aquelo.Aos dezaoito consideraba que o máis importante era ter un mozo. Daba igual se non era o axeitado, se non tiñamos nada en común ou se ao meu entorno non lle gustaba. Tiña que ter un. A idea da media laranxa calara fondo na miña cabeza. Se non tiñas mozo non estabas completa e o que era peor, podías quedar solteira, como aquela monxa que nos daba clases de labores e a que plantaran no altar. Agora aínda que prefiro que alguén me acompañe, sei que non preciso que ninguén me complete. Eu son una laranxa enteira! Aos dezaoito anos facía grandes es-forzos por caer ben e integrarme con todas as persoas que ía coñecendo. Con trinta e seis sei que é imposible gustarlle a todo o mundo e o que pensen os demáis non é o meu pro-blema. Sorrío cando me apetece e non só por parecer máis simpática, e seguramente río máis porque é de verdade. Quizais non teño tantos co-ñecidos como antes, pero conto con amigos de verdade, de eses que igual se lles esquece o teu aniversario pero que van a estar aí cando o precises e que teñen unha especie de sexto sentido para saber cando estás mal.Aos dezaoito anos pensaba que tiña que ter un plan para a miña vida en-teira, que todo tiña que seguir unha planificación meticulosa e me pre-sionaba para cumplir con aquel plan autoimposto. A vida ensinoume que facer plans a longo plazo é entreti-do, pero poucas veces se cumpren, e non, non pasa nada por non seguir a folla de ruta que trazaches con tanto esmero na túa imaxinación.Quizais o máis importante é que aos dezaoito queríame pouco, compa-rabame moito e xulgábame dura-mente. Agora si que me valoro, non cheguei ao punto de amarme dunha forma sobrehumana, como cantaba Rocio Jurado, pero estou contenta coa persoa que son, non me com-paro e tento cambiar as cousas que non me gustan, pero sen sentirme culpable se tardo en conseguilo. Cos dezaoito multiplicados por dous, sei que a felicidade é un estado pasaxei-ro e aprendín a desfrutar do momen-to sen darlle moitas voltas a canto vai durar.E vós ¿volveriades aos dezaoito?

Maravillosa-menteVoltar aos dezaoito

Por Pilar Novo

S e non queres que se che dispare a factura enerxé-tica por culpa dun gasto excesivo en calefacción, toma nota destes sinxelos

trucos de aforro.Baixar persianas de noite: Tendo en conta que os peches de xanelas adoitan estar mal illados, resulta im-prescindible baixar as persianas e correr as cortinas antes de deitarnos para evitar que se perda a calor acu-mulada durante o día.De día, persianas abertas: Si, onde dixen digo, agora digo diego e é que moita xente adoitan correr as corti-nas e baixar as persianas cando se van de casa pola mañá. Mal feito! Facendo isto evitamos que a calor do sol diúrno entre en casa e a quente. Se deixamos as persianas subidas e non corremos as cortinas aforraré-monos calefacción cando volvamos a casa.Quitar o termostato cando estamos fóra: Se ao saír de casa poñemos o termostato a cero, cando volvamos pola noite estará máis fría do ha-bitual e a potencia requirida para quentala será maior. O correcto é eli-xir un valor límite para o termostato a partir do cal se poña en marcha a calefacción. Así evitamos que a casa se arrefríe máis da conta e escápese a calor.

Ventilar a casa ao mediodía: Sempre que nos sexa posible, deberemos ventilar a casa ao mediodía, sobre todo se a xornada está a ser cálida e asollada.Habitacións abertas: Se temos a cale-facción posta e todas as habitacións abertas, o volume de espazo a quen-tar aumenta considerablemente. As habitacións que usamos a unha hora determinada, como os dormitorios, ou durante un breve espazo de tem-po, como o baño, mellor quentalas un intre antes de utilizalas ou utilizar puntualmente un quentador de aire.Radiadores abertos en habitacións

pechadas: Pechar as habitacións pero deixar os radiadores abertos: Velaquí unha maneira absurda de aumentar a factura do gas. Lembra,

pechar o radiador nas habitacións que usamos pouco é unha exce-lente medida de aforro sempre que tamén peches a porta da habitación.Revisión dos illamentos: ¿A que al-gunha vez che decataches de que se coa aire frío polas xanelas ou, o que é o mesmo, que se escapa o aire quente por onde non debería? Si, re-visar se as xanelas pechan ben ou se as portas están debidamente illadas é primordial. Tamén é importante examinar os enmasillados de cristais e xanelas para asegurarnos de que están en perfecto estado e non rese-

cos e gretados.Seguro que xa estabas ao tanto de moitos destes consellos, pero nunca vén mal lembralos.

Enerxía e aforrocoa Asesoría Enerxética Terra Chá

Consellos de aforro na factura do gas

Page 19: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

19febreiro 2017colaboracións

Por Xavier López Castro

Aínda hoxe, poucos sa-ben que Galicia xogou un papel esencial du-rante a Segunda Gue-rra Mundial. De feito,

persisten na sociedade algúns mitos, como aquel que asegura que Franco procurou a neutralidade española, garantiu a paz e salvou a España do horror que invadiu Europa entre 1939 e 1945. As tristemente desapa-recidas torres do Arneiro eran o últi-mo vestixio material da implicación franquista no conflito. O que aquí se recolle é súa historia.As torres -ou antenas- do Arneiro teñen a súa orixe nunha débeda. O golpe de estado de 1936 debuxara en España un panorama de difícil so-lución, no que a reacción das gran-des potencias determinaría o curso e o desenlace da Guerra Civil. Os mili-tares sublevados carecían, de por si, de forza suficiente para conquistar o poder, pero a axuda da Italia fascista e da Alemaña nazi, unida á política de “non intervención” de Francia e Gran Bretaña, serían determinantes na posterior vitoria de Franco. Pou-cos anos despois, a Segunda Guerra Mundial viría a constituír o escena-rio perfecto para devolverlle o favor ó Eixe. O problema do réxime era que a Es-paña de 1939 estaba inmersa na ruí-na; a guerra deixara tras de si un país dividido en dous, famento e cunha economía destrozada. Isto imposi-bilitaba a intervención directa da ditadura no conflito internacional, a pesar da afinidade ideolóxica que os unía coas potencias fascistas e do

compromiso adquirido con estas. Así, a Franco non lle quedou máis al-ternativa que declararse oficialmen-te neutral, un estatus que non impe-diu a orientación secreta a favor dos intereses do Eixe. A axuda oculta pasaría a ser practicamente explícita dende a caída de Francia no 1940, cando España pasa de “neutral” a “non belixerante”, pero iría atempe-rándose dende a batalla de Stalingra-do e especialmente a partir de 1943, coa invasión de Italia por parte dos Aliados e as sucesivas derrotas do Terceiro Reich. Poderíamos dicir que, durante a guerra, a actitude de Franco foi cambiante e marcada polos acontecementos, pero sempre afín ós intereses do Eixe. Se nun últi-mo momento se afastou do fascismo, sería para lograr que o réxime fose aceptado polas potencias democrá-ticas europeas no escenario interna-cional que xurdiría trala previsible derrota de Alemaña.Pero por que Galicia, en maior me-dida que outros lugares da penínsu-la, foi tan esencial para os intereses de Hitler? Dende o principio da Se-gunda Guerra Mundial, alemáns e británicos estaban enfrontados polo dominio dos mares na coñecida como Batalla polo Atlántico. Os sub-marinos alemáns (os U-boot), cons-cientes de que non podían derrotar á poderosa Royal Navy británica, intentaban debilitar ó seu inimigo bloqueando a chegada de recursos americanos ás illas. Seguindo a es-tratexia do almitante nazi Karl Dö-nitz, máis de 32.000 mariñeiros mer-cantes serían presa dos U-Boot. Para levar a cabo este plan, Galicia era esencial: aberta polo oeste ó Atlán-tico e polo norte á Baía de Biscaia, dispoñía dunha localización perfec-

ta. Tanto, que os principais portos galegos tamén foron utilizados polos alemáns como lugar de reaprovi-sionamento e repostaxe de navíos. En resumidas contas, a navegación polo Atlántico norte adquirira unha gran importancia durante os anos corenta. Nese contexto é no que se inscribe a instalación das antenas do Arneiro.

Pasando por alto as normas aplica-das ós países neutrais polo Dereito Internacional, as antenas puxéronse en pé no ano 1940. Eran tres enor-mes estructuras metálicas de máis de cen metros de altura, situadas entre os concellos de Cospeito e Abadín, e separadas entre si uns tres quiló-metros. A antena central colocouse no Arneiro, e as dúas repetidoras na Graña e en Momán. O comple-

xo incluía o aeródromo de Rozas, dende o que se podía suministrar apoio loxístico e pezas para o man-temento das antenas. O certo é que o goberno español estaba encantado coa creación destas instalacións no seu territorio; desexaba a chegada de técnicos alemáns que sentasen as bases da aeronáutica española, moi atrasada ata daquela. En contraparti-

da, o Exército do Aire debía propor-cionar a protección armada do lugar. O acordo da colaboración hispano-xermana firmárase no 1940, entre o xeneral Juan Vigón e o agregado aéreo alemán en Madrid, o xeneral Krahmer. O sistema das torres, coñecido como Elektra-Sonne, era un invento do enxeñeiro checo Ernst Kramar para a empresa Standard Elektrik Lorenz. O

seu cometido era guiar ós avións da Luftwaffe e ós submarinos da Kriegs-marine polo Atlántico norte. As do Arneiro non eran as únicas; Hitler levantara dezaseis antenas similares ó longo das costas europeas. Estas permitían, cun simple cruce de emi-sións, que as unidades alemás coñe-cesen a súa situación, localizasen buques inimigos e calculasen a súa autonomía para regresar a porto con gran fiabilidade: toda unha revolu-ción para o mundo da navegación marítima e aérea da época. En Espa-ña había outro emisor Sonne en Se-villa -as torres de Guillena, derruba-das nos anos noventa- pero a antena peninsular máis importante era, sen dúbida, a ubicada en Galicia, debi-do á importancia que tiña o control do Golfo de Biscaia na Batalla polo Atlántico. A instalación das torres suscitou, dende o primeiro momento, un gran interese por parte dos servizos se-cretos aliados, que chegaron a dese-ñar un plan para sabotealas. A idea abandonaríase por dous motivos: primeiro, porque estaban situadas nun país teoricamente neutral; e se-gundo, porque a aviación dos EEUU e a RAF descubriran que podían interceptar o sinal emitido e empre-galo no seu proveito. Hai investiga-dores que afirman que os Aliados chegaron a suministrar pezas para reparar o sistema, o que confirmaría que os dous bandos utilizaron o sinal do Arneiro. Tamén se di que, unha vez coñecido o seu funcionamento, as forzas aéreas aliadas utilizaron a estación para orientar ás súas unida-des en misión de patrulla antisubma-rina, convertíndose así nunha arma de dobre fío para os intereses ale-máns. No verán de 1943, ata trinta e seis U-boot serían detectados e afun-didos preto das costas galegas na ba-talla final polo Atlántico norte grazas ó sinal emitido dende a Terra Chá. O temporal deste mes fíxome recor-dar as torres do Arneiro. Desapare-ceron durante o inverno do 2009, incapaces de sobrevivir ó vento e á indiferencia dos políticos.

As torres do Arneiro Parte I: A historia oculta

Torre do Arneiro dende abaixo.

Por Marta Rodríguez EngrobaAsociación Si, hai saída

E s t e s días aparecía nalgúns medios de comunicación a nova dunha muller que, con sesenta e catro anos, e

despois de someterse a unha fecun-dación in vitro, acababa de ser nai de xemelgos.Se xa o dato da súa idade resulta, como mínimo, chamativo, hai ou-tro que rechía aínda mais: Non hai moito, esta muller tivo outra filla, concibida do mesmo xeito, e da que se lle retirou a custodia por atoparse

a nena en situación de desamparo.Non sei a vos, pero a min este caso faime reflexionar sobre varios aspec-tos, que redundan no mesmo e mais importante: Os dereitos dos nenos, algo que semella esquecerse con demasiada frecuencia e facilidade.Primeiramente, e no que atinxe a idade da nai, non debemos pasar por alto, por exemplo, que cando os nenos comecen a escola, sua nai es-tará a moi poucos anos de cumprir os setenta.Cando se acheguen a adolescencia, ela atoparase preto dos oitenta.......Pouco mais se precisa engadir, non si?.Sei que mais dun e dunha dirá que esta muller ten todo o dereito do mundo a exercer o seu dereito a ser nai se lle peta, e no momento que se lle antolle, teña os anos que teña. Pode que si, non digo que non, pero, aparte de que estou convenci-da de que, con uns lóxicos marxes, na vida hai unha etapa para cada cousa, etapas que moitas veces, a maioría de feito, a propia natureza nos vai marcando, e contra as que

é totalmente inútil, ademais de irra-cional, empeñarse en librar unha batalla perdida de antemán, qué vai pasar con eses meniños no futuro, por moi lonxeva que sua nai chegue a ser?.Por non falar de que é imposible que cando se chega case a o ecua-dor dos sesenta e impensable que ninguén sexa quen de ter a mesma enerxía, paciencia e fortaleza que se precisan para criar uns fillos. Por outra banda, está o feito de que, hai poucos anos, esta muller tivo, polo que se ve, outra “arroutada” de instinto maternal, e someteu-se a idéntico proceso, para traer a o mundo unha nena a que, a vista está, non foi quen ou non quixo dar-lle os coidados que precisaba, e que presentaba, segundo os Servizos Sociais, illamento, unha deficien-te hixiene persoal, vestimenta non axeitada e absentismo escolar, moti-vo polo cal foi decretada a acollida da nena. Hai dereito a isto?. E qué hai algún neno ou nena no mundo que mere-za pasar por algo así?.

Esta muller foi fecundada en ambas ocasións en EEUU, e deu a luz no Hospital Recoletas de Burgos, un hospital privado que e un referente en canto a súa avanzada tecnoloxía sanitaria, o que é unha mostra mais que evidente da súa desafogada po-sición económica, ou, dito doutro xeito, o mal estado da nena non se debía, porén, a precariedade contra a que súa nai tiña que lidiar para criala en condicións, pero, pola razón que fora, e evidente que a crianza da súa filla ou ben se lle fixo grande ou non era, nin de lonxe, a súa prioridade. Agora, non moito despois, repite a súa “fazaña”.....con qué finalidade?.Qué acontecerá esta vez?. Tentará, dentro da peculiaridade cronolóxi-ca, criar a os seus fillos, mentres teña folgos, do mellor xeito posible,ou, pola contra, novamente decidirá que ten cousas mellores que facer?.Falamos moi alegremente de dere-itos e todos os defendemos e mes-mo os reivindicamos se procede, pero cando falamos dos dereitos dos mais pequenos, deses nenos e

nenas indefensos, que non piden vir a o mundo, e que, moitas veces, acaban por pagar as indesexables cando non tráxicas consecuencias da inconsciencia de quen vai a súa procura primeiro e prescinde deles ou os arrincona despois como se de un accesorio ou un xoguete que xa lles aburre se tratara?. Quen os de-fende de esa envelenada liberdade que permite ser nai a quen non me-rece que se lle chame nin sequera persoa?.Un neno non é unha mercadoría, nin un obxecto do que nos encapri-chamos e o mercamos para deixalo despois, cando nos aburra, esque-cido nun caixón. E un ser humano que depende dos coidados de quen di querelo, que precisa no soamente satisfacer as súas necesidades mate-riais, senón amor, atención e com-prensión.Insisto, e non me cansarei de re-petilo: Falamos ata a saciedade de dereitos, pero dos dereitos dos mais vulnerables, dos indefensos, dos dereitos dos nenos, deses dereitos, cando falamos?.

E dos dereitos dos nenos, cando falamos?

Page 20: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

20 febreiro 2017 colaboracións

Por Ramón Paz GuntínA Casa dos Marios

Cheo de ventos furiosos e sorprendentes, fríos e calamitosos, con auga e neve mesturados para amolar onde cada quen

non quere pasar por alto o “día das candeas” festa tradicional que conme-mora a Purificación da Virxe María, símbolo de Luz e Esperanza, denomi-nado día de “Santa Candelaria” onde o refrán clásico acredita o paso do tempo que di “pola Candeloria a metade do inverno vai fóra; ¡e aínda chora! que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.A beirarrúa coa súa experiencia de tantos anos vividos, prefire calar... e re-comenda para enfrontarse e combater os resfriados, calorías axeitadas con re-medios naturais caseiros. E que choiva!A valla ao servizo do Pobo desexa a todos e todas celebrar con alegría o día

de San Brais que medran os días unha miguiña mais onde xa as raioliñas do sol locen e caldean o ambiente para fa-celo tempo máis agradable e levadeiro.A beirarrúa coma sempre desexa e recomenda que o bo humor non falte porque basicamente é fundamental para evitar pensamentos negativos cau-santes de pesimismos non necesarios. Por iso a valla ao servizo do Pobo fai plans axeitados para celebrar os fes-texos na honra de San Valentín, pa-trón dos namorados, onde conxunta ou individualmente cadaquén desexa participar con amor e felicidade cari-ñosamente.Todos e todas dependentes da beirarrúa e da valla ao servizo do Pobo prepáran-se para celebrar o Antroido con xeito: co clásico cocido coa correspondente “cacheira”, principal ingrediente, nos xantares carnavalescos tradicionais o mesmo que as orellas e os freixós son as deliciosas sobremesas prefe-rentemente estimadas para animalos festexos do clásico “lambón” xunto cos disfraces correspondentes que ca-daquén conxunta ou individualmente participan graciosamente....

Conclusión:¡Dichoso febreiriño!cada ano diferente...¡Antroido festexeiro!para divertir a xente...

A Valla ao servizo do Pobo e a beirarrúa: ¡Febreiriño!

Por Pablo Veiga

M oitos pecados tiveron que co-meterse neste querido noso País chamado

Galicia para non sermos quen de librarnos das penitencias que nos están a tocar desde tempos remotos. Algún maleficio caeu sobre os galegos para que sufra-mos unha e mil desgrazas. Os grandes poetas que deu a Terra, como Rosalía ou Curros Enríquez, plasmaron coma nin-guén o atraso que padecíamos naquela época e o desprezo que recibíamos desde a capital cas-telá. Consecuencia do mesmo, a emigración, auténtico cancro que minorou de forma dramáti-ca a poboación das zonas rurais. Iniciado o século vinte, mentres outros territorios se beneficia-ban dos adiantos técnicos e pa-seniño ían industrializándose, nosoutros, agás en bisbarras moi

concretas, seguíamos a ser unha sociedade rural anquilosada, sen avances e condenada ó es-tancamento. Houbo unha gue-rra, como todas maldita, que de-rivou nunha ditadura á fronte da cal estaba, curiosamente un que seica naceu no Ferrol. Pero non se notou moito. De novo, os se-senta e setenta foron testemuñas da marcha cara outras comuni-dades e incluso para outros es-tados europeos de milleiros de mozos e mozas na procura dun futuro que acó se lles negaba. O resultado de todo elo queda re-sumido en dous conceptos: des-poboamento e envellecemento. Entregamos o máis prezado que ten unha comunidade para o progreso doutros lugares, a xen-te, e que o recibimos a cambio non foron máis que esmolas. Ata tampouco tivemos sorte coa Igrexa; si houbo valentes e reco-ñecidas excepcións, pero foron iso, rarezas no medio dun cle-ro que non adoitaba combater unha triste realidade. Esta reflexión ven a conto do que aconteceu recentemente por Galicia adiante. Logo dun-has semanas sen choiva, un sim-ple temporal, que non foi un fu-racán, nin un tornado nin unha catástrofe natural desmedida, senón un vendaval semellante a outros que entran polas nosas costas e que derivou en cortes masivos de luz eléctrica. E non

precisamente durante un par de horas, senón que nalgúns casos ata tres ou catro días. Grave-mente afectados resultaron as granxas leiteiras, con perdas cuantiosas ante as dificultades de realizar as tarefas de muxido e conservación do leite nos tan-ques de frío. Ademais de prexu-dicar ó conxunto dos negocios e fogares particulares. Todos vi-mos imaxes nos medios de co-municación das consecuencias da inutilidade desas grandes empresas eléctricas en solucio-nar o problema. As mesmas que non se ruborizan á hora de subir o o prezo da luz a diario, escu-dándose en que non chovía, que facía moito frío e o consumo era moi elevado. As mesmas que de vez en cando sorprenden cunha fichaxe estrela, como esta últi-ma, un recoñecido personaxe, con diversos cargos públicos ás súas costas e que o seu historial non se caracteriza pola empatía para a nosa lingua nin para os nosos intereses en xeral. A pe-sares que o seu berce por aquí se atopa. Unha aldraxe máis que achan-tamos con ela. Pero á hora de mobilizarnos, existen outras prioridades, como a decisión do bispado de trasladar un cre-go de varias parroquias. Aquí si vemos pancartas e manifesta-cións. Bueno …

Aldraxe tras aldraxe

Por Antón Tenreiro

As treboadas des-tes días, esas que agora levan o rin-bombante nome de cicloxénese explo-

siva -manda carallo-, ademais de facernos lembrar con bas-tante mala ostia do compadreo do goberno de Rajoy coas eléc-tricas (a última proba, a porta xiratoria para “Cuco” Fernán-dez de Mesa no Consello de Red Eléctrica Española), tráeme tamén á memoria un nome re-lacionado coa luz eléctrica por razóns moito máis positivas: Antonio Castro. No 2019, cumpriranse 60 anos da chegada da luz eléctrica aos Vilares e por eses tempos, tamén, a outras moitas parro-quias da comarca pola inicia-tiva dun home autodidacta, formado na Habana na insta-lación de cableado telefónico na capital da illa, amante da música e das artes e preocupa-do por levar calidade de vida a un rural naqueles tempos su-

mido na escuridade. Lembrao a súa filla carretando postes por montes e corredoiras co seu Ford, sabedor de que máis aló duns troncos e uns fíos de ca-ble estaba clavando os peares da calidade de vida futura. A luz eléctrica, supuxo un adian-to repentino que levou ao rural ao cambio, a abrirse ao mundo tecnolóxico despois de séculos. Non exento de problemas pola precariedade de materiais e re-cursos hidráulicos para xerar corriente, debeu tamén enfren-tarse, xa daquela aos intereses de compañías máis interesadas no negocio que no servizo. Antonio Castro ten realizado instalacións sen contador en numerosas vivendas sen recur-sos e sofrido boicots mesmo en datas tan emblemáticas como A Pascua daquel 1959 na que tiña previsto sacar das tebras dos candís e das velas á súa parro-quia. António, como tantos xe-nios, foi un mal negociante do que compañías como FENOSA e Barras Eléctricas teñen sacado rendemento do seu emprende-

mento e ao que debemos res-catar para a memória colectiva. Pensemos só cos apagóns des-tes días, na heroicidade cotián dos nosos avós até os anos 60 (hai nada) sen ter siquera unha bombilla.Aqueles que coñeceron e tra-ballaron con Antonio Castro, constatan a súa intelixencia e bondade, o seu mérito e tamén o rápido que o paso do tempo fai esquecer que o que hoxe é un servizo básico (un grande negocio para quén o explota), tivo orixe en numerosas parro-quias de Guitiriz, Aranga ou Vilalba nun home adiantado ao seu tempo, na tecnoloxía e na humanidade, Antonio Cas-tro, que nestas treboadas debe-mos rescatar para a memoria. Si naqueles tempos o precario servizo supuxo un antes e un despois na vida das persoas, hoxe non se xustifica a pésima calidade do mesmo nin os pre-zos nun país no que somos ex-cedentarios de enerxía eléctri-ca. O mundo precisa de moitos Antonio Castro.

Antonio Castro, cableado de memoria

Page 21: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

21febreiro 2017actualidade

DEPUTACIÓN

A Deputación defende residencias públicas para os lucensesA residencia de Pol, tres meses agardando polo Permiso de Inicio da Actividade

Guitiriz e Meira tamén pendentes da aprobación da Xunta O Goberno da Deputación recibiu máis de 4.500 solicitudes para op-tar aos postos de traballo do “Ben Empregado 3, máis social”. Trá-tanse das peticións realizadas por lucenses desempregados, intere-sados nos 193 perfís laborais que o organismo provincial oferta en 178 empresas de toda a provincia.O “Ben Empregado 3, máis social” está dotado de 2,3 millóns de eu-ros cos que o Goberno da Depu-tación asume os gastos laborais e salariais pola contratación de pa-rados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia.Finalizado o prazo de inscrición no Rexistro da Deputación e contabilizadas as solicitudes en-tregadas nos Rexistros doutras administracións e as enviadas por correo postal, técnicos provin-ciais están a valorar as solicitudes. Durante o mes de marzo publica-ranse en www.deputacionlugo.gal as listas de admitidos e excluí-dos e abrirase un prazo de tres días para solucionar posibles re-quirimentos. Transcorridos quin-ce días, arrancará o proceso de selección dos solicitantes. A pre-visión é que os 193 traballadores inicien a súa nova andaina laboral antes de xuño.O Executivo da Deputación de-cidiu incluír melloras no Ben Empregado 3 para facelo máis social. Por exemplo, ás empresas ofreceulles unha primeira liña coa que financiarlles ao 100% os cus-tos laborais pola contratación de novos traballadores no caso de seren desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables. A segunda liña que lles propuxo consiste no financiamento do 50% dos custos laborais pola contratación de des-empregados lucenses en xeral.Son 36 as empresas que optaron pola primeira liña e que polo tan-

to recibirán cada unha un máximo de 22.000 euros da Deputación para a contratación de 39 lucen-ses no paro con capacidades di-ferentes ou de colectivos máis vulnerables. 116 decantáronse pola segunda liña e recibirán o 50% da axuda económica da De-putación para a contratación de 126 desempregados lucenses. Aos colectivos sen ánimo de lu-cro, o Executivo da Deputación decidiu ofrecerlles tamén o 100% da axuda económica (un máximo de 22.000 euros) cos que asumir todos os custos laborais dos no-vos traballadores co obxectivo de contribuír a súa actividade socias. Son 26 asociacións da provincia as que poderán contratar 28 lu-censes no paro.O Ben Empregado 3 ten dúas im-portantes novidades. A posta en marcha, dende a Deputación, dun Servizo de Intermediación Labo-ral para axudar aos traballadores a integrarse nas empresas e enti-dades nas que sexan contratados. A outra é que o organismo pro-vincial sufragará o equipamento que sexa necesario para que as persoas con capacidades diferen-tes leven a cabo o seu traballo. Por exemplo, unha máquina con determinadas características ou unha rampla de acceso as instala-cións laborais. As empresas e entidades benefi-ciadas terán a obrigación de cum-prir coas cláusulas sociais. De non facelo, perderán a subvención. A Deputación establece máis me-didas de control. Por exemplo, os 10 primeiros días de cada mes terán que notificar ao organismo provincial, con documentación oficial, o ingreso das nóminas aos traballadores.

Máis de 4.500 solicitudes para traballar co “Ben Empregado 3, máis social”

Os deputados do BNG na Depu-tación de Lugo presentarán dúas iniciativas dirixidas á mellora das garantías para as persoas que par-ticipan en procesos de selección de persoal da deputación e outra para demandar inversións que revertan na mellora do FEVE.A primeira destas iniciativas está dirixida a mellorar as garantías para as persoas que participan en pro-cesos de selección de persoal da

deputación de Lugo e organismos dependentes. Xosé Ferreiro sinalou que as políticas de selección para a contratación de persoal por parte da Deputación sempre estiveron rodeadas de debate, controversias e queixas. “Dende o BNG cremos que esta desconfianza existente na socie-dade debe ser erradicada. Non pode existir ningún xénero de dúbida so-bre os procesos de selección nos que participe a Deputación” .

O BNG propón maior transparencia nas contratacións de persoal

A Deputación leva investido, ou ten comprometidos, 23 millóns de euros para a construcción de centros de maiores públicos na provincia. A Deputación achega 1,2 millóns de euros para a construción de cada un dos centros da rede pública de resi-dencias e centros de día e asume a maiores o equipamento con outros 120.000 euros. Os Concellos ache-gan 200.000 euros, os terreos e os servizos urbanístico. Faise, polo tan-to, un investimento de 1,5 millóns de euros de fondos públicos en cada caso.A residencia de Pol atópase en Mos-teiro, capital municipal, a carón do centro sociocultural da vila e conta cunha superficie de 1.676 metros ca-drados e con 24 habitacións dobres. Coma no resto de residencias con centros de día públicas que constrúe a institución provincial, os usuarios tamén dispoñen doutras dotacións, como salas de estar, de lectura ou de televisión, todas elas de uso común, e servizos de lavandería, cociña, en-fermería e primeiros auxilios, o que asegura a prestación de amplos ser-vizos de calidade para os usuarios tanto da residencia como do centro de día. A pesar de que conta con máis capacidade, dispón de 36 pra-zas para residencia e 20 para centro de día. “Coa construcción xa rema-tada e o equipamento contratado, atópase á espera do Permiso de Inicio de Actividade (PIA) por parte da Xunta de Galicia dende hai tres meses”.A Deputación ten comprometidos dende hai anos 1,2 millóns de euros para as obras de construción da re-sidencia e centro de día público en Guitiriz. Tamén asumirá o equipa-mento, que sempre é duns 120.000 euros. A actual alcaldesa reduciu nun 50% os custos derivados dos salarios do Goberno municipal para, con estes cartos, achegar os 200.000 euros para as obras na Casa da Bo-tica, na rúa principal de Guitiriz, en fronte do Consistorio. “O proxecto leva anos feito ao igual que a aportación económica da De-putación (1,2 millóns de euros) com-prometida para construír este centro de maiores. Non se iniciaron as obras porque o anterior alcalde non que-ría esta residencia e, polo tanto, non fixo os trámites necesarios –iniciar a tramitación da aprobación do PXOM por parte da Xunta- para conceder a licencia de obra e poder iniciar a construción. A actual Alcaldesa, Re-gina Polín, si os fixo e leva dende ou-tubro, data na que a Xunta solicitou o último requirimento, agardando a aprobación definitiva do PXOM para, inmediatamente despois, conceder a licencia de obra á Deputación e

iniciar as obras de construción dun-ha residencia e centro de día público na Casa da Botica, tal e como recolle o proxecto desta dotación social ela-borado hai anos”.Coas mesmas características, a De-putación impulsará unha residencia na área recreativa Profesor Río Barja, no caso urbano de Meira, que con-tará cunha superficie de 1.949 m2. As prazas previstas serán 30 prazas no caso da residencia e 20 no centro

de día. Actualmente, o proxecto ató-pase “á espera dende hai meses de que a Xunta aprobe o proxecto para poder contratar e iniciar as obras de construción.

Centros de maiores para os lucensesO Goberno da Deputación defende que as prazas nos centros de maiores teñen que ser para os lucenses, pois estas créanse con cartos públicos dos mesmos. Por este motivo, solicitou á Xunta convenios de colaboración coa Deputación para poder ofrecer prazas con prezos ao acceso dos

maiores lucenses que teñen as pen-sións máis baixo do Estado. Ante a negativa do Goberno galego, “a única vía que ofrece é que SUPLU-SA, unha sociedade mercantil, conco-rra con empresas privada a un con-curso para a concertación de prazas”.Entre as consecuencias da concer-tación de prazas nun concurso con empresas privadas ao que se pre-sentaría SUPLUSA atópase a au-sencia de “garantía de que sexan os

lucenses os que ocupen as prazas dos centros de maiores públicos da Deputación nos Concellos, pois estas serían ocupadas polos centos de demandantes de toda Galicia xa inscritos na bolsa autonómica de prazas concertadas que ten a Xunta” e que “o número de prazas para non dependentes a través do concurso proposto pola Xunta sería irrisorio porque a bolsa de prazas que ofrece a Xunta son practica-mente na súa totalidade para de-pendentes, cando os centros de maiores da Deputación son para non dependentes”.

O Grupo Provincial do PP valora a boa vontade, a claridade e os compromisos que amosou no Parlamento o conselleiro de Polí-tica Social, José Manuel Rey Vare-la, para colaborar coa Deputación de Lugo para a posta en marcha das residencias na provincia.“Para iso será necesario, como dixo o conselleiro, que a Sociedade

Urbanística Provincial formalice a súa inscrición no Rexistro Úni-co de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), xa que non existe en Galicia ningún cen-tro no que se presten servizos sociais que non estea inscrito no rexistro”, como insiste a voceira provincial, Elena Candia.

O GPP destaca “o compromiso da Xunta coas residencias”

Exterior e interior da residencia de Mosteiro (Pol).

Page 22: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

22 febreiro 2017 agro

NOVAS DO AGRO

Abadín e A Pastoriza, na zona de praga da couza da patacaMedio Rural reforzará a vixilancia da orixe e venda de patacas nos concellos afectados pola couza guatemalteca

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publi-caba o 6 de febreiro unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se amplían as zonas demarcadas pola pre-senza desta praga da couza da pataca. A área afectada queda conformada por 13 concellos da provincia da Coruña e 18 da provincia de Lugo entre os que se ato-pan os chairegos de Abadín e A Pastoriza xunto aos 16 municipios da Mariña.A resolución decreta manter as medi-das fitosanitarias establecidas para facer fronte a esta praga. Entre elas, as obrigas para os agricultores de retirar do terreo e destruír todos os tubérculos danados, realizar tratamentos específicos, usar semente libre da praga e colocar tram-pas con feromonas para a captura do insecto. Tamén permanecen en vigor instrucións para os comercializadores, tales como a obriga de desinfectar os almacéns, aplicar tratamentos fitosanita-rios e colocar trampas, así como para o movemento de tubérculos, de xeito que continúa a prohibición de sacar patacas das zonas demarcadas.A este respecto, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agro-alimentarias, Belén do Campo, fixo unha chamada á responsabilidade dos agri-cultores dos concellos afectados pola couza da pataca (Tecia solanivora) para que eviten facer novas plantacións de tubérculo, co fin de deter a expansión desta praga. Belén do Campo reuniuse con responsa-bles municipais dos 31 concellos incluí-dos na zona demarcada por esta praga de corentena acompañada polos res-pectivos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e en Lugo, José Manuel Balseiro. Posteriormente, mantivo unha reunión co presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, Julio Gómez, para avanzar na coordinación en materia de loita contra a expansión da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora). A praga, polo de agora, só afecta a zonas de auto-consumo onde a Consellería levou a cabo multitude de accións infor-

mativas, especialmente nas áreas afecta-das, con reunións e edición de material divulgativo, ademais de desenvolver accións directas para frear este proble-ma, tales como medidas fitosanitarias, a subministración de 1.200 polilleiros aos produtores, a colocación de trampas para atrapar o insecto causante da praga - 491 en parcelas e 350 en almacéns du-rante a pasada campaña que supuxeron a captura de 12.443 individuos en parce-las e 1.207 en almacéns-; restricións ao movemento de pataca, establecemento de zonas de contención, etc. O obxectivo primordial da Xunta é evi-tar que chegue a afectar a importantes zonas de produción para venda e en

especial aquelas incluídas na Indicación Xeográfica Protexida.Un dos concellos afectados pola demar-cación é Abadín ata onde se achegaban responsables provinciais da Consellería de Medio Rural para ofrecer unha charla informativa sobre a aparición da praga, as actuacións da Consellería e as medi-das que lle afectan aos agricultores.

Borrador de decretoBelén do Campo sinalou que o Ministe-rio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) elaborou un borrador de decreto sobre este tema que trasladou ás comunidades autonó-mas (entre elas Galicia), co fin de recoller

propostas e alegacións. Por iso, engadiu, se están a manter estas xuntanzas de tra-ballo cos afectados.Esta norma do Mapama contempla a posibilidade de prohibir a plantación de patacas nas zonas infestadas, polo que aconsellou aos agricultores destas áreas paralizar, polo de agora, novos cultivos. Recordou ademais que nos anos 2015 e 2016 destruíronse en Galicia 6.800 quilos de tubérculo afectado por esta praga, pagándolles aos produtores a razón de 0,30 céntimos por quilo. Ade-mais, o borrador do decreto ministerial contempla a posibilidade de compensar aos agricultores polos danos causados pola couza.

Asistentes á charla informativa en Abadín, pataca afectada e fases da tecia solanivora.

A Consellería do Medio Rural am-plia as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Te-cia solanivora Povolny (couza gua-temalteca da pataca) a través duna nova resolución que publica o Dia-rio Oficial de Galicia. O máis des-tacado é que o departamento que dirixe Ángeles Vázquez reforzará a vixilancia, tanto na orixe como na venda de patacas, nos 31 conce-llos afectados por este insecto.Así, entre as medidas a adoptar está que os comerciantes ou pun-tos de venda de semente deberán solicitarlle aos compradores de pa-taca de semente unha serie de da-tos (nome e enderezo, cantidade adquirida e data de adquisición) co fin de poñelos á disposición dos servizos oficiais de sanidade vexetal. Así mesmo, todo produtor de pataca -tanto profesional como de autoconsumo- localizado nas áreas demarcadas deberá comu-nicar a superficie plantada na pre-sente campaña. Desta forma pre-téndese ter localizadas todas as plantacións nas áreas demarcadas e evitar o movemento das patacas a outras zonas limpas.Cómpre tamén destacar que, pola súa banda, os Concellos deberán reforzar a vixilancia da proceden-cia de patacas que se venden nos mercados locais, constatando a orixe da pataca comercializada e adoptando as medidas para im-pedir, se é o caso, a circulación. En todo caso, e á espera do decreto definitivo do Ministerio de Agri-cultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente que establecerá as prohibicións con respecto ás patacas e áreas afectadas, a Xunta aconsella non realizar a plantación de cultivo deste tubérculo nas zo-nas demarcadas.

Medio Rural reforzará a vixilancia de orixe e venda das patacas

Page 23: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

23febreiro 2017agro

O Centro de Recría, listo para a concesión de servizosO modelo de xestión do centro implica o control público por parte da Deputación

O Goberno da Deputación daba a coñecer e informar sobre o fun-cionamento das punteiras instala-cións do que é o primeiro Centro de Recría de Gando Vacún público en España, que construíu en solita-rio con máis de 10 millóns de eu-ros, a través de xornadas de portas abertas ata o 20 de febreiro dirixi-das a todas as firmas interesadas na súa concesión.Con esta iniciativa, os posibles li-citadores interesados puideron coñecer in situ o Centro da Granxa Gayoso Castro, que previsiblemen-te abrirá na primavera, unha vez resolto o proceso de concesión de servizos aberto. A licitación concederase por un período de 15 anos prorrogables e a Deputación poñerá a disposición do licitador unhas instalacións va-loradas en 15,9 millóns de euros, que inclúen 15 naves -13 delas de nova construción-, unha área de boxes para as crías e unha planta de biogás que subministrará ener-xía ao Centro, ademais dos terreos,

que suman en total 182 hectáreas.Para a adxudicación, o Goberno da Deputación terá en conta criterios como o canon anual, a tarifa que se ofrecerá aos usuarios, a participa-ción dos gandeiros e o proxecto de explotación; dentro deste último,

valoraranse factores como o plan de calidade e o número de empregos creados, que terá que ser dun míni-mo de 1 xerente e 9 traballadores, entre eles, un veterinario. Compre remarcar que o modelo de xestión do centro de recría, baseado

na concesión de servizos, implica o control público por parte da Depu-tación, polo que, en ningún caso, supón a privatización deste instala-cións. A Deputación exercerá o con-trol directo do Centro de Recría para facer cumprir todas e cada unha das cláusulas que se recollen nos pregos. Por exemplo, a concesionaria deberá respectar os prezos de recría, que te-rán que ser máis vantaxosos que os do mercado. No caso de incumpri-mentos, a institución poderá aplicar sancións e ata rescindir a concesión do servizo.

Obras de 300.000 eurosActualmente, o Goberno da Depu-tación ten en marcha o proceso de contratación de melloras nas insta-lacións, propostas por unha Comi-sión Técnica, da que forman parte reputados expertos como Francis-co Sineiro e Eduardo Yus. Estas melloras consisten en facer cubertas nos 6 pasillos que hai en-tre os 200 boxes, onde se afincarán os animais dende que entran no

centro, cuns 15 días, e ata, aproxi-madamente, os 6 meses, cando se trasladan ás 14 naves de recría. Subliñar que son actuacións reco-mendadas, que non obrigatorias, pois estes pasillos non están cu-bertos na maioría dos centros de recría. Con todo, as obras execú-tanse para favorecer o benestar animal, pois evitarase que as con-dicións climatolóxicas afecten aos exemplares. As obras están valoradas en 300.000 euros, que se inclúen na partida de 12 millóns de euros que a Deputación achegou á constru-ción do centro de recría, e que, finalmente, tras baixas nas contra-tacións, tivo un custo de 10 millóns de euros. As restantes recomendacións da Comisión Técnica, cuxa execu-ción non é obrigatoria, terán que ser asumidas polo, finalmente, beneficiado/s do proceso de conce-sión de servizos, no caso de decidir levalas a cabo.

O deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez, nas instalacións da granxa .

Novos responsables para o Vacún de Carne do SLGUn mozo de Palas de Rei e unha moza de Abadín, novos responsables do sector da organización agraria

O Sindicato Labrego Galego cele-braba en Guitiriz o seu Congreso de Vacún de Carne, no que ademais de elixir unha dirección sectorial, nomeou a un gandeiro e unha gan-deira como responsábel e vicerres-ponsábel deste sector na organiza-ción agraria: Lois Varela Carreira, d’A Conguada (Carteire, Palas de Rei) e Inés Casabella Requeijo, de Fanoi (Abadín). Ambos darán relevo ao seu predecesor e predecesora: Xosé Luís López Galán (Pedrafita do Cebreiro) e Mercedes Alonso (Cotobade). Ade-mais dunha dirección sectorial, no Congreso do SLG tamén se elixiu un grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.Polo demais, o Congreso de Vacún de Carne do SLG serviu para que a afiliación debatese sobre os princi-pais problemas e desafíos aos que se enfronta este sector. En certo modo, os debates, ademais do relatorio congresual, serviron para bosquexar a axenda do grupo de traballo. Cues-tións como os prezos, a comerciali-zación, a IXP Tenreira Galega, a fauna salvaxe, as axudas da PAC, o acceso á terra ou os servizos públicos no rural suscitaron os principais diálogos.En cuestión de prezos, por exemplo, seguimos con valores moi baixos,

en torno aos 4’40 e os 4’60 euros por quilo, cotizacións máximas de 4’90 euros para gando ecolóxico. Só na venda directa a carnicerías se alcanzan os 5 euros por quilo. No Congreso, analizáronse experiencias de venda directa a clientes que son moito máis rendíbeis; pero, máis alá delas, os gandeiros e gandeiras criticaron feitos que inflúen negati-vamente nos ingresos das granxas, como que aínda non exista ningún tipo de inspección oficial que evite

a fraude nas pesadas dos matadoi-ros ou a venda enganosa de carne foránea sacrificada en Galiza coma se fose de aquí. Outra queixa, esta centrada na IXP Tenreira Galega, é que segue sen promoverse debida-mente a carne de Suprema, que é a que dá prestixio á denominación en beneficio da carne de cebadeiros e explotacións intensivas, que seguen a comercializar baixo o paraugas de calidade da IXP.Unha vía para mellorar a rendibilida-

de das producións é a aposta pola calidade, pero moitas granxas se topan de fronte coa imposibilidade de aumentar a base territorial para criar gando con alimentación natu-ral en base a pasteiros e forraxes. A forestación ilegal de terras agrarias e o caos territorial son un hándicap consentido e mesmo favorecido por unha Xunta de Galicia que mira cara a outra banda e que nin sequera é quen de xestionar eficazmente fe-rramentas que poderían ser de gran-

de utilidade como o Banco de Terras.Outra problemática que preocupa seriamente a gandeiros e gandeiras é a convivencia coa fauna salvaxe, sexan ataques de lobos, sexan de xabaril ou doutros animais. A de-manda unánime é que estes danos deben ser custeados pola sociedade no seu conxunto e non polas gande-rías damnificadas en exclusiva. E iso, polo tanto, debe traducirse nunhas indemnizacións suficientes, xustas e áxiles por parte da administración, nada que ver co que temos agora: excesiva burocracia, dificultade ou imposbilidade para cobrar e demo-ras de até tres anos até o ingreso da indemnización. Mesmo os seguros non son eficaces, dadas as misérri-mas compensacións que quedan en nada pola presión fiscal -computan no IRPF como beneficios da granxa- e polas penalizacións ao dar parte.As axudas da PAC poden paliar en parte a baixa rendibilidade da pro-fesión ocasionada por problemas coma os devanditos. Porén, nin sequera neste eido é efectiva a ad-ministración, con algunhas PACs de 2015 aínda sen cobrar e todas as de 2016; en canto ás axudas agroam-bientais, a finais de 2016 aínda non se sabía se foran aprobadas as de 2015.

Guitiriz acollía o Congreso de Vacún de Carne do SLG.

O caos

territorial

e a

convivencia

coa fauna

salvaxe

preocupan

ao sector

Page 24: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

24 febreiro 2017 agro

María do Carmen Fernández Carrei-ra, presidenta de Ovica, recibía este venres 3 de febreiro no auditorio da Facultade de Veterinaria do cam-pus lucense o galardón, impulsado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e polo Grupo Aresa e dotado con 10.000 eu-ros e unha placa conmemorativa.A cerimonia do Premio Aresa, que congregou personalidades dos eidos social, económico, político e cultural, foi presidida polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, ao que acompañaron o fundador e presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; o relator invitado este ano, Francisco Sineiro, e José Manuel Panete, conselleiro delegado de Calfensa e membro do xurado desta edición.Despois da conferencia de Sineiro sobre “O sector lácteo galego no

mercado global”, o reitor e o presidente de Aresa entregaban o premio po-ñendo en valor “o gran labor á hora de loitar contra o despoboamento do medio rural, permitir o aprovei-tamento dos nosos recursos facendo posible a conservación dos espazos naturais e qarantir a produción de calidade de carne de ovino e cabrún”, segundo Álvaro Rodríguez.Valores que tamén puxo de relevo o reitor da USC ao remarcar “a capaci-dade integradora de Ovica, unha aso-ciación que medrou confiando nos recursos da terra e garantindo unha excelente prestación de servizos es-pecializados aos seus socios”. Viaño fixo especial fincapé no compromi-so desta asociación coa innovación tecnolóxica, como o proban as súas colaboracións en proxectos de inves-tigación coa Campus Terra da USC e co Centro Tecnolóxico da Carne. Ta-mén destacou o labor de formación

continua desenvolvido por Ovica coa organización de xornadas técnicas e o acollemento de universitarios para a realización de prácticas durante os seu estudos. O xurado tivo en conta para facer a Ovica merecedora deste premio a súa especial contribución para xe-rar riqueza nos ámbitos agrícola e gandeiro, facer posible a sustenta-bilidade desta actividade na nosa contorna e crear a marca de garantía colectiva Pastores de Galicia.Outro dos aspectos, como adiantou o reitor, foi o acerto desta asociación ao implicarse co Campus Terra na in-vestigación e o desenvolvemento da súa actividade. O voceiro de Ovica, Diego Fernández González, agradeceulles aos membros do xurado a entrega do décimo sétimo Premio Aresa, un recoñecemento que “fai posible que o noso colectivo sexa hoxe un pouco máis visible”.

Ovica recolle o XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Por Breixo GonzálezChai regos Serv izos Ve te r inar ios

A desparasitación é unha gran esquecida, tanto nos animais de renda como nos de compañía, e a conse-

cuencia será a aparición de varios e importantes problemas .Os parasitos son a efectos prácticos e falando a grandes trazos, ladróns de nutrientes: eles aprovéitanse do noso metabolismo para quedarse cos compoñentes que lles in-teresan cun gasto enerxético menor , para conseguilo, os parasitos “róubanos” tanto a nivel intestinal ou a través do sangue . Isto causa no gando perdas importantes xa que se quedan con parte da ración que inxire diminuíndo o cre-cemento dos mesmos e redu-cindo a produción de leite ou ovos por exemplo. A nivel ex-terno podemos identificar os animais máis parasitados por: mal pelo e sen brillo, áspero, menor cantidade ... no tocan-te o crecemento, veremos que son os animais que máis amo-do medran. Nos cachorros de cans e ga-tos, vemos os mesmos sínto-mas e ademais o bandullo inflado.A importancia das parasi-toses radica en que ao estar “minando“ o animal este vól-vese mais susceptible a co-ller outra enfermidade. Por exemplo, é moi común ver camadas de cachorros que o non realizárense desparasita-cións ou facelas con produtos non axeitados (por exemplo de humanos) tiñan a parede intestinal danada e colleron a parvovirose con máis faci-lidade resultando a morte da camada.No caso dos animais de granxa, un caso típico é a pneumonía parasitaria: os adultos de estes vermes viven no intestino; pero as larvas atópanse no tecido pulmonar e estas larvas causan danos no propio tecido provocan-do tose (ao facelo tragamos as larvas xunto coa flema que chegan ao intestino). Estes danos facilitan a penetración e a acción de de bacterias pa-tóxenas dando lugar a pneu-monías de prognóstico moi malo.

Para evitar estas patoloxías debemos realizar unha pro-filaxe antiparasitaria. En ter-mos xerais estableceremos nos animais que residan no exterior unha desparasitación estacional (é importante xa que os parasitos varían coas estacións). Outro factor a ter en conta é a preexistencia de enfermidades parasitarias na zona: na Terra Chá (e moi-tos sitios de Galicia ) hai un problema grave coa fasciolo-se hepática, unha enfermida-de parasitaria que ataca ao fígado de xeito especial no gando ovino e cabrún. Nese caso empregaremos antipara-sitarios específicos e ademais faremos rotación dos mesmos (2 ou máis principios activos diferentes) para evitar resis-tencias.No caso das mascotas pro-cederemos do mesmo xeito (desparasitación estacional con antiparasitarios de amplo espectro ).Se fose posible un análise coprolóxico é moi útil para enfocar as desparasita-cións.Non menos importante (e cada vez máis) é o enfoque sostible e ecolóxico. Neste termo abarcamos conceptos tan importantes como a ro-tación de pastos: se introdu-cimos de xeito constante os animais na mesma parcela, estamos aumentando a car-ga parasitaria da mesma (co cal un problema parasitario de pouca importancia pode pasar a ser unha infestación grave); pero se esparcimos no tempo as rotacións e contro-lamos a densidades de carga gandeira (número de animais por hectárea), a carga para-sitaria diminuirá. O manexo correcto do esterco (deixán-doo fermentar) inactivará os posibles parasitos que posúa.Por último, debemos com-prender que os nosos animais forman parte do medio na-tural e do ecosistemas e que calquera alteración dos mes-mo afectará á nosa situación sanitaria. A eliminación das árbores autóctonas de balados ou de fragas xunto coa destru-ción de toxeiras e terreos de monte (para ser substituídos por eucaliptais) conleva dous problemas asociados: o pri-meiro é o feito de que a fauna salvaxe, véndose despraza-dos, aumentan a súa interac-ción co gando e así facilitan-do a transmisión de parasitos e outros patóxenos (como o final se viu no caso do brote de ébola en África no 2016); e a outra consecuencia é que as nosas aves (sobre todo as in-sectívoras) perden os lugares de aniñamento (diminuíndo o seu número) e así nos per-demos o mellor insecticida (e gratuíto) do que disporiamos.

A importancia da desparasitación

A equipa xurídica do Sindicato Labre-go Galego vén de redactar e rexistrar unha queixa formal diante da Valedora do Pobo pola falla de resposta da Con-sellaría de Industria diante da petición expresa de declarar as caducidades das concesións mineiras Pastoriza 5562, Alicia 5917 e Karles 5919. O SLG ten rexistrado oficialmente esta petición á Consellaría de Industria seis veces dende 2013 sen obter contestación. A pesares de que, o 15 de decembro de 2016, o SLG lle solicitou formalmente á Dirección Xeral de Minas unha xun-tanza para falar desta cuestión, a día de hoxe seguimos tamén sen resposta a esta demanda. Esgotada a vía admi-nistrativa, dende o Sindicato Labrego Galego decidimos recorrer á Valedora do Pobo.Das seis peticións feitas, a primeira foi realizada o 28 de febreiro de 2013 e a última o pasado 5 de abril. “Pasados catro anos de peticións, Industria segue sen contestar, polo tanto ignoramos se iniciou o procedemento para declarar estas caducidades ou

non. A finais do ano pasado, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalaba xuridicamente as peticións de caduci-dade do SLG ao ditar sentenza contra un contencioso presentado por Erimsa diante da desestimación, por silenzo administrativo, da licenza para explotar Alicia 5917”.Para o SLG, e trala sentenza do TSXG, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas

debe declarar a caducidade das concesións mineiras a Erimsa na Terra Chá de maneira inmediata e non seguir adiando unha decisión da que depende o futuro social e económico dunha das comarcas agrogandeiras máis ricas e importantes de Galiza ao estar afectadas 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto.

O SLG leva á Valedora a caducidade das concesións mineiras a Erimsa

Xosé Pérez e Margarita Prieto.

A presidenta de Ovica recibía o premio Aresa.

“Ovica loita

contra o

despoboamento

do medio

rural”

Page 25: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

25febreiro 2017deporte

DEPORTES

Vilalba, campioa galega por equipos en libre olímpica séniorVilalba acada o ouro por equipos no Campionato Galego sénior de loitas olímpicas en libre olímpica grazas ás medallas de ouro de José Cuba, Adrián Imedio e os júnior Ramón Monasterio, Roberto Díaz e Carlos Yobanni García.Pero, ademais da subir ao máis alto do podio no pavillón do CGTD de Pontevedra na categoría de libre olímpica tamén conseguían meda-llas cada un deles en grecorroma-na nas súas respectivas categorías -ouros para Cuba, Monasterio e Díaz Orosa, prata de Adrián Imedio e bronce de Carlos Yobanni García- cos que lograban a segunda posi-ción por equipos na disciplina.Tamén lograba o club vilalbés o se-gundo posto en cadete libre olím-pica cos ouros de Yago López –que facía dobrete coa mesma presea en grecorromana-, e Samuel García, as pratas de Rubén Fraga e Ángel Rodríguez e os bronces de Martín Pena e Francisco Salvador Buceta.En total os vilalbeses lograban once ouros, tres pratas e tres bronces na primeira cita da temporada.

RábadeO Club de Loita Rábade lograba a terceira posición en libre feminina cadete cun ouro, catro pratas e un bronce. Gergana Dimitrova, tentará agora revalidar o título de campión de España cadete que sería o primei-ro título estatal feminino para a loita lucense. Sonia Roa era segunda na mesma categoría.

E, en sénior, Martín Vázquez logra-ba a prata en grecorromana 98kg; Jonatan Pernas, o bronce en libre olímpica menos de 70 kg; mentres que Cristian Pena se quedaba coa

cuarta posición en libre olímpica menos de 65 kg; Laura Pena; coa prata en libre feminina menos de 48 kg e Laura Arias, tamén prata en libre feminina menos de 53 kg.

Os deportistas vilalbeses lograron 17 metais do galego cadete e sénior.

O Presidente da Deputación, Da-río Campos Conde, xunto ao Pre-sidente do CD Lugo, Tino Saqués, participaron na firma de conve-nios con trece clubs de toda a provincia, entre os que se ato-pan o CD Castro e o CD Cospeito, para a promoción do fútbol base lucense nun acto no que tamén interviñeron os presidentes e os respectivos integrantesTino Saqués explicou que “es-tamos moi satisfeitos de levar a cabo iniciativas como esta, que traballan sen descanso polo de-porte dos máis novos, polo fo-mento da canteira, establecendo ao CD Lugo como catalizador dunha unión cada día máis só-lida entre os nosos clubs. A for-mación, non só deportiva, tamén humana, dos nosos mozos e mo-zas, corresponde un dos desafíos máis apaixonantes que temos por diante no futuro inmediato. Non se trata só de deporte, falamos de cultura, a cultura do esforzo, a cultura do compañeirismo, e da solidariedade”.Este convenio, que terá unha du-ración de tres temporadas con-

cluíndo o 30 de xuño de 2019.Entre as contraprestacións inclúe-se o compromiso do CD Lugo a colaborar activamente na forma-ción dos adestradores do Club X poñendo á súa disposición me-dios técnicos e materiais e a cola-borar tamén co Club X para que este obteña un acordo vantaxoso de subministración de material co patrocinador deportivo que o CD Lugo teña en cada momento.Igualmente, o CD Lugo compro-métese a disputar un amigable na pretempada co seu primeiro equipo ou o seu equipo filial no lugar designado polo Club X, sen-do a recadación de dito partido integramente para este último. En calquera caso, o CD Lugo facili-tará o acceso gratuíto a todos os xogadores e técnicos dos equi-pos das categorías inferiores do Club X.O club da cidade amurallada po-ñerá a disposición do Club X to-dos os integrantes da plantilla de xogadores e corpo técnico do primeiro equipo co fin de poder participar en actos oficiais deste.

O CD Lugo asina un convenio de colaboración co Castro e o Cospeito

Campos e Saqués asinaron os convenios con representantes do Club X.

Os vilalbeses Ramón Monaste-rio e Roberto Díaz logran cadan-súa prata nos campionatos de España Sub 23 de loita.Ambos na modalidade de libre olímpica, en menos de 97 e 51 kg, respectivamente, e o lucense Nicolás López en grecorromana

menos de 130 kg logran tres pra-tas para a participación lucense que tamén acadaba unha sétima posición con Carlos Yobanni García. Nin o club vilalbés nin a selección galega puideron subir ao podio por equipos en libre olímpica.

Dúas pratas no nacional sub 23

Os judocas da escola municipal de Vilalba -encadrados no xim-nasio Senra- conseguían dúas medallas no Campionato Galego Júnior de judo.Alba Bello alcanzaba a prata na categoría de menos de 78 kg e Alex Medzrea, na categoría de menos de 66 kg, facíase co bron-ce. Pola súa banda, Rubén Mira-gaya alcanzaba a quinta posición na categoría de menos de 73 kg. “Éxito dobre tendo en conta que

os judocas aínda son cadetes”, como destaca o seu monitor, José Luís Díaz.

Campionato escolar en VilalbaVilalba, pola súa banda, recibía ata 250 rapaces e rapazas da pro-vincia e da comarca de Ferrolterra para participar no campionato escolar de judo organizado pola Escola Municipal de Judo de Vilalba, a delegación da Federación Galega e a Xunta.

Medallas para o judo vilalbés no galego júnior

O equipo cadete feminino do Atle-tismo Friol –composto por Noelia Sánchez, Lucía Varela, Nerea Lage, Andrea Fariñas e Vanesa Blanco- lograba na Baña, na pro-vincia da Coruña, o subcampio-nato galego de cross por clubs facéndose, polo tanto, cunha pra-za para disputar o Campionato de España de Cross por Clubs. Pola súa parte, Noelia Sánchez tamén lograba o subcampionato indivi-dual clasificándose tamén indivi-dualmente para o Campionato de

España de Cross. No apartado masculino, e den-tro da categoría cadete, Cristian Santos finalizaba no posto 35 da xeral, mentras que os seus com-pañeiros Noel Villarábide e Mateo Jauregi o facían no posto 40 e 61 respectivamente. Polo que res-pecta a categoría xuvenil, Adrián Lage acadaba o noveno posto e a súa compañeira de equipo, María Carballido, no apartado feminino, tivo que abandonar por proble-mas físicos.

Atletismo Friol, ao nacional de cross cadete femininoManuel Ángel Penas (veteranos 1),

do Triatlón Arteixo; o seu compa-ñeiro de club, Alberto Castiñeira (sub 23) e Iván Puentes ( júnior), do triatlón Ferrol; subíanse ao podio do XI Dúatlon Concello de Guitiriz. que contaba cun total de 195 persoas inscritas nas distintas categorías.No apartado feminino, o podio que-dou conformado por Cristina Torres (júnior), do Club Triatlón Mar de Vigo; Irene Mera (cadete), do AD Náutico de Narón e Ana María Santiso (sub 23) do mesmo club.Entre os participantes da comarca, destaca Aitor Franco (absoluta) do CC Vilalba-As Pontes, sexto da xeral.

Exitoso XI Dúatlon Concello de Guitiriz

Page 26: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

26 febreiro 2017 cultura

Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo A arte de xuntar, que ten como un dos seus obxectivos darlle visibilidade a diversas

coleccións de particulares, encádrase ‘Postais da guerra de África (1909-1927). Colección de M. Urbano Barrio. Esta mostra de postais amosan imaxes dunha das contendas máis tráxicas e crueis da historia española do século XX e que

tivo unha enorme repercusión nos medios de comunicación.

AXENDA CULTURAL

A Asociación Cultural Andrade, a máxia de Xosé Manuel Carballo e Oscar Bello, as cancións de sempre con “Los Du-

ques”, a coral Proxecto Vocal “Concerto Tempo” e a música de Escolma de Meus participarán neste festival benéfico que

presentará Xulio Xiz Ramil. O prezo da entrada é de 5 euros. Xa están a venda por voluntarios e membros de Mans

Unidas e o mesmo día da actuación a partir das cinco da tarde na billeteira.

Festival Mans UnidasVilalba - 25 de febreiro (20.00 horas) - Auditorio Municipal Carmen Estévez

eventosexposicións

concursos

teatro

O venres 24 de febreiro, “Día de Rosalía de Castro”, terá lugar unha lectura pública da súa obra no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba a partir das oito do serán.

Día de Rosalía de CastroVilalba - 24 de febreiro (20.00 horas) - Casa da Cultura

A Asociación de Hostaleiros de Guitiriz - De Bares organiza o quinto concurso de tapas no que participan 18 locais hos-taleiros: Gaibor, A Capela, D’Mónica, O Korreo, Xoldra, Centro, Soa, La Casilla, Titanic, Zeus e Nimbos -en Guitiriz-, A Roda, CIT, Comba e Recreo -en Parga-, Merendero e Casa Guinea -nos Vilares- e San Juan -en Pardiñas-. O prezo da tapa, que se servirá en horario de tódolos días de oito do serán a once da noite e as fins de semana tamén entre a

unha e as tres e media da tarde, será de 2 euros ou de 3,50 acompañada do viño colaborador, un mención con De-nominación de Orixe Ribeira Sacra. Os clientes participantes no certame optarán a diferentes premios: ao primeiro premio -dotado con 300 euros- optarán aquelas persoas cos 18 selos, ao segundo -dotado con 200- as que conten con máis de 12 selos, ao terceiro -dotado con 100 euros- aquelas cun mínimo de seis selos e aos catro cuartos -do-

tados con 50 euros cada un- cun mínimo de seis. En tódolos casos deberán contar cun mínimo dun local de fóra do casco urbano. Todos eles recibirán tamén unha botella de viño magnum Casa Moreira.

V Concurso de Tapas ‘Que bo estás Guitiriz’do 9 ao 19 de marzo

Postais da guerra de África (1909-1927). Colección de M. Urbano Barrio

Lugo - ata o 5 de marzo - Museo Provincial

A Voz Humana (ópera con Laura Alonso): 25 de febreiroSoño dunha noite de verán (Voadora): 4 de marzo

Quijote, el vértigo de Sancho (Markeliñe): 5 de marzo (18.30 horas)Medea, salvaxe? (Palimoco Teatro): 8 de marzo

A ola de ouro (Pinchacarneiro): 19 de marzo

XVII Mostra de Teatro ClásicoLugo - do 3 de febreiro ao 19 de marzo (20.30

horas)- Auditorio Municipal Gustavo Freire

Máis en:Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de VilalbaMuseo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)

Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei)Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)

Museo Víctor Corral (Baamonde)Museo Villapol (Bretoña)

Con motivo da celebración do Dia Internacional da Muller, o Concello organiza un concurso de fotografía que baixo o título “A Muller Traballadora no Concello de Outeiro de Rei” pretende visibilizar o traballo das mulleres no concello de

Outeiro de Rei en diferentes eidos da nosa sociedade e en calquera ámbito (público ou privado). Establécense dúas categorías: fotografías antigas e fotografías actuais.

O premio será 200 euros para a fotografía gañadora de cada sección. Os traballos pódense presentar no rexistro do Con-cello (presencialmente ou por correo postal certificado) ata o venres 24 de febreiro, ambas datas incluídas. Cos traballos que se presenten está previsto realizar unha exposición que será inaugurada o 8 de marzo cando se darán a coñecer as

fotografías gañadoras e na que se realizara a entrega de premios.

I Concurso de fotografíaA MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ata o 24 de febreiro

Máis en: www.terrachaxa.com

O recinto feiral de Gontán volverase de cor verde coa décimo segunda edición de Expogrelo que reunirá a unha vintena de produtores e produtoras que porán á venda preto de 2.000 quilos de produto. A xornada coincide coa feira e mercado na localidade que contará tamén con animación musical e premios para os stands de maior calidade e aos mellor decorados.

XII ExpogreloAbadín - 4 de marzo - Gontán

A Escola Municipal de Teatro de Vilalba pecha a quinta Mostra de Teatro Municipal en Castro Ribeiras do Lea coa peza “Habelas Hainas”. A entrada é de

balde.

X Mostra de Teatro MunicipalCastro Ribeiras de Lea - 26 de febreiro (19.00

horas)- Casa da Cultura

Os participantes poderán enviar os seus micropoemas de temática libre escritos en galego e dun mínimo de dous versos e un máximo de cinco ata o 31 de marzo. Cada poeta poderá presentar, de balde, ata dous micropoemas a través do en-derezo electrónico [email protected] ou enviando unha mensaxe á páxina de facebook ‘Os Vilares, lareira de soños’:

www.facebook.com/osvilares.

Certame de Micropoesía da Chaira «Vilariñas»ata o 31 de marzo

AMIGOS é unha comedia sobre a amizade e o amor, representada por tres dos nosos actores máis en forma, David Amor, Xosé A. Touriñán e Ledicia Sola

xuntos nesta desternillante comedia escrita e dirixida por Xavier Veiga.Nacho, Ángel e Maríason tres amigos dos de toda a vida, tres amigos insepa-

rables….. ou ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas que terán que ver doutro xeito a súa amizade.

Amigos ata a morteVilalba - 31 de marzo (20.30 horas)- Auditorio

Municipal Carmen Estévez

A quinta edición da feira de Reigosa contará coa visita especial da patrulla canina. Os sete personaxes da serie infantil con

máis éxito entre os máis pequenos percorrerá, a partir das once e media da mañá, o recinto feiral co seu autobús PAW Patro-

ller e animará a xornada con diversas actuacións. Á feira, ao igual ca nas anteriores edicións, asistirán arredor dunha trintena

de postos de calzado, comida, música, plantas, decoración, roupa e artesanía. Tamén haberá polbo, churrasco e callos.

Feira de EntroidoReigosa - 25 de febreiro

Chega a Vilalba a famosa ópera en tres actos de G. Puccini: Madama Butterfly. Entradas anticipadas xa á venda na Casa da Cultura de once da mañá a unha

do mediodía e de cinco da tarde a oito do serán cun prezo de 12 euros, e ese mesmo 6 de marzo, día da actuación, só estarán á venda na billeteira do

auditorio a un prezo de 15 euros. Para os nenos menores de 12 anos a entrada é de 6 euros.

Madama ButterflyVilalba - 6 de marzo (20.30 horas) - Auditorio

Municipal Carmen Estévez

Page 27: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

27febreiro 2017actualidade

RECOMENDACIÓNS

Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonis-ta desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea.

O álbum de Garrincha, Beatriz MacedaEditorial Galaxia

que ler?

Son sen dúbida unha das últimas (ou derradeiras, quen sabe) grandes bandas do britpop.A enorme voz do seu líder Guy Garvey, quen debutaba en solitario no 2015, sobresae nas sempre moi coidadas composicións do grupo. Aínda que a “Little fictions” fáltalle un rotundo éxito como o seu grandioso “On day like this”, o certo é que o resultado final deste novo traballo do grupo de Manchester é sobresaínte. Dende o comezo con “Magnificent (She says)”, pasando por “All disco”, single adianto, ata o remate co emocionante “Kinding”. Elbow, unha banda para seguir crendo que de UK chegaron moitas das mello-res da historia do pop/rock.

Elbow: “Little fictions” por Félix Jorquera

que escoitar?

Título orixinal: Zvizdanaka. Ano: 2015. Duración: 123 min. País: Croacia. Xénero: Drama. Romance. Guerra de los Balcanes. Director: Dalibor Matanic. Guión: Dalibor Matanic. Música: Alen Sinkauz, Nenad Sinkauz. Fotografía: Marko Brdar. Productora: Coproduc-ción Croacia-Serbia-Eslovenia; Kinorama / Gustav Film / See Film Pro. Reparto: Tihana Lazovic, Goran Markovic, Nives Ivankovic, Mira Banjac, Slavko Sobin, Dado Cosic, Trpi-mir Jurkic, Lukrecija Tudor, Stipe Radoja.Tres historias de amor ambientadas en Croacia ao longo de tres décadas. As historias están conectadas polo feito de que o amor entre un home croata e unha muller serbia está de algún modo prohibido xa se esté en 1991, en 2001 ou en 2011. A primera historia desenvólvese en 1991, xusto antes do comezo da guerra, e hai un alto grao de tensión que non é terreo fértil para o amor e moito menos se se trata de dous mozos de pobos veciños, pero de diferentes nacionalidades. Dez anos máis tarde, a guerra rematou pero no se esqueceu. Os protagonistas teñen que enfrontarse ás feridas que tardan en curarse. E na terceira historia, ambientada en 2011, xa no hai ameazas ou tensións, pero as dúbidas non se disiparon. Aínda que quizás sexa o momento de co-mezar de nuevo.

‘Bajo el sol’, dirixida por Dalibor Matanic

que ver?

Jordi Blengua

Presidente da Asociación de Hostaleiros de Guitiriz

a elección de...

un libro un disco

1984, George Orwell“Breakfast in America” de

Supertramp

unha personaxe históricaunha película

un sitio onde vivirun lugar para visitar

unha comida unha bebida

“La vida de Brian” de los Monty Python Willy Brandt

Os Ancares A Mariña

Chuletón á brasa. Mencía da Ribeira Sacra

Page 28: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

28 febreiro 2017 actualidade

Page 29: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

29febreiro 2017sociedade

A Asociación Acapa Show Petapouco lograba recadar 853,56 euros nunha gala benéfica contra o cancro. Pero tamén lograba vender 50 paraugas, pulseiras e la-zos; ademais de inscribir no-vos socios e voluntarios na Asociación Española Contra o Cancro (aecc). Deste xeito, seguirá colaborando co co-lectivo despois dun evento que contaba coa partici-pación do grupo de teatro do colexio de Moncelos, as pandereteiras da ANPA de Muimenta, a maxia de Ós-car Bello e o espectáculo da propia Acapa Show.

O I.E.S. Lois Peña Novo de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete-Pontes organizaron unha visita á Queixería Prestas na que participaron alumnos e alumnas de Cospeito o venres 27 de xaneiro con moti-vo dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Un total de 70 vehículos e preto de 140 persoas participaban na XIV Ruta de Inverno Venados 4x4 que se desenvolvía con normalidade tras un café en Casa Gaibor. A cea foi no restaurante La Casilla.

O centro de día de Abadín, pertencente á rede de centros do consorcio da Consellería de Política Social, celebraba o seu oitavo aniversario cun encontro interxeracional co alumnado e profesorado do colexio Aquilino Iglesias Alvariño que contaba con ani-mación musical, espectáculo de paiasos e agasallos. Igualmente, recibían a visita do grupo musical da aula de Xermade da UNED Sénior da Coruña.

O Concello de Xermade desenvolve ata xuño diversas actividades polas parroquias. O primeiro taller de radio desenvólvese en Xerma-de, pero continuará por outras catro parroquias. Tamén están xa en marcha un taller de costura no local social da Asociación de Mulleres Rurais de Roupar e outro de cestaría de vergas en Miraz; así como o curso de informática en Cabreiros. Axiña comezarán tamén os obra-doiros de pilates en Cazás, ioga en Xermade e tapicería en Roupar.

Page 30: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

30 febreiro 2017 servizos

Concursa con

Participa no noso concurso mensual mandando un sms ou whatsapp a 661 46 43 23, dando a resposta que ti creas para acertar coa nosa personaxe do mes. Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é este rapaz?

Presidente dunha equipa de fútbol da comarca.

Solución do mes pasadoAgustín Baamonde

GañadorJesús Manuel Vivero Carracedo

AXENDA DA TERRA CHÁABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Ambulancia: 982 50 81 22Centro de Saúde: 982 50 81 22FarmaciasDíez Roura, E: 982 50 80 58Álvarez Ares, A: 982 50 80 53Centros EducativosCEIP A. Iglesias Alvariño: 982 50 80 17CEIP Moncelos-Moar: 982 50 21 12

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Museo Fernando Villapol: 982 34 92 81Centro de Saúde: 982 33 21 41Farmacias Fazáns Loira: 982 33 20 47 661 23 74 83Paz Comendeiro: 982 33 21 61Centros EducativosCEIP de Bretoña: 982 34 91 44CEIP de A Pastoriza: 982 33 22 00IES A Pastoriza: 982 33 20 25

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 982 50 40 57Secretaría Municipal: 982 52 01 06Rexistro Civil: 982 52 01 56Garda Civíl: 982 52 00 17Xulgado: 982 52 01 56Mirador da Terra Chá: 982 50 30 12Centro de Saúde: 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57

FarmaciasC.Lozano (Feira do Monte): 982 52 00 20

74 18 25 289:)atnemiuM( anabaC etnecerCCentros EducativosCPI Virxe do Monte: 982 52 00 46CEIP de Muimenta: 982 50 40 35

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Inludes: 982 31 00 04Notaría: 982 31 04 03Rexistro Civil: 982 31 40 34Museo Castro de Viladonga: 982 31 42 55Correos: 982 31 01 59Taxis: 982 31 00 88Rios Panisse (R. de Lea): 982 31 00 58Granxa Gaioso: 982 31 00 04H. Psiquiático San Rafael: 982 31 00 02R. de Anciáns Quavitae: 982 31 01 75Centros de Saúde Castro de Rei: 982 31 41 06Ribeiras de Lea: 982 31 04 34Farmacias

15 14 13 289 :)ieR ed ortsaC( ortsaC edesnACentros Educativos:CEIP Nº1 de Ribeiras de Lea: 982 31 00 03CEIP Ramón Falcón: 982 31 40 03CEIP Veleiro do Campo: 982 31 01 09IES Trapero Pardo: 982 31 03 08

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Belén de Begonte: 982 39 61 21Centro de Saúde: 982 39 69 02FarmaciasSalinas Ramil (Begonte): 982 39 60 02Eimil Apenela (Baamonde): 982 39 82 64Centros Educativos CEIP Virxe do Corpiño: 982 39 61 33CEIP de Baamonde: 982 39 80 06

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Xunta de Galicia: 982 39 20 33Garda Civil: 982 39 00 05Correos: 982 39 03 98Centro de Saúde: 982 39 01 01FarmaciaQuinzá-Torroja García: 982 39 01 71Sánchez Pérez Mel, A.M.: 982 39 00 17Centros EducativosCEIP Santo Anxo: 982 39 08 13Colexio Fernández: 982 39 01 28CEIP Otero Pedrayo: 982 39 01 48

33 60 93 289 :edabáR ed SEI

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Xunta de Galicia: 982 37 14 10Garda Civil: 982 37 00 01Servicios Sociais: 982 37 03 80Servicio de Ext. Agraria: 982 37 03 51Cruz Vermella: 982 37 33 11Xulgado de Paz: 982 37 00 28Rexistro Civil: 982 37 00 28C. I. T. Parga: 982 37 30 35Biblioteca: 982 37 06 61Correos: 982 37 04 26Balneario de Guitiriz: 982 02 22 00Balneario de Pardiñas: 982 37 04 26Centro de SaúdeGuitiriz: 982 37 21 10Parga PAC: 982 37 05 00Farmacias Boñar Rei (Guitiriz): 982 37 01 29Susana Méndez (Guitiriz): 982 37 03 80Garrido Gutiérrez (Parga): 982 37 33 08Centros EducativosCEIP Lagostelle: 982 37 03 12CEIP Santo Estevo (Parga): 982 37 30 34IES Poeta Díaz Castro: 982 37 00 26

VILALBAConcello: 982 51 03 05 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Protección Civil: 982 51 25 95 659 49 49 69Cruz Vermella: 982 51 13 03 982 51 04 13S.M. de Augas: 982 51 25 46S.M. de Limpeza: 677 47 57 30Gardería Municipal: 982 51 28 64Piscina Municipal: 982 51 25 30Auditorio-Conservatorio: 982 51 28 88Casa da Cultura e Turismo: 982 51 24 56Casa da Xuventude: 982 51 06 10Museo da Prehistoria: 982 51 13 83Ofi cina Comarcal da Xunta: 982 51 22 18Fundación Terra Chá: 982 51 23 69Ofi cina de Emprego: 982 51 18 11Xulgado nº1: 982 51 01 58Xulgado nº2: 982 51 00 02Correos: 982 51 08 06INSS: 982 52 32 61Notaría: 982 51 07 89Rexistro Civil: 982 51 03 68Rexistro da Propiedade: 982 51 03 15Centro de Servizos Sociais: 982 51 01 35Hospital Asilo: 982 51 00 06Casa Rectoral: 982 51 04 06Taxis: 982 51 04 28Centro de Saúde: 982 51 03 11Farmacias Teresa Castro: 982 51 00 13Francisco Martín: 982 51 05 66Olga del Caño: 982 51 00 05Ana España: 982 51 00 03Milagros Seoane: 982 88 77 74Isabel García: 982 88 72 56Centros EducativosCEIP Ínsua Bermúdez: 982 51 07 21CEIP Mato Vizoso: 982 51 05 02Fillas de María Mediadora: 982 51 02 69IES Basanta Silva: 982 51 21 60IES Peña Novo 982 51 09 51CEIP de Vilalba: 982 51 11 64EPA de Vilalba: 982 51 00 22CEIP do Santo (Árbol) 982 50 22 02CEIP Monseivane (Lanzós): 982 51 14 04CEIP Castelao (Belesar): 982 51 14 05CEIP Terra Chá (Román): 982 51 14 02

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil: 982 37 50 02Museo San Paio de Narla: 982 37 51 56 Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 FarmaciasSagarra: 982 37 50 10Centros educativos

08 18 28 289 :zeráuS zepóL rD I.P.C

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00 Farmacias Cortizas (Guillar): 982 24 92 20 Penas (Outeiro de Rei): 982 39 32 62Centros educativosC.E.I.P. Laverde Ruíz: 982 39 34 10

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Cita previa: 982 33 02 40 Centro de Saúde: 982 35 69 27 Farmacias Elena Mato: 982 33 00 05Patricia Aguirre: 982 33 10 18Centros educativosC.E.I.P. Poeta Avelino Díaz: 982 87 05 35

02 50 78 289 :aimirI ed lagerdeP .S.E.I

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 982 34 53 76FarmaciaMosteiro- Pol: 982 34 52 01 Centros educativos

36 05 43 289 :ortsaC ed aílasoR .P.I.E.C

Teléfonos de intereseEmerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

XERMADE 10 01 05 289 :ollecnoC

982 50 20 03 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 982 50 10 55Parque Eólico Sotavento: 982 56 37 77Farmacia González Pardo: 982 50 10 17CEIP Xermade: 982 50 10 21

70 88 69 966 :azalaC oilimE ixaT

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23FarmaciaNieves Pereiro: 982 50 00 42CEIP de Muras: 982 50 01 04

Page 31: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

31febreiro 2017servizos

ANUNCIOS POR PALABRAS

OFRÉCESE CHÓFER A PARTICULARES CON COCHE OU SEN COCHE. TELF. 667 444 004.

OFRECESE SEÑORA PARA FACER COMI-DAS POLAS FESTAS, TAREFAS DO FOGAR OU COIDAR NENOS OU MAIORES. TELF: 697 604 818.

DÁNSE CLASES PARTICULARES DE IN-GLÉS, FRANCÉS, LINGUA E CLASES DE APOIO A PRIMARIA, ESO E BAC DE HU-MANIDADES. TELF. 697 596 016.

OFRÉCESE DIPLOMADA EN MAXISTERIO PARA DAR CLASES PARTICULARES (IN-FANTIL/PRIMARIA/1E2 ESO) E COIDAR NENOS A DOMICILIO. TELF: 636 382 326.

OFRÉCESE SEÑORA INTERNA PARA COI-DADO DE PERSOAS MAIORES, NENOS OU LIMPEZA DO FOGAR. TELF. 634 288 235.

OFRÉCESE RAPAZA PARA LIMPAR POR HORAS OU COIDAR NENOS, PREFEREN-TEMENTE POLAS MAÑÁS. INTERESADOS CHAMAR AO TELF. 637 249 602.

ARRÁNXANSE PERSIANAS DE ALUMINIO E COLÓCANSE VENECIANAS. TELF. 639 241 614.

OFRÉCESE RAPAZA PARA COIDAR DE PERSOAS MAIORES TANTO DE DÍA COMA DE NOITE. TELF. 629 987 316.

BÚSCASE RAPAZA INTERNA PARA O COI-DADO DUNHA PERSOA MAIOR. TELF. 610 704 165.

JOSÉ ÁNGEL LAGARES BUSCA EMPREGO. CONTA CON EXPERIENCIA NO SECTOR DAS TELECOMUNICACIÓNS, PERO ACEP-TARÍA OUTRO TIPO DE EMPREGO. TELF. 633 686 246.

REALÍZANSE TRABALLOS DE MEDICIÓN E VALORACIÓN DE PARCELAS. TELF. 616 204 665.

OFRÉCESE RAPAZ PARA TRABALLAR CON TITULACIÓN FP2 DELINEACIÓN E EXPE-RIENCIA. TELF 618 839 595.

ALÚGASE APARTAMENTO TOTALMEN-TE AMOBLADO EN BARREIROS PARA TODO O ANO. BO PREZO. TELF. 666 549 622.

VÉNDESE CASA NA FEIRA DO MONTE (AO LADO DA CASA DO CONCELLO). TELF. 662 253 823 (CHAMAR POLA NOITE DESPOIS DAS NOVE).

VÉNDESE SOLAR DE 700 M2 CON 8 M DE FRENTE NA RÚA DA FEIRA (VILAL-BA). BEN SITUADO PARA NEGOCIO. TELF. 610 394 052.

ALÚGASE LOCAL CÉNTRICO EN VILAL-BA IDEAL PARA PERRUQUERÍA, DEN-TISTA, OFICINAS, ETC. TELF. 692 132 351.

ALÚGASE PRAZA DE GARAXE NA RÚA PLÁCIDO PEÑA 16-18 EDIFICIO EIMIL (VILALBA). TELF. 982 512 370.

VÉNDESE SOLAR UNIFAMILIAR EN VILALBA (DETRÁS DE PROTECCIÓN CIVIL) DE 1.055 METROS CADRADOS CON PASO DE SERVIDUME. PREZO 25.000 EUROS A CONVIR. TELF. 646 324 192.

VÉNDESE PISO AMOBLADO DE 100 M2

NA AVDA. DE GALICIA, 32 (VILALBA) CON 3 HABITACIÓNS, 1 BAÑO, SALA E COCIÑA. CALEFACCIÓN INDIVIDUAL DE GASÓLEO. TODO EXTERIOR, CÉN-TRICO E EN BO ESTADO. TRASTEIRO AMPLO EXTERIOR. PREZO: 60.000 EU-ROS NEGOCIABLES. TELF: 620 514 240 OU 629 918 263.

VÉNDESE TERREO URBANO AO LADO DA COOPERATIVA DE SANTABALLA. TELF. 654 164 108.

ALÚGASE OU VÉNDESE GARAXE DE 12 M2 NA RÚA ALCALDE FRAGA (RÚA DE CORREOS DE VILALBA) 26-28. TELF. 680 882 849.

Anúnciese.Gratis a [email protected]

VÉNDENSE 2 CÁMARAS DE VIXILAN-CIA CON DECODIFICADOR (DE INTE-RIOR) EN BO ESTADO E PREZO MOI ECONÓMICO. TEL. 625 104 928.

FANSE TODO TIPO DE TRABALLOS EN CARPINTERÍA DE MADEIRA. INFORMES NO TELÉFONO: 622 638 985.

VÉNDESE VIÑO CASEIRO EXQUISITO. SERVIMOS A DOMICILIO GRANEL E EMBOTELLADO. TLF. 644 162 550.

VÉNDESE RADIO-CD REPRODUCTOR MP3 DE COCHE MARCA KENWOOD, MODELO KDC-W434A. INTERESA-DOS CHAMAR OU CONTACTAR POR WHATSAPP NO TELF. 655 228 614.

VÉNDESE MEL CASEIRA. TELF. 659 257 742

VÉNDENSE 50 M. DE TUBOS DE ACEI-RO E BARRICAS DO VIÑO. TELF. 69760 48 18.

VÉNDENSE HUCHAS DO TRIGO CENTE-NARIAS. TELF. 630 407 533.

VÉNDESE TV DE PANTALLA PLANA DE SEGUNA MAN EN PERFECTO ESTADO. TELF: 630 579 643.VENDO CAIXAS DE PLÁSTICO DE 60X40X25 CM. IDEAIS PARA VENDI-MIA. PREZO NEGOCIABLE. TELF. 616

954 119.

VÉNDESE MUÍÑO ANTIGO DE CEREAL. TELF. 648 703 876.

VÉNDESE MÁQUINA DE TABACO EN BO ESTADO. MOI BO PREZO. INTERE-SADOS CHAMAR AO TELÉFONO 637 363 879.

VÉNDENSE 100 CAIXAS DE MADEIRA DE 220X90X70 MM. PREZO NEGOCIA-BLE. TELF. 622 638 985.

VÉNDESE MÁQUINA DE COSER ALFA DE 50 ANOS EN PERFECTO ESTADO. TELF. 630 579 6 43.

VÉNDESE LEÑA DE CARBALLO, EUCA-LIPTO E SALGUEIRO XA TROCEADA. TELF: 648 147 243.

VÉNDENSE 5 PARCELAS NAS PARRO-QUIAS DE GOIRIZ E CARBALLIDO (VI-LALBA). TELF. 633 439 694 OU 984 293 975.

VÉNDESE DESGRANADORA (MÁQUI-NA DE MALLAR) ANTIGA. TELF. 653 359 566.

FÁNSE LIMPEZAS DE FINCAS E XAR-DÍNS. DESBROCE MANUAL. PREZOS ECONÓMICOS. TELF. 647 441 483.

VÉNDENSE ROLOS DE SILO E HERBA SECA. TAMÉN SE VENDE UN PONY POR 250 EUROS. TELF. 605 680 188 E 982 527 906.

VÉNDENSE ROLOS DE HERBA SECA. TELF: 982 527 136 E 664 103 964.

REALÍZANSE TODO TIPO DE TRABALLOS

FORESTAIS: DESBROCE, PODA E PODA EN ALTURA, PLANTACIÓNS, CORTA DE LEÑA, TRABALLOS DE XARDINERÍA, PECHES DE FINCAS, ETC. TELF. 696 224 709. ECONÓMICO.

VÉNDENSE CHANTAS DE SEGUNDA MAN PARA PECHE DE FINCAS. ENTRE 30 E 40 METROS. TELF. 648 147 243.

VÉNDENSE ESTACAS DE CASTAÑO DE 2 M. TELF. 635 25 45 85

agro

outras ofertas

MANOLO DA TERRA CHÁ, 47 ANOS, SEPARADO, ALTO, TRABALLADOR, CO-ÑECERÍA MULLER DA ZONA. TELF. 679 058 179.

HOME SEPARADO DE 65 ANOS BUSCA MULLER DE 60 NON FUMADORA E SEN CARGAS. TELF. 630 403 711.

RAPAZ SOLTEIRO DE 44 ANOS BUSCA

RAPAZA SOLTEIRA DE ENTRE 35 E 44. PREFERIBLEMENTE QUE LLE GUSTE A ALDEA. TELF. 671 416 679.

GUSTARÍAME COÑECER MULLER ENTRE 45 E 60 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELF. 648 147 243.RAPAZ SOLTEIRO DE 41 ANOS QUERE COÑECER RAPAZA PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELF. 634 404 743.

relacións persoais

ofertas inmobiliarias emprego

Page 32: febreiro 2017 A Deputación defende residencias Fernando ... · A infraestrutura ofertará 36 prazas de residencia e 20 como centro de día. A Deputación defende residencias públicas

Ata que a Autovía do Noroeste iniciou a súa apertura a maioría dos viaxeiros que se dirixían camiño Lugo pola N-VI

reparaban inevitablemente nunha construción singular de pedra situa-da á veira da estada, localizada na parroquia de San Martiño Guillar, Concello de Outeiro de Rei, a cal conforma unha estampa que agora os forasteiros e habituais da A-6 xa non poden contemplar, prezo a pa-gar pola comodidade e rapidez que estas vías ofertan fronte ás estradas convencionais, traendo con elo o descoñecemento dos encantos lo-cais dos pobos polos que discorren.A construción singular da que fala-mos é o Pombal de Guillar, unha edificación de tipo popular pouco común en Galicia, non por ser unha obra estraña, se non que a posesión dun pombal era un dereito reserva-do á fidalguía e a o clero, polo que o habitual era atopalos nos terreos dos pazos, casas grandes ou reitorais, dominando maioritariamente aqueles con estrutura circular. Non será ata o século XIX cando se democratice o seu uso entre o pobo, máis o gasto de traballo e material para a construción

dun pombal desta tipoloxía seguirá só ao alcance duns poucos, xa que a maioría prefería reservar estes re-cursos para outro tipo de cuestións de primeira necesidade da vida no

campo. Segundo algúns datos estes pombais monumentais posiblemen-te puideron compartir tamén as súas función coas de galiñeiro ou coas de habitáculos de almacenaxe.

O Pombal de Guillar non se contaba no seu día entre as posesións nin de cregos nin de fidalgos se non que, como nos conta a familia á que per-tenceu ata fai unhas décadas antes de ser expropiado, foi construído a principios do século XIX por un dos seus membros dentro da propiedade: unha casa labrega que conseguiu ter unha me maior posición económica que as do lugar. Gracias a eles co-ñecemos tamén o autor, Elías Flores Rábade, un rapaz que por entón tiña tan só dezaseis anos, idade que non lle impediu construír con bo gusto este pombal, pois era coñecedor do traballo da pedra coma outros mem-bros da súa familia. En canto ao seu aspecto formal ato-pámonos ante unha estrutura de planta circular sobre base pétrea, cun corpo cilíndrico no que na súa parte inferior se abren catro peque-nas ventas e unha porta, mentres que na superior dúas cornixas de lousa enmarcan a zona de oquiños de en-trada das pombas ao interior. A partir da segunda cornixa arranca unha falsa cúpula construída mediante a técnica de aproximación de fiadas de cachotería, cunha tripla cornixa na parte superior e coroada cun re-

mate en cilindro e bola de pedra. No tramo que vai entre a primeira e segunda atopamos de novo catro pequenos ocos de entrada.Debido ás similitudes que presenta co que atopamos na Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, para moi-tos Elías Flores puido telo tomado coma modelo para a súa obra. Como xa apuntamos ao inicio, os pombais están estreitamente rela-cionados coa arquitectura señorial, e, nun Concello Concello coma o de Outeiro de Rei que nos ofrece un abundante e rico legado en canto a construcións deste tipo (Pazo de Mira-peixe, Casa Señorial de Sobrada, Pazo de Guevara, Casa de Abelleira, etc.), atopamos outros dous pombais entre as posesións destes señores, o máis an-tigo no Pazo de Ghevara e o segundo na coñecida como Casa do Rei.O Pombal de Guillar, impertérrito so-bre a súa base pétrea, conseguiu per-durar no tempo, resistir á construción e ampliación da N-VI, achegándonos unha fermosa obra de arquitectura popular e a destreza dun xove artis-ta da Chaira, ó cal, como nos indica a Enciclopedia Galega, se lle atribúe a edificación dun dos pombais máis fermosos de toda Galicia.

Descubrindo o patrimonio chairegoCon Miriam Fernández

O pombal de Guillar

O pombal de Guillar.

O pombal

de

Guillar foi

construído

no século

XIX por

Elías Flores

Rábade.