Ferbenza de Dombodán

2
Lidia López Pérez C.S.A. (T.E.A.) Ferbenza de Santa Marta. O xoves, 28 de febreiro de 2013 fomos visitar a ferbenza de Dombodán. A ferbenza de Santa Marta fai de límite natural entre os concellos de Arzúa e de Touro. Recibiu ese nome por unha lenda que conta que unha muller que caiu dende a parte de arriba ó darse conta de que caia se encomendou a Santa Marta, e dita Santa fixo que a muller saíse ilesa da caída. Esta ferbenza ten arredor de 30 m de altitude. Para chegar a este lugar colleremos o desvío de As Hortas e logo seguiremos as indicacións postas polos veciños do lugar. Hai que camiñar un pequeño recorrido ata chegar á ferbenza, pero é un recorrido moi agradable no cal podemos ir observando a distinta vexetación da zona. Logo de baixar unhas, bastante empinadas, escaleiras de madeira atopámonos coa ferbenza de cheo.

description

breve descripción da visita á ferbenza de Santa Marta.

Transcript of Ferbenza de Dombodán

Lidia López Pérez

C.S.A. (T.E.A.)

Ferbenza de Santa Marta.

O xoves, 28 de febreiro de 2013 fomos visitar a ferbenza de Dombodán.

A ferbenza de Santa Marta fai de límite natural entre os concellos de Arzúa e de Touro. Recibiu ese nome por unha lenda que conta que unha muller que caiu dende a parte de arriba ó darse conta de que caia se encomendou a Santa Marta, e dita Santa fixo que a muller saíse ilesa da caída. Esta ferbenza ten arredor de 30 m de altitude.

Para chegar a este lugar colleremos o desvío de As Hortas e logo seguiremos as indicacións postas polos veciños do lugar. Hai que camiñar un pequeño recorrido ata chegar á ferbenza, pero é un recorrido moi agradable no cal podemos ir observando a distinta vexetación da zona. Logo de baixar unhas, bastante empinadas, escaleiras de madeira atopámonos coa ferbenza de cheo.

Seguindo o camiño do río podemos dar un paseo agradable polos tipicos camiños dos pescadores ó lado do río Ulla. Por este camiño podemos ver un muiño e o pozo no que almacenaban a auga para o seu funcionamento (ainda que por dentro esta incompleto).

Podemos dicir que foi unha visita agradable e curiosa xa que nos mostra unha vez máis que para ver cousas fantásticas na natureza non fai falta afastarse moito. (A ferbenza de Dombodan queda a 12 km de Arzúa).