Folleto Lomce Galicia

24
Toda a información que necesitas para comprender a lei Axudámosche coa LOMCE

description

Folleto Lomce Galicia

Transcript of Folleto Lomce Galicia

Page 1: Folleto Lomce Galicia

Toda a información que necesitas para comprender a lei

Axudámoschecoa LOMCE

Page 2: Folleto Lomce Galicia
Page 3: Folleto Lomce Galicia

ESTRUTURA DO NOVO SISTEMA EDUCATIVO

05

06 CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN

07 CURRÍCULO E ORGANIZACIÓN DE MATERIAS

08 COMPETENCIAS NAS MATERIAS

09 A EDUCACIÓN PRIMARIA NA LOMCE

11 A ESO NA LOMCE

17 A FP BÁSICA NA LOMCE

18 O BACHARELATO NA LOMCE

Page 4: Folleto Lomce Galicia

5

Page 5: Folleto Lomce Galicia

5

INFANTIL inicial

(0-3 anos)

3.º

2.º

1.º

INFANTIL (3-6 anos)

3.º

2.º

1.º

ESO 1.º CICLO

(13-15 anos)

3.º Programa mellora

2.º Programa mellora

1.º

PRIMARIA (6-12 anos)

A etapa de Ed. Primaria comprende

6 cursos e organízase

en áreas, que terán un

carácter global e integrador.

AVALIACIÓN FINAL

6.º

5.º

4.º

AVALIACIÓN

3.º

2.º

1.º

ESO 1.º CICLO

(13-15 anos)

TÍTULO ESO

AVALIACIÓN ACADÉMICAS

AVALIACIÓN APLICADAS

4.º Académicas 4.º Aplicadas

PROBA FINAL BACH./TÍTULO

BACH.2.º

1.ºFP G. MEDIO

2.º

1.º

FP BÁSICA2.º

1.º

PROBA ADMISIÓN FP G. SUPPROBA ADMISIÓN UNIV.

UNIVERSIDADE FP GRAO SUPERIOR

ME

RC

AD

O D

E T

RA

BA

LLO

ESTRUTURA DO NOVO SISTEMA EDUCATIVO

Page 6: Folleto Lomce Galicia

6 7

CURSO ACADÉMICO

2014-2015 2015-2016 2016-2017

PR

IMA

RIA

1.º

2.º

3.º

Avaliación

4.º

5.º

6.º

Avaliación

SE

CU

ND

AR

IA

1.º

2.º

3.º

4.º

AvaliaciónAno 2017, unha soa convocatoria, sen

efectos académicos.

1.º FPB

2.º FPB

BA

CH

AR

ELA

TO

1.º

2.º

Avaliación

Ano 2017, dúas convocatorias, os resultados

só se terán en conta para o acceso á Universidade

(a súa superación non será necesaria para obter o título

de Bacharelato).

FP GM Inicio ciclos

CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN

Page 7: Folleto Lomce Galicia

6 7

Contidos transversais

Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das áreas ou materias:

• a comprensión lectora,

• a expresión oral e escrita,

• a comunicación audiovisual,

• as Tecnoloxías da Información e da Comunicación,

• o emprendemento e

• a educación cívica e constitucional

traballaranse en todas as áreas ou materias da Educación Primaria e da ESO.

Centros e currículo

Os centros docentes desenvolverán e complementarán, no seu caso, o currículo das diferentes etapas e ciclos en uso da súa autonomía (Capítulo II do Título V da LOMCE).

Organización de materias

As materias das diferentes etapas organízanse en tres tipos:

Troncais Representarán como mínimo o 50 % do horario escolar. En ESO e Bacharelato subdivídense en: troncais xerais e troncais de opción.

Específicas

Representarán como máximo un 50 % do horario escolar.

• En Educación Primaria, o alumno deberá cursar un mínimo de tres por curso, das cales serán obrigatorias Educación Física e Relixión (ou a súa alternativa: Valores Sociais e Cívicos).

• En ESO, o alumno deberá cursar un mínimo de tres e un máximo de seis por curso, das cales serán obrigatorias Educación Física e Relixión (ou a súa alternativa: Valores Éticos).

• En Bacharelato:

− En 1.º curso, o alumno deberá cursar un mínimo de tres e un máximo de catro, das cales Educación Física será obrigatoria.

− En 2.º curso, o alumno deberá cursar un mínimo de dúas e un máximo de tres.

De libre configuración autonómica

Reguladas polas Administracións educativas. Neste grupo entra Lingua Galega e Literatura, que se estudará obrigatoriamente en todos os cursos. Ademais, poderanse cursar outras materias. En 2.º de Bacharelato, Educación Física inclúese neste grupo.

Currículo

Enténdese por currículoa regulación dos elementos que determinan os procesosde ensinanza e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas.

• Os obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa.

• As competencias, ou capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa.

• Os contidos, ou conxuntos de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos e á adquisición de competencias.

• Os contidos ordénanse en materias.

• A metodoloxía didáctica, que comprende tanto a descrición das prácticas docentes como a organización do traballo dos docentes.

• Os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables.

• Os criterios de avaliación do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos.

CURRÍCULO E ORGANIZACIÓN DE MATERIAS

Page 8: Folleto Lomce Galicia

8 9

Troncais EspecíficasDe libre configuración autonómica

Goberno

Determina os contidos comúns, os estándares de aprendizaxe avaliables e o horario lectivo mínimo.

Determina os estándares de aprendizaxe avaliables relativos aos contidos.

Administracións educativas (CCAA) (dentro da regulación e límites establecidos polo Goberno a través

do MECD)

Complementan os contidos. Fixan o horario lectivo máximo.

Establecen os contidos. Fixan o horario correspondente aos contidos.

Establecen os contidos. Fixan o horario correspondente aos contidos. Establecen os estándares de aprendizaxe avaliables.

Realizar recomendacións de metodoloxía didáctica para os centros docentes da súa competencia.

Centros docentes (dentro da regulación

e límites establecidos polas Administracións educativas)

Complementan os contidos das materias e configuran a súa oferta formativa.

Deseñan e implantan métodos pedagóxicos e didácticos propios.

Determinan a carga horaria correspondente ás diferentes materias.

COMPETENCIAS NAS MATERIAS

Page 9: Folleto Lomce Galicia

8 9

Principais novidades

• A etapa de Educación Primaria deixará de organizarse por ciclos, comprenderá 6 cursos e organizarase en áreas, que terán un carácter global e integrador.

• Desaparecerá a área de Coñecemento do Medio, que se desdobra en dúas áreas distintas:

− Ciencias da Natureza.

− Ciencias Sociais.

• Educación para a Cidadanía deixará de existir como materia.

• Incorpórase a materia Valores Sociais e Cívicos como alternativa a Relixión.

• A lingua castelá ou a lingua galega só se utilizarán como apoio no proceso de aprendizaxe da lingua estranxera, en que se priorizarán a comprensión e a expresión oral.

Áreas

Avaliación

A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua e global e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas.

Estableceranse as medidas máis axeitadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais.

Prestarase especial atención durante a etapa á atención personalizada dos alumnos e das alumnas, á realización de diagnósticos precoces e ao establecemento de mecanismos de reforzo para lograr o éxito escolar.

Promoción e repetición

O alumno ou a alumna accederá ao curso ou etapa seguinte sempre que se considere que logrou os obxectivos e alcanzou o grao de adquisición das competencias correspondentes. De non ser así, poderá repetir unha soa vez durante a etapa, cun plan específico de reforzo ou recuperación.

Atenderase especialmente aos resultados da avaliación individualizada ao finalizar o 3.º curso de Educación Primaria e de final de Educación Primaria.

Áre

as e

n E

d. P

rim

aria

Troncais (5/curso) (Mínimo 50 % do horario)

Específicas (mínimo 3/curso)

De libre configuración autonómica

• Ciencias da Natureza

• Ciencias Sociais

• Lingua Castelá e Literatura

• Matemáticas

• Primeira Lingua Estranxeira

Sempre:

• Educación Física

• Relixión / Valores Sociais e Cívicos

Polo menos 1:

• Educación Artística

• Segunda Lingua Estranxeira

• Relixión

• Valores Sociais e Cívicos

Sempre:

• Lingua Galega e Literatura

Outras:

• Unha área do bloque específicas non cursada

• Unha área de afondamento ou reforzo das áreas troncais

• Áreas que se determinen

A EDUCACIÓN PRIMARIA NA LOMCE

Page 10: Folleto Lomce Galicia

10 11

Avaliación durante a etapa. Ao finalizar 3.º de EP

CaracterísticasAvaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas, ao finalizar 3.º de EP.

Os criterios de avaliación desta proba serán comúns para o conxunto do Estado.

Periodicidade Anual.

Mostra Todos os centros.

Quen avalía Interna. Realizarana os centros docentes segundo dispoñan as Administracións educativas.

Que se avalíaComprobarase o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas, en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Efectos De resultar desfavorable, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis axeitadas.

Avaliación durante a etapa. Ao finalizar 6.º de EP

Características

Avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas, ao finalizar a etapa (6.º de EP). Os criterios de avaliación desta proba serán comúns para o conxunto do Estado.

O resultado da avaliación expresarase en niveis. O nivel obtido por cada alumno e alumna farase constar nun informe, que será entregado aos pais, nais ou titores legais e que terá carácter informativo e orientador para os centros en que os alumnos cursasen 6.º curso de Educación Primaria e para os centros en que estuden o seguinte curso escolar, así como para os equipos docentes, os pais ou titores legais e os alumnos.

Periodicidade Anual.

Mostra Todos os centros.

Quen avalíaExterna. O Goberno, tras consultar as Comunidades Autónomas, establecerá os criterios de avaliación e as características xerais das probas para todo o Sistema Educativo Español co fin de asegurar uns criterios e características de avaliación comúns a todo o territorio.

Que se avalíaComprobarase o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa.

Efectos As Administracións educativas poderán establecer plans específicos de mellora nos centros públicos cuxos resultados sexan inferiores aos valores que, para tal obxecto, establecesen.

Page 11: Folleto Lomce Galicia

10 11

Principais novidades

• A etapa de Educación Secundaria Obrigatoria organízase en materias e comprenderá dous ciclos, o primeiro de tres cursos escolares (1.º, 2.º e 3.º de ESO) e o segundo de un (4.º de ESO), e este último ten un carácter fundamentalmente propedéutico.

• Co fin de facilitar o tránsito do alumnado entre a Educación Primaria e o 1. o curso de Educación Secundaria Obrigatoria, as Administracións educativas e, no seu caso, os centros docentes, poderán agrupar as materias do 1. o curso en ámbitos de coñecemento.

• Educación para a Cidadanía deixará de existir como materia.

• Incorpórase a materia Valores Éticos como alternativa a Relixión.

• A materia de Ciencias da Natureza (que se imparte actualmente en 1.º e 2.º de ESO) desdóbrase en dúas materias troncais distintas:

− ioloxía e Xeoloxía, que se impartirá en 1.º de ESO.

− Física e Química, que se impartirá en 2.º de ESO.

• En 3.º de ESO, a materia troncal de Matemáticas terá dúas opcións:

− Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas.

− Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.

• Os pais ou titores legais, ou no seu caso os alumnos, poderán escoller cursar o 4.º curso de ESO por unha das dúas opcións seguintes:

− Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato.

− Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional.

• Para estes efectos, non serán vinculantes as opcións cursadas en 3. o curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

• O alumnado deberá poder lograr os obxectivos da etapa e alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes tanto pola opción de ensinanzas académicas coma pola de ensinanzas aplicadas.

• A lingua castelá ou a lingua galega só se utilizarán como apoio no proceso de aprendizaxe de lingua estranxeira. Priorizaranse a comprensión e expresión oral.

• Créanse programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

• Créase un novo ciclo de Formación Profesional Básica. O equipo docente poderá propoñer aos pais ou titores legais a incorporación do alumno a este ciclo cando o grao de adquisición das competencias así o aconselle.

A ESO NA LOMCE

Page 12: Folleto Lomce Galicia

12 13

Materias

1. º cicloESO

Troncais (5 + 1) (Mínimo 50 % do horario) Específicas

(Mínimo 3-máximo 6)

De libre configuración autonómica (n.º indet.)

Troncais xerais (5)

Troncais de opción (cursar 1)

1.º-2.º *

• Bioloxía e Xeoloxía ( 1.º)

• Física e Química (2.º)

• Xeografía e Historia

• Lingua Castelá e Literatura

• Matemáticas

• Primeira Lingua Estranxeira

Sempre:

• Educación Física

• Relixión / Valores Éticos

Entre 1 e 4 (poderán ser diferentes en cada curso):

• Cultura Clásica

• Educación Plástica, Visual e Audiovisual

• Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

• Música

• 2.ª Lingua Estranxeira

• Tecnoloxía

• Relixión

• Valores Éticos

Sempre:

• Lingua Galega e Literatura

Outras (poderán ser diferentes en cada curso):

• Materias que se determinen

• Materias do bloque específicas non cursadas

3.º

• Bioloxía e Xeoloxía

• Física e Química

• Xeografía e Historia

• Lingua Castelá e Literatura

• Primeira Lingua Estranxeira

• Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas

• Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas

2.º ciclo4. º ESO

Troncais (4 + 2) (Mínimo 50 % do horario) Específicas

(Mínimo 3-máximo 6)

De libre configuración autonómica (n.º indet.)

Troncais xerais (4)

Troncais de opción (2)

En

sin

anza

s A

cad

émic

as

par

a a

inic

iaci

ón

ao

Bac

har

elat

o

• Xeografía e Historia

• Lingua Castelá e Literatura

• Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas

• Primeira Lingua Estranxeira

• Bioloxía e Xeoloxía

• Economía

• Física e Química

• Latín

Sempre:

• Educación Física

• Relixión / Valores Éticos

Entre 1 e 4:

• Artes Escénicas e Danza

• Cultura Científica

• Cultura Clásica

• Educación Plástica, Visual e Audiovisual

• Filosofía

• Música

• 2.ª Lingua Estranxeira

• Tecnoloxías da Información e da Comunicación

• Relixión

• Valores Éticos

• Unha materia troncal non cursada

Sempre:

• Lingua Galega e Literatura

Outras:

• Unha materia do bloque específicas non cursada

• Materias de ampliación dos contidos das materias troncais ou específicas

• Materias que se determinen

En

sin

anza

s A

plic

adas

p

ara

a in

icia

ció

n

á Fo

rmac

ión

Pro

fesi

on

al

• Xeografía e Historia

• Lingua Castelá e Literatura

• Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas

• Primeira Lingua Estranxeira

• Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional

• Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

• Tecnoloxía

*(Co fin de facilitar o tránsito do alumnado entre a Educación Primaria e o 1.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria,

as Administracións educativas e, no seu caso, os centros docentes, poderán agrupar as materias do 1. º curso en ámbitos de

coñecemento).

Para a elección da opción de 4.º non serán vinculantes as opcións cursadas no 3. º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. As

Administracións educativas e, no seu caso, os centros poderán elaborar itinerarios para orientar os alumnos e as alumnas na elección

das materias troncais de opción.

Page 13: Folleto Lomce Galicia

12 13

Avaliación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria será continua, formativa e integradora.

Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais.

Promoción e repetición

As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de forma colexiada polo conxunto de profesores do alumno respectivo, atendendo ao logro dos obxectivos e ao grao de adquisición das competencias correspondentes.

Os alumnos e alumnas promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea.

De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno con avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:

• Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

• Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non impide ao alumno seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica.

• Que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador ao que se refire o apartado 7* deste artigo.

Poderá tamén autorizarse de forma excepcional a promoción dun alumno ou alumna con avaliación negativa en dúas materias que sexan Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea cando o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica, e sempre que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador ao que se refire o apartado 7 deste artigo.

Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques. Ademais, en relación con aqueles alumnos e alumnas que cursen Lingua Galega e Literatura, só se computará unha materia no bloque de materias de libre configuración autonómica, con independencia de que eses alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da Educación Secundaria Obrigatoria consideraranse como materias distintas. A materia Lingua Galega e Literatura terá a mesma consideración ca a materia Lingua Castelá e Literatura.

O alumno ou alumna poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3.º ou 4.º curso, prolongarase un ano o límite de idade ao que se refire o apartado 2 do artigo 4. Excepcionalmente, un alumno ou alumna poderá repetir unha segunda vez en 4.º curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.

En todo caso, as repeticións estableceranse de xeito que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumno ou alumna e estean orientadas á superación das dificultades detectadas.

Page 14: Folleto Lomce Galicia

14 15

Recuperación

Co fin de facilitarlles aos alumnos e ás alumnas a recuperación das materias con avaliación negativa, as Administracións educativas regularán as condicións para que os centros organicen as oportunas probas extraordinarias nas condicións que determinen.

Os que promocionen sen superar todas as materias deberán matricularse das materias non superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións correspondentes a eses programas de reforzo. Esta circunstancia será tida en conta para os efectos de promoción previstos nos apartados anteriores.

Coa finalidade de facilitar que todos os alumnos e alumnas logren os obxectivos e alcancen o adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes, as Administracións educativas establecerán medidas de reforzo educativo, con especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo. A aplicación personalizada das medidas revisarase periodicamente e, en todo caso, ao finalizar o curso académico.

Informes

Ao final de cada un dos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada alumno ou alumna un consello orientador, que incluirá un informe sobre o grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias correspondentes, así como unha proposta a pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, ao alumno ou á alumna do itinerario máis adecuado para seguir, que poderá incluír a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento ou a un ciclo de Formación Profesional Básica.

Tras cursar o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria, así como unha vez realizado o 2.º curso, cando o alumno ou a alumna se vaia incorporar de forma excepcional a un ciclo de Formación Profesional Básica, entregaráselles aos alumnos e ás alumnas un certificado de estudos cursados.

Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento

O Goberno definirá as condicións básicas para establecer os requisitos dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverán a partir do 2.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Neste suposto, utilizarase unha metodoloxía específica a través dunha organización de contidos, actividades prácticas e, no seu caso, de materias diferente da establecida con carácter xeral, coa finalidade de que os alumnos e alumnas poidan cursar o 4.º curso pola vía ordinaria e obteñan o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

O equipo docente poderá propoñer aos pais, nais ou titores legais a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento dos alumnos e alumnas que repetisen polo menos un curso en calquera etapa, e que unha vez cursado o 1. º curso de Educación Secundaria Obrigatoria non estean en condicións de promocionar ao 2.º curso, ou que unha vez cursado o 2.º curso non estean en condicións de promocionar ao 3. º curso. O programa desenvolverase ao longo dos cursos 2.º e 3.º no primeiro suposto, ou só no 3. º curso no segundo suposto.

Os alumnos que, cursando o 3.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, non estean en condicións de promocionar ao 4.º curso, poderán incorporarse excepcionalmente a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir o 3.º curso.

Estes programas irán dirixidos preferentemente aos alumnos e ás alumnas que presenten dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables a falta de estudo ou esforzo.

As Administracións educativas garantirán ao alumnado con discapacidade que participe nestes programas a disposición dos recursos de apoio que, con carácter xeral, se prevexan para este alumnado no Sistema Educativo Español.

Page 15: Folleto Lomce Galicia

14 15

Cualificación e titulación

Para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria será necesaria a superación da avaliación final, así como unha cualificación final desa etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria deducirase da seguinte ponderación:

• Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en Educación Secundaria Obrigatoria.

• Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria. No caso de que o alumno superase a avaliación final polas dúas opcións, tomarase en conta a máis alta das dúas.

O título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirá acceder ás ensinanzas postobrigatorias de acordo cos requisitos que se establecen para cada unha delas.

No título deberá constar a opción ou opcións polas que se realizou a avaliación final, así como a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria.

Cando o alumno se presentase de novo á avaliación pola mesma opción para elevar a súa cualificación final, farase constar no título, por dilixencia ou anexo a este, a nova cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria. Tamén se fará constar, por dilixencia ou anexo, a superación da avaliación final por unha opción diferente á que xa conste no título, en cuxo caso a cualificación final será a máis alta das que se obteñan tendo en conta os resultados de ambas as opcións.

Os alumnos que cursen a Educación Secundaria Obrigatoria e non obteñan o título ao que se refire este artigo recibirán unha certificación oficial en que constará o número de anos cursados, así como o grao de logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes.

As Administracións educativas poderán establecer medidas de atención personalizada dirixidas aos alumnos e alumnas que, presentándose á avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria, non a superasen.

Page 16: Folleto Lomce Galicia

16 17

Avaliación final de etapa. Ao finalizar 4.º de ESO

Características

Avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar a etapa.

Os criterios de avaliación desta proba serán comúns para o conxunto do Estado.

Serán probas estandarizadas e deseñaranse de modo que permitan establecer valoracións precisas e comparacións equitativas, así como o seguimento da evolución ao longo do tempo dos resultados obtidos.

Os alumnos poderán realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de ensinanzas académicas ou de ensinanzas aplicadas, con independencia da opción cursada no 4.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, ou por ambas as opcións na mesma ocasión.

Poderán presentarse a esta avaliación os alumnos e alumnas que obtivesen ben avaliación positiva en todas as materias, ou ben negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. Para estes efectos, a materia Lingua Galega e Literatura terá a mesma consideración ca a materia Lingua Castelá e Literatura. Só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou alumna debe cursar en cada un dos bloques.

Nos alumnos e alumnas que cursen Lingua Galega e Literatura, só se computará unha materia no bloque de materias de libre configuración autonómica, con independencia de que eses alumnos e alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.

Celebraranse polo menos dúas convocatorias anuais, unha ordinaria e outra extraordinaria.

A avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria correspondente á convocatoria que se realice o 1. º curso escolar de implantación das modificacións no 4.º curso non terá efectos académicos. Ese ano só se realizará unha única convocatoria.

Periodicidade Anual.

Mostra Todos os centros.

Quen avalía

Avaliación externa. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte establecerá para todo o Sistema Educativo Español:

• Os criterios de avaliación.

• As características das probas.

• O deseño das probas e o seu contido para cada convocatoria.

A realización material das probas corresponde ás Administracións educativas competentes. As probas serán aplicadas e cualificadas por profesorado do Sistema Educativo Español externo ao centro.

Regularase o procedemento de revisión dos resultados das avaliacións.

Que se avalía

Comprobarase o logro dos obxectivos da etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:

• Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais, salvo Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, das que o alumno ou alumna será avaliado se as escolle entre as materias de opción, segundo se indica no parágrafo seguinte.

• Dúas das materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, no 4.º curso.

• Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física, Relixión ou Valores Éticos.

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos de Educación Secundaria Obrigatoria consideraranse como materias distintas.

Efectos

Para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria será necesaria a superación da avaliación final.

A superación desta avaliación requirirá unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Os alumnos e alumnas que non superasen a avaliación pola opción escollida, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria, poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, logo de solicitalo.

Os alumnos e alumnas que superasen esta avaliación por unha opción poderán presentarse de novo a avaliación pola outra opción se o desexan, e de non superala en primeira convocatoria poderán repetila en convocatorias sucesivas, logo de solicitalo.

Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias que o alumno ou alumna superase.

Page 17: Folleto Lomce Galicia

16 17

Principais novidades

• Formación Profesional comprenderá os ciclos de Formación Profesional Básica, de grao medio e de grao superior, cunha organización modular, de duración variable, que integrará os contidos teórico-prácticos, tanto das materias instrumentais como dos módulos profesionais, adecuados aos diversos campos profesionais.

• Os títulos de Formación Profesional estarán referidos, con carácter xeral, ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, e os ciclos da Formación Profesional que conducirán á súa obtención serán os seguintes:

− Ciclos de Formación Profesional Básica.

− Ciclos formativos de grao medio.

− Ciclos formativos de grao superior.

• O novo ciclo de Formación Profesional Básica (FPB) garantirá a adquisición das competencias da aprendizaxe permanente a través da impartición de ensinanzas organizadas en dous grandes bloques: “Comunicación e Ciencias Sociais” e “Ciencias Aplicadas”. Terá dous anos de duración e será de carácter obrigatorio e gratuíto. Poderán cursalo os alumnos que terminasen o primeiro ciclo de ESO e non estean en condicións de promocionar a 4.º, ou excepcionalmente os que cursasen o 2.º curso de ESO.

Materias

Acceso a Formación Profesional Básica

O acceso aos ciclos de Formación Profesional Básica requirirá o cumprimento simultáneo das seguintes condicións:

• Ter cumpridos quince anos, ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos de

idade no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.

• Cursar o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria sen estar en condicións de promocionar ao 4.º

curso, ou excepcionalmente ter cursado o 2.º curso da Educación Secundaria Obrigatoria.

Titulación e acceso a Ciclo Medio

As ensinanzas da Formación Profesional Básica garantirán polo menos a formación necesaria para obter unha

cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. O título Profesional Básico permitiralles

aos alumnos:

• O acceso aos ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional.

• Obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria por calquera das dúas opcións (aplicadas ou académicas), mediante a superación da avaliación final de ESO en relación coas materias do bloque de materias troncais que como mínimo se deben cursar na opción que escolla o alumno.

Bloque de Comunicación e Ciencias Sociais Bloque de Ciencias Aplicadas

• Lingua Castelá

• Lingua Estranxeira

• Ciencias Sociais

• Lingua Galega

• Matemáticas Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional

• Ciencias Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional

A FP BÁSICA NA LOMCE

Page 18: Folleto Lomce Galicia

18 19

Principais novidades

• Poderán acceder aos estudos de Bacharelato os alumnos que estean en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superasen a avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria pola opción de ensinanzas académicas.

• As modalidades do Bacharelato serán tres:

− Ciencias.

− Humanidades e Ciencias Sociais.

− Artes.

• Produciranse numerosos cambios na organización das materias. Deixarán de estar no currículo de Bacharelato algunhas materias , como Ciencias para o Mundo Contemporáneo, mentres que se crearán outras novas, como Cultura Científica, Volume, Anatomía Aplicada, TIC I e II, Xeoloxía… Outras das xa existentes cambiarán de asignación, como, por exemplo, Literatura Universal e Historia da Filosofía, que pasarán a ser troncais de opción en 1.º e 2.º, respectivamente, Ciencias da Terra e do Medio Natural, que será específica en 2.º, etc.

• A lingua castelá ou a lingua galega só se utilizarán como apoio no proceso de aprendizaxe de lingua estranxeira. Priorizaranse a comprensión e expresión oral.

• Os alumnos poderán permanecer cursando Bacharelato en réxime ordinario durante catro anos.

Materias

1.º

Troncais (4 + 2) (Mínimo 50 % do horario) Específicas

(Mínimo 3-máximo 4)

De libre configuración autonómicaTroncais

xerais (4)Troncais de opción (2)

CIE

NC

IAS

• Filosofía

• Lingua Castelá e Literatura I

• Matemáticas I

• Primeira Lingua Estranxeira I

• Bioloxía e Xeoloxía

• Debuxo Técnico I

• Física e Química

Sempre:

• Educación Física

Mínimo 2, máximo 3:

• Análise Musical I

• Anatomía Aplicada

• Cultura Científica

• Debuxo Artístico I

• Debuxo Técnico I

• Linguaxe e Práctica Musical

• Relixión

• Segunda Lingua Estranxeira I

• Ampliación de materia do bloque troncais

• Tecnoloxía Industrial I

• Tecnoloxías da Información e da Comunicación I

• Volume

• Unha materia do bloque troncais non cursada

Sempre:

• Lingua Galega e Literatura I

Outras:

• Materias do bloque de específicas non cursadas

• Materias de ampliación de contidos dalgunha materia troncal ou específica

• Outras, que se determinen

HU

MA

NID

AD

ES

E

CIE

NC

IAS

SO

CIA

IS

• Filosofía

• Lingua Castelá e Literatura I

• Primeira Lingua Estranxeira I

• Latín I (para HUMANIDADES)

• Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I (para CS. SOCIAIS)

• Economía

• Grego I

• Historia do Mundo Contemporáneo

• Literatura Universal

AR

TE

S

• Filosofía

• Fundamentos da Arte I

• Lingua Castelá e Literatura I

• Primeira Lingua Estranxeira I

• Cultura Audiovisual I

• Historia do Mundo Contemporáneo

• Literatura Universal

O BACHARELATO NA LOMCE

Page 19: Folleto Lomce Galicia

18 19

Acceso

Poderán acceder aos estudos de Bacharelato os alumnos e as alumnas que estean en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superasen a avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria pola opción de ensinanzas académicas.

Avaliación

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e diferenciada segundo as distintas materias. O profesorado de cada materia decidirá, ao final do curso, se o alumno ou a alumna logrou os obxectivos e alcanzou o adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes.

Estableceranse as medidas máis axeitadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais.

Promoción e repetición

Os alumnos e as alumnas promocionarán de 1.º a 2.º curso de Bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse no 2.º curso das materias pendentes de 1.º.

A superación das materias do 2.º curso que impliquen continuidade estará condicionada á superación das correspondentes materias do 1. º curso. Esa correspondencia establecerase por vía regulamentaria.

Aos efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna debe cursar en cada un dos bloques. Ademais, en relación cos alumnos e alumnas que cursen Lingua Galega e Literatura, só se computará unha materia no bloque de materias de libre configuración autonómica, con independencia de que eses alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.

2.º

Troncais (4 + 2) (Mínimo 50 % do horario) Específicas

(Mínimo 2-máximo 3)

De libre configuración autonómicaTroncais

xerais (4)Troncais de opción (2)

CIE

NC

IAS

• Historia de España

• Lingua Castelá e Literatura II

• Matemáticas II

• Primeira Lingua Estranxeira II

• Bioloxía

• Debuxo Técnico II

• Física

• Xeoloxía

• Química

• Análise Musical II

• Ciencias da Terra e do Medio Natural

• Debuxo Artístico II

• Debuxo Técnico II

• Fundamentos de Administración e Xestión

• Historia da Filosofía

• Historia da Música e da Danza

• Imaxe e Son

• Psicoloxía

• Relixión

• Segunda Lingua Estranxeira II

• Técnicas de Expresión Gráfico-Plásticas

• Tecnoloxía Industrial II

• Tecnoloxías da Información e da Comunicación II

• Unha materia do bloque troncais non cursada polo alumno

Sempre:

• Lingua Galega e Literatura II

Outras:

• Educación Física

• Materias do bloque de específicas non cursadas

• Materias de ampliación de contidos dalgunha materia troncal ou específica

• Outras, que se determinen

HU

MA

NID

AD

ES

E

CIE

NC

IAS

SO

CIA

IS

• Historia de España

• Lingua Castelá e Literatura II

• Primeira Lingua Estranxeira II

• Latín II (para HUMANIDADES)

• Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II (para CIENCIAS Sociais)

• Economía da Empresa

• Xeografía

• Grego II

• Historia da Arte

• Historia da Filosofía

AR

TE

S

• Fundamentos da Arte II

• Historia de España

• Lingua Castelá e Literatura II

• Primeira Lingua Estranxeira I

• Cultura Audiovisual II

• Artes Escénicas

• Deseño

Page 20: Folleto Lomce Galicia

20 21

Sen superar o prazo máximo de catro anos para cursar o Bacharelato, os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente.

Recuperación

Os centros docentes deberán organizar as conseguintes actividades de recuperación e a avaliación das materias pendentes.

Os alumnos e as alumnas poderán realizar unha proba extraordinaria das materias que non superasen, nas datas que determinen as Administracións educativas.

Cualificación e titulación

Para obter o título de Bacharel será necesaria a superación da avaliación final de Bacharelato, así como unha cualificación final de Bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:

• Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en Bacharelato.

• Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de Bacharelato.

O título de Bacharel facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior, e nel deberá constar a modalidade cursada, así como a cualificación final de Bacharelato.

A avaliación positiva en todas as materias do Bacharelato sen superar a avaliación final desta etapa dará dereito ao alumno ou á alumna a obter un certificado que surtirá efectos laborais e os académicos previstos nos artigos 41.2.b), 41.3.a) e 64.2.d) da LOMCE.

Acceso á Universidade desde Bacharelato

Desaparece a Proba de Acceso á Universidade (PAU). A admisión de alumnos por parte das universidades poderase determinar das seguintes maneiras:

• As universidades poderán determinar a admisión de alumnos que obtivesen o título de Bacharel ou equivalente exclusivamente polo criterio da cualificación final obtida no Bacharelato.

• Ademais, as universidades poderán fixar procedementos de admisión de alumnos que obtivesen o título de Bacharel ou equivalente, de acordo coa normativa básica que estableza o Goberno, que deberá respectar os principios de igualdade, non discriminación, mérito e capacidade. Eses procedementos utilizarán, xunto ao criterio da cualificación final obtida no Bacharelato, algún ou algúns dos seguintes criterios de valoración:

− Modalidade e materias cursadas no Bacharelato, en relación coa titulación elixida.

− Cualificacións obtidas en materias concretas dos cursos de Bacharelato, ou da avaliación final desa etapa.

− Formación académica ou profesional complementaria.

− Estudos superiores cursados con anterioridade.

Ademais, de forma excepcional, poderán establecer avaliacións específicas de coñecementos e/ou de competencias. A ponderación da cualificación final obtida no Bacharelato deberá ter un valor, como mínimo, do 60 % do resultado final do procedemento de admisión.

As universidades poderán acordar a realización conxunta de todo ou parte dos procedementos de admisión que establezan, así como o recoñecemento mutuo dos resultados das valoracións realizadas nos procedementos de admisión.

Page 21: Folleto Lomce Galicia

20 21

Nota para todas as avaliacións xerais

Os resultados das avaliacións que realicen as Administracións educativas serán postos en coñecemento da comuni-dade educativa mediante indicadores comúns para todos os centros docentes españois, sen identificación de datos de carácter persoal e logo da consideración dos factores socioeconómicos e socioculturais do contexto. O Goberno establecerá as bases para a utilización e acceso público dos resultados das avaliacións, tras consultalo coas Comu-nidades Autónomas.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicará periodicamente as conclusións de interese xeral das ava-liacións efectuadas polo Instituto Nacional de Avaliación Educativa en colaboración coas Administracións educati-vas, e dará a coñecer a información que ofreza periodicamente o Sistema Estatal de Indicadores da Educación. En concreto, publicaranse os resultados dos centros docentes segundo indicadores educativos comúns para todos os centros docentes españois, sen identificación de datos de carácter persoal.

Avaliación final de etapa. Ao finalizar 2.º de Bacharelato

Características

Avaliación individualizada ao finalizar a etapa (2.º de Bacharelato).

Os criterios de avaliación desta proba serán comúns para o conxunto do Estado.

Serán probas estandarizadas e deseñaranse de modo que permitan establecer valoracións precisas e comparacións equitativas, así como o seguimento da evolución ao longo do tempo dos resultados obtidos.

Só se poderán presentar a esta avaliación os alumnos que obtivesen avaliación positiva en todas as materias. Soamente se computarán as materias que como mínimo o alumno deba cursar en cada un dos bloques. Ademais, en relación cos alumnos que cursen Lingua Galega e Literatura, só se computará unha materia no bloque de materias de libre configuración autonómica, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.

Celebraranse polo menos dúas convocatorias anuais, unha ordinaria e outra extraordinaria. A avaliación final de Bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen o 1. º curso escolar de implantación das modificacións, no 2.º curso unicamente se terá en conta para o acceso á Universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de Bacharelato.

Periodicidade Anual.

Mostra Todos os centros.

Quen avalía

Avaliación externa. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, logo de consultalo ás Comunidades Autónomas, establecerá para todo o Sistema Educativo Español:

• Os criterios de avaliación.

• As características das probas.

• O deseño das probas e o seu contido para cada convocatoria.

A realización material das probas corresponde ás Administracións educativas competentes.

As probas serán aplicadas e cualificadas por profesorado do Sistema Educativo Español externo ao centro. Regularase o procedemento de revisión dos resultados das avaliacións.

Que se avalía

Comprobarase o logro dos obxectivos do Bacharelato e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:

Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a materia cursada no 2.º curso.

Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos 1.º e 2.º só computarán como unha materia; neste suposto terase en conta só a materia cursada no 2.º curso.

Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión.

Efectos

Para obter o título de Bacharel será necesaria a superación da avaliación final de Bacharelato.

A superación desta avaliación requirirá unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Os alumnos e as alumnas que non superen esta avaliación, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Bacharelato, poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, logo de solicitalo.

Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias ás que se concorresen.

Page 22: Folleto Lomce Galicia
Page 23: Folleto Lomce Galicia

Estamos á túa disposición

GALICIA

A CoruñaCentro de negocios «Mans»Polígono de PocomacoParcela D-22 - Local 5515190 Mesoiro (A Coruña)Tel.: 981 081 766Fax: 981 081 103

LugoTel.: 982 21 91 20

OurenseTel.: 988 22 74 73Fax: 988 22 93 97

VigoTel.: 986 41 48 22Fax: 986 41 35 73

Page 24: Folleto Lomce Galicia

www.santillana.es