Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

8
Actividades divulgativas e formativas Patrimonio | Historia Comunicación | Cultura

description

 

Transcript of Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

Page 1: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

Actividades divulgativas e formativas

Patrimonio | Historia Comunicación | Cultura

Page 2: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado dedicada á elaboración e desenvolvemento de actividades de formación en patrimonio e cultura e á organización de actividades de animación sociocultural e de lecer. Ofrecemos tamén servizos de asesoría, xestión e formación en Comunicación.

Quen somos?

O patrimonio é unha importantísima fonte de ingresos para a economía compostelá. Mais o seu principal valor, que non é outro que o coñecemento e o respecto do noso pasado para poder comprender con máis clarividencia o noso presente, fica afastado da mentalidade colectiva dos e das composteláns.

Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega oferta unha lectura diferente e amena da vida e a historia da nosa cidade en aras dun maior coñecemento da historia compostelá, fuxindo dos tópicos e procurando concienciar nunha idea de cultura e de turismo sostible. Esta idea materialízase na oferta de tres obradoiros temáticos:

1. Historia da cidade 2. A Compostela románica 3. Santiago nos tempos do Barroco

Os contidos e formatos dos obradoiros son adaptables ás características e necesidades concretas de cada grupo.

Somos un equipo interdisciplinar de profesionais en Historia, Historia da Arte e Comunicación, centradas máis especificamente no patrimonio histórico, artístico e cultural de Galicia e de Santiago de Compostela. Partindo da nosa experiencia, os servizos que ofrecemos teñen como obxectivo poñer ao dispor da cidadanía novas formas de achegarse á súa contorna e de coñecer a súa historia. Queremos darlle vitalidade ao noso patrimonio material e inmaterial e a nosa herdanza cultural cun enfoque diferente, ameno e participativo.

Obradoiros de Historia e Patrimonio de Santiago de Compostela

As raíces da cidade de Compostela son ben fondas e a súa historia está chea de elementos de enorme atractivo, como demostra o gran número de visitantes que ateigan as rúas ano tras ano. A pegada desta historia é facilmente recoñecible a través dos seus impoñentes monumentos, que forman un conxunto catalogado como Patrimonio da Humanidade.

Esta historia milenaria, fonte de riqueza a tódolos niveis, rara vez é coñecida pola veciñanza compostelá. O tecido produtivo fomenta maioritariamente a difusión da historia e do patrimonio desta fermosa cidade para atraer ao visitante foráneo; porén, en raras e contadas ocasións se pon en valor este diamante en bruto entre os habitantes da propia cidade.

Page 3: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

Baixo este nome xenérico pretendemos facer un repaso sucinto dos principais fitos que conformaron a Compostela actual. Fuxindo dun discurso académico, faremos fincapé nos procesos, personaxes e feitos que delimitaron a realidade da cidade do Apóstolo dende as súas orixes ata a actualidade. A actividade dividirase nos seguintes puntos:

Historia da cidade

Tras uns inicios lentos pero decididos, a nova urbe de Compostela recibe un pulo definitivo nos séculos XI e XII. O poder dos bispos consolídase e o Camiño comeza a amosar ao mundo este recuncho no noroeste da península. Esta vitalidade deixou unha fonda marca na vida compostelá que resumimos deste xeito:

A Compostela románica

1. A linguaxe dun estilo2. Xelmírez e a catedral

3. Un mosteiro ás beiras do Sar 4. A cidade no século XII

1. Do mito á urbe. As orixes de Santiago.2. O poder do bispo. Compostela no Medievo.3. Os fastos do Barroco.4. A cidade contemporánea. Construíndo a capital de Galicia.

Page 4: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

Xunto coa Idade Media, non hai dúbida de que o segundo momento de esplendor da capital galega se produciu nos anos da cultura barroca. Nun mundo en cambio, onde reis e bispos, luteranos e católicos, etc., están a deseñar un proxecto que hoxe coñecemos coma Europa, a cidade de Compostela érguese como un faro orgulloso da nova mentalidade.

Santiago nos tempos do Barroco

1. A cultura Barroca2. Renovando a catedral3. Prazas e rede urbana4. Novos edificios para novos poderes

Outros servizos en Historia e Patrimonio

Asesoría cultural e histórica

O noso servizo de asesoría cultural e histórica ofrece a posibilidade de investigar e valorizar aspectos históricos, patrimoniais e culturais, organizar exposicións, actividades divulgativas ou eventos culturais.

Esta proposta vai dirixida a aquelas persoas ou organizacións que queiran profundizar no seu coñecemento acerca dun elemento patrimonial, material ou inmaterial, a historia dun lugar concreto, os oficios tradicionais dunha zona, etc.

Page 5: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

As ferramentas que a tecnoloxía pon ao noso dispor representan hoxe unha das principais vías de acceso ao coñecemento, á cultura e á información; non menos importante é o seu papel cada vez máis definitorio no terreo das relacións persoais. Consecuentemente, o seu coñecemento e uso correcto son grandes vantaxes tanto a nivel individual como para organizacións de todo tipo (asociacións, empresas, entidades públicas...).

Obradoiros de Comunicación e Novas Tecnoloxías

A utilización das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) en calquera tipo de entidade supón por si mesma a optimización duns recursos materiais e humanos que para moitas PEMES e asociacións son cada día máis precarios e escasos.

A comunicación dálle aos nosos valores e mensaxes unha potencialidade nova e inmensa que debemos xestionar de forma responsable para que se axuste aos obxectivos do grupo.

Igual que na vida persoal, as boas relacións entre as entidades dependen en gran medida da reflexión respecto a como, cando e porque dicimos o que dicimos. De acordo cos valores da nosa cooperativa, os obradoiros de Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega responden a unha visión colaborativa, responsable e sostible da comunicación.

Lonxe das mensaxes competitivas, artificiais e pouco honestas, queremos fomentar a creación colectiva, o consenso, a escoita activa e a crítica construtiva. Todos os obradoiros serán impartidos por profesionais con experiencia en xornalismo, traballo en rede e eidos diversos da comunicación (empresarial e corporativa, de organizacións e de movementos sociais).

Ofrecemos un contido flexible, con capacidade para adaptarse ás necesidades e intereses concretos do grupo.

Todos os obradoiros estarán a cargo de profesionais con ampla experiencia en comunicación corporativa, asociativa e empresarial, RSE e medios informativos tradicionais e dixitais. A nosa oferta formativa comprende actualmente os seguintes cursos:

1. Redes sociais para uso persoal (básico).2. Redes sociais para organizacións.3. Organizacións e medios de comunicación. 4. Ferramentas para o traballo na Rede.

Page 6: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

A aparición e espectacular expansión das redes sociais supuxo un cambio radical e irreversible na comunicación a tódolos niveis.

Redes sociais para usopersoal (nivel básico)

• Introdución ás redes sociais• Facebook• Twitter• Outras: LinkedIn, FourSquare...

As redes sociais constitúen un dos maiores activos dunha organización. Usalas de forma correcta na comunicación corporativa asegura unha

difusión da nosa mensaxe e un retorno de información que contribuirá substancialmente a mellorar as relacións da organización coa súa contorna (sociedade, clientes, provedores...).

Redes sociais para organizacións

• Introdución: a presenza online das organizacións. • Características especiais para organizacións.• Webs e blogs: un espazo para cada obxectivo.• Facebook e Twitter, aliados na difusión.• Outras redes sociais útiles. • Práctica.

Estas ferramentas permiten ademais aforrar gran parte dos custos económicos de promoción e difusión, que adoitan ser demasiado elevados para moitas organizacións.

Aprender as chaves do seu uso responsable e aproveitar as posibilidades que achegan en ámbitos tan diversos coma o persoal, o laboral ou o político son piares básicos para usos máis avanzados.

Page 7: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega

Gran parte da actividade dun grupo pode realizarse hoxe a través da rede, o que supón un importante aforro de tempo, enerxía e recursos ademais de introducir novas dimensións e xeitos de traballar en equipo.

Ferramentas colaborativas para o traballo na Rede

• Introdución teórica: traballando en equipo na Rede.• Os servizos de Google: un para tod@s, todo en un.• Outras ferramentas de traballo online segundo a súa función. • Práctica en grupo.

Este obradoiro práctico servirá para dotar ao grupo dos coñecementos básicos para manexar de forma eficiente as ferramentas online de traballo en equipo e aplicalas á actividade cotiá do grupo.

Xunto coas redes sociais e Internet en xeral, o outro gran aliado das organizacións na comunicación son os medios tradicionais. Porén, resulta complicado facerse un oco nas súas axendas temáticas nun ambiente informativo sobrecargado pola inmediatez e copado por voces dominantes.

Neste obradoiro queremos dar as chaves para comprender o funcionamento dos medios de comunicación, crear contidos que lles resulten atractivos, tanto por forma como por fondo, e xestionar os nosos contactos con eles de forma eficiente. Aumentaremos así as posibilidades de ver a nosa voz reflectida no debate mediático, que ten aínda un gran peso específico no pensamento social.

• Como traballan os medios de comunicación?• A mensaxe corporativa e as súas ferramentas• Organizacións e medios: consellos para unha comunicación eficaz• Práctica

Organizacións e medios de comunicación

Page 8: Formación e divulgación. Compostela Fóra de Ruta S. Coop. Galega