Formación usuarios Infantil
-
Upload
silvia-seoane -
Category
Documents
-
view
238 -
download
6
description
Transcript of Formación usuarios Infantil
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 1: DESCUBRIR O ESPACIO BIBLIOTECARIO. SEMELLANZAS E DIFERENCIAS CON RESPECTO Á BIBLIOTECA DE AULA. ACTIVIDADE: Acercarse á biblioteca, sentar na alfombra e charlar cos
nen@s sobre os distintos espacios que alí atopamos.
Qué podemos facer en cada un?
Onde están os libros aconsellados á nosa idade?
De qué cor teñen a pegatina?
Cando podemos ir á biblioteca?
Cal é a diferencia entre este lugar e a biblioteca que temos na aula?
E qué teñen en común?
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Imos coñecer á mascota da nosa biblioteca, chámase
Abadiño e está encantado de que vaiades a visitalo todas as veces que
queirades. Gustaríavos coloréalo?. Abadiño quere que escribades nas
casillas as letras do seu nome.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Agora tedes que pegar un gomet nas fotos que sexan da
nosa biblioteca. Non te confundas, eh!
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Nesta ficha tedes que colorear as cousas que podedes
atopar na nosa biblioteca.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Tacha as cousas que non atoparás na biblioteca.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 2: COÑECER E RESPETAR AS NORMAS DE COMPORTAMENTO E USO DA BIBLIOTECA. ACTIVIDADE: Tacha as cousas que non podemos facer na biblioteca.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Levantar semáforo vermello cando dicimos unha acción que non se pode facer e o verde cando si a podemos facer.
PLANTILLA
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
COUSAS QUE SI PODEMOS FACER: Ler libros Escoitar música Consultar información nos ordenadores Falar baixiño Non molestar aos outros Consultar os libros Escoitar un conto Deixar colocadas as cadeiras e taburetes
COUSAS QUE NON PODEMOS FACER:
Dobrar os libros Berrar Pintar as páxinas dos contos Arrancar as follas dos libros Pelexar cun compañeir@ Tirar os libros ao chan Correr pola biblioteca Tomar a merenda
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Colorea as accións que si podemos facer na biblioteca.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 3: DISTINGUIR E LOCALIZAR OS DISTINTOS TIPOS DE FONDOS DA BIBLIOTECA.
ACTIVIDADE: O profe será o encargado de seleccionar varios fondos da biblioteca. Collerá revistas, libros, dvd´s. Os nen@s terán que dividilos en tres montóns según o tipo de soporte. LIBROS DVD´S REVISTAS MATERIAL ELABORADO
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
ACTIVIDADE: Explicar aos nen@s que na biblioteca podemos atopar libros de contos (que nos contan historias inventadas) e libros de divulgación (os de verdade, os que nos falan de algo sobre o que queremos aprender, por exemplo libros de historia, dos piratas). Mostrámoslles as diferencias e semellanzas con varios exemplares de cada e ensinámoslles onde están ubicados na nosa biblioteca. Logo collemos un montón deles, e terán que clasificalos en dous montóns: libros de literatura e libros de divulgación.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 4: RECOÑECER E MANTER A ORDE DOS LIBROS. ACTIVIDADE: Explicarlle aos nen@s cómo debemos colocar o libro nos andeis. Deben ter o lombo para fora, e as pegatinas de cores arriba e a branca abaixo. Deixaremos mal colocados varios libros dos andeis da zona de infantil e eles terán que colocalos correctamente.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 5: COÑECER O ESPACIO DESTINADO AOS LIBROS DE FICCIÓN AXEITADOS Á SÚA IDADE E OS DISTINTIVOS QUE OS IDENTIFICAN. ACTIVIDADE: Unha vez na biblioteca, sentámonos na alfombra. Collemos un exemplar de contos de cada cor. Explicamos que as cores serven para identificar as idades para as que están aconsellados os libros de contos. Para eles, os de Infantil, os máis axeitados son os de cor laranxa e explicamos que están na zona da alfombra, o que non quere dicir que non poidan escoller algún dos de primeiros lectores (cor vermella). Eles verán que as zonas de Infantil e Primeiros lectores están un pouco separadas do resto por andeis baixos, diferenciándoos un pouco da zona dos máis maiores. Tamén deben saber que cando escollan para a súa lectura na sala, deben coller algún dos marcadores que temos para que logo saiban colocar o libro no seu lugar. Unha vez explicado todo, deixaremos que escollan un libro da súa zona para disfrutar dun rato de lectura na sala.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 6: INICIARSE NA CONSULTA DOS LIBROS DE COÑECEMENTO. ACTIVIDADE: Explicar un pouco por riba o significado da margarida da CDU. Decir que os libros nos que podemos aprender cousas organízanse por temas (usar con eles termos como animais, planetas, plantas, pintura….). Cando queiramos aprender sobre algo, imos á biblio e buscamos nos carteis que nos indican onde o podemos atopar. Alí estarán organizados por cores e terán un número asignado. Escoller, por exemplo, un estante de zooloxía e ensinarlles a cor e o número que teñen.
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 7: IDENTIFICAR AS PARTES FÍSICAS DO LIBRO. ACTIVIDADE: Previamente falamos con eles das partes básicas dun libro. Será bo que coñezan a cuberta, o lombo e as páxinas. Logo fotocopiar a ficha e que eles coloquen ou escriban cada palabra no seu lugar.
LOMBO CUBERTA
FORMACIÓN DE USUARIOS: EDUCACIÓN INFANTIL
BIBLIOTECA CEIP LAMAS DE ABADE
OBXECTIVO 8: RECOÑECER OS ELEMENTOS IDENTIFICADORES DUN LIBRO (AUTOR, EDITORIAL, ILUSTRADOR…) ACTIVIDADE: Falar un pouco de cómo se fan os libros. Ten que haber alguén que os escriba (autor), se teñen debuxos hai alguén que os fai (ilustrador) e unha “fábrica” onde os elaboran (editorial). Mostraremos varias portadas onde buscaremos os nomes do autor, ilustrador e editorial. Logo fotocopiar estas portadas e terán que rodear de vermello o título e de azul o nome do autor.