G UÍ A D I DÁ C T I C A P R I M A R I A

12
GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA VISITAS AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA www.sogama.es

Transcript of G UÍ A D I DÁ C T I C A P R I M A R I A

Page 1: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

GUÍA DIDÁCTICAEDUCACIÓN PRIMARIA

VISITAS AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTALDE SOGAMA EN CERCEDA

www.sogama.es

Page 2: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

ÍNDICEINTRODUCIÓN

PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS 3

A QUEN VAI DIRIXIDA 3

METODOLOXÍA 4

SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN 4

AVALIACIÓN 4

CONTIDOS

CONCEPTOS BÁSICOS 5

MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTODE RESIDUOS EN GALICIA 6

MODELO SOGAMA 7

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA 8

MATERIAIS E RECURSOS 8

ACTIVIDADES

ACTIVIDADE 1 9

ACTIVIDADE 2 9

ACTIVIDADE 3 10

GLOSARIO DE TERMOS 11

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA 12

www.sogama.es

Page 3: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS

O aumento do nivel de vida e o cambio nos nosos hábitos de consumo constitúen unha ameaza para o medio ambiente, especialmente no eido do esgotamento de recursos naturais e na elevada xeración de residuos.

Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e tornar a tendencia crecente dos últimos anos. A estratexia dos “tres erres” (Reducir, Reutilizar e Reciclar) resulta neste sentido fundamental.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en diante SOGAMA) é unha empresa pública autonómica que xestiona e trata a maior parte dos residuos producidos en Galicia.

A finalidade básica da guía é dar unha formación previa aos escolares antes da súa visita a SOGAMA, tanto no relativo á xestión dos residuos urbanos como no funcionamento do Complexo Medioambiental de Cerceda.

Os obxectivos específicos desta guía didáctica son os seguintes:

- Contribuír ao coñecemento e sensibilización do alumnado en materia de residuos.

- Orientar aos nenos e nenas cara a actitudes persoais más positivas e correctas no referente á xestión dos residuos.

- Contribuír a aumentar os coñecementos dos escolares sobre as instalacións de SOGAMA e o traballo que nelas se realiza.

- Concienciar ao alumnado da importancia da recollida selectiva e fomentar os hábitos de selección de residuos en orixe e depósito correcto nos diferentes colectores.

A QUEN VAI DIRIXIDA

Os contidos da guía están dirixidos aos alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria, aínda que é facilmente adaptable e aproveitable para un nivel de segundo ciclo de primaria.

A guía ofrece ao equipo docente material para a formación básica do alumnado, tanto en conceptos xerais de residuos como na xestión dos mesmos acometida en SOGAMA. Débese ter en conta que esta guía didáctica e a temática que aborda, dado o seu carácter transversal, pode ser tratada en calquera área do currículo formativo, polo que sería interesante a implicación por parte de todo o profesorado.

É importante tamén mencionar que a formación en canto á axeitada xestión de residuos non é unha cuestión específica da escola, polo que a información e a contribución no ámbito familiar será de gran apoio para que os escolares interioricen boas prácticas medioambientais.

INTRODUCIÓN

www.sogama.es

Page 4: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

METODOLOXÍA

A presente guía está deseñada e enfocada para a formación previa do alumnado antes da visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda. O emprego da mesma permitirá que os escolares afiancen coñecementos básicos sobre os residuos e a súa axeitada separación.

A guía débese abordar mediante unha lectura comprensiva da mesma na que participen profesor e alumnos, constituíndose no primeiro achegamento a estas instalacións.

A realización das actividades propostas na última parte deste documento servirá para asimilar e relacionar a información aportada.

SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN

A guía didáctica presenta unha sinxela estrutura onde se introducen diversos contidos tales como conceptos básicos de residuos, modelos de xestión de residuos existentes en Galicia e operativa do Complexo Medioambiental de Cerceda. A primeira etapa, de lectura comprensiva, levarase a cabo no horario dunha clase (50 minutos); realizándose a segunda etapa no tempo equivalente a outra clase (50 minutos).

AVALIACIÓN

A través das actividades propostas o profesorado poderá avaliar os coñecementos cos que contan os alumnos en materia de xestión e tratamento de residuos nas instalacións de SOGAMA.

INTRODUCIÓN

www.sogama.es

Page 5: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

CONCEPTOS BÁSICOS

Un residuo é “calquera substancia ou obxecto do que o seu posuidor se desprenda ou teña a intención ou obriga de desprenderse”.

Existen varias tipoloxías de residuos, entre os que se atopan os residuos urbanos, que son “aqueles xerados nos domicilios particulares, comercios, oficinas e servizos, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que, pola súa natureza ou composición, sexan asimilables aos producidos nos anteriores lugares ou actividades”.

Entre os residuos urbanos distínguense dous grupos:

1- Residuos orgánicos ou biodegradables:Os residuos orgánicos pódense descompoñer pola acción natural de organismos vivos como lombrigas, fungos e bacterias, principalmente. Cabe citar entre outros: follas, ramas, residuos da fabricación de alimentos no fogar.

2- Residuos inorgánicos ou non degradables: Son aqueles residuos que non poden ser degradados naturalmente ou, se isto é posible, sofren unha descomposición demasiado lenta. Como exemplos destes residuos pódense citar metais, plásticos, vidro.

Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos, caracterizada pola excesiva produción dos mesmos.

O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “tres erres”:

INTRODUCIÓN

Sogama engade un cuarto “R”, que é a recuperación enerxética. Ou sexa, o aproveitamento da enerxía liberada pola combustión controlada dos residuos non reciclables para producir electricidade.

- REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que poden ser empregados por outras persoas (libros, roupa...) e outros teñen usos alternativos (botellas, tarros, caixas de cartón...), o que supón empregalas para usos non previstos nun primeiro momento.

- REDUCIR: a redución radica en cambiar a conduta cotiá para xerar unha menor

cantidade de residuos. Debemos adoptar hábitos de “non desperdicio”,

incrementar o emprego de envases retornables, rexeitar as bolsas da

compra, evitar produtos de usar e tirar...

a reciclaxe é o aproveitamento dos materiais contidos nos residuos para elaborar novos produtos, o que contribúe á preservación dos recursos naturais e ao aforro do consumo de auga e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos precisa da colaboración dos cidadáns nos sistemas de recollida selectiva.

- RECICLAR:

Planta Termoeléctrica

www.sogama.es

Page 6: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTODE RESIDUOS EN GALICIA

En Galicia existen varios modelos de xestión de residuos:

1· Modelo SOGAMA. Supón a recollida diferenciada dos envases lixeiros e da fracción resto. Os envases lixeiros sepáranse para enviar aos centros recicladores e os residuos que non poden ser reciclados aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica (recuperación enerxética). A meirande parte dos concellos galegos participan neste modelo SOGAMA, en concreto 294.

2· Modelo Nostián. Contempla a recollida diferenciada da fracción orgánica e da fracción inorgánica, incluíndose nesta última os envases lixeiros. 3· Modelo Lousame. Tamén recollen de forma diferenciada a fracción orgánica e a fracción inorgánica.

CONTIDOS

1· Modelo SOGAMA

2· Modelo Nostián

3· Modelo Lousame

www.sogama.es

Page 7: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

Colector amarelo

Colector papel/cartón

Os residuos que os cidadáns depositan nos colectores son recollidos de xeito separado polos concellos ou empresas encargadas, levando os envases de vidro e o papel e cartón directamente ás distintas plantas de tratamento.

Os residuos dos colectores amarelos e xenéricos (habitualmente de cor verde) lévanse ás plantas de transferencia, onde se trasladan a colectores de maior capacidade para desprazalos ao Complexo Medioambiental de Cerceda.

MODELO SOGAMA

Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva:

COLECTORES RESIDUOS CONDICIÓNS DE DEPÓSITO

ENVASES DE VIDRO - Botellas de vidro - Tarros e frascos de vidro

RESTO - Residuos orgánicos - Cueiros, compresas ou papeis sucios - Outros residuos sen un proceso de recollida selectiva

Sen tapóns, cortizas ou tapasNon depositar lámpadas, espellos,cristais de ventás, louza ou vasos

PAPEL E CARTÓN - Envases / caixas de cartón - Bolsas de papel - Papel de envolver limpo - Follas, xornais, revistas, cadernos.

Sen bolsas de plásticoSen papeis ou cartóns suciosSen grapas, espirais...

ENVASES LIXEIROS - Botellas e botes de plástico - Envoltorios de plástico ou aluminio - Latas de conserva e bebida - Briks de zume, leite. - Bandexas de porexpan ou cortiza branca

Non depositar residuos que non sexanenvases (bolígrafos, xoguetes...)nin envases de residuos industriais,hospitalarios ou perigosos (botes depintura, medicamentos, latas deaceites de coche.)

Non depositar materiais que dispoñendun proceso de recollida selectivanin residuos voluminosos

CONTIDOS

Colector xenérico

Colector vidro

www.sogama.es

Page 8: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA

Entre outras instalacións, o Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda conta con:

· Unha Planta de Clasificación de Envases Lixeiros, onde se reciben os residuos depositados nos colectores amarelos. Aquí sepáranse e clasifícanse os distintos tipos de envases de plástico, latas e briks (bolsa amarela) para empaquetalos de forma separada e envialos aos correspondentes centros recicladores.

MATERIAIS E RECURSOS

Nos seguintes enlaces pódese ampliar a información tratada na presente guía:

www.sogama.es http://sirga.medioambiente.xunta.es/ www.ecopilas.es

www.ecoembes.com www.ecovidrio.com www.marm.es/ www.sigre.es

Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión.Apúntate aquí.

· Unha Planta de Elaboración de Combustible, onde se reciben os residuos depositados nos colectores xenéricos. Aquí, tras separar mecánicamente o aceiro e o aluminio, que son remitidos aos centros recicladores, prepárase o combustible coa parte non reciclable.

· Unha Planta Termoeléctrica, na que se aproveita o combustible derivado de residuos para xerar enerxía eléctrica coa que se pode abastecer 100.000 vivendas (unha cidade de tipo medio).

CONTIDOS

www.sogama.es

Page 9: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

ACTIVIDADE 1

Nome da actividade:

Comprobación dos residuos xerados no patio

Lugar de realización:

Patio do colexio

Explicación da actividade:

¿Pensaches algunha vez na cantidade de residuos que xeras ó día? Mediante a realización desta actividade tes a oportunidade de observar o que podes chegar a xerar na hora do recreo.

En grupos que establecerá o voso mestre realiza a comprobación visual durante uns quince minutos dos residuos existentes no patio antes e despois da hora do recreo.

A seguinte táboa recolle os residuos que normalmente se producen na escola. Anota nela os residuos que detectaches tanto dentro como fóra da papeleira.Finalmente fai unha suma da cantidade total de residuos.

ACTIVIDADE 2

Nome da actividade:

Redacción sobre os residuos e a súa xestión

Lugar de realización:

Aula

Explicación da actividade:

En media hora fai unha redacción sobre o que aprendiches sobre os residuos: ¿que son os residuos?, ¿como se clasifican?, ¿que se fai con eles?, ¿que é SOGAMA?, ¿como ensinarías á xente sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar?

Expón aqueles aspectos que che resulten de interese en canto a este tema.

Envoltorios de plástico

Botellas de plástico

Papel e cartón

Briks

Papel de aluminio

Restos de comidas

Outros:

TOTAL

Dentro dapapeleira

Fóra dapapeleira

CantidadeTotal

Dentro dapapeleira

Fóra dapapeleira

CantidadeTotal

ANTES DO RECREO DESPÓIS DO RECREO

ACTIVIDADES

www.sogama.es

Page 10: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

ACTIVIDADE 3

Nome da actividade:

Verdadeiro ou falso

Lugar de realización:

Aula

Explicación da actividade:

Mediante a realización desta actividade poderás comprobar se tes claro o que debes facer cos residuos.

De seguido móstranse unha serie de afirmacións. Algunhas son verdadeiras (V) e outras falsas (F). En quince minutos le con detemento cada unha das frases e a continuación marca a opción que consideres oportuna.

Cando remates de cubrir a táboa debatide na clase o exercicio. O voso mestre actuará como moderador.

O papel deposítase no colector verde

As latas, envases de plástico e briks deben depositarse no colector amarelo

A pel da laranxa deposítase no colector azul

No iglú verde deposítanse as lámpadas

Un xoguete de plástico debe de ir ao colector verde

Tódolos concellos de Galicia levan os seus residuos a SOGAMA

Cando comes unha pizza, a caixa debe de ir ao colector azul

Un vaso debe de ir ao colector xenérico

Reutilizar é aproveitar os materiais dos residuos para elaborar novos produtos

Reutilizar consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darllesa máxima utilidade antes de convertelas nun residuo

A Planta de Clasificación de Envases Lixeiros recibe os residuos do colector amarelo

Na Planta Termoeléctrica xérase enerxía eléctrica

V F

ACTIVIDADES

www.sogama.es

Page 11: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

· Biodegradable:Que pode ser descomposto polas bacterias e outros organismos da natureza.

· Colector:Recipiente de metal ou plástico disposto para o depósito de residuos e a súa recollida.

· Hábito:Acción que se realiza de xeito regular e por costume, normalmente pola frecuente repetición da mesma.

· Materiais férricos e materiais alumínicos:Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio constitúen o seu elemento principal, podendo presentar ademais outros elementos.

· Materia orgánica:En relación cos residuos, restos de alimentos de orixe animal ou vexetal facilmente fermentables e susceptibles de compostar.

· Compostaxe:Proceso biolóxico no que os microorganismos, baixo condicións controladas, descompoñen e transforman a materia orgánica biodegradable no compost.

· Medio ambiente:Conxunto de circunstancias físicas, culturais, económicas e sociais nas que vive unha persoa ou unha poboación.

· Recollida selectiva:Sistema de recollida separada dun determinado tipo de residuos susceptibles de reciclar ou valorizar independentemente do resto.

· Retornable:Que se pode volver a levar ao sitio de onde saíu.

· Tratamento de residuos:Operación ou conxunto de operacións de cambio das características físicas, químicas ou biolóxicas dun residuo para reducir ou neutralizar as sustancias perigosas que conteñen, recuperar materias ou sustancias valorizables, facilitar o uso como fonte de enerxía ou favorecer a súa eliminación.

· Valorización:Considérase o procedemento que permite o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer en perigo a saúde urbana e sen empregar métodos que poidan causar dano ao medio ambiente.

· Vertedoiro:Lugar final de disposición dos residuos, ó cal só deberían chegar residuos que non puideran ser reutilizados, reciclados ou valorizados.

· Xestión de residuos:Conxunto de operacións encamiñadas a dar aos residuos xerados o destino global máis adecuado ambientalmente. Comprende as operacións de depósito previo, recollida, transporte, almacenamento temporal, aproveitamento, valorización e eliminación.

GLOSARIO DE TERMOS

www.sogama.es

Page 12: G UÍ A  D I DÁ C T I C A  P R I M A R I A

Para os rapaces:

· Traede calzado pechado, senón non poderiades entrar en ningunha instalación.

· Apagade os móbiles, pódense deteriorar.

· No percorrido polas instalacións non podedes comer, nin beber.

· Seguide en todo momento as instrucións dos guías de Sogama.

· Daránsevos medidas de protección, que tedes que empregar e devolver en bo estado. Nas instalacións é obrigatorio o uso de casco e chaleco, agás dentro do autobús.

· Se no percorrido vos perdedes do Grupo, comunicádeo ao primeiro traballador que encontredes.

· Non toquedes/manipuledes ningún obxecto das instalacións. Prohibido tocar residuos ou sacar estes fóra do Complexo.

· Non tocar nin se aproximar a equipos e vehículos en movemento

· Non se situar baixo cargas suspendidas.

Para os adultos (a maiores das indicadas para os rapaces):

· Aparcar o autobús fronte ás oficinas do Complexo, sen molestar ao tránsito doutros vehículos. O autobús non pode circular a máis de 30 km/h no recinto do Complexo.

· Non está permitido fumar na visita ás instalacións.

· En caso de que algunha persoa portase marcapasos e/ou aparatos similares, comunicarase á guía da visita antes do inicio desta.

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA

www.sogama.es