GC13T-02-01-01-PARTE A Guía coa información mínima que ... · GC13T-02-01-01-PARTE A Guía coa...
Transcript of GC13T-02-01-01-PARTE A Guía coa información mínima que ... · GC13T-02-01-01-PARTE A Guía coa...
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
GC13T-02-01-01-PARTE A
Guía coa información mínima que debe incluír o Protocolo de autocontrol exestión dun abastecemento ou parte deste
(Abastecementos de máis de 200 persoas)
O artigo 18 do Real decreto 140/2003 desenvolve os aspectos relativos aos protocolos de
autocontrol e xestión.
Os obxectivos dun protocolo de autocontrol e xestión do abastecemento deben ser:
a) Comprobar que as medidas aplicadas para controlar os riscos para a saúde humana en
todo o abastecemento a partir da captación, incluídos o tratamento, o almacenamento e a
distribución, son eficaces e que a auga, no punto de cumprimento, é salubre e limpa.
b) Facilitar información sobre a calidade da auga de consumo humano abastecida a fin de
demostrar o cumprimento das obrigacións establecidas no artigo 5 do Real decreto
140/2003 e dos valores paramétricos previstos no anexo I.
c) Determinar os medios máis adecuados para reducir o risco sobre a saúde humana
O protocolo de autocontrol e xestión do abastecemento elaborado polo xestor do
abastecemento debe estar a disposición da autoridade sanitaria e deberá ser revisado e
actualizado de forma continua ou ratificado novamente ao menos cada cinco anos por cada
xestor.
Este protocolo deberá estar en concordancia co programa autonómico de vixilancia sanitaria
da auga de consumo humano.
A finalidade de elaboración deste documento é garantir a calidade da auga dos
abastecementos a través do estudo dos perigos aos que está sometido o noso
abastecemento, para poder previlos ou eliminalos, a través da instauración de medidas
preventivas.
Debe ser específico e exclusivo para cada abastecemento e conterá os procedementos
previstos, para ser aplicados de forma rutineira, co obxecto de manter as condicións
hixiénico-sanitarias das infraestruturas que abastecen de auga de consumo humano.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 1 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
A súa elaboración é responsabilidade do xestor do abastecemento, cada un da súa parte.
No caso de zonas de abastecemento con diferentes xestores de infraestruturas, garantirase
o intercambio de información e que os resultados obtidos en cada unha das infraestruturas
estean dispoñibles para os xestores doutras infraestruturas asociadas.
O protocolo de autocontrol e xestión dividirase en 3 partes: parte xeral, identificación dos
perigos do abastecemento e plans específicos.
• A primeira parte, que é a parte xeral, constará de información xeral do
abastecemento: titulares e xestores. Así mesmo, incluirase neste apartado un
esquema da zona de abastecemento, xa que é necesario describir detalladamente
todos os procesos do sistema de abastecemento, desde a captación ao momento de
entrega ao consumidor.
• Na segunda parte incluirase unha análise dos perigos e sucesos aos que está
sometida a nosa zona de abastecemento, desagregado por infraestrutura.
• A parte específica constará de plans específicos. En cada un deles describiranse
todas aquelas condicións e prácticas que deben adoptarse para unha correcta e
eficaz xestión do abastecemento da auga. Estes plans están baseados en adopción
de medidas de preventivas.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 2 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
1 PARTE XERAL
Datos da zona de abastecemento
Denominación
Localización (concellos/provincia)
Natureza do abastecemento (público/privado)
Volume medio diario de auga subministrada considerando o cómputo anual (m3/día)
Dotación (litros/habitante/día) (se existe máis dunha rede, a dotación sería a suma
destas)
Información da poboación abastecida
LOCALIDADESABASTECIDAS
(SEGUNDO INE)
% POBOACIÓNABASTECIDA DESAS
LOCALIDADES
CONCELLOREDE DE
DISTRIBUCIÓN ÁQUE PERTENCE
Poboación censada total de toda a zona de abastecemento (segundo oINE)
Poboación estimada total de toda a zona de abastecemento
Lista de infraestruturas
INFRAESTRUTURAS XESTOR TITULAR LOCALIZACIÓN
Esquema actualizado con todas as partes da zona de abastecemento
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 3 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Datos do titular/titulares
Dato/s do/s titular/es: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo
electrónico
Persoa/s de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico
Datos do xestor/xestores
Dato/s do/s xestor/es: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo
electrónico
Persoa/s de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 4 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Datos das infraestruturas que xestiona
Esta información só é necesaria cubrila neste documento, mentres non conste no Sistema
de Información Nacional de Aguas de Consumo (SINAC), xa que esta información pódese
encher directamente na aplicación.
Captacións (por cada captación incluirase a seguinte documentación)
Denominación
Localización da captación (lugar/concello)
Demarcación hidrográfica: Galicia-costa, Confederación Miño-Sil, Confederación del
Douro, Confederación del Cantábrico
Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)
Categoría del agua: Augas subterráneas. Chuvia. Superficial costeira. Superficial de
transición. Superficial lago. Superficial río
Tipo de captación: Galería. Manancial. Pozo entubado. Pozo escavado. Chuvia.
Costeira/mar/porto. Bahía/estuario/marisma/delta/desembocadura. Lagoa/laguna.
Río/encoro/canal
Masa de auga e o seu código. Cando non se saiba o xestor deberá solicitarlle esta
información ao organismo de bacía
Uso da captación: ordinaria, extraordinario, en desuso
Volume de auga captada: media anual (m3/ano ou Hm3/ano)
Tipo de toma: a media profundidade, con bomba de extracción. No leito, en orela, en
profundidade, en superficie, por gravidade, por outros métodos, torre de toma
Protección: perímetro de protección, persoal de seguridade, prohibido facer
actividades deportivas, prohibido baño, porta controlada, sistema de alarma, valado do
perímetro, ventá,...
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 5 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Condución da auga (desde captación ata ETAP ou depósito)
Lonxitude en km
Materiais
Tipo de condución (a presión, por gravidade)
Forma de condución (aberta, pechada, mixta)
Infraestrutura orixe
Infraestrutura destino
Tratamento de potabilización
Denominación da ETAP ou tratamento
Tipo de tratamento: En infraestrutura ou instalación interior, En planta de
tratamento(ETAP), recloración
No caso de que os tratamentos sexan nunha infraestrutura ou instalación interior ou
sexa unha recloración, cal é a infraestrutura na que se realiza (depósito, rede, instalación
interior, condución)
Uso: en uso, fora de uso, extraordinario
Localización do tratamento (concello/lugar)
Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)
Procedencia da auga que se vai tratar (infraestruturas inmediatas)
Destino da auga tratada
Auga tratada ao día (m3/día)
Caudal nominal (volume medio tratado por unidade de tempo).
Procesos unitarios de tratamento (PUT): Especificaranse as unidades de tratamento
empregadas: coagulación-floculación, corrección pH, decantación, desareado, desbaste,
desinfección, filtración con leito filtrante, filtración con membrana, ozonización, pre-
oxidación, remineralización, resinas de intercambio iónico, flotación, electrodiálise reversible,
adsorción, aireación-stripping, microfiltración, outros tratamentos, ou outros PUT.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 6 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Posición dos procesos unitarios (orde)
Uso do proceso unitario: en uso, fora de uso, extraordinario
Métodos de desinfección empregados:
Esquema desta coas unidades de tratamento implicadas
Depósitos de auga de consumo (por cada depósito)
Denominación
Localización do depósito (lugar / concello)
Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)
Uso: ordinario, extraordinario, en desuso
Tipo: elevado, subterráneo
Clase: cabeceira, regulación, distribución, auga bruta
Número de vasos:
Materiais
Sistemas de purga e baleirado
Capacidade
Contador de auga á saída do depósito ou outro sistema de medida de auga tratada
Medidas de protección: persoal de seguridade, porta controlada, sistema de alarma,
valado do perímetro, ventás
Ano de construción e última modificación
Sinalización
Procedencia da auga
Destino da auga almacenada
Tempo medio aproximado de permanencia da auga no depósito
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 7 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Rede de distribución
Nalgunhas zonas de abastecemento pode haber varias redes. Noutros casos pode ser só
unha rede con puntos de mostraxe representativos de toda a rede.
Denominación
Localidades abastecidas segundo a lista do INE
Porcentaxe de poboación abastecida por cada localidade
Número de persoas abastecidas segundo o INE (contabilizando a porcentaxe de
poboación de cada localidade)
Número de persoas abastecidas estimadas polo xestor (non ten por que coincidir coa
do INE, xa que pode verse incrementado polo turismo, industrias,..... Pola contra tamén
pode diminuír)
Clase de rede: rede de urbanización, rede de zona rural, rede de zona turística, rede
industrial ou rede urbana (clasificalo segundo as definicións de zona de abastecemento do
manual do SINAC)
Tipo: mallada, ramificada ou mixta
Materiais: de ser posible, indicarase tipo de materiais da rede, revestimento, xuntas e
acometidas
Lonxitude total
Anos de construción e última modificación:
Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación dos sistemas de
peche e purga por sectores.
Procedencia da auga
Volume de auga distribuída (m3/día)
Dotación (litros/habitante/día)
Plano e/ou esquema actualizado
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 8 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
2 IDENTIFICACIÓN DOS PERIGOS DO ABASTECEMENTO
Neste apartado identificaranse os posibles perigos asociados ao noso abastecemento e as
súas infraestruturas (captacións, tratamentos, depósitos, redes de distribución), así como os
relacionados coa falta de formación e de mantemento.
Por iso haberá que facer unha lista dos perigos aos que está sometido o noso
abastecemento.
Cada xestor deberá realizar a avaliación da súa parte, e por en compartir a información co
resto de xestores da zona de abastecemento.
Para a realización desta lista pode ser de moita utilidade a aplicación GEPSA, ferramenta
web de xestión dos plans Sanitarios da auga (PSA) desenvolvida polo Ministerio de
Sanidade. Esta ferramenta ponse a disposición dos operadores do subministro da auga de
consumo á poboación e das administracións competentes para axudar na elaboración dos
Plans Sanitarios del Agua o PSA. Estes PSA están baseados en la avaliación e xestión do
risco, proposto por la Organización Mundial de la Salud y la Unión Europea.
Máis información desta ferramenta GEPSA
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 9 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3 PARTE ESPECÍFICA
A elaboración dos seguintes plans e a información destes van axudar a xestionar
adecuadamente o noso abastecemento.
• Plan de formación
• Plan de limpeza e desinfección
• Plan de mantemento
• Plan de medidas correctoras ante incidencias
• Plan de autocontrol
• Plan de control de provedores e servizos
• Plan de renovacións das instalacións
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 10 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.1 Plan de formación
O obxectivo deste plan é garantir que toda persoa que realiza tarefas relacionadas coa
xestión da auga (responsable do abastecemento, persoas que se encarguen do
mantemento das infraestruturas ou dos equipos de tratamento de auga, ou leven a cabo os
controis e rexistro) dispoñan dunha formación adecuada e continua e que a leven á práctica
de forma correcta no desenvolvemento da súa actividade laboral.
A formación recibida debe ser conforme ao establecido no Regulamento (CE) 852/2004 del
Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2004, relativo a la hixiene de los
produtos alimenticios e acorde a súa actividade laboral (mantemento e tratamentos de auga
de consumo), xa que a formación debe dar resposta as necesidades concretas de cada
sector (abastecemento ou partes deste) e o seu obxectivo fundamental é inculcar aos
manipuladores prácticas correctas de hixiene, ademais de mantelos actualizados nos
contidos dos cambios normativos.
A formación do persoal recibida polos traballadores debe ser suficiente para cumprir como
mínimo cos seguintes obxectivos:
• Previr e minimizar os perigos debido ao descoñecemento ou á falta de experiencia
nos labores levados a cabo polo traballador.
• Concienciar aos traballadores da importancia sanitaria da súa actividade.
• Coñecer as enfermidades transmitidas pola auga.
• Coñecer a lexislación actual e os controis que hai que realizar á auga.
• Mellorar os hábitos e a hixiene persoal dos traballadores, mediante a aplicación de
Prácticas Correctas de Hixiene.
• Mellorar as normas de hixiene das instalacións.
A/s persoa/as responsables da xestión do abastecemento deberán ter formación nos
seguintes aspectos:
• Importancia da calidade da auga de consumo humano. Lexislación.
• Contidos mínimos dos plans de autocontrol e xestión.
• Parámetros físicos, químicos e microbiolóxicos. Implicación sanitaria. Indicadores de
calidade.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 11 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
• Tipos de análises e frecuencias que se deben realizar no autocontrol e billa do
consumidor. Importancia sanitaria dunha adecuada toma de mostras e transporte.
• Infraestruturas dun abastecemento. Mantemento destas. Determinación de perigos e
puntos críticos. Fontes de contaminación. Importancia da prevención e dos plans
sanitarios da auga.
• Materiais de construción e substancias que se engaden ao auga
• Equipos máis comunmente utilizados para tratar a auga. Mantemento destes.
• Xestión de incumprimentos.
• Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo ( SINAC)
• Coñecementos en seguridade e hixiene sanitaria:
• Coñecemento sobre as enfermidades transmitidas pola auga
Por outra banda, os contidos mínimos da formación que deben recibir o resto de persoas
que realizan tarefas relacionadas coa xestión da auga (persoas que se encarguen do
mantemento das infraestruturas ou dos equipos de tratamento de auga, ou leven a cabo os
controis e rexistro) será a necesaria para capacitarlles no desenvolvemento correcto da súa
actividade laboral.
Por todo isto, deberá existir un plan de formación no que conste quen impartirá a formación,
a quen e a periodicidade da formación.
Indicarase neste plan:
• Listaxe do persoal que exerce tarefas en contacto coa auga de consumo
humano (persoal responsable/s, persoal de mantemento de infraestruturas,
limpezas e das medicións dos parámetros “in situ” e controis organolépticos, ...).
• Quen será o encargado destas tarefas de formación (a propia empresa ou
empresas ou entidades formadoras)
• Periodicidade da formación. Cómpre recordar que se hai cambios lexislativos,
deberase actualizar a formación dos traballadores nestes aspectos, en función
das súas responsabilidades).
• Calendario de formación
• Rexistros de formación que se arquivará xunto cos certificados de recibiren a
formación en hixiene de produtos alimenticios.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 12 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
REXISTRO DA FORMACIÓN DAS PERSOAS QUE TRABALLAN EN CONTACTO COA AUGA
PERSOAS QUE
REALIZAN A TAREFA
TAREFAS REALIZADAS FORMACIÓNDATA DA
FORMACIÓN
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 13 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.2 Plan de limpezas e desinfeccións
A finalidade do “plan de limpeza e desinfección é definir as instrucións necesarias para
cumprir co obxectivo de manter o sistema nunhas condicións de hixiene que garantan a
calidade da auga subministrando permanentemente auga potable.
Realizarase un plan das limpezas e desinfeccións de infraestruturas no que se describa a
periodicidade e o procedemento de limpeza, especificando os produtos e sustancias
empregados na limpeza e no seu caso na desinfección.
Así mesmo, se indicarán as persoas encargadas destas limpezas e desinfeccións (empresa
externa ou persoal propio).
Segundo o Real decreto 140/2003, os depósitos e redes de distribución deberanse limpar
periodicamente. Esta limpeza debe ter as funcións de desincrustar, desinfectar e aclarado
con auga.
Por isto a frecuencia de limpeza dos depósitos determinarase en función dunha avaliación
de risco. Recoméndase unha vez ao ano e nunca cunha frecuencia superior aos 4 anos.
As redes de distribución deberanse limpar antes de súa posta en funcionamento e despois
de calquera actividade de mantemento e reparación que poida supor un risco de
contaminación da auga de consumo. Esta limpeza de redes pódese realizar por tramos ou
sectores afectados.
Aínda que no Real decreto 140/2003, non se fai referencia á limpeza das captacións e
zonas perimetrais, é de suma importancia unha boa limpeza destas infraestruturas, polo que
se incluirá neste plan a dita información.
Así mesmo, neste plan tamén se incluirá o plan de limpeza da ETAP e outros locais anexos.
Por tanto este plan debe incluír:
• Procedementos de limpezas e desinfeccións.
• Persoas encargadas de cada tarefa.
• Calendario dos controis
• Rexistros das limpezas.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 14 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
CALENDARIO DE LIMPEZAS E DESINFECCIÓNS DE INFRAESTRUTURAS
(INFRAESTRUTURA)
DATA PREVISTA
DA LIMPEZA E
DESINFECCIÓN
DATA REAL DA LIMPEZA E
DESINFECCIÓN
SUBSTANCIAS
EMPREGADASPERSOA/EMPRESA
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 15 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.3 Plan de mantemento
Os labores de mantemento das infraestruturas dun abastecemento teñen como obxectivo
conseguir unha auga da mellor calidade, optimizando o uso de recursos (electricidade,
reactivos, persoal, amortización de equipos e recambios), de modo que se minimice o custo
económico de explotación e maximícense a garantía sanitaria e a satisfacción do usuario.
A finalidade deste plan é definir as instrucións necesarias para cumprir co obxectivo de
manter o sistema en condicións de máxima capacidade e presión, garantindo, tanto a
calidade da auga como a subministración permanente de auga potable e evitando incidentes
que xeren a carencia de subministración.
Por isto realizarase un plan de mantemento de infraestruturas (captacións, conducións,
ETAP, depósitos e redes).
No devandito plan deben definirse as operacións de mantemento a realizar en cada un dos
elementos do sistema de abastecemento.
Así mesmo indicarase o mantemento dos equipos segundo as especificacións técnicas dos
equipos e dos tratamentos (por exemplo dos sistemas de cloración, dosificación de produtos
coas fichas técnicas, mantemento, limpeza e cambio de filtros ou resinas de intercambio
etc).
Indicaranse tamén os produtos e substancias empregados nas operacións de mantemento,
incluídas as substancias para potabilizar a auga. Os produtos deberán estar etiquetados e
coa FDS actualizada.
Por último, incorporarase o plan de mantemento da información do SINAC (altas, depuración
da información xa incorporada, suba de boletíns analíticos,...)
Por tanto neste plan indicaranse:
• Procedementos dos mantementos a realizar anteriormente citado,
• Persoas encargadas destas tarefas.
• Calendario dos mantementos
• Rexistros de mantemento.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 16 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
CALENDARIO DE MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS
TIPO DE INFRAESTRUTURADATA PREVISTA DO
MANTEMENTODATA REAL DOMANTEMENTO
A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOMANTEMENTO ARQUIVARASE NO
PLAN DE PROVEDORES E SERVIZOS(certificado do mantemento ou persoa
que o realiza )
CAPTACIÓNS
PLANTA DE TRATAMENTO
DEPÓSITOS
REDE DE DISTRIBUCIÓN
Notas: Mantemento das infraestruturas (limpeza da zona de protección inmediata, limpeza do entorno do
depósito, limpeza do edificio da ETAP, limpeza do trazado de rede de distribución na zona de matogueira,
inspección do trazado da rede,..)
CALENDARIO DE MANTEMENTO DOS EQUIPOS SEGUNDO AS
ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DOS EQUIPOS E DOS TRATAMENTOS
TIPO DE EQUIPOTIPO DE MANTEMENTO
DATA DO MANTEMENTO
PROVEDOR
DOCUMENTACIÓNDISPOÑIBLE
(ESPECIFICACIÓNSTÉCNICAS DOS EQUIPOS)A documentación arquivarase
no plan de provedores eservizos
Nota: Mantemento dos equipos segundo as especificacións técnicas dos equipos e dos tratamentos (por
exemplo dos sistemas de cloración, dosificación de produtos coas fichas técnicas, mantemento, limpeza e
cambio de filtros ou resinas de intercambio).
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 17 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
CALENDARIO DE PRODUTOS E SUBSTANCIAS EMPREGADAS NOTRATAMENTO DA AUGA
SUBSTANCIATIPO DE MANTEMENTO
DATA DO MANTEMENTO
PROVEDOR
DOCUMENTACIÓN DISPOÑIBLE(FDS, ALBARÁ DE COMPRA,
ETIQUETA, MANUAL DE USO).
A documentación arquivarase noplan de provedores e servizos
Notas:
Os produtos utilizados para o tratamento de desinfección da auga de consumo humano ou da auga destinada á
produción de auga de consumo humano, deberán cumprir o establecido no Regulamento (UE) n.º 528/2012 do
Parlamento Europeo e do Consello, de 22 de maio de 2012, relativo á comercialización e o uso dos biocidas,
para Tipo de Produto 5 (PT5).
É necesario aplicar á lexislación comunitaria relativa á substancias químicas, que comprende o
Regulamento (CE) n.º 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de decembro de 2006,
relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos
(REACH), polo que se crea a Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, se modifica a
Directiva 1999/45/CE e se derrogan o Regulamento (CEE) n° 793/93 del Consello e do Regulamento
(CE) n.º 1488/94 da Comisión, así como a Directiva 76/769/CEE do Consello e as Directivas
91/155/CEE, 93/67/CEE, 93/105/CE e 2000/21/CE da Comisión e o Regulamento (CE) n.º 1272/2008
do Parlamento Europeo y do Consello, de 16 de decembre de 2008, sobre clasificación, etiquetado e
envasado de substancias e mesturas, e polo que se modifican e derrogan as Directivas 67/548/CEE e
1999/45/CE e se modifica o Regulamento (CE) n.º 1907/2006 (CLP), así como calquera outra
normativa comunitaria aplicable.
Os produtos deberán estar etiquetados e coa FDS actualizada.
CALENDARIO DE MANTEMENTO DA INFORMACIÓN DO SINAC
TIPO DE MANTEMENTODESCRICIÓN DO MANTEMENTO
DATA DO MANTEMENTO
PERSOAL QUE OREALIZA
Altas de infraestruturas
Baixas de infraestruturas
Revisión da información de infraestruturas
Modificacións
Suba de boletíns
Revisión da información de boletíns
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 18 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.4 Plan de medidas preventivas e correctoras ante incidencias
paramétricas e non paramétricas
Neste plan plasmaranse as medidas preventivas e correctoras necesarias para solucionar
os problemas aos que pode estar sometido o noso abastecemento e que foron descritos na
parte 2 deste protocolo de autocontrol e xestión (identificación dos perigos máis comúns do
noso abastecemento).
O principal obxectivo deste plan é evitar unha situación de incidencia, y de producirse, que
se adopten as medidas correctoras necesarias, co fin de evitar que se produzan
incumprimentos paramétricos na calidade da auga.
Hai que diferenciar entre as incidencias que poden ocorrer, que sendo controladas, non son
desencadeantes de incumprimentos paramétricos, e aquelas incidencias que si produciron
un incumprimento paramétrico que hai que xestionar segundo o indicado no artigo 27 e
anexo X do Real decreto 140/2003.
Obrigatoriamente avaliaranse neste plan as seguintes situacións:
• Actuacións ante episodios de seca. Deben avaliarse as situacións derivadas de
episodios de seca. Planificación das medidas preventivas e correctoras, de ser o
caso
• Actuacións no caso de situacións derivadas de situacións metereolóxicas extremas
(fortes precipitacións, risco de inundacións,..) Deben avaliarse estas situacións e
planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o caso.
• Incendios forestais. Deben avaliarse estas situacións derivadas dos incendios
forestais e planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o caso.
• Radioactividade. Deben estar avaliadas as situacións derivadas de problemas de
radioactividade na auga de captación e planificar as medidas preventivas e
correctoras, de ser o caso.
• Cianobacterias. Deben estar avaliadas as situacións derivadas dunha situación de
risco por cianobacterias e planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o
caso.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 19 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
• Especificamente, as posibles incidencias que poden ocorrer no noso abastecemento
e que foron avaliadas na identificación de perigos, e planificar as medidas
preventivas e correctoras para cada situación, de ser o caso.
• Subministracións alternativas previstas en caso de incidencias.
Por outra banda deberá quedar descrito neste plan as actuacións ante incumprimentos
baseado no artigo 4, 27 e anexo X de radioactividade do Real decreto 140/2003.
Por tanto este plan incluirá:
• Procedementos de avaliación das situacións anteriormente descritas, xunto coas
medidas preventivas e correctoras ante incidencias.
• Procedemento de actuación ante incumprimentos baseado no artigo 4, 27 e anexo X
de radioactividade do Real decreto 140/2003.
• Lista das persoas responsables.
• Rexistros de incidencias ante incidencias e incumprimentos paramétricos e de
medidas correctoras. Deberá existir un rexistro de incidencias.
FOLLA REXISTRO DO LIBRO DE INCIDENCIAS
DESCRICIÓN DA INCIDENCIA
DATA E HORA DA INCIDENCIA
LOCALIZACIÓN INCIDENCIA
MEDIDAS CORRECTORAS
DATA E HORA DO FIN DA INCIDENCIA
COMENTARIOS ADICIONAIS
DATA E SINATURA DO RESPONSABLE
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 20 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.5 Plan de autocontrol
O ámbito normativo deste plan é o artigo 18 do Real decreto 140/2003.
Este plan incluirá un plan de mostraxe coa seguinte información:
• Plan de puntos de mostraxe: Relación de puntos de mostraxe para a determinación
de todos os controis que hai que realizarlle á auga (controis diarios de desinfectante
residual e pH. Exame bisemanal organoléptico, análise de control e completas.
Controis de Radioactividade). Indicarase a localización exacta dos puntos de
mostraxe.
Compróbase que con frecuencia os puntos de mostraxe de rede de distribución
realízanse en billas de instalación interior. Os xestores deberanse habilitar
progresivamente puntos de mostraxe na rede de distribución.
• Lista dos parámetros para determinar en cada tipo de análise, incluída a
determinación de radioactividade, trihalometanos, e outros parámetros que sexa
necesario determinar en función dos produtos utilizados no tratamento da auga ou en
función da avaliación de riscos do abastecemento (por exemplo cianotoxinas,
parámetros de radioactividade, arsénico, aluminio, turbidez ou nitratos).
• Frecuencia de mostraxe das análises en cada tipo de análise, incluída a
determinación de radioactividade, trihalometanos, e outros parámetros que sexa
necesario determinar en función dos produtos utilizados no tratamento da auga ou en
función da avaliación de riscos do abastecemento (plan de vixilancia específico de
determinados parámetros).
Deberase indicar como se calculan os valores de auga tratada e distribuída para o
cálculo das frecuencias (lectura de contadores ou datos estimativos de caudal).
• Con respecto aos puntos de mostraxe e lista de parámetros en billa do consumidor
que son responsabilidade do concello, atopámonos con varias opcións:
➢ Que o concello teña subcontratadas as análises de billa ao xestor do
abastecemento
➢ Que o concello non teña subcontratadas as análises de billa ao xestor do
abastecemento
➢ O concello é o xestor do abastecemento e realiza as análises de billa
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 21 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
De todos os xeitos, no protocolo deberán figurar os puntos de mostraxe e controis en
billa do consumidor, polo que cando non sexa o xestor o que se encargue destes
análises deberá solicitarlle a dita información ao concello.
• Debe estar tamén incluído neste plan a maneira de coñecer a calidade da auga do
punto de captación, que pode ser a través do organismo de conca no caso de masas
de auga superficiais destinadas a produción de auga para consumo humano, e que a
partir dun ou varios puntos de captación proporcionen unha media de máis de 100
metros cúbicos diarios (artigo 8 do Real decreto 817/2015), ou a través de controis
periódicos realizados polos xestores nos casos de non dispoñer destes datos.
• Calendario dos controis analíticos cos puntos de mostraxe de cada ano.
PLAN DE ANÁLISE
VOLUME DE AUGA TRATADA/
DEPÓSITO/ AUGA DISTRIBUÍDA
A. CONTROL A. COMPLETOS
Previstos Realizados Previstos Realizados
ETAP ou depósito de cabeceira
Depósito de distribución
Rede distribución
PLAN DE ANÁLISE Previstos Realizados
Control de Radioactividade
Control en captación:
Control en rede de distribución:
Billa do consumidor (por poboación abastecida) Este análise é responsabilidade do concello
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 22 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Por tanto indicarase neste plan:
• Plan de mostraxe
• As persoas responsables dos controis (análises e medidas “in situ” e controis
organolépticos) e os responsables de cubrir os rexistros,
• Calendario dos controis
• Rexistros de:
◦ Lectura de contadores ou datos estimados de caudal
◦ Controis in situ
◦ Análises organolépticos
◦ Análises de control
◦ Análises completos
◦ Controis de radioactividade
◦ Análises de plans de vixilancia específicos de determinados parámetros (exemplo
cianotoxinas)
◦ Controis de billa
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 23 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.6 Plan de control de provedores e servizos
O obxectivo deste plan é garantir que tanto os produtos utilizados como os servizos
contratados, proporcionen a calidade e fiabilidade necesaria para garantir o bo
funcionamento do abastecemento de auga.
Os provedores ou servizos contratados polo xestor do abastecemento, para subministrar
produtos ou realizar accións relacionadas co abastecemento, deben cumprir cuns requisitos
que nos permitan garantir a calidade da auga.
Deberemos contar cunha listaxe de todos os provedores e servizos contratados, que inclúan
polo menos os seguintes datos de identificación:
• Nome da empresa
• CIF
• Dirección
• Teléfono/correo electrónico
Por outra banda, debe haber un rexistro coas actuacións de todos eles, que inclúa, ademais
da actuación en si, polo menos o nome da empresa, as datas nas que realizan un servizo ou
provisión de bens, así como as firmas da persoa que realiza a actividade (no caso de que
non deixe ningún outro documento acreditativo) e a do xestor do abastecemento.
Este rexistro resulta imprescindible para seguir a trazabilidade e/ou poder identificar o
responsable dunha potencial incidencia. Xunto co rexistro terán que gardarse todos os
documentos entregados polas empresas implicadas, é dicir, albarás, facturas, certificados
emitidos, follas de recollida de mostra etc. Ademais tamén deben gardarse copias de todos
os documentos acreditativos de que as empresas implicadas e os seus operarios cumpren
cos requisitos esixibles.
Os posibles provedores e servizos que poden ser contratados polo xestor dun
abastecemento de auga son:
• Laboratorio de análise dá auga.
• Provedor de produtos químicos (tanto para o tratamento da auga como para a
limpeza/desinfección de instalacións).
• Construtor ou vendedor de infraestruturas.
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 24 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
• Provedor de materiais de substitución ou reparación nas infraestruturas.
• Empresa reparadora de infraestruturas.
• Empresa de venda e/ou mantemento de equipos de tratamento dá auga.
• Empresa de venda e/ou mantemento de equipos de medición.
• Empresa de limpeza/desinfección, tratamentos DDD.
• Empresa de formación
• Empresa gravadora de datos no SINAC
• Empresa de transporte de auga de consumo.
É imprescindible neste plan crear un arquivo con todas as empresas contratadas, as fichas
técnicas das substancias empregadas, produtos de construción e equipos.
CÓDIGO NOME DA OPERACIÓN
A.1 Laboratorio de análise da auga.
A.2Provedor de produtos químicos (tanto para o tratamento del auga como paraa limpeza/desinfección de instalacións).
A.3 Construtor ou vendedor de infraestruturas.
A.4 Provedor de materiais de substitución ou reparación nas infraestruturas.
A.5 Empresa reparadora de infraestruturas.
A.6 Empresa de venta e/ou mantemento de equipos de tratamento da auga.
A.7 Empresa de venta e/ou mantemento de equipos de medición.
A.8 Empresa de limpeza/desinfección, tratamentos DDD.
A.9 Empresa de formación
A.10 Empresa de transporte de auga de consumo
A.11 Outros,....
Ademais do arquivo de documentación relacionada con cada empresa, haberá que rexistrartodas as operacións que se realicen relacionadas con cada operación.
CÓDIGO DA
OPERACIÓNOPERACIÓN DATA OBSERVACIÓNS
NOME E SINATURA
DO RESPONSABLE
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 25 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
3.7 Plan de renovacións das instalacións
O mantemento e mellora das infraestruturas dun abastecemento, requiren dun forte
investimento que se debe planificar atendendo á necesidade e dispoñibilidade dos titulares.
É conveniente dispoñer dun plan xeral de renovación das instalacións que permita adecuar
as mesmas ás necesidades actuais do servizo, corrixindo deficiencias existentes e
mellorando os puntos máis sensibles.
Con este plan trátase de establecer un calendario de obras e/ou adquisición de aparellos
necesarios para mellorar o aseguramento da calidade da auga.
OBRAS A REALIZAROPERACIÓN A REALIZAR
ORZAMENTO DA INVERSIÓN
DATAPREVISTA
Produtos de tratamento da auga
Protección da captación (selo
sanitario)
Instalación dun sistema de control de
niveis de desinfectante en continuo
Recubrimentos do depósito
Equipos de bombeo
Substitución de tramos da rede de
distribución
OBRAS DE RENOVACIÓN REALIZADASOPERACIÓN REALIZADA
INVERSIÓN REALIZADA
DATA DA RENOVACIÓN
Produtos de tratamento da auga
Protección da captación (selo sanitario)
Instalación dun sistema de control de niveis
de desinfectante en continuo
Recubrimentos do depósito
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 26 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
Normativa e bibliografía empregada:
• Directiva 98/83/CE do Consello, do 3 de novembro de 1998, relativa á calidade das
augas destinadas ao consumo humano (DOCE L n.º 330 do 5 de decembro de 1998).
• Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios
sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE 45 do 21/02/2003). Corrección de
erros Real decreto 140/2003 (BOE 54 do 4/03/2003).
• Orde SCO 1591/2005, do 30 maio sobre o Sistema de información nacional de auga
de consumo (SINAC) (BOE 131 do 2/06/2005).
• Orde SSI/304/2013, do 19 de febreiro, sobre substancias para o tratamento da auga
destinada á produción de auga de consumo humano (BOE 50 do 27/02/2013).
• Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do
Dominio Público Hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI, VII e VIII do
texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de
xullo.
• Lei 9/2010, do 4 de novembro de Augas de Galicia.
• Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública.
• Directiva 2013/51/ EURATOM do Consello de 22 de outubro de 2013, pola que se
establecen requisitos para a protección sanitaria da poboación con respecto as substancias
radioactivas nas augas destinadas ao consumo humano.
• Directiva (UE) 2015/1787 da Comisión de 6 de outubro de 2015 pola que se
modifican os anexos II e III da Directiva 98/83/CE do Consello, relativa á calidade das aguas
destinadas ao consumo humano.
• Real Decreto 817/2015, de 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de
seguimento e avaliación do estado ds augas superficiais e as normas de calidade ambiental.
• Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se dispón a publicación da normativa do
Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto
11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións
hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas, do Guadalete-Barbate
e do Tinto, Odiel e Piedras
• Real Decreto 314/2016, de 29 de xullo, polo que se modifican o Real decreto
140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 27 de 28
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.
(mais de 200 persoas)GC-13T-02-01-01-A
auga de consumo humano, o Real decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo que se
regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial
envasadas para consumo humano, e o Real Decreto 1799/2010, de 30 de decembro, polo
que se regula o proceso de elaboración e comercialización das augas preparadas
envasadas para o consumo humano.
• Real decreto 902/2018, de 20 de xullo, polo que se modifica o Real decreto
140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da
auga de consumo humano e as especificacións dos métodos de análise e as especificacións
dos métodos de análise do Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo que se regula
a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial
envasadas para consumo humano, e do Real Decreto 1799/2010, de 30 de decembro, polo
que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas
para o consumo humano.
• Lei 9/2019, do 11 de decembro, de Galicia de medidas de garantía do abastecemento
nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario.
• Guía para a elaboración dun protocolo de control e xestión de pequenos
abastecementos. Proxecto Life Rural Supplies. Ano 2018
• Quality Assurance (HACCP) System: GWS guide to its implementation. NFGW. Ano
2014
Máis información en:
• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para
pequeñas redes de abastecimiento". Guía para la elaboración de un protocolo de
control y gestión de pequeños abastecimientos.
• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para
pequeñas redes de abastecimiento". Instrucción técnica para el abastecemiento
autónomo.
• https://ruralsupplies.eu/
• Quality Assurance (HACCP) System: GWS guide to its implementation.
https://nfgws.ie/quality-assurance-implementation/
GC-13T-02-01-01 Edición 4 (03/03/2020) 28 de 28