GUÍA DA VISITA A OUTES (do Club Lectura IES Leliadoura)

2
Encontro LELIADOUROS-LARETAS CURSO 2012-13 Club de lectura“Laretas” PROGRAMA DA VISITA 13.40 Chegada ó IES Poeta Añón (do alumnado Club Leliadouros) 13.40-14.05: Visita do centro 14.05-14.45: Xantar 14.45-15.30: Experiencias dos clubs 15.30-15.50 Visita a Pontenafonso 16.00: Visita ao Pazo do Tambre 17.00: Roteiro Añón polo Río Tines 17.45 Regreso a Ribeira Ies poeta añón Outes VISITA A OUTES Compartindo roteiros 4. PASEO polo RÍO TINES Este paseo transcorre polo corazón do concello ó longo do río Tines. Ten uns 2 km de lonxitu- de dos que percorreremos a metade. Iniciaremos o roteiro na Horta do Muíño, a carón da Casa da Cultura. Visitaremos a fonte e o muíño de Añón. Dirixirémonos cara a Boel para ver a casa natal de Francisco Añón, actualmente en estado ruinoso. Fronte á casa veremos o Pazo de Añón. Regresaremos ó IES pola rúa que tamén leva o nome do poeta..

description

Información sobre algúns dos puntos de interese no concello de Outes

Transcript of GUÍA DA VISITA A OUTES (do Club Lectura IES Leliadoura)

Page 1: GUÍA DA VISITA A OUTES (do Club Lectura IES Leliadoura)

Encontro

LELIADOUROS-LARETAS

CURSO 2012-13 Club de l ectura“Laretas”

PROGRAMA DA VISITA

13.40 Chegada ó IES Poeta Añón (do alumnado

Club Leliadouros)

13.40-14.05: Visita do centro

14.05-14.45: Xantar

14.45-15.30: Experiencias dos clubs

15.30-15.50 Visita a Pontenafonso

16.00: Visita ao Pazo do Tambre

17.00: Roteiro Añón polo Río Tines

17.45 Regreso a Ribeira

Ies poeta añón

Outes

VISITA A OUTES

Compartindo roteiros

4. PASEO polo RÍO TINES Este paseo transcorre polo corazón do concello ó longo do río Tines. Ten uns 2 km de lonxitu-de dos que percorreremos a metade. Iniciaremos o roteiro na Horta do Muíño,

a carón da Casa da Cultura.

Visitaremos a fonte e o muíño de Añón.

Dirixirémonos cara a Boel para ver a casa natal de Francisco Añón, actualmente en estado ruinoso.

Fronte á casa veremos o Pazo de Añón. Regresaremos ó IES pola rúa que tamén

leva o nome do poeta..

Page 2: GUÍA DA VISITA A OUTES (do Club Lectura IES Leliadoura)

ALGÚNS DATOS

2. PONTENAFONSO Pontenafonso atópase no fondo da ría de Muros-Noia, xusto na desembocadura do río Tambre, unindo os concellos de Noia e Outes.

Descoñecemos con exactitude a data de construción da ponte.

Segundo parece a actual ponte de pedra data do s. XIV en substitución doutra máis antiga de madeira que mandara construír o rei Afonso II o Casto no s. IX. Deste rei tomaría o nome.

Posteriormente, no s. XIX foi reformada e ancheada.

Na actualidade consérvanse 20 arcos (+2 enterrados)dos 27 orixinais

Segundo unha lenda, o arquitecto a quen o rei encargou a obra, faleceu sen vela rematada. Pola zona é coñecida unha copriña que di:

Adeus ti, Pontenafonso,

non sei quen te acabará

trinta anos me levaches,

frol da miña mocedá

A beleza deste pequeno enclave levouno a ser escollido por direc-tores de cine como Pedro Almodóvar ou Luis Avilés (fillo de Avi-lés de Taramacos) servindo de escenario ás películas La mala edu-cación (2004) e Retornos (2010)

Foi un dos primeiros cultivadores do

galego escrito despois dos Séculos

Escuros, e polo tanto un dos precur-

sores do Rexurdimento Unha das singularidades de

Añón é que escribiu poesía en

3 linguas: castelán, galego e

portugués.

Añón non publicou

ningún libro en vida.

A pesares da súa orixe humilde, foi

un home moi culto, coñecedor das

linguas clásicas, do francés, italia-

no e portugués o que o converte

nun dos nosos escritores mellor

formados lingüisticamente.

O día das Letras Galegas

de 1966 estivo dedicado a

este escritor .

O primeiro contacto que

tivo coa poesía foi proba-

blemente da man da súa

irmá maior Nicolasa, unha

labrega case analfabeta

pero moi creativa, verdadei-

ra representante da poesía

popular galega.

Francisco Añón, non foi só un

personaxe real senón tamén lite-

rario: aparece no “Divino Saine-

te” de Curros Enríquez e tamén

nunha peciña teatral de Antón

Avilés de Taramancos titulada

“Tres capitáns de tempos idos”.

1. Quen foi o POETA AÑÓN? O noso IES leva o nome de Francisco Añón Paz, poeta nacido na aldea de Boel no concello de Outes. Aquí vos deixamos algún detalles intere-santes deste escritor galego.

3 PAZO DO TAMBRE (Pazo do Enxido) Esta casa señorial foi encargada no ano 1898 a Anto-nio Palacios por unha familia de emigrantes de Can-do que fixo fortuna en Portugal.

Quizás por este motivo comparte máis rasgos coas casas antigas lusas que cos pazos galegos: casas enca-ladas con xardíns exóticos e sen os elementos defen-sivos típicos dos pazos galegos.

Conta con varias construción anexas que completa-ban a unidade de explotación agraria constituída po-los pazos: así atoparemos un POMBAL, ALPENDRE, CORTELLOS, HÓRREO e CASA DO CAPATAZ

Os xardíns inclúen : 2 lagos con plantas acuáticas, un deles cunha

pequena illa no interior, un embarcadoiro con acceso á ría, cuadras para os cabalos corredoiras baixo as viñas