GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID ......2020/05/25 · Data: 25/05/20 Páxina 5 de 30...
Transcript of GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID ......2020/05/25 · Data: 25/05/20 Páxina 5 de 30...
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 1 de 30
ÍNDICE
1. Introdución
2. Propagación e síntomas do COVID-19
3. Medidas preventivas antes de acudir ao traballo
4. Medidas preventivas no desprazamento ao traballo
5. Risco por exposición ao COVID-19 no traballo
6. Medidas xenéricas de protección
7. Condicións dos centros
a. Lugares de traballo e zonas comúns
b. Lugares de aseo
c. Vestiarios
d. Máquinas expendedoras
8. Garantir a distancia de seguridade entre persoas
a. Lugares de traballo
b. Zonas comúns
c. Vías de circulación
d. Utilización de barreiras físicas
e. Acceso ao centro
9. Medidas específicas adicionais para determinadas actividades
a. Postos de administración
b. Atención ao público
c. Servizo Universitario de Residencias
d. Reunións
e. Condución de vehículos
f. Bibliotecas
g. Servizo de correo
h. Conserxerías
i. Actividades de mantemento (Infraestruturas)
j. Laboratorios
k. Actividades culturais
l. Actividades deportivas
10. Coordinación de actividades empresariais
11. Equipos de protección individual
12. Persoal especialmente sensible
13. Actuación en caso de que un traballador/a presente síntomas
14. Ao saír do traballo
15. Máis información sobre o COVID-19
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 2 de 30
1. INTRODUCIÓN
A presente Guía ten como obxectivo determinar as condicións dos lugares de traballo e as
medidas preventivas e de protección persoal necesarias fronte á propagación da COVID-19 para
o desenvolvemento das actividades presenciais que se realizan na USC, de acordo co disposto na
Orden SND/414/2020, de 16 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de
ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 2
del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.
Asemade, a determinación das medidas de prevención e protección fronte á propagación da
COVID-19 teñen como documentación legal e técnica de referencia o establecido no
Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la
exposición al sars-cov-2 do Ministerio de Sanidade de 22/05/2020, o documento Buenas
prácticas en los centros de trabajo do Ministerio de Sanidade de 11/04/2020, a Guía de
recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus da Xunta de Galicia de
12/04/2020 e o documento Medidas preventivas generales para garantizar la separación entre
trabajadores frente a covid-19 do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)
de 09/04/2020.
As medidas de prevención e protección relacionadas nesta Guía están orientadas á protección
fronte á propagación da COVID-19 e en ningún caso substitúen as medidas a adoptar en cada
posto de traballo para prevención dos riscos laborais, recollidas nas avaliacións de riscos dos
distintos centros da USC. Igualmente seguen sendo de cumprimento obrigado as distintas normas
de seguridade elaboradas para control dos riscos de determinadas actividades, como as realizadas
para os laboratorios de investigación, entre outras.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 3 de 30
Esta Guía está suxeita ás revisións que sexan precisas en función da evolución da situación de
pandemia pola COVID-19 e de posibles actualizacións das referencias de carácter legal e técnico
que poidan levar a cabo as autoridades competentes na materia.
2. PROPAGACIÓN E SÍNTOMAS DO COVID-19
Propágase principalmente de persoa a persoa por medio das microgotas de saliva e das
secrecións nasais dunha persoa infectada que infectarían a outra persoa se entran en contacto co
seu nariz, os seus ollos ou a súa boca. Parece pouco probable a transmisión polo aire a distancias
maiores de dous metros, aínda que se conta con opinións técnicas que sosteñen a posibilidade da
súa transmisión por aerosoles que permitirían que o virus permanecera por un tempo no aire.
Os síntomas máis comúns inclúen febre, tose e sensación de falta de aire. Nalgúns casos tamén
pode haber síntomas dixestivos como diarrea e dor abdominal. A maioría dos casos presentan
síntomas leves. En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante
para respirar, fallo renal e mesmo a morte. Os casos máis graves xeralmente ocorren en persoas
de idade avanzada ou que padecen algunha enfermidade crónica, como enfermidades do corazón,
do pulmón ou problemas de inmunidade.
3. MEDIDAS PREVENTIVAS ANTES DE ACUDIR AO TRABALLO
Non acudir ao traballo, chamar ao teléfono de atención ao COVID-19 ou ao centro de atención
primaria e seguir as instrucións recibidas en caso de:
- Presentar sintomatoloxía relacionada co COVID-19.
- Ter estado en contacto estreito con algunha persoa con síntomas o diagnosticada de COVID-
19.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 4 de 30
En caso de ser vulnerable (persoas con enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión,
enfermidade pulmonar crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro en
fase de tratamento activo, enfermidade hepática crónica severa, obesidade mórbida IMC>40,
embarazo e maiores de 60 anos), contactar co Servizo de Vixilancia da Saúde por correo
electrónico (Lugo: [email protected] , Santiago: [email protected] ) ou de xeito
telefónico nos seguintes números: Santiago: 881 814520 (Extensións 14520 e 33331) Lugo: 982
822 444 (Extensións 22444 e 22446), por se procedera permanecer nunha situación de illamento
a efectos laborais.
En calquera destas situacións, o traballador/a deberá poñer en coñecemento do superior
xerárquico esta circunstancia coa maior brevidade posible, quen á súa vez o comunicará á
Xerencia ([email protected] ).
4. MEDIDAS PREVENTIVAS NO DESPRAZAMENTO AO TRABALLO
- Procurar utilizar as opcións de mobilidade que mellor garantan a distancia de 2 metros.
- Gardar a distancia de 2 metros andando pola rúa.
- Nos desprazamentos en coche, extremar as medidas de limpeza, non ir máis de dous
ocupantes por fila de asentos, manter a distancia máxima posible e utilizar máscara.
- Nos desprazamentos en transporte público (autobús ou tren) gardar a distancia de seguridade
co resto dos ocupantes e utilizar máscara.
- O uso de máscara é obrigatorio na vía pública sempre que non sexa posible manter unha
distancia de seguridade entre persoas de dous metros.
5. RISCO POR EXPOSICIÓN AO COVID-19 NO TRABALLO
As medidas de prevención e protección que se recollen na presente Guía deben entenderse
referidas ao persoal que ten unha baixa probabilidade de exposición en tanto que non ten que
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 5 de 30
prestar atención directa ao público ou, se a ten, se produce a máis de dous metros de distancia, ou
dispón de medidas de protección colectiva que evitan o contacto, como anteparos de cristal ou
outras.
Deberá informarse ao Servizo de Prevención de Riscos, para realización de avaliación específica
para valoración e proposta de medidas de control, no caso de darse unha das seguintes
condicións de traballo:
- Exposición de risco: aquelas situacións laborais nas que se pode producir un contacto
estreito cun caso sospeitoso ou confirmado de infección polo SARS-CoV-2.
- Exposición de baixo risco: aquelas situacións laborais nas que teña lugar unha relación cun
caso sospeitoso, sen que teña lugar un contacto estreito.
Enténdese por “contacto estreito” cando se proporcionara coidados (persoal sanitario, por
exemplo) mentres o caso presentaba síntomas sen utilizar as medidas de protección adecuadas,
ou cando se convivira cun caso mentres presentaba síntomas a unha distancia menor de dous
metros durante un tempo de polo menos 15 minutos.
6. MEDIDAS XENÉRICAS DE PROTECCIÓN
- Sempre que sexa posible, fomentarase o traballo a distancia para aqueles traballadores/as que
poidan realizar a súa actividade a distancia.
- Manter a distancia de seguridade de dous metros. Cando non haxa total convencemento de
poder manter a distancia de seguridade disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para
todas as persoas que compartan espazo.
- Evitar o saúdo con contacto físico. Non dar a man.
- Lavado das mans con auga e xabón durante un mínimo de 40 segundos antes de entrar nos
lugares de traballo e ao saír.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 6 de 30
- Lavado reiterado das mans despois de contacto con obxectos e superficies.
- Poderá utilizarse xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e
rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Taparse a boca e o nariz cun pano desbotable ou, no seu defecto, coa parte interior do
cóbado, ao tusir ou esbirrar. Os panos e resto de material desbotable depositaranse na bolsa
de lixo en recipiente de apertura de pedal que se habilite a tal efecto.
- Minimizar o contacto das mans coa boca, ollos e nariz a menos que se lavaran previamente.
- Evitar compartir obxectos, materiais ou utensilios de traballo.
- Os utensilios e material a utilizar deben desinfectarse previamente.
- Evitar os desprazamentos entre edificios e centros de traballo e permanecer no lugar de
traballo.
- Reforzar as medidas de hixiene persoal en ambientes de traballo e en calquera escenario de
exposición.
7. CONDICIÓNS DOS CENTROS
a) Lugares de traballo e zonas comúns
- Ventilar diariamente as dependencias dos lugares de traballo. Ventilaranse centros e
dependencias a diario, e por un tempo mínimo de 5 minutos. Evitar a recirculación do aire e
reforzar a limpeza dos filtros de aire.
- Limpeza e desinfección de lugares, instalacións e equipos de traballo.
- Limpar con máis frecuencia e con especial atención as superficies de contacto frecuente. Se
deberá quitar o po depositado nas mesas ou obxectos con auga e xabón e non con trapos
secos.
- Limpar a área de traballo utilizada por un traballador/a en cada cambio de quenda ou
xornada.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 7 de 30
- Empregaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) ou calquera dos desinfectantes
con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Asegurarse de contar con reservas de material para a limpeza das instalacións: Xabón ou
deterxente normal, luvas de limpeza, lixivia e produtos habituais de limpeza.
- Asegurarse de que todos os traballadores/as dispoñan permanentemente de auga e xabón e
xel hidroalcohólico para a limpeza das mans.
- Contar con caixas de panos desbotables nos lugares de traballo, en especial nos que exista
atención ao público.
- Para tirar o material desbotable, colocar bolsas de lixo en recipientes protexidos con tapa e
accionados por pedal. No caso de que un traballador/a presente síntomas no posto de traballo
illarase o contedor onde depositara panos e outros produtos desbotables usados.
- O persoal que realice a recollida do lixo deberá utilizar luvas e pechar as bolsas de plástico
para depositalas no colector correspondente.
- Clausurar as fontes de auga. Cada traballador/a debe levar a súa propia botella de auga.
- Utilizar os ascensores de forma individual, optando preferentemente pola utilización das
escaleiras. Colocar carteis indicativos ao respecto en cada ascensor. As persoas que precisen
de asistencia poderán levar acompañante.
- Manter as portas abertas para diminuír a manipulación dos tiradores para apertura e peche,
sempre e cando non xere risco de roubos ou correntes de aire.
- Colocar os carteis sobre o COVID-19 en espazos comúns.
- Colocar dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada de edificios.
b) Lugares de aseo
- Limpeza dos espazos, o máis meticulosa posible nos baños. Farase cunha periodicidade de 6
veces ao día se se trata de aseos públicos. A limpeza recomendase facela en húmido e
sempre que sexa posible non se deberá varrer senón aspirar.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 8 de 30
- Asegurarse de contar con reservas de material para a limpeza das instalacións: Xabón ou
deterxente normal, luvas de limpeza, lixivia e produtos habituais de limpeza.
- Asegurarse de ter dispoñibilidade de material de hixiene persoal nos aseos: Dispensadores de
xabón para lavar as mans, panos desbotables, papel hixiénico e cubos con tapa, apertura de
pedal e bolsas do lixo de plástico.
- Colocar carteis informativos sobre o lavado de mans en todos os baños.
- Os aseos serán de uso individual. As persoas que precisen de asistencia poderán levar
acompañante.
- Adecuar a utilización dos aseos e organizar a circulación de persoas de forma que se garanta
sempre a distancia de seguridade de dous metros.
c) Vestiarios
- En caso de ser compatible coa actividade a realizar, estudiar a posibilidade de que,
provisionalmente, se pechen os vestiarios e o traballador/a acuda coa roupa de traballo desde
a casa.
- Adoptar medidas para garantir a distancia de seguridade de dous metros. De ser preciso,
limitar o aforo e establecer entradas e saídas graduais.
- No caso de que fora imprescindible utilizar duchas colectivas, deixar espazos libres de forma que
se garante a distancia de seguridade. Tamén se pode optar por entradas graduais en grupos
reducidos para minimizar os contactos.
- Reforzar as medidas de limpeza.
- Non xuntar a roupa de traballo coa roupa persoal. Utilizar armarios diferenciados.
d) Máquinas expendedoras
- Colocar sinalización no chan, mediante cinta adhesiva ou similar, para asegurar respectar a
distancia de seguridade de dous metros cando sexa previsible que poida haber colas.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 9 de 30
- Colocar dispensadores de xel hidroalcohólico e panos desbotables.
- Colocar carteis que informen aos usuarios/as do uso correcto e do lavado/desinfección de
mans antes e despois de pulsar os botóns.
- Manter as condicións hixiénica das máquinas e asegurar a limpeza pormenorizada das
superficies de contacto habitual.
8. GARANTIR A DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE PERSOAS
Reducirase ao máximo o número de traballadores/as presentes para garantir en todo momento a
distancia de seguridade entre persoas de dous metros.
Unha das medidas que pode contribuír a este obxectivo, e mesmo a resolver necesidades de
conciliación, sería a creación e modificación de quendas de traballo que eviten a posibilidade de
aglomeracións. Co mesmo obxectivo poderíanse axustar os horarios para evitar a coincidencia
masiva de persoas durante os momentos de máxima afluencia ou concentración.
En todo caso, cando o número de traballadores/as poida dificultar manter en todo momento a
distancia de seguridade (en lugares de traballo, zonas de paso, vías de circulación, zonas comúns,
etc.), adoptaranse as medidas organizativas que de seguido se relacionan.
Das medidas concretas que se implanten en cada centro para garantir a distancia de seguridade
de dous metros, se deberá informar aos traballadores/as e a outras persoas alleas ao centro que
teñan que acceder a el (usuarios, mantemento, empresas externas, etc.).
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 10 de 30
a) Lugares de traballo
- Calcular o aforo máximo para cada lugar de traballo, tendo en conta a súa superficie,
mobiliario, equipos de traballo, etc. Aparte do número de traballadores/as terase en conta a
posible afluencia de persoas alleas aos postos de traballo.
- No caso de postos de traballo estáticos (como oficinas), de ser preciso se poderá acoutar e
sinalizar (cinta adhesiva ou similar) o espazo de traballo, garantindo a distancia de dous
metros entre traballadores/as e coas zonas de paso. De ser necesario, distribuír os espazos
(mobiliario, corredores, etc.) de forma que permitan garantir a distancia de seguridade de
dous metros.
- Cando a actividade requira continuos desprazamentos (como tarefas de mantemento), cada
traballador/a terá asignadas zonas específicas, responsabilizándose de respectalas. Se a
situación o require, tamén se poderán establecer vías de circulación interiores, dentro da zona
de traballo, sinalizando os itinerarios a seguir de forma que se garante sempre a distancia de
seguridade entre as persoas presentes no lugar de traballo.
- Organizar a circulación por todo o lugar de traballo (zonas de paso) de xeito que se garante
sempre a distancia de seguridade entre persoas.
b) Zonas comúns
- Limitar o aforo das zonas de uso común (zonas de descanso, etc.) de acordo coas súas
dimensións, mobiliario, número de traballadores/as presentes e posible afluencia de persoas
alleas, de forma que se garante en todo momento a distancia de seguridade entre persoas de
dous metros.
- Cando as dimensións dalgunha zona común, como os aseos, sexa reducida, utilizaranse
individualmente. Poderán empregarse sinais para indicar que esta zona está ocupada e que se
deberá agardar quenda a unha distancia que permita manterse a dous metros da persoa que
saia.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 11 de 30
- Utilizar os ascensores de forma individual, optando preferentemente pola utilización das
escaleiras. Colocar carteis indicativos ao respecto en cada ascensor. As persoas que precisen
de asistencia poderán levar acompañante.
c) Vías de circulación
- Organizar a circulación por todo o centro (corredores, zonas de paso, saídas, escaleiras, etc.)
de xeito que se garante sempre a distancia de seguridade entre persoas de dous metros.
- Nas vías de circulación, como corredores e escaleiras, sempre que o ancho permita a
separación mínima de dous metros, circular xunto á parede da dereita deixando o lado
esquerdo para o sentido contrario. No mesmo sentido circularase en fila india, non en
paralelo, deixando a distancia mínima entre persoas de dous metros. O sentido dos
percorridos poderá sinalizarse mediante cinta adhesiva ou similar.
- De ser preciso, establecer as vías de circulación, sinalizando os itinerarios a seguir para
acceso e saída do centro e lugares de traballo, evitando cruce de persoas e garantindo en todo
momento a distancia de seguridade de dous metros.
- Se o local dispón de un único corredor e non ten ancho suficiente para garantir dúas filas
separadas por dous metros, regular a circulación de xeito que non cheguen a cruzarse dúas
persoas. Dependendo da configuración das vías de circulación, se poderán definir e sinalizar
percorridos de sentido único ou sinalizar que sentido de circulación ten preferencia para
evitar cruce de persoas.
- En caso de emerxencia, mantéñense as vías de evacuación establecidas nos plans de
autoprotección.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 12 de 30
d) Utilización de barreiras físicas
- Como medida alternativa ás anteriores poderían utilizarse, caso de considerarse como máis
axeitada á situación, barreiras físicas, como anteparos de material transparente, resistente e
fácil de limpar e desinfectar.
- Puidera ser utilizable esta medida para separación de traballadores/as entre si, entre
traballadores/as e persoal alleo ao lugar de traballo ou en zonas de paso para separación de
sentidos de percorrido.
e) Acceso ao centro
- Cando sexa posible, utilizar portas de entrada e saída independentes, sinalizándoas
convenientemente ao igual que o sentido dos percorridos.
- En todo caso, organizar a entrada e saída de centro e lugar de traballo de xeito que se impida
o cruce de persoas.
- No caso de que a afluencia de persoas así o requira, para evitar aglomeracións, establecer
horarios graduais de entrada e saída ao centro.
- De ser preciso, sinalizar no exterior as marcas necesarias para que as persoas que accedan ao
centro manteñan entre si a distancia de seguridade.
- A distancia de seguridade de dous metros deberá respectarse tamén no caso de acceso ás
instalacións de persoas alleas, como usuarios e subministradores, ou no caso de concorrencia
de actividades con persoal de empresas externas que realicen actividades nas mesmas
instalacións, como limpeza ou mantemento.
- As saídas de emerxencia se deberán seguir utilizando para situacións de evacuación en caso
de emerxencia e manteranse libres de obstáculos.
Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo. Tendo en
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 13 de 30
consideración que o uso de máscara é obrigatorio na vía pública, en espazos ao aire libre e en
calquera espazo pechado de uso público, sempre que non sexa posible manter a distancia de
seguridade de dous metros, para acceder aos centros da USC esixirase levar máscara a toda
persoa allea ao centro.
9. MEDIDAS ESPECÍFICAS ADICIONAIS PARA DETERMINADAS ACTIVIDADES
a) Postos de administración
- Seguir dando prioridade o traballo a distancia e facilitar as reunións por videoconferencia.
- Limitar ao máximo a circulación de documentos en papel.
- Non compartir obxectos nin materiais.
- Lavado/desinfección das mans despois da manipulación de calquera documento, obxecto ou
material recibido.
- Lavado/desinfección das mans antes e despois de utilizar luvas e máscaras.
- Desinfección das superficies e equipos cos que se tivera contacto, ao remate das actividades.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de obxectos.
- Dispoñer de dispensadores de xel hidroalcohólica.
- Utilizar caixas ou bandexas para que os usuarios/as depositen nelas os documentos evitando
así o contacto directo.
- En función das actividades presenciais a realizar en cada centro, determinar: número
imprescindible de persoas que se debe incorporar ao traballo, despachos utilizar e postos de
traballo a ocupar.
- De ser necesario, para diminuír o número de persoas presentes, establecer quendas e horarios
flexibles de xornada de traballo.
- De ser posible, cada despacho será ocupado por unha única persoa.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 14 de 30
- No caso de que o número de traballadores/as presentes poida dificultar manter en todo
momento a distancia de seguridade de dous metros (en despachos, vías de circulación e/ou
espazos comúns), adoptaranse as medidas organizativas enumeradas no apartado 8 desta
Guía.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
b) Atención ao público
- A atención ao público realizarase, preferentemente, de forma telefónica ou telemática.
- De ser necesaria a atención presencial, de ser posible programarase establecendo unha
atención individualizada mediante sistema de citas previas. Neste caso adoptaranse as
seguintes medidas:
• Garantirase que a atención se realice gardando sempre a distancia de seguridade de
dous metros ou a separación do usuario/a mediante interposición de barreira física.
Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade
disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan
espazo.
• Non compartir obxectos ou materiais.
• Lavado e desinfección das mans despois da manipulación de calquera material
recibido.
• Limpeza e desinfección das mans e superficies de traballo despois de atención a cada
persoa citada.
• Non tocar a cara antes de lavar e desinfectar as mans.
- Para os casos nos que non sexa posible a atención telefónica ou telemática nin a atención
individualizada mediante previa cita, teranse en conta as seguintes medidas:
• A atención ao público realizarase mediante portelo. A persoa ou persoas que atendan
ao público protexeranse, preferentemente, mediante colocación de anteparos de
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 15 de 30
metacrilato ou similares. No seu defecto, establecerase o sistema necesario para
garantir a distancia de seguridade de dous metros, por medio de sinalización
horizontal ou instalación de barreiras físicas de separación. Cando non haxa total
convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de máscara
cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
• Non compartir obxectos ou materiais.
• Lavado e desinfección das mans despois da manipulación de calquera material
recibido.
• Limpeza e desinfección das mas e superficies de traballo despois de atención a cada
persoa.
• Non tocar a cara antes de lavar e desinfectar as mans.
• O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir
co requisito de distancia de seguridade de dous metros.
• De ser preciso, habilitaranse mecanismos de control de acceso nas entradas do local
de atención ao público, de xeito que se garante en todo momento a distancia de
seguridade de dous metros.
• De ser preciso, aplicaranse medidas para organizar as persoas que agarden no exterior
do local de atención ao público, debendo gardar todas elas a distancia de seguridade
de dous metros.
• Informarase ao público sobre as medidas organizativas e sobre a obriga de cooperar
no seu cumprimento.
• De ser preciso, para cumprimento destas medidas, ademais da persoa ou persoas que
presten a atención ao público, contarase coa colaboración de persoal para informar e
ordenar a entrada, saída e espera dos usuarios/as.
Tendo en consideración que o uso de máscara é obrigatorio na vía pública, en espazos ao aire
libre e en calquera espazo pechado de uso público, sempre que non sexa posible manter a
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 16 de 30
distancia de seguridade de dous metros, para acceder aos centros da USC esixirase levar máscara
a toda persoa allea ao centro.
c) Servizo Universitario de Residencias
- Para atención ao público, ter en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- Os colexios maiores e as residencias universitarias distribuirán a todos/as os colexiais e
residentes información sobre o COBID-19 e as medidas hixiénicas a ter en conta.
- Os colexios maiores e residencias universitarias pecharán as salas de estudio e outras salas de
uso común que non sexan imprescindibles, como lavandería e algunha cociña.
d) Reunións
- Evitaranse as reunións presenciais, realizándose por videoconferencias.
- Se non fora posible evitar as reunións presenciais, adoptaranse as seguintes medidas:
• Garantir a distancia de seguridade de dous metros.
• Adaptar o aforo para cumprir coa separación de dous metros.
• Cumprir coa distancia de seguridade no acceso e saída á sala de reunións.
• Non compartir obxectos e materiais.
• A sala deberá estar ventilada, limpa e desinfectada con anterioridade á celebración da
reunión.
• Ao finalizar a reunión procederase á limpeza e desinfección da sala.
• Colocar dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada das salas de reunión.
• Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade
disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan
espazo.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 17 de 30
e) Condución de vehículos
- Lavar as mans antes e despois de utilizar o vehículo.
- Os condutores/as que compartan o vehículo con outras persoas deberán levar máscara.
- Tamén levarán máscara o resto dos ocupantes. O vehículo estará provisto dalgunha máscara
por se algún usuario/a non dispuxera dela.
- O vehículo deberá estar provisto de dispensador de xel hidroalcohólico para hixiene das
mans, papel desbotable e papeleira con bolsa de lixo.
- O vehículo deberá ser utilizado en condicións de limpeza e desinfección.
- Unha vez finalizada a limpeza, e despois de quitar a máscara e as luvas, lavar as mans con
auga e xabón.
- Poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos, sempre que utilicen máscara e
respecten a máxima distancia posible entre elas.
- Cando un vehículo sexa compartido por máis dun condutor, unha vez concluído cada servizo,
deberán desinfectarse todos os elementos de condución (volante, cambio de marchas, etc.) e
os picaportes das portas.
f) Bibliotecas
Actividades
- Non se utilizarán ordenadores e catálogos de uso público.
- Cerraranse ao público as coleccións de libre acceso.
- Non se realizarán actividades culturais, de estudo en sala.
- Non estarán permitidas as actividades en grupo.
Tratamento dos fondos
- Someter a corentena os fondos devoltos durante 14 días. Non se desinfectarán libros nin
publicacións en papel.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 18 de 30
- Os fondos en corentena manteranse illados dos demais e separados de zonas de tránsito e de
traballo. Tampouco se trasladarán en ascensores e montacargas.
- Establecer un protocolo de recollida e manipulación de material devolto para garantir a
seguridade do persoal.
- Utilizar contedores específicos para recollida de fondos devoltos.
- Utilizar luvas desbotables para a manipulación dos obxectos e proceder ao posterior
lavado/desinfección de mans despois de cada uso.
- Lavado e desinfección diaria da roupa de traballo, o lavado realizarase a temperatura entre 60
e 90 grados centígrados.
- Se se utilizan carros para traslado de fondos, desinfectaranse unha vez remate o traslado.
Atención a usuarios/as
- Para atención ao público, ter en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- Reducir o aforo para garantir a distancia de seguridade, en todo caso non se superará o trinta
por cento do aforo ordinario.
- Colocar obstáculos que impidan acceso de usuarios/as a zonas non habilitadas para a súa
circulación.
- Utilizar a vía telemática de forma preferente, mediante solicitudes que se atenderán por orde
de recepción.
- O material solicitado estará preparado para recollida polo usuario/a no mostrador de
préstamo.
- Os servizos presenciais solicitaranse mediante sistema de cita previa e serán atendidos por
orde de solicitude.
- Os usuarios/as respectarán en todo momento a distancia de seguridade. Poderá colocarse
sinalización no chan para marcar a distancia e dirixir aos usuarios/as aos postos de atención.
- Poñer a disposición dos usuarios/as dispensadores de xel hidroalcohólico e panos desbotables
en papeleiras de apertura con pedal.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 19 de 30
- Os usuarios/as non deben manipular o material exposto, a busca dos fondos realizaraa o
propio persoal da Biblioteca.
- En caso de préstamo de portátiles o prazo de devolución será de un día. Procederase á súa
desinfección despois da súa devolución.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e materiais.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- Informar a usuarios/as das medidas de prevención fronte ao COVID-19 a respectar dentro
das instalacións e dos protocolos establecidos para prestación de servizos vía telemática.
g) Servizo de correo
- Utilizar luvas desbotables para a manipulación dos obxectos e proceder ao
lavado/desinfección de mans despois de cada uso.
- Utilizar máscara na clasificación do correo para evitar contaminar os obxectos.
- Lavado/desinfección das mans despois da manipulación do correo.
- Ordenar o correo en recipientes separados para cada centro antes da súa distribución.
- Dispoñer de xel hidroalcohólico para desinfección das mans.
- Lavado diario da roupa de traballo a unha temperatura de lavado entre 60 e 90 grados
centígrados.
- Igual sistemática de lavado de sacas portadoras de correspondencia. Como alternativa, en vez
de sacas poderán utilizarse caixas de cartón (para sometelas a un proceso de corentena, pode
utilizarse unha caixa para cada día da semana e centro).
- Cando se realice a carga/descarga de obxectos, depositarase en lugares específicos sen entrar
en contacto con ningunha persoa ou mantendo unha distancia mínima de dous metros.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 20 de 30
- Tanto na entrega e recollida de obxectos como noutras tarefas do posto de traballo, cando
non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan
manter a distancia de seguridade, deberán todas elas utilizar máscara cirúrxica ou hixiénica.
- Utilización de vehículos para traslado do correo
o Poderán desprazarse dúas persoas no vehículo utilizando máscara e respectando a
máxima distancia posible entre elas.
o Lavar as mans antes e despois da utilización do vehículo.
o O vehículo deberá estar provisto de dispensador de xel hidroalcohólico para hixiene
das mans, papel desbotable e papeleira con bolsa de lixo.
o O vehículo deberá ser utilizado en condicións de limpeza e desinfección.
o Unha vez finalizada a limpeza, e despois de quitar a máscara e as luvas, lavar as mans
con auga e xabón.
o Cando un vehículo sexa utilizado por máis dun condutor, unha vez concluído cada
servizo, deberán desinfectarse todos os elementos de condución (volante, cambio de
marchas, etc.) e manillas das portas.
h) Conserxerías
- Serán de aplicación as normas de seguridade internas da USC para as tarefas de conserxería.
- Polo que respecta á atención ao público, será de aplicación o contido no apartado b) deste
punto da Guía.
- Impedir a concentración de persoas nas proximidades e implantar as medidas para
cumprimento da distancia de seguridade de dous metros (punto 8 desta Guía).
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 21 de 30
- Para a carga/descarga de obxectos determinar lugares específicos para depositalos e evitar así
entrar en contacto con outras persoas e manter a distancia de seguridade.
- O mesmo se establecerá para o intercambio de documentación, podendo habilitar a tal efecto
caixas ou bandexas.
- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan
manter a distancia de seguridade, deberan utilizar todas elas máscara cirúrxica ou hixiénica.
- Non compartir ferramentas, mobiliario, materiais ou obxectos.
- De existir material de uso común, limpalos antes e despois do seu uso.
- Utilizaranse luvas desbotables para a manipulación dos obxectos e procederase ao
lavado/desinfección de mans despois de cada uso.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e ferramentas.
- Definir unha zona de espera para persoal de empresas externas, usuarios/as e visitas.
i) Actividades de mantemento (Infraestruturas)
- Serán de utilización os equipos de protección individual e as normas de seguridade internas
da USC correspondente a actividade realizada.
- Utilizaranse os aseos e vestiarios de acordo co establecido nos puntos correspondentes desta
Guía.
- Organizarase o traballo de forma que se poida manter a distancia de seguridade de dous
metros.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- As tarefas que deban realizarse en colaboración entre varias persoas, que impidan manter a
distancia de seguridade, deberán realizarse utilizando todas elas máscara cirúrxica ou hixiénica.
- Evitar compartir ferramentas e outros equipos de traballo.
- No caso do material de uso común, limpalos antes e despois do seu uso.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 22 de 30
- Ao finalizar a actividade desinfectaranse todas as superficies e dispositivos susceptibles de
ser manipulados.
- Esta desinfección levarase a cabo entre quendas, ou cambio de usuario/a cando o uso de
ferramentas e equipos de traballo sexa compartido.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e ferramentas.
- Levar sempre xel desinfectante e panos que se poidan desbotar.
- Lavado diario da roupa de traballo, a temperatura de lavado de entre 60 e 90 grados
centígrados.
- Cando se utilicen vehículos para traslado de persoas ou material, seguiranse as indicacións
do apartado e) do presente punto desta Guía.
j) Laboratorios
- Serán de utilización os equipos de protección individual correspondente a actividade
realizada e serán de obrigada observación as normas de seguridade para traballos en
laboratorios da USC.
- Non compartir material de laboratorio como pinzas, espátulas, ou outro material calquera.
- No caso de contar con material de uso común, limpalo antes e despois do seu uso.
- Desinfectar o material unha vez finalizado o seu uso.
- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan
manter a distancia de seguridade, deberán realizarse utilizando todas elas máscara cirúrxica ou
hixiénica.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente á entrada e saída do
laboratorio, antes e despois de poñer as luvas e as máscaras e antes e despois do uso de
equipos e ferramentas.
- Impedir o acceso ao interior do laboratorio ás persoas alleas ao mesmo.
- As mostras depositaranse en caixas habilitadas a tal efecto evitando contacto con usuarios/as.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 23 de 30
- Lavar as mans antes e despois de manipular as mostras.
k) Actividades culturais
Agrúpanse no presente apartado as seguintes actividades: asistencia a actos e espectáculos
culturais, celebración de congresos, seminarios e conferencias e visitas a exposicións, centros e
museos. En xeral, para calquera destas actividades cumpriranse as seguintes medidas:
- Para a atención ao público teranse en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- Deberase expoñer ao público o aforo máximo permitido e este non superará a terceira parte
do aforo ordinario.
- En todo momento manterase a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.
- Evitar aglomeracións na entrada e saída e dentro do recinto.
- Ordenarase a circulación e os itinerarios de forma que se manteña sempre a distancia de
seguridade de dous metros.
- Poderase ordenar a entrada e a circulación das persoas sinalizando o chan con marcas para o
distanciamento.
- A apertura das portas realizarase coa antelación suficiente para permitir un acceso gradual.
Tamén se garantirá que a saída sexa gradual evitando o contacto entre persoas.
- Non se poñerán a disposición dos usuarios/as guías, folletos, programas nin calquera outro
documento en papel.
- Non se prestarán servizos complementarios como o gardarroupa.
- Poñeranse a disposición dos usuarios/as, á entrada e á saída, dispensadores de xel
hidroalcohólico.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- Informarase aos usuarios/as sobre as medidas de prevención fronte ao COVID-19 que deben
observar, moi especialmente as medidas de hixiene e a obriga de manter a distancia de
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 24 de 30
seguridade entre persoas. A tal efecto, poderanse colocar carteis ou utilizar a megafonía en
caso de contar con ela.
Para o caso específico de actos e espectáculos culturais:
- En espazos pechados, o número de asistentes non poderá ser superior a 50 persoas. Todos
os/as asistentes deberán estar sentados e contar con asento previamente asignado.
- Ao aire libre, os/as asistentes non poderán superar o número de 400 persoas, que
permanecerán sentadas e gardando a distancia de seguridade.
- De ser o caso, inhabilitaranse as butacas que non cumpran coa distancia de seguridade e
evitarase, na medida do posible, o paso de persoas entre filas para respectar a distancia de
seguridade.
Para o caso específico de congresos, seminarios e conferencias:
- Fomentarase a participación non presencial das persoas que poidan prestar a súa actividade a
distancia.
- En ningún caso se superará a cifra de cincuenta asistentes.
Para o caso específico de visitas a centros, exposición ou museos:
- Só se permiten as visitas, non podendo realizarse ningunha actividade cultural ou didáctica.
- As visitas serán individuais ou de unidades familiares.
- Non se fará uso táctil de ningún elemento presente no recinto.
l) Actividades deportivas
- Para a atención ao público teranse en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 25 de 30
- As tarefas que deban realizarse en colaboración entre varios traballadores/as, que impidan manter
a distancia de seguridade, deberán realizarse utilizando todos/as eles máscara cirúrxica ou
hixiénica
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- As actividades deportivas desenvolveranse cumprindo estritamente as medidas de prevención
establecidas fronte ao COVID-19, moi especialmente as relativas á hixiene e á obriga de
manter a distancia de seguridade entre persoas de dous metros.
- Se requirirá cita previa para acceso ás instalacións deportivas, determinando horarios e tempo
máximo de permanencia.
- Ordenarase o acceso ás instalacións, saídas e circulación interior de forma que se manteña a
distancia de seguridade de dous metros.
- Os usuarios/as non poderán compartir ningún material de uso individual.
- Limparase e desinfectarase o material de uso común que fora utilizado.
- Non se realizarán actividades deportivas que impliquen contacto físico.
- Nas instalacións cubertas se respectará o límite do trinta por cento de capacidade de aforo da
instalación, tanto polo que se refire ao acceso como á práctica deportiva.
- Poñeranse a disposición dos usuarios/as dispensadores de xel hidroalcohólico e panos
desbotables en papeleiras de apertura con pedal.
- Se informará aos usuarios/as, mediante carteis, sobre as medidas de prevención fronte ao
COVID-19 que deben observar.
Medidas adicionais para utilización da piscina:
- Antes da posta en funcionamento procederase á limpeza e desinfección das instalacións.
Unha vez posta en funcionamento, a limpeza e desinfección das instalacións será diaria e tres
veces ao día as superficies de contacto frecuente coas mans dos usuarios/as.
- Tamén se limparán e desinfectarán os equipos e materiais que poidan entrar en contacto cos
usuarios/as: vaso, liñas de separación, etc.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 26 de 30
- Se asegurará que as instalacións e a auga do vaso estean libres de microorganismos
patóxenos.
- Non se poderán usar as duchas dos vestiarios.
10. COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS
En relación con empresas externas que realicen actividade en centros e instalacións da USC:
- Deberá eliminarse, na medida do posible a presenza de provedores, visitas e outras persoas non
imprescindibles para o mantemento da actividade.
- Asegurar o intercambio coas empresas externas de información das normas de prevención e
incidencias en relación coa COVID-19.
- Asegurar que as empresas externas coñezan as normas da USC para os centros de traballo nos
que realicen a súa actividade.
- Ter en conta a presenza de persoal de empresas externas en centros da USC para a aplicación das
medidas para asegurar a distancia de seguridade de dous metros. Esta mesma consideración se
terá en conta no caso dos usuarios/as.
No caso de que persoal da USC realice actividades laborais en empresas externas:
- Os lugares de traballo aos que se despracen deberán contar coas condición hixiénicas e de
distanciamento entre persoas requiridas para evitar a propagación da COVID-19.
- No caso de que a empresa externa non as proporcionara de antemán, deberán requirírselle as
normas coas que conte para control da infección por COVID-19.
- De ser preciso, dadas as característica do traballo e do desprazamento, se deberá proporcionar aos
traballadores/as que se despracen material desinfectante.
- Igualmente se deberá proporcionar aos traballadores/as que se despracen os equipos de
protección (máscaras e luvas de protección) que precisen.
- Os traballadores/as da USC que realicen actividades en empresas externas terán acceso ás
actividades formativas que se impartan en relación coa COVID-19.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 27 de 30
- Aos traballadores/as da USC que de despracen se lles deberá proporcionar as normas de
protección fronte á COVID-19.
11. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
De forma xeral, sendo de aplicación esta Guía en postos de traballo de baixa probabilidade de
exposición, Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade
disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
Procedería o uso de máscara FFP2 ou FFP3 UNE-EN149, sen válvula de exhalación, naquelas
actividades nas que, ademais de existir a posibilidade de non manter en todo momento a
distancia de seguridade, puidera darse a circunstancia de concorrer con outras persoas
desprovistas de equipos de protección respiratoria.
No caso de postos de traballo que, en relación co COVID-19, se consideren de exposición de
risco ou de exposición de baixo risco, as avaliacións de riscos específicas que se realicen
determinarán os equipos de protección individual a utilizar.
Se as actividades realizadas poidan xerar bioaerosoles en concentracións elevadas, utilizaranse
máscara FFP2 ou FFP3 UNE-EN149 sen válvula de exhalación.
Se así o determinara a valoración do Servizo de Vixilancia da Saúde, para protección do persoal
especialmente sensible facilitarase protección respiratoria FFP2 UNE-EN149 sen válvula de
exhalación e luvas de protección UNE-EN ISO374.5.
Para evitar contaxios, os casos posibles, probables ou confirmados de COVID-19 deben levar,
preferentemente, máscara cirúrxica (UNE-EN 14683:2019+AC:2019).
No caso de uso de máscara deben seguirse as seguintes pautas:
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 28 de 30
- Antes de poñela, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante de base alcohólica.
- Cubrir a boca e a nariz asegurándose de que non haxa espazos entre a cara e a máscara.
- Evitar tocar a máscara mentres se usa.
- Quitala por detrás, sen tocar a parte dianteira.
- Depositala nos contedores habilitados para recollida de material desbotable.
- Despois de tirala, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante de base de alcohólica.
- Se fora reutilizable, limpala e desinfectala seguindo as recomendacións do fabricante
No caso de uso de luvas de protección debe terse en consideración:
- Despois de cada utilización deben quitarse, evitando tocar a súa parte externa e depositarse no
contedor habilitado para material desbotable.
- Mentres se estean utilizando hai que se conscientes de que, aínda que nos protexan a pel das
mans, podemos estar trasladando igualmente a contaminación desde as superficies posiblemente
contaminadas a outras ás que toquemos coas luvas.
- Se se utilizan luvas durante tempo prolongado, e realizando distintas tarefas e tocando distintos
obxectos e superficies, habería que lavar as mans como se non se levaran luvas.
- Hai que lavar/desinfectar as mans despois de desbotar as luvas.
12. PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE
Considéranse persoas vulnerables (especialmente sensibles a efectos de prevención de riscos
laborais) aquelas con enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar
crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento
activo, enfermidade hepática crónica severa, obesidade mórbida IMC>40, embarazo e maiores
de 60 anos. O traballador/a que pertenza a un deses colectivos deberá poñerse en contacto co
Servizo de Vixilancia da Saúde por correo electrónico (Lugo: [email protected] ,
Santiago: angeles.tallon@usc ) ou de xeito telefónico nos seguintes números: Santiago: 881
814520 (Extensións 14520 e 33331) Lugo: 982 822 444 (Extensións 22444 e 22446).
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 29 de 30
Estas persoas poderán estar activas se están controladas as súas condicións clínicas e coas
debidas medidas de protección, correspondendo ao Servizo de Vixilancia da Saúde avaliar a
presenza de persoal da USC especialmente sensible en relación coa infección por SARS-CoV-2,
establecer a natureza de especial sensibilidade e emitir informe sobre as medidas de prevención,
adaptación e protección, tendo en conta a existencia ou inexistencia de condicións que permitan
realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde do traballador/a.
13. ACTUACIÓN EN CASO DE QUE UN TRABALLADOR/A PRESENTE SÍNTOMAS
Se alguén do centro presenta síntomas como febre, tose e dificultade respiratoria, chamar ao 061
ou ao 900 400 116, seguir as instrucións das autoridades sanitarias e notificalo á USC a través
do correo electrónico [email protected] . COVID-19 é unha enfermidade que se debe
declarar obrigatoriamente ás autoridades sanitarias. Se se ten algunha dúbida ou sospeita pódese
consultar a información facilitada polo servizo de saúde: https://coronavirus.sergas.es/
Cando un traballador/a empece a presentar síntomas deberá comunicalo de forma inmediata ao
seu superior. Á persoa afectada se lle colocará máscara cirúrxica y se situará nunha zona illada das
demais persoas. As demais persoas presentes no lugar de traballo tamén utilizarán protección
respiratoria. Unha vez evacuada a persoa sintomática procederase á limpeza da súa zona de traballo:
superficies, máquinas, ferramentas, obxectos ou dispositivos.
O Servizo de Vixilancia da Saúde será o encargado de establecer os mecanismos para a
detección investigación e seguimento dos casos e contactos estreitos, no ámbito das súas
competencias, de forma coordinada coas autoridades de saúde pública
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 9
Data: 25/05/20
Páxina 30 de 30
14. AO SAÍR DO TRABALLO
- Gardar as distancias de seguridade na volta aos domicilios.
- Gardar as distancias e as medidas de prevención de contaxios e hixiene na súa casa, sobre
todo se conviven con persoas vulnerables.
15. MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O COVID-19
Pode accederse á información dos ministerios de Educación e de Sanidade, da Consellería de
Sanidade, así como á información dos organismos internacionais de relevancia contrastada como
a Organización Mundial da Saúde, os centros de control e prevención de enfermidades e outros:
Información sobre o COVID-19 .