Hojas para a3 (1)

40
Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades 1 Rede Museística > Museo Provincial do Mar 1 UN MUSEO PARA TODOS ENTRE TODOS “OS FACEDORES DE MUNDOS” San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a novos horizontes, incertos mais tamén esperanzadores. San Cibrao foi berce de facedores de barcos e de homes afoutados, que a bordo deles peneiraron o mar para sacar del os seus froitos e foron quen de navegar ata lonxanos mundos. Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias senlleiras que forxan o espírito dun pobo. Historias para ser contadas... O noso Museo do Mar é o seu mellor narrador. Non en van, desde hai máis de corenta anos, este museo, que nunca deixou de ser escola, lévanos da man polo ronsel de pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de mundos. Levamos áncoras!....sexan todos benvidos a esta a súa casa. Rede Museística > Museo Provincial do Mar

description

Gracias Silvia Fiallega, Gracias Amelia Pernas, Gracias Cristina Barreiro, Gracias Ana Ferro, Gracias Francisca Abuin,

Transcript of Hojas para a3 (1)

Page 1: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

1

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

1

UN MUSEO PARA TODOS ENTRE TODOS“OS FACEDORES DE MUNDOS”

San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a novos horizontes, incertos mais tamén esperanzadores.

San Cibrao foi berce de facedores de barcos e de homes afoutados, que a bordo deles peneiraron o mar para sacar del os seus froitos e foron quen de navegar ata lonxanos mundos.

Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias senlleiras que forxan o espírito dun pobo. Historias para ser contadas...

O noso Museo do Mar é o seu mellor narrador. Non en van, desde hai máis de corenta anos, este museo, que nunca deixou de ser escola, lévanos da man polo ronsel de pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de mundos.

Levamos áncoras!....sexan todos benvidos a esta a súa casa.

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Page 2: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

2

SECCIÓNS:

O museo organízase en un vestíbulo e catro salas, que conteñen sete seccións temáticas. O percorrido será accesible en cada sección. Haberá un plano en relevo e marcas polo chan para mellorar o itinerario e a accesibilidade. Na sala disfrutarán dunha ampla oferta de pezas orixinais, maquetas e laminas en relevo para tocar en cada unha das seccións. Asimesmo, contaremos con textos impresos adaptados: cartelas, follas de sala, e informacións complementarias en braille, macrocaracteres, folletos en distintas linguas, Información traducida a pictogramas, ipod LSE signoguías(lingua de signos) e implantación futura de Puntos de Información Multimedia, audioguías adaptadas con información narrativa, outros recursos sonoros e visitas telefónicas adaptadas.

ENTRADA E SALA 1:0. A ESCOLA: Un museo para todos entre todos. O LATEXO DO MUSEO: motores do barco e arquivo fotográfico.

SALA 2:1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO.2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS EN SAN CIBRAO.3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO Ó NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica.

SALA TRES:4. OS OFICIOS DO MAR.5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E APARELLOS DE PESCA.6. A VIDA MARIÑA, ALGO MÁIS CA PEIXES.

SALA CATRO:7. OS CAZADORES DE BALEAS.

Page 3: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

3

O MUSEO QUE QUEREMOS

Nos últimos vinte anos vense desenvolvendo no ámbito dos museos a “Nova Museoloxía”, unha corrente que busca a democratización dos valores e dos productos culturais, é dicir, busca o xeito de acercar a cultura a toda a sociedade, independentemente do nivel cultural que posúa ou do estrato social do que proveña. É por isto, que moitos museos desprazaron o seu eixo de acción do obxecto ó visitante, pero, como di o profesor Espinosa, “non a tódolos visitantes”. Este tipo de museoloxía acostuma a esquecer a unha parte importante da nosa sociedade, a formada por aquelas persoas que presentan algún tipo de discapacidade que lles impide gozar con plenitude e en igualdade de condicións, desta experiencia cultural. Poucos son os museos que, hoxe en día, pensan na accesibilidade integral como unha prioridade

á hora de investir nas súas novas montaxes.

A Rede Museística Provincial de Lugo leva máis de dez anos loitando por facer accesibles os seus museos ó público discapacitado. O noso obxectivo é retirar o adxectivo excepcional na aplicación da accesibilidade, e facer dela un factor común a ter en conta na planificación de calquera acción social e cultural.

A cultura é unha experiencia interactiva, nosoutros facemos cultura, e o museo e un instrumento de mediación que ten a responsabilidade de comunicar, de establecer un diálogo co público. Así pois, o novo proxecto deseñado para o Museo Provincial do Mar de San Cibrao pretende seguir esta filosofía e converterse nun modelo de museo aberto a tódolos sentidos, inclusivo, con atención plena á diversidade, que sexa capaz de achegar a súa mensaxe e facer partícipe da súa actividade a tódolos seus visitantes.

Page 4: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

4

A aplicación práctica do Deseño Universal ao Proxecto museolóxico e museográfico facemola dende a concepción da mensaxe global a organización espacio-temporal, integrando os diferentes linguaxes sensoriais (visuais,orais, táctiles, cenestésicos) de forma que, tanto a lexibilidade como a motivación, a interactividade e a compresión adquira o máis alto grao de accesibilidade global.

Para o novo proxecto contamos co asesoramento de persoas e asociacións vencelladas coa discapacidade, mais tamén coa total implicación dos veciños de San Cibrao, da Mariña e persoal da Rede de Museos. Quixemos que aqueles que fixeron e fan posible o museo, fosen partícipes activos do novo proxecto, contando coa súa colaboración e opinión.

Xa que a singularidade do Museo de San Cibrao devén do sentir especial que desprende, máis alá das propias funcións que como institución cultural lle

corresponden. Desde o seu nacemento como escola, sempre existiu unha fonda implicación social coa institución. Isto mesmo foi o que fixo da institución o primeiro museo do mar de Galicia de carácter público. Compatibilizou durante anos as súas funcións como escola, durante o inverno, e museo polo verán (1969-1988).

O museo constitúe unha icona para a comarca e sobre todo para o pobo de San Cibrao, do que constitúe un elemento esencial da súa identidade.

Page 5: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

5

Por todo o dito, queremos:

Un MUSEO DIDÁCTICO: un museo que debe seguir sendo unha escola, un instrumento para a aprendizaxe e a educación social, un medio para o intercambio recíproco de coñecemento, depositario non só de obxectos sen vida, senón do patrimonio inmaterial, da memoria histórica e das lembranzas que constitúen a identidade dun pobo.

Un MUSEO ADAPTADO: un museo accesible, tanto no discurso como na montaxe expositiva.

Un MUSEO SOCIAL e SOLIDARIO, que estableza un diálogo permanente co seu entorno; un MUSEO DENTRO-FÓRA, que extenda a súa acción fóra dos seus muros e estableza unha conexión viva do museo coa súa orixe sociocomunitaria.

Un MUSEO INTERACTIVO E DINÁMICO, en constante evolución e en continua

construcción, que xenere unha

sinerxia positiva que faga del o centro gravitacional de novas accións. As novas tecnoloxías de comunciación aportarán unha maior fluidez á conexión do museo co público e ampliará de xeito ilimitado o seu ámbito de acción.

Un MUSEO DO FUTURO: un museo cércano, pero aberto ó mundo. Queremos un museo vivo, humano, un museo no que, en palabras de Georges Henri Riviere, “o éxito non se mida polo número de visitantes que recibe, senón polo número de visitantes ós que ensinou algunha cousa”.

Page 6: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

6

ENTRADA E SALA 1

> Folla de Sala. Sección 0. A escola. Un museo de todos, para todos.Este edificio naceu para ser escola de San Cibrao no ano 1931, por desexo de D. José Mª Montenegro e da súa muller Dna. Manuela Goñi Maíste, emigrantes na Arxentina. A súa doazón (60.000 pesetas) permitiu construír un edificio de pedra de granito, dividida en dúas alas, unha para a escola masculina e outra para a feminina.

A distribución do edificio ven determinada polos seus usos como escola mixta. Tiña dúas portas na fachada que daban acceso, cadansúa, a dada unha das aulas. En cada aula existía unha porta traseira pola que se saía ós patios de recreo, dividios por un muro que separaba o dos nenos e o das nenas.

No anos sesenta, o mestre, D. Francisco M. Rivera Casas, e 34 dos seus alumnos

convertiron as “Escolas Vellas” nun museo. En 1969 por iniciativa de Alfredo Sanchez Carro a Deputación de Lugo acordou en pleno crear o museo. Entre todos iniciaron un importante traballo de recompilación de obxectos mariños, que hoxe constitúen unha parte esencial dos fondos cos que actualmente conta a colección do Museo do Mar. Esta labor contou, desde a súa xénese, coa plena complicidade da sociedade, interesada en preservar o seu tradicional vencello co mar.

No ano 1994 trasladouse aiquí a sección de Naútica do Museo Provincial de Lugo, sendo a súa dirección quen coordinou xunto ós veciños a montaxe,como museo inaugurouse o 12 de agosto de 1994. O museo estivo xestionado pola Asociación de Veciños “Cruz da Venta” dende 1994 ata o 2004. A Deputación Provincial de Lugo, a través da xerencia da Rede, tomou o relevo na dirección do

Page 7: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

7

mesmo no 2004.No exercicio desta responsabilidade, a rede de Museos iniciou un proceso de reflexión e estudo sobre a identidade do museo como institución pública que, ademais de cumprir as funcións co identifican: conservación, adquisición,documentación, investigación e difusión, adquiriu un novo perfil que o converteu nun referente cultural de primeira orde na sociedade actual. Hoxe, é un dos catro museos que conforman a Rede Museística Provincial hoxe é un Museo de todos entre todos.

O latexo do museo:No espazo contiguo, o motor a vapor simboliza o corazón do museo, o latexo rexenerador que enche de vida os rincóns da memoria e nos empurra cara adiante. Neste espazo, os medios audiovisuais serven de canle de comunicación entre o museo e os seus visitantes. Vaia a ser o noso diario de a bordo, onde se recollen as

testemuñas gráficas da nosa memoria histórica e se logra humanizar os obxectos que compoñen a colección.

Page 8: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

8

SALA 2

1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO.

2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS EN SAN CIBRAO

3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO Ó NORTE

Como fío conductor desta sala empregamos a sección da carpintería de ribeira en San Cibrao e as tipoloxías constructivas máis comúns que saíron dos seus asteleiros, exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos expostos, réplicas a escala de navíos que tiveron especial relevancia na historia de San Cibrao, como foron o Paca Gómez, O Industrial ou a goleta Sargadelos. (Seccións 1 e 2). Na sección 3, A ARTE DE MAREAR: MIRANDO Ó NORTE, agruparemos os instrumentos de navegación ou instrumentos náuticos, esenciais para entender a

evolución da navegación e a magnitude das súas conquistas, que levaron ó home a descubrir novas terras e a ampliar os seus horizontes, tanto os xeográficos como os intelectuais.

Asimesmo, incluímos os fanais e luces de posicionamento dos barcos como elementos significativos para a navegación, cuxa función é a de marcar a a ubicación do barco e avisar das manobras durante a marcha.

Reservamos un lugar especial para as pezas procedentes de rescates subacuáticos, como é o caso dos restos do naufraxio da fragata Magdalena e do bergantín Palomo, ocorrido na Ría de Viveiro alá polo ano 1810.

Page 9: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

9

> Folla de Sala. Sección 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO.San Cibrao conta desde antigo cunha longa estirpe de facedores de barcos. Na “Geografía del Reino de Galicia” (1933), afirma que no s. XIV xa se construían carabelas nas súas ribeiras.

A puxanza definitiva da construcción naval en San Cibrao veu da man do nacemento do complexo industrial de Sargadelos a finais do s. XVIII. A raíz do incremento do fluxo comercial, tamén aumentou a demanda de construcción de barcos de cabotaxe para o transporte das manufacturas e materias primas que demandaba a fábrica. Deste xeito, nos asteleiros da vila comezaron a construírse embarcacións a vela de grande porte para as rutas máis longas, principalmente goletas e bergantíns (e variantes mixtas de ámbalas dúas), como por exemplo a goleta Sargadelos;

e embarcacións con menor capacidade de carga, coma quechemaríns, faluchos ou pataches, para desprazamentos de menor entidade.

Para a pesca facíanse grandes embarcacións de remo, coma os traiñóns ou as chalupas, que se empregaban tanto para a caza da balea coma para a pesca da sardiña.

Os carpinteiros de ribeira buscaban nas fragas ás árbores que máis se axeitaban ós moldes das pezas do barco. Empregábase principalmente a madeira de carballo, máis resistente, para o esquelete do barco (a quilla e as cuadernas), e a de piñeiro ou eucalipto, pola súa flexibilidade, para os banzos do casco. Tradicionalmente, a tala da madeira producíase nos meses de outono ou inverno, coa lúa en cuarto menguante e ó solpor, que é cando a actividade vexetativa das árbores é menor (teñen menos savia), para facilitar o curado da madeira e evitar que podrecera.

Page 10: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

10

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

11

Para a tala empregábanse ferramentas como a machada, o tronzador, a serra de aire, ou a braceira ou portuguesa. Para serrar as pezas usaban a serras, serruchos (de costela, de punta), o serrucho de costela ou cotilla. Para desbastar e alisar a madeira tiñan ferramentas de corte, ben con folla guiada ou libre: cepillo, garlopa, gullame, xunteira ou rebaixador, acanalador, machihembra, cepillo de moldura, cepillo de voltas, aixolas, formóns ou trenchas, gubias,... Para medir: metro, escuadras, compás, gramil,... Para golpear ou extraer: martelo, mazas, tenazas,... Os berbiquís e os barrenos para furar. Para apretar ou suxeitar, tiñan o barrilete, o gato ou parafuso, as prensas, os sarxentos ou sarxentas...

Unha vez rematado o casco comezaba as labores de calafateado, que consistían en introducir entre os banzos da parte sumerxida do casco (obra viva) cordóns

de estopa impregnados en

brea, para impermeabilizar a embarcación.

Os paus, o velame e o resto do aparello, armábase despois da botadura, co casco xa a flote.

A vela foi substituída progresivamente pola máquina de vapor, e esta polo motor de explosión ou diésel.

A introducción do ferro para a construcción de barcos de carga de maior tonelaxe, conduciu ó declive das carpinterías, cuxa actividade se viu reducida á construcción de pequenas embarcacións de pesca e á realización de reparacións.

Tiveron unha nova época de esplendor na década dos 60 do século XX, coa eclosión da pesca do bonito.

Page 11: Hojas para a3 (1)

Page 12: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

12

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

13

> Folla de Sala. Sección 2.TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS EN SAN CIBRAO.

BRICBARCA:Barco de tres ou máis paus, que aparella velas cuadras en tódolos paus excepto no último, que arbola velas de coitelo, xeralmente cangrexas.

!

BERGANTÍN:Buque normalmente de 2 paus, con todo o seu aparello formado por velas cuadras. Caracterizouse pola súa capacidade de desplazamento, gracias á grande superficie vélica que era capaz de desplegar. Eran moi veloces e manobrables.

!

Unha variante do bergantín é o bergantín redondo, que porta 2 paus que arbola velas cuadras no trinquete e no pau maior. Tamén dispón dunha vela cangrexa, ou escandalosa (maricangalla).

!

BERGANTÍN – GOLETA:Navío de 2 ou máis paus que leva un velame mixto entre o de bergantín e o de goleta. Aparexa velas cuadras soamente no trinquete e velas de coitelo, xeneralmente cangrexas e escandalosas, no resto.

!

Page 13: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

13

GOLETA:Polo regular, tiña 2 ou máis paus da mesma altura e soe aparellar únicamente velame de coitelo.

!Xurde no s. XVIII. É capaz de acadar grande velocidade. O aparello de coitelo require menos persoal para a manobra. Soen ser de menor desprazamento cós bergantíns.

!

Variantes da goleta son:

Goleta de velacho:Identifícanse como goletas de velacho aquelas que teñen unha vela cuadra no trinquete. Este elemento dálle máis potencia cando o vento sopra de popa.

!

Goleta de gavias:É a que aparella gavias (velas cuadras) na parte alta do pau maior.

!

QUECHEMARÍN:Embarcación de pouco porte. Ten dous paus arbolados con velas ó tercio, un pequeno pau de mesana a popa, cun botalón a proa no que se largan foques, e gavias volantes para largan cando sopran ventos froxos.

Page 14: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

14

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

15

PAILEBOTE: O seu nome provén de “pilot boat” ou barco do piloto ou práctico dos portos da costa leste dos USA. O seu aparello adoita ser de goleta, con aparello de cangrexas, escandalosas e foques. Xeneralizouse o seu uso no Mediterráneo como barco de comercio.

A axilidade deste tipo de embarcación, fixo que fose unha das favoritas para o corso durante os períodos de guerra con Inglaterra.

FALUCHOS:

Embarcación de orixe mediterránea, que se usaba principalmente para o cabotaxe, aínda que tamén se empregou para a pesca. Caracterizábase pola súa lixeireza de porte. Armaba dous paus, aparellados con dúas grandes velas latinas (triangulares). Portaba un largo botalón en proa a modo de bauprés, no que largaba un gran foque.

Page 15: Hojas para a3 (1)

Page 16: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

16

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

17

Page 17: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

17

GLOSARIO MARIÑEIRO PARA PRINCIPIANTES:

!Proa: parte dianteira do barco.

Popa: parte traseira do barco.

Babor: situándonos de cara á proa, parte esquerda do barco.

Estribor: situándonos de cara á proa, parte dereita do barco.

Costados: son os dous lados do casco.

Amuras: partes curvadas dos costados que converxen para formar a proa.

Aletas: partes curvadas dos costados que converxen formando a popa.

Obra viva ou carena: parte do casco que está somerxida.

Obra morta: é a parte do barco que está por riba da auga.

Liña de flotación: é a liña que separa a obra viva da obra morta, é dicir ven determinada polo nivel da auga respecto do casco.

Page 18: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

18

DIMENSIÓNS DUN BARCO:Eslora: lonxitude do barco tomada desde a proa ata a popa.

Manga: anchura máxima do barco, de babor a estribor.

Puntal: altura do buque desde a quilla ata a parte superior da liña de cuberta.

Calado: distancia vertical entre a quilla e a liña de flotación. Medida da parte somerxida do barco.

PARTES DO BARCO:O aparello: nun barco de vela o aparello está constituido polo conxunto que forman a arboladura, a xarcia e as velas:

Arboladura: está formada polos paus e perchas do barco, que serven para suxeitar e manobrar as velas.

Os paus: cada un dos mastros que serven para soster as perchas utilizadas para largar as velas ou, directamente, as velas mesmas. Os paus principais dun barco acostuman

a ser, de proa a popa: trinquete, maior e mesana.

Trinquete: pau máis próximo á proa.

Maior: é o pau principal do barco, o de maior altura.

Mesana: pau máis próximo á popa:

Bauprés: pau sobresae do casco como unha prolongación da proa e se coloca horizontalmente respecto desta.

Cofa: Meseta colocada horizontalmente no alto dun pau para facilitar a manobra das velas altas e situar los vixías.

Xarcia: conxunto de cabos que serven para suxeitar ou para manobrar a arboladura e o velamen. Distínguese entre a xarcia firme, que son aqueles cabos fixos que serven para suxeitar ou soster os paus, e a xarcia de labor, e a xarcia de labor, composta polos cabos que se empreñan para izar, arriar ou orientar o aparello.

Velas: son pezas de pano, que suxeitas a un pau ou percha,

Page 19: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

19

reciben o vento que permite propulsar a embarcación. Podemos dividir os tipos de vela en dous grandes conxuntos:

As velas cuadras, aparello redondo ou en cruz, que se dispoñen de babor a estribor; e o aparello áurico ou velas de coitelo, que se dispoñen de xeito lonxitudinal, de proa a popa.

PARTES DO CASCO:

!Casco: corpo do barco sen contar a súa arboladura.

Quilla: peza principal da estructura do casco, situada

lonxitudinalmente na súa parte. Constitúe a columna vertebral do barco.

Cuadernas: son como as costelas do barco. Teñen forma de U ou de V, e colócanse simétricamente a ámbolos lados da quilla e rematan na parte alta del costado, dándolle forma e resistencia ó casco. Sobre elas crávanse os banzos do forro.

Baos: reforzos transversales que unen as cuadernas pola parte superior, de babor a estribor, e serven de soporte para as cubertas.

Page 20: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

20

Forro: Revestimento do casco. Tablóns ou banzos, que se clavan sobre as cuadernas.

Mamparos: Son os tabiques que dividen o interior do barco.

Borda: Canto superior do costado que sobresae da cuberta.

Temón: pala giratoria instalada na popa nun eixo vertical, unida a un mecanismo en cuberta (desde o s. XVIII, a roda do temón), que permite marcar a dirección do barco.

Page 21: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

21

> Folla de Sala. Sección 3.A “arte de marear”: mirando ó Norte. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica.

O dominio do mar supuxo unha ruptura irrevogable na concepción do mundo, tanto dende o punto de vista da razón como da fe.

Nos albores da Idade media, o mundo da navegación constituía unha verdadeira arte, a “arte de marear”. Desde a introducción da agulla náutica ou agulla de marear1 no s.XIII, o método empregado foi a navegación a estima, que tomaba como únicos parámetros de referencia o rumbo e a velocidade para determinar a posición aproximada do barco no mar. A velocidade medíase coa corredera, que consistía nunha táboa unida a unha corda de nos, atados a intervalos regulares. Cada certas horas, o piloto botábaa á auga pola popa e deixaba correr a corda durante o tempo

1. Sempre sinala o N magnético da Terra.

que marcada a ampolleta ou reloxo de area (uns 30 segundos), para logo contar os nós (millas2 / hora) e calcular a distancia percorrida. Estas medicións eran trasladadas os portulanos ou cartas portulanas, predecesores das actuais cartas náuticas, e que se empregaron ata os ss. XVI e XVII. Sobre elas viñan trazadas unha rede de liñas, que a semellanza da rosa dos ventos do compás, indicaban os rumbos máis axeitados a seguir durante a navegación. Os rumbos calculábanse a ollo, polo que era habitual acumular erros, que na navegación se traducían en millas de máis.

A principios do s. XIV, a combinación da agulla magnética coa rosa dos ventos3 da lugar ó compás náutico, instrumento esencial para a navegación ata case os nosos días. O conxunto completarase coa bitácora,

2. Milla náutica = 1852 m.3. Disco no que viñan marcados os 32 rumbos, cuartas ou ventos, posibles na navegación.

Page 22: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

22

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

23

cuia finalidade inicial era a de protexer o compás das condicións adversas e proporcionarlle estabilidade para facilitar a lectura dos rumbos.

O s.XVI constitúe o punto de inflexión na historia da navegación. Comeza a Idade de Ouro dos descubrimentos. As grandes potencias do momento, inician unha carreira sen tregua na procura de novos territorios. A necesidade de consolidar o control sobre estas posesións e de establecer unha comunicación fluída con elas, vai a ser o revulsivo que os vai a levar a investir grande parte dos seus esforzos na investigación de novas técnicas e instrumentos de navegación, máis eficientes e exactos cós anteriores. Deste xeito prodúcese a transición á navegación astronómica, que se basea na observación directa da posición dos astros en relación coa superficie terrestre para determinar con precisión as coordenadas (lonxitude

e latitude) que permiten

establecer a situación do barco nas navegacións de altura, nas que a costa non pode ser un punto de referencia fiable.

Prodúcese a mellora de instrumentos xa coñecidos na época medieval, como o astrolabio, a ballestilla ou o cuadrante, e dáse paso a outros novos coma o octante ou o sextante (s. XVIII). Empregábanse para tomar medicións angulares da altura do Sol ou da estrela polar ó seu paso polo meridiano con respecto dun punto fixo coma o horizonte, necesarias para o cálculo da Latitude (N – S).

No primeiro terzo do s. XVIII aparece o octante de John Hadley, instrumento que baseaba o seu funcionamento na física da reflexión da luz. Medía alturas de ata 90º. O sextante xurdiu a posteriori coma unha evolución do octante, xa que conseguiu ampliar o ángulo de medida ata os 120º. Asimesmo incorporaba un sistema de lentes e espellos

que permitía superpoñer nun so plano a posición do astro sobre o horizonte. O sextante tamén se empregou para calcular a lonxitude, aplicando o método das distancias lunares, baseado no desprazamento sistemático da Lúa respecto das estrelas. Os resultados carecían da exactitude necesaria.

A determinación da lonxitude (E – W) foi o punto feble da navegación ó longo de toda a Idade Moderna, xa que para calculala con precisión é necesario coñecer en cada momento a hora exacta do lugar onde se atope o barco. Así pois, non será ata ben entrado o s. XVIII, coa invención do cronómetro náutico, cando se atope a solución técnica definitiva para o dilema. 

Page 23: Hojas para a3 (1)

Page 24: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

24

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

25

Os naufraxios.As profundidades mariñas gardan nas súas entrañas unha boa parte da historia da humanidade. Algunha das testemuñas máis senlleiras que atoparemos no museo proveñen do naufraxio acontecido en augas da ría de Viveiro, a madrugada do 2 de novembro de 1810. Inmersos en pleno conflicto bélico coa Francia napoleónica, zarpara de Ferrol unha escadra anglo-española ó mando do guerrilleiro Antonio Renovales, coa misión de controlar algún dos portos estratéxicos do Cantábrico, cando os sorprendeu unha forte galerna. Os que puideron, buscaron abrigo na ría de Viveiro, pero foi demasiado tarde. O temporal arreciou, e os barcos non foron quen de soportar os embates do mar. Entre aqueles barcos atopábanse a fragata Magdalena e o bergantín Palomo, cargados de provisións. A fragata Magdalena na súa zozobra, embisteu violentamente contra a fragata

inglesa Narcisus, e acabou

encallando e naufragando nos Castelos, os illotes que se franquean a praia de Covas. Na fragata amoreábanse naqueles intres máis de 550 persoas, rescatadas doutras embarcacións asolagadas por mor do temporal. O bergantín Palomo embarrancou na praia de Sacido.

A fragata Santa María Magdalena medía 41,70 m. de eslora por 10,25 m. de manga, e desprazaba unhas 500 toneladas. Iba artillada en cuberta cunha batería de 18 canóns de 18 libras, ós que había que sumar dous canóns de 6 libras no castelo de proa e 12 obuses no alcázar.

Na traxedia morreron máis dun milleiro de persoas. Tantas foron as víctimas, que as autoridades víronse obrigadas a enterrar os afogados en fosas nas dunas da praia de Covas.

Como lembranza daquel naufraxio, erixiuse, en 1934, o monumento dos Castelos na praia de Covas (Viveiro).

Page 25: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

25

SALA TRES:

4. OS OFICIOS DO MAR.

5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E APARELLOS DE PESCA.

6. VIDA MARIÑA: ALGO MÁIS CA PEIXES.Nesta sala tomaremos o caso de San Cibrao como referencia para mostrar, desde o particular ó xeral, a simbiose construída entre os pobos litorais e o seu mar. Desta adaptación ó medio xorden oficios directamente vencellados ás labores de extración do peixe, á elaboración e procesamento do mesmo ou á súa comercialización, e obxectos asociados a esas tarefas.

PEIXEIRAS ou PESCANTINAS: bacías, patelas, etc.

REDEIRAS: agullas de madeira, malleiros, etc.

CORDELEIROS: instrumentos que permitía a elaboración ou arranxo dos cabos das embarcacións.

Incluímos algunhas das artes

de pesca empregadas polos mariñeiros de San Cibrao ó longo da súa historia.

Neste espazo va a chamar especial atención dúas pezas:

Un traxe de augas completo, de tres pezas (casaca, pantalón faenero e gorro), elaborado ó xeito tradicional, con liño “encascado”.

Un traiñón ou txalupa baleeira de 3 m. de eslora, aparellado con dúas velas.

Nesta sala é ineludible referirse ó obxecto directo destes traballos: os froitos do mar. Incluímos na mostra unha variada representación da fauna mariña, principalmente, pezas da colección de malacoloxía (un 70 % do total dos fondos do museo), esqueletes totais ou parciais de animais mariños (mandíbulas de quenllas, espadas de peixe espada, esqueletes de golfiños, etc.), animais desecados (tartarugas), corais, fósiles, algas, etc.

Page 26: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

26

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

27

Page 27: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

27

> Folla de Sala. Sección 5. Historia da pesca en San Cibrao: artes e aparellos de pesca e proceso de transformación.

“Hei ven o maioque trai o tempo bo,hei ven o maiopara pesca do traiñón.Hei ven o maioViste de señorito,hei ven o maiopara pesca do bonito”.

Desde a súa xénese, San Cibrao ven mantendo un estreito vencello co mar. Os ritmos socioeconómicos da comarca veñen condicionados polo ritmo das mareas.

A pesca extractiva pasou de ser unha ocupación complementaria da agricultura a converterse no eixo vertebrador ó redor do cal se artellou a economía local. A actividade pesqueira xenerou ó seu redor unha serie de oficios (carpinteiros, cordeleiros, toneleiros, peixeiras,

redeiras, etc..), que de xeito

directo ou indirecto, ocuparon a unha importante porcentaxe da poboación.

Ata principios do s. XX, a sardiña foi a protagonista. Daquela, existían en San Cibrao tres fábricas de salgadura. Pero xa a partir dos anos 30, o bonito empezou a cobrar importancia. Nos meses de primavera pescábase bocarte ou anchoa. A costeira do bonito ocupaba os meses de verán, e desde o seu remate e ata o inverno íase ó peixe espada e ó marraxo. Nos anos 60, San Cibrao era, despois de Burela, o porto con máis embarcacións boniteiras. Nestes anos, a comarca viviu una crise no sector pesqueiro, polo que moitos mariñeiros cambiaron a pesca pola navegación comercial, a mariña mercante.

De seguido pasamos a describir brevemente as artes de pesca de uso máis frecuente no noso litoral. Podemos establecer unha primeira división entre as artes de rede e as de anzuelo.

Page 28: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

28

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

29

DE DERIVA: técnica de enmalle mediante a flotación ou deriva dos panos de rede.

Xeito: Arte que tradicionalmente se empregou para a pesca da sardiña. No s. XVII os panos fabricábanse en liño coa malla moi pequena. É unha arte de superficie.

!

DE CERCO: artes adicadas á captura de especies peláxicas, como a sardiña ou o xurelo. O aparello lárgase ó redor do cardumen, para despois pechar a arte por abaixo cunha corda ou xareta, formado así un embolsamento do peixe.

Page 29: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

29

Traíña: No s. XVII, a traíña estaba formada pola aportación de panos ou quiñóns dos pescadores. O resultado era unha rede rectangular. Largábase desde a costa e logo tirábase polo outro extremo desde unha embarcación, unha traíña ou un trincado, ata formar un cerco sobre o banco de peixe.

Terrafa ou terrafiña: Arte empregada desde a aparición dos barcos de vapor.

DE COPO OU DE ARRASTRE: os panos de rede forman unha especie de saco pechado que é

arrastrado por unha ou máis embarcacións. O arrastre pode ser de fondo (bentónico) ou entre dúas augas (peláxico).

Xávega: A xávega foi introducida en Galicia polos fomentadores cataláns. O seu uso xenerou conflictos nas comunidades mariñeiras, por consideralas depredadoras en exceso. Consistía nunha rede de cope que se largaba desde terra, e polo outro cabo sacábase mar a dentro. A pesca cobrábase desde terra, ben con tracción humana ou ben coa axuda de animais de tiro.

!

Page 30: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

30

Rapeta: Arte de uso común no noso litoral desde a Idade Moderna. Tamén coñecida como sacada pequena, traíña menor ou rapeta de traíña, caracterizábase por non ter cope.

Boliche ou chinchorro: De ampla difusión na segunda metade do s. XVII, polo seu fácil manexo, xa que ó ser máis pequeno cá traíña podía empregarse en espazos máis reducidos, normalmente para a pesca da sardiña.

Na actualidade, ten unhas dimensións de 40 m. de longo por 10 m. de alto. Está formado por dúas pernas e un cope ou saco.

Na Idade Moderna as redes e cordas fabricábanse en cánabo ou liño e, posteriormente,

en fío de algodón. Para proporcionarlles resistencia, as redes debían ser “encascadas”. O encascado consistía en ferver as redes en caldeiras ás que se engadía cortiza de sauce, carballo ou piñeiro. Unha vez escaldadas, as redes estendíanse sobre uns maseiros ou artesas, donde se vertía a auga da caldeira, tinguida polo efecto das cortizas. Desta forma, dábaselle cor ós panos.

!

Page 31: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

31

!

DE ANZUELO:Liñas: Consiste nun sedel ou tanza enrolado ó redor dun bastidor de corcho (sirgo) ou madeira (grádella). No extremo, a liña ten un chumbo, e un ou varios anzós.

Palangre: Está formada por unha liña nai na que se empatan outros máis curtos nos que van pendurados os anzós. O palangre pode ser de fondo, para a captura de especies como a pescada ou o congro; ou de superficie, para a pesca de especies peláxicas como o atún,

o marraxo ou o peixe espada.

!

Page 32: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

32

Curricán: O curricán é a arte que se emprega na Mariña de Lugo para a pesca do bonito. Suxéitanse unhas longas varas ós costados do barco, das cales van enganchadas os sedais, ou brazolas, e ós seus extremos os anzós. Esta arte traballa á cacea, é dicir, co barco en movimento. Ata fai pouco tempo, o engado facíase con folla de maíz blaqueada, e peiteada con cepillos de aramio para convertela en hebras.

Poteras: Está formado por un chumbo, recuberto con fíos de cores, e rematado pola súa parte inferior cunha coroa de pequenos anzós. Úsase para a captura de luras ou calamares.

!

Para a captura do polbo e dalgún marisco, empréganse as NASAS. Son unha especie de gaiolas ou trampas, provistas dunha abertura ou boca en forma de funil, que facilita a entrada da presa e impide a súa saída. Están feitas de materiais diversos, principalmente de madeira, vimbio ou metal. A súa forma varía en función da especie a capturar (nécora, langosta, camarón, faneca, polbo, etc.). É unha arte de fondo.!

Page 33: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

33

Ademais da pesca, o MARISQUEO é outra das actividades relevantes do sector. O marisqueo pódese realizar a pe ou desde unha embarcación (marisqueo a flote). A continuación pasaremos a describir algúns dos aparellos empregados nesta actividade:

Sacho: semellante ó que se emprega na agricultura, Server para remover a area na busca da ameixa, chirla, etc.

Angazo: especie de rastrelo que se emprega para a recollida de berberecho, ameixa, coquina, etc.

Rasqueta: é como unha espátula que serve para arrancar da rocha os percebes ou os mexilóns.

Rastro: emprégase desde unha embarcación para a captura de ameixa, berberechos, etc. Está composto por un rastrelo ó que se lle engade un copo de rede, e todo o conxunto vai unido a unha vara dunha medida axeitada á profundidade que se

queira traballar.

Raño e gancha: semellante ó rastro, pero substitúen o copo por unha rella metálica. Son máis lixeiros e resultan máis fáciles de manexar.

Can ou endeño: arte de arrastre, xa que debido ó seu maior tamaño ten que botarse á auga e logo vai sendo arrastrado pola embarcación. Está permitido en fondos superiores a 20 m. úsase para especies como a vieira ou a ameixa.

!

Page 34: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

34

Existen tamén algúns aparellos auxiliares, útiles tanto para a pesca como para o marisqueo:

Trueiro: formado por unha vara á que vai unido un aro ó que se lle incorpora unha bolsa de rede.

Tina ou espello: caixa de madeira cun cristal no fondo que permite ver o fondo mariño a curta distancia (ata 3 m.). úsase na captura de centola ou do ourizo.

Bicheiro: vara cun gancho de ferro nun dos extremos que serve tanto para a pesca como para enganchar cabos ou acercar a embarcación a terra.

!

Page 35: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

35

Page 36: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

36

SALA CATRO:Os restos óseos das baleas son as protagonistas desta sala. Foron recollidos nas inmediacións das praias de San Cibrao, en especial na de Cubelas, nas que se procesaban os cetáceos cazados nos ss.XVI-XVII.

Xa no s.XX, a caza da balea volveu a ser unha fonte de recursos destacada para a economía de local. A familia Massó, unha das principais sagas conserveiras de Galicia, instalaron unha das súas factorías baleeiras en Morás (Xove).

> Folla de Sala. Sección 7. OS CAZADORES DE BALEASA caza da balea xa está documentada nos portos vascos desde o s. XII. No s. XIV, unha crise nas capturas, fixo que os baleeiros vascos, especialmente guipuscoanos e viscainos, tivesen que buscar novos asentamentos, nun principio temporais, circunstancia que fixo que esta 

tradición se fose desprazando

progresivamente ó longo da cornixa cantábrica.

En Galicia, a industria baleeira tivo o seu apoxeo entre os ss. XVI e XVII. As bases baleeiras de meirande importancia localizábanse na Mariña Lucense, nos portos de Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao e Bares. No litoral atlántico, sólo os portos de Caión e Malpica desenvolveron con éxito esta pesquería.

O sistema de caza tamén foi importado da tradición vasca:

“Mátanas da seguinte maneira: sóbese unha atalaia á punta dunha serra que cae sobre o mar e de alí ven de lonxe saltar gran cantidade de auga para arriba facendo moita escuma, e cando a balea ten a metade do corpo fóra da auga, a atalaia dá aviso ós mariñeiros, os cales armando as súas barcas e poñendo dentro moita cantidade de cordas e nos cabos atados uns dardos arpoados vanse a elas, e tirándolles como se senten feridas van logo moi bravas mar a dentro; levando

Page 37: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

37

metidos aqueles arpóns e os pescadores dándolles sempre corda séguenas ata que xa desangradas e perdida aquela furia tráenas tirando delas ata terra, onde facendo grandes lumes sacan delas moito aceite”.

(Bartolomé Sagrario de Molina, Ldo. Molina, Descrición del Reino de Galicia y de las cosas notables del)

As mandas de cetáceos, principalmente a balea vasca (Eubalaena glacialis ou Eubalaena Biscayensis), abeirábanse polo Cantábrico no seu roteiro migratorio desde o Atlántico Norte, entre os meses de outubro e marzo. Nesta época, a frota, integrada por unha chalupa principal e outras auxiliares, tiñan o aparello preparado para saír ó mar en canto o atalieiro dese aviso de balea. As chalupas galegas medían entre 6 e 8,5 m. de eslora e portaban dous paus coas súas correspondentes velas. A tripulación estaba composta por oito ou nove

homes. O animal era enganchado cun arpón de ferro, coa punta en forma de frecha. Para esgotala acometíana coas sangradeiras ou chabolíns, semellantes ó arpón pero coa folla lanceolada, destinadas a desangrar ó animal. Ámbolos aparellos ían atados a unha estacha (corda de cánabo).

Unha vez morta, a balea era trincada (atada) entre varias embarcacións e levada ata terra para o seu despezamento. Para tal fin usábanse diferentes tipos de coitelos (trinchante, coitelos de man, machetas, coitelos a dous fíos, etc.).

A graxa da balea ou saín era derretida xeralmente na mesma praia ou nas súas proximidades, en grandes caldeiras, para despois ser envasada en barricas para a súa comercialización. O aceite obtido empregábase como combustible para as lámpadas ou para o carenado das embarcacións. Co tempo fóronselle atopando novos usos:

Page 38: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

38

facíase margarina, xabóns, vernices, empregábase en perfumería e en farmacia, etc.

Coas barbas da balea, ou fanóns, facíanse variñas para paraugas, corsés ou abanos, para os escanciadores de viño, bucinas, etc. Da cabeza do cachalote (Physeter macrocephalus) extráese o espermaceti ou esperma de balea, un fluído que antigamente se usaba como aceite de buxías e na actualidade serve para a elaboración de cosméticos e productos farmacéuticos.

En portos coma os de San Cibrao, Foz ou Burela, na primeira metade do s. XVII, a industria baleeira deu lugar a un productivo intercambio comercial co resto da área cantábrica, chegando incluso ata Francia.

Entre finais do s. XVII e principios do XVIII produciuse a decadencia definitiva da caza da balea nas nosas costas. Non sería ata 1965 cando as baleas voltarían a cobrar protagonismo na vida de San Cibrao, cando a

empresa conserveira Massó instalou unha das súas factorías no Portiño de Morás (Xove). A factoría contaba cunhas modernas instalacións que permitían o completo procesado da balea, para a obtención e envasado de aceites e fariñas, e tamén para a preparación da carne para o consumo. As capturas efectuábanse desde barcos baleeiros, coma o “Carrumeiro” ou o “Cabo Moras”, con canóns arpoeiros armados na súa proa.

Pechou as súas portas no 1976, pouco antes da declaración da moratoria internacional á caza comercial de baleas (1986).

Hoxe en día, eses terreos están ocupados pola factoría Alcoa, un dos piares básicos da economía da zona.

Page 39: Hojas para a3 (1)

Rede Museística > Museo Provincial do Mar

Xerencia > Departamento de capacidades diferentes e accesibilidades

39

Page 40: Hojas para a3 (1)