I concurso de relato curto

9
CONTOS GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATO CURTO ENDL CEIP SAN ISIDRO NEDA

description

Contos gañadores do 1º concurso de relato curto 2013

Transcript of I concurso de relato curto

Page 1: I concurso de relato curto

CONTOS

GAÑADORES DO

1º CONCURSO DE

RELATO CURTO

ENDL CEIP SAN ISIDRO

NEDA

Page 2: I concurso de relato curto

O can e o gato Había un can que ía polo campo. Logo viu un gato moi saboroso e o can correu detrás do gato. O gato corría máis que o can e o can agochouse nunha cova. O gato pasou e o can colleuno e díxolle:

- Ven, non te vou comer... Imos ser amigos!!!

Hugo Torrente 1º

Page 3: I concurso de relato curto

Marta e as nubes Había unha vez unha nena que se chamaba Marta.

Marta tiña un soño, Marta quería voar. Pero Marta non podía voar, as persoas non poden voar porque non teñen ás.

Un día decidiu ir ver a unha fada. A fada vivía nunha cova. Cando Marta chegou á cova onde vivía a fada contoulle que quería voar, a fada foi buscar a súa variña máxica, dixo unhas palabras máxicas e cando rematou de dicilas, Marta podía voar.

Marta deulle as grazas á fada.

Andrea Soto 2º

Page 4: I concurso de relato curto

O avó e o neto Érase unha vez un avó e o seu neto. Eles ían todos os días a pescar ao río e traían moitas troitas. Algunhas vendíanas a tres euros quilo e quedaban con outras Un día chegou ás orellas do neto que o seu avó estaba no hospital por unha enfermidade grave. Cando morreu, prometeu pescar para sempre e todos os días traíalle á súa avoa unha cesta de peixes como troitas, peixes pequenos,… e ao facer un ano da morte do seu avó aforrou 300 euros para comprar unha barca e adentrouse río arriba coa súa barca e pescou tres salmóns e cinco troitas en tres horas. Cando chegou deullas á súa avoa que lle deu cinco euros por ter pescado tanto en tan pouco tempo. E seguiu no mar pescando polbos, robalizas e bacallau e o seu avó estaba moi feliz co seu neto e o seu neto ensinoulle aos seus fillos e así posou de xeración en xeración.

3ºSergio Pérez 3º

Page 5: I concurso de relato curto

Amigos para sempre Quiara é unha nena que vive nas montañas, ten os ollos marróns, o cabelo negro como o acibeche e vestía cun vestido azul e branco. O seu carácter era moi alegre, gracioso e tranquilo. Tiña moitos amigos: Simba,Tara, Nosete e a súa mascota Frecha.

Hai uns días os cinco foron de excusión polas montañas e encontraron un paxariño ferido. Quiara,Tara e Frecha curárono e levárono con eles. Mentres merendaron falaron de quen coidaría do paxariño: darlle de comer, beber… Ao final decidiron que o coidaría Quiara, pero dixéronlle ao paxariño que ían ir visitalo e que o despedirían cando volvese ao bosque.

Os nenos coidárono, xogaron e falaron con el durante uns días e despedírono cando marchou outra vez ao bosque a ser feliz coa súa familia.

Aroa Bazarra 4º

Page 6: I concurso de relato curto

Misterio no cemiterio Ola, son Carlos Astros e son alto e esvelto.

O outro día querían derrubar unha pensión que estaba a carón do cemiterio e apareceron zombis e pantasmas; todo o mundo marchou de alí.

Eu propúxenme resolver ese misterio e fun ao cemiterio cos meus guerreiros PLATINOS.

Ao chegar non viamos nada estraño, aínda que, despois de camiñar moito cara ao norte, atopamos unha morea de zombis e pantasmas. Mateinos coa miña espada, pero había algo raro os zombis estaban feitos dunha masa viscosa e verde.

Xusto diante había unha casa moi vella, dentro dela estaba o Rei Zombi! Atrapámolo e … Era o alcalde!!! Preguntámoslle por que o fixera e dixo:

-A pensión do lado é do século XV, quero conservala, pero o Concello non ten presuposto e a única solución era asustar, así que creei zombis a partir de biomasa humana.

A cidade está a salvo grazas aos guerreiros PLATINOS!!!

Gonzalo Díaz 5º

Page 7: I concurso de relato curto

O peixiño que non sabía nadar. Hai moito tempo, no Océano Atlántico, naceu un peixiño, dunhas cores moi vivas, laranxa e verde.

Este peixiño, tristemente nacera cunha aleta de menos, e a medida que pasaban os anos e se ía facendo maior, deuse de conta que non podía facer unha cousa que lle encantaba a todos e cada un dos peixes de todos os océanos e mares do mundo: nadar.

Dende que era suficientemente maior e consciente de que lle faltaba unha aleta, intentábao, pero non era quen nin por asomo.

Tíñano que levar ao colexio todos os días os seus pais, debido a que como non podía nadar, non podía acudir ao colexio el soiño.

Cada día que pasaba facíase máis maior, e entristecíase máis, máis e máis porque vía aos seus

Page 8: I concurso de relato curto

compañeiros nadar e xogar moi felices a xogos moi divertidos, aos que el non podía xogar.

Cando chegou a unha idade elevada dabondo, os seus pais decidiron levalo a unhas clases especiais de nado, para peixes co mesmo problema ca el . Así que pasou un bo tempo asistindo a clases especiais de nado, seguía sen saber nadar. Estaba claro que ao peixiño lle faltaba algo.

De alí a pouco tempo, tivo un accidente onde foi atropelado por un autobús mariño, e estivo moito tempo no hospital subacuático.

Os seus amigos e familiares ían visitalo cada día. Despois de moito tempo, o peixiño decatouse de que o que lle faltaba era forza de vontade, crer en si mesmo para poder nadar e despois de saír do hospital, coa súa forza de vontade a tope, e co apoio de toda a xente que coñecía, ocorreu o impensable: Un peixiño sen unha aleta, que podía nadar!!!

Diego Rodríguez 6º

Page 9: I concurso de relato curto

FIN FIN

FIN FIN

FIN

FIN