IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

8
ÍNDICE Contido Páx Datos sobre a gravación……………………………….…..1 Clasificación……………………………………………....1 Documentación gráfica……………………………………1 Transcrición………………………………………………. 2 Datos sobre os informantes……………………………...…3 Contido do CD………………………………………...……7 Audio………………………………………………………CD

description

Testemuños peneirados por alumnado do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas), para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte...nas Ondas!

Transcript of IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

Page 1: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

ÍNDICE

Contido Páx

Datos sobre a gravación……………………………….…..1Clasificación……………………………………………....1Documentación gráfica……………………………………1Transcrición………………………………………………. 2Datos sobre os informantes……………………………...…3 Contido do CD………………………………………...……7 Audio………………………………………………………CD

Page 2: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

DATOS SOBRE A GRAVACIÓN

Alumnas que fan a gravación: Selene González Luis e Alexandra Pérez RodríguezCurso: 2ºCInformantes: María Elvira Tabeada Pousa, Josefina Caballero Fernández e Preciosa Martínez Pérez.Relación coas alumnas: Veciñas Soporte no que se entrega: CD e traballo escrito.Minutos: 15:32 m.

Clasificación :

Denominación/ título:Xenero, subxénero, tipo: Cantigas, refráns, coplas, cantigas de berce…Lugar e data de gravación: Parderrubias, sábado día 7 de abril de 2007.

Documentación gráfica:

Lugar: na súa antiga casaIdentificación das persoas: Preciosa Martínez, enriba do cabalo cando era nova.Lugar: festa de Santa MartaIdentificación das personas: á dereita o esposo de Preciosa Martínez e á esquerda uns veciños.

Transcrición:Autoras da transcrición: Selene González e Alexandra Pérez.Data da transcrición: 06-04-07 Número de folios: 8

DATOS SOBRE O INFORMANTE I

Nome e apelidos: María Elvira Tabeada Pousa Data e lugar de nacemento: 03-09-49 no Irixo, Ourense.Está xubilada: NonEstudos: primariosLugar de residencia actual: Parderrubias, Piñeiro.Lugar de residencia no momento de aprender a mostra oral: En OurenseOnde pasou a súa infancia e adolescencia: No Irixo, Ourense Sabe ler e escribir? SiFoi a escola? Canto tempo? Onde? Si, ata os 14 anos no IrixoA que se dedicaba a súa familia cando era nena? O seu pai era garda civil e a súa nai ama de casa e agricultoraComo describíria a familia na que naceu: De nivel medioProfesión actual: ama de casaProfesión pasada: ama de casaEstivo na emigración? Onde? Si, moi pouco tempo en SuizaEn que lengua se expresa habitualmente? En galego

Page 3: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

Fala castelán? SiPertenceu ou pertence a algún tipo de asociación cultural? Cal? Si, agrupación cultural XuncoPertenceu ou pertence a algún tipo de agrupación musical? Cal? Si, agrupación cultural Xunco

COMO E ONDE APRENDEU O QUE CONTA.Ensinoullo o seu pai, tamén ao ir coas súas compañeiras a xogar

DATOS SOBRE O INFORMANTE IINome e apelidos: Preciosa Martínez PérezData e lugar de nacemento: 2-3-34; ParderrubiasEstá xubilada? Si.Estudos: Primarios.Lugar de residencia actual: Portela, Parderrubias.Lugar de residencia no momento da aprendizaxe: Parderrubias.Onde pasou a súa infancia e adolescencia? En Parderrubias.Sabe ler e escribir? Si.Foi á escola? Canto tempo? Onde? Si, ata os 14 anos, en Parderrubias.A que se adicaba a súa familia cando era nena? Eran feirantes e gandeiros.Como describiría a familia na que naceu? Nivel medio-alto.Profesión actual: ama de casa.Profesións anteriores: Camareira e tendeira aínda que tamén traballaba no campo.Estivo na emigración? NonEn que lengua se expresa habitualmente? En galego.Fala castelán? SiPertenceu ou pertence a algún tipo de asociación cultural? Cal? Agrupación Cultural Xunco.Pertenceu ou pertence a algún tipo de agrupación musical? Non pero acode a clases de pandeireta.ONDE APRENDEU O QUE CONTA:Ao estar todas as compañeiras, unhas cantábanlles ás outras e tamén ao traballar no campo coa familia.

DATOS SOBRE O INFORMANTE IIINome e apelidos: Josefina Caballero FernándezData e lugar de nacemento: 16-10-49; ParderrubiasEstá xubilada? Non.Lugar de residencia actual: Revolta, Parderrubias.Lugar de residencia no momento da aprendizaxe: Parderrubias.Onde pasou a súa infancia e adolescencia? En Parderrubias.Sabe ler e escribir? Si.Foi á escola? Canto tempo? Onde? Si, ata os 12 anos nunha casa preto da igrexa á que ían mestras e alumnos.A que se adicaba a súa familia cando era nena? Á agricultura.Como describiría a familia na que naceu? Nivel medio.Profesión actual: ama de casa.

Page 4: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

Profesións anteriores: Aos 13 anos comezou a traballar nunha fábrica de peixe. Unha vez casada, foi ama de casa e agricultora.Estivo na emigración? NonEn que lengua se expresa habitualmente? En galego.Fala castelán? SiPertenceu ou pertence a algún tipo de asociación cultural? Cal? Agrupación Cultural Xunco.Pertenceu ou pertence a algún tipo de agrupación musical? Si. Agrupación Cultural Xunco.

COMO E ONDE APRENDEU O QUE CONTAO seu pai era o mestre de moita da xente que sabe tocar a gaita en Parderrubias e agora mesmo o seu irmán é o mestre da agrupación cultural Xunco. Ten familia que baila baile tradicional galego.

Page 5: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

CONTIDO DO CD DE AUDIO

PISTA Nº1: Cantigas cantadas por Josefina Caballero

Aparta loureiro verdeDeixa clarea-la lúaQue estou no medio do monteNon vexo casa ningunha.

Mira, Maruxiña, non vaias á herbaQue vén o vento e toda cha levaE lévacha toda e toda cha levaMira, Maruxiña, non vaias a ela.

PISTA Nº2: Historia dos turcos (coruñeses) e portugueses (pontevedreses) relatadapor Josefina Caballero.

PISTA Nº3: Coplas, recitadas por Preciosa Martínez.Piñeiro, dame unha piñaPiñeiro, dame un piñón.Piñiña, dame unha falaDa raíz do corazón.

PISTA Nº4: Cantiga, interpretada por Preciosa MartínezAmores ó lonxe ó lonxeÓ cerca calquera os ten.Amores ó pé da portaSon a perdición (d)laguen.LeroleroleroLerolerolerole (bis)

PISTA Nº5: Cantiga, interpretada por Preciosa MartínezESTRIBILLOAi mandilín, ai mandilónVente conmigo a bailar(e) ó salón.Ó salón si, ó salón nonAi mandilín, mandilín, mandilón.

Axudaime, compañeiras,Axudaime que non cantoQue me fixo enrouquecereUn vaso de viño blanco.ESTRIBILLO

Para tocar non hai quen toquePara cantar non hai quen cantePara sacudir o cueTodos se achegan adiante.LeroleroleroLerolerolerole (bis)

Page 6: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

ESTRIBILLO

Sei tocar a pandeiretaTocar sei o violineTamén sei facer a burlaDe quen a faga de minhe.LeroleroleroLerolerolerole (bis)ESTRIBILLO

Vouvos dare a despedidaaí vos vai o rematenon é por causa ningunhaé por descansare a manhe.LeroleroleroLerolerolerole (bis)ESTRIBILLO

PISTA Nº6: Cantiga, interpretada por Preciosa Martínez

ESTRIBILLOEste é o son da segaEste é o son de segare.Así dicen as meniñasSegando no meu lugare.

Este é o son da sega,Este é o son de segare.

Sega MaruxiñaSega mulleriñaQue despois de ver segareImos bailar na cociña.ESTRIBILLO

Esta noite hei de ir á rúaCoa miña bata brancaE o que gaste en zapatosHeino de aforrar en mantas.ESTRIBILLO

Vamos cantando e rogandoA maior desta madriñaVamos cantando e rogandoQue así gañámo-la vida.ESTRIBILLO

PISTA Nº7: Canción de berce, interpretada por Preciosa MartínezO meniño ten soniñoO sono non lle quere vire

Page 7: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

Nosa señora llo mandePara o meniño durmire.

PISTA Nº8: Refrán recitado por Preciosa MartínezO cura cando marchouDeixoulle dito á criada:Veña cedo, veña tarde,Déitate na miña cama.

PISTA Nº9: Copla, interpretada por Preciosa MartínezO gaiteiro do XuncoHai que ver que gaita tenEla toca polo díaE pola noite tamén.

PISTA Nº10: Canción de berce, interpretada por Elvira

A runrún, miña meniña,Quen che vai a da-la teta.Túa nai vai no muíño,E teu pai na herba seca.

PISTA Nº11: adiviñas, interpretadas por ElviraCatro corremontes,Catro chicafantes,Dous turulurúsE un dalle que dalle (A vaca)

Pelo por fóra,Pelo por dentro,Levanta a perna,E métea dentro (a media)

Alta me vexo,Color ouro teñoPor unha risada,Perdín o que teño (a castaña)

PISTA Nº12: Cantiga de nadal, interpretada por Elvira

Se souperades meus amiguitosO que naceu en Belén (bis).Éravos un meniño tan bonitiñoAínda máis que un caraveliño.Vinde rapaces, vamos tamén,Ó nacemento do neno en Belén.

Ai, que neno, ai que neniñoQue ganiñas me dan,

Page 8: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) - Transcricións (2)

De comerlle a cara a bicos,Co gordo e Branco que está (bis)

Que está espidiño e acurrucaditoÓ pé dos seus paisE máncano as pallasNas que está deitado, E o noso pecadoAínda o manca máis.

PISTA Nº13: Cantiga de magosto, interpretada por Elvira

ESTRIBILLONon chas quero, non chas queroCastañas do teu magosto.Non chas quero, non chas quero,Que me cheiran a chamusco.

Acabáronse as vendimasE veñen as escolladasPara comeren coas rapazasCatro castañas asadas.

ESTRIBILLO

As castañas no ourizoQuixeron rir e rabeouheCaen do castaño abaixoMira que pau levouhe.