Estrategias que fomentan la empatía en los estudiantes del ...
Informe Móllate polos humidais 2012 2012.pdf · ecosistemas, así como valores naturais que...
Transcript of Informe Móllate polos humidais 2012 2012.pdf · ecosistemas, así como valores naturais que...
Informe Móllate polos humidais 2012
Introducción
O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais
ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza
natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran
auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade.
Os humidais tamén nos abastecen de moitos produtos dos que dependemos. Existen valores culturais ligados a estes ecosistemas, así como valores naturais que fomentan a recreación e o turismo.
Proposta
Dende Proxecto Ríos e ADEGA queremos divulgar esta importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo
organizamos unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes a uns dos 5 humidais galegos incluídos na lista Ramsar. Baixo o mesmo lema do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de San Pedro de
Muro e Xuño (concello de Porto do Son) pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo (código LIC ES1110006).
En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e eliminación. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por obxectivo acadar un mellor
estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á rede natura 2000.
Colabora e co-financia:
Concello de Porto do Son
PROGRAMA
09.00 Saída dende Santiago de Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso
Voluntarios/as (nº): 30 Procedencia: Santiago de Compostela, Pontevedra, O Grove e Porto do Son
Resumo das especies eliminadas:
Nome científico Nome común Nº de sacos Kg /pes/ área Ferramenta Dificultade Observacións
Arundo donax
Cana 11 154 kg 17x15=225m
2
Sachos, legón alta Quedaron as canas recolléronse os rizomas. Aínda quedan varias manchas na zona onde se actuou e na contorna das lagoas.
Chasmanthe eathiopica
----------------------- 4 31 kg 3 m
2
Sachos, sachos ceboleiros, etc
media Especie invasora descuberta o ano pasado. Nunca antes citada en España. Eliminados todos os individuos detectados.
Cortaderia selloana
Herba da pampa 13 + 15 325 kg 15 m
2
(pés illados)
Sachos, legón, laia
Alta Elimináronse maioritariamente das dunas, pero tamén algunhas da lagoa e dos camiños de acceso
Quedaron algunhas raíces á beira do camiño. Eliminadas todos os individuos detectados nas zonas máis sensibles (dunas e lagoas), quedaron algúns pés no camiño que rodea as lagoas e en fincas privadas.
Cyperus involucratus
Papiro 1 5 kg Sachos, laias, media Elimináronse os pouco rebrotes que saíron do ano pasado. Eliminados todos os individuos detectados.
Oxalis pes-caprae Trebo ácedo, pan do cuco ou flor do sono
2 5 kg 16 m
2
Manual e/ou escarificadores
media Eliminouse boa parte da poboación da duna.
Senecio mikainoides
Senecio
1 50m2 7kg
Manual baixa Eliminouse unha mancha. Queda moito no bosque de ribeira do rego de Rial
Zantedeschia Aethiopica
Cala ou cartuchos 2 2 manchas2 9kg
Sachos, tixeiras e laias
baixa Das eliminadas o ano pasado non houbo rebrote. Eliminamos unha no rego de Rial.
Total: 7 especies 7 especies 33 sacos + de media tonelada
Valoración
Para valorar a actividade pasouselle unha enquisa aos participantes:
O 100% das resposta a enquisa consideran que a actividade é acaida e moitos das respotas apuntan en Que mellorarías? que
nada ou deixan en branco. Algunhas reponden que estaria ben repetir a iniciativa e que houbese máis xente, máis tempo e
material.
Precisamente este último, o do material é o aspecto que máis demandas suxeriu.
En canto a valoraciópn global da actividade dicir que algúns apuntan que ben e a maioria considera que moi ben, non
habendo nengunha resposta inferior (media, baixa ou moi baixa).
Comentarios:
- Nas tarefas de eliminación atopamos unha especie exótica invasora non localizada até o momento, a Tradescantia
fluminensis no rego de Rial, unha especie de moi dificil erradicación.
- Elimináronse case todos os pés de Cortaderia selloana (Herba da pampa ou plumeiros), considerada unha das especies
exóticas máis dañinas do estado.
-A actividade foi moi ben valorada pola equipa educativa de ADEGA, en canto a participación e resultados de especies
eliminadas.
-Considerouse que de repetir en anos vindeiros a actividade haberia que ter en conta que algunhas especies están
practicamente erradicadas pero apareceron outras novas como a índicada arriba.
Medios de comunicación que se fixeron eco da actividade:
-Radio fusión
-El Correo Gallego
-Radio Nacional (Galicia)
-Televisión española (Galicia)
-Cadena ser