INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR...

21
CVE: 0210030887005488 (CPR) COABOR-007-13 CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 1 de 21 Secretaría - Contratación Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com PREGO DE CONDICIÓNS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARA A ADXUDICACIÓN DA CONCESIÓN DE POSTOS VACANTES NA PRAZA DE ABASTOS DE MONFORTE DE LEMOS CLÁUSULA 1.- OBXECTO E CALIFICACIÓN O presente Prego comprende as condicións económico-administrativas e técnicas que haberán de servir de base para a licitación dos contratos que teñen por obxecto outorgar o uso privativo normal para a explotación mediante a modalidade de concesión administrativa persoal e intransferible dos bens de dominio público que se recollen na documentación gráfica incorporada como Anexo II. As actividades admisibles serán todas as relativas á comercialización de produtos destinados a alimentación humana, tanto envasados como a granel. Así mesmo, admitiranse as relativas á comercialización de obxectos de artesanía, regalo, enxoval de fogar, prensa, flores, plantas e produtos hortícolas. O posto 8 carece de mobiliario, posuíndo unicamente as instalacións que se sinalan no Anexo III, polo que o adxudicatario deberá asumir ó seu cargo a inversión en equipamento necesaria para a súa posta en marcha, segundo a actividade que se pretenda desenvolver. En todo caso, o material a instalar deberá ser aprobado polo Concello ou estar incluído entre o sinalado no anexo de equipamento que se incorpora ó presente prego (Anexo V). A natureza da relación que vinculará ao adxudicatario do procedemento de licitación deste contrato co Concello, será a de uso privativo de bens de dominio público destinados a un servizo público, a que fai referencia o artigo 78.1 a) do Regulamento de Bens de Entidades Locais, que consiste na concesión administrativa, conxunta, do exercicio do servizo público para un concreto abastecemento ou actividade comercial, así como de utilización das instalación permanentes a ese fin asignadas na Praza de Abastos no posto nº 8 ó mesmo, segundo o art. 114.2b) do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais de 17 de xuño de 1955, e o art. 277ª) do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro (en adiante TRLCSP). O contrato que se regula polas presentes cláusulas ten natureza administrativa, e como tal, as cuestións que se plantexen se dilucidarán por esta vía. CLÁUSULA 2.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN O contrato adxudicarase polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, podendo todos os interesados presentar unha proposición e quedando excluída toda negociación cos licitadores.

Transcript of INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR...

Page 1: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 1 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

PREGO DE CONDICIÓNS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARA A ADXUDICACIÓN DA CONCESIÓN DE POSTOS VACANTES NA PRAZA DE

ABASTOS DE MONFORTE DE LEMOS

CLÁUSULA 1.- OBXECTO E CALIFICACIÓN O presente Prego comprende as condicións económico-administrativas e técnicas que haberán de servir de base para a licitación dos contratos que teñen por obxecto outorgar o uso privativo normal para a explotación mediante a modalidade de concesión administrativa persoal e intransferible dos bens de dominio público que se recollen na documentación gráfica incorporada como Anexo II.

As actividades admisibles serán todas as relativas á comercialización de produtos destinados a alimentación humana, tanto envasados como a granel. Así mesmo, admitiranse as relativas á comercialización de obxectos de artesanía, regalo, enxoval de fogar, prensa, flores, plantas e produtos hortícolas.

O posto 8 carece de mobiliario, posuíndo unicamente as instalacións que se sinalan no Anexo III, polo que o adxudicatario deberá asumir ó seu cargo a inversión en equipamento necesaria para a súa posta en marcha, segundo a actividade que se pretenda desenvolver. En todo caso, o material a instalar deberá ser aprobado polo Concello ou estar incluído entre o sinalado no anexo de equipamento que se incorpora ó presente prego (Anexo V).

A natureza da relación que vinculará ao adxudicatario do procedemento de licitación deste contrato co Concello, será a de uso privativo de bens de dominio público destinados a un servizo público, a que fai referencia o artigo 78.1 a) do Regulamento de Bens de Entidades Locais, que consiste na concesión administrativa, conxunta, do exercicio do servizo público para un concreto abastecemento ou actividade comercial, así como de utilización das instalación permanentes a ese fin asignadas na Praza de Abastos no posto nº 8 ó mesmo, segundo o art. 114.2b) do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais de 17 de xuño de 1955, e o art. 277ª) do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro (en adiante TRLCSP).

O contrato que se regula polas presentes cláusulas ten natureza administrativa, e como tal, as cuestións que se plantexen se dilucidarán por esta vía.

CLÁUSULA 2.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN

O contrato adxudicarase polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, podendo todos os interesados presentar unha proposición e quedando excluída toda negociación cos licitadores.

Page 2: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 2 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa deberá de atenderse a criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato, de conformidade co 150.1 do TRLCSP e co establecido na cláusula oitava do presente Prego.

CLÁUSULA 3.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa a súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de contratante ao que os interesados terán acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: www.monfortedelemos.es

CLÁUSULA 4.- IMPORTE DO CONTRATO

O canon a satisfacer polo adxudicatario fixase en:

- Posto 8: 346,09 €/anuais

Desembolsarase dunha soa vez ó inicio de cada período anual de vixencia do contrato.

Este canon poderá ser mellorado ao alza polos interesados en tomar parte no presente procedemento, a cuxo efecto, dita mellora será tida en conta ao momento da adxudicación da concesión.

O canon polo que se adxudique a concesión revisarase anualmente, en proporción ás variacións do Índice Xeral de Prezos ó Consumo acumulado, de acordo cos datos que publica o Instituto Nacional de Estatística. Esta actualización aplicarase por primeira vez transcorrido o primeiro ano do contrato.

O prezo liquidarase anualmente de acordo co previsto na Ordenanza municipal reguladora da Taxa pola prestación do servizo na Praza de Abastos.

CLÁUSULA 5.- DURACIÓN DO CONTRATO

A concesión outorgarase por un período de dez anos, prorrogables por mutuo acordo por cinco máis, contados a partir do día seguinte á firma do correspondente contrato.

A Corporación resérvase a facultade de deixar sen efecto a concesión antes do vencemento se o xustificaran as circunstancias sobrevidas de interese público, mediante o resarcimento dos danos que se causaren, ou sen el cando non procedera.

O inicio da prestación do servizo deberá realizarse polo adxudicatario no prazo máximo de 20 días dende a formalización do contrato administrativo.

CLÁUSULA 6.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS Poderán concorrer a este procedemento as persoas naturais ou xurídicas que estean en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, e non estean comprendidas en ningunha das circunstancias que enumera o art.

Page 3: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

60 do TRLCSP. A presentación das proposicións presume por parte do solicitante a aceptación incondicionada das cláusulas deste Prego e a declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración.

Os que acudan á licitación poderán facelo por si ou representados por persoa autorizada mediante poder bastante, sempre que non se atope incursa nalgunha das causas que enumera o art. 60 do TRLCSP. Cando en representación dalgunha sociedade civil ou mercantil, concorra algún membro da mesma, deberá xustificar documentalmente que está facultado para elo.

Lugar: as proposicións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos, sito no Campo de San Antonio, ou por correo na forma que establece o art. 80.4 do RD 1098/2001, de 12 de outubro, excepto por correo electrónico. Neste caso o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ó órgano a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día.

Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a proposición se se recibe polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da terminación do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, non obstante, dez días naturais seguintes á data indicada sen que se tivera recibido a proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Prazo: 15 días dende o anuncio de licitación, que será publicado no BOP e no Perfil de contratante.

Forma: A documentación presentarase en tres sobres pechados, sobre “A”, sobre “B” e sobre “C”. Estarán identificados no seu exterior, con indicación da licitación á que concorren e asinados polo licitador ou persoa que o represente, indicando o nome e apelidos ou razón social. No seu interior farase constar, nunha folla independente, o seu contido enunciado numericamente.

SOBRE A.- Subtitulado “DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA” no que se introducirán os seguintes documentos:

• Solicitude de admisión ó procedemento, con relación de documentación que se acompaña.

• Acreditación da personalidade do licitador, mediante fotocopia compulsada do DNI da persoa que firme a proposición.

• Poder a favor do representante do licitador, no seu caso.

• Declaración responsable de non estar incurso o licitador en ningunha das prohibicións para contratar coa Administración que sinala o art. 60 do TRLCSP, aludindo expresamente á circunstancia de atoparse ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo da posterior xustificación acreditativa de tal requisito.

Page 4: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 4 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

• Alta no IAE ou compromiso de darse de alta antes da formalización do contrato, no caso de resultar adxudicatario.

• Xustificante de constitución da garantía provisional.

• Acreditación da solvencia económica e técnica, na forma establecida nos art. 75 e 78 do TRLCSP, que se deberá xustificar polos seguintes medios:

- Declaracións apropiadas de entidades financeiras ou, no seu caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnizacións por riscos profesionais.

- Titulación académica e profesional do empresario, que deberá ser como mínimo o certificado de estudios primarios ou título equivalente.

SOBRE B.- Subtitulado “DOCUMENTACIÓN TÉCNICA”. Conterá unha memoria de explotación na que o licitador desenvolverá o seu proxecto de traballo para o desenvolvemento da actividade para a que licita. Na memoria deberá describirse pormenorizadamente o proxecto de decoración e equipamento complementario do posto, debendo cuantificar economicamente a inversión e facer especial referencia á estética resultante. SOBRE C.- Subtitulado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Conterá unha soa proposición asinada polo licitador ou persoa que o represente redactada conforme ao modelo que figura no Anexo I deste Prego.

CLÁUSULA 7.-APERTURA DE PROPOSICIÓNS E RESOLUCIÓN DA CONCESIÓN

Rematado o prazo de presentación de ofertas, constituirase a Mesa de contratación na Casa do Concello, integrada polo Alcalde, ou o Concelleiro en quen delegue como presidente, Concelleira de Réxime Interior, Facenda, Emprego e Promoción Económica, un funcionario do departamento de Contratación, a Interventora, o Secretario da corporación e o Secretario da mesa, que será un funcionario.

Os compoñentes da mesa procederán, nun primeiro momento, á cualificación da documentación presentada no Sobre A. Se observasen defectos materiais na documentación presentada, concederáselle ao interesado un máximo de tres días para a súa emenda. Se a documentación é correcta, procederase á apertura do sobre B das ofertas admitidas e, unha vez valorados polos técnicos os aspectos non automáticos, realizarase a apertura dos sobres C, valorándose as mesmas de acordo co disposto na cláusula 8 deste prego.

Trala valoración de criterios pola Mesa de contratación, procederase á clasificación en orde decrecente dos licitadores en función da puntuación acadada, e concretarase expresamente cal será a proposición economicamente máis vantaxosa.

CLÁUSULA 8.- CRITERIOS DE VALORACIÓN E A SÚA PONDERACIÓN

Os criterios obxectivos de valoración e adxudicación serán os seguintes:

Page 5: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 5 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

8.1. CRITERIOS OBXECTIVOS DE VALORACIÓN NON AVALIABLES AUTOMATICAMENTE: ..................................................................................................................... ata 35 puntos.

1) Mellor adecuación da Memoria de explotación ás finalidades do contrato, atendendo ao proxecto de traballo, a decoración e ao equipamento, con especial referencia á estética resultante.

8.2.- CRITERIOS OBXECTIVOS DE VALORACIÓN AVALIABLES AUTOMATICAMENTE: ..................................................................................................................... ata 65 puntos.

1) Oferta económica (ata 45 puntos)de acordo coa seguinte fórmula:

Vmx. Oex - PL

Vx = ----------------- Sendo

OEM Alta – PL

Vx= Valor da oferta que se puntúa

Vmx= Puntuación Máxima

Oex= Oferta económica da empresa x

PL= Presupuesto de Licitación

OEM Alta = Oferta económica máis alta

2) Innovación do proxecto (20 puntos). Outorgaráselle 20 puntos a aquelas actividades que non se veñan desenvolvendo na Praza de Abastos de Monforte de Lemos, e polo tanto supoñan unha actuación innovadora no mercado.

CLÁUSULA 9.- GARANTÍAS PROVISIONAL, DEFINITIVA E COMPLEMENTARIA

A fin de evitar no posible a retirada inxustificada de proposicións por parte dos licitadores ou a non presentación da documentación necesaria para a formalización do contrato, sinalada no artigo 151.2 do TRLCSP, de conformidade co sinalado polo artigo 103.1 do TRLCSP, esixirase a constitución dunha garantía provisional equivalente o 3% do importe total do contrato, excluído o IVE, e dicir, 155,74 euros. Dita garantía poderá prestarse en calquera das formas previstas no artigo 96 do TRLCSP. A garantía provisional extinguirase automaticamente e será devolta aos licitadores inmediatamente despois da adxudicación do contrato. Esta garantía será retida ao licitador cuxa proposición fora seleccionada para a adxudicación ata que proceda á constitución da garantía definitiva, e incautada a aqueles que retiren inxustificadamente a súa proposición antes da adxudicación. Así mesmo, o adxudicatario poderá aplicar o importe da

Page 6: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 6 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

garantía provisional á definitiva ou proceder a unha nova constitución desta última, en cuxo caso a garantía provisional se cancelará simultaneamente á constitución da definitiva.

A garantía definitiva fíxase no 5% do importe de adxudicación do contrato. Dita garantía deberá constituírse na Tesourería Municipal nalgún dos medio sinalados no artigo 96.1 do TRLCSP e concordantes do R.D 1098/2001, de 12 de outubro.

Finalizado o prazo de duración do contrato, se non resultan responsabilidades sobre a garantía definitiva, ditarase acordo de devolución.

Esta garantía responderá dos conceptos incluídos no artigo 100 do TRLCSP.

CLÁUSULA 10.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios nos diarios oficiais correspondentes e demais que xere o expediente e calquera outros que resulten de aplicación segundo as disposicións vixentes, na forma e contía que sinalen.

CLÁUSULA 11.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

O documento de formalización do contrato outorgarase no prazo dos 15 días hábiles seguintes ao recibo da notificación da adxudicación e revestirá carácter de documento administrativo.

O documento no que se formalice o contrato terá natureza administrativa e será título bastante para acceder a calquera rexistro público.

Ao documento administrativo de formalización do contrato unirase, formando parte do mesmo, a oferta do adxudicatario e o prego de cláusulas administrativas particulares e das prescricións técnicas.

CLÁUSULA 12.- OBRIGAS DOS TITULARES DA CONCESIÓN

a) Manter ininterrompidamente aberto ao público o posto durante as horas sinalada polo Concello para a venda.

b) Manter o posto nas debidas condicións de conservación, seguridade, salubridade, ornato e limpeza, conservando en bo estado, ao igual que as instalacións, coidando de que estean limpas, libres de residuos e en perfectas condicións hixiénicas. Os vendedores estarán obrigados a depositar, cando se indique, os residuos nos contedores que a tal efecto se situarán nas dependencias do Mercado. Disporán dos certificados de D.D.D. (desratización, desinfección e desinsectación).

c) Instalar no posto o correspondente contador, diferencial e limitador de corrente con arranxo á normativa que rexe as instalacións de baixa tensión, e sempre para o caso de que teñan instalado alumeado propio ou calquera máquina que o precise. A calidade dos materiais e o lugar de emprazamento destes aparatos de control e protección serán supervisados polos técnicos municipais, que deberán dar o visto e prace á instalación previamente á conexión do subministro ao posto.

Page 7: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 7 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

d) Asumir todos os gastos derivados da explotación e funcionamento do negocio. O consumo eléctrico de cada posto así como o resto de gastos que xere a actividade do mesmo irán a cargo do titular. Deberá asumir ademais as liquidacións que o Concello practique sobre os consumos e servizos correspondentes ós espazos comúns na porcentaxe correspondente ó posto do que sexa titular.

e) Instalar o contador de auga corrente e adecuar este subministro á normativa vixente na materia. A calidade dos materiais e o lugar de emprazamento do mecanismo de control serán sinalados polos técnicos municipais, que deberán dar o visto e prace á instalación antes da conexión. O consumo de auga será a cargo do titular do posto.

f) Utilizar instrumentos de pesar e medir axustados aos modelos autorizados, podendo o Concello, mediante persoas designadas a tal efecto, verificar a exactitude destes instrumentos.

g) Ter á vista do público todas as existencias de produtos que se expendan.

h) Mostrar os artigos de venda á inspección veterinaria, que poderá proceder á súa inutilización caso de ser declarados nocivos para a saúde pública.

i) Vestir aseadamente a indumentaria apropiada. j) Facilitar a inspección municipal en todo momento. Cumprir as ordes e

indicacións dos servizos municipais competentes. k) O pago de todas as taxas, impostos e prezos públicos que graven ou

podan gravar tanto aos locais como ao exercicio da actividade que se desenvolva e, en concreto, a taxa por prestación do servizo de mercado segundo as previsións da Ordenanza Fiscal vixente.

l) Cumprir a normativa vixente en materia fiscal, laboral e de seguridade social, así como a de Sanidade, Consumo e Industria. Presentar a requirimento municipal a documentación que acredite o cumprimento de ditas obrigas.

m) Poñer en coñecemento do Concello a contratación do/os traballador/es auxiliar/es presentando a documentación que acredite o cumprimento da normativa vixente en materia de contratación.

n) A realizar ao seu cargo as obras, instalacións ou outras esixencias nos postos do mercado, que veñan impostos polas normas de carácter Estatal, Autonómico ou Local que entren en vigor durante a vixencia da adxudicación do posto, sempre previa autorización por parte do Concello. Non poderán instalar elementos auxiliares sen a previa autorización do Concello.

o) Asumir integramente a responsabilidade que se derive da utilización e funcionamento do posto de venda, indemnizando ós terceiros ou o Concello dos danos e prexuízos que se xeren. A tal fin todos os concesionarios de postos de venda están obrigados a subscribir, ter o día e vixente un seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima por sinistro de 600.000 €. Así mesmo subscribirá unha póliza de seguro dos denominados “multirrisco” sobre o posto cedido en

Page 8: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 8 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

concesión con coberturas suficientes sobre a totalidade do equipamento entregado.

p) Non allear, ceder ou traspasar directamente os bens afectos á concesión durante a súa vixencia, nin gravalos sen a previa autorización municipal.

q) A obtención de cantas licencias ou autorizacións administrativas sexan precisas correrá sempre a cargo do adxudicatario, quen deberá pedilos no seu propio nome.

r) As sinaladas no artigo 280 do TRLCSP, así coma calquera outra derivado da aplicación do presente Prego ou do contrato que se formalice.

s) En caso de que sexa necesario leva a cabo reformas que afecten aos postos do mercado, os concesionarios non poderán esixir á Administración indemnización por danos nas ventas, salvo casos de demora na execución por causas inxustificadas.

CLÁUSULA 13.- DEREITOS DOS TITULARES DA CONCESIÓN a) Todo titular concesionario de calquera posto do mercado, ten dereito

a utilizar os bens públicos municipais necesarios e que lle foran autorizados para realizar as súas actividades en debidas condicións.

b) Percibir as contraprestacións correspondentes polo exercicio da actividade.

c) Os dereitos establecidos con carácter xeral polo artigo 281 do TRLCSP.

CLÁUSULA 14.- HORARIO DE APERTURA E UTILIZACIÓN DOS POSTOS

O licitador adxudicatario deberá axustarse aos horarios fixados polo Concello. Non obstante, os postos comerciais deberán permanecer abertos como mínimo en horario comercial de mañá.

Os concesionarios estarán obrigados a desenvolver a actividade para a que se outorgue a concesión exclusivamente. O cambio de especialidade funcional estará suxeito á licenza municipal e o seu outorgamento será discrecional, o que non excluirá a solicitude de cantos permisos sexan pertinentes para a apertura da nova actividade.

A actividade deberá ser prestada directamente polo concesionario ou persoal asalariado deste.

CLÁUSULA 15. RESOLUCIÓN DO CONTRATO Son causas de resolución da concesión:

a) Polo transcurso do prazo.

b) Por calquera das causas establecidas no artigo 100 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas.

c) A cesión ou traspaso do posto, nas circunstancias previstas no correspondente regulamento.

d) Destinar os bens de dominio público a usos distintos dos autorizados pola concesión.

Page 9: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 9 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

e) Incumprimentos reiterados das ordes ou instrucións ditadas polo Concello referentes á conservación e mantemento das instalacións ou dominio público.

f) A invasión do dominio público non outorgado na concesión ou a ocupación do espazo de publicidade reservado ó Concello.

g) Pola morte ou renuncia do concesionario. Se o titular é unha persoa xurídica, pola extinción da mesma.

CLÁUSULA 16.- RESCATE O Concello resérvase o dereito a deixar sen efecto a concesión antes do vencemento se a xustifican circunstancias de interese público, sen prexuízo no seu caso da indemnización que proceda ó concesionario.

CLÁUSULA 17.- REVERSIÓN

O vencemento do prazo da concesión, ou noutro suposto de resolución da mesma, cesará o uso privativo do dominio público e o posto reverterá ao Concello. Da recepción levantarase acta en presenza do cesionario, se comparecese. Na acta salientarase o estado de conservación dos bens revertidos, especificando as deterioracións que presentan.

O prazo máximo para o desaloxo do dominio público é de 15 días hábiles, dende a data de vencemento da concesión.

CLÁUSULA 18.-INFRACCIÓNS

As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Serán infraccións leves:

a) O incumprimento do horario establecido, salvo forza maior acreditada.

b) A venda de produtos non autorizados.

c) O deterioro leve ou falta de limpeza da instalación.

d) Non apertura do posto ata tres días naturais consecutivos, ou tres días alternos dentro dun mes natural, sempre que non sexa por causas de forza maior.

e) O trato incorrecto ó público, non reiterado.

f) O incumprimento de calquera outra circunstancia ou condición obxecto do réxime ao que ven suxeita a concesión que non constitúa infracción ou falta grave ou moi grave.

Serán infraccións graves:

a) A reiteración por parte do concesionario en actos que dean lugar a sancións por infraccións leves nun período de seis meses.

b) A actuación do concesionario que dea lugar á depreciación do dominio público ou das instalacións.

Page 10: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 10 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

c) A venda realizada por calquera persoa non autorizada.

d) O deterioro severo ou o estado de evidente sucidade da instalación.

e) A negativa ou resistencia a facilitar información requirida pola autoridade competente, ou os seus axentes, para o cumprimento dos fins de inspección.

f) O exercicio dunha actividade sobre o dominio público que non sexa a que ten por obxecto dita concesión.

g) Realizar algún tipo de actividade publicitaria no mobiliario e material utilizado ou nas instalacións obxecto da concesión.

h) O incumprimento reiterado do horario establecido, salvo causa xustificada.

i) A falta de pago do canon no prazo estipulado.

Serán infraccións moi graves:

a) A comisión dunha segunda falta grave, de igual ou diferente natureza no prazo de tres meses.

b) As infraccións que dean ou poidan dar lugar a prexuízos que pola súa importancia sexan susceptibles de producir grandes alteracións no réxime da concesión.

c) A non prestación da actividade por prazo superior a tres meses, salvo autorización municipal expresa.

d) A realización de reformas ou modificacións no posto sen autorización municipal, coa obriga, no seu caso, de restablecemento da situación anterior.

e) A venta de produtos ilegais.

Con independencia da sanción, cando se produzan danos ó dominio ou ás instalacións, e non sexan como consecuencia por casos fortuítos ou de forza maior, a Administración poderá esixir a restauración dos elementos danados.

CLÁUSULAS 19.- SANCIÓNS

1. As infraccións consumadas ás que se refire este prego sancionaranse con multa ata a seguinte contía:

a) As infraccións leves, ata 900 euros.

b) As infraccións graves, ata 3.000 euros.

c) As infraccións moi graves, ata 6.000 euros ou resolución da concesión.

Estas cantidades actualizaranse anualmente de xeito automático, aplicando o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) ou Índice Oficial que o substitúa. A actualización producirase con referencia ó día 1 de xaneiro de cada anualidade.

A contía das multas fixarase tendo en conta as circunstancias do feito e os antecedentes do infractor.

Page 11: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 11 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

2. Corresponde imposición das infraccións ó Alcalde.

A imposición de sancións por falta leve requirirá expediente sumario no que deberá ser escoitado o infractor. As infraccións por falta grave ou moi grave sancionaranse con arranxo ao procedemento regulado no Regulamento do Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado por Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para a percepción das sancións poderase utilizar a vía de constrinximento.

A apertura do expediente sancionador non eximirá ao concesionario da obriga de cumprir o contrato, podendo ser requirido para o cumprimento da obrigación obxecto do mesmo, xunto coa incoación do expediente sancionador, así como a adopción de medidas cautelares dirixidas a asegurar o cumprimento do contrato en todos os seus termos.

CLÁUSULA 20.-NORMATIVA APLICABLE

O adxudicatario sométese, ademais do establecido no presente Prego, a:

1.- Os preceptos establecidos na Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas.

2.- Os preceptos establecidos no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro e o Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Publico.

3.- Polo Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.

4.-As disposicións que regulen a contratación, tanto estatais como autonómicas, que resulten de aplicación á mesma, así como calquera outros preceptos vixentes que regulan as normas tributarias de obrigado cumprimento.

O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos, dos documentos anexos ó mesmo, ou das instrucións, pregos ou normas de toda índole promulgados pola Administración que poidan ter aplicación na execución do pactado, non eximirá ó empresario da obriga do seu cumprimento.

CLÁUSULA 21.-PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados no TRLCSP, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolve-las dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese publico, acordar a súa resolución e determina-los efectos desta. Os acordos correspondentes poñerán fin á vía administrativa.

CLÁUSULA 22.- RESPONSABLE DO CONTRATO

Page 12: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 12 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

A supervisión, coordinación, comprobación e vixilancia da correcta realización do contrato, será exercida pola Administración Municipal a través do Responsable do contrato, designado polo Concello

Serán función do Responsable do contrato:

-Adoptar as decisión e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada.

-Esixir a existencia de medios e organización necesaria para levar a cabo adecuadamente a realización da prestación pactada.

-Dar as ordes oportunas para a correcta execución do servizo en termos de calidade e tempo.

-Subscribir a acta de recepción ou conformidade da xestión do servizo, aos efectos de liquidación do contrato.

-Formular os informes previos en orde á recepción.

-Resolución de cantas incidencias xurdan na execución do traballo.

-Calquera outra das establecidas no presente Prego.

En Monforte de Lemos, a 18 de abril de 2013

A Concelleira de Promoción Económica, O Técnico de Contratación,

Asdo. Mª Xosé Vega Buján Asdo. José Luis Cañoto López

Page 13: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 13 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

ANEXO I MODELO DE PROPOSICIÓN

CONCESIÓN POSTO PRAZA DE ABASTOS

“D. con DNI nº__________________

e con domicilio a efectos de notificacións en_____________________________________________ ,

Rúa ________________________________________ , Nº ________ , C.P. _________________ .

Enterado do expediente para a concesión administrativa de POSTO DA PRAZA DE ABASTOS Nº 8 por procedemento aberto, anunciado no BOP, no Perfil do Contratante, e no taboleiro de Anuncios do Concello, fago constar que coñezo o Prego que serve de base ao contrato e que o acepto integramente, tomando parte da licitación e comprometéndome a levar a cabo o obxecto do contrato nas condicións neste recollidas.

Consonte ó disposto na cláusula 4 do Prego, oferta un canon anual total de ________________________________________________________________________________

_____________________________ (en letra) _____________________________________ (en cifras) €.

Actividade a desenvolver no posto: __________________________________________ .

En , a de de 20

Page 14: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 14 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

Sinatura do interesado

ANEXO II UBICACIÓN

Page 15: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 15 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

ANEXO III

Page 16: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 16 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

PLANO POSTO 8

ANEXO IV

Page 17: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 17 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

INSTALACIÓNS POSTO 8

Na actualidade dito posto está totalmente rematado e cunha persiana de peche no seu fronte, carece de mobiliario e posúe as instalacións que a continuación se detallan.

- Termo acumulador

- Tomas de auga fría/quente no fronte do posto e lateral

- Cadro eléctrico

- Tomas eléctricas en varios puntos

ANEXO V

EQUIPAMIENTO ZONA MERCADO DE LA PLAZA DE ABASTOS DE MONFORTE DE LEMOS, LUGO

CÓDIGO DESCRIPCIÓN UDS LONGITUD ANCHURA ALTURA PARCIALES CANTIDAD PRECIO IMPORTE

CAPÍTULO 01 EQUIPAMIENTO MERCADO 01.01 Ud VITRINA FRIGORÍFICA PANORÁMICA4.000x1.10Omm.MADESING

Ud. Suministro y colocación de vitrina frigorífica panorámica Madesing reali zada en acero inoxidable 18/10 AISI 304, sin reserva con mueble neutro, cristales curvos elevables, dotada de luz color en zona de exposición, deco ración frontal por determinar, equipo frigorífico estático y unidad condensa dora incorporada de 1.800 w, dimensiones: 4.000 x 1.100 mm..

1.00 12.300,00

01.02 Ud MESA EN ÁNGULO ACERO INOX Ud. Suministro y colocación de mesa en ángulo realizada en acero inoxida ble 18/10 AISI 304, con cubeta fregadero de 450 x 450 x 250 mm., con zona de despiece, dimensiones: 2.300 x 2.200 x 700 x 880 mm..

1.00 3.840,00 01.03 Ud MESA RECTA ACERO INOX 1.600x600mm.

Ud. Suministro y colocación de mesa recta realizada en acero inoxidable 18/10 AISI 304, dimensiones: 1.600 x 600 x 880 mm..

1,00 1.180,00

Page 18: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 18 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

01.04 Ud CÁMARA FRIGORÍFICA KIDE 2.770x1.640 mm. C/EQUIPO KCRU-209-M-1-Z

Ud. Suministro y colocación de cámara frigorífica Kide fabricada en paneles modulares lacado/lacado, de 60 mm. de espesor, gancho de acero inox, perfil sanitario en suelo y paredes, suelo reforzado con contrachapado de abedul y fenólico antideslizante, y equipo frigorífico Kide de techo, modelo KCRU-209-m-1-z de 1.721 w.. dimensiones: 2.770 x 1.640 x 2.520 mm..

1,00 5.870,00 01.05 Ud PUERTA C/TAPA ELEVABLE ACERO INOX

Ud. Suministro y colocación de puerta con tapa elevable realizada en acero inoxidable 18/10 AISI 304.

1,00 925,00 01.06 Ud CÁMARA FRIGORÍFICA KIDE 1,260x2.010 mm. C/EQUIPO KCRU-108-M-1-Z

Ud. Suministro y colocación de cámara frigorífica Kide fabricada en paneles modulares lacado/lacado, de 60 mm. de espesor, gancho de acero inox, perfil sanitario en suelo y paredes, suelo reforzado con contrachapado de abedul y fenólico antideslizante, y equipo frigorífico Kide de techo, modelo KCRU-108-m-1-z de 1.252 w., dimensiones: 1.260 x 2.010 x 2.520 mm..

1,00 4.360.00 01.07 Ud VITRINA FRIGORÍFICA PANORÁMICA 2.800x1.100mm. MADESING

Ud. Suministro y colocación de vitrina frigorífica panorámica Madesing realizada en acero inoxidable 18/10 AISI 304, sin reserva con mueble neutro,cristales curvos elevables, dotada de luz color en zona de exposición, deco ración frontal por determinar, equipo frigorífico estático y unidad condensa dora incorporada de 1.800 w, dimensiones: 2.800 x 1.100 mm..

1,00 7.390,00 01.08 Ud MUEBLE ACERO INOX C/FREGAD. 5.590x700mm

Ud. Suministro y colocación de mueble realizado en acero inoxidable 18/10 AISI 304, con cubeta fregadero de 400 x 400 x 200 mm., con zona que sirve como base para sierra, picadora, etc., dimensiones: 5.590 x 700 x 880 mm..

1,00 2.380,00

01,09 Ud TAJO TROCEO ACERO INOX Y TABLA POLIETILENO Ud. Suministro y colocación de tajo de troceo realizado en acero inoxidable

Page 19: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 19 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

18/10 AISI 304 y tabla de polietileno calidad p-500 de 50 mm. de grosor, di mensiones: 700 x 500 x 880 mm..

1,00 315.00 01.10 Ud ESTANTERÍA EN ÁNGULO P/FRUTA ACERO y MADERA EXPOSIC. MIXTA

Ud. Suministro y colocación de estantería para fruta con una zona de doble exposición y una simple, en ángulo, fabricada con bastidor de acero inox 18/10 AISI 304 combinado con madera, dimensiones: 3.650 x 3.750 x 2.650 x 1.200 mm.

1,00 7.030.00 01.11 Ud ESTANTERÍA EN ÁNGULO P/FRUTA ACERO y MADERA DOBLE EXPOSIC.

Ud. Suministro y colocación de estantería para fruta con zona de doble expo sición, en ángulo, fabricada con bastidor de acero inox 18/10 AISI 304 com binado con madera, dimensiones: 4.400 x 4.100 x 3.250 x 1.200 mm..

1,00 9.265,00 01.12 Ud CÁMARA FRIGORÍFICA KIDE 1.640x2.010 mm. C/EQUIPO KCRU-108-M-1-Z

Ud. Suministro y colocación de cámara frigorífica Kide fabricada en paneles modulares lacado/lacado, de 60 mm. de espesor, gancho de acero inox, perfil sanitario en suelo y paredes, suelo reforzado con contrachapado de abedul y fenólico antideslizante, y equipo frigorífico Kide de techo, modelo KCRU-108-m-1-z de 1.252 w.. dimensiones: 1.640 x 2.010 x 2.520 mm..

1,00 4.695,00 01.13 Ud VITRINA EXPOSITORA SIN PLACA FRÍA3.000x1.100mm. P/PESCADO

Ud. Suministro y colocación de vitrina frigorífica expositora sin placa fría para pescado realizada en acero inoxidable 18/10 AISI 316, sin reserva, decora ción en sylestone o similar en color a definir por la D.F.O.. cristales rectos de 200 mm. de alto, dimensiones: 3.000 x 1.100 mm.

1,00 4.380,00 01.14 Ud MUEBLE ACERO INOX C/CUBETA.TABLA CORTE y GRIFO DUCHA 1.050x900mm

Ud. Suministro y colocación de mueble realizado en acero inoxidable 18/10 AISI 316, con cubeta de a 380 mm., una tabla de corte con hueco para desperdicios, grifo de ducha + grifo, dimensiones: 1.050 x 900 x 880 mm.

Page 20: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 20 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

1,00 1.980,00 01.15 Ud MUEBLE ACERO INOXC/FREGAD. 3.000x600mm.

Ud. Suministro y colocación de mueble realizado en acero inoxidable 18/10 AISI 304. con cubeta fregadero de 400 x 400 x 200 mm., dimensiones: 3.000 x600x880mm..

1,00 3.000.00 01.16 Ud VITRINA EXPOSITORA SIN PLACA FRÍA 3.800x1.100mm. P/PESCADO

Ud. Suministro y colocación de vitrina frigorífica expositora sin placa fría para pescado realizada en acero inoxidable 18/10 AISI 316, sin reserva, decora ción en sylestone o similar en color a definir por la D.F.O., cristales rectos de 200 mm. de alto, dimensiones: 3.800 x 1.100 mm.

1.00 5.665,00 01.17 Ud MUEBLE ACERO INOXC/FREGAD. 4.000x600mm.

Ud. Suministro y colocación de mueble realizado en acero inoxidable 18/10 AISI 304, con cubeta fregadero de 400 x 400 x 200 mm., dimensiones: 4.000 x 600 x 880 mm..

1.00 3.455,00 01.18 Ud VITRINA FRIGORÍFICA PANORÁMICA 2.000x1.100mm. MADESING

Ud. Suministro y colocación de vitrina frigorífica panorámica Madesing reali zada en acero inoxidable 18/10 AISI 304, sin reserva con mueble neutro, cristales curvos elevables. dotada de luz color en zona de exposición, deco ración frontal a elegir por la D.F.O., equipo frigorífico estático y unidad con densadora incorporada de 1.100 w, dimensiones: 2.000 x 1.100 mm..

1,00 7.180,00 01.19 Ud MOSTRADOR ACERO INOX 1.600x600mm.

Ud. Suministro y colocación de mostrador realizado en acero inoxidable 18/10 AISI 304, decoración frontal a elegir por la d.f.o.. dimensiones: 1.600 x 600x900mm..

1,00 2.115.00 01.20 Ud HORNO CONVECCIÓN ROMAGSA MOD. 966 MULTIFUNCIÓN

Ud. Suministro y colocación de horno de convección Rogmasa modelo 966 Multifunción realizado con estructura en acero inoxidable aisi 304, resisten cia superior e inferior y en ventiladores, posibilidad de guías para bandejas 60 z 40 ó gn 1/1, potencia: 6,40 kw. trifásica, humidificación: sí, n° de bande jas: 4, dimensiones exteriores: 785 x 700 x 655 mm.

Page 21: INFORME SOBRE AS XORNADAS DE FORMACIÓN DO XESTOR …monfortedelemos.es/recursos/perfil/02_Prego_admvo_posto_8_praza.pdfCPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 3 de 21 . Secretaría - Contratación

CVE: 0210030887005488 (CPR)

COABOR-007-13

CPR 13/05/2013 9:46:00 Páxina 21 de 21

Secretaría - Contratación

Campo de San Antonio s/n – 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 982 402 501 982 404 812 www.concellodemonforte.com

1,00 2.160,00 01.21 Ud GRIFERÍA CON PEDAL MEZCLADOR PARA FREGADERO

Ud. Suministro y colocación de grifería industrial para fregadero con pedal mezclador con entrada de agua fría y caliente, instalado con todos los ele-mentos necesarios, sin incluir la instalación eléctrica precisa, funcionando.

1,00 99,25 01.22 Ud TAQUILLA METÁLICA

Ud. Suministro y colocación de taquilla metálica monobloc soldada, acabado color galvanizado, cerradura con dos llaves, ventilación en la parte alta y baja de la puerta. Apertura de puerta 120° y pintura expoxy de acabado de puerta según criterios a definir por la D.F.O., incluye estante superior desmontable, barra colgadora y patas, dimensiones 1800x500x400.

1.00 150.00 01.23 Ud DOSIFICADOR DE JABÓN A. INOX

Ud. Dosificador de jabón en acero inoxidable mate, de 1,50 litros de capacidad, instalado.

1,00 49,60

01.24 Ud DISPENSADOR PAPEL ROLLO 500 M. Ud. Dispensador de papel en rollo de 500 m., en acero inoxidable mate, incluso p.p. de mecanismo de cierre, instalado.

1,00 56,40