Informe sobre os servizos da Biblioteca Central de Pr...
Transcript of Informe sobre os servizos da Biblioteca Central de Pr...
INFORME
SERVIZOS DA BIBLIOTECA CENTRAL DE
PRÉSTAMO: CLUB DE LECTURA E BIBLIOTECA
PROFESIONAL
DEPARTAMENTO:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Páxina 2
INDICE
1.- Introdución
A Biblioteca Central de Préstamo
- Misión
- Obxectivos estratéxicos
- Colección
- Usuarios
- Servizos
o Fondo Xeral
o Biblioteca Profesional
o Clubs de Lectura
2. informe 1: Os clubs de lectura
Que son os Clubs de Lectura
- Obxectivos
- Como funcionan
- Tipoloxía de clubs
Club de Lectura de Galicia
- Obxectivos
- Fondos
- Funcionamento
3.- Informe 2: Biblioteca Profesional
- Biblioteca Profesional
- Consulta en Sala
- Préstamo Interbibliotecario
- Consulta dos fondos
- Custos do servizo
Páxina 3
1. INTRODUCCIÓN:
A BIBLIOTECA CENTRAL DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DE
GALICIA
A Biblioteca Central de Préstamo
A Biblioteca Central de Préstamo é un departamento da Biblioteca de Galicia
que ten o obxectivo de dar apoio e ofrecer un conxunto variado de servizos ás
bibliotecas públicas de Galicia para optimizar os recursos existentes, mellorar á oferta
informativa da Rede de bibliotecas e resolver ou minimizar carencias funcionais e de
espazo.
Misión
• Facilitar ás bibliotecas a asunción dos retos vinculados á xestión da colección e ás políticas de información de préstamo.
• Facer accesibles recursos de información de calidade en diferentes temáticas.
• Prestar servizos para difundir estes fondos co fin de contribuír e impulsar o novo papel que deberían cumprir as bibliotecas públicas en Galicia.
Páxina 4
• Converterse nun servizo bibliotecario de ámbito comunitario en temas como o préstamo interbibliotecario ou a creación dun almacén colectivo para libros procedentes do expurgo das bibliotecas públicas.
Obxectivos estratéxicos
• Aliñar os obxectivos e o traballo da Biblioteca Central de Préstamo coas estratexias desenvolvidas polas bibliotecas.
• Ampliar e mellorar a oferta e a prestación de servizos.
• Integrar axeitadamente esta unidade na estrutura do Sistema Bibliotecario de Galicia.
• Mellorar a coordinación e a optimización de recursos.
• Manter e conservar unha colección de fondos de soporte ao préstamo
• Xestionar fondos procedentes do expurgo das bibliotecas do Sistema de Bibliotecas de Galicia.
• Asesorar e establecer directrices que dean soporte á xestión da colección e ás políticas de expurgo.
• Xestionar o servizo de almacén dos fondos en depósito
• Redistribuír os donativos e fondos procedentes do expurgo a outros centros.
• Resolver déficits funcionais e organizativos.
• Resolver déficits de infraestrutura tecnolóxica e de espazos.
Colección
• Fondos de soporte ao préstamo destinado a completar coleccións das bibliotecas públicas.
• Adquisición de colección documental nas linguas minoritarias de Galicia.
• Fondos de baixo uso procedentes do expurgo das bibliotecas do Sistema de Bibliotecas de Galicia.
• Fondos procedentes de doazóns.
• Lotes para a organización de clubs de lectura e de actividades de promoción da lectura organizadas polos distintos tipos de bibliotecas.
Páxina 5
• Lotes de obras de diferentes disciplinas e en distintos soportes para mellorar as coleccións das bibliotecas.
• Colección de fondos para a formación da biblioteca profesional
Usuarios
• A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
• As bibliotecas escolares de Galicia.
• As demais bibliotecas do sistema bibliotecario de Galicia segundo os convenios de colaboración que se establezan.
• As bibliotecas doutras comunidades autónomas españolas, segundo os convenios de colaboración que se establezan, seguindo o REAL DECRETO 1573/2007, do 30 de novembro, do Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecaria. (BOE núm. 1, da 1 de xaneiro de 2008).
Servizos
� Fondo Xeral
Comprende un fondo de obras impresas e noutros soportes accesible a tódolos centros
da Rede de Bibliotecas de Galicia. Inclúe amplas coleccións de fondo galego, en lingua
galega ou relacionado con Galicia, coleccións de materiais sonoros, audiovisuais e
noutros soportes, coleccións de temáticas específicas, para reforzo puntual dos fondos
das nosas bibliotecas (muller, viaxes, economía, etc.), así como os fondos de carácter
xeral da Biblioteca de Galicia susceptibles de préstamo ou fondos de pouco uso e
escasa demanda procedentes tanto da propia biblioteca como do expurgo das
bibliotecas da rede, cuxa xestión asuma a Biblioteca de Galicia.
� Biblioteca Profesional
A colección profesional da Biblioteca de Galicia comprende os fondos relacionados con
Biblioteconomía, Documentación, Arquivística e Museoloxía.
Páxina 6
� Clubs de Lectura
Un servizo da Biblioteca Central de Préstamo para os clubs de lectura pertencentes aos
centros adscritos á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é o préstamo de exemplares
múltiples dun mesmo título e, de ser o caso, do material complementario de apoio.
2. OS CLUBS DE LECTURA
A creación de hábitos estables de lectura foi sempre unha dás funcións esenciais da
biblioteca pública e obxectivo polo que vén apostando dende hai anos a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
De entre todas as actividades culturais e de animación á lectura que se realizan nas
bibliotecas públicas, os clubs de lectura son posiblemente unha das accións que mellor
fidelizan o hábito lector e os resultados da cal son máis positivos.
Todo iso propiciou a inclusión dentro da Biblioteca Central de Préstamo dun servizo
para os Clubs de Lectura tendente a favorecer e facilitar o desenvolvemento dos clubs
de lectura na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Que son os Clubs de Lectura
Un club de lectura é un grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro e
reúnense periodicamente un día e hora fixos para comentar o lido.
Nestas reunións debatese no so da obra desde un punto de vista literario, sino tamén
das reflexións e sentimentos que suscita a trama, os personaxes ou o tema do libro nos
lectores.
Os clubs de Lectura reúnen dos alicientes:
- A lectura persoal e íntima
- A posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.
Trátase dunha actividade que reúne a persoas cunha afinidade común: o gusto pola
conversación e a lectura.
Páxina 7
Obxectivos
- Fomentar o hábito da lectura e o diálogo
- Promover o uso da biblioteca e dala a coñecer como equipamento cultural
- Ofrecer novas posibilidades para o tempo libre
- Ofrecer itinerarios de lectura aos lectores
- Crear un punto de encontro para persoas interesadas na lectura
- Favorecer un acercamento crítico aos diferentes xéneros literarios
- Ofrecer apoio a outros programas
Como funcionan
Cada biblioteca establece as súas pautas de funcionamento.
- Integrantes:
O número de lectores que deben formar un club de lectura va desde as 10 as 20
persoas co fin de que todos poidan participar e se produzan opinións variadas e sexa
fácil que todos poidan expresalas.
- Lugar: os encontros teñen lugar na biblioteca ou de forma virtual
- Periodicidade: variable (semanal, cada dous semanas, cada mes, etc.)
- Condución: as reunións son conducidas e moderadas por un coordinador
- Selección de libros: o coordinador pode propoñer un itinerario de lectura, pero
tamén hai clubs nos que son os propios membros quen deciden que libros lerán
Para participar é necesario realizar inscrición previa, xa que o número de prazas é
limitado.
As encontros poden contar nalgúns casos con invitados (o autor do libro, o editor,
especialistas no tema, etc.). As veces tamén se organizan actividades paralelas como
saídas ao teatro, ao cine, sesións de lectura en voz alta e outras actividades
relacionadas coa lectura.
Páxina 8
Tipoloxía de clubs
As bibliotecas ofrecen clubs de lectura diversos, para todos e para todos os gustos:
- De novela (histórica, de amor, negra ...), biografías, de ensaio, banda deseñada
- Para adultos, persoas maiores, nenos, mozos, neolectores, recen chegados...
- Para practicar idiomas, acoller recen chegados, reforzar programas con persoas
con necesidades especias ...
- Presenciais na biblioteca, virtuais ou combinando as dúas formas
A BIBLIOTECA DE GALICIA E O CLUB DE LECTURA DE GALICIA
A lectura segue sendo apreciada e necesitada por moitos, estando entre os obxectivos
primordiais das bibliotecas públicas fomentar e participar no acto lector e intentar
como obxectivo final que a lectura se converta nun hábito para conseguir unha
sociedade máis avanzada, crítica, xusta, libre e independente.
Movidas por ese motivo, dende hai tempo, os clubs das bibliotecas públicas da nosa
comunidade foron establecendo enlaces e contactos entre sí, co propósito de traballar
dun modo cooperativo no servizo de empréstito de lotes de libros e posibilitando un
considerable aforro orzamentario. Co tempo este servizo foise desenvolvendo e
Páxina 9
estendéndose. Na actualidade existe unha extensa rede de clubs que traballan de
modo cooperativo e que contan cun fondo específico para o empréstito entre clubs de
lectura.
Co fin de servir de apoio e de coordinación aos clubs de lectura existentes nas
bibliotecas públicas galegas crease o Club de Lectura de Galicia para dar todo tipo de
asesoramento, proporcionar o material (libros, películas …) para o seu
desenvolvemento e organizar actividades que complementen a animación a lectura no
ámbito do propio club ou que fomenten as relacións e vínculos entre clubs.
A vocación última da Rede de Bibliotecas de Galicia supón a creación e extensión
dunha verdadeira rede comunitaria de fondos accesibles para clubs de lectura no que
as bibliotecas públicas xogan un papel moi relevante a través dous seus respectivos
grupos de lectura. É por iso, que este servizo pretende abrir unha canle de
participación aos devanditos clubs, como provedora de fondos de libros, xa que ata
agora viñeron realizando unha función moi importante para toda a comunidade e
queremos que sigan xogando ese papel que ata agora viñan exercendo.
Obxectivos
� Formar unha colección básica de fondos para o préstamo aos clubs
O servizo porá a disposición dos clubs un listado de fondos dispoñibles para o
préstamo. Os fondos serán os xa existentes nas bibliotecas que contan con club e
fondos propios os que a biblioteca central de préstamo adquira para dar apoio a esta
actividade.
Páxina 10
� Elaboración dun blog de Club de Lectura
Conterá a información necesaria para a súa formación, a colección de fondos para o
préstamo, acceso a petición de obras, recursos de información sobre clubs de lectura,
relación de clubs existentes en las bibliotecas, coordinación de actividades, noticias,
reunións coordinación de actividades, noticias, etc.
� Campaña de promoción e difusión dos clubs de lectura e dos medios que se
ofertan para o seu funcionamento.
� Cursos de formación para coordinadores de Club de Lectura
� Planificación anual de lecturas
Páxina 11
Os clubs que o desexen poderán participar desta programación e así compartir visitas
de autores, visionado de películas, intercambios entre membros dos clubs, maratóns
de lectura, participación en diferentes actividades, etc.
Fondos
Os fondos destinados aos clubs de lectura estarán, físicamente centralizados e
instalados na Biblioteca de Galicia.
A súa difusión será a través do propio catálogo da Biblioteca de Galicia – Biblioteca
Central de Préstamo e indentificaranse como fondos do Club de Lectura de Galicia
O número de exemplares por título fixarase como mínimo en 20 co fin de ofrecer aos
clubs de lectura tantos exemplares como participantes teñan.
A elección dos títulos a adquirir será competencia do Club de Lectura de Galicia
considerando as demandas dos clubs ou a iniciativa propia.
Colección disponible:
- Títulos: 357
- Exemplares: 8.020
- Tipoloxía dos fondos: narrativa, teatro, poesía e banda deseña
- Lingua: galego, castelán, francés, inglés, italiano e portugués
Páxina 12
Funcionamento
O Club de Lectura de Galicia crease como un servizo da Biblioteca Central de Préstamo
dependente da Biblioteca de Galicia
Solicitude de participación
Para acceder a este servizo é necesario que o Club de Lectura interesado en participar
o solicite mediante a cumprimentación do formulario no que constarán os seguintes
datos:
- Nome do club e da biblioteca solicitante
- Lugar de envío dos exemplares
- Datos de identificación da persoa responsable do club
- Solicitude asinada polo responsable da biblioteca
Páxina 13
Solicitude de Exemplares
Os lotes ofrecidos estarán compostos por un mínimo de 10 exemplares dun mesmo
título.
A petición dos lotes realizarase a través do formulario de petición e enviarase polos
seguintes seguintes medios:
- Teléfono
- Correo postal, indicando no sobre “Préstamo a Clubs de Lectura”
- Fax, coa mesma indicación na carátula
- Correo electrónico á dirección: [email protected]
- Formulario web que atopará no blog
- Para as bibliotecas integradas no catálogo colectivo de AbsysNET, solicitude a
través do módulo de Circulación
Na solicitude de préstamo deberán figurar os seguintes datos:
- Solicitante
- Títulos solicitados
- Forma de envío
A biblioteca provedora comprométese a enviar o lote solicitado nun prazo máximo de
15 días. De non poder atender a petición, comunicarao o máis axiña posible.
Prazos de Préstamo
O prazo de préstamo é de dous meses. É preciso consultar á biblioteca para reservas e
renovacións.
Envíos e Devolucións
- As obras empaquetaranse de forma adecuada para evitar deterioros.
- A caixa levará, ben visible, a seguinte indicación: “Biblioteca de Galicia,
Biblioteca Central de Préstamo, Clubs de Lectura”
- Non se enviará un novo lote a un mesmo club mentres non devolva o lote
inicial.
Páxina 14
Custos de Envío e Devolución
A Biblioteca Central de Préstamo enviará gratuitamente os lotes ás bibliotecas da
Rede, que asumirá os gastos de devolución.
Obrigas dos Clubs de Lectura
Os clubs de lectura deberán cumprir a normativa do servizo e en particular os
seguintes requisitos:
- Devolver as obras nos prazos sinalados.
- Manter a integridade do lote prestado. En caso de deterioro ou perda, o club
deberá repoñelo ou abonar o importe correspondente.
- Manter actualizados os datos do carné.
- Facilitar calquera información requirida pola Biblioteca Central de Préstamo.
3. A BIBLIOTECA PROFESIONAL
Unha das función esenciais dunha biblioteca central de sistema, como é a Biblioteca de Galicia, é a de proporcionar soporte informativo e documental ós profesionais e técnicos da mesma.
Por esa razón as bibliotecas do tipo da Biblioteca de Galicia (bibliotecas nacionais, autonómicas ou rexionais) adoitan contar cunha coidada selección de obras de apoio ó labor dos técnicos que xestionan a Rede de Bibliotecas das que son cabeceira.
As características do traballo actual nas bibliotecas esixe polo demais unha constante posta ó día en tecnoloxías, procedementos, normativas e sistemas de traballo. A Biblioteca de Galicia proporciona nese senso unha ampla bilbiografía que pon a disposición de tódolos profesionais da rede.
Páxina 15
A constitución e mantemento desta colección ten como obxectivo facilitar a formación do persoal que traballe en calquera biblioteca de Galicia, así como dos alumnos de Escolas ou Facultades universitarias. Para iso, a Biblioteca de Galicia pon a disposición da Rede de Bibliotecas un fondo especializado na materia e non existente nas bibliotecas da localidade do usuario final.
Cobre con iso un amplo espectro con publicacións que está fora do alcance das múltiples bibliotecas individuais do sistema, polo seu alto custo e polas dificultades da súa adquisición
A colección profesional da Biblioteca de Galicia comprende por un lado os denominados fondos de referencia especializada, especialmente os doe bilbiografía, e por outro os fondos relacionados con Biblioteconomía, Documentación, Arquivística e Museoloxía.
Estes fondos poden consultarse in-situ, a través das salas en acceso aberto sitas na propia biblioteca, ou acceder a elas a través do préstamo interbibliotecario.
Consulta en Sala
Todo o fondo da colección pode consultarse na propia bilbioteca., na sala situada na planta baixa da Biblioteca de Galicia, onde atopará parte da colección en acceso directo, aínda que algúns títulos consérvanse no depósito polo que deben solicitarse ao persoal encargado da sala.
Parte dos fondos, que non están suxeitos a préstamo interbibliotecario, (como por exemplo boa parte dos fondos da colección de bibliografía, en moitos casos libros antigos e de gran valor non suxeitos polo tanto a préstamo interbibliotecario). Teñen esta opción de consulta en sala como única posible para consulta do orixinal. (En caso de préstamo interbibliotecario so se podería ofrecer copia dos mesmos)
Actualmente case todos os fondos profesionais e parte dos de bibliografía está accesibles a tódolos usuarios en acceso directo. As previsións cara o futuro é colocar estes fondos na futura sala de investigadores.
Préstamo Interbibliotecario
Outra forma de consulta establécese polo servizo de préstamo interbibliotecario.
A biblioteca peticionaria deberá asegurarse previamente de que a obra solicitada non consta nos catálogos das bibliotecas da súa localidade.
Páxina 16
A petición terá todos os datos da publicación necesarios para a súa identificación e localización. No caso de reproducións, deberase indicar o tipo de soporte (fotocopia, electrónico, etc.) no que se desexa recibir.
A biblioteca peticionaria levará o control dos préstamos efectuados vixentes e a data de devolución. Contabilizará, a efectos organizativos e estatísticos o número de obras solicitadas, as demandas satisfeitas e o número de préstamos por cada solicitude. En cada préstamo consignarase o número de publicacións orixinais, o tipo de material de cada publicación e o número de reproducións, clasificándoas segundo o seu tipo de publicación, monografía, publicación seriada, e o seu soporte.
Consulta dos fondos
Para facilitar o uso do servicio, a Biblioteca de Gálicia da acceso ó catálogo de fondos profesionais da súa colección.
O sistema permite tamén a busca de fondos a través de buscas avanzadas. Isto permite unha maior profundidade na selección dos fondos, permitindo os profesionais seleccionar en razón do seu interese o das súas necesidades técnicas nun momento dado.
Páxina 17
Custos do servizo:
- O préstamo de obras orixinais será gratuíto.
- As reproducións terán o custo acordado nas tarifas aprobadas, que estarán
suxeitas a revisións periódicas. As tarifas en vigor serán públicas e estarán a
disposición dos usuarios.