JOHN STUART MILL - Home - European Liberal Forum John Stuart Mill tiña razón sobre moitas cousas e...

20
JOHN STUART MILL

Transcript of JOHN STUART MILL - Home - European Liberal Forum John Stuart Mill tiña razón sobre moitas cousas e...

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

Publicado polo European Liberal Forum asbl, co apoio da Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia (Galidem) e o Movimento Liberal Social (MLS). Financiado polo Parlamento Europeo.

O Parlamento Europeo non é responsabel do contido da publicación. Os puntos de vista expresados na publicación son dos respectivos autores e non reflicten necesariamente os puntos de vista do European Liberal Forum asbl.

copyright @ 2012 European Liberal Forum asbl, Bruxelas, Bélxica.

Esta publicación só pode ser reproducida, arquivada ou transmitida, en calquera formato ou por calquera medio, coa

autorización previa por escrito do editor. As cuestións relacionadas con a reproduzón fora destes termos deben ser

enviadas ao European Liberal Forum. Unha copia dixital desta publicación poderá ser obtida gratuitamente en

www.liberalforum.eu, www.galidem.eu ou www.liberal-social.org.

Para informacións adicionais e distribución:

galidem - Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia

Rua do Bispo Lago 33,

E36700 Tui (Galiza), España

www.galidem.eu

[email protected]

MLS - Movimento Liberal Social

Rua Ramalho Ortigão, 31, CV DTA

1070-228 Lisboa . Portugal

www.liberal-social.org

[email protected]

Ficha Técnica:

Título: John Stuart Mill

Serie: Unidades Didáticas sobre Liberalismo. II. Autores Liberais.

Autor: Francisco Xavier Lores

Editor: European Liberal Forum asbl

Capa: John Stuart Mill. Victorian Firebrand. Richard Reeves. Atlantic Books. 2007.

Imprime:

Palabras chave: John Stuart Mill, liberalismo, ciencia política, liberal, autores liberais, economía, pensamento liberal,

capitalismo.

JOHN STUART MILL

p. 1

p.11

p.12

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

Non é fácil atopar persoas cuxo pensamento estivera tan acertado no seu tempo como centos de

anos despois. John Stuart Mill tiña razón sobre moitas cousas e a sua razón perdurou até os nosos días.

Defendeu a igualdade completa entre sexos. Non so o sufráxio femenino se non a paridade absoluta. Ta-

mén defendeu o dereito a contracepción, foi arrestado cando tiña dezasete anos por axudar a xente po-

bre a obter contraceptivos. Defendeu o fin da escravitude e a igualdade entre todas as razas humanas.

Reclamou xuizos xustos para os detidos acusados de terrorismo. Argumentou a favor de dar aulas en ára-

be coa finalidade de non instigar o potencial radicalismo nas colonias británicas. Mill foi un inimigo da in-

tolerancia e a superstición relixiosa, e amigo da tolerancia e o libre pensamento. O que non lle impediu

destacar as virtudes éticas de Xesús de Nazaret. Todo isto mixturado coa firme convicción de que o motor

da prosperidade é o libre mercado, mais ao mesmo tempo preocupado coas desigualdades sociais.

A historia de John Stuart Mill é a historia dun home guiado pola razón e a racionalidade para en-

frentar os problemas aos que se enfrentan as sociedades. Mais tamén foi un home profundamente huma-

no que tivo a sua propia ración de loucura e amor.

A nenez de Mill foi extraña para a época. Nace en 1806 froito da unión do intelectual escocés, Ja-

mes Mill, e unha nai pasiva e case que invisíbel. O seu pai decidiu sometelo a un experimento educacio-

nal. Toda a sua educación foi dirixida polo seu pai e o filósofo utilitarista Jeremy Bentham. O obxectivo foi

producir unha mente cunha ampla capacidade. A vida do rapaz foi secundaria. Este proceso de aprendiza-

xe faría del un pequeno sabio desde os sete anos. Aprendeu grego aos tres anos e latín aos cinco. Con do-

ce xa estudara lóxica e aos dezaseis xa lera a David Ricardo. No seu curriculum non houbo espazo para a

poesia nen para a música; so historia, matemáticas, economía, os clásicos e a filosofía utilitarista bentha-

mita.

JOHN STUART MILL

O plantexaba unha nova forma de conceptualizar a motivazón humana das accións: as

accións poden levar ao pracer ou ao dano, á felicidade ou á desgraza, e a acción correcta é aquela que le-

va a maior felicidade posibel para unha maior cantidade de xente. O utilitarismo fornece así dunha base

intelectual para a construcción da moderna teoría microeconómica. Ademáis, permite un ponto de vista

orixinal sobre os dereitos das persoas. As persoas non teñen dereitos debido a que un creador nos dotara

deles, senon que temos dereitos porque é útil telos. Daquela, o utilitarismo harmonizou perfeitamente co

racionalismo materialista que se pode atribuir ao liberalismo e a mentalidade empresarial.

A idade de dezasete anos entra ao servizo da , a corporación privada que se

ocupaba na época de asuntos relacionados coa India. Mill permanecerá na sede central da compañia en

Londres durante trinta e cinco anos, nos que se adicou a xestionar os asuntos da India dende a metrópole.

Foi un leal servidor do imperio británico, mais tamén un servidor de mente aberta. Cando o gobernador

da India quixo recortar os fondos adicados ao ensino do árabe e o sanscrito nas escolas da India, Mill opú-

soxe por medo a perder o contacto coas élites do país. Escribiu: «Sen coñecer a lingua do povo, nunca co-

ñeceremos o seus pensamentos, os seus sentimentos e o seu carácter.»

Antes de cumplir os vinte anos, Mill xa era un escritor popular nos xornais e revistas. Foi un dos

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

principais columnistas e o polemista máis eficaz na , fundada por Bentham en 1823

como contrapeso aos xornais conservadores. Para o xoven Mill «o xornalismo é á moderna Europa o que

a oratoria política foi en Atenas e Roma». Mais en vez de iniciarse no xornalismo —onde estaba o diñei-

ro— e despois converterse nun filósofo popular como moitos dos seus contemporáneos, Mill primeiro

iniciose na filosofia —onde estaban as ideas— e despois escrebeu nos xornais e revistas onde estaba o

combate. Dende as páxinas de xornais e revistas combateu as ideas de David Hume que políticamente

eran ás dun conservador, o populismo de William Cobbett ou a discriminación contra os católicos. No fon-

do sempre estaban as ideas dos seus mentores, e gañouse a sona de «máquina de racionalidade» que ti-

ñan os benthamitas.

Mais todas as máquinas teñen averías, e Mill tamén tivo unha gran avería. En 1826 caeu nunha fon-

da depresión e melancolía que durou dous anos. Coa sua habitual intelixéncia recoñece que o problema

tiña que ver coa sua formación deseñada polo seu pai. Dase conta de que adicara moi pouco tempo a cou-

sas que tamén son importantes para vivir. Que podía existir beleza nas cousas belas. Daquela encetou a

prestar atención á música, á poesía ou ás artes. Viaxa a Italia regularmente, a visitar as igrexas nas que

JOHN STUART MILL

pode ver pintura. O arte é o produto da imaxinación e a inspiración, algo moi alonxado das preocupacións

centrais do liberalismo: acordos xustos, procesos transparentes, xustiza, equidade e dereitos individuais.

Pode que esta contraposición lle resultara motivadora a Mill porque cando en 1834 funda un novo

xornal, o un dos principais columnistas será alguén moi alonxado do utilitarismo e o libe-

ralismo de Mill: o escritor escocés ultra-conservador Thomas Carlyle. Mill reverenciaba a visión tan orixi-

nal de Carlyle, e éste recoñecía en Mill a mente máis fina e exacta da sua época. Durante a década dos

trinta o toma e daca entre Mill e Carlyle foi un dos motores máis creativos do pensamento inglés. Reali-

zando así na prática as vantaxes de liberdade de expresión e de prensa.

Mill tamén absorveu porcións da filosofia continental. Tomará prestado do filósofo romántico ale-

mán Wilhelm von Humboldt o termo «self-development» (auto-desenvolvemento) que pasará a sustituir

ao placer utilitarista como obxectivo na vida. Para o Mill da post-depresión, unha boa vida é aquela na

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

que un sae ao mundo a construir a mellor persoa que poda: viaxando onde un quera, vendo todo o que

un poida, decindo o que teña que decir, cantando a suas própias cancións e escoitando os seus propios

poemas. Mill converterase nun romántico e nun epicúreo. O seu liberalismo de madurez adquiriu tintes

dunha teoria da conduta libre xustificada nos bos resultados. Hoxe nos refeririamos a el como unha

, é decir, aberta a todos os placeres da vida disfrutando deles con xenerosidade. Da-

quela, enténdese que pasara largas temporadas na Franza.

Se o Mill novo xa tiña certa admiración pola Franza, o Mill maduro declárase abertamente francófi-

lo, ainda que sempre foi condescendiente coa Franza. Mill mercou unha pequena casa no sur da Franza,

en Avignon. Alí viviu e escribiu os derradeiros anos da sua vida. A vida política da Franza resultáballe moi

irritante. O triunfo e posterior fracaso da revolución de 1848 foi un duro golpe para Mill. Tras a esperanza

de que o liberalismo podía gañar por fin, seguiu o autoritarismo e o feroz nacionalismo da man do empe-

rador Louis-Napoleon. É unha nación de paletos que votan por Louis-Napoleon, chegou a decir.

Mill tiña verdadeira aversión aos dogmas, incluidos os seus. A sua estratéxia para argumentar fren-

te a moitos dogmas consistía en tomarse en serio o dogma e ver até onde o levaba o seu razoamento lóxi-

co. Se alguén defendia que a proba da existéncia de Deus estaba na propia natureza, Mill respostaba pre-

guntándose que consecuencias tería de ser verdade, para concluir que tal creador tería que ser un inepto,

limitado, benintencionado mais incapaz. Mill era así, tomábase en serio o argumento sobre a existencia

de Deus, e levábao até a suas últimas consecuéncias. Cando o gobernador de Xamaica castigou cruelmen-

te a un preso nativo , torturandoo até a morte, Mill loitou en Inglaterra creando un Comité para que o

gobernador fose xulgado, non por mala administración como foi encausado, senón por asesinato. No Co-

mité creado para defender ao gobernador estaban Dickens e o seu amigo Carlyle. Mill argumentaba que

os seus propios dereitos non tiñan nengún valor se o resto das persoas non tiñan os mesmos dereitos que

el. A sua amizade con Carlyle somentes fraqueou cando saía a relucir o racismo do seu amigo escocés,

Mill era un apaixoado abolicionista.

JOHN STUART MILL

Mais de todas as causas polas que loitou Mill, a máis heroica foron os dereitos das mulleres. Mill

afirmaba que el sempre fora feminista, mais hai poucas dúbidas de que o motor do seu feminismo foi a

sua amiga, amante, colaboradora e finalmente esposa, Harriet Taylor. Coñecéronse no verán de 1830 nu-

nha cea de amigos liberais na casa de Harriet e o seu esposo, John Taylor, co que tiña dous fillos. Ela era

intelixente e fermosa e namoráronse enseguida. Comenzaron a traballar xuntos até tal ponto que ao cabo

tan so dun ano alguén escribiu a Harriet preguntándolle por un traballo sobre Byron: “Did you or Mill do

it?”

Durante unha década Mill e Harriet viviron unha auténtica historia de amor victoriano, ian xuntos a

todas partes. Despois de anos de intriga, os Taylor decidiron unha separación. Harriet foise a París duran-

te unha temporada, e para poñer a proba o amor de Mill convidouno a pasar seis semanas con ela en Pa-

rís. Porén, ao final dese tempo Harriet decidiu permitir ao seu esposo ir a París para que tamén presenta-

se a sua «candidatura». Finalmente, Harriet decidiu que os compartiría e estableceu unha programación

de tal forma que se alternaría entre a casa de John Taylor e a casa de Mill. Taylor pagaría as facturas e Mill

ocuparíase de manter a adega de viño. As faladurías sobre Mill, Harriet e Taylor inundaban Londres. Ape-

sares de que Mill nega nas suas memorias ter mantido relacións sexuais con Harriet antes do matrimonio,

as cartas que se escrebían suxiren o contrario. Cando Mill e Harriet se reunían en segredo facíanno na ga-

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

iola do seu «vello amigo Rhino» no zoo de Londres, non sabemos se coñecían ou non as propiedades afro-

disíacas do seu corno.

En (1869) Mill e Harriet non só se contentan con amosar que as mulleres

serán máis felices se son libres, eles van directamente a raíz e se preguntan se hai algunha razón para

pensar que algunha restrición sobre a liberdade das mulleres é xusta. Os argumentos contra a liberdade

das mulleres tiñan que ver con o que é natural que fagan as mulleres, ou con o que as mulleres son capa-

ces de facer, ou con o que pode ofender a un home. Mill e Harriet van analizando cada argumento para

concluir que o único racional é a nosa escravitude á costume. Que as mulleres son pasivas por natureza?

Ben ai tedes a raiña Isabel. Que as mulleres están diseñadas para ter fillos? Nengún argumento natural

pode estar por riba da ética da liberdade: se unha muller quere criar fillos, perfeito; se unha muller non

desexa facelo non hai razón para que teña que o facer. Mill presenta o argumento unha e otra vez: non é

posibel saber que cousas son naturalmente boas para as mulleres, dado que as suas oportunidades son

pequenas en relación ao tamaño da sua opresión. Argumentando contra a idea de que as mulleres non

teñen talento para as artes, Mill afirma que as mulleres o fan tan ben como os homes actuando nun esce-

nario, xustamente nunha arte para a cal as mulleres están tan incentivadas como os homes. En calquera

JOHN STUART MILL

caso, a natureza non ten nada que decir sobre o que debe facerse. No seu ensaio sobre a natureza

(1854) escrebe: «a natureza non pode ser un modelo apropiado para que o imitemos. Daquela sería co-

rrecto que matáramos porque a natureza mata, torturáramos porque a natureza tortura, arruináramos e

devastáramos porque a natureza o fai; non temos que considerar o que fai a natureza senon o que é bo

facer.» Antes de que Mill escribira sobre as mulleres, estas eran ninguneadas en tódolos ámbitos, despois

que Mill escribira será imposíbel evitar que se convertan en cidadás.

O esposo de Harriet morreu en 1849 e, por fin, Mill e Harriet puideronse casar en 1851. Mais pouco

lles durou a ledícia, Harriet morreu sete anos e médio despois. O mesmo mes en que morría Harriet, Mill

enviaba a publicar o manuscrito final de « ». Nese mesmo ano Darwin estaba rematando «

» e tamén seria publicado no seguinte ano; os dous libros convertiríanse nos peares

do liberalismo da época.

A idea que inspira toda a vida e o traballo de John Stuart Mill é a liberdade individual. A imaxe du-

nha sociedade ideal é unha sociedade na que cada persoa pode determinar o rumbo da sua vida. Isto está

moi lonxe do «todo vale» do relativismo moral. Certamente, Mill considera que todo o mundo debería ser

libre para vivir como desexe, sempre que non dane a outros. Mais no cerne do seu liberalismo está unha

visión do que é unha vida humana plena. Esta visión está claramente articulada e repetida nos seus traba-

llos, e para Mill este é o obxectivo que cada individuo ten que buscar e que cada sociedade ten o deber de

promover: a auto-realización, a búsqueda da verdade e a excelencia en tódolos ámbitos da vida, a paixón,

o compromiso e a diversidade. Mill quere que sexamos libres, mais tamén que teñamos unha boa vida.

Para Mill o principal enemigo da liberdade individual son as actitudes da sociedade e non a lei. Mill

argumenta que o despotismo das costumes pode ser unha ameaza maior para a liberdade que a tiranía

do estado. Mill, quizais pola sua propia experiencia, temía os efectos opresivos da opinión pública e lou-

vou a excentricidade, o individualismo e os experimentos no estilo de vida. Para Mill facer algo simple-

mente porque «é o que hai que facer» era como non escoller. Asimesmo, defendeu a liberdade de expre-

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

sión. A competencia entre ideias opostas é imprescindíbel para chegar a descubrir a verdade entre as

«medias verdades» que as posturas contrapostas conteñen.

Mill foi un dos principais defensores da igualdade entre homes e mulleres. Foi o primeiro en recla-

mar lexislación para otorgarlle o voto ás mulleres e foi o inspirador da

O seu apoio á causa dos dereitos das mulleres provocoulle máis hostilidade que calquera outra das

suas posicións. Mais Mill sempre levou o seu liberalismo até as últimas consecuencias. Para Mill, calquera

individuo debe ter as liberdades necesarias para poder construir a sua própia vida.

Ao igual que Tocqueville, Mill sempre mostrou reservas sobre a democrácia. Receaba da tiranía da

maioria, especialmente das formadas por xentes sen educación. Na sua obra é evidente que o sufráxio

universal era menos importante que a liberdade universal. Mill sempre se opuxo ao segredo no voto, algo

considerado esencial para ter unha verdadeira democracia, pensaba que todo o mundo debería estar dis-

posto a facer públicos os seus pontos de vista. Isto era idealista, mais guiado polo ideal liberal.

Mill tamén se enfrentou ao socialismo. Opúxose con dureza a centralización e o control estatal da

economía. Porén, foi un defensor do socialismo no senso de defender a forma de propiedade comunal

das empresas. Para Mill o mellor sistema económico é aquel que proporciona a maior cantidade de liber-

dade ás persoas. O valor das institucións económicas, políticas e sociais debe ser sempre medido en ter-

mos das suas cualidades liberadoras. Mill foi un liberal, un demócrata e un socialista, por ese orde.

Visto desde hoxe, o seu pensamento pode seguir informando a forma de abordar os retos que unha

sociedade moderna enfrenta: nomeadamente, atopar un equilíbrio entre liberdade individual e a acción

colectiva; como deseñar institucións democráticas e cívicas que incentiven aos cidadáns a ter criterio e a

participar; como cultivar a cohesión nacional e convivir coa diversidade; como integrar autoridade co fo-

mento da crítica. A vida de Mill estivo adicada a mellorar a democracia liberal.

Cando en 1873 morre a prensa londinense louvou a sua figura e o seu pensamento, os seus admira-

dores da clase obreira axudaron a levantar unha estátua del en Thames Embankment. A pesares de ser

JOHN STUART MILL

admirado por todos, Mill pediu ser enterrado nunha pequena vila francesa, en Avignon. Xunto a Harriet o

seu único amor. Ao final, era todo o que sabía.

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

• On Liberty and The Subjection of Women. Penguin Classics. (ISBN 0-141-44147-X)

http://www.victorianweb.org/philosophy/mill/ten/contents.html

JOHN STUART MILL

1. Que representa un maior perigo para a liberdade según John Stuart Mill?:

a) O Estado

b)

c) As leis

d) Os gobernos.

2. Cal das seguintes é máis importante para John Stuart Mill?:

a) Sufraxio universal,

b)

c) As leis

d) A natureza

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL

JOHN STUART MILL