Leer es un ejercicio con consecuencias fatales para los...

35

Transcript of Leer es un ejercicio con consecuencias fatales para los...

“Leer es un ejercicio con consecuencias fatales para los

prejuicios, la intolerancia y la estrechez de mente”

SUMARIO

INTRODUCIÓN ....................................................................................................................................4

INTRODUCCIÓN .................................................................................................................................5

INTRODUCTION ..................................................................................................................................6

GUÍA DE LECTURA ..............................................................................................................................7

LIBROS PROHIBIDOS NA BIBLIOTECA ...........................................................................................7

PARA SABER MAIS ....................................................................................................................... 29

4

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

INTRODUCIÓN

O 24 de outubro, celébrase no noso país, o Día da Biblioteca, proposta que xorde

dende 1997, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en

1992 durante o conflito balcánico. A iniciativa naceu para trasladar á opinión

pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de

todas as idades, e como instrumento da cultura para mellorar a formación e a

convivencia humana.

Con motivo desta celebración poñemos á vosa disposición unha guía de lectura

que recolle algunhas das obras literarias que estiveron, ou están, censuradas

nalgúns lugares do mundo e que podedes consultar, na Biblioteca Provincial, sen

restricións. Os libros prohibidos foron censurados, na súa maioría, por países baixo

réximes ditatoriais, polo que incluímos unhas notas nas que indicamos en que

países e porque motivo estiveron na clandestinidade. Para os máis curiosos,

engadíronse algunhas ligazóns onde atopar máis información sobre esta temática.

Durante séculos os libros foron considerados de carácter perigoso, por iso é polo

que se censuraron, secuestraron, prohibiron e queimaron por parte de autoridades

que os consideraron unha ameaza para o orde. E é que neles podían xacer

ocultas verdades incómodas que abrisen paso ao pensamento e á liberdade.

Houbo censura en todas as épocas e en case todos os lugares, xa que esta é obra

de individuos que se atribúen o poder de distinguir o ben e o mal ao seu libre

albedrío. Pero como ben di Bermejo Barrera: “Prohibir un libro podía ser a garantía

do seu éxito, á fin e ao cabo, como dixo H. Lichtenberg, `se a auga estivese

prohibida sería riquísima´” (2016).

A Igrexa creou o seu canon de libros permitidos e as súas listaxes de libros

prohibidos, libros que se non eran destruídos ocupaban un lugar secreto nas

bibliotecas coñecido co nome do Inferno. Dende entonces e ata agora, as

bibliotecas sempre tiveron un papel fundamental neste ámbito, xa que

reivindicaron a liberdade na lectura e intentaron frear a censura e incautación de

patrimonio bibliográfico.

5

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

INTRODUCCIÓN

El 24 de octubre, se celebra en nuestro país, el Día de la Biblioteca, propuesta que

surge desde 1997, en recuerdo de la destrucción de la Biblioteca de Sarajevo,

incendiada en 1992 durante el conflicto balcánico. La iniciativa nació para

trasladar a la opinión pública la importancia de la biblioteca como lugar de

encuentro de los lectores de todas las edades, y como instrumento de la cultura

para mejorar la formación y la convivencia humana.

Con motivo de esta celebración ponemos a vuestra disposición una guía de

lectura que recoge algunas de las obras literarias que han estado, o están,

censuradas en algunos lugares del mundo y que podéis consultar, en la Biblioteca

Provincial, sin restricciones. Los libros prohibidos fueron censurados, en su mayoría,

por países bajo regímenes dictatoriales, por lo que incluimos unas notas en las que

indicamos en qué países y porque motivo han estado en la clandestinidad. Para

los más curiosos, se han añadido algunos enlaces donde encontrar más

información sobre esta temática.

Durante siglos los libros han sido considerados de carácter peligroso, de ahí que se

censurasen, secuestrasen, prohibiesen y quemasen por parte de autoridades que

los consideraron una amenaza para el orden. Y es que en el podían yacer ocultas

verdades incómodas que abrieran paso al pensamiento y a la libertad.

Hubo censura en todas las épocas y en casi todos los lugares, ya que esta es obra

de individuos que se atribuyen el poder de distinguir el bien y el mal a su libre

albedrío. Pero como bien dice Bermejo Barrera: “Prohibir un libro podía ser la

garantía de su éxito, al fin y al cabo, como dijo H. Lichtenberg, `si el agua estuviese

prohibida sería riquísima´” (2016).

La Iglesia creó su canon de libros permitidos y sus listados de libros prohibidos, libros

que si no eran destruidos ocupaban un lugar secreto en las bibliotecas conocido

con el nombre de El Infierno. Desde entonces y hasta ahora, las bibliotecas

siempre han tenido un papel fundamental en este ámbito, ya que han

reivindicado la libertad en la lectura y han intentado frenar la censura e

incautación de patrimonio bibliográfico.

6

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

INTRODUCTION

On 24 October, it celebrates in our country, the Day of the Library, proposal that

arises from 1997, in memory of the destruction of the Library of Sarajevo, ignited in

1992 during the Balkan conflict. The initiative was born to move to the public

opinion the importance of the library like place of meeting of the readers of all the

ages, and like instrument of the culture to improve the training and the coexistence

human.

With reason of this celebration put to your disposal a guide of reading that collects

some of the literary works that have been, or are, censored in some places of the

world and that you can consult, in the Provincial Library, without restrictions. The

books forbidden were censored, in his majority, by low countries dictatorial diets, by

what include some notes in which we indicate in which countries and because

reason have been in the secrecy. For the most curious, have added some links

where find more information on this thematic.

For centuries, books have been considered dangerous, hence they are censored,

abducted, banned and burned by the authorities they consider a threat to order.

And in it could lay hidden uncomfortable truths that opened the way to thought

and freedom.

There was censorship in all times and in almost all places, since this is the work of

individuals who claim the power to distinguish good and evil at their free will. But as

Bermejo Barrera says: "Prohibiting a book could be the guarantee of its success,

after all, as H. Lichtenberg said, 'if water were forbidden it would be very rich'"

(2016).

The Church created its canon of permitted books and its lists of forbidden books,

books that if they were not destroyed occupied a secret place in the libraries

known as The Hell. Since then and until now, libraries have always had a

fundamental role in this field, since they have claimed freedom in reading and

have tried to stop censorship and confiscation of bibliographic heritage.

7

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

GUÍA DE LECTURA

LIBROS PROHIBIDOS NA BIBLIOTECA

ANGELOU, MAYA

Yo sé por qué el pájaro enjaulado canta

Biografía e novela sobre o paso á idade adulta da

autora, na que fala das numerosas probas que tivo que

superar, ata cando foi violada de nena.

Os pais e as escolas de EE.UU. argumentaron que o libro

ten moitas blasfemias e favorece o comportamento

aberrante.

SINATURA: 3S/10617

ANÓNIMO

El Lazarillo de Tormes

Esta novela conta de forma autobiográfica a vida dun

neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende o seu

nacemento e mísera infancia ata o seu matrimonio, xa

na idade adulta.

Foi prohibida pola Inquisición por mostrar os vicios e

actitudes hipócritas de clérigos e relixiosos.

SINATURAS: 2I/163 ; 3S/7373 ; 2D/247 ; 2A/214 ; 2K/65

8

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

ANÓNIMO

Las Mil y una noches

Scherezade urde un plan para evitar que o sultán

Sharayar mate cada noite a unha muller coa que

previamente casa. Para acabar con esta sanguenta

decisión, esta ofrécese como esposa do sultán e logra

seducilo contándolle un conto cada noite, interrompido

ao alba coa promesa de continuar a noite seguinte.

Prohibido en Exipto por consideralo unha ameaza

contra a estrutura moral do país.

SINATURAS: 3S/3443/1-2 ; 3S/2297 ; 3T/170 ; 3M/11642

ARENAS, REINALDO

Otra vez el mar

Ten como protagonista a un matrimonio que consegue

un permiso para pasar uns días nun lugar de veraneo.

Este libro fala sobre o desencanto que a Revolución

Cubana deixou en moitos dos seus habitantes.

Mentres o autor vivía en Cuba, debía enviar os seus

manuscritos a outros países de forma clandestina, para

que fosen publicados, xa que o goberno de Castro

mantiña unha intensa vixilancia sobre él para evitar que

publicase calquera obra dentro do país.

SINATURA: 3T/245

9

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

ATWOOD, MARGARET

El Cuento de la criada

Nunha sociedade distópica gobernada pola relixión,

unha muller está obrigada a ser a criada dunha familia

da clase dominante coa esperanza de que lles

proporcione un fillo.

A historia da moza foi considerada moi explícita e anti-

relixiosa para ser lida nunha escola secundaria de

Texas.

SINATURA: 3M/17092

BOCACCIO

El Decamerón

Obra de finais da Idade Media, constituída por cen

contos narrados en dez días polos protagonistas.

Desenvólvense tres temas principais: o amor, a

intelixencia humana e a fortuna.

O Decamerón foi incluído pola Inquisición na súa lista

de libros prohibidos debido ao seu carácter erótico e ás

abundantes críticas á Igrexa e aos clérigos, á

impostación de reliquias, etc.

SINATURAS: 2H/584 ; 1K/303 ; 3A/2155/1 ; 1K/322/1

BRADBURY, RAY

Fahrenheit 451

Novela publicada para criticar a censura de libros en

Estados Unidos, do mesmo xeito que a queima de libros

na Alemaña nazi en 1933. A trama vira ao redor de

Montag, un bombeiro encargado de queimar os libros

por orde do goberno.

En 1967 saíu unha versión censurada, sen coñecemento

do autor, onde se omitían as palabras maldito e inferno.

SINATURA: N BRA fah / a (Infantil e Xuvenil)

10

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

BROWN, DAN

El Código da Vinci

A novela, do xénero de misterio, narra a teoría dunha

conspiración relativa ao Santo Graal e ao papel de

María Magdalena no cristianismo.

Foi prohibida no Líbano despois de que os líderes da

comunidade católica local queixásense de que a obra

é ofensiva para o cristianismo.

SINATURAS: 3T/874 ; 3S/730

BURGESS, ANTHONY

La Naranja mecánica

Alex, Pete, Georgie e Lerdo son catro mozos violentos

que non teñen nada mais que un entretemento: roubar,

matar, violar e pegar malleiras.

Cando Burgess enviou por primeira vez o manuscrito

aos seus editores norteamericanos, estes dixéronlle que

o publicarían, coa condición de que eliminase o último

capítulo. De mala gana, Burgess aceptou o trato con

tal de que a obra fora publicada en Estados Unidos.

SINATURAS: 1C/348 ; 1C/59 ; 3M/12575

CARRETERO, NACHO

Fariña

O libro narra o narcotráfico en Galicia, con especial

atención á década de 1980, cando do contrabando

de tabaco se pasou ao tráfico de cocaína nas rías

Baixas.

A demanda do ex alcalde de O Grove por considerar

que Fariña violou o seu dereito de honra provocou que

a xuíz Alejandra Fontana secuestrara o libro, tanto en

formato papel como en formato dixital.

SINATURA: GAL/15478

11

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

CARROLL, LEWIS

Alicia en el País de las Maravillas

Esta obra é un armazón de situacións absurdas,

metamorfoses insólitas de seres e contornas, xogos coa

linguaxe e a lóxica, e asociacións oníricas que fan del

un libro inesquecible.

Está prohibido na provincia chinesa de Hunan dende

1931, ao considerar inaceptable que os animais do libro

compórtense como os seres humanos.

SINATURAS: 3M/9091 ; 3A/1201 ; 2B/238 ; 4B/1322

CERVANTES, MIGUEL DE

Las Aventuras de Don Quijote de La Mancha

Don Quixote é un vello que cre ser un cabaleiro

andante. Despois de volverse tolo por ler demasiados

libros de cabalerías, deixa a súa casa en busca de

aventuras acompañado do seu fiel escudeiro Sancho

Bandullo.

A obra tivo varios pasaxes censurados en España e

Portugal por aspectos morais no século XVII.

SINATURAS: 1K/304 ; 3A/2485/1-2 ; 3S/1952 ; 3S/1466

12

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

CHOPIN, KATE

El Despertar

A trama vira ao redor de Edna Pontellier e a súa loita

por reconciliar os seus puntos de vista, que se afastan

progresivamente da ortodoxia sobre a feminidade e a

maternidade, coas actitudes sociais prevalentes do sur

de EE.UU. no cambio de século.

Foi censurado por ser considerado inmoral e

escandaloso pola sua historia e contido sexual.

SINATURA: 3A/2441

DAHL, ROALD

James y el melocotón gigante

Móstrase a un neno que vive baixo a opresión dos seus

coidadores e que para fuxir desa realidade crea un

mundo alternativo a fin de sobrevivir.

Esta obra foi censurada debido a que se considerou

que promovía as drogas, a violencia e a desobediencia

cara os pais.

SINATURA: N 820 DAH jam / a

13

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

DARWIN, CHARLES

El Origen de las especies

A orixe das especies foi o primeiro texto acerca da

teoría da evolución e da selección natural. A obra de

Darwin é unha auténtica obra de divulgación científica

debido a que está escrita nunha linguaxe directa e

accesible a calquera lector.

Censurado en Reino unido, Grecia e Iugoslavia por

razóns relixiosas e incompatibilidade de crenzas.

SINATURAS: 3E/1030 ; 2I/1373 ; 3E/703

DEFOE, DANIEL

Las Aventuras y desventuras de la famosa Moll Flanders

A obra conta as aventuras dunha moza abandonada

pola súa nai ao nacer, as súas correrías como ladroa e

estafadora, a súa estancia no cárcere e o seu final

como próspera herdeira dunha plantación.

Esta obra foi censurada en Estados Unidos por

considerala un libro obsceno.

SINATURAS: 2H/74 ; 1C/374 ; 1C/369

DOYLE, ARTHUR CONAN

Las Aventuras de Sherlock Holmes

As aventuras de Sherlock Holmes é unha serie de relatos

que comprenden as aventuras do famoso detective e

o seu amigo, o Dr. Watson.

A obra foi vetada na Unión Soviética por ocultismo. En

realidade, tratábase máis dunha censura ao seu autor

que ao propio libro.

SINATURAS: 3M/13811 ; N JAR nov / a (Infantil e Xuvenil)

14

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

ELLIS, BRET EASTON

American Psycho

Esta novela constitúe unha das críticas máis feroces que

un escritor fixo ao seu propio país: unha sociedade

autocomplaciente e orgullosa de se mesma. Para a súa

denuncia, o autor escolleu un camiño arriscado: Patrick

é un mozo de éxito que, con todo, tamén é capaz de

violar, torturar e asasinar.

Foi prohibida en Alemaña e ata hai pouco estívoo en

Canadá debido ao seu forte contido, pois trata dun

asasino que describe en primeira persoa a súa

psicopatía, as súas teimas e as súas obsesións.

SINATURA: 2B/346

FIELDING, HENRY

La Historia de Tom Jones, el expósito

Novela picaresca, publicada en 1749, que presenta a

multiplicidad do mundo e da natureza do home,

describindo unha sociedade rica en contradicións,

hipócrita e chea de inxustizas.

Esta obra foi prohibida na súa época en Francia por

corrupta e por ter condutas perniciosas.

SINATURAS: 2H/694 ; 3C/822; 3M/2521

15

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

FITZGERALD, F. SCOTT

El Gran Gatsby

Novela ambientada nos anos vinte nos que Jay Gatsby,

un multimillonario excéntrico, pasa as noites alternando

coa alta sociedade en festas, mentres durante o día

permanece completamente só, recluído na súa

mansión de Long Island.

A obra foi censurada polas súas referencias sexuais, a

súa alusión as drogas e o semitismo.

SINATURAS: 3B/104

FLAUBERT, GUSTAVE

Madame Bovary

Na novela publicada en 1857, Emma Bovary é unha

moza á que casan por conveniencia cun médico de

boa posición do que se desencanta enseguida. Nova e

soñadora, busca noutros homes a felicidade que nunca

puido conseguir.

Esta obra foi prohibida en Francia, acusada de inmoral

polo seu erotismo e sensualidad.

SINATURAS: 1K/312 ; 2E/66 ; 1C/110 ; 2I/1574

FRANK, ANNE

Diario de Ana Frank

Diario persoal e autobiográfico de Annelies Marie Frank,

unha nena xudía que viviu en Holanda durante o

Holocausto e a Segunda Guerra Mundial.

Este libro foi prohibido nalgunhas escolas de Estados

Unidos por consideralo pornográfico.

SINATURAS: 3M/8491 ; 3C/21 ; 929 FRA / a (Infantil e

Xuvenil)

16

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

GOLDING, WILLIAM

El Señor de las moscas

A novela conta a historia dun grupo de mozos

británicos, de entre seis e doce anos, cuxo avión

chocou nunha illa deserta no Océano Pacífico. Sen

adultos, os mozos teñen que coidarse e organizarse.

Foi prohibida debido á escena da cacería do porco e

á idea de que os seres humanos son salvaxes.

SINATURAS: 3C/678 ; 2E/111

HANDFORD, MARTIN

¿Dónde está Wally?

Non se trata dun libro de lectura senón dun xogo,

consistente en atopar a Wally nunha imaxe con

decenas de detalles que despistan ao lector.

Foi secuestrada en moitas librerías de Estados Unidos xa

que, nunha das páxinas que discorrían na praia,

aparecía unha señora facendo topless.

SINATURAS: 79 WAL / v ; 79 HAN wal / r ; 79 HAN nue / v

(Infantil e Xuvenil)

HAWTHORNE, NATHANIEL

La Letra roja

Obra enmarcada na puritana Nova Inglaterra de

principios do século XVII. Relata a historia de Hester

Prynne, unha muller acusada de adulterio e

condenada a levar no seu peito unha letra "A", de

adúltera.

Esta obra foi censurada pola clase eclesiástica polo

tratamento dado polo autor ao adulterio.

SINATURA: 2I/1388 ; 1C/427

17

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

HOMERO

La Odisea

Poema épico grego de vintecatro cantos, composta no

século VIII a. C. nos asentamentos que Grecia tiña na

costa oeste de Asia Menor.

Prohibida polo emperador romano Calígula debido a

que transmitía as ideas gregas de liberdade.

SINATURAS: 3C/529 ; 3C/483 ; 2I/1493 ; 3A/1646

HUGO, VÍCTOR

Los Miserables

A novela expón a través do seu argumento un

razoamento sobre o ben e o mal, sobre a lei, a política,

a ética, a xustiza e a relixión. A novela supón unha

defensa dos oprimidos.

A censura prohibiu e cambiou o final do libro, que non

chegou a publicarse tal e como foi escrito orixinalmente

ata este mesmo século.

SINATURAS: 3M/13697/1-2 ; 3M/13110/1-4 ; 3M/12542/1-

2

HUGO, VICTOR

Nuestra Señora de París

Esta obra, escrita en 1831, céntrase na desdichada

historia da xitana Esmeralda, o amolado xordo

Quasimodo e Claude Frollo, o archidiácono de Notre

Dáme, no París do século XV.

A novela foi censurada, en España, na época

franquista pola Igrexa católica.

SINATURAS: 3M/13698/1-2 ; 2H/306

18

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

HUXLEY, ALDOUS

Un Mundo feliz

A novela anticipa o desenvolvemento en tecnoloxía

reprodutiva, cultivos humanos e hipnopedia que,

combinados, cambian radicalmente a sociedade. A

guerra e a pobreza foron erradicadas e todos son

permanentemente felices.

Na época da súa publicación, 1932, o libro sufriu en

Estados Unidos os embates da censura, ao considerar

que atentaba contra os valores primordiais da

sociedade.

SINATURAS: 3S/9045; N 820 HUX mun / a

JOYCE, JAMES

Ulises

Ulises relata o paso por Dublín do seu personaxe

principal, Leopold Bloom, e de Stephen Dedalus, o 16

de xuño de 1904.

En 1920, e no seguintes dez anos, esta obra foi prohibida

en Estados Unidos ao ser considerada unha novela

indecente.

SINATURA: 3B/559

LAWRENCE, D. H.

El Amante de Lady Chatterley

A historia dunha relación sexual entre unha muller da

clase alta e un home da clase obreira foi considerada

moi escandalosa por moitos.

O libro foi prohibido pola aduana dos Estados Unidos de

1929 a 1959 e o texto completo non estivo dispoñible en

Inglaterra ata 1960.

SINATURA: 3S/10904

19

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

LEE, HARPER

Matar un ruiseñor

A historia transcorre ao longo de tres anos durante a

Gran Depresión no pobo ficticio de Maycomb,

Alabama. A narradora é Scout Finch, de seis anos de

idade, quen vive co seu irmán maior e o seu pai.

O racismo, a linguaxe, e unha escena de violación son

os culpables da censura desta obra.

SINATURA: 3M/28797

LONDON, JACK

La Llamada de la naturaleza

Buck é un can que leva unha vida cómoda nun rancho

ata que é roubado e posto a tirar dunha zorra. É entón

cando comeza a explorar a natureza salvaxe e a

socializar cunha manda de lobos.

O autor, Jack London, foi censurado en varios países

europeos polas súas opinións socialistas. O seu libro

prohibiuse en Iugoslavia e Italia por ser demasiado

radical.

SINATURA: N 820(73) LON lla / a

LOWRY, LOIS

El Dador de recuerdos

Hai quen opina que esta novela funciona como unha

alegoría da complexa sociedade en que vivimos.

Este libro aínda está prohibido en algunhas escolas de

Estados Unidos, xa que censurano por falar de temas

como o aborto, a eugenesia, a eutanasia, o suicidio ou

a memoria histórica.

SINATURA: N LOW dad / a (Infantil e Xuvenil)

20

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MILLER, HENRY

Trópico de Cáncer

Monólogo no que o autor fai un inesquecible repaso da

súa estancia en París nos primeiros anos da década de

1930, centrándose tanto nas súas experiencias sexuais

como nos seus xuízos sobre o comportamento humano.

Esta novela estivo censurada en Estados Unidos dende

a súa publicación en 1934, ata o ano 1961, acusada de

obscenidad.

SINATURAS: 1K/359 ; 3B/837 ; 3M/8362

MILLER, HENRY

Trópico de Capricornio

Trátase de unha secuela de Trópico de Cáncer do

mesmo autor.

O libro que segue os encontros sexuais dun mozo

escritor en perigo, non foi distribuído a Estados Unidos

ata 1961. Aínda así, máis de sesenta provedores en

vinteun estados diferentes enfrontáronse en procesos

xudiciais por vender a novela.

SINATURA: 3B/836

MORRISON, TONI

Beloved

A novela gañou o Premio Frederic G. Melcher eo

Premio Pulitzer pola súa impresionante historia dunha

muller torturada pola morte do seu fillo. Tamén contén

violencia, contido sexual e discusións bestiais.

Tan recentemente como 2013, os pais intentaron

eliminar a Beloved das listas de lectura nas escolas

americanas.

SINATURAS: 1C/538 ; 3A/1203

21

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MORRISON, TONI

La Canción de Salomón

A novela aproxímanos ata os barrios negros de

Michigan onde, entre un latente odio racial entre

brancos e negros, desenvolve a súa vida a familia de

Macon Morto.

Obra censurada en EEUU pola súa linguaxe ofensiva e

contido sexual non adecuado ao público ao que se

orienta.

SINATURAS: 3C/521 ; 3M/11597M ; 2E/211

NABOKOV, VLADIMIR

Lolita

Cando se publicou en 1955 non estaba exento de

polémica porque o argumento xira en torno á obsesión

sexual dun home adulto por unha moza de doce anos,

Lolita, que tamén é a súa hijastra.

En Francia e en Inglaterra, Lolita foi prohibida ata 1959.

SINATURAS: 1K/361 ; 1C/488

ORWELL, GEORGE

1984

Novela que introduce o concepto do vixiante “Gran

Irmán”. Un mundo controlado por unha elite política a

través dun réxime totalitario, no que a sociedade se

atopa inmersa nun medio hostil onde a censura, o

control da información, a represión e a vixilancia son

elementos cotiáns.

Foi censurada por considerala procomunista e conter

material sexual explícito.

SINATURAS: 1C/276 ; 3T/179

22

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

PALAHNIUK, CHUCK

El Club de la lucha

A historia vira ao redor dun narrador sen nome que odia

o seu traballo e a forma de vida que leva. Para vingarse

dunha sociedade enferma organiza reunións de loita

clandestina as fins de semana.

En China prohibiuse o libro en 1999, por dar instrucións

sobre como facer varios artefactos explosivos.

SINATURAS: 3S/5941 ; 3S/2019

PLATH, SYLVIA

La Campana de cristal

Esther Greenwood narra en primeira persoa e en tempo

pasado os seus avatares, desenvolvendo a súa historia

de alleamento e de crecemento persoal, cunha mirada

cínica pero realista, profundada no seu armazón

emocional e psicolóxico.

A obra foi censurada, antes da súa publicación, polo

marido de Sylvia Plath, Ted Hughes.

SINATURA: 3S/318

ROWLING, J.K.

Harry Potter y la piedra filosofal

Harry Potter quedouse orfo e vive en casa dos seus

abominables tíos e do insoportable primo Dudley. Harry

séntese moi triste e só, ata que un bo día recibe unha

carta que cambiará a súa vida para sempre.

Nos Emiratos Árabes Unidos este libro foi censurado por,

supostamente, incentivar a bruxería.

SINATURAS: 3T/887 ; N 820 ROW har / a ; N 820 ROW / a

23

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

RUSHDIE, SALMAN

Los Versos satánicos

A novela narra a historia de Gibreel Farishta e Saladin

Chamcha, dous actores de orixe india, que sobreviven

milagrosamente a un atentado no que explota o avión

no que viaxaban.

Desde que fose publicada a controversia alcanzou

dimensións desorbitadas. E é que nos países musulmáns

a publicación deste texto significou unha gran ofensa á

súa relixión. Prohibida en Paquistán, Arabia Saudita,

Exipto, Somalia, Sudán, Malaisia, Qatar, Indonesia,

Sudáfrica e India debido a supostas críticas contra o

Islam.

SINATURA: 3C/542

SADE, MARQUÉS DE

Justine

Justine é unha adolescente que recorre a todos os

estamentos sociais para preservar a súa virtude e, en

todos os casos, en lugar de recibir axuda, o que atopa

é incitacións ao vicio.

A obra, publicada en 1791, estivo prohibida por

perversa, revolucionaria, depravada, infame e

detestable pero circulou clandestinamente durante

todo o século XIX.

SINATURA: 3C/550

24

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

SALINGER, J.D.

El Guardián entre el centeno

A obra mostra as desventuras do adolescente Holden

Caulfield, que acaba de ser expulsado do colexio

interno onde estuda polo seu baixo rendemento e que

decide pasar os días que lle restan ata chegar a casa

vivindo pola súa conta.

Dende 1960 a 1997, varios colexios de Estados Unidos

prohibiron a súa lectura debido á linguaxe soez e a

unha escena sexual cunha prostituta.

SINATURA: N 820(73) SAL gua / a

SATRAPI, MARJANE

Persépolis

Persépolis é a autobiografía de Marjane Satrapi, unha

muller iraní nada en Teherán no seo dunha familia

progresista.

Esta novela gráfica foi moi ben recibida en países de

occidente, mais en Irán está prohibida pois a historia

narra a vida da autora durante a revolución islámica e

isto non foi ben visto.

SINATURA: 3X/385

SEBOLD, ALICE

Desde mi cielo

Despois de que unha adolescente fose violada e

asasinada, ela mesma observa dende o seu propio ceo

como os seus amigos e familiares afrontan a traxedia.

Os pais das escolas secundarias de Connecticut e

Massachusetts pediron que o libro fose eliminado das

bibliotecas e das listas de lectura debido ao seu temible

tema.

SINATURA: 3T/910

25

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

SHAKESPEARE, WILLIAM

Hamlet

O pai de Hamlet, príncipe de Dinamarca, morre

asasinado polo seu propio irmán, Claudio, quen

ademais casa coa súa esposa, Gertrudis, e ostenta

agora a coroa de Dinamarca.

A obra foi prohibida en Etiopía tras o golpe militar de

1974, polas súas referencias ao goberno ilexítimo.

SINATURAS: 4B/757 ; 2I/31 ; 3C/90 ; 3A/1668

SILVERSTEIN, SHEL

Hay luz en el desván

Libro de poemas curtos e orixinais con unha dose de

humor absurdo que invita a sorrir.

En Estados Unidos consideraron que “ademais de

conter unha linguaxe non sempre adecuada para os

nenos, incitáballes á desobediencia cara aos pais ou á

pura preguiza e introducíalles en temas pouco

apropiados”.

SINATURA: P 820 SIL hay / a (Infantil e Xuvenil)

STEINBECK, JOHN

De ratones y hombres

George Milton e Lennie Small son dous xornaleiros que

van de rancho en rancho buscando traballo. George é

intelixente e suspicaz, e Lennie é forte e bonachón,

pero sen un gramo de intelixencia.

Este libro foi censurado en Estados Unidos debido á

pouco convencional amizade entre dous homes, así

como pola linguaxe empregada, as implicacións raciais

e a violencia.

SINATURA: 3S/7774

26

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

STEINBECK, JOHN

Las Uvas de la ira

A familia Joad, tras perder a súa granxa durante a Gran

Depresión, vese obrigada a emigrar a California con

todas as súas pertenzas en busca dun traballo que lles

permita sobrevivir.

A novela foi censurada en todo Estados Unidos pola súa

denuncia do salvaxe sistema capitalista, con todo

prohibiuse principalmente en California polo seu ataque

contra os terratenientes.

SINATURAS: 3S/7774 ; 2K/88 ; 3C/139

STOWE, HARRIET BEECHER

La Cabaña del tío Tom

A historia, centrada na escravitude, relata a vida do tío

Tom, un escravo afroamericano en torno ao cal se

moven outros personaxes, tanto escravos como

propietarios deles.

Cando este libro foi publicado en 1851, foi censurado

polos promotores da escravitude e descrito como unha

falsa representación da mesma.

SINATURAS: 3M/15383 ; 2A/25

SWIFT, JONATHAN

Los Viajes de Gulliver

O viaxeiro Gulliver vese arrastrado polo mar ata uns

estraños países. Liliput, habitado por ananos, outros

habitados por xigantes ou por cabalos pensantes. Neles

reflexionará sobre a condición humana.

A novela foi censurada en moitos países por tratar

temas de corrupción política, os sentimentos anti-guerra

e as inxustizas da colonización.

SINATURAS: 2I/240 ; 3A/1665 ; 3S/2960 ; 3T/108

27

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

TELLER, JANNE

Nada

Esta reflexión trata sobre un mozo que, de súpeto,

decide que nada vale a pena e abandona o colexio.

Foi prohibida, dende a súa publicación en 2000, en

países tan liberais como Dinamarca, Francia e Bélxica.

Hai quen cre que este libro pode orillar aos

adolescentes a sufrir depresión ou, mesmo, a cometer

suicidio.

SINATURA: 3S/6321

TOLKIEN, J. R. R.

El Hobbit

Narra a viaxe dun hobbit, chamado Bilbo, á Montaña

Solitaria en busca do tesouro roubado polo dragón

Smaug anos atrás.

O Hobbit foi prohibido en numerosas escolas de Estados

Unidos por ser considerados anticlericales e, mesmo,

promotores do satanismo e a bruxería.

SINATURAS: 3C/448 ; N TOL hob / a (Infantil e Xuvenil)

TOLKIEN, J. R. R.

El Señor de los Anillos

O libro conta a aventura do hobbit Frodo na súa viaxe

rumbo ó Monte do Destino, co fin de destruír o anel de

poder forxado por Sauron, creador do Anel Único que

utilizou para controlar o poder dos demais Aneis.

O que resulta máis curioso é que os principais actos de

censura contra este libro ocorreron en Alamogordo,

Novo México, onde varias mulleres foron queimadas na

fogueira en 1931.

SINATURAS: 3C/184/1-3 ; N TOL señ / m (Infantil e

Xuvenil)

28

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

TWAIN, MARK

Las Aventuras de Huckleberry Finn

A historia desenvólvese ao longo do río Misisipi, o cal

percorren Huckleberry Finn e o escravo prófugo Jim,

fuxindo do pasado que sufriron e co propósito de

chegar a Ohio.

Foi prohibida por insultos racistas e censurada polo

carácter cuestionable do protagonista e a súa linguaxe

soez.

SINATURAS: 3M/15385 ; 2F/31/2

VOLTAIRE

Cándido o el optimismo

Conto que narra as peripecias de Cándido no seu

primeiro encontro co precepto do optimismo de que

«todo sucede para ben» e nunha serie de aventuras

subsecuentes que refutan o precepto a pesar da

obstinación co que o personaxe se aferra a este.

Obra incluída no Índice de Libros Prohibidos pola súa

crítica ao clero.

SINATURAS: 3C/264 ; 2H/310 ; 3C/265 ; 3C/266

WALKER, ALICE

El Color púrpura

Novela epistolar que conta a historia dunha nova muller

negra en loita non só contra o racismo da cultura

branca, senón tamén contra as actitudes fomentadas

dende o patriarcado negro.

Foi censurada en Estados Unidos por uso dunha

linguaxe ofensiva e por ser inapropiado para

determinados públicos por conter sexo explícito.

Prohibida, tamén, en Cuba.

SINATURA: 2E/121

29

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

PARA SABER MAIS

ANDRÉS, GABRIEL

La Batalla del libro en el primer franquismo : política del libro, censura y traducciones

italianas / Gabriel Andrés. -- Madrid : Huerga & Fierro, 2012

1. Libros - Censura - España - 1939-1975 2. Libros italianos - Traducciones al español - 1939-

1975 3. Libros y lectura - España - 1939-1975

SINATURA: 3Q/1268

ANTONIO, NICOLÁS

Censura de historias fabulosas / obra posthuma de Nicolas Antonio,... van añadidas

algunas cartas del mismo autor i de otros eruditos ; publica estas obras, Gregorio Mayàns

i Siscàr, autor de la Vida de Don Nicolás Antonio. -- [Ed. facs.]. -- Madrid : Visor Libros, D.L.

1999

1. España - Historia eclesiástica - Facsímiles

SINATURA: FE/1247

BÁEZ. FERNANDO

Historia universal de la destrucción de libros : de las tablillas sumerias a la guerra de Irak

/ Fernando Báez. -- Barcelona : Destino, 2004

1. Libros - Destrucción - Historia

SINATURA: 3M/15121

BERGIER, JACQUES

Los Libros condenados / Jacques Bergier ; traducción de J. Ferrer Aleu. -- Esplugas de

Llobregat (Barcelona) : Plaza & Janés, D.L. 1975

1. Libros prohibidos - Obras de divulgación

SINATURA: 3C/695

30

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

BOUZA ALVAREZ, FERNANDO

Dásele licencia y privilegio : Don Quijote y la aprobación de libros en el Siglo de Oro /

Fernando Bouza Alvarez. -- Madrid : Akal, D.L. 2012

1. Censura - España - S. XVII

SINATURA: 3M/31718

CARVAJAL, MARIBEL

La Ciudad de los libros prohibidos / Maribel Carvajal. -- Madrid : Kailas, D.L. 2016

1. Novela de intriga y misterio

SINATURA: 3S/10652

CISQUELLA, GEORGINA

La Represión cultural en el franquismo / Georgina Cisquella, José Luis Erviti, José A.

Sorolla. -- Barcelona : Anagrama, D.L. 2002

1. Censura - España - 1939-1975

SINATURA: 3M/19647

DARNTON, ROBERT

Los Best sellers prohibidos en Francia antes de la revolución / Robert Darnton ;

traducción de Antonio Saborit. -- Buenos Aires : Fondo de Cultura Económica de

Argentina, 2008

1. Libros prohibidos - Francia - Historia

SINATURA: 3M/26304

DEFOURNEAUX, MARCELIN

Inquisición y censura de libros en la España del siglo XVIII / Marcelin Defourneaux ;

versión española de J. Ignacio Tellechea Idigoras. -- Madrid : Taurus, D.L. 1973

1. Inquisición - España - Censura - S. XVIII 2. Libros franceses - España - S. XVIII

SINATURA: MB/871 (Consulta en sala)

31

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

FREIXES, SERGI

Libros prohibidos : la vanguardia editorial desde principios del siglo XX hasta la Guerra

Civil / textos de Sergi Freixes y Jordi Garriga ; prólogo de Enric Satué. -- Barcelona : Viena,

2006

1. Libros - Censura - España - Exposiciones

SINATURA: 3M/24856

HUMANES BESPÍN, IVÁN

Malditos : la biblioteca olvidada / Iván Humanes Bespín, Salvador Alario Bataller. --

Barcelona : Grafein, 2006

1. Libros prohibidos

SINATURA: 3Q/907

INDEX des livres interdits / director J.M. De Bujanda. -- Canada : Centre d'Etudes de la

Renaissance, L'Université de Sherbrooke, D.L. 1985

1. Libros prohibidos - S. XVI 2. Censura eclesiástica - S. XVI

SINATURA: 0/53/1-4 (Consulta en sala)

INDEX Librorum Prohibitorum

Índice de libros prohibidos de la Santa Inquisición de la Iglesia Romana, 1559.

http://www.aloha.net/~mikesch/ILP-1559.htm

INDEX Librorum Prohibitorum

Edición de 1948, en francés.

http://www.cvm.qc.ca/gconti/905/BABEL/Index%20Librorum%20Prohibitorum-1948.htm

32

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

INFELISE, MARIO

Libros prohibidos, una historia de la censura / Mario Infelise. -- Buenos Aires : Nueva

Visión, 2004

1. Censura - Historia

SINATURA: 3M/21539

JAMIN, NICOLÁS (O.S.B.)

Antídoto contra los malos libros de estos tiempos : o tratado de la lectura cristiana... :

escrito en francés / por el P.D. Nicolás Jamin, Monge benedictino de la Congregación de

San Mauro ; traducido al castellano por D. Gabriel Quijano. -- Reus (Tarragona) : Imprenta

de Pablo Riera, 1828

1. Censura eclesiástica

SINATURA: FA/862 (Consulta en sala)

KAYDEDA, JOSÉ MARÍA

Los Apócrifos : Jeshúa y otros libros prohibidos / José Mª Kaydeda. -- Madrid : REA, D.L.

1987

1. Biblia. N.T. Apócrifos 2. Biblia. A.T. Apócrifos. Español

SINATURA: 3M/823

MARTÍNEZ RUS, ANA

La Persecución del libro : hogueras, infiernos y buenas lecturas (1936-1951) / Ana

Martínez Rus. -- Gijón (Asturias) : Trea, 2014

1. Libros prohibidos 2. Libros - Censura - España - 1936-1951 3. Bibliotecarios

SINATURA: 3Q/1323

33

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MEIJIDE PARDO, ANTONIO

Algunos expedientes relativos a la impresión de obras de autores de la Galicia de la

Ilustración / por Antonio Meijide Pardo. -- Oviedo : [s.n.], 1981 (Imp. Gofer)

1. Censura - Galicia - S. XVIII

SINATURA: FOL/25/11 (Consulta en sala)

NOVUS Index Librorum Prohibitorum et Expurgatorum

Edición de 1632, por el Inquisidor General Antonio Zapata.

http://fondosdigitales.us.es/fondos/libros/462/10/nouus-index-librorum-prohibitorum-et-

expurgatorum/

PEÑA DÍAZ, MANUEL

Escribir y prohibir : inquisición y censura en los Siglos de Oro / Manuel Peña Díaz. --

Madrid : Cátedra, 2015

1. Censura - España - Historia 2. Inquisición - España - Historia

SINATURA: 3M/32911

REYES GÓMEZ, FERMÍN DE LOS

El Libro en España y América : legislación y censura : (siglos XV-XVIII) / Fermín de los

Reyes Gómez. -- Madrid : Arco Libros, D.L. 2000

1. Imprenta - España - S. XV-XVIII - Legislación 2. Censura - España - S. XV-XVIII 3. Imprenta

- América española - S. XV-XVIII - Legislación 4. Censura - América española - S- XV-XVIII

SINATURA: 3M/16685/1-2

ROCA, EDUARDO

El Taller de los libros prohibidos / Eduardo Roca. -- Madrid : Martínez Roca, 2011

SINATURA: 3S/6427

34

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

SALMON, CHRISTIAN

Tumba de la ficción / Christian Salmon ; traducción de Thomas Kauf. -- Barcelona :

Anagrama, D.L. 2001

1. Literatura - Censura

SINATURA: 3L/2233

SANTIAGO DE COMPOSTELA (ARCHIDIÓCESIS). ARZOBISPO (1801-1820 : RAFAEL DE

MUZQUIZ Y ALDUNATE)

Carta pastoral en que el excmo. sr. Arzobispo de Santiago encarga a sus súbditos que

se conserven en la pureza de la fe, que respeten y obedezcan al Gobierno y se

abstengan de leer los libros prohibidos y demás papeles perjudiciales a la religion y al

estado. -- [Santiago] en dicha ciudad : [s.n.], 1820 (en la imprenta de d. Juan Francisco

Montero)

SINATURA: FGA/FOL/1/31 (Consulta en sala)

TIEMPO de censura : la represión editorial durante el franquismo / coordinación de

Eduardo Ruiz Bautista. -- Gijón (Asturias) : Trea, D.L. 2008

1. Libros - Censura - España - XX

SINATURA: 3Q/1051

TORREALDAY, JOAN MARI

La Censura de Franco y los escritores vascos del 98 / Joan Mari Torrealdai. -- Donostia :

Ttarttalo, D.L. 1998

1. Censura - España - 1939-1975 2. Literatura española - S. XX - Difusión

SINATURA: 3M/15345

TRES índices expurgatorios de la Inquisición Española en el siglo XVI : salen nuevamente a

la luz reproducidos en facsímil por acuerdo de la Real Academia Española. -- Madrid :

Real Academia Española, 1952 (Valencia : Castalia)

1. Libros prohibidos - España - S. XVI 2. Censura eclesiástica - Historia - S. XVI 3. Inquisición -

Censura - España - S. XVI

SINATURA: FF/866 (Consulta en sala)

35

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” - BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

VARELA OROL, Concha

Heterodoxos e malditos : lecturas prohibidas na Universidade de Santiago / Concha

Varela Orol, Martín González Fernández ; transcrición de documentos por María de

Lourdes Pérez González. -- Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de

Compostela, 2002

1. Libros prohibidos

SINATURA: GAL/10619

VERES, LUIS

La Censura de libros en los siglos XV y XVI

http://pendientedemigracion.ucm.es/info/especulo/n umero40/censura.html

VILANOVA, ARNAU DE

Escritos condenados por la Inquisición / Arnaldo de Vilanova ; introducción, traducción

y notas de Elena Cánovas y Félix Piñeiro. -- Madrid : Editora Nacional, D.L. 1976

1. Inquisición - España - S. XIII 2. Censura - España - S. XIII

SINATURA: 3N/1156