Letras Galegas
Transcript of Letras Galegas
CEIP de Tarrío-Culleredo
¿Por qué se elixiu ese día?
O 20 de Marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica…
…que se declarase o día 17 de Maio de cada ano “Día das letras Galegas”
Elixiron este día por se celebrar nesa data o centenario da publicación de CANTARES GALLEGOS, de Rosalía de Castro
CANTARES GALLEGOS foi publicado por vez
primeira en 1863
19631863
100 anos
Pero…¿Por qué este libro
foi tan importante?
CANTARES foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega moderna
A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa
lingua como instrumento de creación literaria
Pero… ¿quen foi Rosalía de
Castro?
Rosalía naceu en Santiago de Compostela no ano 1837, e está considerada, xunto a Curros Enríquez e Pondal unha das precursoras do rexurdimento cultural de Galicia
É tan importante que no noso colexio unha aula chámase como ela, así
como a APA do noso centro
Un dos seus poemas máis importantes é Adios ríos, adiós fontes
Adiós, ríos; adios, fontes;adios, regatos pequenos;adios, vista dos meus ollos:non sei cando nos veremos.Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,
A partir de entón fóronse celebrando cada ano Días das
Letras, dedicados cada un deles a unha figura
significativa das letras galegas
Algúns dos autores máis representativos das nosas letras aos que se lles dedicou o seu día son…
Afonso D. Rodríguez Castelao
Rianxo 1886- Bos Aires 1950
A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no periodismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido coa defensa da autonomía para Galicia.
Entre as súas obras máis importantes están:CousasCousas da vidaOs vellos non deben namorarseOs dous de sempreSempre en Galiza
Eduardo Pondal (1835-1917)
Dunha das súas obras máis importantes xurde o Himno Galego¿Qué din os
rumorososna costa verdecenteao raio transparentedo prácido luar?¿Qué din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,non des a
esquecemento da inxuria o
rudo encono;desperta do teu
sonofogar de Breogán.
Curros Enríquez 1851-1908
Xunto a Rosalía e Pondal, é un dos poetas máis importantes no rexurdir da literatura galega
Otero Pedrayo 1888-1976
Grande mestre da Xeración Nós e renovador da literatura galega moderna
Eduardo Blanco Amor 1879-1979
Considérase un dos grandes novelistas da literatura galega
… e así foi como dende ese 20 de marzo de 1963 fóronse celebrando días das Letras Galegas, dedicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas…
…hoxe en día acadouse por fin o que se pretendía naquel momento tan importante:
QUE A FESTA DAS LETRAS GALEGAS TEÑA UNHA
SIGNIFICACIÓN EN TODO O POBO DE GALICIA