Manifesto: Para un ambiente de lectura na escola
-
Upload
biblioteca-ies-pedra-da-aguia -
Category
Documents
-
view
225 -
download
1
description
Transcript of Manifesto: Para un ambiente de lectura na escola
Para un ambiente de lectura
na escola
23 de abril de 2012
1º Educar unha actitude favorable
A disposición persoal que vincula íntima e favorablemente á comunicación mediada por
textos configúrase ao fío de experiencias significativas nutridas de emoción, metáforas e
imaxes.
2º Gozar a comunicación
Os textos pódense compartir desde idade moi temperá e gozar xunto a outras persoas en si-
tuacións agradables e pracenteiras que crean climas propicios para o xogo, a expresión e o
diálogo.
3º Xerar unha motivación persoal
A actitude persoal favorable convértese en motivación autónoma conforme vai sendo inte-
riorizada por quen sente a comunicación mediada por textos como unha fonte de pracer
estético e intelectivo, un camiño para a indagación e o descubrimento, unha vía de conexión
co mundo e de proxección imaxinaria nel.
4º Recoñecer a diversidade
Cada persoa orienta a súa motivación de acordo a preferencias e intereses diversos como
diversas e plurais son a vida, as expectativas individuais, as relacións. Por iso os lectores
deben poder elixir as súas lecturas entre unha ampla variedade de rexistros culturais e de
tipoloxías textuais.
5º Favorecer a liberdade de lectura
Ser lector é crecer en liberdade. A educación da lectura en liberdade ten que ser capaz de
amparar a diferenza, os valores diverxentes, a crítica das aparencias ou a incorrección trans-
gresora que cada lector reelabora no seu mundo imaxinario.
6º Apreciar a calidade literaria
En todas as tipoloxías textuais existen textos de calidade literaria, non estereotipados e ac-
cesibles para lectores de distinta idade, cuxa recepción alimenta os procesos de educación
literaria que traen consigo aprecio da beleza, discernimiento entre fondura e banalidade,
diálogo cun mesmo, recoñecemento da alteridade.
7º Exercer a mediación entre os lectores e os textos
O adulto que exerce o papel de mediador entre os textos e os seus receptores activa a educa-
ción literaria e acompaña o desenvolvemento de afeccións á lectura recoñecendo a diversi-
dade, favorecendo a liberdade de lectura, apreciando a calidade literaria. Estimula temperá
e continuadamente a disposición á emisión/recepción de textos, narra e le en voz alta, com-
parte experiencias de lectura, recibe recomendacións dos outros lectores, selecciona e reco-
menda lecturas que gozou e que valora como accesibles e interpretables para o lector con
quen dialoga.
8º Desenvolver a competencia comunicativa
A interacción satisfactoria cos outros nunha contorna textual, escoitar e dicir textos, escribir
textos para ser lidos por un interlocutor e ler en voz alta, dialogar sobre os textos, favorece a
maduración da competencia para a comunicación lingüística e o crecemento persoal.
9º Vincular pracer lector e comprensión
Pracer lector e comprensión lectora van da man: esta é a conclusión do Informe PISA 2009
acerca da asociación entre o rendemento en comprensión lectora, a motivación persoal cara
á lectura e o pracer de ler:
“En todos os países, os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente
máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler… Os alumnos que non len por diversión son os
que, xeralmente, non gozan lendo. O goce pola lectura é, de acordo con PISA 2009, unha condición previa
da motivación cara á lectura… Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados. O baixo
rendemento en comprensión lectora nos alumnos que din non ler por diversión parece aconsellar a difusión
de medidas de fomento da lectura, pero animar aos alumnos a ler máis horas non significa necesariamente
que melloren a súa comprensión lectora. Existe un limiar que indica que a diferenza estriba en que lean
diariamente por diversión, non na cantidade “bruta” de tempo que pasan lendo.”
“PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010 http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/20101207-pisa2009-informeespanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a
10º Distinguir entre reprodución e produción
O diálogo sobre os distintos significados extraídos polos lectores tras as súas lecturas, a in-
terpretación compartida, permite profundar no sentido dos textos indo máis aló das pautas
que miden a mera capacidade para reproducir significantes pero non desenvolven a compe-
tencia para producir novos significados.
11º Alentar a afección e a dedicación
A motivación autónoma e o desenvolvemento da competencia comunicativa alentan a procu-
ra de novos retos textuais cada vez máis complexos, que requiren afección, dedicación e es-
forzo, e vense recompensados con novos achados de pracer lector.
12º Caracterizar a Biblioteca como lugar para o pracer lector
A Biblioteca escolar é o lugar privilexiado da Comunidade Educativa para as interaccións en
torno aos textos, un recurso para o traballo do profesorado que desexa compartir o pracer de
ler e un ambiente idóneo para desenvolver o gusto pola lectura e para articular estratexias de
educación lectora e literaria coherentes.
Este manifiesto foi elaborado por: Luis Arizaleta (educador literario, Zabalza, Navarra), Seve Calleja (escritor, Bilbao), José
García Guerrero (asesor de bibliotecas escolares, Málaga), Miguel Ángel Mendo (escritor, Madrid), Emilio Roca (profesor de Edu-
cación Secundaria, Ponte do Porto, A Coruña), y Jordi Rodríguez Artés (maestro de Educación Primaria, Barcelona).
E subscribiron o seu contido, á hora de péchalo: Ramón Acín (profesor de Educación Secundaria, Zaragoza); Asun Agiriano
(bibliotecaria, Arrasate, Guipúzcoa); Carmen Aldama (experta en Kamishibai, Pamplona); Daniel Aldaya (escritor, Pamplo-
na); Rosa Aneiros (escritora, Santiago de Compostela); Fátima Anllo (directora del Máster de Gestión Cultural, Universidad
Complutense de Madrid); Juan Domingo Argüelles (escritor, México DF); Villar Arellano (bibliotecaria, Pamplona); Javier
Armentia (director del Planetario de Pamplona); Alfredo Asiain (profesor de Didáctica, Universidad Pública de Navarra,
Pamplona); Lucía Baquedano (escritora, Pamplona); Jesús Ballaz (escritor, Molins de Rei, Barcelona); Pablo Barrena
(crítico literario, Madrid); Ana Bernal (profesora de Educación Secundaria, Pamplona); Pep Bruno (narrador oral, Guada-
lajara); Jordi Carbonell (agente literario, Barcelona); Álvaro Caso (maestro de Educación Primaria, Madrid); Ana Castillo
(maestra deEducación Primaria, Madrid); Fernando Chivite (escritor, Pamplona); José R. Cortés (profesor de Educación
Secundaria, T orre del Mar, Málaga); Fina Casalderrey (escritora, Pontevedra); Jackeline de Barros (experta en literatura
infantil y juvenil, Málaga); Carlos Díaz Domínguez (escritor, Madrid); Reina Duarte (editora, Barcelona); Marivi Elena
(asesora didáctica, Calamocha, T eruel); Aingeru Epaltza (escritor, Pamplona-Iruña); Merche Echeverria (directora del
Centro de Apoyo al Profesorado de T afalla, Navarra); Idoia Etxeberria (asesora didáctica de Educación de Infantil, Leka-
roz, Navarra); Anunciada Fernández de Córdova (escritora, Embajadora de España en Eslovenia); Pili Fraile (maestra de
Educación Primaria, Mendavia, Navarra); Luis Garbayo (periodista, Pamplona); Pedro García (profesor de Historia, Uni-
versidad Autónoma de Madrid); Usoa García (asesora didáctica de Educación Infantil, T afalla, Navarra); Ignacio Gómara
(maestro de Educación Primaria, Pamplona); Jesús Mari Fernández (mediador de la lectura, Bilbao); Juanma García
(bibliotecario, Peralta, Navarra); Sebastián Gertrudix (maestro de Educación Primaria, Lleida); Marisa Gil (profesora de
Educación Primaria, Autol, La Rioja); Alicia González Sterling (agente literario, Madrid); Irati Goikoetxea (profesora de
Educación Secundaria, Zizur Mayor, Navarra); Daniel Goldin (editor, México DF); José Antonio Gómez Hernández
(profesor de Biblioteconomía, Universidad de Murcia); Ricardo Gómez (escritor, Madrid); Antonio A. Gómez Yebra
(catedrático de Literatura, Universidad de Málaga); Manolo Goñi (director de la Casa de la Juventud, Pamplona); Mónica
Gutiérrez Serna (ilustradora, Madrid); Piedad Hernández (bibliotecaria, Cullar, Granada); Alfredo Hoyuelos (profesor de
Pedagogía, Universidad Pública de Navarra, Pamplona); Juan Kruz Igerabide (escritor, Aduna, Guipúzcoa); Luis Iza
(inspector de Educación, Pamplona); Ángeles Jiménez (escritora, Granada); Fernando Jiménez Guerra (técnico del Centro
Andaluz de las Letras, Málaga); Elena Jiménez Pérez (presidenta de la Asociación Española de Comprensión Lectora, Mála-
ga); Guadalupe Jover profesora de Educación Secundaria, Madrid); Ignacio Latasa (editor digital, Pamplona); Vicky Liza-
rraga (librera, Pamplona); Maria Jesús López (asesora didáctica de Educación Primaria, T afalla, Navarra); Concha López
Nar-váez (escritora, Madrid); Francisco Luna (director del Instituto Vasco de Evaluación e Investigación Educativa, Bilbao);
Asun Maestro Pegenaute (bibliotecaria, Pamplona); Pepe Maestro (escritor, Cádiz); Fina Marín (periodista, Granada); Nati
Marcotegui (maestra de Educación Primaria, Pamplona); Gustavo Martín Garzo (escritor, Valladolid); José Martín de Va-
yas (gerente del Centro Andaluz de las Letras, Málaga); Ana María Martínez (coordinadora de la web LitOral, Alge-ciras);
Gonzalo Moure (escritor, Asturias); Juan Antonio Napal (profesor de Educación Secundaria, Mendavia, Navarra); Elvira
Navarro (escritora, Huelva); José Manuel Navarro Llena (coordinador de actividades Centro Cultural Caja Granada, Gra-
nada); Cristina Novoa (asesora de bibliotecas escolares, Santiago de Compostela); Pilar Pamplona (maestra de Educación
Primaria, Pamplona); Julián Pascual (profesor de la Universidad de Oviedo); Alejandro Pedregosa (escritor, Granada); Pa-
loma Pedrero (dramaturga, Madrid); Carlos Peiró (psicólogo psicoterapeuta, Madrid); Juan Ignacio Pérez (narrador de
cuentos, Algeciras); Enrique Pérez Díaz (editor, La Habana); José Luis Polanco (revista Peonza, Santander); José Antonio
Portillo (escritor, Benicàssim, Castellón); Manuel Ángel Puentes (maestro de Educación Infantil, Granada); Carmen Puerta
(escritora, Barbarin, Navarra); Lolo Rico (escritora, San Sebastián); Koldo Rodriguez (asesor didáctico de nuevas tecnolog-
ías, Tafalla, Navarra); Antonio Rodríguez Almodóvar (escritor, Sevilla); Ma Helena Rosales (Jefa del Departamento de Ser-
vicios Bibliotecarios Provinciales, Granada); Gustavo Rosemffet, Gusti (ilustrador, Barcelona); Carmelo Salmerón (escritor,
Madrid); Nanna Sánchez(narradora oral, Zabalza, Navarra); Paloma Sánchez Ibarzábal (escritora, Madrid); José Manuel
Santana (Jefe de Sección de Lengua Española, Departamento de Educación Gobierno de Navarra, Pamplona); Ignacio Sanz
(escritor, Segovia); Koldo Sebastián (responsable de didáctica del Centro de Arte Contemporáneo de Huarte, Navarra); Ro-
sario Sucunza (orientadora escolar, Lodosa, Navarra); Jaime Tanco (director técnico del organismo autónomo deEscuelas
Infantiles de Pamplona); Marinella T erzi (escritora, Madrid); Francesco Tonucci (investigador, Consiglio Nazionale delle
Ricerche, Roma); Miguel Ustariz (director del Centro de Apoyo al Profesorado de Lekaroz, Navarra); Gonzalo Vázquez
(escritor, Madrid); Josep Vives i Gràcia (bibliotecario, Vilanova i la Geltrú, Barcelona); Tomás Yerro (profesor de Educa-
ción Secundaria, Pamplona); e Iñaki Zubeldia (escritor, Ikaztegieta, Guipúzcoa).