Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

37

Transcript of Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Page 1: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3
Page 2: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3
Page 3: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

COLECCIÓN DE MANUAIS PARA A PRÁCTICA

COORDINADOR XERAL

Andrés Vázquez Piñeiro.Médico. Director da Área do benestar do Consorcio Galego deServizos da Igualdade e Benestar.

REDACTORAS

Encarna Álvarez GallegoPsicóloga. Técnica de Xestión Xerontolóxica do Departamento deXerontoloxía da Área do Benestar.

Ximena Campos PérezSocióloga e Traballadora Social. Técnica de Xestión Xerontolóxica doDepartamento de Xerontoloxía da Área do Benestar.

Depósito Legal: C 897-2009

Page 4: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Índice

3

• PROPOSTA DO PRESENTE MANUAL 05

• PRINCIPIOS XERAIS DA ASISTENCIA INTEGRAL ÁS PERSOASMAIORES EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA 07

• DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS USUARIAS DOS SERVIZOSDA REDE DE CENTROS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORESDO CONSORCIO 09

• ASPECTOS XERAIS PARA A PROMOCIÓN DAS BOASACTUACIÓNS PROFESIONAIS 11

• GRANDES ÁREAS DE INTERVENCIÓN 13

A- INTERVENCIÓN NA ÁREA DO CORPO E A SÚAFUNCIONALIDADE 15

Actitudes profesionais correctas 15

Pautas xerais de actuación para o coidado da saúde físicae a súa funcionalidade 16

B- INTERVENCIÓN NA ÁREA DO BENESTAR PSICOLÓXICO E RELACIONAL 19

Actitudes e pautas profesionais correctas de comunicacióne trato cos/as usuarios/as 19

Page 5: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Actitudes e pautas profesionais correctasde comunicación e trato cos/as usuarios/ascon demencia 23

Actitudes e pautas profesionais correctasde comunicacióne trato cas familias 25

• ASPECTOS A COIDAR ESPECIALMENTE 27

O proceso de adaptación do/a usuario/aao centro, e viceversa 27

Actuacións ante os problemas de convivencia 28

A supervisión dos/as usuarios/as 29

O traballo en grupo coas persoas maiores 30

A prevención do maltrato nas persoas maiores 31

• EPÍLOGO A UN MANUAL PARA COIDAR A TODA UNHA VIDA 35

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

4

Page 6: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a conso-lidar unha rede de centros de día, fogares residenciais e vivendas co-munitarias, espallados por todo o territorio galego, para ofrecer así unsservizos profesionalizados e de calidade na atención ás persoas maiorescon dependencia, ou en risco de padecela, así como as súas familias.

O presente manual ten o propósito de establecer pautas que orientena acción para ofrecer unha axeitada práctica. Así, propóñense:

• Actitudes correctas.

• Formas de actuación.

• Solucións a problemas sinxelos.

• Recollida de consensos implícitos de actuación.

• Recomendacións de prácticas posibles.

En definitiva, é un breve tratado para a promoción das boas prácticase de actitudes axeitadas cara o bo trato coas persoas maiores que coi-damos e as súas familias.

5

Proposta dopresente manual

Page 7: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3
Page 8: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

A intervención transdisciplinar vai a ser metodoloxía principalpara realizar ese traballo da asistencia integral, compartindo saberes,propósitos e obxectivos.

Cando o equipo profesional vai traballar no contorno dunha persoamaior dende o dispositivo do Consorcio que sexa, vai levar realizar unproceso intencional de mellora das condicións de vida desa persoa eda súa familia. Cara a ese gran obxectivo é a onde ten que ir enca -miñada a nosa acción.

Tamén teremos que ter en conta que, cando falamos de calidade devida, vemos que este concepto está estreitamente vinculado, non só ácobertura de necesidades, se-nón de posibilidades reais departicipar na vida social e cul-tural. En todas as persoas seasocia un alto grao de satis-facción coa vida cando existeun mantemento das habilidadesfuncionais e do coidado de simesmas. Polo tanto, o nosopapel de coidadores debemoslimitalo, cando sexa posible, aapoiar, supervisar, ou facer poreles, pero non substituír. Nonsentirse tentados pola protec-ción excesiva. Asumir os riscos das decisións que cada un toma, éparte da vida.

7

Principios xerais da asistenciaintegral ás persoas maiores

en situación de dependencia

Page 9: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Partiremos do global para actuar no local, ou dito doutro xeito, parasermos eficaces nas nosas actuacións debemos tender a unha visióncomplexa da realidade. Iso non quere dicir que non teñamos en contaa individualidade da persoa, pero esta sempre debe estar enmarcadanun contexto relacional que nos leve a considerar o tecido de afectos,relacións e apoio social que podemos contribuír a crear ou a fortale-cer.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

8

Page 10: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Para poder ofrecer unha asistencia de calidade, temos que serconscientes dos dereitos que asisten as persoas usuarias. A continuación,relatamos os mesmos e para iso, recollemos os citados na Orde do 16de outubro de 2006, pola que se aproba a carta de servizos básica paraas residencias de persoas maiores da rede pública da Xunta de Galicia.Representan unha boa base para todos os equipamentos dedicados áspersoas maiores do Consorcio. Son os seguintes:

• A acceder a centros e servizos e recibir asistencia sen discriminación

• A un trato digno, tanto por parte do persoal como das persoas usua-rias

• Ao segredo profesional da historia clínica ou socio-sanitaria e á pro-tección dos datos persoais

• A manter relacións interpersoais e a recibir visitas de acordo co es-tablecido no regulamento de réxime interno

• A un programa de intervención ou de atención individualizado

• Á intimidade persoal e á protección da propia imaxe

• A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa,cultural e calquera outra que sexa axeitada para o seu desenvolvementopsicofísico

• A elevar aos órganos de participación ou dirección as propostas demellora

• A recibir, en todo momento, a información necesaria e axeitada deacordo coa súa vontade (consentimento informado)

9

Dereitos básicos das persoasusuarias dos servizos da rede

de centros de atención áspersoas maiores do consorcio

Page 11: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

• A coñecer, en todo momento,o prezo dos servizos e assúas variacións e modifica-cións esenciais na prestacióndestes

• A cesar na utilización dosservizos ou na permanenciano centro

• De queixa e libre acceso aolibro de reclamacións

• A asociarse para favorecera participación e defenderos seus dereitos

• A acceder aos servizos ofrecidos polo centro nas condicións estable-cidas

• Aos coidados necesarios establecidos en caso de dependencia ou in-validez

• A unha programación de actividades que permita un desenvolvementopersoal axeitado

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

10

Page 12: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Actuar de forma correcta e profesional, é unha pretensión caque queremos afrontar o noso traballo cada día. Partiremos, para iso,das seguintes pautas que marcan a diferenza entre un traballo volun-tarioso e un traballo organizado de xeito coherente e con boa praxis.

Teremos en conta os seguintes aspectos xerais:

• Seguir as pautas marcadas pola dirección do centro.

• Procurar, en todo momento, a coordinación das actuacións de todosos profesionais.

• Gardar o sixilo debido de canta información confidencial coñezamosdos/as usuarios/as dentro do centro e, por suposto, fóra do mesmo.

• Facer saber ao resto do equipo calquera acontecemento que afecteao funcionamento do centro, ou das persoas usuarias.

• Dirixirse os/as usuarios/as, ás súas familias, e aos/ás compañeiros/ascon respecto.

• Limitar a nosa relación cos usuarios/as á actividade do centro, pro-curando diferenciar a vida profesional (que é o que nos vincula aeles/elas), da persoal.

• Non aceptar agasallos por parte dos/as usuarios/as ou as súas fami-lias.

• A información que se lles comunique das persoas usuarias ás familias,será o máis consensuada posible polo equipo técnico e pola direccióndo mesmo.

• No que respecta ao tratamento farmacolóxico da persoa usuaria,

11

Aspectos xerais para ápromoción das boas

actuacións profesionais

Page 13: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

seguirase estritamente a pauta médica que nos achegue o/a usuario/aou a súa familia. Das súas variacións debemos ter constancia porescrito do seu facultativo. Ningún persoal do centro pode introducirmodificacións do mesmo.

• Comunicar ao/á usuario/a calquera circunstancia ou incidencia quelle poida afectar en adiante (exemplo, cambio de habitación nunfogar residencial), tendo en conta quen debe ser o profesional quefaga esa comunicación.

• Non facer polo usuario/a aquelas cousas que poda facer por simesmo/a, e pola contra, axudarlles en todas cantas cousas teñan di-ficultades para o seu correcto desenvolvemento.

• Favorecer entre os/as usuarios/as á colaboración; non a competenciae a rivalidade.

• Non promover a participación dos usuarios/as en xogos lucrativos,quinielas, lotería, etc. Tampouco en calquera actividade que sexa denegocio dentro do centro (venda de produtos).

• Cumprir co horario de traballo, tanto de entrada como de saída.

• Participar na organización do traballo, así como nas tarefas eactividades a desenvolver.

• Falar con discreción ao/á usuario/a do funcionamento do centro.Non transmitirlle queixas sobre outros/as traballadores/as ou sobrea dirección.

• Ter unha boa actitude no traballo: de alegría, empatía, de colaboracióne de respecto.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

12

Page 14: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

A intervención que imos levar a cabo no noso traballo, tentarefas e actividades secuenciadas temporalmente. Todas elas van ater unha intencionalidade e é a de promover cambios que melloren obenestar das nosas persoas usuarias.

O noso ciclo de intervención vai supoñer etapas ou momentos esenciais:análise de necesidades, obxectivos, programas, implantación dodeseñado, avaliación do planificado e finalmente, toma de decisiónssobre a acción interposta. Pero previo a todo ese proceso, os/asprofesionais teñen que saber en que aspectos imos intervir e cáles sonas actitudes e pautas correctas para facelo.

As actuacións que se van realizar nos centros de atención ás persoasmaiores do Consorcio, van dirixidas á planificación e intervención endúas grandes áreas:

• Intervención na área da saúde física da persoa maior e a súa funcio-nalidade.

• Intervención na área do benestar psicolóxico, social e relacional.

13

Grandes áreasde intervención

Page 15: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3
Page 16: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Cando dicimos: temos un corpo, non falamos adecuadamente, xaque en realidade somos un corpo. É o principio e o final da nosa indi-vidualidade. É unha das principais características da nosa natureza, apresenza material do noso existir.

As persoas maiores que son obxecto da nosa atención van a ter unhasparticularidades que temos que coñecer. Elas van a ser moi sensiblesás nosas actitudes cara a eles, por iso, imos destacar algunha delasque temos que coidar especialmente.

ACTITUDES PROFESIONAIS CORRECTAS:

I. Coñecer, aceptar e respectar o proceso de avellentamento propio ealleo: como profesionais que nos dedicamos ao traballo cos maiores,debemos coñecer cal é o proceso de avellentamento e as modificaciónspropias que acompañan a todas as persoas. Tanto aqueles aspectosque están dentro da normalidade do avellentar como as que supoñenunha patoloxía.

É para nós de obrigado coñecemento:

• As modificacións no aspecto externo

• As modificacións nos órganos e sistemas

• Os cambios nas capacidades intelectuais

• Os cambios na personalidade e no carácter

• Os cambios sociais que acompañan o proceso de avellentamento

15

Intervención na área docorpo e a súafuncionalidade

A

Page 17: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

II. Se queremos traballar coas persoas maiores con coherencia e ho-nestidade, a primeira medida a adoptar é a de saber aceptar aspegadas do paso do tempo en cada un de nós. Isto é compatible coafán de querer diminuír as perdas, pero non co feito de rexeitar oscambios.

III. Favorecer a adaptación da persoa maior ao proceso de avellentamentoe, se é o caso, a súa posible situación de dependencia, non senantes tomar conciencia non traumática do que supoñen as perdaspara nós.

PAUTAS XERAIS DE ACTUACIÓN PARA O COIDADO DA SAÚDE FÍSICA EA SÚA FUNCIONALIDADE:

1. Promoveremos nas persoas maiores, uns hábitos saudables: exerci-cio físico regular, alimentación nutritiva e variada.

2. Procuraremos unha correcta hixiene animándoas a que elas a fagan,ou axudándoas a facela. Iso inclúe o coidado da imaxe persoal.

3. Trataremos de que a persoa siga vestíndose soa, ao seu gusto, paraque manteña a súa imaxe persoal e autoestima. Vestir á xente maiorpensando unicamente na comodidade dos coidadores e das coidadoras,non deixa de ser pouco recomendable.

4. Dicirlles en todo momento o que imos facer con elas cando estamosprestándolles unha atención directa (aseo, vestidos, etc.).

5. Teremos en conta que o achegamento íntimo que imos ter coaspersoas usuarias, co seu corpo, coa súa pel, (cando as aseamos,vestimos, etc, ) pode espertar nelas sentimentos sexuais. Debemostomalos con naturalidade e saber reconducilos. É unha ideapreconcibida que non obedece á realidade pensar que unha persoamaior non ten desexos sexuais.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

16

Page 18: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

6. Favoreceremos o seu tempo de descanso ou de sono mediante unambiente relaxado, coidando os factores ambientais.

7. Cando o centro sexa residencial, teremos en conta que ninguén debepermanecer na cama todo o día, salvo indicación médica expresa.

8. Cando axudemos a unha persoa maior que ten problemas de inconti-nencia, teremos presente que pode ter sentimentos de vergoña, cul-pabilidade, etc. Debemosprocurar ter moito tactoe tranquilizala dicindo queestamos alí para colaborare axudala.

9. Teremos en conta as po-sibles diminucións dosseus sentidos (vista, oído,olfacto, etc.) para facer adecoración ou sinalizacióndos ambientes, para man-ter unha conversa coneles, para ter un controldos olores ambientais, en-tre outras cousas.

10. Previremos os accidentes facendo un exame de cantas situacións nocentro poidan provocalos: chans escorregadizos, alfombras, mobles,obxectos no medio, bordes cortantes, electrodomésticos, ferramentascortantes, etc.

11. A persoa maior, posiblemente, terá limitacións en ósos e músculosque lle dificulten a mobilidade, pero debemos animala a que sexa omáis independente posible. Non debemos alentala a que utilice acadeira de rodas por comodidade dos seus coidadores/as. Unicamente

Recomendacións para coidarás persoas maiores

17

Page 19: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

cando non se poida garantir o feito de axudala con seguridade a ca-miñar.

12. Debemos reducir os riscos de caídas nas persoas maiores, pero nona costa de diminuír o seu movemento. Procuraremos que este sexao máis seguro posible e soamente utilizaremos medidas de suxeiciónbaixo prescrición médica, e cando non poidamos estar vixiantes.

13. Animaremos o movemento para que favoreza, entre outras cousas,a actividade muscular xeradora de calor e de enerxía corporal.

14. Promoveremos as revisións de saúde que terán que facer co seumédico/a de referencia.

15. Favoreceremos a promoción e educación da saúde das persoasusuarias e das súas familias.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

18

Page 20: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

O benestar psicolóxico, social e relacional é unha das grandesáreas nas que imos concentrar todos os nosos esforzos pola importanciaque lle atribuímos á mesma. Cando falamos da importancia de que aspersoas maiores teñan unha boa de calidade de vida, boa parte sexoga no terreo das relacións cos demais, e da percepción subxectiva. Éo feito de vincularse a outros, o que fai que lle demos gran estima ólugar no que estamos, e a vida que vivimos, sentíndomos á vez, seresvaliosos.

Como profesionais, debemos ser axentes de relacións, e axentes de be-nestar para o cal, debemos manter as seguintes actitudes.

ACTITUDES PROFESIONAIS CORRECTAS:

I- Comunicación aberta e coherente: como norma xeral teremos queconsiderar que a relación que establezamos coas persoas maioresten que ser bidireccional: se nos preguntamos pola súa vida temosque estar en condicións de dar resposta ás preguntas que nos fagansobre a nosa. Non ten que ser a resposta exhaustiva, senón mantidanun plano de comodidade do que un queira contar.

II- Actitude positiva, colaboradora e optimista: procuraremos a comu-nicación permanente coas persoas maiores que están connosco. Isonon significa falar seguido con eles, senón ter establecida unhacomplicidade ou formas de actuación que as fagan sentir seguras,aceptadas, queridas, comprendidas e acompañadas.

III- Gardar a debida discreción e temperanza: moitas das situaciónsque vivimos no centros coas persoas usuarias e coas súas familias

19

Intervención na área dobenestar psicolóxico,

social e relacional

B

Page 21: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

poden causarnos inquedanza ou alterar o noso estado de ánimo,sendo precisa a contención de dicir ou de facer cousas de xeito im-pulsivo das que poidamos logo arrepentirmos. Cando nos comuni-quemos, pensemos que cada quen “é dono do que cala e non doque dí”, o que significa que temos que pensar ben as cousas antesde dicilas.

PAUTAS PROFESIONAIS CORRECTAS DE COMUNICACIÓNE TRATO COS/AS USUARIOS/AS:

1. Manter a mirada mentres se fala e mentres se escoita.

2. Se é posible, ter contacto físico: por a man no brazo ou no ombrodo/a interlocutor/a.

3. Asegurármonos de que o noso ton de voz é axeitado. As persoasmaiores soen ter diminuída a percepción das altas frecuencias, amiúdo berrámoslles para que nos escoiten mellor e ese esforzo agu-dízanos a voz, co cal, conseguimos peor noso obxectivo. Mellor époñela grave, ronca, para que poidan percibirnos mellor.

4. A nosa expresión facial debe ser amigable, que non revele tensiónsou ansiedade.

5. A nosa postura corporal, fronte a fronte, á mesma altura que o/anoso/a interlocutor/a.

6. O lugar para falar ten que ser axeitado, sen interferencias de ruídos,como a radio ou a televisión.

7. Utilizar unha linguaxe sinxela, emitida con calma, deixando tempopara que a outra persoa responda, considerando que o procesamentoda información dunha persoa maior pode ser máis lento.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

20

Page 22: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

8. Referirémonos a cousas concretas, evitando xeneralizar candofacemos comentarios de algo negativo, pois soan a xuízos querevelan inutilidade.

9. Cando emitamos unha mensaxe, facelo intentando non ferir á outrapersoa, pero tampouco pórnos en inferioridade de condicións.

10. Recoñecer os sentimentos da outra persoa á par de recoñecertamén os nosos para controlarmos que non nos dirixamos deforma pasiva (exemplo cando dicimos “non me importa, non pasanada se...”) ou ben agresiva, (“vou dicirche a verdade, xa sabes quenon calo nada”).

11. Aceptar que o comportamento da outra persoa sexa contrario aoque nos gustaría ou incluso, aos seus propios intereses de saúde.

12. Faremos rexistro de queixas. “Unha queixa é un regalo”, dise nosentido máis positivo, así que estudémolas e atendámolas.

13. Coñeceremos e comprenderemos a situación actual de cadausuario/a, pero tamén a súa vida pasada, tendo en conta a súaforma de entender o mundo, a súas crenzas, valores, as súas nece-sidades, etc.

14. Procuraremos a privacidade nos coidados especiais, a ser posiblecon persoas que os/as usuarios/as coñezan, nas que confíen.

15. Garantiremos a dignidade de aqueles/as usuarios/as que por mordunha perda de facultades mentais (demencia) non poden controlara súa conduta ou o seu aspecto de limpeza, vestido ou relación cosdemais.

16. Axudaremos a que os/as usuarios/as se sintan donos do seu propioespazo, o decoren con elementos que eles/as mesmos teñan feito, easuman unha parte da responsabilidade sobre os espazos comúns.

Recomendacións para coidarás persoas maiores

21

Page 23: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

17. Proporcionarémoslles un contorno axeitado as súas característicaspara favorecer a súa seguridade e benestar.

18. Axudaremos e animaremos os/as usuarios/as a que pensen eactúen por si mesmos tendo en conta aos demais e os riscos queasumen. Fomentar a súa toma de decisións.

19. Supervisaremos a situación e o comportamento de cada usuario/apara asegurármonos de que existe un equilibrio razoable entre asúa autonomía e os riscos que asume.

20. Garantiremos que calquera restrición da autonomía que se establezasexa explicada, consentida e revisada regularmente.

21. Coñeceremos a opinión das persoas maiores sobre aquelas medidasque as afecten na súa forma de vida ou de estancia no centro.

22. Teremos unha clara idea das capacidades físicas e mentais dos/asusuarios/as á hora de que poidan facer eleccións. Ofrecerásellesinformación suficiente e asegurarémonos de que sexan capaces demanexala.

23. Traballar na procura de dar ánimo, de reavivar, achegar enerxía aosdemais. Dicía unha muller vella que era atendida por unha coidadoraformal:

“-O meu agradecemento a esta rapaza non é tanto polo queme axuda no traballo de asearme e vestirme polas mañás,senón porque con ela recibo a dose diaria de alegría paraseguir vivindo”.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

22

Page 24: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

ACTITUDES PROFESIONAIS CORRECTAS NA COMUNICACIÓN E O TRATOCOAS PERSOAS CON DEMENCIA:

I- Manter, en todo momento, unha actitude de respecto cara a elas.

II- Consideración pola situación de enfermidade que lles fai dicir efacer cousas que escapan á súa vontade.

III- Procurar a dignificación das súas condicións de vida, do seuvestido, alimentación, lecer, etc.

PAUTAS PROFESIONAIS CORRECTAS DE COMUNICACIÓN E TRATOCOS/AS USUARIOS/AS CON DEMENCIA:

Hai que ter en conta que as persoas con demencia van ter dificultadepara expresarse e para comprender o que lles dicimos. Van olvidar ra-pidamente o que se lles di porque o seu sistema de retención da infor-mación está deteriorado. Como xeito de cubrir esas “lagoas” na súavida, poden inventar historias estrañas. Tamén poden ter alucinacións.Iso é síntoma de que o seu cerebro está danado.Temos que ter todo isoen conta á hora de comunicármonos con elas.

Procederemos con elas, tendo en conta as seguintes pautas:

1. Captar a súa atención do resto dos estímulos que hai no ambiente(ruídos, outras voces, etc.).

2. Proporcionarlle seguridade co noso xesto, coa nosa voz, coa nosapostura fronte a fronte.

3. Utilizar un trato axeitado para unha persoa adulta, non tratalacomo se fose un/unha neno/a. Iso inclúe evitar palabras, expresións,ou tonalidades de voz que utilizamos cos/as cativos/as.

4. Hai que irlle dicindo en todo momento o que imos facer con el/ela,

Recomendacións para coidarás persoas maiores

23

Page 25: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

e o que desexamos que el/ela faga, exemplo: ”-queda sentada queveño agora”.

5. Facerlles preguntas sinxelas que teñan unha única resposta paraque sexa máis fácil a súa comprensión.

6. Utilizar palabras familiares, frases curtas que simplifiquen as men-saxes.

7. Escoitar o que el/ela lle di. Pode ser difícil entendelo, pero o seu afánde comunicación pode estar presente.

8. Canto máis se deteriora a linguaxe verbal (palabras), máis temosque atender a linguaxe non verbal (xestos, postura, ton da voz). Deigual modo, as persoas con demencia fíanse máis deses elementos,que hai que coidalos especialmente.

9. A canle de comunicación do contacto corporal permanece ao longode toda a existencia.

10. Hai que intentar manter a calma ante situacións imprevistas. Se apersoa con demencia nota o noso nerviosismo, ela tamén se vaipór peor.

11. Non é recomendable facer unhas explicacións complicadas dascousas, xa que poden ser de difícil comprensión para el/ela.

12. Procurar non utilizar expresións tales como, “¿non lembras….?”.

13. Os seus tempos de resposta son lentos. Hai que darlle tempo eoportunidade para que busque esa resposta.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

24

Page 26: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

ACTITUDES PROFESIONAIS AXEITADAS DE COMUNICACIÓN COAS FA-MILIAS DAS PERSOAS USUARIAS:

As familias dos/as usuarios/as, en calquera dos equipamentos da redede centros de atención ás persoas maiores do Consorcio, son unelemento moi importante, polo tanto, teremos que:

I- Expor claramente o esencial que se quere comunicar falando, namedida do posible, diante da persoa usuaria.

II- Manter unha actitude de colaboración e confianza con elas, téndoasinformadas de canto nos soliciten.

III- Comprender os seus sentimentos, se é o caso, de desconfianza,medo, etc, de cara a nós e aos servizos xerontolóxicos. Pensemosque posiblemente sexa debido á novidade que representan estescentros na comunidade.

PAUTAS PROFESIONAIS CORRECTAS DE COMUNICACIÓN E TRATO CASFAMILIAS:

As nosas pautas de actuación serán as seguintes:

1. Teremos en conta as súas expectativas en canto aos coidados eatencións que se lles van dar aos seus familiares. Forma parte doseu proceso de delegación de confianza cara a nós e está ben queasí sexa.

2. Estaremos atentos ás súas peticións e demandas para consideralase darlles resposta.

3. Procuraremos a súa participación no centro, especialmente encantas decisións afecten ao seu familiar.

4. Estableceremos reunións con elas e co equipo do centro, cara afacer unha boa coordinación para o coidado.

Recomendacións para coidarás persoas maiores

25

Page 27: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

5. Axudaremos a fortalecer, e nalgúns casos restablecer, as relaciónsque teñan as persoas usuarias cos seus familiares.

6. O trato con elas debe ser en todo momento de colaboración e apoio.

7. Favoreceremos a expresión dos seus sentimentos cunha comunicaciónaberta e fluída entre o/a familiar e o persoal técnico do equipo.

8. Consideraremos que o/a familiar ten que pasar sucesivas etapas ataconseguir adaptarse ao feito de ter unha persoa querida coidadapor profesionais

9. A familia, como grupo social natural, temos que tela sempre enconta e facela partícipe das nosas actuacións. Na medida do posible,animaráselles a que colaboren nalgunha das actividades que faga ocentro.

10. Debemos favorecer a transmisión da información ás familias sobreo seu familiar, as circunstancias de coidado, os seus progresos e asvariacións que vaia tendo nun sentido ou noutro.

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

26

Page 28: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

27

Aspectos a coidarespecialmente

1. O ingreso será máis fácil se, previamente, a persoa potencial usuaria,e a súa familia, teñen visitado o centro e implícanse en todo orelativo o proceso de ingreso.

2. No ingreso dun usuario/a despregaranse atencións de achegamento,presentación paulatina do persoal e do resto dos/as usuarios/as. Li-mitaranse no posible, o primeiro día, as entrevistas de avaliaciónpara non sobrecargar á persoa.

3. Teremos en conta que o feito de sermos profesionais non nos dádereito a facer preguntas directas e excesivamente persoais candoestamos no comezo dunha relación.

4. Amosar un clima de comunicación aberta e fluída, dando a sensaciónde seguridade.

5. Nos primeiros días serán para nos de especial coidado e atención:orientando en canto os espazos, persoas e actividades, así comofacendo a súa estancia agradable e motivadora.

O PROCESO DE ADAPTACIÓN DO/A USUARIO/AAO CENTRO, E VICEVERSA:

Page 29: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

28

1. Como recomendación xeral, hai que manter a calma ante una si-tuación de alteración da orde ou a tranquilidade.

2. Se o problema é entre dous ou máis usuarios/as, temos quecoñecer ben do sucedido, indagar sobre cal é o problema para in-tentar mediar.

3. Se a incidencia está causado por unha persoa con demencia(conduta de agresividade, por exemplo), procurar controlar a si-tuación mediante o illamento da persoa do resto do grupo.Levala a un lugar onde poida serenarse.

4. Non berrar, nin facer nada que poida aumentar a confusión,como movementos bruscos, ruídos, etc.

5. Non utilizar medidas restritivas de suxeición que poidan aumentara súa frustración.

6. Non sentir o seu comportamento como un ataque persoal.

7. Informar ao resto do equipo do incidente e rexistralo no libro deincidencias para planificar posibles actuacións ante o sucedido.

8. Comunicar á familia a incidencia, se procede, para o seu coñece-mento.

ACTUACIÓNS ANTE OS PROBLEMASDE CONVIVENCIA

Page 30: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Recomendacións para coidarás persoas maiores

29

1. As salas ou zonas comúns sempre permanecerán vixiadas por unprofesional do centro.

2. Nos espazos como os baños, deberán supervisarse por causados/as usuarios/as que non teñan autonomía para acudiren aeles por si mesmos, ben por cuestións físico-funcionais ou cog-nitivas.

3. De ser o caso, no ascensor evitarase que os/as usuarios/as outilicen sen persoal, sobre todo aqueles que carezan de mobilidadesuficiente ou que teñan deterioro cognitivo.

4. Na distribución das cadeiras de rodas, evitarase o seu amoreamentonas portas de entrada ou saída dunha estancia.

5. Nos dormitorios, caso dun centro residencial, soamente perma-necerán sós os/as residentes que teñan autonomía suficientepara o seu desprazamento.

A SUPERVISIÓN DOS/AS USUARIOS/AS

Page 31: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

30

1. Trataremos de buscar as posibilidades relacionais que teñen aspersoas, e de facer de catalizadores que están á procura de producirou de establecer redes de comunicación entre elas.

2. A participación das persoas maiores foméntase a través dunhaactitude positiva dos profesionais, valorando o que cada quen podee quere dar á comunidade do grupo de usuarios/as dun servizo.

3. Teremos respecto á liberdade dos demais e trataremos de estar áescoita das súas necesidades.

4. O ritmo que establece a persoa maior é distinto do noso, profesionaismáis novos que desexamos actividade e que imaxinamos que esta éun ben en si mesma. Non debemos supor unha predisposición a co-laborar de forma continuada. Para a acción é preciso elaborar plansconcretos así como deixar espazo para non facer nada.

5. Toda actividade que se faga en grupo con elas deberá ir precedidapor asegurar un clima afectivo de achegamento e confianza.

6. Os grupos son unha forma privilexiada de traballo. En eles buscaraseás veces a homoxeneidade nas súas características e, noutrasocasións, a heteroxeneidade do grupo achegará unha maior riquezae posibilidades de aprendizaxe.

O TRABALLO EN GRUPO COAS PERSOAS MAIORES

Page 32: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Recomendacións para coidarás persoas maiores

31

A dimensión preventiva dos malos tratos a persoas maiores implícanosa todos/as os/as profesionais e a toda a estrutura social. As frontesdun programa preventivo son a información e a formación, así comounhas políticas de planificación de atención xerontolóxica axeitadas.

Dentro da formación dos/as profesionais, débese favorecer:

• O coñecemento das necesidades específicas das persoas maiores e,especialmente, daquelas que teñan unha situación de dependencia.

• A concienciación de que os malos tratos a persoas maiores son unharealidade e que o seu descoñecemento entorpece a prevención.

• Considerar os malos tratos como un tema prioritario no que actuar;desenvolvendo programas que fomenten as relacións sociais dosmaiores, os encontros interxeracionais e que favorezan o cambio deestereotipos, etc.

• Apoiar ás familias coidadoras, especialmente a aquelas que teñan si-tuacións de sobrecarga, xa que a dependencia e o deterioro nasrelacións familiares son dous factores relacionados co risco de malostratos.

Nunha institución ou equipamento, serán probas de malos tratos,entre outras, as seguintes actuacións:

1. Uso de psicofármacos fóra da pauta médica prevista.

2. Utilización de medidas de contención física sen prescrición médicanin revisión.

A PREVENCIÓN DO MALTRATO NAS PERSOAS MAIORES:

Page 33: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

ÁREA DE BENESTARDepartamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar

32

3. Non axeitada atención ás súas necesidades.

4. Utilización innecesaria de medidas que aumentan a dependencia:uso de cadeiras de rodas, cueiros, dar de comer, vestir á persoa porir máis rápido, etc.

5. Despersonalización na asistencia: non coñecer os seus nomes,tratalos a todos igual, etc.

6. Infantilización no trato ou utilización de expresións vexatorias.

7. Escaso coidado en respectar a intimidade da persoa.

8. Rixidez nas normas e horarios do centros, en canto ás visitas,comida, descanso, etc.

9. Dispor das pertenzas persoais da persoa maior sen o seu consentimento:cartos, roupa, obxectos, etc.

En relación ao que poidan ser as actuacións dos familiares ou do/acoidador/a principal, teremos que estar alerta a algún dos seguintesindicadores de sospeita de malos tratos:

1. Retraso en acudir aos servizos sociais ou aos servizos de saúde.

2. Antecedentes de fracturas, lesións, infeccións urinarias ou episodiosde insuficiencia cardíaca frecuentes.

3. “Propensión” a ter accidentes na casa.

4. Descoñecemento ou non seguimento da pauta farmacolóxica.

5. Sobredose de psicofármacos.

6. Uso frecuente de servizos de urxencias.

Page 34: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

Recomendacións para coidarás persoas maiores

33

7. Falta de colaboración do/a coidador/a co centro.

8. Manifestacións de confusión, temor, ansiedade da persoa maiorante a presenza deste/a.

9. Aspecto da persoa maior descoidado, con roupa inadecuada, sucio,con mal olor.

10. Signos de desnutrición ou deshidratación.

11. Abandono da persoa maior con dependencia, por espazos de tempolongo no seu domicilio.

Page 35: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3
Page 36: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

• Se queremos tratar ás persoas maiores axeitadamente, debemos

comezar por revisar a imaxe que temos deles. O modelo

deficitario do avellentamento e o seu estereotipo negativo, é

un modelo social creado que prexudica as ideas sociais creadas

o respecto.

• As persoas maiores precisan resultar atractivas, atraentes,

queridas, tanto ou máis que as persoas máis novas. Nas nosas

mans está facer que se sintan así, e que iso repercuta no seu

estado de ánimo e na súa revitalización.

35

Epílogo a un manual paracoidar a toda unha vida

Page 37: Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3