mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado...
Transcript of mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado...
PAISAXE E SUSTENTABILIDAE 1º ESO
CENTRO EDUCATIVO GALÉN
MAPA EMOCIONAL DAS
PAISAXES DE LUGO
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
2
INDICE
As paisaxes na literatura galega ………………………… 3
As nosas paisaxes sentidas ……………………………… 16
Mapa emocional das paisaxes de Lugo ………………… 31
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
3
AS PAISAXES NA LITERATURA GALEGA
Recompilación realizada polo alumnado
de 1º ESO do
Centro Educativo Galén
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
4
INTRODUCIÓN
Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe galega na súa obra.
A continuación, unhas palabras de Uxío Novoneyra sobre o tema:
“Sempre se di que a natureza ten un valor transcendente na vida das persoas, porque igual que a auga pinga, a pinga vai dando forma á pedra. O medio
xeográfico onde nacemos inflúe e moldea a nosa personalidade.”
AUTOR: Antonio Noriega Varela
OBRA: “D’o Ermo”
¿e de vrau?,
¡quixera o rey d’ españa,
pr’ o seu regalo,
auga d’ as fontes que calo,
sombra d’ as pravias, qu’ eu sei!
………………………………………………………………………………………….
AUTOR: Antonio Noriega Varela
OBRA: “Tenuis pluvia”
Fastuoso carballo,
â sombra tua Bailaron as brañegas tod’ o día,
Mais o día expiróu…,
asoma a lua…
Queira o lunar facernos compañía.
……………………………………………………………………………………………….
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
5
AUTOR: Xosé Luís Väzquez-Iglesias.
POEMA: Sen nome
LIBRO: Costa da morte, paisaxe viva.
PÁXINA: 129
Sinto
a calor
dos fríos penedos
mentres escoito
a pandeirada
das ondas
e os rochedos.
Camiño
paseniño
por a beiramar,
lambiscando
a dozura
dos salgados
bicos da brisa.
………………………………………………………………………
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
6
AUTOR/A: Rosalía de Castro
POEMA: “Pasa, río, pasa, río”.
LIBRO:Cantares gallegos.
PÁXINA: 123
Pasa, río, pasa, río
co teu maino rebulir;
pasa, pasa antre as froliñas
color de ouro e de marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis…
Pasa, pasa caladiño
co teu manso rebulir,
camiño do mar salado,
camiño do mar sin fin;
e leva estas lagrimiñas,
si has de chegar por alí,
pretiño dos meus amores,
pretiño do meu vivir.
…………………………………………………………………………………
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
7
OBRA: “Cen poemas do río Eume”
AUTOR: César Antonio Molina.
Zunido húmido do vento
Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos
Murmurio dun regato
Arrolo dunha lontra en cío.
Berro dun lagarteiro
Mansedume dunha vaca marela pacendo.
Feixes de luz perforando a follaxe
Goteo do callo nos sacos de xute
Xabarís forzando tesouros.
Silencio nos calvarios.
A poesía faise nas fragas.
…………………………………………………………………………
AUTOR: Eduardo Pondal
POEMA: “OS PINOS” (Himno Galego)
Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente
do prácido luar? Que din as altas copas
de escuro arume arpado co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido e de benignos astros,
confín dos verdes castros e valeroso chan.
……………………………………………………………………….
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
8
AUTORA: Rosalía de Castro
OBRA: ” Cantares gallegos”
LIBRO: Escolma poética de Rosalía de Castro. Edicións do Cumio.
Lugar máis hermoso non houbo na terra
que aquel que eu miraba, que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso no mundo n’hachara que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada!
Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta,
cuberta de espumas,
de espumas que o mare con perlas gomita,
de froles que nacen ó pé das fontiñas.
De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman nomáis que con velos;
que os ánxeles neles dormidos se quedan,
xa en forma de pombas, xa en forma de niebras.
……………………………………………………………………….
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
9
AUTOR: Xosé María Díaz Castro
POEMA: “Poesía á herba pequerrechiña”
LIBRO: Nimbos
Herba perquerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
¡O universo sería
máis pequeno sen ti!
………………………………………………………
AUTOR: Manuel María
POEMA: “O meu barco”
OBRA: Os soños na gaiola.
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños,
quen me verá navegar!
Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar…!
…………………………………………………………………………………
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
10
AUTOR: Celso Emilio Ferreiro
POEMA: “O meu val”.
LIBRO: 50 Anos de poesía” – 1º Tomo , páxina: 116.
Meu lagasio val de Celanova
que o meu tempo de neno alomiñache
con sombras de outros paxaros, con ventos
cantando polos bosques de amieiros.
As mazairas en frol,
os acebos i os pinos que te arrolan,
apreixanche a cintura tan galana,
tan cinguida de ríos namorados,
meu rumoroso val dos pitorreises,
das calandrias, das rolas, das papuxas
polo serán arriba.
Nun solpor de lonxanos hourizontes.
…………………………………………………………………………
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
11
AUTOR: Álvaro Cunqueiro.
POEMA: “Xa foi a terra”.
Xa foi a terra, xa non é.
Ou mellor dito, foise a terra,
quizaves polo áer, quizaves pola mar.
—Nuben e illa deberían ter
a mesma definición nas xeografías.
Xa foi a terra. Dende onde vivo prisoeiro
non podo dar testimoño de que haxa
arbres, pasteiros, ríos, montes,
o deserto de Arabia, i aquela chaira
lamagosa, onde nun outeiro estaba o pobo en que nascín,
e de onde ollaba coma o Adigio iba pro mar.
Cemento e cemento, ferro e ferro. Soio.
Pro, e cando voa unha anduriña i eu sei que é abril,
ou cando chove, ou cando neva,
podería eu decir que non hai terra, que xa foi,
que é cousa de historia, dende a fiteira
da celda de cemento na que vivo?
…………………………………………………………………………..
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
12
AUTOR: Bernardino Graña.
POEMA: “Poema do home que quixo vivir”.
O vento díxome cousas
Que non atopo nos libros.
Resoaba a súa voz no mundo
igual que un soño perdido.
E o mar buscaba unha aperta,
Buscaba un peito ou un niño,
E non atopaba nada
Senón penedos espidos.
Recordo que era Nadal
E eu bebía moito viño.
Estabamos todos xuntos,
Os anxos meus, os amigos …
O vento e o mar berraban
Coma cans adoecidos.
E nós calados, fumando,
Bebendo, mirando fixos,
Por se chegaba algún día
Un forasteiro ou escrito
Que nos dixese que existe
Máis alá de todo un brillo,
Un sol que non ten solpores,
Nin vacas tristes,
nin grilos.
Estabamos todos xuntos,
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
13
No meu silencio metidos,
Querendo que nos chegara
Algo estraño, de outro signo
Que nos sacara cal gando
E nos mostrar o camiño
Para pacer herba nova
E choutar noutros eixidos.
…………………………………………………………………
AUTOR: MANUEL MARÍA
OBRA: O MIÑO, CANLE DE LUZ E NÉBOA
POEMA: BIOGRAFÍA DO MIÑO
O deus Minius, nas orixes do tempo,
percurou, con teimuda paixón,
o lugar máis fermoso do universo:
non atopou nada que puidera
compararse, nin de lonxe, con Galiza.
Despois de contemplala longamente
namorouse dela para sempre …
… Existe un Miño poderoso e terrestre.
Mais a intuición e o sentimento
estannos a dicir moi claramente que
o Camiño de Santiago ou Vía Láctea
é o Miño celeste:
un río de luz
polo que, un día, habemos de navegar,…
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
14
………………………………………………………………….
AUTOR: Manuel María.
POEMA: “Égloga para que floreza unha mimosa”.
Agardamos, con impaciencia e tremor,
a túa chegada para embebedarnos
co teu recendo escandaloso
e para encher os nosos ollos
coas túas puras chamas poderosas
que incendian a un mundo de alegría.
Ti desfás as atoutiñantes brétemas
e chamas polo azul, mimosa amiga.
……………………………………………………………………
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
15
“Se a paisaxe galega non fora como é, a fala galega non sería asina. Tampouco o sería a música do noso pobo. A paisaxe é unha “efusión” que se mete na ialma, sin saber cómo nin por
qué. Iste sentimento é unha gracia da nosa sensibilidade. Cuase sempre menancónico. A contemplación do solpor non ten precio.
Sin iste sentimento da paisaxe nós non seríamos nós”.
(“ A nosa terra.O feitizo da paisaxe”, Anxel Fole, 1997. Vol.II:255)
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
16
AS NOSAS PAISAXES
SENTIDAS
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
17
Desde o alto da muralla
vexo xente pasar
espazo transformado
persoas cun pasado
sempre imos recordar.
Álvaro Rodríguez
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
18
Un sol brillante, enriba da muralla
a mosqueira, unha sombra abraiante
Miguel Real
Un sol brilante, enriba da muralla
a mosqueira, unha sombra abraiante
Miguel Real
Paisaxe verde,
Susurros do río,
Tranquilidade e vida,
Río Rato, río amigo.
Carme Lodos
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
19
Día escuro,
xente paseando en Lugo.
Praza mollada,
xente desgustada,
praza mollada,
tristeza non desexada.
Anaïs Zin
O magnolio deixa
florecer ás súas
magnolias, mentres o
tempo pasa.
Beatriz Torrón
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
20
O río móvese debaixo da ponte.
Os coches pasan co ruído da corrente,
carreiros vellos que rexuvenecen a auga
aí está o río
Kevin Rodríguez
Unha imaxe de persoas
andando alegres pola rúa,
contando a súa vida
que é alegre coma a túa.
Leire Leboreiro
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
21
A area tan abundante
lémbrame tantas veces que caín;
o ceo escuro lémbrame a morriña que teño
porque chova por fin.
É tan desesperante
que non haxa xente abundante …
Cores grises, vermellas e negras
no ceo, nas árbores, nas pedras.
Miras atrás, miras ao verán
acórdaste de todo
acórdaste da xente que non está
non sei como pasa
pero pasa dalgún modo.
A min transmíteme soidade
pero pasa co tempo
o tempo todo o cura
incluso a amargura.
Alejandro Rey
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
22
Que é o que vexo?
un lugar tranquilo ou aburrido?
Este lugar é seguro,
protexido polo noso gran xigante
lugués
que desde tempos inmemoriais
garda a nosa praza.
A nosa praza, praza segura,
tranquila e xoguetona
coa xente transcorrendo por ela,
nenos, nenas e maiores
fan que a nosa praza
sexa feliz.
Hoxe témola e debemos de gozala
pero tal vez mañá xa non.
Pero, pase o que pase,
nunca deixará de estar gardada
polas vidas que por alí pasaron,
castrexos, romanos e medievais
puxeron a súa vida, facendo que a
nosa praza
fose tan segura como é hoxe.
Martina Babío
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
23
Un fermoso río,
un reflexo,
unhas nubes,
un desexo.
Seres vivos,
sen humanos,
só o meu río,
admirado.
Iris González
Río Miño,
fas que a través
do teu percorrido
a xente mire para
os lados e vexa
natureza e auga.
Jorge Mosquera
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
24
Situado no mirador
mirando ao redor
unha suave brisa
refresca a miña cara .
Bastantes árbores grandes
todas son impresionantes
os seus olores e as súas cores
Cian Díaz
Ponte vella,
andantes da ponte,
por riba do río Miño,
vixía do tempo.
Laura Tato
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
25
Camiñando amodo ata o mar.
Juan Rodríguez
Grandes columnas, mofo crecente
natureza apuntando a oriente
as vellas vías do tren están oxidadas
vén o tren e déixaas cheas de bágoas
Julio Darriba
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
26
Chan mollado, tristeza no meu corazón ao mirar ao redor ,
a histórica pedra gravada ilumina o meu ánimo.
Nicolás Lombardero
Chuvia que cae sobre a muralla.
Catedral, presenza infinita
casas decadentes
xente apagada
camiñando pola muralla
con chuvia deprimente.
Sandra Cillero
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
27
A ponte colgante
voa sobre o río
voa a voo rasante
sen deixar pasar nin pío
De cables e metal
feito está,
e o seu nome
é moi orixinal
por debaixo a verás
se en piragua ou nadando vas
e nese mesmo instante
moita seguridade sentirás.
Seguridades esaxerada
ti terás,
seguridade tanta
que non poderás máis
Pode que o metal
pareza artificial
pero coa posición desde arriba
boas vistas terás.
Mario Rodríguez Estévez
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
28
Porta que se abre,
muralla fortificada,
camiño da xente.
Miguel Vázquez
Comeza a chuvia de follas
no parque Rosalía de Castro.
Vanesa López
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
29
Morriña
porque é a miña terra,
mire onde mire
sempre estará ese lugar
chamado Lugo.
Manuel Durán
Tristeza e soidade,
rúa solitaria,
sen ver a ninguén,
casas solitarias
rúas solitarias,
ninguén na rúa,
soidade tan grande
na vella rúa.
Marina Mateos
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
30
É tranquilidade. Se pechas os ollos ves as árbores
movéndose lixeiramente co vento,
a auga movéndose polo río, o sol quentándome a
cara deitado mirando ás nubes.
Gabriel Chousa
O punto máis abstracto da Praza de Santo Domingo.
Aguia que vixías polo día e no medio da noite.
Luís Lombó
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
31
111111111111111111
O MAPA EMOCIONAL
DAS PAISAXES DE
LUGO
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
32
https://mapaemocional.wordpress.com/
LOCALIZACIÓNS
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
33
PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO
34