MÓDULO 4: Saúde e medio ambiente

17
Educación Secundaria semipresencial e a distancia para persoas adultas 4A Natureza Guía do alumnado Saúde e medio ambiente EQPUGNNGT¯C FG GFWECEKłP G QTFGPCEKłP WPKXGTUKVCTKC ZWPVC FG ICNKEKC

Transcript of MÓDULO 4: Saúde e medio ambiente

Educación Secundaria

semipresencial e

a distancia para

persoas adultas

4A Natureza

Guía do alumnado

Saúde e medio ambiente

EQPUGNNGT¯C"FG"GFWECEKłP"G"QTFGPCEKłP"WPKXGTUKVCTKC"

"

ZWPVC"FG"ICNKEKC"

OłFWNQ"6<"Ucûfg"g"ogfkq"codkgpvg"

DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO

Moitos conceptos abordados neste módulo optativo están vinculados cos contidos de módulos anteriores (Módulo 1: Os materiais terrestres, Módulo 2: A auga e o aire, Módulo 3: Os seres vivos). A súa comprensión axudarache a integrar e a progresar no coñecemento dos fenómenos naturais, do funcionamento do corpo humano e da adquisición de hábitos de vida saudable e de respecto polo medio ambiente.

O módulo está distribuído en cinco unidades, correspondéndolle aproximadamente tres semanas ao estudo de cada unidade. Segundo estudes este módulo durante o primeiro ou o segundo cuadrimestre do curso, a distribución das unidades será a seguinte:

- Unidade 1: Alimentación e nutrición.

1º cuadrimestre: 1ª, 2ª e 3ª semanas de outubro.

2º cuadrimestre: 3ª e 4ª semanas de febreiro e 1ª de marzo.

- Unidade 2: Reprodución e sexualidade."

1º cuadrimestre: 4ª semana de outubro e 1ª e 2ª semanas de novembro.

2º cuadrimestre: 2ª, 3ª e 4ª semanas de marzo.

- Unidade 3: Relación e coordinación.

1º cuadrimestre: 3ª e 4ª semanas de novembro e 1ª semana de decembro.

2º cuadrimestre: 1ª, 2ª e 3ª semanas de abril.

- Unidade 4: Saúde e enfermidade.

1º cuadrimestre: 2ª e 3ª semanas de decembro.

2º cuadrimestre: 4ª semana de abril e 1ª semana de maio.

- Unidade 5: Medio ambiente.

1º cuadrimestre: mes de xaneiro.

2º cuadrimestre: 2ª, 3ª e 4ª semanas de maio.

SISTEMA DE TRABALLO

O sistema de traballo que che propoñemos para o estudo deste ámbito é o seguinte:

1. Ler a guía didáctica da unidade, especialmente os criterios de avaliación, que che indicarán as capacidades que debes alcanzar logo do estudo da unidade, así como o nivel de dificultade dos problemas ou actividades a resolver.

2. Ler o texto da unidade, subliñando as ideas importantes, tomando notas, elaborando esquemas, resumos, formularios, etc.

2

3. Realizar as experiencias que se describen na unidade para comprobar por ti mesmo os resultados da mesma.

4. Realizar as actividades de autoavaliación de cada apartado conforme van aparecendo no libro, unha vez asimilados os contidos do apartado correspondente. As actividades debes realizalas nun caderno á parte, comprobando na clave de corrección se están resoltas correctamente a partir da páxina 173 do libro.

5. Realizar as actividades para enviar ao titor ou titora e que están distribuídas en dúas, tres ou catro semanas, procurando non atrasar o seu envío para que non se che acumulen ao final do cuadrimestre.

6. Memorizar os aspectos fundamentais da unidade axudándote das notas, esquemas, resumos, etc., que tomaches durante o estudo dos diferentes apartados.

WPKFCFG"3<""Cnkogpvcekôp"g"pwvtkekôp"

Nesta unidade abórdase a nutrición humana como un proceso biolóxico complexo. Mediante a nutrición intégranse a incorporación, transporte, utilización e eliminación de nutrientes, osíxeno e substancias de refugallo.

Así mesmo, a unidade trata o estado nutricional do noso corpo facendo especial fincapé nos hábitos alimenticios saudables, os efectos dunha dieta desequilibrada e a influencia dos factores psicosociais e culturais na alimentación humana.

Finalmente, inclúense contidos referidos á correcta manipulación e conservación dos alimentos co obxectivo de coñecer as principais normas de hixiene alimentaria.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Ao finalizar o estudo desta unidade deberás ser quen de:

- Diferenciar alimentación e nutrición.

- Relacionar a composición dos alimentos coas propiedades nutritivas dos mesmos e estas coas necesidades do corpo humano.

- Explicar como contribúen os distintos aparellos implicados no proceso de nutrición, establecendo as relacións existentes entre eles.

- Describir, situar e explicar as funcións básicas dos órganos constituíntes do aparello dixestivo, respiratorio, circulatorio, linfático e excretor.

- Relacionar as funcións dixestivas, respiratorias e circulatorias con enfermidades e trastornos comúns.

- Enumerar e xustificar algúns hábitos de hixiene e coidado persoal, razoando a necesidade de evitar certas prácticas prexudiciais en relación cos aparellos implicados no proceso de nutrición.

3

- Explicar os criterios básicos para a elaboración dunha dieta equilibrada.

- Sinalar as causas das deficiencias na nutrición, obesidade, anorexia e bulimia, como exemplos de desequilibrios nutricionais.

- Calcular e coñecer o significado do índice de masa corporal (IMC).

- Sinalar algunhas vantaxes e inconvenientes derivados do proceso de comercialización dos alimentos.

- Explicar o fundamento dos principais métodos de conservación dos alimentos.

ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

A medida que estudas cada apartado da unidade e unha vez que comprendas os contidos do mesmo, debes realizar as actividades propostas e comprobar se as respostas son correctas consultando a clave de corrección ao final do libro. Se é así, podes continuar; se non, debes repasar o apartado correspondente.

ACTIVIDADES PARA ENVIAR AO TITOR/A

1. a) Completa o seguinte mapa conceptual relativo ao sangue.

contén

contén poden ser

poden ser serven para

SANGUE

plasma

auga leucocitos

osíxeno

formar coágulos

4

b) Escribe os compoñentes do plasma do sangue na columna central da seguinte táboa, o lugar do corpo de onde proceden e onde se dirixen.

Nwict"fq"eqtrq"fq"swg"rtqegfg" Eqorqògpvgu"fq"rncuoc"

Nwict"fq"eqtrq"qpfg"ug"fktkzg"

Osíxeno

2. a) Elabora unha dieta equilibrada para un fin de semana. Para iso elixe e distribúe os alimentos tendo en conta que deben figuran alimentos dos sete grupos.

UıDCFQ" ITWRQ"3<"Ngkvg"g"fgtkxcfqu""

ITWRQ"4<"Ectpg."rguecfqu""g"qxqu

ITWRQ"5<"Ngiwogu."h0"ugequ"g"rcvcecu"

ITWRQ"6<"Xgtfwtcu"g"jqtvcnk|cu

ITWRQ"7<"Htqkvcu

ITWRQ"8<"Egtgcku

ITWRQ"9<"Itczcu"g"cegkvgu

Nutriente principal

" " " " " " "

"

Cnoqt|q"

3√"

4√"

Eqokfc"

Uqdtg/oguc"

Ogtgpfc"

Rtcvq"

Egc"

Uqdtg/oguc"

5

FQOKPIQ" ITWRQ"3<"ngkvg"g"fgtkxcfqu""

ITWRQ"4<"ectpg."rguecfqu"g"qxqu

ITWRQ"5<"ngiwogu."h0"ugequ"g"rcvcecu

ITWRQ"6<"xgtfwtcu"g"jqtvcnk|cu

ITWRQ"7<"htqkvcu

ITWRQ"8<"egtgcku

ITWRQ"9<"itczcu"g"cegkvgu

Nutriente principal

" " " " " " "

"

Cnoqt|q"

3√"

4√"

Eqokfc"

Uqdtg/oguc"

Ogtgpfc"

Rtcvq"

Egc"

Uqdtg/oguc"

b) A dieta que acabas de elaborar, sería apta para unha muller embarazada? E para unha persoa deportista? Xustifica a túa resposta.

c) Algunhas persoas non comen carne (porco, tenreira, aves, etc.) por razóns ideolóxicas ou por gusto persoal. Significa isto que levan unha dieta desequilibrada? Xustifica a túa resposta.

WPKFCFG"4<""Ugzwcnkfcfg"g"tgrtqfwekôp"

Esta unidade divídese claramente en dous bloques de contidos. O primeiro bloque aborda os aspectos biolóxicos da sexualidade: a anatomía e o funcionamento dos aparellos xenitais feminino e masculino, o control da reprodución (anticoncepción, reprodución asistida e aborto) e os hábitos de hixiene sexual. O segundo bloque aborda a dimensión afectiva e psicolóxica e o uso social da sexualidade enmarcado no contexto cultural e cronolóxico ao longo da vida.

6

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Ao finalizar o estudo desta unidade deberás ser quen de:

- Diferenciar sexualidade de reprodución.

- Describir os aparellos xenitais feminino e masculino, situalos e indicar como interveñen na sexualidade e na reprodución.

- Establecer diferenzas entre os aparellos xenitais feminino e masculino.

- Describir os cambios que se producen ao longo do ciclo menstrual.

- Explicar as etapas que se distinguen no proceso de reprodución mediante as que é posible o nacemento do ser humano.

- Identificar os carácteres sexuais primarios e secundarios.

- Diferenciar sexo biolóxico, sexo xenital, identidade sexual e orientación sexual.

- Aplicar os coñecementos sobre o funcionamento dos aparellos reprodutores á comprensión do fundamento dos métodos anticonceptivos.

- Describir as técnicas conducentes a facilitar a reprodución.

- Coñecer os riscos asociados á actividade sexual se esta non cumpre determinadas condicións.

- Diferenciar as distintas ETS, indicando os tipos de axentes que as producen, as súas consecuencias e os modos de evitalas.

ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

A medida que estudas cada apartado da unidade logo de comprender os contidos do mesmo, debes realizar as actividades propostas e comprobar se as respostas son correctas consultando a clave de corrección ao final do libro. Se é así, podes continuar; se non, debes repasar o apartado correspondente.

7

ACTIVIDADES PARA ENVIAR AO TITOR/A

1. a) Completa a táboa seguinte relativa aos métodos anticonceptivos non permanentes.

" Preservativo Píldora Diafragma + Espermicida DIU

Rtqvgzg"fcu"GVU"(si / parcialmente / non)

" " " "

Hâekn"fg"qdvgt"(farmacia / consulta médica)

" " " "

Hâekn"fg"wuct"(fácil / difícil)

" " " "

Ghgevqu"ugewpfctkqu"(si / non)

" " " "

Rtgekuc"eqpvtqn"oêfkeq"(si / non)

" " " "

Ghgevkxkfcfg"(% teórica e % práctica)

" " " "

"

b) Rodea cun círculo as respostas que supoñan vantaxes para o/a usuario/a.

c) Como sabes non existe o método anticonceptivo ideal para todas as persoas, pero ás veces algún método está desaconsellado.

- Un método anticonceptivo fguceqpugnncfq para unha muller de 40 anos sería ................................ porque ......

- Un método anticonceptivo fguceqpugnncfq para un home que actualmente non desexa ter fillos pero que podería cambiar de opinión no futuro sería ................................ porque ......

- Un método anticonceptivo fguceqpugnncfq para unha muller que fuma un paquete de tabaco ao día sería ................................. porque ......

2. As seguintes imaxes corresponden a distintos momentos do ciclo menstrual.

a) Colorea de amarelo o óvulo e de vermello o endometrio.

b) Indica a que fase e a que días do ciclo corresponde cada imaxe.

c) Describe brevemente o que acontece en cada imaxe.

8

9

WPKFCFG"5<""Tgncekôp"g"eqqtfkpcekôp"

Nesta unidade danse a coñecer os órganos, aparellos e sistemas implicados nas funcións de relación e coordinación do ser humano, así como os procesos que se levan a cabo. Esta información é clave para abordar posteriormente a relacións causa-efecto dos principais factores de hixiene mental (estrés, ruído, illamento social, sono e drogas). En particular o uso e abuso de drogas e tratado desde unha óptica global bio-psico-social para así favorecer os comportamentos saudables.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Ao finalizar o estudo desta unidade deberás ser quen de:

- Describir os procesos que participan na relación e coordinación humanas.

- Describir e situar os órganos dos sentidos e do sistema nervioso relacionándoos con representacións esquemáticas apropiadas.

- Explicar como se transmite a información no sistema nervioso e a súa misión integradora fronte a diferentes estímulos.

- Identificar e analizar algunhas pautas de comportamento humano que inciden positiva ou negativamente no coidado e saúde dos órganos de relación e coordinación.

- Describir as glándulas que constitúen o sistema endócrino humano, sinalando as principais hormonas e a súa función reguladora

- Distinguir entre control hormonal e control nervioso.

- Valorar a importancia do equilibrio entre todos os órganos de relación e coordinación.

- Explicar como o estrés, o ruído, o illamento social, a falta de sono e as drogas inciden na saúde física e mental.

- Clasificar e dar exemplos dos distintos tipos de drogas segundo o seu efecto no sistema nervioso.

- Describir os principais efectos prexudiciais derivados do tabaquismo e do abuso no consumo de alcohol, e valorar en consecuencia a importancia de adoptar un estilo de vida saudable.

- Coñecer o concepto de unidade de bebida estándar (UBE) e calcular a cantidade de alcohol puro na consumición dunha bebida alcohólica.

- Recoñecer a responsabilidade individual e colectiva na iniciación ao consumo de drogas e nas drogodependencias.

10

ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

A medida que estudas cada apartado da unidade e unha vez que comprendas os contidos do mesmo, debes realizar as actividades propostas e comprobar se as respostas son correctas consultando a clave de corrección ao final do libro. Se é así, podes continuar; se non, debes repasar o apartado correspondente.

ACTIVIDADES PARA ENVIAR AO TITOR/A

1. a) Completa os seguintes mapas conceptuais. "

C"inkequc"g"c"hwpekôp"fg"pwvtkekôp"

procedente de procedente de GLICOSA Atmosfera

entra entra coa directamente axuda de nas

nas

Células

co fin de producir

mediante a

Respiración celular

11

""""""C"inkequc"g"c"fkcdgvg"

padece padece

Marcos 2 anos

diabético den o

DIABETETIPO __

DIABETETIPO __

DIABETE

DE________ DIABETE

DA MADUREZ

causada porque as

células de

Glicosa

b) En España o número de persoas diabéticas (diabetes tipo II) aumentou nadécadas. A que cres que foi debido?

2. Un grupo de amigos, Paula, Fran, Ana e Mohamed, foron cear xuntos e cadabebeu dúas copas de viño. Pregúntanse se estarán en condicións de conducir.

Datos: Fran leva dous meses co carné de conducir, mentres que todos os demunha experiencia de máis de dous anos. Paula e Fran pesan 65 kg, Ana, 57 kg e M82 kg.

a) Cantas UBE bebeu cada un deles? A cantos gramos de alcohol aproximadamente?

b) Posto que todos beberon o mesmo, cres que teñen a mesma concentración den sangue? Cales teñen máis posibilidades de cumprir a normativa legincumprila? Argumenta as túas respostas.

c) Verdadeiro ou falso?: “Tomar un café cargado axuda a reducir os niveis de asangue”. Razoa a túa resposta.

Isabel48 anos

diabética de hai 1 an

_____

tamén chamada

non asimilan a

non producen suficiente

s últimas

un deles

ais teñen ohamed,

equivalen

e alcohol al? E de

lcohol en

12

"

WPKFCFG"6<""Ucûfg"g"gphgtokfcfg"

Esta unidade introduce un significado de saúde, amplo, dinámico e positivo. Así mesmo, aborda as causas e as alteracións das enfermidades máis frecuentes na actualidade, os procesos naturais de defensa e algunhas técnicas terapéuticas. A perspectiva biolóxica e tecnolóxica da saúde amplíase aos restantes factores determinantes, facendo especial fincapé nos estilos de vida saudables e nos de risco.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Ao finalizar o estudo desta unidade deberás ser quen de:

- Diferenciar os conceptos de saúde e enfermidade.

- Identificar algunhas enfermidades infecciosas segundo o axente causante e a forma de transmisión.

- Describir os principais mecanismos de defensa fronte ás infeccións e diferenciar os distintos tipos de inmunidade.

- Identificar condutas preventivas e métodos terapéuticos fronte ás enfermidades infecciosas.

- Coñecer os axentes causais do cancro e das enfermidades cardiovasculares e identificar condutas preventivas fronte a elas.

- Identificar os factores físicos e humanos na incidencia dos accidentes domésticos, de tráfico e laborais, así como as preventivas.

- Recoñecer a responsabilidade individual e colectiva na incidencia das enfermidades infecciosas, dexenerativas e dos accidentes.

ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

A medida que estudas cada apartado da unidade e logo de comprender os contidos do mesmo, debes realizar as actividades propostas e comprobar se as respostas son correctas consultando a clave de corrección ao final do libro. Se é así, podes continuar; se non, debes repasar o apartado correspondente.

13

ACTIVIDADES PARA ENVIAR AO TITOR/A

1. O tétano é unha enfermidade producida pola toxina da bacteria Clostridium tetani. A infección ten lugar cando a bacteria do tétano que vive no solo penetra no corpo a través de feridas na pel.

Unha persoa recibe unha inxección pero descoñece se é a vacina do tétano, a vacina de reforzo do tétano ou o soro antitetánico. Identifica o contido da inxección e argumenta a túa resposta.

a) Antes da inxección non había anticorpos contra a bacteria do tétano no sangue pero estes aparecen inmediatamente.

b) A persoa cortouse mentres traballaba no seu xardín.

c) Antes da inxección había anticorpos contra a bacteria do tétano no seu sangue (aínda que en escasas cantidades) e estes aumentan ao cabo de poucos días.

d) A inxección contén pequenas cantidades de toxina do tétano.

2. Identifica os órganos, aparellos ou sistemas beneficiados polo exercicio físico regular e indica, seguidamente, de que xeito mellora o seu funcionamento.

14

WPKFCFG"7<""Ogfkq"codkgpvg"

Nesta unidade estúdase o medio ambiente desde un punto de vista sistémico, tratando de relacionar os sistemas terrestres e os desequilibrios provocados pola acción da humanidade. Divídese en tres partes fundamentais:

Na primeira parte desenvólvese o concepto de medio ambiente, o estudo dos sistemas terrestres, os recursos, os residuos e o desenvolvemento sostible.

O segundo bloque trata da contaminación como consecuencia do desequilibrio na ecosfera e dos efectos sobre o medio ambiente e sobre a saúde.

No terceiro bloque abórdase a lexislación ambiental internacional, da Unión Europea e española.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Ao finalizar o estudo da unidades deberás ser quen de:

- Identificar algúns problemas ambientais relacionados coa saúde aos que a ciencia deu solucións e que repercutiron na mellora da calidade de vida, e outros aos que non se pode dar resposta.

- Identificar nun texto, nunha película ou noutros medios de información, aspectos relacionados coa saúde individual e colectiva e coa existencia de razóns de índole política, social ou relixiosa que condicionaron o seu desenvolvemento e aplicación.

- Realizar estudos de campo no medio urbano inmediato sobre os aspectos ambientais máis importantes: transporte, contaminación, residuos, etc.

- Identificar coa axuda de materiais bibliográficos, audiovisuais e informáticos, problemas ambientais con repercusións a escala mundial e as súas posibles causas, enumerando as implicacións persoais, sociais, culturais e económicas que comportan e facendo referencia a documentos lexislativos en materia medioambiental.

- Elaborar informes que comuniquen, con claridade e rigor, resultados e conclusións dos traballos levados a cabo para realizar unha valoración crítica deles.

- Valorar a importancia da enerxía nas relacións entre o ser humano e o medio ambiente na sociedade actual e ao longo da historia, detectando a súa presenza en todos os aspectos da vida.

- Ordenar e recoller datos de maneira operativa, é dicir, facilitando a súa interpretación e utilización en traballos posteriores.

ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

A medida que estudas cada apartado da unidade e unha vez que comprendas os contidos do mesmo, debes realizar as actividades propostas e comprobar se as respostas son correctas

15

consultando a clave de corrección ao final do libro. Se é así, podes continuar; se non, debes repasar o apartado correspondente.

ACTIVIDADES PARA ENVIAR AO TITOR/A

1. “O profesor González contaba como se extinguiu unha fráxil bolboreta en Inglaterra, a “formigueira” (Maculinea alcon) pese -a causa de- ás medidas de protección que se estableceron para ela. As súas larvas alimentábanse dunha planta (Gentiana pneumonanthe) e, posteriormente, nos niños de formigas, de aí o seu nome común.

Para protexer a súa única poboación en Inglaterra, estableceuse unha área de reserva no territorio que habitaban, prohibíndose o pastoreo nela. Como consecuencia, a herba creceu asombrando o solo. Os formigueiros reducíronse, pois as formigas tiñan preferencia polas zonas soleadas. Esta diminución afectou ás larvas da “formigueira” xa que, ao carecer en gran medida de formigueiros onde completar o seu ciclo vital, a súa escasa poboación reduciuse progresivamente ata extinguirse”.

(http://www.cnice.mecd.es/eos/MaterialesEducativos/mem/pronatura/sistem.htm)

a) Por que dicimos que a desaparición da Mauculinea alcon de Inglaterra foi un problema sistémico?

b) Elabora un esquema que relacione os elementos do sistema de reprodución da bolboreta Mauculinea alcon.

c) Que error cometeron os lexisladores e técnicos que trataron de evitar a extinción da Mauculinea alcon en Inglaterra?

2. Elabora unha lista de recursos renovables e despois indica:

a) Por que son renovables?

b) Como debemos xestionalos para que non se esgoten ou colapsen?

3. “AFÚNDESE TUVALU?""O antigo mito do afundimento da Atlántida pode converterse na máis crúa realidade para os 11 300 habitantes da pequena nación de Tuvalu, un grupo de atois situados entre Hawai e Australia."

O aumento do nivel do mar causado polo quecemento global ameaza con cubrir moitas illas de orografía cha. Algúns científicos cren que Tuvalu podería ser unha das primeiras vítimas. A illa principal, Fumati, de 4,50 metros no seu punto máis alto e fogar dos tuvaluanos, quedou case anegada tres veces o ano pasado a causa das tempestades. Tuvalu e outras nacións insulares queren forzar aos países industrializados a que adopten o protocolo de Kioto. “O protocolo non é suficiente, pero é un primeiro paso para frear o quecemento global” di Enele Sopoaga, embaixador de Tuvalo na ONU.

Temerosos dun aumento do nivel do océano nos próximos decenios, os habitantes de Tuvalu planean evacuar as súas illas, e falan de mercar unha patria máis elevada no Pacífico. “Para os tuvaluanos –di Sopoaga-, é unha cuestión de vida ou morte”.

Scott Eld. National Geographic. Agosto 2004.

16

a) Por que o quecemento global ameaza a Tuvalu?

b) Que acordos se tomaron en Kioto que son o primeiro paso para frear o quecemento global?

c) Que cambios climáticos se prevén no futuro se non limitamos as emisión de gases invernadoiro?

4. Analiza as gráficas e contesta as seguintes cuestións:

Evidencias do aumento do efecto invernadoiro (BBC Mundo).

a) Existe algunha relación entre o aumento de temperatura e a cantidade de CO2 atmosférico? Por que?

b) Por que un aumento de temperatura no planeta Terra supón un aumento do nivel do mar?

c) Que efecto provoca a nivel planetario a desaparición dos glaciares? "

17