Medos populares

10

Click here to load reader

description

Investigación desenvolvida polo alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria con motivo do Samaín

Transcript of Medos populares

Page 1: Medos populares
Page 2: Medos populares

O MEDO

O medo é un sentimento desagradable que se ten ante un perigo, ante a dor , ou ante algo descoñecido e que nos provoca reaccións de defensa, de fuxida, de pánico etc…

O medo forma parte das culturas e son moitos os que nós temos arreigados na nosa.

Por iso, nestas páxinas, con motivo do Samaín e do Magosto imos expoñer algúns dos máis estendidos.

Page 3: Medos populares

O HOME LOBOO home lobo chamado en latín “hominen lupum” é un

home que nas noites de lúa chea (Plenilunio) se transforma nun ser peludo e cuns cairos esgarradores, na procura de carne humana, vagando sen rumbo fixo e devorando nenos/as ou cadáveres.

A ferocidade, a astucia, a forza e a rapidez, características típicas do lobo, son as que posúe este home que é capaz de cambiar o seu aspecto ben polos efectos da maxia ou por tendencia persoal.

Son moitas as causas polas que un ser humano (sempre home) se converte en lobo:

• Ser víctima dunha maldición.• Inxerir certas plantas.• Beber auga no mesmo lugar onde o fixera antes un lobo.• Cubrirse coa pel dun lobo.• Durmir espido á luz da lúa.• Ser mordido por outro Home-Lobo.

Para que o home-lobo ou alicántropo poida volver ao seu aspecto orixinal existen varias maneiras:

• Lanzar un obxecto de ferro sobre el.• Saudalo cun signo da Cruz.• Golpealo tres veces cun coitelo na caluga facendo que

derrame tres pingas de sangue, etc.

As lendas sobre os homes lobos existen desde épocas prehistóricas e en todos os países do mundo. Así na tradición galega o home lobo chamouse o lobizón, que viña a ser o séptimo fillo dunha familia numerosa que abandonaban ou daban en adopción.

(Adrián López, Manuel Cebey, Damián Blanco,David Viqueira e Magdalena Iglesias).

Page 4: Medos populares

O HOME DO SACO

O home do saco é un personaxe do folclore infantil hispánico; vaga polas rúas cando é de noite en busca de nenos extraviados , méteos nun gran saco e lévaos a un lugar descoñecido. Este argumento é empregado para asustalos e obrigalos a que volvan a casa cedo.

Ten diferentes nomes:

• O home do saco.

• O vello do saco.

• O vello do costal.

• O home da bolsa.

• O vello da bolsa

Algúns nenos creron velo, aínda que en realidade non está baseado en ningún suceso particular.

(Alicia Cespón,Pablo García e Silvia Álvarez

Page 5: Medos populares

O SACAUNTOO sacauntos ou tamén chamado o papón , é

un personaxe con características similares ás do home do saco.

O home do unto é grande, de ollos terribles e anda mal vestido. Adícase a sacarlle a graxa aos nenos e cocen as mulleres en enormes tellas ou caldeiros.

Unha vez. que colle o unto, foxe cara o bosque. Alí cómeo e vóltase vigoroso coma se fose un neno.

A orixe da personaxe pode estar no medievo , para explicar numerosos casos do antropofaxia (canibalismo), que se daba nesta época, debido as fames

que a xente pasaba). camabarca.blogspot.com/2007/06/retratos-3-el-...

Page 6: Medos populares

A MORTEA morte é un personaxe representado por un

esquelete cuberto dunha capa, cunha gadaña máxica na man.

A morte é unha figura mitolóxica da cultura popular e nalgunhas, unha entidade venerada. Xa en Grecia, o deus Tánato , personificaba a morte e Hades personificaba o mundo da morte.

Di a crenza popular que a morte sempre avisa, e entre os presaxios anunciantes, os máis estendidos son éstes:

• A presenza da Santa Compaña: a morte avisa sobre un futuro próximo.

• O ouveo de cans e raposos.• A aparición dun moucho , unha curuxa ou

outras aves rapaces, pola noite.• O canto da galiña que canta como un galo.• O son dunha campá sen que ninguén a toque.• O cheiro a cera ou aceite nunha encrucillada.• Ver un corvo ou un gato negro.• O vo das bolboretas brancas arredor dunha casa.

OFRECIDOS

As persoas que tras unha longa enfermidade se curan e se libran da morte, ofrécense, en agradecemento aos Santos, á Virxe e ao Nazareno. Así, na Pobra do Caramiñal, o terceiro domingo de setembro, os ofrecidos visten hábitos de Nazareno e acompáñano na Procesión das Mortallas tras un cadaleito, que representa o que tiñan preparado para el.

Page 7: Medos populares

A SANTA COMPAÑA

A Santa Compaña é unha procesión de pantasmas cun acompañante vivo que sostén unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido polas ánimas con velas encendidas, non sempre visibles. Nótase a súa presenza no olor da cera e no vento que se levanta ao seu paso.

Dise que ás doce da noite reúnense na porta da igrexa para iniciar o seu percorrido. A persoa viva que encabeza a procesión será un home ou unha muller, dependendo se a patrona da igrexa é santo ou santa. Se é santo deberá ser home e se é santa as dúas cousas.

Tamén se cre que o vivo non recorda durante o día o acontecido no transcurso da noite. Únicamente podérase recoñecer a persoa penada con este castigo pola súa extremada delgadez e palidez. Non lle permiten descansar ningunha noite, polo que a súa saúde vaise debilitando ata morrer. As únicas formas de salvarse da Santa Compaña son:

• Pasándolle a cruz e o caldeiro a outra persoa.• Tirarse no chan (pero así a procesión pasaralle por

encima e terá unha gran dor de espalda)• Facer un círculo no chan e meterse nel.

(Andrea, Juan,

Luís, Magdalena,

Martín e Sheila)

Page 8: Medos populares

OS QUITASANGUES

Cando miña avoa era pequena, dicíanlle que había uns homes que lle collían o sangue aos nenos para vendelo nas feiras.

E cando vían algunha persoa estraña ou un coche botábanse a correr polo monte abaixo para escapar deles. Por iso regresaban á casa cheos de feridas e sangue.

(Antonio Villasenín)

Page 9: Medos populares

O HOME DO POZO

Antes, para que os nenos non se achegaran aos pozos porque podían caer dentro e morrer, dicíanlle que había un home nel que cando te achegabas ao pozo tiraba por ti e matábate.

(Antonio Villasenín)

Page 10: Medos populares

OS VAMPIROS

Os vampiros son unas criaturas malignas que se alimentan de sangue dos seres vivos.

A maioría dos vampiros teñen a habilidade de transformarse nun animal, que, normalmente son: un morcego, unha rata, un lobo, unha araña ou un corvo.

Casi todos os vampiros dormen nun cadaleito.

Os vampiros non poden cruzar a auga en movemento.

Algunhas razas de vampiros son: Asambasam, Azde, Algui, Ale, Aswang, Baital, Bajang, Bhutay

(Paula)