Memoria 2014-2015
-
Upload
bibliotecailladetambo-bibliotecailladetambo -
Category
Documents
-
view
233 -
download
0
description
Transcript of Memoria 2014-2015
MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE BIBLIOTECA NO IES
ILLA DE TAMBO.
CURSO 2014-5
Encargada da Biblioteca: Celia Sánchez Reboredo
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 1
íNDICE
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS ................................................................................................... 2
HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA .................................. 13
AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA, O FOMENTO DA LECTURA, E
OUTRAS) .......................................................................................................................................................... 14
EQUIPAMENTO ............................................................................................................................................... 14
XESTIÓN .......................................................................................................................................................... 18
FORMACIÓN DE USUARIOS ............................................................................................................................ 32
EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN ............................................................................... 36
FOMENTO DA LECTURA .................................................................................................................................. 38
A AVALIACIÓN REALIZADA ............................................................................................................................. 64
PREVISIÓNS DE FUTURO ................................................................................................................................. 78
PRODUCIÓN DE MATERIAIS............................................................................................................................ 82
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 2
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS
Despois do cambio profundo no que respecta ao posto que a biblioteca vai ocupando na
actividade cultural e formativa do centro, estamos nunha etapa de asentamento con poucas
novidades. Moitas veces, ao principio desta andadura como equipo de biblioteca, quixemos ser
os iniciadores de actividades varias nas que, as veces, non chegamos aos resultados apetecidos.
Pero cada vez máis nos decatamos de que moitas veces só temos que estar dispostos a ver e
escoitar as iniciativas dos departamentos e do alumnado para seren a súa máis importante
ferramenta para facelas medrar.
Resulta gratificante para os que traballamos na biblioteca ver como segue a aumentar o número
de usuarios e de préstamos Sobre todo, comprobamos como xa a dinámica da centralización das
compras de material bibliográfico e audiovisual a través da biblioteca está aceptada e mellora a
eficiencia do gasto. Pero aínda hai voces en contra do que consideran inxerencia no seu dominio.
Este foi un curso complicado no que respecta á carga de traballo do profesorado. Os profesores
do equipo de biblioteca dispuñan de moi poucas horas sen clase no seu horario (como se verá no
apartado correspondente), así que o tempo que o equipo puido dedicar a tarefas de catalogación
e dinamización diminuíu considerablemente. Os grupos foron moi numerosos e iso aumenta
tamén a nosa carga de traballo de corrección. Algúns dos obxectivos más ambiciosos, polo tanto,
quedaron incumpridos.
Aínda así, en liñas xerais, facemos unha valoración positiva do que levamos feito. Sobre todo
sentímonos moi satisfeitos coa eficiencia conseguida pola organización do traballo.
Dunha forma natural e voluntaria os diversos compoñentes do equipo de biblioteca vanse
“especializando” en diferentes labores, como a xestión do préstamo (reserva de documento,
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 3
recuperación de documentos non devoltos, colocación...), a catalogación, a decoración e
mobiliario, as actividades de dinamización, o blog, a formación de usuarios. Tamén vemos moi
positivamente a relación con moitos departamentos no que se refire á organización de
actividades na biblioteca. Temos moito interese en achegar á biblioteca aos profesores menos
coñecedores dela, como primeiro paso para o fomento do uso entre o seu alumnado.
Pero, para ser concretos, pasamos a valorar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos
para este curso nas “liñas prioritarias de actuación” que nos marcáramos o curso pasado.
Farémolo, con realismo, e a través da seguinte táboa comparativa entre os obxectivos e o
resultado:
EN RELACIÓN
COA
ORGANIZACIÓN
E XESTIÓN
OBXECTIVOS
RESULTADO
Ampliación das horas de
traballo na biblioteca
Non foi posible dadas as necesidades de profesorado do
centro
Compra de libros
electrónicos para
empréstito
Estamos cambiando a idea de “libros electrónicos” por
tablets
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 4
EN RELACIÓN
COA
ORGANIZACIÓN
E XESTIÓN
Habilitar wifi na sala para
uso dos alumnos
Non se conseguiu un acordo coa dirección sobre este
tema
Elaboración de guías de
lectura adaptadas aos
distintos niveis
Fixemos guías como os anos pasados
Mellorou a presentación de guías por cursos no blog
Adquisición de fondos
documentais informativos
e formativos, de escasa
presenza aínda na
biblioteca.
Mercáronse fondos de matemáticas, xadrez, filosofía,
entre outros.
Revisión de subscricións
periódicas da biblioteca
para unha mellor
adecuación ás necesidades
do alumnado e o
profesorado.
Decidiuse continuar coas mesmas subscricións
Abrir o préstamo aos pais
e nais
Non se fixo, aínda que se lles presta a través dos fillos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 5
Continuación da
catalogación. Catalogar os
documentos dos
departamentos didácticos
para centralizar e difundir
os recursos existentes.
Estamos coa catalogación do material dos
departamentos
DINAMIZACIÓN
DOS RECURSOS
DA BIBLIOTECA,
INTEGRACIÓN
NO CURRÍCULO E
DESENVOLVE-
MENTO DAS
COMPETENCIAS
BÁSICAS DO
ALUMNADO
Publicitar máis os recursos
(sobre todo entre aqueles
que non van nunca á
biblioteca). Instalaremos
unha pantalla informativa
na entrada con
presentacións de
promoción das novidades
Insistimos moito neste curso na publicidade dos fondos
e novidades fora do espazo físico da biblioteca (panel
de novidades, pantalla na entrada do IES)
Instaurar un sistema máis
participativo na
ampliación dos recursos
da biblioteca
Participan os profesores, pero aínda non demasiado os
alumnos, aínda que se atenden as súas suxestións
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 6
DINAMIZACIÓN
DOS RECURSOS
DA BIBLIOTECA,
INTEGRACIÓN
NO CURRÍCULO E
DESENVOLVE-
MENTO DAS
COMPETENCIAS
BÁSICAS DO
ALUMNADO
Levar todos os
documentos organizativos
do centro (Regulamento
de réxime interno,
Programacións didácticas)
á biblioteca en soporte
papel e informático.
Aínda que non todos, están a maioría
É necesario aínda achegar
a máis profesores á
biblioteca para que leven
aos seus alumnos en horas
de clase. Queremos
conseguir que cada curso,
polo menos, un novo
departamento desenvolva
unha actividade en
relación coa biblioteca
Neste curso o departamento de Xeografía e Historia e o
departamento de Inglés levaron aos alumnos á
biblioteca nas horas de clase.
Que algunha das sesión de
titoría se desenvolvan na
biblioteca.
Con certa frecuencia fixérono algúns titores
Mantemento do blog
actualizado
Promoción da sección de
“Creación”
O blog está activo, en constante actualización. Nel
figuran as actividades desenvolvidas pola biblioteca
Varios alumnos participaron nesta sección
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 7
Maior publicidade das
novidades entre o
profesorado.
O blog e os correos electrónicos difunden as novidades
entre o profesorado.
Contactar máis cos
departamentos didácticos
na organización das
actividades de
dinamización da
biblioteca.
Cada curso conseguimos que haxa novos achegamentos
de departamentos. Este ano: Filosofía, Francés e
Xeografía e Historia máis especialmente.
Propoñer un tema común
de traballo interdisciplinar
ao longo de todo o curso:
“A pesca”
O “problemático” inicio de curso co aumento de
alumnado por aula e de horas de traballo impediuno
totalmente. Pero non abandonamos a idea.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 8
BIBLIOTECA COMO
CENTRO CULTURAL:
Animar aos alumnos e
profesores a expoñer os
seus traballos, recursos
multimedia, etc. na
biblioteca.
Actividades en torno ás
iniciativas e
conmemoracións
propostas pola Consellería
de Educación, así como a
outros eventos locais,
nacionais ou
internacionais.
Facer exposicións
temáticas
Houbo varias exposicións na biblioteca. Recollemos a
colaboración de presentacións do alumnado e o
profesorado no Blog
Continuación do Torneo
de Xadrez e a promoción
do mesmo
O xadrez ten forte implantación no centro e está xa
totalmente integrado nas actividades da Biblioteca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 9
Facer unha promoción
activa do libro/autor do
mes
Non foi posible
EN RELACIÓN COA
FORMACIÓN DE
USUARIOS E A
EDUCACIÓN
DOCUMENTAL
Sesións iniciais para o
alumnado recentemente
incorporado.
Cada curso facemos estas sesións de formación de
usuarios cos alumnos de 1º de ESO e cos de 1º de
Bacharelato (o noso centro recibe moito alumnado
novo neste curso) con divulgación dos servizos da páx.
Web da biblioteca. Con entrega de carnés e tríptico
informativo.
Sesións de presentación
da biblioteca para o
alumnado dos centros de
primaria adscritos ao noso
IES
Neste caso as sesións so fan unha alusión á CDU e á
disposición da biblioteca. É máis ben unha presentación
máis lúdica e atractiva
Elaboración de repertorios
de páxinas de internet con
garantía.
Cada departamento aportou unha lista de direccións
recomendadas con comentarios para guía dos traballos
do alumnado. Este directorio por departamentos figura
tamén no blog
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 10
Guía de criterios para
buscar información fiable
na rede elaborados e
divulgados pola biblioteca
Non foi posible facelo este curso. Figura nos obxectivos
do curso que ven.
EN RELACIÓN CO
FOMENTO DA
LECTURA E DO
PROXECTO LECTOR
DE CENTRO
Mellorar o sistema de
participación nas compras
de modo que aínda sexan
máis abertos aos desexos
e as necesidades dos
usuarios.
Neste aspecto queda moito por facer
Celebracións
Fixéronse moitas na biblioteca: Halloween- Samaín,
Contra a violencia de xénero, Sobre o atentado ao
Charlie Hebdo, a liberdade na información e o Día da
paz
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 11
Actividades
Halloween-Samaín
Matemáticas na biblioteca
Nova “Hora de Ler”
Exposición “Charlie Hebdo” e Día da paz
Maleta de economía
Mochilas viaxeiras
II Torneo de Xadrez
Guías de lecturas
Proxeccións na biblioteca
Na sección de “Creación” do blog publícanse traballos
do alumnado que destacan pola súa calidade
Feira de libros usados na Alameda de Marín en Xuño
(actividade conxunta dos centros de Marín)
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/
Premios aos mellores
lectores.
Entregaranse ao final do curso
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 12
Inclusión dos pais e nais
que o desexen no
préstamo da biblioteca.
Non chegamos a facelo este curso.
Libros para pais e nais ( en
colaboración co
departamento de
orientación) nas salas de
titoría para autopréstamo.
Temos algúns expostos nas salas de visitas. Aspecto moi
mellorable.
OUTRAS
ACTUACIÓNS
Mellora da accesibilidade
Instalouse un elevador, o que tivo pechada a biblioteca
unhas semanas
Modificacións na pantalla
de proxeccións. Mellora
do son.
A pantalla instalouse recentemente na entrada do IES e
nela hanse mostrar as novidades e novas da biblioteca
Cambio na ubicación dos
armarios despois das
obras de mellora da
accesibilidade
Queda pendente a renovación dos armarios, aínda
que a disposición dos mesmos xa está lixeiramente
cambiada
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 13
HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA
Non son en absoluto suficientes as horas “oficiais” de dedicación á biblioteca por parte do
equipo. A persoa encargada da biblioteca é unha profesora que da dezasete horas de clase, así
que no horario só lle figuran cinco (5) horas de biblioteca. Pero son moitas máis as dedicadas aos
labores de xestión e de dinamización. Por sorte (ou quen sabe si por desgraza) hoxe é moito o que
se pode facer dende casa grazas ás TIC. E o mesmo podo dicir dos compoñentes do equipo, varios
deles dedican moitas máis das que figuran no seu horario. Estas son, en total, 19 horas. Delas,
sete (7) corresponden aos recreos. Así que para labores de dinamización e xestión só figuran 12
(aínda que –repito- a boa disposición do equipo as converte en moitas máis). A dirección do
centro dinos que é a Inspección educativa a que lle impide aumentar o número de horas de
dedicación á biblioteca, dadas as necesidades xerais do centro. Non é lugar este para discutilo ou
rebatelo pero é doade decatarse que a persistencia desta situación está a tirar polo chan o
traballo de anos e o entusiasmo de moitos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 14
AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA,
O FOMENTO DA LECTURA, E OUTRAS)
EQUIPAMENTO
Este curso empezou con obras na biblioteca porque á fin chegou a instalación do ascensor que
tanto pediramos. Como xa sinalamos en anteriores memorias, a entrada á sala de lectura ten
unhas escaleiras que impiden ou limitan o acceso a discapacitados e lesionados. Non se fixo a
obra durante o verán, como nos prometeran, pero ao final do primeiro trimestre, por fin,
inauguramos o ascensor. O inconveniente foi que as obras duraron máis do previsto e a biblioteca
permaneceu pechada algunhas semanas (aínda que procuramos mantela sempre para o
préstamo).
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 15
A inauguración do ascensor foi un acontecemento que tivo reportaxe na prensa local e no que
estiveron presentes a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Marín, a alcaldesa e un
representante de Delegación
Ás escaleiras puxéronselles unas
bandas de visibilidade, para persoas
con dificultades de visión
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 16
A colocación do ascensor provocou cambios na zona de lectura informal. Para aproveitar
mellor o espazo recolocamos estantes e asentos.
Tamén nos vimos obrigados a cambiar de posición o armario das revistas
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 17
E tamén promocionamos a utilización dos ordenadores da biblioteca para actividades
diversas. Aínda que temos pendente a renovación dos monitores e o aumento do número de
postos de ordenador.
Seguimos insistindo na
presenza de
documentos en
diferentes soportes.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 18
XESTIÓN
Temos completada a sinalización. Neste aspecto sempre tivemos especial interese porque
queremos unha biblioteca didáctica, que ensine aos nosos alumnos a moverse nas bibliotecas do
mundo. Os paneis das paredes teñen a misión de familiarizar ao alumnado coa CDU e servir de
guía na nosa biblioteca, sempre buscando a autonomía do usuario.
Coa mesma finalidade, existen sinalizacións de subseccións en forma de libros e de marcapáxinas
nos estantes respectando os colores da CDU
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 19
Quixemos insistir neste curso nunhas poucas pero moi claras normas de convivencia na
biblioteca. Este é un cartel que as resume
A informatización do préstamo co programa Meiga contribuíu poderosamente a aumentar o
movemento de fondos na comunidade escolar. O alumnado está xa moi afeito aos novos usos. O
programa permite levar ademais un rexistro de morosos, un servizo de reserva dende casa e facer
estatísticas sobre lectores e lecturas de diversos tipos.
O esforzo de catalogación pódese comprobar na nosa páxina de Meiga
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED081”
E tamén faremos constar os números referentes a ese traballo nas estatísticas do apartado
correspondente desta Memoria. Agora estamos empezando coa catalogación dos materiais por
Departamentos. E,por suposto, seguimos facendo labor de expurgo cada ano.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 20
Insistimos na devolución dos préstamos
a tempo, sobre todo por educar no
respecto ás propiedades colectivas. O
reconto mensual de “morosos” e os
avisos polas clases dan visibilidade á
biblioteca.
Seguimos a facer uso das posibilidades da rede para optimizar o funcionamento do equipo de
biblioteca sen recorrer a reunións longas fora de horario. Comunicamos entre os membros do
equipo da biblioteca todas as novidades diarias na xestión ( listas de morosos na devolución de
libros, cambios nas normas que non funcionan ben, reservas de libros, acordos de catalogación,
dúbidas variadas). O traballo que corresponde a cada un dos membros do equipo está xa moi
especializado, dado que levamos anos sendo os mesmos, pero isto non impide que todos estean
ao tanto do traballo dos demais. Xa hai unha dinámica de traballo moi ordenada en canto á
catalogación, colocación de etiquetas, revisión para expurgo, colocación nos andeis, revisión de
devolucións. Tamén hai algunhas persoas que están máis no traballo creativo (carteis,
presentacións) e outra que leva o blog.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 21
Tamén medrou o número de profesores que
imparten algunha das súas clases na biblioteca, o
que fixo necesario un horario, colocado na sala
de profesores, para que o profesorado poda
apuntarse nel cando saiba que a va a necesitar.
Evitamos así coincidencias de grupos que queren
usar a biblioteca á mesma hora.
Alumnos de 4º traballando coa revista Emprendedores na asignatura de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 22
DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
Seguimos insistindo en dar novas de todo o que ocorre na biblioteca para que, os que nunca
a visitan teñan noticia dela. Xa falamos da importancia de facerse notar na vida do centro.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 23
Cambiamos con frecuencia tamén os materiais
do noso expositor de novidades, porque xa
comprobamos a efectividade da publicidade
para que o préstamo medre. O expositor de
novidades na sala da biblioteca é moi efectivo
para dinamizar o préstamo.
A biblioteca ten que estar presente na vida do centro, ten que ser unha referencia imprescindible.
Por iso, enviamos avisos aos correos dos profesores de noticias interesantes no entorno da
biblioteca. Tamén lles enviamos correos por departamentos para avisarlles das novidades que
poidan ser do seu interese
Cada pouco tempo, facémoslles chegar tamén un novo enlace coas novas do blog.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 24
Así que pensamos nunha posibilidade para levar publicidade das novidades fora do
espazo físico da biblioteca co fin de que sexan mellor coñecidas. E é que sabemos que
parte do alumnado rara vez entra na biblioteca.
Aproveitamos unha ventá inutilizada da oficina, situada cara ao corredor, onde hai
moito tránsito, para convertela nun panel de novidades.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 25
Xa no mes de Decembro empezamos os preparativos para o que sería o II Torneo de Xadrez do IES
levado cabo na biblioteca coa colaboración do profesor de Filosofía José Manuel Lodeiro. O
torneo, que comezou o curso pasado, ten unha gran popularidade entre o alumnado.
De feito, a biblioteca ten xa unhas mesas reservadas para o xadrez nos recreos, porque é unha
afección que se está a extender con forza entre o alumnado.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 26
E tamén dispón de taboleiros, caixas de fichas y reloxos para a practica do xogo
O xadrez fixo que o alumnado frecuentase a biblioteca moitísimo máis. A competición foi moi
seguida polos máis pequenos e tamén polos maiores, sempre menos proclives a estar na
biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 27
As sucesivas fases de clasificación foron reflectidas no noso blog.
Tras moitos meses de competición de xadrez, o 23 de Abril celebrouse a final do campionato de
xadrez á que asistiron os compañeiros dos finalistas como público.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 28
O torneo celebrouse en dúas categorías: principiante e profesional.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 29
As partidas das fases finais foron moi seguidas. As xogadas proxectábanse na pantalla da
biblioteca a partires da copia de cada unha delas no ordenador por parte dun compañeiro.
As partidas dos finalistas (algúns con importantes premios en competicións nacionais)
publicáronse logo no blog.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 30
A entrega dos premios farase o Venres 22 de Maio, coincidindo co acto de despedida aos alumnos
de 2º de Bacharelato.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 31
Aínda que hasta agora non era unha prioridade, a biblioteca ten unha tarefa importante na
conservación e difusión de documentos (literarios, didácticos, de regulamento interno,…) que
produce o propio centro. Por iso seguimos empeñados en que os documentos que regulan a vida
do centro estean recollidos na biblioteca á disposición de toda a comunidade escolar. Moitos
deles están agora mesmo en transformación e non os temos aínda na biblioteca.
Tamén recollemos, sempre que é posible, os textos que se producen en conmemoracións
sinaladas na vida do centro: discursos, cartas abertas … Por exemplo, a carta de despedida dunha
alumna de intercambio ou os discursos que elaboran e len os alumnos ao fin do Bacharelato.
Alumnado de
2º de
Bacharelato na
despedida da
Biblioteca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 32
FORMACIÓN DE USUARIOS
Xa é costume que no primeiro trimestre do curso, os profesores do equipo de biblioteca leven a
cabo sesións informativas sobre o funcionamento da biblioteca centrado nos seguintes apartados:
1. A CDU nesta e noutras bibliotecas.
2. Como atopar un documento na sala
3. Buscas na páxina web
4. Utilidades da páxina web
Fixemos un horario, coincidindo con titorías da ESO e con clases diversas en Bacharelato para que
a cada curso lle correspondese, polo menos, unha sesión de visita informativa á biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 33
Para acompañar á explicación é para usar con todo o alumnado novo en anos vindeiros, o equipo
de biblioteca deseñou un tríptico informativo sobre a disposición da biblioteca e as buscas na
páxina web de Meiga. Nesta visita a cada alumno entrégaselle este tríptico informativo.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 34
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 35
As comunicacións ao claustro de profesores das novas da biblioteca teñen un resultado moi
notable: o aumento do préstamo a profesores. É un pequeno paso que, sen embargo, nos parece
decisivo, porque o coñecemento dos fondos da biblioteca por parte do profesorado é
imprescindible para achegar a biblioteca ao resto da comunidade escolar.
A difusión do uso da páxina Meiga de fondos da biblioteca segue a ser para nos unha prioridade.
Como nos parece unha pena que os usuarios non se beneficien dos medios ao seu alcance para
consultar dende casa e para ser máis autónomos na busca de información, nos cursos pasados
ideamos un concurso de preguntas que só se podían responder consultando a páxina web.
No curso pasado comezamos a facer sesións de presentación da biblioteca e un primeiro
achegamento ao seu funcionamento para uns novos usuarios: os alumnos dos centros de primaria
do noso entorno que, na meirande parte, serán alumnado do centro o curso que ven.
Alumnos de 6º de Primaria do CEIP
A Laxe coñecendo a Biblioteca do
IES
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 36
EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN
Nos cursos anteriores solicitamos a colaboración dos departamentos para facer unha selección
de direccións de Internet que nos, desde a biblioteca podamos aconsellar ao alumnado para os
seus traballos. Este directorio, feito polos profesores do centro, témolo recollido no noso blog. As
direccións enviadas polos departamentos tamén están nos marcadores ou favoritos dos
ordenadores da biblioteca.
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/search/label/DIRECCIONES%20DE%20INTER%
C3%89S
E tamén fixemos un cartel anunciador, sempre na idea de difundir os avances da biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 37
O 50% dos estudantes de secundaria entrevistados por Rutgers Univesity sinalaron que non
vían nada censurable en copiar os seus traballos de Internet. O 90% dos estudantes creen que
quen plaxia nunca é atrapado ou amoestado. Esta é unha idea contra a que a biblioteca quere
loitar. Por iso recomendou aos compañeiros profesores algunhas ferramentas de uso libre, que
axudan a detectar os traballos plaxiados como Google Scholar ou The Plagiarism Checker… A
lista completa pódese consultar no noso blog.
Este curso tamén incluímos no blog un enlace co sinxela presentación sobre o emprego de
imaxes respectando os dereitos de autor que proporciona o blog “O lar de Frianciño”. Este enlace
se lles enviou aos profesores, que son os primeiros interesados en coñecer estes consellos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 38
FOMENTO DA LECTURA
Como xa adiantábamos na anterior memoria, no último sábado de xuño de 2013 participamos,
xunto con todos os centros de Marín, na II Feira do libro usado, promovida polo IES Mestre
Landín. É un acontecemento con moitísimo éxito no que tamén colabora o concello e que ten
lugar na Alameda de Marín.
De novo neste mes de xuño volveremos a facer unha nova edición desta feira con máis
colaboración dos país e nais.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 39
Este curso estreámonos en promover unha actividade que ten moita implantación en Primaria
pero non tanta en Secundaria: As Mochilas viaxeiras. Destinámolas ao alumnado de 1º e 2º de
Eso e optamos por escribir unha carta ás familias para que desen a súa autorización para
participar.
Para que fose considerada sempre como un premio, e non como unha obriga, fixemos a
adxudicación por sorteo, do que o resultado sempre se publicitaba no blog e no panel da entrada
da biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 40
Cómic, cedés, películas, libros de poesía, divulgación científica, xogos, viaxes,
gastronomía enchían as mochilas de entretemento e información variada para toda a
familia
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 41
Tamén neste curso inauguramos a Hora de ler. Unha actividade que propuxemos no claustro
inicial do curso e que foi aceptada tras algunhas explicacións sobre o xeito de levala a cabo. En
primeiro lugar, elaboramos un calendario de aplicación para que a hora (en realidade media hora)
fose alternando ao longo das semanas. anunciámola con carteis polas clases e a través dos titores.
A actividade desenvolveuse en todos os cursos da ESO, dende Xaneiro ata Maio. Aínda que
algúns profesores a consideraban pouco axeitada para cuarto de ESO, os alumnos en xeral
mostráronse moi partidarios dela. En todo caso, estamos a elaborar unha enquisa de satisfacción
para profesorado e alumnado.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 42
Aínda que insistiamos en que cada un trouxese a súa lectura (no formato que se desexara), a
biblioteca proporcionaba unha caixa a cada curso con posibilidades variadas de lectura, incluídos
xornais do día.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 43
No curso pasado tivemos moito empeño en participar na difusión da lectura científica, un aspecto
que nos preocupa dende hai tempo. Xa nos cursos anteriores procuráramos aumentar os fondos
das seccións 5 e 6, especialmente no que se refire á divulgación. Tamén fixemos esforzos por
darlles publicidade entre o alumnado e o profesorado.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 44
Neste curso fixemos unha exposición en relación coas Matemáticas. Trátase dunha exposición
cedida pola Fundación Barrié que nos achega ás matemáticas, recordándonos que están en todo o
que nos rodea e descubríndonos a estreita relación que mantén con outras disciplinas como as
artes ou a literatura, a través dos traballos de máis dun centenar de alumnos galegos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 45
A exposición consta de 5 tótems verticais nos que se mostran:
- 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de 140 carácteres e onde cada unha das
palabras utilizadas ten un número de letras igual ás sucesivas cifras do número pi).
- 24 Fotografías matemáticas (imaxes gráficas comentadas que resaltan a través de fotografías a
presenza constante de elementos matemáticos a noso arredor e que poñen de manifesto a súa
utilidade na vida cotiá).
Ademais, o profesorado participou nos concursos dos que sairán as obras da próxima expo
itinerante. Hai concursos de fotografía matemática, vídeo, matmonólogos e poesía arredor das
matemáticas, en colaboración con AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación
Matemática) e a USC.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 46
E, felizmente, dous dos nosos profesores, saíron gañadores na categoría “adultos”: Constantino
Armesto e Hortensia Fernández Lorenzo (a promotora do evento na biblioteca, membro moi
activo da mesma)
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 47
Tamén en relación coas Matemáticas fixemos no noso blog unha serie de enlaces coa proposta de
proyecto descartes.org para adiviñar personaxes misteriosos en relación coas Matemáticas
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 48
Neste curso as nosas posibilidades de preparar actividades diminuíron moito pero tamén é certo
que, cada vez máis, a biblioteca é un apoio importante para as actividades promovidas polos
diferentes departamentos. Porque vemos moi necesaria, como xa dixemos, a colaboración coas
iniciativas dos departamentos, sen que sexa sempre necesario levar a iniciativa de tales
actividades.
Así en febreiro, a profesora de Economía e tamén membro do equipo de
biblioteca, Carmen Besada, promoveu e organizou as actividades en torno á maleta de Economía,
que ofrecía en préstamo a Asesoría de Bibliotecas Escolares.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 49
O equipo de biblioteca divulgou a lista de materiais entre profesores e alumnos. A profesora de
Economía acompañounos por grupos á biblioteca e organizou o préstamo entre eles.
A iniciativa resultou moi proveitosa e varios alumnos crearon presentacións ao respecto que
colocamos no blog. Quizais teriamos desexado que o préstamo fose máis longo. Pero é unha
experiencia que valoramos moi positivamente.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 50
Unha das iniciativas “propagandísticas” que xa ven dos cursos pasado na difusión de novidades da
biblioteca foi a de proxectar durante os recreos breves presentacións audiovisuais, a modo de
spots publicitarios, sobre as máis recentes novidades da biblioteca ou sobre algún libro
relacionado con acontecementos culturais sinalados. Agora estas presentacións poderanse ver na
entrada do centro grazas á pantalla comprada por suxestión da Biblioteca.
Así, os profesores de biblioteca e outros fixeron interesantes presentacións sobre Beatles,
PyonYang (cómic sobre Corea do Norte); sobre a poesía española, sobre Orgullo y prejuicio, Jane
Austen, ... Todas pódense ver na páxina de suxestións do noso blog.
Como todos os anos fixemos dende a biblioteca recomendacións de lecturas para Nadal, por
ciclos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 51
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 52
Estamos a mellorar a Comicteca no blog para que presente
máis información de maneira máis atraínte
A biblioteca é tamén vía de contacto co mundo, por eso queremos facernos eco do que pasa
arredor. Este ano, con motivo do atentado contra o "Charlie Hebdo", o equipo da biblioteca
encheu os taboleiros cas viñetas que se publicaran con motivo do ataque.
E logo, para continuar a reflexión sobre o tema e aproveitando que o 30 de xaneiro é o día da Paz,
convocamos ao alumnado a ampliar esta exposición cos seus debuxos ou caricaturas sobre a
cuestión concreta do ataque ou, de forma máis ampla, sobre a paz e a tolerancia.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 53
Para iso, pedimos a colaboración de todos, especialmente nas horas de titoría, atención
educativa , PROI e , por suposto , plástica. E na semana última de Xaneiro, coincidindo ca
celebración do Día da Paz, colgamos por toda a biblioteca os debuxos do alumnado, que se
mostrou moi interesado no tema.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 54
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 55
E non podemos esquecer que o blog da biblioteca é tamén un lugar de publicación dos traballos
literarios do alumnado cando acadan un grao notable de calidade.
Materiais sobre a
paz en exposición
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 56
Como todos os anos, facémonos eco de todas as conmemoracións culturais e sociais que
podemos.
Halloween- Samaín
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 57
E, sempre que hai exposicións, unha mesa de material da biblioteca de todo tipo (películas, cómic,
libros en distintas linguas...) en relación co tema.
Día das letras Galegas
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 58
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 59
Por último, neste mes de Maio chegou a chegou unha pequena recompensa ao traballo calado da
constante actualización do blog que leva a cabo a nosa compañeira de equipo de biblioteca, Luisa
García Lorenzo. O blog da nosa biblioteca (BIT) conseguiu ser finalista no concurso nacional de
Blogs, na sección Blogs de bibliotecas de Espiral edublogs. Blogs de Bibliotecas Escolares:
Finalistas del IX Premio Espiral Edublogs (2015)
¡
Blogs de Bibliotecas Escolares:
Biblioteca del cole 2.0
MILHOJAS
YO LEO y ¿TÚ?
BiblioRoca
BLOG DE LECTURA BIBLIOTECA DE AULA UN VIAJE A LA LUNA
B.I.T. [email protected] Illa de Tambo
Déjate llevar por tu imaginación
Un munt de lectures
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 60
En colaboración co Departamento de Orientación iniciamos
o curso pasado un camiño de achegamento da biblioteca
aos pais. Con esta finalidade fixemos unha primeira
actuación que consistiu en deixar nas salas de recepción de
pais libros onde se tratan algúns dos problemas mais
comúns da convivencia cos adolescentes e que poden ser de
utilidade para nais e pais. De novo puxemos un cartel
animando ao autoempréstito.
Por último, aínda estamos desenvolvendo actividades das que non temos constancia gráfica.
Como todos os anos, na última semana do curso, a biblioteca concederá premios aos mellores
lectores. Tamén se farán recomendacións de lecturas para as vacacións e préstamo de verán.
Este próximo 27 de Xuño (sábado pola mañá) os centros de Marín (por iniciativa do IES Mestre
Landín) celebraremos na Alameda a IV FEIRA DO LIBRO USADO, seguindo o procedemento que se
explica no tríptico.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 61
GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA
O blog da biblioteca está espertando moita participación no alumnado e nos distintos
departamentos. Significativa é a inclusión de enlaces cos blogs de profesores e materiais de
algúns departamentos, co que pouco a pouco estase a converter nunha ferramenta útil para os
traballos do alumnado e a preparación das súas materias.
Como xa dicíamos na memoria do ano anterior, o IES Illa de Tambo está formado por
profesores en xeral pouco dados a cambios, son embargo valora moi positivamente os avances
que se ven na biblioteca e quere, cada vez máis, contribuír a eles. Temos que reseñar a
participación do departamento de plástica , a colaboración con Normalización e a colaboración
habitual dalgúns profesores non pertencentes ao equipo da biblioteca (filosofía, inglés,
matemáticas). O claustro felicitou polo seu traballo repetidamente ao equipo de biblioteca, como
figura nas actas correspondente. Cada vez máis profesores veñen impartir as súas clases á
biblioteca. Así ocorre con algúns profesores de Filosofía, Matemáticas, Economía, Ciencias (máis
reseñables por ser menos habituais ate agora). É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste
centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade” o cal –
entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.
Tamén estamos presentes no Consello Escolar e na CCP onde sempre facemos algunha
alusión ás novidades da biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 62
GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE
ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO
A biblioteca ten a aspiración de facerse imprescindible para o desenvolvemento dos programas
de todas as materias pero é difícil que os hábitos cambien bruscamente. Tradicionalmente a
biblioteca víase máis asociada ás asignaturas de “letras”. E nestas materias non é xa necesario
subliñar a cada vez máis forte e estreita relación coa biblioteca na súa práctica cotián. Pero o
equipo da biblioteca ten moi claro que pode facilitar e apoiar igualmente o traballo educativo nas
disciplinas científicas ou técnicas, así que xa dende o curso pasado propuxémonos mercar novo
material informativo e de lecer (cómic, divulgación, xogos) relacionado con ese mundo. Aínda que
os achegamentos por parte de algúns departamentos aínda son escasos, non caemos no noso
empeño.
Pero non solo é necesario mercar novo material impreso. Hoxe o alumnado busca a
información na rede, e nos constatamos que nas súas buscas carecen moitas veces de criterio
para discernir a validez ou a fiabilidade da información á que acceden. Démonos conta tamén de
que nin sequera saben buscar en profundidade a mellor información que poden obter
gratuitamente en internet. Por iso fixemos este curso un directorio por departamentos que
desexamos continuar no curso que ven cunha sinxela guía de busca.
A idea de propoñer dende a biblioteca un proxecto interdisciplinar non se materializou este ano,
pero queremos insistir nela o curso que ven para que faga da biblioteca o verdadeiro centro da
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 63
comunidade escolar. Desta maneira tamén potenciamos o achegamento da biblioteca ao currículo
das materias aparentemente alonxadas de ela.
Como o ano anterior fíxose esforzo en cubrir, dende a biblioteca, as necesidades dos alumnos do
Programa de Diversificación Curricular.
Aínda que non quero pecar de optimista e que sei que –como xa dixen- as formas de ensino non
cambian dun día para outro, a biblioteca xa está presente como posibilidade educativa para
moitos profesores e departamentos. Neste curso aumentamos o uso da biblioteca en relación
coas titorías da Eso, as clases de Filosofía, algunhas clases de agrupamentos, Educación plástica,
Tecnoloxía e Economía.
AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA ESCOLAR NAS QUE PARTICIPOU O
PROFESORADO
Celia Sánchez Reboredo participou nos ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE
BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013 (1ª- 7ª CONVOCATORIAS) Encontros do Plan de mellora de
bibliotecas escolares o día 8 de marzo de 2013
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 64
A AVALIACIÓN REALIZADA
Como a avaliación do traballo do equipo da biblioteca non debe facela só o propio equipo , dado o
evidente perigo de parcialidade, baseamos a avaliación en tres diferentes indicadores obxectivos:
en primeiro lugar nos datos estatísticos que nos proporciona o propio programa Meiga, como
veremos de seguido. E despois, nos resultados das enquisas dos profesores e do alumnado.
1. CATALOGACIÓN
FONDOS CATALOGADOS A 06/05/2015: 8435
catalogados %
01/09/2009 a 31/08/2010 1722 20,41
01/09/2010 a 31/08/2011 3370 39,95
01/09/2011 a 31/08/2012 1168 13,85
01/09/2012 a 31/08/2013 1128 13,37
01/09/2013 a 31/08/2014 522 6,19
01/09/2014 a 06/05/2015 525 6,22
TOTAL 8435 100
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 65
2. PRÉSTAMO
2.1. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR CURSO ACADÉMICO
préstamos % incremento
01/09/2009 a 31/08/2010 0
01/09/2010 a 31/08/2011 290
01/09/2011 a 31/08/2012 611 110,69
01/09/2012 a 31/08/2013 1064 74,14
01/09/2013 a 31/08/2014 1053 -1,03
01/09/2014 a 06/05/2015 1324 25,74
1722
3370
1168 1128
522 525
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
01/09/2009 a 31/08/2010
01/09/2010 a 31/08/2011
01/09/2011 a 31/08/2012
01/09/2012 a 31/08/2013
01/09/2013 a 31/08/2014
01/09/2014 a 06/05/2015
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 66
2.2. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR MATERIA (comparativa curso 12-13/ curso 13-14 ata 08-05-15) Os datos son necesariamente aproximados, porque hai moitos fondos que están catalogados en varias materias ao mesmo tempo. Só se recollen as materias máis frecuentes ou significativas.
nº.prestamos nº.prestamos
materia c.12-13 c.13-14 c.14-15
1. Lit. juvenil en español 214 201 234
2. Cómic 102 80 207
3. Lit. xuvenil en galego 177 116 159
4. Lit. en español 123 139 145
5.Lit. en inglés 93 55 99
6. Lit. en galego 50 88 57
7. Lit. traducida al español 55 53 54
8. Francés 10 23 44
9. Lingua latina 22
10. Deportes. Xogos 17
11. Botánica 15
12. Historia universal 15
13. Revistas 14
14. Marín 13
15. Divulgación científica 13
16. CD. DVD. Vídeos 8 5 12
17. filosofía 21 7
290
611
1064 1053
1324
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
01/09/2010 a 31/08/2011
01/09/2011 a 31/08/2012
01/09/2012 a 31/08/2013
01/09/2013 a 31/08/2014
01/09/2014 a 06/05/2015
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 67
2.3. USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO (de 01/09/14 a 08/05/15) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total de alumnos de cada grupo e nivel Curso 14-15
Grupo total alumn. usuarios % usuarios
1º eso-A 25 21 84,00
1º eso-B 27 10 37,04
1º eso-C 26 14 53,85
1º ESO 78 45 57,69
2º eso-A 24 11 45,83
2º eso-B 24 7 29,17
2º eso-C 27 13 48,15
2º ESO 75 31 41,33
3º eso-A 20 8 40,00
3º eso-B 21 12 57,14
3º eso-C 20 15 75,00
3º ESO 61 35 57,38
4º eso-A 30 14 46,67
4º eso-B 28 17 60,71
4º eso-C (PDC) 8 7 87,50
4º ESO 66 38 57,58
ESO 280 149 53,21
0
50
100
150
200
250
c.12-13
c.13-14
c.14-15
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 68
1º bac-A 31 17 54,84
1º bac-B 30 18 60,00
1º bac-C 28 17 60,71
1º bac-D 27 9 33,33
1º BAC 116 61 52,59
2º bac-A 32 14 43,75
2º bac-B 33 14 42,42
2º bac-C 26 7 26,92
2º BACH 91 35 38,46
BACH 207 96 46,38
ESO+BACH 487 245 50,31
Alumnado ESO por grupos Porcentaxe de usuarios en relación co total do alumnado de cada grupo Curso 14-15
84,00
37,04
53,8545,83
29,17
48,1540,00
57,14
75,00
46,67
60,71
87,50
0,0010,0020,0030,0040,0050,0060,0070,0080,0090,00
100,00
1º eso-A
1º eso-B
1º eso-C
2º eso-A
2º eso-B
2º eso-C
3º eso-A
3º eso-B
3º eso-C
4º eso-A
4º eso-B
4º eso-C (PDC)
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 69
Alumnado BACHARELATO por grupos Porcentaxe de usuarios en relación co total do alumnado de cada grupo Curso 14-15
Alumnado ESO e BACHARELATO por curso Porcentaxe de usuarios en relación co total do alumnado de cada curso Curso 14-15
54,8460,00 60,71
33,33
43,75 42,42
26,92
0,00
10,00
20,00
30,00
40,00
50,00
60,00
70,00
80,00
90,00
100,00
1º bac-A 1º bac-B 1º bac-C 1º bac-D 2º bac-A 2º bac-B 2º bac-C
57,69
41,33
57,38 57,5852,59
38,46
0,00
10,00
20,00
30,00
40,00
50,00
60,00
70,00
80,00
90,00
100,00
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BACH
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 70
Alumnado ESO e BACHARELATO por nivel Porcentaxe de usuarios en relación co total do alumnado de cada nivel Curso 14-15
Alumnado ESO e BACHARELATO por curso Porcentaxe de usuarios en relación co total do alumnado de cada curso Comparativa cursos 13-14/14-15
Alumnado ESO e BACHARELATO por nivel Porcentaxe de usuarios en relación co total do alumnado de cada nivel Comparativa cursos 13-14/14-15
53,2146,38
50,31
0,00
10,00
20,00
30,00
40,00
50,00
60,00
70,00
80,00
90,00
100,00
ESO BACH ESO+BACH
55,761,3
38,1
71,4
32,7
41,9
57,7
41,3
57,4 57,652,6
38,5
0,00
10,00
20,00
30,00
40,00
50,00
60,00
70,00
80,00
90,00
100,00
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BACH
curso 13-14
curso 14-15
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 71
Porcentaxe usuarios/non usuarios do servizo de préstamo por curso y nivel Comparativa cursos 13-14/14-15
56,13
37,11
48,1653,21
46,3850,31
0,00
10,00
20,00
30,00
40,00
50,00
60,00
70,00
80,00
90,00
100,00
ESO BACH ESO+BACH
curso 13-14
curso 14-15
USUARIOS56,13 %
NON USUARIOS
43,87
ESO 13-14
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 72
USUARIOS48,16 %
NON USUARIOS
51,84 %
ESO+BACHARELATO 13-14
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 73
Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total usuarios do préstamo Curso 14-15
Grupo usuarios %
1º ESO 45 18,37
2º ESO 31 12,65
3º ESO 35 14,29
4º ESO 38 15,51
ESO 149 60,82
1º BAC 61 24,90
2º BACH 35 14,29
BACH 96 39,18
TOTAL ESO+BACH 245 100,00
Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total usuarios do
préstamo.
Comparativa cursos 13-14/14-15
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 74
curso 14-15
curso13-14 curso 14-15
curso 13-14
1º ESO18,37
2º ESO12,65
3º ESO14,294º ESO
15,51
1º BACH24,90
2º BACH14,29
ESO60,82
BACHARELATO39,18
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 75
CONCLUSIÓNS:
1. De momento, catalogamos o mesmo que o curso pasado; pero este curso aínda non
rematou, así que a catalogación subirá moi lixeiramente
2. Prestamos un 25% máis que o curso anterior, probablemente porque se utilizou o Meiga
para rexistrar os préstamos da hora de ler e das mochilas viaxeiras.
3. No préstamo por materias, sobe moito o de cómic e bastante o de linguas estranxeiras;
pero mantéñense as literaturas xuvenís en castelán e galego entre as máis demandadas
(polas lecturas obrigatorias, claro)
4. Chegamos ao 50% de usuarios (do total do alumnado), un pouco máis que o curso
anterior. Baixa lixeiramente na ESO, pero sobe en bacharelato (grazas a 1º de
bacharelato, onde se produce un incremento de 30 puntos.
5. De total de usuarios do préstamo, a maioría (60%) seguen sendo de ESO, pero aumenta o
de bacharelato (de pouco máis de 30% a case o 40%) e 1º de bacharelato convértese no
curso que máis utiliza o servizo (case un 25%).
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 76
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS PROFESORES CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA
Para que a contesten todos os profesores do centro no mes de novembro e outra vez no mes de
xuño para poder observar, no seu caso, as diferenzas:
Vas cos teus alumnos á biblioteca? Si
Non
Poucas veces
Con frecuencia Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro?
Si
Non
Moi pouco
Bastante ben
Usas a páxina web da biblioteca? Si
Non
Moi pouco
Con frecuencia Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca?
Están ben
Están anticuados
Hai distribución descompensada entre información e ficción
Presenta carencias en …….
Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca?
Si
Non, nunca
Asegúraste de que recomendas aos teus alumnos lecturas que poidan atopar na biblioteca?
Si, sempre
Ás veces
Non nunca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 77
Esta pequena enquisa a principio de curso e ao final pode darnos mostra de certos cambios nos
hábitos dos profesores con respecto á biblioteca. Agora temos os resultados da de principio de
curso, falta a do final De paso, pode servir para que algúns deles reflexionen sobre a necesidade
de coñecer mellor a biblioteca.
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS ALUMNOS CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA
Pasarase a todos os alumnos do centro no mes de novembro e outra vez no mes de maio para
poder observar, no seu caso, as diferenzas:
Vas á biblioteca?Si
Non
Poucas veces
Con frecuencia Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro? Si
Non
Moi pouco
Bastante ben Coñeces a páxina web da biblioteca?Si
Non
Moi pouco
Bastante ben
Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca?
Están ben
Están anticuados
Hai distribución descompensada entre información e ficción
Presenta carencias en …….
Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca?
Si
Non, nunca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 78
PREVISIÓNS DE FUTURO
EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
(Temos que sinalar que, nalgúns casos, os obxectivos son os mesmos cos do curso anterior
porque aínda non puidemos completalos ou porque deben ter continuidade)
o Compra de tablets para empréstito.
o Habilitar wifi na sala para uso dos alumnos.
o Aumento do número de ordenadores e renovación de monitores antigos.
o Ampliar e mellorar a publicidade sobre a biblioteca (novidades, actividades…) fora da
mesma
o Continuar coas guías de lectura adaptadas aos distintos niveis.
o Continuar coa adquisición de fondos documentais informativos e formativos, aínda en
menos porcentaxe do desexado na biblioteca.
o Ampliación das horas de traballo na biblioteca. Este é un propósito sempre
perseguido pero moi difícil de conseguir dada a escaseza de profesorado do centro.
o Abrir o empréstito aos pais e nais.
o Revisión de subscricións periódicas da biblioteca para unha mellor adecuación ás
necesidades do alumnado e profesorado.
o Seguir coa catalogación dos documentos dos departamentos didácticos para
centralizar e difundir os recursos existentes.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 79
EN RELACIÓN COA DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, A SÚA
INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN
MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO
o A pantalla informativa na entrada está recén instalada .Tentaremos de mostrar nela
as novidades e as actividades da biblioteca
o Colaboración cos departamentos. É necesario aínda achegar a máis profesores á
biblioteca para que leven aos seus alumnos en horas de clase. Queremos conseguir
que cada curso, polo menos, un novo departamento desenvolva unha actividade en
relación coa biblioteca (neste 2014-2015) foron os de Matemáticas e o de Xeografía e
Historia.
o Especial atención aos titores para que algunha das clases de titoría leven aos
alumnos á biblioteca.
o PROXECTO COMÚN: Aínda que xa o tiñamos como obxectivo o curso pasado, non foi
posible lévalo a cabo, polo que pensamos tentalo de novo para este curso. Trátase de
propor un tema común e realizar un traballo interdisciplinar ao longo de todo o
curso, para o que a biblioteca aporte os materiais, o espazo, a coordinación e o
calendario. O tema podería estar relacionado co contorno do noso centro e ter fácil
inclusión co currículo. A proposta dende a biblioteca podería ser : “O mar”
o BIBLIOTECA COMO CENTRO CULTURAL: Animar aos alumnos e profesores a expoñer
os seus traballos, recursos multimedia, etc na biblioteca, aínda que non sexan
estrictamente académicos para promover, consolidar e manter unha rede de traballo
cooperativo entre o profesorado e o alumnado, favorecendo o intercambio de
experiencias, a reflexión conxunta e o desenvolvemento profesional. Facilitar tamén
actividades culturais (intervencións de país e nais, profesores e profesoras expertos,
membros de asociacións, etc.) que enriquezan a vida cultural do centro, ofertando a
biblioteca como un espazo de encontro e integración multicultural.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 80
o Facer exposicións temáticas que permitan “airear” e difundir documentos en torno a
un aspecto que atinxa a varios departamentos.
o Continuación do torneo de xadrez iniciado no curso 2013-4.
o Facer unha promoción activa do libro/autor do mes.
o Articular actividades en torno ás iniciativas e conmemoracións propostas pola
Consellería de Educación, así como a outros eventos locais, nacionais ou
internacionais.
o SECCIÓNS DO BLOG: Continuar a desenvolver as seccións do blog que animan á
participación, como a que leva a etiqueta “Creación”. Continúa vixente o propósito de
iniciar unha sobre propostas de lectura e outra sobre recopilación e dixitalización de
documentos que conteñen a historia do Instituto, que é xa moi longa (máis de 50
anos)
EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E ADQUISICIÓN DA COMPETENCIA INFORMACIONAL
(COMPETENCIA PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN INCLUÍDA NA ACTUAL «COMPETENCIA
DIXITAL»)
o Sesións iniciais para o alumnado novo de 1º de ESO e 1º de Bacharelato co seguinte
contido:
Aprendizaxe na busca dos fondos da biblioteca.
Divulgación dos variados servizos da páxina web da biblioteca.
Sesións de entrega de carnés e tríptico informativo.
Concurso sobre información contida na páxina web da biblioteca: O
biblioconcurso.
o Seguir na difusión dos repertorios de páxinas fiábeis de internet, xa elaborados polos
departamentos en colaboración coa biblioteca e que poden verse no noso blog.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 81
o Quedou pendente do curso pasado a elaboración dunha guía sinxela de criterios para
buscar información na rede.
EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR
DE CENTRO
o Seguir coa “Hora de ler” iniciada neste curso en todos os cursos da ESO.
o Iniciar unha serie de charlas ou mesas redondas en torno a “hobbies” ou afeccións
con exposición de material da biblioteca ao respecto
o Inclusión dos pais e nais que o desexen no préstamo da biblioteca.
o Dispoñer de momentos para asistir a presentacións de libros, revistas, encontros con
autores, ilustradores, lecturas conxuntas, etc.
o Introdución do libro electrónico e de tabletas de préstamo.
o Concurso de vídeo ou fotografía sobre lecturas.
o E continuamos a insistir nas actividades que xa veñen de anos anteriores:
o Conmemoracións diversas: aniversarios de obras ou escritores, día da poesía, día dos
dereitos humanos, mes do libro, as letras galegas. promovendo lecturas públicas na
biblioteca.
o Premios para os mellores lectores.
o Exposicións fóra da biblioteca.
o Brevísimas presentacións de libros nas que colaboren profesores e alumnos.
o Libros para pais e nais (en colaboración co departamento de orientación) nas salas de
titoría para autoempréstito.
o Mellorar o sistema de participación nas compras de modo que aínda sexan máis
abertos aos desexos e as necesidades dos usuarios.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) 82
OUTRAS ACTUACIÓNS:
o Renovación dos armarios de andeis.
o Cambio na ubicación dos armarios despois das obras de mellora da accesibilidade.
o Continuación do traballo de documentación sobre o propio centro, os seus
documentos internos, a súa historia, os materiais elaborados no centro...
Continuación da sección no blog con esta finalidade.
o Apertura da wifi aos usuarios.
o Dada a continuidade do torneo de xadrez, mercar materiais para o mesmo
o Levar os novos documentos organizativos do centro (Regulamento de réxime interno,
Programacións didácticas) á biblioteca en soporte papel e informático.
PRODUCIÓN DE MATERIAIS
Moitos dos documentos producidos este curso pola biblioteca van mostrados nas imaxes desta
memoria. A totalidade deles queda recollida no blog:
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/