MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso...

14
MEMORIA CLUB DE LECTURA CURSO 2015-16 I.E.S. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ A ESTRADA - PONTEVEDRA https://lernolosada.wordpress.com/

Transcript of MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso...

Page 1: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

MEMORIA

CLUB DE LECTURA

CURSO 2015-16

I.E.S. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

A ESTRADA - PONTEVEDRA

https://lernolosada.wordpress.com/

Page 2: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Índice xeral

Memoria Club de Lectura. Curso 2015-16 21.1. Memoria de Actividades . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

1.1.1. Introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 31.1.2. Participación e Organización . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 41.1.3. Lecturas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 71.1.4. Actividades . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 101.1.5. Avaliación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

1

Page 3: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Índice de figuras

1.1. Primeira convocatoria do club de lectura. Curso 2015-16 . . . . . . . . . 61.2. Primeira reunión do club de lectura. Curso 2015-16 . . . . . . . . . . . . . 61.3. Lecturas 1º trimestre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 71.4. Lecturas 1º trimestre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 71.5. Lecturas 2º trimestre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 71.6. Lecturas 2º trimestre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 81.7. Lecturas 3º trimestre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 81.8. Lecturas 3º trimestre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 91.9. Visita á Casa dos Poetas e Mosteiro de San Rosendo en Celanova . . . . 111.10. Alumnado do Club de Lectura e da Aula de Teatro en Ouzande . . . . . . 111.11. Alumnado do Club ‘Mellores Expedientes’ . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

2

Page 4: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

CLUB DE LECTURA. CURSO 2015-16

1.1. Memoria de Actividades

1.1.1. Introdución

O club de lectura, ‘RETELLADORES DO GALIÑEIRO’ do IES ANTÓN LO-SADA DIÉGUEZ de A Estrada, que comezou hai cinco anos, continuou estecurso 2015-16 a súa actividade. Forma parte xa das actividades ofertadaspolo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable porparte do alumnado.

A dinámica de traballo segue a ser a de cursos anteriores. Seguimos atraballar profesores que xa levamos varios anos no mesmo coa incorpora-ción de profesores que estiveron este curso académico 2015-16 con destinoprovisional no IES.

O club de lectura segue a ser unha actividade na que participaron alumnose alumnas de case todos os niveis educativos, apenas participaron alumnosdos ciclos formativos, e mantívose un número de participantes similar aocurso pasado.

Sen embargo non conseguimos reunir un grupo de adultos e pais/nais apesares da información que lles trasladamos ao comezo de curso a travésdos seus fillos e das reunións que se fan no centro coas familias ao iniciode curso.

3

Page 5: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

1.1.2. Participación e Organización

Durante este curso académico 2015-16, o club de lectura dividiuse en 2grandes grupos:

Un deles formado por alumnos de 1º a 3º de ESO e FP Básica con 15membros. A metade deste grupo eran alumnos de nova incorporación aocentro (1º ESO) e mostraronse moi activos e participativos nas reunións.

O outro grupo formado por alumnos de 4º ESO, Bacharelato (1º, 2º) eciclos formativos integrábano 18 alumnos. Este grupo adicouse á lecturade comic.

A participación do alumnado no club de lectura segue a mesma por-centaxe que cursos anteriores, agora ben, este curso contamos con máisalumnos de 1º de ESO (11) que lle darán continuidade ao club nos vindeiroscursos, a participación do resto da ESO e o Bacharelato mantense estable.Pola contra, e como ben sendo norma nos últimos cursos, a participacióndo alumnado de ciclos é moi baixa (case que anecdótica), ao igual que a doalumnado da FP Básica. A continuidade dos alumnos no club de lectura, amedida que transcorren os cursos, mantense nunha elevada porcentaxe.

A maior implicación dos alumnos no club de lectura produciuse naquelescursos nos que dan clase os profesores que participan no mesmo.

Este curso, ao igual que ocorreu no 2014-15, non contamos con grupode adultos (pais/nais, profesores, PAS, ...) xa que non houbo unha demandamínima para constituilo. É necesario seguir insistindo na formación destegrupo do club de lectura no vindeiro curso académico, coa finalidade prin-cipal de que as familias participen e sirvan de acicate á lectura cos seusfillos na casa.

A división dos grupos por niveis, (1º-3º ESO e FP Básica por un lado ‘grupo1’ e 4º ESO, Bacharelato e Ciclos por outro ‘grupo 2’), debeuse á necesidadede atopar lecturas que puideran encaixar no desenvolvemento académicoe psicolóxico dos alumnos, ao mesmo tempo que atopar actividades quefomenten e reforcen o hábito lector.

4

Page 6: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

Os grupos reuníronse o último martes de cada mes, ao igual que ocorreuo curso pasado. A razón é que ese día o centro ten clase pola tarde eaproveitamos que os alumnos quedan a comer no IES para facer a reuniónde 15:00 a 16:00 horas. Un grupo reuniuse na biblioteca e outro na salade profesores. Había alumnado do club que tamén participaba no grupo deteatro ‘Avelaiñas Teatro’ que ensaiaban todos os martes a esa mesma ho-ra. Estes participaban na reunión do club cando correspondía.

O calendario de reunións foi o seguinte:

REUNIÓNS

CURSO 2015-16

Mes Día

Outubro 27

Novembro 24

Xaneiro 26

Febreiro 23

Abril 5

Abril 26

Maio 24

A reunión mensual permitíu ao alumnado ter sempre a lectura rematadae ao profesorado o material da reunión preparado. Estas lecturas sempreforon distintas das que realizaban nas diferentes materias do currículo e oalumnado participaba na súa elección.

Hai que subliñar que ao ser os dous grupos bastante numerosos, ás vecesera complicado contar con suficientes exemplares para todo o grupo. Istofoi resolto este curso co excelente traballo e coordinación coa Bibliotecade Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Enviaronnossempre que foi necesario os exemplares solicitados con prontitude e efi-cacia. Quero subliñar aquí o seu extraordinario traballo co noso centro,imprescindible para o bo funcionamento do club.

5

Page 7: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

Figura 1.1: Primeira convocatoria do club de lectura. Curso 2015-16

Figura 1.2: Primeira reunión do club de lectura. Curso 2015-16

6

Page 8: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

1.1.3. Lecturas

1º TRIMESTRE: Dúas reunións

- Grupo 1. Diario dun xove maniático, de Aidan Macfarlane e AnnMacpherson. Mutacións Xenéticas, de Fina Casalderrey.

Figura 1.3: Lecturas 1º trimestre

- Grupo 2. Maus, de Art Spiegelman. Olimpita, de Hernán Migoya eJoan Marín.

Figura 1.4: Lecturas 1º trimestre

2º TRIMESTRE: Dúas reunións

- Grupo 1. Engurras, de Paco Roca. Eu tamén son maniática, deAidan Macfarlane e Ann Macpherson.

Figura 1.5: Lecturas 2º trimestre7

Page 9: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

- Grupo 2. El arte de volar, de Antonio Altarriba. Érase una vez enFrancia. Volumen I, de Fabien Nury y Sylvain Vallée.

Figura 1.6: Lecturas 2º trimestre

3º TRIMESTRE: Dúas reunións

- Grupo 1. A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado. Os soñosna gaiola, de Manuel María

Figura 1.7: Lecturas 3º trimestre

- Grupo 2. El caso del velo, de René Pétillon. Persépole, de MarjaneSatrapi.

8

Page 10: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

Figura 1.8: Lecturas 3º trimestre

Cada grupo do club de lectura contou coa coordinación e dinamizaciónde profesores, dous profesores no grupo 1 e catro profesores no grupo 2.O tempo de reunión (aproximadamente 1 hora) ocupouse na análise e co-mentario da obra lida, se ben nalgunhas ocasións adicouse tempo á lecturaen silencio, recitado de poemas, https://youtu.be/k6FIo9BJTjE visionadodalgún vídeo https://vimeo.com/84261204 ou presentación sobre a obra,etc.

Fomentamos en todo momento a participación do alumnado, que ex-presaran a súa opinión, a súa visión da obra, que foran parte activa dasreunións. A resposta foi, en xeral, bastante satisfactoria.

9

Page 11: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

1.1.4. Actividades

As actividades feitas, ademais daquelas habituais arredor das lecturas,recollense no blog do club de lectura: https://lernolosada.wordpress.com/.Temos tamén unha conta en facebook coa mesma finalidade de promocióndas actividades feitas, pero procurando maior axilidade e achegamento aosalumnos a través desta rede social.https://www.facebook.com/retelladores/ref=aymt_homepage_panel

Algunhas das actividades estiveron vinculadas ás conmemoracións e xor-nadas organizadas pola biblioteca. O club de lecttura é un elemento moiimportante na dinamización da biblioteca, na difusión dos seus fondos e naformación como usuarios avanzados da mesma.

Algunhas das actividades realizadas:

- Mantemento do blog onde damos conta das actividades, incluindo co-mentarios de libros lidos, vídeos, entrevistas, etc.

- Deseño e difusión dun marcapáxinas propio do club.

- Unha actividade xa habitual é a visita ao CEIP de Figueiroa para com-partir lecturas co alumnado do centro de primaria. Este ano desen-volvemos a actividade PASEANDO POLO RUEIRO DA ESTRADA, ondeo alumnado do club de lectura e o da aula de teatro dinamizaban unconxunto de ‘xogos’ arredor do plano urbano da Estrada e dos nomesde persoeiros ilustres das súas rúas.

- Visita á Casa dos Poetas, Mosteiro de San Rosendo, cun percorridourbano a través da poesía pola vila de Celanova.

- Organizada conxuntamente polo club de lectura e a aula de teatro doAntón Losada o IV Festival Escolar da Estrada.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/04/25/teatro-escuela-estrada/1448385.html

10

Page 12: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

Figura 1.9: Visita á Casa dos Poetas e Mosteiro de San Rosendo en Celanova

Figura 1.10: Alumnado do Club de Lectura e da Aula de Teatro en Ouzande

11

Page 13: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

1.1.5. Avaliación

Un dato positivo a destacar é que, por quinto ano consecutivo, o clubde lectura ‘Retelladores do Galiñeiro’ reune periódicamente a un bo grupode alumnos e profesores arredor dos libros e da lectura. É unha actividadevalorada polo alumnado cun número estable de participantes nos últimoscursos.

No curso 2015-16 aumentou de forma considerable a participación dealumnos de 1º e 2º de ESO, dato moi positivo cara ao futuro.

Existen moitos aspectos nos que debemos mellorar:

1. Atraer a unha maior porcentaxe de alumnado de ciclos e FP básica.Este curso este alumnado apenas participou.

2. Intentar implicar a máis pais/nais no club, facendo un grupo de lecturaestable.

3. Colaborar e facer intercambios con outros clubs de lectura.

4. Intentar unha maior participación do alumnado nas redes sociais, co-mentarios de libros, entrevistas, críticas literarias, etc.

Non quero rematar esta memoria sen facer mención a dous activos par-ticipantes, de 2º de bacharelato, no club de lectura este curso 2015-16,Laura Espiño dos Santos e Óscar López Iglesias. Foron recoñecidos co-mo ‘Mellores Expedientes’ de Bacharelato e Selectividade. Parabéns. Quesigades gozando coa lectura.

12

Page 14: MEMORIA CLUB DE LECTURA 2015/16 · Memoria de Actividades ... polo centro e consolidadas co paso dos anos debido á demanda estable por ... partir lecturas co alumnado do centro de

Club de Lectura 2015-16

Figura 1.11: Alumnado do Club ‘Mellores Expedientes’

Asinado:

Enrique Cao Rodríguez

A Estrada, 06 de xullo de 2016

13