MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á...
Transcript of MEMORIA CURSO 2016-2017 - edu.xunta.gal INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á...
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
1
MEMORIA
CURSO 2016-2017
CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO
CURSO 2016 - 2017
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
2
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN _________________________________________________________ 3
2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ___________________________________ 4
3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO _______________ 6
4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. ______________________________ 9
5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO ___________ 15
6. MEMORIAS. __________________________________________________________ 18
6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL. ____________________________________ 19
6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ____________________ 29
6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE ____________________________ 39
6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL ______________________ 68
6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. _________ 71
6.6.- MEMORIA DO PLAMBE _______________________________________________ 77
6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO. ________________ 104
6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.____________________________ 119
6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL ______________________________________ 124
6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE _____________________________________ 131
6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN __________________________ 135
6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE MATERIAL DIDÁCTICO E ESTÉTICA . _____________ 142
6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA __________________________________ 144
6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL __________________________________ 149
6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. _________________ 153
6.16.- MEMORIA “CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES” __________________________ 157
6.17.- MEMORIA “VOZ NATURA” E “RECÍCLATE CON SOGAMA” __________________ 162
6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA) _____________ 167
6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN _____________________________________________ 172
6.19.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: INFORMA.GAL _________________________________________________________ 177
7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 186
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
3
1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 16 profesores
distribuídos do seguinte xeito:
3 en Educación Infantil.
5 en Educación Primaria
1 Especialista de Pedagoxía Terapéutica.
1 Especialista en Educación Musical.
1 Especialista en Audición e Linguaxe (compartida co CEIP San Roque)
1 Especialista en Lingua Francesa
1 Especialista en Educación Física.
1 Especialista en Lingua Inglesa
1 Orientadora (compartida co CEIP San Roque de Corón).
1 mestra de Relixión Católica (compartida co CEIP Sestelo Baión).
As aulas en funcionamento foron:
3 aulas de Educación Infantil
6 aulas de Primaria
1 aula de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe (D.O)
1 aula de Educación Musical
1 aula de Inglés.
1 aula - ximnasio para Educación Física
O total de alumnos neste curso (a día de hoxe) é de 125 distribuídos en:
38 en Educación Infantil
87 en Educación Primaria
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
4
2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA
2.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSOAIS E COLEXIADOS
2.1.1. Órganos unipersoais
DIRECTOR................................. JAVIER GARCIA GARCIA
XEFA DE ESTUDOS.................. MARÍA CASTRO NINE
SECRETARIA............................. ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA
HORARIO DE ADICACIÓN AO CARGO:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS
DIRECCIÓN 2h15´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 8h15´
XEFATURA 1h 1h30´ 0 30´ 1h30´ 4h30´
SECRETARÍA 45´ 0 45´ 1h30´ 1h30´ 4h30´
2.1.2. Órganos colexiados:
Neste curso, e motivado pola renovación de membros do anterior Consello
Escolar, tiveron que modificarse os integrantes de dito órgano quedando
constituido este do seguinte xeito:
CONSELLO ESCOLAR
Equipo directivo:
JAVIER GARCÍA GARCÍA, como Presidente.
MARÍA CASTRO NINE, como Xefa de Estudos.
ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA, como Secretaria (con voz pero sen voto).
Representantes dos profesores:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
5
MARÍA LUÍSA BARREIRO PÉREZ
JOSEFA CASTRO CASTRO
CRISTINA LOUZAO GARCÍA
MANUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ
SERGIO ROSALES LÓPEZ
Representantes dos pais:
SUSANA VARELA SANTOS, representante da ANPA.
SILVIA GONÇALVES SANTÓRUM
JOSE MANUEL OTERO VIDAL
YÉSSICA BÉLVIS REVERÓN
LUCÍA REY VILA
Representante do Concello:
MANUEL SINEIRO CORES
Representantes PAS:
BENITO VIÑAS MORGADE
CLAUSTRO DE PROFESORES:
Estivo constituído este curso por 15 profesores:
Educación Infantil 3
Pedagoxía Terapéutica 1
Educación Física 1
Educación Musical 1
Filoloxía Inglesa 1
Filoloxía Francesa 1
Educación Primaria 5
Orientación 1 (itinerante)
Relixión Católica 1 (itinerante)
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
6
2.2. COMISIÓN ECONÓMICA
Os representantes do Consello Escolar que forman parte da Comisión
Económica son os seguintes:
Javier García García, como director.
Yessica Belvis Reverón, como nai.
Cristina Louzao García, como mestre.
Rocío Bernárdez Cibeira, como secretaria.
3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO
O Claustro de profesores mantivo ao longo do curso 7 reunións nas
que se trataron, entre outros, os seguintes temas:
2 de setembro de 2016:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Adscrición do profesorado (titorías)
3.- Proxecto documental integrado, equipos docentes e elección de
coordinadores
4.- Continuación das seccións bilingües
5.- Organización do horario non lectivo
6.- Solicitude de días non lectivos
7.- Rolda de intervencións
7 de setembro de 2016:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Entrega de horarios e quendas (criterios formación subgrupos)
3.- Organización dos apoios
4.- Organización do primeiro día de clase
5.- Rolda de intervencións
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
7
25 de outubro de 2016
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual
3.- Rolda de Intervencións
29 de novembro de 2016 – Carácter Extraordinario:
1.- Elección dos representantes do profesorado no Consello Escolar
12 de decembro de 2016 – Carácter Extraordinario:
1.- Solicitude de participación nos Contratos- Programa
31 de xaneiro de 2017
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores
2.- Información sobre a conta de xestión do orzamento do centro
3.- Proposta de orzamento para o ano 2017
4.- Elaboración da concreción curricular do centro
5.- Rolda de intervencións
6 de febreiro de 2017 – Carácter Extraordinario:
1.- Aprobación da participación no proxecto de innovación en
dinamización lingüística "Informa.Gal"
29 de xuño de 2017:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2016 - 2017.
3.- Aprobación da continuidade no PLAMBE.
4.- Concreción Curricular
5.- Solicitude de participación no proxecto de incorporación da Robótica.
6.- Rolda de Intervencións
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
8
O Consello Escolar mantivo ao longo do curso 5 reunións nas que se
trataron, entre outros, os seguintes temas:
25 de outuro de 2016:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual
3.- Información días non lectivos
4.- Rolda de Intervencións
13 de decembro de 2016 – Carácter extraordinario:
1.- Constitución do novo Consello Escolar
2.- Elección e nomeamento dos novos membros das distintas comisións
31 de xaneiro de 2017:
1.- Lectura e aprobación das actas anteriores, se procede.
2.- Información sobre a conta de xestión do orzamento do centro.
3.- Proposta de orzamentos para o ano 2017.
4.- Rolda de intervencións
8 de febreiro de 2017:
1.- Aprobación da solicitude de participación no proxecto de innovación
en dinamización lingüística "Informa.Gal"
29 de xuño de 2017:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2016 - 2017.
3.- Aprobación da continuidade no PLAMBE.
4.- Concreción Curricular
5.- Solicitude de participación no proxecto de incorporación da Robótica.
6.- Rolda de Intervencións
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
9
4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. * Reorganización dos espazos do centro e mellora da estética interior.
Este foi sen dúbida o ano no que tivemos a oportunidade de reorganizar os
espazos do centro e mellorar a estética interior a través das seguintes actuacións
que, a día de hoxe, son unha realidade:
- Creación dunha macroaula de Educación Infantil na que o alumnado
puidera desenvolver proxectos a través dun traballo cooperativo e no que o
alumnado estivera mesturado en idades.
- Amplicación da aula de música coa creación dun novo espazo para o
traballo instumental co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º.
- Embelecemento da planta baixa coa incorporación de novos elementos de
albañilería (escaiola e pintura), carpintería (novas portas de madeira para
as aulas e de aluminio para as entradas e saídas do centro e rodapiés de
madeira)e decoración (taquillas para o alumnado de Educación Infantil,
bancos e mesa para o hall de entrada…).
- Ampliación da biblioteca escolar coa creación de novos espazos educativos
para a expresión plástica e para a lectura relaxada.
- Adapación das aulas de 3º, 4º, 5º e 6º como de contextos de aprendizaxe:
humanístico, lingüístico – literario, matemático e científico.
- Creación (no mes de decembro) dun novo contexto de aprendizaxe para a
lingua estranxeira onde se ubicaron espazos dedicados ao listening,
speaking, reading, writing e arts and crafts.
- Creación (no mes de maio) dun novo contexto de aprendizaxe para o
traballo cos medios de comunicación (O Informadeiro) co dobre obxectivo
de darlle saída aos traballos do alumando e gozar mentres se mellora a
competencia lingüística. Creáronse catro espazos ben definidos: un plató
de televisión, un estudo de radio, unha redación dun xornal escolar e un
espazo para o traballo coas redes sociais do centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
10
Estamos á espera de que a Xefatura Territorial de Educación continúe financiando
a mellora de espazos e elementos estruturais do centro como son os baños do
profesorado e do alumnado e a carpintería exterior
Para o vindeiro curso desexamos continuar coa mellora estética da planta superior
cun importante traballo de retirada de baldosas, escaiola, nova pintura e
renovación da carpintería interior das aulas e corredores (portas e rodapié). Nas
paredes incorporariamos mesas abatibles para que o alumnado poida sair da aula
e realizar actividades nos corredores tamén.
* Dinamizar o centro.
Outra das necesidades que estamos cubrindo con moi bos resulatados é a
participación do claustro en dinámicas de traballo e proxectos que promovan
melloras nos procesos de ensino e aprendizaxe e introduzan novas realidades
para o centro así como financiación para novos retos. Así, este ano (co traballo do
profesorado) conseguimos que o centro participara en proxectos como:.
- Proxecto Documental Integrado coa temática de ARTE E NATUREZA. Inda
que está pendente introducir melloras para o vindeiro curso, cremos que este
ano supuxo unha iniciación ao establecemento sistemático deste tipo de
proxectos no Proxecto Educativo do centro.
- Contrato-Programa: modalidade Reforzo, Orientación e Apoio e Mellora das
Competencias Clave (a través do proxecto de Contextos de Aprendizaxe que
se desenvolve no centro diariamente co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º).
- Aprobación do PLAMBE. Un novo proxecto que se presentou e se conseguíu
a aprobación este ano e que configurou unha das realidades a partir da cal
desenvolver novas formas de organización espacial no noso centro que
permitirán traballos de diversa índole: os medios de comunicación, actividades
artísticas, capacitación informacional, formación de usuarios, espazos para a
lectura, procesos de traballo en equipos…
- Participación no proxecto de innovación en dinamización lingüística
"Informa.Gal". Resultamos gañadores. https://oinformadeiro.wordpress.com/
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
11
- Participación do IV Concurso Proyecta Innovación co proxecto CRE.AP.CIÓN
4.O. Resultando gañadores.http://www.plataformaproyecta.org/es/concurso/iv-
concurso-proyecta-innovacion
- Participación en proxectos que buscan o obxectivo de conformar a identidade
ecolóxica e deportiva do noso centro e terán continuidade sistemática en
vindeiros cursos: Xogade, Voz Natura e Recíclate con Sogama. Neste último
ademáis resultamos gañadores cun proxecto denominado “PLANETA DEIRO”.
http://vinhagrandes.wixsite.com/voznatura
- Proxecto de uso e fomento do galego. Inda que este proxecto se ven
presentado dende fai xa moitos anos, consideramos de gran importancia a
continuidade deste tipo de proxectos que favorecen o dinamismo do noso
centro.
- Samsung Smart School. Proxecto destinado a valorar como a incorporación
dos dispositivos móbiles na aula pode mellorar, cunha determinada
metodoloxía, a aprendizaxe do alumnado. Este ano consistíu na elaboración, a
través a plataforma Etwinning, dunha revista dixital interactiva cun centro da
CCAA de Murcia. https://esparradeiro.atavist.com/revista-esparradeiro
* Dotación de recursos
Este curso recibimos un material por parte da Consellería que
consideramos insuficiente xa que únicamente se antendeu a solicitude de material
para os novos espazos que se crearon: biblioteca, informadeiro e aula de inglés.
Dada a alta matrícula que teremos para o vindeiro curso, vai ser necesario
que a Consellería non envíe novo material para as aulas xa que, por primeira vez
nas últimas dúas décadas, existirán no noso centro aulas con máis de 20
alumnos.
A día de hoxe non contamos con mesas e sillas suficientes para atender a
todo o alumnado que se incorporará novo para o vindeiro curso. De seguro será
necesario establecer un rápido contacto coa inspección educativa para que, antes
do 11 de setembro, sexa remitido ao noso centro novo mobilitario para o
alumando e o profesorado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
12
Con respecto ao material tecnolóxico, este ano grazas á participación no
proxecto Samsung Smart School contamos con 6 novos dispositivos móbiles, un
televisor e unha impresora láser.
Con fondos do propio centro puidemos conseguir o material necesario para
crear unha emisora de radio (micrófonos, ordenador, mesa de mezclas,
emisora…), un plató de TV, unha zona para a redación dun xornal escolar (3
ordenadores conectados en rede) e renovar algúns equipos informáticos xa
obsoletos. Continuaremos esta labor para o vindeiro curso.
Ao resultar gañadores en numerosas convocatorias e concursos, para o
vindeiro curso integraremos no centro novidades no referido ao material
tecnolóxico como: robots, impresora 3D, novos dispositivos móbiles, un potente
ordenador para a edición de imaxes, audios e vídeos, unha videocámara…
Outra das melloras acadadas no referido aos recursos é o novo cableado
do centro. Este curso conseguimos que os novos espazos fosen cabledados para
o acceso a internet por cable: a radio, o plató de televisión, a zona do xornal
escolar, a aula de música e o departamento de orientación.
En canto ao material didáctico, este foi un ano atípico xa que tivemos un
condicionante adverso que cremos supón unha discriminación hacia o noso
centro. Ao non traballar con libros de texto, as familias do noso centro non poden
dispoñer das cuantías económicas coas que poden contar outras familias para
mercar o material escolar. Inda así, tivemos a oportunidade de traballar cos
materiais que o profesorado solicitaba ao contar con partidas específicas para
mercar material didáctico que proviñan do Contrato Programa asinado coa
Consellería de Educación para a mellora das competencias en comunicación
lingüística, matemática e científica tecnolóxica.
Este vai ser, sen dúbida, unha das actuacións máis importantes para os
vindeiros cursos. Temos a necesaidade de dotar os contextos de aprendizaxe, os
recantos das aulas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria co
mellor material didáctico posible coa finalidade de mellorar os procesos de ensino
(para o profesorado) e aprendizaxe (para o alumnado).
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
13
* Melloras no exterior do centro
Coa inestimable axuda da ANPA, seguimos en contacto coas
administracións locais, provinciais e autonómicas para acadar melloras
importantes no exterior do noso centro e no propio edificio. A través de
numerosos escritos, solicitouse dende a dirección do centro a urxencia para
acometer melloras na:
- Carpintería exterior (fiestras e portas).
- Mellora nas aceras exteriores do noso patio.
- Iniciar (por fases) a mellora do cerrado exterior do recinto escolar.
Este curso acometéronse algunhas melloras neste eido coa axuda do
Concello de Vilanova de Arousa e da Xefatura Territorial de Educación:
- Mellora e reforzo nos dinteis das ventanas.
- Melloras na fachada do ximnasio.
Estamos á espera de que exista un acordo entre ámbalas dúas institucións
para continuar mellorando estas deficiencias.
* Elaboración das sinais de identidade do noso centro:
Consideramos este curso como o inicio dunha nova etapa para o noso
centro. A posta en marcha do proxecto de dirección presentado a finais do pasado
curso constituiu unha verdadeira revolución ordenada e ben estruturada para o
noso centro.
Evidentemente son moitas as melloras que se irán sucendendo nos
vindeiros cursos pero, por fin, o noso centro posúe unhas sinais de identidade que
serán de obrigado cumprimento para todo aquel que traballe ou matricule aquí aos
seus fillos/as.
É para nós unha gran satifacción que se considere o CEIP de Viñagrande
Deiro como un do centro innovador e cunha proposta concreta para toda a
comunidade educativa que será avaliada progresivamente ano a ano co obxectivo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
14
de introducir melloras que permitan a vertebración dun centro educativo actual,
actualizado e transformador.
Propostas de mellora para as tarefas administrativas e de dirección.
Continuar coa elaboración da documentación oficial do centro na que quede
constancia das sinais de identidade que acordamos para o noso centro.
Este ano conseguimos definir a Concreción Curricular do centro e comezar
a elaborar o regulamento que fixe as normas de organización e
funcionamenteo.
Para o vindeiro curso continuaremos coa renovación do Proxecto Lector, do
Plan de Convivencia, do Proxecto TIC e do Plan Lingüístico.
Continuar coa mellora na organización espacial e temporal no referido á
atención educativa ao alumnado.
Continuar coa dotación de novo mobiliario, de nova tecnoloxía e de novos
materiais didácticos.
Mellorar a formación do profesorado en todo o referido á metodoloxía de
traballo que desenvolvemos no centro.
Abrir o centro ás familias e darlle voz ao alumnado para que ámbolos dous
participen máis da xestión e funcionamento do centro. As relacións coa
ANPA e familias, este ano o clima xeral foi positivo. Houbo posibilidade de
facer un traballo conxunto coa ANPA para solicitar melloras para o noso
centro e para colaborar na organización de conmemoracións interesantes.
Seguiremos traballando neste senso e intentaremos aumentar esta relación
de axuda mutua. Coas familias tamén tivemos boa relación e, inda que
chegaron propostas de mellora para o vindeiro curso e queixas lícitas,
consideramos que este ano abriuse un novo camiño para facer xuntos.
Cremos que debemos sistematizar determinadas propostas e estratexias
para lograr este fin: escola de pais, comisións de mellora entre o alumnado,
tertulias literarias, científicas e matemáticas, sesións de grupos interactivos,
fomento das visitas de familias ao centro para que vexan “in situ” o
desenvolvemento do proxecto educativo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
15
Continuar coa posibilidade de extender a nosa proposta metodolóxica con
outros centros de cara a tecer unha rede de colexios “por unha nova escola”
compartindo todos aqueles elementos que nos enriquezan a todos.
5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO Os recursos dos que dispón o centro foron en xeral, e unha vez máis, ben
aproveitados e a nova organización das aulas e dos tempos manifestouse como
axeitada ás necesidades do centro e dos alumnos. A maior necesidade neste eido
está relacionado con “vestir” mellor os contextos de aprendizaxe e as aulas de
infantil, especialidades e 1º e 2º de Educación Primaria mercando material
didáctico de alto potencial educativo e creativo.
Rematamos o curso solicitándolle ao profesorado uns listados de materiais
para mercar ao longo do verán e así chegar ao mes de setembro e iniciar o curso
cun bo material didáctico en todas as aulas do centro.
Sabemos que o máis complexo vai ser conseguir financiación pero estamos
valorando a posibilidade de iniciar un novo procedemento para a mellora dos
recursos económicos que o centro posúe para esta tipoloxía de material. Consiste
en facer partícipe ás familias de determinados custos que o noso Proxecto
Educativo require: gastos por fotocopias, tóners, cartuchos de tinta e dalgúns
materiais necesarios para a realización de determinadas actividades (saídas,
experiencias científicas, obras literarias, materiais matemáticos manipulativos,
material necesario para a creación de obras artísticas, material necesario para a
realización de actividade psicomotora diaria ou da expresión artístia).
A coordinación entre os distintos órganos do centro levouse a cabo nun
sempre clima mellorable de cordialidade, respeto e cooperación entre os distintos
equipos, comisións e órganos existentes no noso centro.
Será necesario modificar algo a periodicidade de determinadas reunións
dos equipos e introducir algunhas sesións formativas entre os integrantes do
propio claustro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
16
Destacar aquí que o traballo dos distintos equipos de profesores
posibilitou, na súa gran maioría, que o alumnado tivese a oportunidade de
profundizar nas aprendizaxes relativas ao coidado do noso entorno e de vivir con
ilusión, motivación e gañas os festivais e conmemoracións que celebramos no
noso centro.
En canto aos procesos de ensino e aprendizaxe, podemos afirmar que a
atención educativa ao alumnado con necesidades puido abordarse con totais
garantías de éxito como consecuencia da introducion de novas estratexias
pedagóxicas e didácticas que posibilitaron a este alumnado continuar co ritmo
normal da distintas clases.
Propostas de mellora para os procesos de ensino.
O Proxecto Documental Integrado:
Sería conveniente organizar doutro xeito o PDI que se desenvolve no centro
e que obriga á coordinación do distintos equipos cos titores dos grupos de
alumnos:
- En Educación Infantil abordarase o PDI como proxectos didácticos
integrais.
- En Educación Primaria tamén se constata a conveniencia de establecer un
cadro de organización ben estruturado e esplicitado onde estean presentes
as activiades a desenvolver, as datas, os responsables e a finalidade
“física” (produto final) do PDI.
Determinar responsables do Informadeiro
Cremos que dende a Xefatura de Estudos se debera plantexar unha
proposta de organización para que o profesorado de garda tivera que
responsabilizarse do funcionamento do INFORMADEIRO establecendo un
calendario de funcionamento dese espazo co profesorado responsable.
Para conseguilo, será necesario formarnos todos no coñecemento do que
alí se vai facer diaria ou semanalmente: redes sociais, informativos, escaleta
radiofónica e o xornal escolar.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
17
Iniciar unha cooperación familia-escola no interior das aulas.
Para o vindeiro curso, iniciaremos dúas propostas novas para o noso centro
e que se están demostrando, noutros centros, moi eficaz para a mellora dos
resultados académicos do alumnado: Os grupos interactivos e as tertulias
literarias, científicas, matemáticas e tecnolóxicas.
Cooperación docente.
Como xa sinalamos anteriormente, todo cambio educativo esixe unha
modificación das estructuras dos coñecementos previos dos profesionais. Este
cambio debe partir da necesidade dunha cooperación na que participe
activamente todo o profesorado.
Cremos necesario establecer dentro do horario non lectivo do profesorado
un calendario de traballo en equipo (unha sesión mensual por exemplo) na que
poidamos, entre todos, axudarnos a ofrecer melloras para a nosa labor e para o
noso alumnado. Esa sesión mensual podería ubicarse no que ao longo deste ano
foron sesións de coordinación dos equipos docentes.
Existen verdadeiros especialistas no noso centro en multitude de aspectos:
manualidades, tecnoloxía, traballo cooperativo, atención aos alumnos con
necesidades, técnicas de estudo para o alumnado, metodoloxía… O centro debe
aproveitar ese potencial interno e ser capaz de que esa variedade de experiencias
e coñecementos se poña ao alcance dos demais e así aprender xuntos.
Mellorar o uso que dende as titorías se fai da biblioteca escolar como
medio para acadar un maior hábito de ler entre o alumando.
Este ano o desenvolvemento do PLAMBE estivo moi condicionado polo
inicio de moitas obras e melloras nos espazos dos novos espazos en donde se
ubica a biblioteca no centro.
Cremos que para o vindeiro curso debemos sistematizar determinados
procesos a prol dun mellor e maior uso dos recursos bibliográficos de que dispón a
biblioteca escolar. Algo de formación por parte do equipo de biblioteca non estaría
de máis.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
18
6. MEMORIAS.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
19
6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS SOBRE OS PROXECTOS DESENVOLVIDOS
AO LONGO DO CURSO.
En canto organización, os proxectos se desenvolven en actividades de gran
grupo (asamblea ou faladoiros), pequenos grupos (recantos) ou individuais.
1º TRIMESTRE: “AS TORRES DA CONTORNA”.
Achegámonos á arquitectura a través do traballo desenvolvido con
algunhas das torres máis visitadas do mundo, para achegarnos ás da nosa
contorna.
Observacións: pretendiamos traballar a arquitectura mediante diferentes
monumentos, pero debido ao interés que mostraron os nen@s polas torres,
decidimos poñernos a investigar e xurdíu este proxecto.
Durante o proxecto planificamos unha visita para coñecer as torres da contorna:
Cálago, San Sadurniño e Torres de Oeste.
2º TRIMESTRE: “FRIDA KAHLO”.
Logo de traballar a arquitectura no 1º trimestre decidimos traballar o mundo
da arte a través da pintura. Presentamos varias propostas e os intereses dos
nen@s levarónnos a investigar sobre a pintora mexicana Frida Kahlo.
Observacións: neste proxecto valoramos moi positivamente a resposta tanto do
alumnado como das familias.
Para este proxecto visitamos o Museo de Pontevedra.
3º TRIMESTRE: “AS NOSAS MASCOTAS”.
Como este trimestre era demasiado curto, decidimos aproveitar o autor
deste ano das Letras Galegas, Carlos Casares, que inclúe en moitos dos seus
libros animais, para traballar as mascotas dos nen@s. Pedimos fotos deles coas
súas mascotas e cos animais que tiñan organizamos grupos de traballo. Estes
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
20
grupos foron as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º para solicitar información sobre a mascota
que lles tocou.
Observacións: os grupos de traballo organizados non obtiveron os resultados
esperados. Sen embargo, valoramos moi positivamente a resposta dos nen@s
coa visita dun veterinario que lles explicou como coidar mellor as súas mascotas.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Recursos humanos:
Contamos cos apoios dos titores de 5º e 6º unha sesión semanal cada un.
Ademais valoramos moi positivamente o traballo da coidadora cando participa con
nós nas actividades.
Recursos materiais:
Contamos cunha macroaula de Infantil para 4 e 5 anos que se pode dividir con
portas corredeiras cando se considera necesario, como pode ser no Momento
Vivencial (especialidades). Esta aula está organizada en diferentes espazos ou
recantos que contan cos seguintes materiais:
- Recanto do sabio: regretas, xogos de mesa sinxelos (parchís, oca, cartas,
tres en raia, bingo, dominós), tangram, xogos de psicomotricidade fina
(pinchos, colares, xogos de coser), bloques lóxicos, ábacos, pesas, formas
xeométricas, xogos de pesos e medidas.
- Recanto dos puzzles: diferentes puzzles de madeira con diferentes niveis
de dificultade e temáticas variadas.
- Recanto do xogo simbólico: cociña, supermercado con alimentos, caixa
rexistradora, maletíns de médico e perruquería, mesas de comedor e tallos,
bonecos, armario con roupas, trona e tocador.
- Recanto de plástica: rotuladores, ceras, lápices de cores, papeis diversos,
plastilina, témperas, pinceis, pegamentos, tesoiras, alfombriñas, punzóns e
materiais que se van necesitando para os diferentes traballos.
- Recanto das construccións: mesa de bricolaxe, pezas de construcción,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
21
animais diversos, pistas de construcción, diferentes medios de transporte e
sinais de circulación.
- Recanto das letras: pizarras, letras magnéticas, letras móbiles, xogos de
palabras.
- Recanto das TIC´s: contamos con 2 ordenadores portátiles, 2 de
sobremensa, 4 tabletas, 2 proxectores e unha impresora multifunción.
Ademais hai una aula de 3 anos que se habilita con diferentes
talleres/obradoiros (de arte, de Entroido, de teatro, de cociña,...) en función do
proxecto que se estea a traballar.
METODOLOXÍA EMPREGADA
O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo específico
que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o currículo
oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de
vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase
atendendo á seguinte estrucuración temporal:
ORGANIZACIÓN
TEMPORAL
EDUCACIÓN
INFANTIL
1º e 2º NIVEL DE
EDUC. PRIMARIA
3º, 4º, 5º e 6º
DE EDUC.
PRIMARIA
MOMENTO
COLECTIVO
(1h 30 min)
Programa de
Estimulación Temperá.
Programa de
Estimulación Temperá.
Programa
Curricular
Específico Programa de
Aprendizaxe
Lúdico
Programa Curricular
Específico
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
22
MOMENTO
VIVENCIAL
(1h 30 min)
Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe
da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais e cívicos, … debe
realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros, tarefas,
experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará sesións
didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse
con estas aprendizaxes.
MOMENTO
DE LECER
(30 min)
É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital
importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis
espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do
horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden
ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a
nivel de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos
psicolóxicos, sociais e persoais.
É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre. MOMENTO
COMPARTIDO
(1h 30 min)
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Apr. Baseado en
Contextos de
Aprendizaxe
PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ
Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de estimulación
temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 45 minutos nos tres niveis de
Educación Infantil. O profesorado implicado inclúe ás titoras de Infantil, a mestra
especialista de Educación Musical e a mestra especialista de Educación Física,
que é a coordinadora.
Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de estruturas
que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas psíquicas,
principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación da súa
personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao todo, é
dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o emocional
e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal a través
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
23
da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun
movemento” (Glen Doman).
Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas ás súas
posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.
PROGRAMA DE APRENDIZAXE LÚDICO e FALADOIROS
Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro (unión
de tres aulas) no que se ubiquen distintos recantos de traballo para adquirir
determinados contidos. Este programa só se desenvolve en Educación Infantil.
Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella estar
xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice da
integración nel de determinadas actividades sistematizadas que buscan o
desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos básicos
establecidos nas programacións.
Os espazos que poden organizarse nesta macroaula están determinados
polos tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico (representacións),
recanto artístico (traballos plásticos), construcións (conceptos básicos), modelado
(grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura e escritura), música (audicións
sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico (responsabilidades coa natureza), tertulia
(comunicación oral e interacción espontánea), etc.
O programa de aprendizaxe lúdico pode darse en diferentes momentos do
día:
- Despois dos faladoiros e asambleas.
- Ao remate das sesións de psicomotricidade.
- Durante o traballo de Aprendizaxe Baseado en Proxectos.
Dependendo da ratio que vaia configurando o centro nos vindeiros cursos,
poderase determinar outro tipo de organización co obxectivo de garantir unha
mellor atención educativa para o alumnado.
Así, poderanse determinar que a mestura de idades se configure en tres
espazos diferentes e, en cada un deles se establezan ambientes de aprendizaxe
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
24
que aseguren ao alumnado un desenvovemento global e permitan seguir o
currículo da etapa. Serán ambientes referidos aos diferentes ámbitos de
expresión, ao coñecemento de si mesmos e á necesaria interacció co mundo que
lles rodea.
O Programa de Aprendizaxe Lúdico compleméntase con sesións de
FALADOIROS onde o alumnado participa activamente de conversas espontáneas
ou dirixidas polo profesorado.
Constitúen un momento extraordinario para que o alumando poida trasladar
as súas vivencias, experiencias, preocupacións, intereses... dende unha
perspectiva o máis normalizadora posible. Os faladoiros buscan axilizar a
expresión oral do alumnado e que, dende ben pequenos sexan capaces de
comunicar como se sinten, cales son os seus gustos, pequenos conflictos...
Dende este curso 2016 - 2017 todo o claustro acordou que os mércores e
durante 45 minutos o alumnado de Educación Infantil tería un faladoiro para
traballar aspectos relacionados co desenvolvemento emocional, afectivo e
sentimental. Un traballo que se traslada tamén a etapa de Educación Primaria
cunha maior duración. Cremos que si dende idades temperás comezamos a
traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado, teremos a
oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor adecuación dos
procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no noso centro.
Nos faladoiros interveñen tamén determinadas rutinas (pasar lista, o tempo,
o encargado do día...) que aseguran ao alumnado unha serie de procedementos
sistemáticos que lle ofrecen seguridade e, ademais, supoñen unha carga
motivacional extra xa que son eles mesmos os que teñen que asumir
determinadas responsabilidades.
APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS
O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas, desenvolven a
súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica, organizativa e
didáctica:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
25
A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita enormemente a
consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son
motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten das
intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares
e unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).
No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos minicontextos de
aprendizaxe ou no futuro os ambientes de aprendizaxe) nos que se traballa
principalmente unha materia que, unido a outros temas diversos e aos demáis
minicontextos, interrelacionan as áreas, complementan o currículo e desenvolven
un proxecto didáctico.
Así, nas aulas de Educación Infantil establécense distintos minicontextos de
aprendizaxe: das tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, etc. En
cada un traballan diariamente un equipo de tres ou catro alumnos/as que, dun
xeito cooperativo e colaborativo, van desenvolvendo as competencias básicas a
través do estudo dun determinado proxecto didáctico.
Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos completando a
formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis, en determinados
momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,
en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder
elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,
informadeiro, aulas vacías, os corredores, …). Neste tipo de organización os
minicontextos soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o
alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por todas as zonas para traballar
nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as
competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de
profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe de
conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade e
as relacións sociais. A organización social destes minicontextos posibilita a
expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
26
conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise
desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS:
Valoramos positivamente a mestura de idades, tendo en conta que os neno@s
de 4º de Infantil foron incluídos de forma progresivamente ao longo do curso.
CASOS PARTICULARES A SINALAR:
Despois de valorar o denvolvemento psicomotor, foron derivados ao UDIAF 1
nena de 4º, 2 nenos de 5º e 2 nenos de 6º de Infantil.
Ademais reciben de forma individidual 1 sesión de estimulación da linguaxe
oral 1 neno de 5º e 1 nena e 3 nenos de 6º de E.I., por dificultades na linguaxe.
Para todos estes casos solicitouse por escrito a valoración do Departamento de
Orientación. A nosa valoración destas actuacións é favorable respecto a dous
nenos, de 6º e de 5º de E.I. que foron derivados ao UDIAF, e un neno de 6º que
asiste á ula de A.L.
Nos demais casos ou non se obtiveron os resultados esperados ou
continuaremos a traballar para ver en que aspectos podemos mellorar ou facilitar o
seu desenvolvemento.
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO :
A maioría dos alumn@s acadan os obxectivos, excepto algúns dos casos citados
no punto anterior, e outro neno de 5º de E.I.Os alumn@s de 6º de E.I.
promocionan todos, sen embargo, un neno non acada os obxectivos da etapa.
DA COORDINACIÓN DOCENTE:
As titoras consideramos que se deben incluír no horario máis horas para poder
programar actividades conxuntas. Moitos martes usamos a hora de coordinación
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
27
de equipos para o ciclo, excepto a titora de 5º de E.I. que tiña que estar no Equipo
de Biblioteca.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
Sempre que as titoras observamos algunha dificultade, derivamos ao nen@ por
escrito ao Departamento de Orientación, para tomar as medidas que se
consideran necesarias.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA:
Cremos que debemos seguir traballando de forma globalizada, respectando o
ritmo e os intereses dos nen@s. Valoramos positivamente a resposta dos nen@s
cando se traballan os proxectos con propostas nos diferentes recantos.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO:
Pensamos que o XADE non se axusta ao que queremos avaliar. Cremos convinte
que o informe, que se envía aos nenos e nenas de 6º de Infantil, tamén se envíe
aos de 4º e 5º de E.I.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE:
No 1º trimestre tivemos algunha dificultade para adaptarnos aos cambios co grupo
de 5ºe 6º de Infantil na macroaula, sobre todo porque non contabamos coas
taquillas para os nen@s. Ademais tivemos que axustar o horario e facer algunha
variación para adaptar os tempo ao ritmo dos nenos/as.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO:
Estamos dacordo e valoramos positivamente o proxecto que se está a levar a
cabo.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
- Como xa mencionamos nun apartado anterior, botamos en falta ter máis
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
28
tempo para programar actividades de forma conxunta.
- Por outra parte, cremos que o mobiliario das aulas debe adaptarse mellor
ás características dos nen@s, de forma que favoreza a súa autonomía e
resulte máis motivador.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Cambiar as sesións de lingua estranxeira (inglés) e as especialidades en
xeral, de forma que permitan un maior aproveitamento por parte do
alumnado.
- Adaptar o horario as necesidades detectadas neste curso.
- Renovar o mobiliario e o material nas aulas.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
- Neurociencia e desenvolmento psicomotor dos nen@s.
- Inglés.
- Problemas de conducta e tratamento das emocións.
- Novas tecnoloxías e prácticas aplicadas á educación.
En San Miguel de Deiro a 26 de xuño de 2017
As titoras do equipo de Educación Infantil
Isabel Blanco Silva
Josefa Castro Castro
Cristina Louzao García
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
29
6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓN DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
1º Proxecto: “OS ALIMENTOS”
Este primeiro proxecto tivo unha duración de 4 semanas, os seus contidos
e temporalización expoñense a continuación:
1ª semana: ”Diferentes tipos de alimentos”
2ª semana: ”Pirámide alimenticia”
3ª semana: “Dieta saudable”
4ª semana: ”Froitos de outono”
Á hora de avaliar este proxecto, hai que ter en conta que foi o primeiro, que
estábamos coñecendo ao alumnado, deste xeito as actividades non se acabaron
de axeitar aos grupos. Polo tanto a valoración resultante é negativa.
2º Proxecto: “OS ANIMAIS”
Este segundo proxecto tivo unha duración de 4 semanas, os seus contidos
e temporalización expoñense a continuación:
1ª semana: “Animais ovíparos e viviparos”
2ª semana: “Os animais mamíferos”
3ª semana: “Animais vertebrados e invertebrados”
4ª semana: “Clasificación de animais”
A valoración deste proxecto poderíamos calificala cun regular, aínda que as
actividades e recantos estiveron moito máis adaptadas aos nenos, seguíu
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
30
existindo un desaxuste entre a planificación de actividades e as posibilidades do
alumnado.
3º Proxecto: “O CORPO HUMANO”
Este terceiro proxecto tivo unha duración de 5 semanas, os seus contidos e
temporalización expoñense a continuación:
1ª semana: “O aparello locomotor”
2ª semana: ”O aparello dixestivo”
3ª semana: “O aparello respiratorio”
4ª semana: ”O aparello circulatorio”
5ª semana: ”Que aprendemos”
A valoración é moi positiva, xa que neste proxecto as actividades e recantos
estiveron ben adaptados as posibilidades de traballo do grupo. Tamén as
actividades obedeceron máis a propia natureza dos recantos. Con isto observouse
que os alumnos e alumnas obtiveron uns coñecementos máis amplos e unhas
experiencias moito máis enriquecedoras que nos anteriores proxectos
4º Proxecto: “O NOSO MUNDO”
Neste derradeiro proxecto traballaronse aspectos relacionados coa paisaxe,
centrándonos no relevo costeiro e no relevo de interior. Tamén se traballaron os
elementos máis relevantes do mundo físico, tales como a auga e o aire. Na
derradeira semana do proxecto traballamos a localidade.
Tivo unha duración de 6 semanas, os seus contidos e temporalización
expoñense a continuación:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
31
1ª semana: “O aire”
2ª semana: “O ciclo da auga”
3ª semana: “A auga”
4ª semana: ”A paisaxe de costa”
5ª semana: “A paisaxe de interior”
6ª semana: “A localidade”
A avaliación deste proxecto é moi positiva, tanto pola súa boa estructura e
organización, como polos froitos acadados polo alumnado.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No que respecta aos medios, materiais e recursos, utilizados este curso no
primeiro ciclo de primaria dividirémolos en catro apartados(humanos, materiais
tecnolóxicos e naturais) e repartirémolos polos recantos cos que se traballou.
Así no recanto das artes foron necesarios recursos humanos (profesores
dos cursos e persoal de apoio) así como recursos materiais (cartolinas, plastilina,
diversos tipos de pinturas, barro, materiais funxibles diversos, materiais de
reciclaxe). Recursos tecnolóxicos se usaron Internet, as tablets e diversos
programas e apps, como por exemplo para facer un cómic. Como recursos
naturais destacar o entorno mais próximo, pois se fixeron varias saídas a praia
para facer maquetas da paisaxe.
No recanto das palabras foi imprescindible o uso de papel, lapis, goma,
rotuladores, fotocopias, e dicir, material funxible sobre todo pero tamén foi
imprescindible a axuda dos profesores antes citados, das saídas (ver en situ
vocabulario que logo tiveron que utilizar nos traballos), utilización das tecnoloxías
(vídeos sobre temas que tratamos, procura de información e outras tarefas que
necesitaron dos medios tecnolóxicos dispoñibles).
No recanto das tecnoloxías utilizáronse os ordenadores e as tablets coas
diferentes aplicacións que foron necesarias segundo os traballos que se foron
realizando así como a produción de vídeos moitos dos cales foron subidos despois
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
32
a Internet. Este traballo non seria posible sen a axuda do profesorado, tanto titores
como persoal de apoio, que asesorou aos nenos/as nestas tarefas. Incluír tamén
os recursos naturais que foron empregados sobre todo na elaboración dos vídeos.
No recanto dos números utilizáronse sobre todo fotocopias, material
funxible (lapis, goma, cores…) así como materiais de medidas (metros, pesas,
diferentes medidas de capacidade como botellas, medidores de cociña e
diferentes envases. Do mesmo xeito que nos outros recantos a labor de asesoría
dos profesores (titores, apoio), foi moi importante e tamén foi moi importante a
contorna mais inmediata como no caso de explicar as medidas.
METODOLOXÍA EMPREGADA
O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo específico
que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o currículo
oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de
vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase
atendendo á seguinte estrucuración temporal:
ORGANIZACIÓN
TEMPORAL
EDUCACIÓN
INFANTIL
1º e 2º NIVEL DE
EDUC. PRIMARIA
3º, 4º, 5º e 6º
DE EDUC.
PRIMARIA
MOMENTO
COLECTIVO
(1h 30 min)
Programa de
Estimulación Temperá.
Programa de
Estimulación Temperá.
Programa
Curricular
Específico Programa de
Aprendizaxe
Lúdico
Programa Curricular
Específico
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
33
MOMENTO
VIVENCIAL
(1h 30 min)
Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe
da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais e cívicos, … debe
realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros, tarefas,
experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará sesións
didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse
con estas aprendizaxes.
MOMENTO
DE LECER
(30 min)
É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital
importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis
espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do
horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden
ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a
nivel de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos
psicolóxicos, sociais e persoais.
É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre. MOMENTO
COMPARTIDO
(1h 30 min)
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Apr. Baseado en
Contextos de
Aprendizaxe
PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ
Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de estimulación
temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 30 minutos nos dous niveis de
Educación Primaria. O profesorado implicado inclúe aos titores de 1º e 2º de
Educación Primaria, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra
especialista de Educación Física, que é a coordinadora.
Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de estruturas
que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas psíquicas,
principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación da súa
personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao todo, é
dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o emocional
e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal a través
da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun
movemento” (Glen Doman).
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
34
Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas ás súas
posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.
APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS
O alumnado do primeiro ciclo, mesturados en idades distintas, desenvolven a súa
aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica, organizativa e
didáctica:
A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita enormemente a
consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son
motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten das
intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares
e unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).
No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos minicontextos de
aprendizaxe ou no futuro os ambientes de aprendizaxe) nos que se traballa
principalmente unha materia que, unido a outros temas diversos e aos demáis
minicontextos, interrelacionan as áreas, complementan o currículo e desenvolven
un proxecto didáctico.
Nas aulas dos primeiros niveis de Educación Primaria (1º e 2º) existen, como
mínimo, cinco minicontextos de aprendizaxe que non teñen porque ser fixos ao
longo do curso:
- As palabras
- Os números
- A tecnoloxía
- A arte
Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos completando a
formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis, en determinados
momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,
en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
35
elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,
informadeiro, aulas vacías, os corredores, …). Neste tipo de organización os
minicontextos soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o
alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por todas as zonas para traballar
nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as
competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de
profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe de
conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade e
as relacións sociais. A organización social destes minicontextos posibilita a
expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas
conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise
desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.
PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO
En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase na
aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados contidos
establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que están
previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente contidos
referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que son
propios de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática das linguas, cálculo,
xeometría e algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis
específico co grupo de igual idade.
Dende este curso 2016 - 2017 todo o claustro acordou que os mércores e durante
60 minutos o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo un faladoiro para
traballar aspectos relacionados co desenvolvemento emocional, afectivo e
sentimental. Un traballo que se traslada tamén a etapa de Educación Primaria
cunha maior duración. Cremos que si dende idades temperás comezamos a
traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado, teremos a
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
36
oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor adecuación dos
procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no noso centro.
Nos faladoiros interveñen tamén determinadas rutinas (pasar lista, o tempo,
o encargado do día...) que aseguran ao alumnado unha serie de procedementos
sistemáticos que lle ofrecen seguridade e, ademais, supoñen unha carga
motivacional extra xa que son eles mesmos os que teñen que asumir
determinadas responsabilidades.
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
Respecto a avaliación dos grupos, sinalar que estes tiveron unha importante
progresión ao longo do curso, respecto ao seu rendemento e implicación nas
distintas tarefas, actividades e experiencias levadas a cabo. Esta progresión veu
marcada pola adaptación tanto dos nenos e nenas como dos mestres implicados,
ao novo sistema ou método educativo.
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
A nivel xeral os resultados acadados foron bos, aínda que algúns nenos
participaron máis que outros nos grupos de traballo. Os resultados finais foron
satisfactorios.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
A coordinación entre os mestres do ciclo, por diversos motivos, atravesou por
distintos altibaixos, e non foi todo o boa e frutífera que debera ser ao longo do
curso.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Esta fíxose sobre todo dende o traballo en grupo, onde uns alumnos axudaban
aos outros, xunto coas axudas dos titores e persoal de apoio. Tamén hai que ter
en conta que o proxecto educativo do centro pódese considerar a ferramenta
idónea para traballar en base á diversidade.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
37
Volvendo ao persoal de apoio, este foi imprescindible para poder afrontar as
necesidades educativas do alumnado do 1º ciclo.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
É un bo sistema metodolóxico que obriga ao traballo en común e a que os
nenos/as de diferentes idades se axuden aprendendo uns dos outros sen a
intervención directa do profesorado.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Este foi baseado nos traballos que se foron facendo nos diferentes recantos e
nas actitudes que os nenos/as tiveron cara ás diferentes actividades que se foron
desenvolvendo ao longo do curso.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
Sendo este ano un ano novedoso, no que a sistema de traballo se refire, foi un
pouco difícil en principio adaptarse a traballar con diferentes idades no mesmo
grupo pero ao final foi facéndose normal e frutífero.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Nesta primeira toma de contacto co Proxecto Educativo, as valoracións son
moi positivas. Foi difícil adaptarse ao mesmo, polo que no vindeiro curso, xa
coñecedores das súas particularidades e metodoloxía empregada no mesmo,
seremos máis aptos para axudar ao seu desenvolvemento.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
En xeral o proceso funcionou ben inda que sempre hai posibilidades de
facer melloras. Moitas das que se poderían facer xa están en curso, tales como os
diferentes modos de mass-media (radio escolar, televisión escolar …) que
posiblemente entren a funcionar o curso vindeiro.
Como erros cometidos sinalar aqueles derivados do descoñecemento no
xeito de traballar con este sistema pero que pouco a pouco fóronse solventando.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
38
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
En canto ao horario de apoios, matizalo coidadosamente para axeitalo o
máximo posible ás múltiples necesidades que hai no 1º ciclo, e que precisan dese
apoio.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Á atención á diversidade: Cremos necesario coñecer mellor os casos dos
nenos e nenas con necesidades educativas especiais, así como a información e
coñecementos que rodeen eses casos, pois hai veces que un pon toda a súa boa
intención pero non ten nin os medios nin os coñecementos necesarios para levar a
cabo un traballo que require coñecementos moi concretos e imprescindibles.
.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
Os titores do 1º ciclo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
39
6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
CONTEXTO LINGÜÍSTICO – LITERARIO
Ao longo deste curso 2016 – 2017 no Contexto Lingüístico Literario
(Verbadeiro) desenvolvéronse un total de 8 proxectos que describimos
brevemente a continuación:
- A alimentación: Este primeiro proxecto consistiu en traballar a produción de
diferentes tipos de textos relacionados coa alimentación (receita, lista da compra,
glosario, sopas de letras, crucigramas, menú diario e semanal, adiviñas...) coa
finalidade de acercar ao alumnado a unha alimentación saudable.
- O Xornal Escolar: O segundo proxecto deste curso trataba de conseguir a
elaboración dun xornal escolar cada semana. Para facelo o alumnado traballou
contidos relacionados cos seguintes tipos de textos en diferentes formatos
(escrito, audio, video...): a noticia, elaboración de pasatempos, a entrevista e o
cómic.
- A Literatura Universal: Un inicial achegamento ás grandes obras da
literartura universal foi o obxectivo prioritario deste proxecto no que o alumnado
tivo a oportunidade de traballar: a biografía de grandes autores da literatura
universal, as normas ortográficas e gramaticais básicas para a escrita, a produción
de relatos con inicios famosos e a elaboración de videocontos.
- A Literatura Galega da man de Carlos Casares: A obra infantil do gran autor
Carlos Casares foi obxecto do noso estudo nun proxecto no que o alumnado tivo
que traballar dende distintas perspectivas expresivas: dramatización con teatro de
monicreques da obra “O can Rin e o lobo Crispín”, a elaboración de historias
(verdadeiras ou inventadas) e lendas sobre San Miguel de Deiro (como Carlos
Casares facía en A galiña azul), audiolibros de Carlos Casares para persoas sen
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
40
visión e a ilustración como outra forma de escritura a través da actividade de
ilustrar as páxinas do conto “Lolo anda en bicicleta”.
- A Xanela de Viñagrande Interactiva: O obxectivo deste proxecto foi acercar
ao alumndo á actualidade. Moitas noticias que suceden no día a día foron
traballadas na aula para crear unha revista interactiva grazas ao traballo dos
seguintes contidos curriculares: o resumo das noticias, o anuncio publicitario (en
tres formatos: cartel, audio e vídeo), os debates sobre temas de actualidade, as
normas ortográficas e gramaticais básicas para a produción de textos escritos.
- Formación para o uso da biblioteca escolar: Este foi, sen dúbida, un dos
proxectos máis formadores para o alumnado de 3º a 6º. O obxectivo foi promover
o uso da biblioteca escolar a través dunhas actividades que pretendían que
souberan buscar libros na biblioteca, coñecer as regras da CDU, utilizar o software
de xestión da biblioteca, elaborar carteis coas normas da biblioteca, facer dobraxe
de breves videos de películas e debuxos animados e a creación de contos a
partires de portadas en branco e negro para lerlle aos máis pequenos do cole.
- O Informadeiro: O último do proxectos desenvolvidos no Contexto
Lingüístico Literario buscaba o obxectivo de iniciar ao alumnado a utilizar un novo
contexto de aprendizaxe creado a finais de curso (O INFORMADEIRO) no que
contamos con catro espazos ben definidos: un plató de televisión, un estudo de
radio, unha zona para a produción do xornal escolar e tres tablets para publicar o
que sucede no colexio a través das Redes Sociais.
Neste novo espazo o alumnado tivo que preparar en unha semana un programa
de radio con contidos variados, un informativo con conexións en directo, publicar
en Facebook, Instagram e Twitter o que acontecía no colexio e lembrar, a través
de noticias, o que máis lles gustou deste curso.
O funcionamento do Contexto Lingüístico foi valorado como positivo polo propio
alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de coñecer a
súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e avaliación deste
contexto, sacamos as seguintes conclusións:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
41
- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e sinalan que as
actividades deseñadas non foron moi difíciles.
- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.
- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado ao inicio
do proxecto a desenvolver.
- Tamén solicitan coñecer a cualificación obtida en cada proxecto ou
actividade.
- Valoran moi positivamente o tipo de traballo que se desenvolve neste
contexto e suxiren a creación dun novo recanto na aula para traballar
realidade Virtual, xogos lingüísticos...
- Traballar en TeleViñagrande, en RadioDeiro, o teatro de monicreques e
o proxecto de grandes obras da literatura universal foron as actividades
que máis lles gustaron.
- As actividades que menos lles gustaron están relacionadas coa
elaboración das noticias para o xornal escolar. En xeral as actividades
de expresión escrita non lles gustaron moito inda que din que son
necesarias.
Dende o punto de vista docente hai que sinalar que a tipoloxía de traballo
desenvolvida ao longo do curso, a planificación, a coordinación entre o
profesorado e a posta en práctica na aula destas propostas supuxo para nós un
verdadeiro impacto. Resaltamos a responsabilidade, o compañeirismo, a
produción oral e escrita do alumando, a mellora na competencia lingüística (tanto
oral como escrita), o uso e integración real e efectiva das TIC neste contexto e a
alta esixencia que lle estamos pedindo ao alumnado.
CONTEXTO HUMANÍSTICO
Ao longo deste curso 2016 – 2017 no Contexto Humanístico
desenvolvéronse un total de 8 proxectos que describimos brevemente a
continuación:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
42
1- O SECTOR DO MEXILLÓN:
Este proxecto desenvolveuse durante dúas semanas e traballáronse os
seguintes aspectos: o cultivo do mexillón, países produtores de mexillón, anuncios
para promocionar o mexillón de Galicia, construción dunha batea, as rías
galegas...
Foi un proxecto moi próximo ao alumnado e ao seu entorno, polo que lles
resultou doado traballalo e asimilalo.
2- OS SEGREDOS QUE AGOCHA A TERRA
Neste proxecto traballáronse diferentes aspectos sobre xeoloxía: como as capas
da Terra, o relevo, as rochas e minerais e os volcáns.
O recanto experimental, no que tiveron que facer un experimento simulando un
“Volcán en erupción”, resultoulles moi interesante e chamoulles moito a atención.
3- A IDADE ANTIGA
Este proxecto só o traballaron os grupos de 3º e 4º (Viñamedios). Nel viron os
diferentes pobos que chegaron á Península durante esta época e os restos
arqueolóxicos que nos deixaron.
A nivel de contidos, vocabulario e comprensión de conceptos, resultoulles más
complexo.
4- A IDADE CONTEMPORÁNEA
Este proxecto só o traballaron os grupos de 5º e 6º (Viñagrandes). Nel abordaron
os principais feitos que tiveron lugar en España durante período da historia en
España.
A nivel de contidos, vocabulario e comprensión de conceptos, resultoulles más
complexo.
5- O TEMPO E O CLIMA
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
43
Neste proxecto traballaron aspectos como, a diferenza entre o tempo e o clima,
aparellos meteorolóxicos, factores que inflúen no clima, as zonas climáticas e os
climas da Península, a interpretación de mapas meteorolóxicos...
Os recantos que máis lle interesaron foron o audiovisual, onde tiñan que facer o
papel de homes e mulleres do tempo explicando a predición do tempo para ese
día. Tamén, lles chamou a atención o recanto experimental, onde tiveron que
construír un termómetro ambiental.
6- UNHA VIAXE ESPACIAL
Neste proxecto traballaron diferentes aspectos do Universo e o Sistema solar:
como os planetas, as galaxias, constelacións, os movementos da Terra...
O recanto que máis lles gustou foi o artístico, onde tiveron que realizar unha
maqueta do sistema solar. En xeral, é un tema que lles esperta gran curiosidade.
7- CANTOS SOMOS?
Neste proxecto traballaron diferentes aspectos sobre a poboación como: a
densidade de poboación, a natalidade, mortalidade, a emigración e inmigración,
elaboración e interpretación de diferentes gráficos de poboación.
Unha actividade que lles interesou foi a de realizar unha entrevista a un familiar
emigrante ou inmigrante. Tamén, mostraron interese por descubrir datos sobre os
países de onde veñen ou a onde van os inmigrantes e emigrantes,
respectivamente.
8- A AUGA
Neste proxecto traballáronse aspectos como: lugares onde podemos atopar
auga, o ciclo da auga, os ríos da Península, elaboración dun vídeo con consellos
para aforrar auga e experimentos con auga.
Esta última actividade foi a que máis lle interesou.
O funcionamento do Contexto Humanístico foi valorado como positivo polo propio
alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de coñecer a
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
44
súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e avaliación deste
contexto, sacamos as seguintes conclusións:
- En xeral, ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e
sinalan que as actividades deseñadas non foron moi difíciles.
- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.
- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado ao inicio
do proxecto a desenvolver.
- Suxiren que haxa un recanto de xogos didácticos, crear programas de
televisión e radio e usar o encerado dixital.
- As actividades que máis lles gustaron foron as do recanto artístico (a
maqueta dos planetas, o mosaico romano...) e as do recanto
experimental (o volcán, experimentos con auga...).
- As actividades que menos lles gustaron foron as do recanto documental
(as de buscar e escribir información sobre os temas tratados) e do
recanto xeográfico (as de buscar e situar no mapa diferentes
elementos).
CONTEXTO MATEMÁTICO
Ao longo deste curso 16-17 no Contexto Matemático desenvolvéronse un total de
8 proxectos tanto nos cursos de terceiro e cuarto como nos de quinto e sexto, os
cales paso a describir brevemente a continuación:
- Empanada 1: Este primeiro proxecto tivo relación cos ingredientes dunha
empanada e coas partes da mesma, polo cal, o alumnado traballou conceptos
relacionados co prezo, peso, capacidade,... pero tamén fraccións e figuras
xeométricas planas coma o triángulo e as diferentes clasificacións dos mesmos.
- Empanada 2: Completamos o traballo iniciado anteriormente con este novo
proxecto que ven sendo unha continuación do mesmo. O alumnado tivo que
realizar etiquetas nas cales aparecía o prezo, desconto,... pero tamén o peso do
produto ou a súa capacidade. Continuouse coa suma, resta de fraccións e a
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
45
relación destas cos números decimais e no que fai referencia ás figuras
xeométricas comezamos a traballar outras: cadrado, rectángulo, pentágono,...
- Arquitectura e natureza: A alumnado achegouse neste proxecto aos mapas
e planos. Localizamos lugares de interese na nosa contorna nun mapa e
datámolos utilizando a numeración romana pero tamén realizamos planos a escala
de edificacións famosas. Estas actividades completámolas cos contidos
relacionados coa área e perímetro, xa que estes aspectos están presentes nos
mapas e planos que estivemos traballando.
- Recibos: Os tíckets e as facturas que temos no noso fogar axudáronnos a
traballar moitos contidos presentes no currículo: tanto por cento, regra de tres, as
táboas ou gráficos, operacións,... O alumnado puido achegarse á información que
contén un tícket ou unha factura de teléfono, auga, luz,... e así coñecer e
interpretar os diferentes datos que nela aparecen.
- Medimos: Neste proxecto as pesas, as probetas e as cintas métricas
ocuparon o espazo da nosa aula. Nun primeiro momento estimamos para a
continuación comprobar con estes aparellos si as nosas estimas foron acertadas.
Completamos este proxecto coa realización dun climograma e comezamos a
debuxar polígonos utilizando as regras e o compás.
- Rumbo: Para poder navegar pola nosa ría tivemos que traballar o plano
cartesiano, os ángulos e a suma e a resta dos mesmos. Unha vez que estes
contidos foron traballados nos diferentes recantos, cunha carta náutica da nosa ría
e engadindo os conceptos de nudo e milla fomos quen de navegar pola carta
calculando diferentes rumbos.
- Debuxamos: O debuxo parécemos un contido moi importante deste
contexto polo que aparte de traballalo ao longo do curso nun recanto específico,
decidimos dedicarlle un proxecto ao mesmo. Ao longo deste proxecto o alumnado
tivo a oportunidade de realizar un plano dunha localización do seu pobo, de
debuxar diferentes envases do noso supermercado que gardan relación con
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
46
corpos xeométricos,de traballar o paralelismo, simetría, perpendicularidade,... ou
de poder utilizar o compás coa circunferencia e o círculo.
- Qué aprendemos?:Para finalizar os diferentes proxectos desenvoltos ao
longo do curso quixemos dedicar este último a facer un resumo de todo o
traballado. Nos diferentes recantos do contexto o alumnado traballou: plano
cartesiano, escala, ángulos, triángulos, medidas, corpos xeométricos, superficie,
área, volume, capacidade, gráficas,...
O funcionamento do Contexto Matemático foi valorado como positivo polo propio
alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de coñecer a
súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e avaliación deste
contexto, sacamos as seguintes conclusións:
- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e nos diferentes
recantos que compoñen o contexto.
- Os plans de traballo nalgúns casos precisan estar redactados con maior
claridade.
- As rúbricas de avaliación non son coñecidas polo alumnado. Unha vez
rubricados os plans de traballo, estes deberían amosarse ao alumnado.
- Creación dun novo recanto co Robobo.
- As actividades que máis gustaron foron as do recanto de xeometría,
actividades todas elas relacionadas co debuxo.
- As actividades que menos gustaron foron aquelas nas que o alumnado
buscaba información e esta tiña que ser redactada.
Dende o punto de vista docente, destaco a cantidade de contidos propostos nos
diferentes plans de traballo e a oportunidade que ten o alumnado de compartir
estas experiencias de aprendizaxe con diferentes compañeiros do seu curso e do
curso que os acompaña. Tamén quero destacar, a oportunidade que se lle
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
47
presenta ao alumnado de realizar produtos finais, estes son unha parte moi
importante do proceso de aprendizaxe xa que a realización de audios, vídeos,
infografías,... complementa o realizado nos diferentes espazos de traballo.
Quero finalizar mencionando aos compañeiros dos diferentes contextos pola
importancia que teñen no éxito deste contexto, a axuda amosada ao longo deste
ano é o que fai que este contexto siga mellorando día a día.
CONTEXTO CIENTÍFICO
Ao longo deste curso 2016-2017 no Contexto Científico desenvolvéronse un total
de 7 proxectos que describimos a continuación:
- OS ALIMENTOS:Tratáronse os contidos referidos aos hábitos saudables, a
función de nutrición, as dietas equilibradas...Recolleu tamén á toma de
iniciativas para desenvolver e fortalecer comportamentos e estilos de vida
saludables.
- ÁS ÁRBORES: Traballouse todo o relacionado coa clasificación dos seres
vivos, as características e compoñentes dos diferentes ecosistemas, a
estrutura e fisioloxía das plantas, a importancia da fotosíntese para a vida
na Terra
- A TODA MÁQUINA: Desenvolvéronse contidos relacionados coa
construción de estruturas sinxelas, circuítos eléctricos e as enerxías
renovables e non renovables. En xeral, máquinas e aparellos relacionados
coa vida cotiá.
- MATERIAIS E MATERIA: Propiedades da materia, reaccións químicas,
cambios de estado foron algúns dos contidos traballados neste contexto,
así como a capacidade das persoas para actuar sobre os materiais.
- PROXECTO: RECÍCLATE: Tratáronse contidos relacionados coa
conciencia ecolóxica: desenvolvemento sostible, diferentes formas de
reciclar materiais. Actitudes que debemos manter para o coidado do noso
planeta.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
48
- UN MUNDO ANIMAL: Orientouse basicamente ao coñecemento de todo o
relacionado coa clasificación e características dos animais vertebrados e
invertebrados, xunto a aspectos relativos aos coidados que precisan.
- O REINO DOS FUNGOS. Todo o relacionado co coñecemento, coa
clasificación e características dos fungos, bacterias e protistas, así como ao
interese por conservar a biodiversidade da Terra.
Traballáronse nun 95% os contidos estipulados no currículo oficial. Unicamente
quedaron sin tratar a un nivel de maior profundidade os seguintes contidos:
Coñecemento de actuacións básicas de primeiros auxilios.
A ciencia: presente e futuro da sociedade. Avances da ciencia.
Descubrimentos e inventos.
Os motivos polos cales non se chegou a traballar o cen por cen do temario débese
a que é un currículo moi amplo e a disposición horaria é limitada.
O alumnos e alumnas mostraron satisfacción en xeral por todos os proxectos
desenvolvidos.
Por outra banda dentro dos proxectos, dun xeito moi maioritario os alumnos e
alumnas apostan polo recanto dos inventos. O recanto menos aceptado é o da
biblioteca. Todo o que estaba relacionado coa escrita non lle gustaba.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Ao longo deste curso no Contexto Lingüístico empregamos os
seguintes recursos:
a) Humanos: Contamos co apoio do mestre de PT e cada martes co apoio do
titor de 1º que se achegaba a axudar en determinadas actividades que se
desenvolven no contexto.
b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos
desenvolvidos. Ferrramentas tecnolóxicas como: tabletas, ordenadores,
portátiles, variadas apps e software informáticos para a edición de textos,
audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a radio escolar...
c) Funxibles: A integración das TIC estivo aparelladas ao uso de recursos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
49
funxibles básicos e usados en toda esccola: cadernos, folios, lápices de
cores, bolígrafos, goma, pegamento, tesoiras...etc.
d) Bibliográficos: Ao ser un contexto no que a literatura e a palabra escrita está
tan presente, tivemos que botar man de numerosos recursos bibliográficos
de diferentes tipos:
- Adaptacións de obras da literatura universal
- Obras de Carlos Casares.
- Libros temáticos sober a alimentación
- Xornais
- Revistas de pasatempos lingüísticos.
- Páxinas web para o acceso e tratamento da infomación.
Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os
seguintes recursos:
a) Humanos: Contamos co apoio do mestre de PT durante algunhas sesións.
b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos
desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, dous
ordenadores, diferentes aplicacións e programas informáticos para a
edición de textos, audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...
c) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma, pegamento,
tesoiras, cartolinas, plastilina e outros materiais de uso cotiá empregados
nos experimentos como auga, bicarbonato, aceite, vinagre, colorante
alimenticio...
d) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,
libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,
fichas e plans de traballo...
As características do contexto matemático fai que sexa necesario
contar con diverso material que foi empregado nos diferentes
recantos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
50
No momento de programar os diferentes plans de traballo tivemos en conta o
material que dispoñemos no centro para garantir un desenvolvemento correcto
dos diferentes plans, outro material tivo que ser comprado pola ausencia do
mesmo.
Neste sentido unha posible clasificación sería:
- Material de debuxo: regras, escuadras, cartabóns, compases,
tansportadores, escalímetros,...
- Material manipulable: pesas, metros, figuras xeométricas, corpos
xeométricos, fraccións, reloxos, termómetros, calculadoras, reloxo, diñeiro,
regretas, material de base 10, probetas,...
- Material de creación: cartolinas, xeoplanos, bloques lóxicos, policubos,
bloques xeométricos, robot,...
- Material informático: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os
proxectos desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas,
ordenadores, portátiles, variadas apps e software informáticos para a
edición de textos, audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a
radio escolar...
- Materiais ou recursos que ofrece o medio escolar e a contorna socio-natural
na que vive o alumnado.
Este material axudou a desenvolver os diferentes recantos do contexto
matemático:
- Recanto Xeometría
No recanto de xeometría quixemos que o alumnado se achegue a determinados
contidos matemático que fan referencia a figuras e corpos xeométricas, planos,
perpendicularidade, circunferencia,.... para iso precisamos regras, escuadras,
cartabóns, transportadores, escalímetros...
- Recanto Vida Cotiá
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
51
No recanto da Vida Cotiá pretendemos “tocar” as matemáticas, medindo, pesando,
tocando,... para poder levar a cabo isto precisamos pesas, metros, figuras
xeométricas, corpos xeométricos, reloxos, termómetros, fraccións, regretas,...
- Recanto Tratamento da Información
As facturas, recibos, tíckets,... serviron para achegarse o alumnado a unha
interpretación da realidade presente nas súas vidas. Poder interpretar esta
información axudará a entender conceptos presentes nos contidos matemáticos
coma as táboas, porcentaxe, tanto por cento, fracción,... así coma moitos outros.
Axudámonos neste recanto das tabletas e ordenadores.
- Recanto do Supermercado
O supermercado que temos na aula permítenos unha diversidade de actividades,
dende prezos, capacidade, volume, peso,... polo que o alumnado utilizou este
recanto para a adquisición de diferentes contidos presentes no currículo. Os
envases tamén nos serviron para traballar os corpos xeométricos e debuxalos.
- Recanto Creación
A posibilidade que ten o alumnado de crear a súa propia aprendizaxe estivo
presente neste recanto que creamos no último trimestre coa presencia do Robobo.
O robobo e a linguaxe de programación permitiunos traballar distancias,
velocidades, ángulos, figuras xeométricas,... Ademais contamos con xeoplanos,
policubos, bloques xeométricos,... que nos axudaron á aprendizaxe de diferentes
contidos.
Ao longo deste curso no Contexto Científico empregamos os
seguintes recursos que se encontran nos diferentes recantos nos cal
a aula está estructurada:
a) Humanos: Contamos co apoio do mestre de PT durante algunhas
sesións.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
52
b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os
proxectos desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas,
dous ordenadores, diferentes aplicacións e programas informáticos para
a edición de textos, audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...
c) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma,
pegamento, tesoiras, cartolinas, plastilina e outros materiais de uso cotiá
empregados nos experimentos como auga, bicarbonato, aceite, vinagre,
colorante alimenticio...
d) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,
libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,
fichas e plans de traballo...
- BIBLIOTECA: Guías de ciencias,libros de diferentes editoriais sobre os
distintos proxectos.
- LABORATORIO: material funxible do tipo: lupa, pilas, imán, cable de cobre,
papel de lixa, cinta illante, compás, pistola de silicona, pinzas, arame, aceite
de oliva, auga destilada, bicarbonato de sodio, vinagre, vasos, culleres,
cartolinas, plastilina, tesoiras, bandexas, papel, cartón...
A isto debemos sumar o material tecnolóxico: tabletas, ordenadores, videos.
METODOLOXÍA EMPREGADA
O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo específico
que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o currículo
oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de
vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase
atendendo á seguinte estrucuración temporal:
ORGANIZACIÓN
TEMPORAL
EDUCACIÓN
INFANTIL
1º e 2º NIVEL DE
EDUC. PRIMARIA
3º, 4º, 5º e 6º
DE EDUC.
PRIMARIA
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
53
MOMENTO
COLECTIVO
(1h 30 min)
Programa de
Estimulación Temperá.
Programa de
Estimulación Temperá.
Programa
Curricular
Específico Programa de
Aprendizaxe
Lúdico
Programa Curricular
Específico
MOMENTO
VIVENCIAL
(1h 30 min)
Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe
da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais e cívicos, … debe
realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros, tarefas,
experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará sesións
didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse
con estas aprendizaxes.
MOMENTO
DE LECER
(30 min)
É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais. É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre.
MOMENTO
COMPARTIDO
(1h 30 min)
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Apr. Baseado en
Contextos de
Aprendizaxe
Nos distintos momentos nos que se divide o horario lectivo diario suceden
distintas propostas didácticas que determinan o desenvolvemento das
competencias clave no alumnado.
Co obxectivo de explicitar mellor o funcionamento destas propostas, a
continuación se definen e determina o modo de traballar nelas:
APRENDIZAXE BASEADA EN CONTEXTOS DE APRENDIZAXE
O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)
desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,
organizativa e didáctica:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
54
Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área
que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de
coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada
contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º
convertéranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase
atendendo ás seguintes dinámicas:
LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as
competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se
traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e
os de outras competencias (lingüística, tecnolóxica, lóxica e matemática,
social…etc.).
O contexto científico está dividido en catro minicontextos nos que se traballan
devanditos proxectos dende unha perspectiva ampla de desenvolvemento
competencial. Os diferentes recantos presentes nesa aula determinan a
tipoloxía de actividades a desenvolver.
- O museo: Pensado para a creación de elementos (xogos, maquetas,
murais, monográficos...) nos que demostrar os coñecementos adquiridos ou
contidos traballdos.
- O laboratorio: A experimentación é o fin deste recanto. Recanto moi
práctico que buscaba aproximar a ciencia ás mans do alumnado.
- A biblioteca: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para
a elaboración de monográficos e outros traballos.
- Espazo TIC: Espazo dedicado á creación de contido propio por parte do
alumnado con contidos referidos ás ciencias naturais.
A CALCULADEIRA: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante
acercar os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun
xeito práctico e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos
(recantos) que, dun xeito global, nos permitirán comprender a utilidade das
matemáticas na vida real:
- O supermercado: Para o cálculo e o traballo de capacidades, volumes,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
55
tamaños.
- A vida cotiá: Pensado para traballar aspectos matemáticos da vida real:
recibos, facturas, compras, cartas mariñas...
- A xeometría: Recanto no que o debuxo lineal ten unha importancia vital.
- O tratamento da información: É o recanto máis teórico onde o alumnado ten
que buscar e analizar a información topada para coñecer a base teórica das
matemáticas.
A VERBADEIRA: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se
desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de
distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os
temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe
oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que
permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e programar distintas
actividades:
- Literatura Creativa: Espazo adicado á creación de textos de variada
tipoloxía dende unha perspectiva máis libre dando saída á imaxinación e
orixinalidade infantil: contos, relatos, cómics, adiviñas, deficións, anuncios...
- Conferencias: Recanto pensado para a expresión oral: radio, debates,
exposicións, videocontos, audiolibros...
- Pasatempos: É o minicontexto ideado para o traballo no coñecemento e
práctica das normas ortográficas e gramaticáis básicas a través da
elaboración, creación e solución a pasatempos lingüísticos.
- Procesando Textos: Recanto adicado ao traballo de textos escritos
variados: resumos, mapas mentáis, noticias, receita, cartas, monográficos...
HUMANIDADEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a
realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este
contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos
que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente
temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
56
determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor,
poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e
descoñecidos.
No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que
permiten o desenvovemento competencial do alumnado;
- Xeografíco: Pensado para un traballo centrado no estudo da parte
xeográfica dos lugares onde vivimos.
- Audiovisual: Espazo adicado á creación de contido propio por parte do
alumnado con contidos referidos ás ciencias sociais.
- Artístico: A modo de atelier, este espazo conecta a expresión plástica cos
proxectos e contidos que se traballan no contexto humanístico.
- Documental: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para
a elaboración de monográficos e outros traballos.
INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,
unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao
exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,
internet, exposicións, presentacións, representacións, debates, etc. Á vez que
lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación
fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as
actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o
uso de recursos. Contamos cun espazo no centro no que colocamos os
recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión,
elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora
online. Este espazo ten un grupo asignado cada dous días e conta cuns
mestres que diariamente pasa a xornada lectiva nese espazo.
Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao
longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e
sistemáticamente por todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
57
xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das competencias
clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no
coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da
aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a
personalidade e as relacións sociais.
A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a
interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e actitudinais
van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada
persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a
interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada
individuo.
PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO
A maiores do traballo que se desenvolve nos contextos de aprendizaxe, en 3º, 4º,
5º e 6º de Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel,
sitúase na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados
contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que
están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente
contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática.
Concretamente estamos falando que o bloque 2 de contidos da área de
matemáticas e o bloque 4 das áreas de lingua galega e lingua castelá son
desenvolvidos dun xeito máis específico fóra dos contextos en catro sesións
semanáis de unha hora e media con cada un dos titores.
OUTRAS CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍCAS QUE NOS DEFINEN:
o A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da
diversidade como o da interación social. Nos grupos contextos de aprendizaxe
de Primaria (3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis
diferentes dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a interación e
ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
58
o Aprendizaxe cooperativa e disposición do alumnado en grupos/equipos.
Nos contextos de aprendizaxe o alumnado traballará atendendo ás normas
xerais de aprendizaxe cooperativo e colaborativo. Para iso é fundamental a
disposición das mesas e sillas. En todos nos contextos as mesas e sillas están
colocadas en grupos (mínimo de 3 e máximo de 5).
o Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a
planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas
curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada
individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu ritmo
e nivel. Ao longo deste curso nos catro contextos, puidemos desenvolver máis
dun 80% do currículo das áreas das linguas, matemáticas, ciencias sociais e
ciencias naturais.
o A integración real e efectiva das TACs. A nosa aposta pola integración e o
uso das tecnoloxías nas nosas aulas é a de utilizalas para que o alumnado
poida crear contido propio por si mesmo.
Utilizamos a tecnoloxía con sentido común (e en igualdade de condicións que o
resto de materiais didácticos). Ao igual que co aprendizaxe de calqueira tipo de
contido dunha determinada área, a entrada de información que se lle ofrece ao
alumno debe ser de calidade e a saida que o alumno lle da a esa información a
través dun produto final debe ser tamén de calidade. Para facelo así xoga unha
importancia vital o uso das TAC dende unha perspectiva creadora e creativa.
Por outro lado o uso das TIC no noso centro ten unha doble finalidade: gozar do
seu uso e darlle saída ao exterior aos traballos que elabora o alumnado a través
dos medios de comunicación que traballamos na escola.
o A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes básicas
de información para realizar as actividades dos contextos de aprendizaxe. O
libro de texto non é un recurso básico. Existen moitos materiais e compártense.
A mediateca é o lugar onde se gardan os distintos materiais didácticos que son
necesarios para traballar nos contextos e minicontextos de aprendizaxe.
A biblioteca é o eixo central do acceso á infomación para traballar as distintas
propostas didácticas e proxectos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
59
o Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e
sistemáticos para realizar as actividades presentes nos recantos dos distintos
contextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o traballo, a
centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e a desenvolver
a súa autonomía.
o O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e
xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de
aprendizaxe, cumplir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do centro.
O profesorado ten a obriga de traballar en equipo cos demais mestres que
conforman o claustro. Esta coordinación dase con maior cercanía entre os
mestres da etapa de Educación Infantil, 1º ciclo e entre os responsables dos
contextos de aprendizaxe.
De todas maneiras, o profesorado especialista preocupouse moito por coñecer
os proxectos que están desenvolvendo nas diferentes aulas para que as
propostas didácticas das especialidades poidan relacionarse cos proxectos
didácticos das titorías. E viceversa tamén.
AVALIACIÓN
Neste apartado queremos deixar constacia na memoria dunha breves referencias
sobre a avaliación nestes eidos:
RESPECTO DOS GRUPOS
En xeral os catro grupos de alumnos que asistiron aos Contextos de Aprendizaxe
mostraron un rendemento académico positivo. Únicamente salientar o grupo de 6º
de Educación Primaria que ao non estar acostumado a este tipo de traballo,
cremos que o seu nivel de esixencia foi máis baixo do esperado.
Tamén é de xustiza sinalar que só un alumno repite curso e un total de 6 alumnos
suspende algunha das áreas de lingua galega e castelán.
En xeral, o alumnado que acude ao Contexto Matemático mostra un rendemento
académico positivo pero tamén é certo que a composición dos grupos inflúe moito
neste rendemento. En ocasións poño en dúbidas si a elección do grupo debería
seguir sendo libre ou un pouco dirixida. Constátase que certo alumnado deixase
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
60
levar dentro do grupo e as súas achegas son moi escasas polo que temos que
mellorar este aspecto.
En xeral, o grupo respectou as normas de convivencia do centro. Desde o punto
de vista do rendemento académico os grupos fixeron un esforzo satisfactorio e
mesmo destacable nalgúns proxectos. A nivel xeral os resultados do alumnado
foron adecuados.
Nos niveis de 3º e 4º presentaban como é natural máis dificultades á hora de
enfrontarse ás tarefas (para calcular o tempo que lles ía levar, falta de revisión das
actividades…) o que producía un grao de participación máis diversa: uns
mostraban unha maior iniciativa mentres que outros eran máis pasivos e estaban
máis desvinculados do traballo.
CASOS PARTICULARES A SINALAR
Cómpre sinalar que hai alumnos que no traballo en grupo teñen que aportar e
implicarse moito máis. No traballo grupal ás veces era complicado que cada
alumno ou alumna fora responsable da parte equitativa, da carga de traballo que
lle correspondía. Ese tipo de alumno/a mostrábase máis observador que
participante no traballo.
Continuando co mencionado no apartado anterior, destacar a falta de esixencia e
compromiso dalgúns alumnos/as amosando unha pobreza nos seus traballos.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
A coordinación docente foi moi enriquecedora e estivo ben planificada e
executada. Todos os martes (de 4 a 5) o profesorado responsable dos contextos
se reunía para distintas finalidades (planificación, avaliación, información,
organización...da actuación educativa no contextos de aprendizaxe). O
profesorado especialista acudía a estas xuntanzas unha vez cada tres semanas.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Sen dúbida a metodoloxía coa que traballamos facilitou enormemente a atención á
diversidade do alumnado. Ao longo do curso nos contextos de aprendizaxe non
tivemos a necesidade de adaptar os plans de traballo a ningún alumno pero o que
si constatamos e que este alumnado ten que aportar algo máis e os compañeiros
de grupo esixirlle que o faga.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
61
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
A metodoloxía no contextos de aprendizaxe foi positiva. Máis adiante coméntanse
algunhas propostas de mellora neste eido pero a grandes rasgos a metodoloxía
permitiu un traballo serio, esixente e coherente co desenvolvemento curricular
actual.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Debemos mellorar a elaboración das rúbricas para o alumnado de 3º e 5º e
informar máis e mellor sobre os modos e os contidos das rúbricas de avaliación.
Ademais será necesario comezar a traballar cunha aplicación que nos facilite a
cuantificación das rúbricas dos contextos de aprendizaxe.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
1.- Como responsable do contexto lingüístico e co obxectivo de ofrecer unha
avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:
- O 100% do alumnado valora a miña actuación neste contexto como positiva
ou moi positiva. Ningún alumno destaca a miña actuación como regular ou
negativa.
- A carga emocional de inicios de curso (ao ser director tamén) puido
aféctame negativamente (e por extensión tamén ao alumnado). Pronto me
din conta e puiden volver a mostrar a miña profesionalidade dun xeito máis
tranquilo e seguro.
- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas
positivamente.
2.- Con relación a miña avaliación, como responsable do Contexto Científico,
cheguei no terceiro trimestre e diante da sempre costosa adaptación a un novo
centro e a novos alumnos, no meu caso engadiuse esta vez unha metodoloxía coa
que eu non estaba afeita a traballar, de aí as miñas dificultades para dar todo de
min.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
62
3.- Como responsable do contexto humanístico e co obxectivo de ofrecer unha
avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:
- Practicamente a totalidade do alumando, valora a miña actuación neste
contexto como positiva ou moi positiva.
- Tendo en conta que foi o primeiro curso que traballo empregando esta
metodoloxía, a valoración é moi positiva. Aínda así, terei que seguir
formándome no que se refire ao aprendizaxe baseado en proxectos, na
traballo cooperativo, nas TICs ... , coa intención de seguir aprendendo e
mellorando a miña labor como docente.
4.- Como responsable do Contexto Matemático e co obxectivo de ofrecer unha
avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:
- O alumnado valora a miña actuación neste contexto de xeito diferente,
constato que aquel alumnado que se lle esixiu compromiso destaca a miña
actuación coma regular, pola contra, o alumnado que tiña xa establecido
unha dinámica de traballo moi similar a actual destaca a miña actuación
coma boa ou moi boa.
- Son consciente de que a nivel persoal este non foi un bo ano, polo que en
algúns momentos puido afectar ao alumnado e en determinados ocasións
non fun quen de diferenciar o persoal do profesional.
- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas
coma positivas.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Este primeiro ano avaliamos o proxecto educativo desenvolvido como moi positivo.
Existen melloras a implementar en vindeiros anos e, de seguro, que esta
avaliación irá medrando. O PE constitúe un auténtico valor de futuro para nós.
Existen moitas dúbidas entre a comunidade educativa sobre a adaptación do noso
alumnado á ESO. A día de hoxe non podemo avaliar esta adaptación xa que non
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
63
contamos coa experiencia previa necesaria. Será necesario esperar un par de
anos máis para avalíar esa adaptación á ESO.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
De seguro que este ano cometemos erros e agora, unha vez rematado o curso,
notamos que nos faltou algo que permitira ao alumnado aprende máis e mellor, ao
profesorado traballar máis e mellor e ás famlias ou ao centro mellorar nos seus
eidos de actuación.
Deixamos constancia neste apartado eses elementos que tal vez nos faltaron ou
puideron facerse de mellor maneira:
a) Implicar ao alumnado na avaliación.
O alumnado, a través de rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das
actividades, exercicios e tarefas a desenvolver e as competencias e
coñecementos que se van avaliar. Isto axudará ao alumnado a tomar conciencia
da súa propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.
Cada proxecto debera iniciarse dándolle a coñecer ao alumnado a rúbrica que
determinará a avaliación. Esa rúbrica integrará elementos propios de cada
proxecto e items xerais que serán utilizados en todos os proxectos.
Ao finalizar tamén sería aconsellable que o alumnado se autoavaliase e desta
maneira sería consciente do seu progreso na adquisición de novos contidos.
As rúbricas serán remitidas (ao inicio do proxecto) á dirección do centro coa
finalidade de facerse cun banco de recursos que determinará a avaliación do
alumnado.
Ademais das rúbricas que deben de coñecer de antemán, aos alumnos tamén lle
debemos explicar o que queremos que aprendan co proxecto. P. Ex: Este
proxecto sírvenos para coñecer o mundo dos animais vertebrados , ao finalizar
ides ser capaces de distinguir os seus grupos , os coidados que necesitan e os
beneficios que nos dan. Estes obxectivos debían ser o primeiro que os rapaces
escribiran no caderno.
Sería positivo mandarlle unha carta/correo informando ás familias dos proxectos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
64
que imos traballar cada trimestre.
Trimestralmente o profesorado lle pide ao alumnado unha avaliación do proceso
educativo seguido nos diferentes contextos de aprendizaxe.
b) Modificación das explicacións dos plans de traballo.
Algúns plan de traballo deberían ser máis completos nas súas explicacións pero
corremos o risco de guiar en exceso a aprendizaxe do alumnado, e desta maneira,
non convertelos en verdadeiros protagonistas das súas aprendizaxes.
A explicación das actividades que se desenvolve o luns no contexto lingüístico é
necesario prescindir dela e adicar ese tempo a outros menesteres: tertulias
literarias, rematar traballos, incorporar un novo recanto na aula...
c) Ter máis coidado coa avaliación nos cursos impares (3º e 5º)
Ao estar mesturados en idades e segundo puidemos comprobar este curso,
cremos que debemos introducir melloras nas rúbricas para os cursos impares nos
que o alumnado é o de menor idade. Tendemos a avaliar ao alumnado destes
cursos en función dos traballos e rúbricas elaboradas para os cursos do alumnado
de 4º e 6º sen ter en consideración que teñen un ano menos que os seus
compañeiros.
d) Realizar un maior e mellor seguimento do traballo en grupo.
Ao deseñar actividades en pequenos grupos, temos que intentar asegurar que non
existan alumnos que non aporten ao grupo. Un porcentaxe bastante alto de
alumnado manifesta que algunhas ou bastantes veces se atopou con
compañeiros/as que non aportaron nada ou moi pouco nos grupos de traballo. O
alumnado debe ser consciente da necesidade das súas aportacións e o outro
alumnado de conducir adecuadamente ao grupo para que todos se vexan
importantes á hora de facer aportacións.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
65
a) Maior información e formación ás familias do que se está
traballando nos contextos.
É necesario que trimestralmente o alumnado leve os traballos elaborados nos
contextos para a casa. Desta maneira as familias terán maior información sobre os
proxectos desenvolvidos ao longo do curso en cada contexto de aprendizaxe.
Por outra banda, tamén cremos necesario formar ás familias no funcionamento
dos contextos. Para facelo, suxírese comezar o vindeiro curso con sesións de
Grupos Interactivos (onde estean presentes as familias) nos distintos contextos e
organizar visitas para que as familias poidan ver como traballamos na aula.
Crear espazos físicos onde se poidan expoñer os traballos realizados polo
alumando e, incluso, que o alumando llos poida presentar as familias, a modo de
museo ou exposición guiada.
Dar a coñecer e difundir os traballos colgados na web do colexio ou ben os
emitidos a través dos medios de comunicación do centro.
b) Introducir un Proxecto Documental Integrado ben estruturado que
una o traballo en todas as etapas e niveis do noso centro.
Propoñemos o deseño e desenvolvemento para o vindeiro curso dun PDI cunha
estrutura ben definida que axude a establecer lazos entre todos os niveis que
existen no centro (dende Infantil ata 6º de Educación Primaria).
c) Os responsables dos contextos de aprendizaxe poderiamos
organizar tertulias matemáticas, literarias e científicas coas familias para
achegar os contidos da ciencia, da literatura e das matemáticas a todos os fogares
de San Miguel de Deiro.
A través da lectura de determinadas obras, escritos, ensaios, artigos periodísticos
poderiamos crear unha verdadeira escola de pais. Sería necesario determinar
unha organización que permitira que o día de garda de biblioteca puideramos
desenvolver este tipo de actividades.
d) O traballo no INFORMADEIRO
Dende os contextos de aprendizaxe propoñemos a seguinte organización para o
funcionamento do INFORMADEIRO:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
66
Dous alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º desenvolverán cada dous días o traballo dos
medios de comunicación. O traballo consiste:
- Na elaboración dunha escaleta radiofónica para emitir en directo a partires
das 13:00 horas.
- Gravación e emisión (en streaming) de variadas tipoloxías de programas de
televisión (informativos, debates, entrevistas...),
- Redación de noticias e impresión diaria do xornal escolar A XANELA DE
VIÑAGRANDE utilizando como base unha plantilla determinada (canva,
.doc...)
- E a publicación das novidades nas redes sociais do centro e no blog do
Informadeiro.
Ao longo deses dous días os oito alumnos pasarán no INFORMADEIRO 9 horas
(1 hora de recreo) nas que terán que elaborar o traballo deseñado. Contarán coa
axuda dun mestre que, diariamente, se ubicará neste espazo cando teña unha
garda e non teña que cubrir substitucións. É necesario que todo o profesorado
coñeza o funcionamento do traballo que se vai desenvolver neste contexto. Para
iso serán necesarias sesións de formación a inicios de curso para todo o
profesorado.
Tamén sería necesario contar cun cadro de organización semanal deste espazo
para coñecer o profesorado responsable e os 8 alumnos que irán cada dous días.
Proponse que a primeira publicación de cada MMCC sexa realizada un martes
pola tarde por todo o profesorado do centro. Desta maneira estaremos
autoformándonos.
e) Asignar responsabilidades ou roles no traballo cooperativo.
Co obxectivo de asegurar que non existan alumnos que non aporten ao grupo,
podería ser interesante determinar uns roles específicos para o alumnado que
teña que desenvolver un traballo grupal. Unha posibilidade podería ser esta:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
67
f) En 3º e 4º talvez sexa necesario nalgúns proxectos desmenuzar máis
os contidos porque a súa autonomía é menor e necesitan máis axuda.
g) Os rapaces cometen moitas faltas de ortografía talvez sexa necesario
establecer un plan ortográfico.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Detectamos as seguintes necesidades formativas:
- Atención á diversidade en casos de especial tratamento educativo.
- Formación en neuroaprendizaxe, robótica e impresión 3D.
- O desenvolvemento emocional do alumnado. Como os profes podemos
axudar?
- Uso e xestión da biblioteca escolar.
- Programas e plans europeos e internacionais onde poder seguir mellorando
a nosa escola e a nosa práctica docente.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
Os responsable dos Contextos de Aprendizaxe
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
68
6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL Nesta memoria queremos recoller brevemente dous aspectos do proxecto deste
ano, por unha parte a formación recibida polo profesorado participante, e por
outra, o traballo colaborativo do alumnado cun colexio murciano.
A proposta de formación deseñada para o curso 2016-17 no marco do proxecto
Samsung Smart Schools avogou por un tipo de formación adaptada aos tempos
en que vivimos, dando un papel importante á tecnoloxía como facilitadora de
intercambio e colaboración e apostando por uns contidos altamente actualizados.
Tratouse dunha formación enfocada á aprendizaxe autónoma e conectada entre
iguais que fomenta a creación de comunidades de profesionais que interaccionan,
comparten e aprenden xuntos.
Os obxectivos deste curso foron os seguintes:
Utilizar estratexias metodolóxicas para o deseño, implementación e
avaliación do mLearning e o traballo con tablets na aula do século XXI.
Deseñar e implementar proxectos que fomenten as competencias
lingüística, dixital e aprender a aprender.
Formar parte activa dunha rede de profesionais que participan en proxectos
conxuntos de colaboración escolar, dentro da acción eTwinning.
No que fai referencia aos contidos do curso, estes estruturáronse en varios
bloques:
Bloque 1. A Escola Global. Oportunidades e desafíos da era dixital.
Bloque 2. Novas formas de comunicar nunha sociedade líquida. Xestión e
organización da aprendizaxe no século XXI.
Bloque 3. Mapping: Ver e aprender. Visualización e Proxección do
coñecemento.
Bloque 4. A colaboración escolar eTwinning.
Bloque 5. Final.
No que fai referencia ao traballo colaborativo do alumnado cun colexio murciano,
este consistiu na elaboración dunha revista interactiva.
https://esparradeiro.atavist.com/revista-esparradeiro
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
69
O traballo do alumnado tivo unha duración de tres meses, neste tempo, o
alumnado elaborou os contidos que aparecen na revista, e estes foron creados
xunto co alumnado de Esparragal (Murcia).
A experiencia de crear xunto a outro alumnado que non está no noso colexio un
produto final foi moi positiva, así como os diferentes temas que aparecen na
revista, a cultura de ambas localidades está moi presente.
Trípticos, revistas, vídeo, fotografía, infografías, geolocalizaciones, realidade
virtual,... axudáronnos a confeccionar a Revista ESPARRADEIRO cuxo resultado
é unha revista moi vistosa, cunha estética actual e con moito contido para poder
ver.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
70
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
71
6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. No presente curso académico no C.E.I.P. DE VIÑAGRANDE-DEIRO leváronse a
cabo as seguintes actividades complementarias e extraescolares:
SAMAÍN
A celebración do Samaín tivo lugar o 28 de outubro e, coma en anos anteriores,
realizouse unha exposición de cabazas feitas polo alumnado coa colaboración das
familias.
Tamén se elaboraron receitas monstruosas en grupos de diferentes idades e
coa axuda dun mestre/a. Logo, tivo lugar a degustación.
Por último, houbo unha sesión de cine de terror coa proxección de diferentes
películas.
MAGOSTO
Con motivo da celebración do Magosto, pedíronse a un particular, 50 xogos
tradicionais.
A celebración do Magosto tivo lugar o día 11 de novembro coas seguintes
actividades:
1º- Merenda de castañas asadas.
2º- Xogos tradicionais para infantil e primaria.
NADAL
O Martes 20 de decembro, recibimos a visita do Pandigueiro (organizada pola
ANPA).
O mércores 21 de decembro, Papá Noel, coa colaboración do ANPA, visitou as
aulas do colexio saudando e dando un pequeno agasallo os/as alumnos/as.
Ás 11: 00 h deste mesmo día celebramos o Festival de Nadal coas actuacións de
todos os nenos e nenas do colexio.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
72
Unha vez rematado o festival, o ANPA ofreceu unha merenda para todos/as de
chocolate con churros.
DÍA DA PAZ
Celebrouse o luns 30 de xaneiro, no Pavillón Multiusos de Vilanova, xunto con 4
colexios de Vilanova (CEIP Xulio Camba, CEIP San Roque de Corón, CEIP San
Bartolomeu de Tremoedo e CEIP Sestelo-Baión). Debido á previsión de chuvia
para ese día, non se puideron realizar as actividades ao aire libre e, polo tanto,
non se puido realizar a solta de pombas e globos nin a carreira popular.
Así pois, as actividades que se realizaron foron:
1. Lectura dun manifesto pola Paz (Sestelo Baión).
2. Quebracabezas: cada aula coloreou unha peza de tamaño A3 (enviadas
polo colexio San Roque de Corón ao centro).
3. Coreografía “Quérote máis” en idioma de signos (CEIP Viñagrande).
4. Merenda (organizada polo colexio Xulio Camba de Vilanova).
ENTROIDO
- Mandas do Momo
Durante a semana do luns 20 ata o venres día 24 de febreiro, celebramos a festa
do entroido. Cada día os nenos e nenas preparáronse para participar e gozar do
que o Momo ordenou. Os alumnos e alumnas remataron totalmente disfrazados o
xoves 23. Ademais, este día tivo lugar a “Batalla da fariña”.
- Festival
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
73
O venres 24 de febreiro celebrouse o entroido:
1º- Unha sesión de fotos por curso.
2º- Desfile de disfraces facendo un percorrido pola zona e despois no patio. Logo,
cada grupo cantou unha copla adaptando a letra á ocasión.
3º- Merenda (colaboración das familias e da ANPA ) e tempo de lecer.
OS MAIOS
Entre todos os nenos e nenas do colexio elaboraron un maio e o alumnado cantou
ao redor do maio coplas compostas para a ocasión.
LETRAS GALEGAS
Celebramos as Letras Galegas coas seguintes actividades:
1. Visita do Músico, cantor e contador de historias “O bardo Abelardo”.
2. Actuación de Xoán Curiel, presentando a súa novela-disco “Estamos no
verán”.
3. Charla de Javier Olleros e Avelina.
4. Actuación dos músicos e cantores Juan Silva e Blas.
FIN DE CURSO
A celebración do fin de curso tivo lugar o venres 23 de xuño. Comezou cun
Festival onde actuou todo o alumnado con coreografías e cancións. Así mesmo,
tamén tiveron lugar as graduacións do alumnado de 6º de Infantil e Primaria.
Despois tiveron unha merendola, coa colaboración da ANPA do colexio.
A continuación, os alumnos e alumnas puideron participar nunha “Batalla da auga”
e e de talleres de maquillaxe, chapas e karaoke.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
74
OUTRAS ACTIVIDADES
Obradoiro “O Sabor da Aventura está no mar”
Contacontos Anxo Moure
Talleres “Recíclate con Sogama”
Actividades da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
Obradoiro de Abraham Carreiro
SAIDAS DO ALUMNADO
Temp.
Curso Saída
1º
3º, 4º, 5º e 6º de primaria
Educación Vial en colaboración do concello e a DXT.
Educación Infantil
Visita ás torres de O Salnés
2º
3º, 4º, 5º e 6º de
primaria
Saída a Sogama, Voz de Galicia e Domus.
Educación Infantil
Saída ao Museo de Pontevedra
3º,4º,5º,6º Primaria
Saída a Meteogalicia, Planetario e MUNCYT
Ed. Infantil e 1º E.P.
Saída ao Salón do Libro
3º
Toda Primaria e Ed. Infantil
Teatro Caracol “Os invasores”
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
75
3º
6º Primaria
Visita ao I.E.S. “ A Basella”
Infantil
Saída á Exposición de Tonucci
Infantil
Obra de Teatro “Gatuxo” en Pontevedra.
Toda Primaria
Saída a Pontevedra. Actividades e Exposición sobre Toncucci.
3º, 4º, 5º, 6º de
Primaria
Homenaxe a Lita Cabellut
Toda a Primaria e
Infantil.
Saída de Fina de Curso ao Parque Natural de Carreirón.
DEPORTE ESCOLAR
Campo a través: a Azucareira, Portas (1/12/16). Participaron 2º, 3º , 4º, 5º, e
6º de Primaria.
1ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP Enrique Barreiro
(San Miguel 25/01/17). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
2ª xornada deportiva: CEIP Telleiro-Noalla – CEIP de Viñagrande – Deiro
(Noalla 29/03/17). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
3ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP Julia Becerra
(San Miguel 25/04/17). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
Carreira Escolar do Salnés (Portonovo 19/05/17). Participou 1º e 2º de
Educación Primaria.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
76
VALORACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA
A valoración é positiva aínda que sempre é posible mellorar determinados
aspectos.
Cabe destacar o éxito das actividades organizadas para o fin de curso, sobre
todo o taller de maquillaxe e a “Batalla da auga”.
Polo demais, sempre sería aconsellable preparar as actividades con maior
antelación, aínda que ás veces o calendario e a falta de tempo condiciona a
programación das mesmas.
San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2016
A coordinadora,
Asdo.: Mª Luisa Barreiro Pérez
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
77
6.6.- MEMORIA DO PLAMBE 1. INTRODUCCIÓN O CEIP Viñagrande- Deiro incorporouse ao Plan de Melloras de Bibliotecas
Escolares este curso 2016-2017, o que nos permitiu comezar a materializar o ideal
de biblioteca que compartimos no centro, unha biblioteca con multitude de
posibilidades, que garanta a realización de moi diversas actividades: lectura en
diferentes soportes e formatos, acceso á información, expresión artística, uso dos
medios de comunicación, creación e publicación de contidos…, E tamén unha
biblioteca na que se reflicten os principios metodolóxicos do noso centro: traballo
por proxectos realizados de forma colaborativa, integración das novas tecnoloxías
como ferramentas de uso cotiá que posibilitan a creación de contidos propios do
alumando, a compensación de desigualdades sociais, a colaboración coas familias
e outros axentes da comunidade educativa, a apertura ao exterior da actividade do
centro…
Ao longo desta memoria recollemos o traballo realizado durante este curso:
consecución de obxectivos, actividades, avaliación, xestión e organización e
outros aspectos relativos á Biblioteca do centro. Engadimos, ademais, unha
memoria gráfica (carpeta ZIP con fotos na plataforma online) e enlaces á nosa
páxina web para exemplificar algunhas das accións que se mencionan.
2- GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS NO
PROXECTO INICIAL
Este primeiro ano de participación no PLAMBE constituíu o inicio da posta
en marcha dun novo modelo de biblioteca escolar no noso centro, tal e como se
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
78
recollía nos obxectivos propostos no proxecto presentado, polo que podemos dicir
que tales obxectivos foron acadados en gran medida. Analizamos a continuación
cada un deles:
Transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado
plenamente nas prácticas educativas de aula e do centro.
Grazas á incorporación no PLAMBE iniciamos a verdadeira transformación
da biblioteca, mudando totalmente o espazo e incorporando máis e máis variados
recursos, dende fondos bibliográficos a recursos tecnolóxicos e aumentando
considerablemente as posibilidades dos espazos. Todo isto favoreceu a
integración plena da biblioteca nas prácticas educativas que se desenvolven no
centro. Deste xeito, a biblioteca é xa un eixo fundamental arredor do que xiran
moitos dos procesos que teñen lugar no día a día nos distintos niveis.
Mellorar e renovar o mobiliario, de xeito que se adecúe mellor ao
requirimentos dos distintos espazos.
Tal e como pode apreciarse nas fotos que se xuntan a esta memoria na
plataforma web, queda plausible a transformación da biblioteca. Foron moitos os
esforzos de todos para conseguir, coa axuda do orzamento do PLAMBE, un
espazo apropiado para levar a cabo todas as actividades nas que consideramos
que a biblioteca debe contribuír ao seu desenvolvemento. Así pois, o mobiliario
cambiouse case na súa totalidade, incorporando mobles que permiten novos usos
da biblioteca, como a expresión artística ou o “Informadeiro”. Con todo, quedan
pendentes de crear algún espazos que estaban propostos no proxecto (quiosco,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
79
zonas de música e de xogos). Ademais, tamén precisamos incorporar algún
expositor que facilite a localización das novas adquisicións, especialmente para os
máis pequenos e completar as zonas de lectura relaxada.
Continuar coa informatización dos fondos e co servizo de préstamo co
Programa Meiga.
Rexistramos todos os fondos da biblioteca no MEIGA, onde tamén damos
de baixa os que son expurgados. É certo que inda que non está rematada a
modificación da catalogación de fondos que xa estaban rexistrados no programa
(despois de varios anos nos que se catalogaban fondos seguindo criterios moi
dispares, nos últimos cursos unificamos eses criterios e tratamos de que todos os
fondos estean catalogados atendendo aos mesmos. Son criterios claros, concisos
e útiles para que o alumnado poida localizar todos os recursos que precisa).
Todo o centro emprega este programa para o rexistro de préstamos e
devolucións, sendo, en moitos casos, os propios alumnos os que fan este rexistro.
Ademais, tamén iniciamos a formación do alumnado para a busca de fondos a
través de OPAC MEIGA.
Integrar as tecnoloxías da comunicación e da información que promovan
dun xeito sinxelo a creación de contidos por parte do alumnado.
Consideramos que este obxectivo está totalmente cumprido, xa que a
incorporación das tecnoloxías da comunicación e da información é realmente
efectiva na actividade diaria do centro en todos os niveis, se ben o seu uso varía
en función da idade do alumnado. Nas actividades recollidas na memoria así como
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
80
nos enlaces que se inclúen ou nas fotos que se xuntan pode comprobarse como
empregamos de xeito habitual e normalizado as tecnoloxías, sendo o alumnado
creador de contidos propios co seu uso.
Agora ben, sendo este un ámbito en constante e rápido avance,
entendemos que é preciso seguir incorporando á actividade do centro aquelas
tecnoloxías que van aparecendo na sociedade. Así pois, de cara ao vindeiro curso
pretendemos introducir algunhas das últimas novidades, como son a robótica, a
realidade virtual, a realidade aumentada e a impresión en 3D.
Conseguir unha biblioteca compensadora de desigualdades.
O modelo de biblioteca que propoñemos, que permite e fomenta
agrupamentos flexibles, así como a metodoloxía que poñemos en práctica na que
o alumando traballa en grupos cooperativos, sendo parte activa da súa
aprendizaxe e creadores de contidos, garante a compensación de desigualdades,
ao posibilitar a axuda entre iguais e a colaboración mutua, destacando as
potencialidades de cada neno.
Cambiar a práctica educativa facilitando a introdución da innovación e a
aprendizaxe compartida entre iguais, tanto adultos como alumnado.
Tal e como se recolle nesta memoria (páx. 16), este curso iniciamos no
centro un verdadeiro cambio nas dinámicas de traballo, modificando
substancialmente a organización espacial e temporal co fin de introducir novas
prácticas educativas que melloren a aprendizaxe do alumnado, facéndoa máis útil
e significativa. Neste senso, a biblioteca é un piar básico nesta proposta, como
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
81
centro de recursos e espazo versátil e multifuncional que permite o
desenvolvemento de proxectos que implican novos roles tanto paro o alumnado
como para o profesorado. Ademais, o traballo cooperativo, que é unha das liñas
de identidade do noso centro, permite a aprendizaxe compartida entre iguais.
Promover o uso e o achegamento de toda a comunidade educativa á
biblioteca.
A biblioteca permanece aberta ao longo de todo o horario lectivo e tamén
polas tardes, co fin de promover un maior uso por parte de toda a comunidade
educativa, se ben é certo que a afluencia de persoas polas tardes é moi escasa,
sendo este un aspecto que é preciso atender e mellorar o próximo curso.
Por outra banda, se ben a colaboración coas familias é habitual na dinámica
do centro, consideramos que é necesario propoñer máis canles para a
participación das familias. Este será unha das nosas prioridades de cara ao
vindeiro curso.
Apoiar a consecución dos obxectivos do PE, do proxecto lector e do PAL.
A biblioteca contribúe enormemente á consecución dos obxectivos do PE,
proxecto lector e PAL, xa que é un eixo fundamental arredor do que se
desenvolven a gran maioría dos procesos de ensino- aprendizaxe que se levan a
cabo no centro.
Cabe dicir que este ano non nos foi posible abordar a modificación do
proxecto lector do centro, tal e como se recollía no proxecto presentado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
82
Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e
a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida.
O fomento da lectura é un dos primeiros fins da biblioteca, de tal xeito que
ao longo do curso organizamos e levamos a cabo múltiples actividades
encamiñadas a este fin, tal e como se recolle nesta memoria: proxectos
específicos en relación ao traballo literario, lecturas en diferentes soportes e
formatos, visita de contacontos ou realización dos mesmos por parte do alumnado
ou profesorado, recomendacións lectoras, presentación de novidades, etc.
Ademais, grazas ao orzamento do PLAMBE puidemos adquirir máis fondos
para a biblioteca e máis variados, facilitando así o achegamento aos intereses e
preferencias de cada un dos alumnos do centro.
Posibilitar o traballo por proxectos achegando os recursos necesarios.
A aprendizaxe baseada en proxectos é un eixo fundamental da proposta
metodolóxica do noso centro, de tal xeito que a meirande parte das aprendizaxes
se realizan arredor deles. Sen dúbida, a nova biblioteca favorece a realización
destes proxectos xa que atendemos a todas as demandas, no que a recursos se
refire, para apoiar o seu desenvolvemento e favorecer así a competencia
informacional e mediática.
Contribuír ao desenvolvemento da competencia lingüística tanto oral como
escrita.
Un gran número das actividades da biblioteca teñen en común o
desenvolvemento da competencia lingüística, oral e escrita: as actividades de
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
83
fomento da lectura e os proxectos de aprendizaxe favorecen a consolidación de
lectores eficaces e críticos, favorecendo o hábito lector nos seus variados usos:
lectura por pracer, lectura como fonte de información, como busca de datos…
Pero de forma parella, atendemos á expresión escrita e oral do alumnado, polo
que moitas das actividades propostas e o traballo de ABP requiren da produción
de textos por parte deles e da súa exposición e presentación oral, en moitos casos
a través de programas de radio, televisión ou artigos periodísticos. Así pois, o
“Informadeiro” convértese nunha parte fundamental da nosa biblioteca.
Converter a biblioteca nun lugar de lectura, información e aprendizaxe, onde
formar usuarios competentes da información.
De novo, o traballo de ABP pon de manifesto a importancia da biblioteca
como lugar no que se conxugan os procesos de lectura, busca de información,
selección, utilización e comunicación da mesma, axudando a formar alumnos
competentes da información e os medios de comunicación xogan un papel
fundamental á hora de exportar ao exterior os traballos realizados polo alumnado.
3- DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS Ao longo do curso desenvolvemos as actividades recollidas no proxecto
presentado para o PLAMBE. Este primeiro ano dentro do PLAMBE foi un ano de
moitos cambios e dunha verdadeira transformación da biblioteca, modificando
totalmente o espazo, o equipamento, o mobiliario, os recursos… tal e como estaba
previsto. Isto propiciou que non fora posible realizar todas as actividades que
estaban planificadas, se ben tamén é certo que levamos a cabo algunhas que non
o estaban inicialmente e noutras introducíronse certas modificacións.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
84
As actividades levadas a cabo dende a biblioteca refírense tanto á xestión
técnica e organización da mesma como á proposta de actividades para realizar a
nivel de centro, nas distintas aulas ou xunto coas familias. Moitas das actividades
programadas foron organizadas e realizadas en colaboración cos demais equipos
do centro (Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Actividades
Complementarias e Extraescolares e Equipo de Medioambiente) e en relación a
outros programas ou proxectos que se desenvolveron (Proxecto de Dinamización
da Lingua Galega, Recíclate con Sogama, Samgung Smart School)
3.1- EN RELACIÓN Á XESTIÓN TÉCNICA
- Reorganización do espazo. Como mencionamos anteriormente, durante este
curso levouse a cabo a modificación do espazo da biblioteca, coa unificación de
tres espazos distintos: a biblioteca anterior, unha aula das mesmas dimensións e
un almacén situado entre estes dous espazos. Ademais, tamén habilitamos outro
pequeno almacén que estaba en desuso así como un despacho anexo á biblioteca
que convertemos en estudio de radio. Foi preciso unir espazos e acondicionalos,
colocamos pladur nas paredes e pintamos, colocamos tarima no chan e un cristal
como separación do corredor que permite unha maior continuidade do espazo e
da máis claridade e apertura á biblioteca.
Ademais de modificar o espazo físico tamén mudamos practicamente todo
o mobiliario, incorporando librarías novas acordes ao deseño da nova biblioteca,
creamos dúas zonas de lectura relaxada con sofás e televisión nunha delas, unha
zona de expresión artística con mobiliario axeitado (con fregadeiro e espazo para
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
85
gardar os útiles necesarios) e o “Informadeiro”, con zona de prensa escrita,
estudio de televisión e estudio de radio con todo o equipo preciso para emitir en
directo e online.
O equipamento da biblioteca tamén mellorou notablemente este curso, xa
que dispoñemos de máis ordenadores e tablets, outra impresora, un ipad,
televisión e o equipo de radio. Ademais, están pendentes de chegar dous novos
equipos informáticos.
- Organización inicial. Inicio do préstamo, horario de biblioteca (que foi
reestruturado no 2º trimestre debido á modificación do espazo, o que implicou
unha maior diversidade das actividades realizadas), criterios para a adquisición de
novos fondos e recollida de demandas do profesorado, propostas de proxectos,
preparación das mochilas viaxeiras, subscrición ao xornal O Papagaio …
- Exposición de fondos e presentacións periódicas de novidades, fisicamente
(na biblioteca e noutros espazos como a entrada do centro, corredores, aulas...) e
a través da páxina web. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/741,
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/713
- Boletín de recomendacións lectoras enviado ás familias en Nadal.
- Catalogación MEIGA e expurgo. Todos os fondos adquiridos son catalogados
no MEIGA, ao mesmo tempo que continuamos modificando a catalogación
dalgúns fondos que non seguían os criterios que establecemos. En canto ao
expurgo, demos de baixa fondos que estaban deteriorados ou aqueles que
consideramos desfasados ou non axeitados para o noso alumnado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
86
- Creación da comisión de biblioteca no seo do Consello Escolar (en sesión
de Consello Escolar celebrada o 13 de decembro de 2016)
- Revisión, actualización e deseño de carteis e indicativos para sinalizar
andeis, librarías...
3.2- EN RELACIÓN Á FORMACIÓN DE USUARIOS
- Xuntanzas formativas e informativas para o profesorado. Na primeira
xuntanza, ao inicio do curso, recordamos a organización da biblioteca e
entregamos un boletín coa información máis salientable. En posteriores xuntanzas
informamos dos cambios que fomos realizando, das actividades propostas,
recollemos suxestións en relación á modificación do espazo e das necesidades
prioritarias, á adquisición de novos fondos…
- Divulgación de boletíns para as aulas, recordando a información máis
relevante sobre o uso da biblioteca nos distintos momentos, os membros do
equipo, informando sobre as actividades…
- Móvete pola biblioteca. Nestas sesións cada grupo de alumnos xunto co seu
titor realizou actividades na biblioteca para coñecer o espazo, a localización e
colocación dos distintos fondos, o uso do MEIGA para o préstamo e devolución, o
uso dos marcadores… Estas actividades foron apoiadas por guías de uso da
biblioteca elaboradas dende o equipo.
- Proxecto sobre o uso da biblioteca no Contexto Literario. Neste contexto,
todos os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º desenvolveron un proxecto máis específico e
exhaustivo sobre o uso da biblioteca. Traballaron sobre a CDU, a lectura das
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
87
etiquetas, a colocación dos libros nos andeis, a busca de fondos a través de
OPAC MEIGA, as normas de uso da biblioteca e a animación á lectura.
3.3- EN RELACIÓN AO FOMENTO DA LECTURA
Ademais de actividades habituais que xa vimos realizando nos pasados
cursos (mochilas viaxeiras, hora de ler, apadriñamentos lectores…) leváronse a
cabo outras máis específicas que recollemos a continuación:
- Entrevistamos. O alumnado realizou diferentes entrevistas dentro e fóra do
centro a mestres, familias ou outras persoas en relación aos proxectos de traballo
que se desenvolveron nas aulas.
- O club da retranca galega. Gravamos ao alumnado no estudio de
Televiñagrande contando chistes en Lingua Galega.
- Semana do teatro. Cada curso preparou unha obra de teatro que foi
representada para toda a comunidade educativa na casa da cultura de San Miguel
de Deiro durante os días 5, 6 e 7 de abril. Previamente, elaboráronse carteis para
anunciar as obras de teatro que expuxemos na entrada do centro os días
anteriores e spots publicitarios que tamén reproducimos ás entradas e saídas co
fin de que as familias puideran ter un adianto de todas as obras que ían ser
representadas.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/736
- O Informadeiro é o espazo dos medios de comunicación, configurado por unha
zona de prensa escrita, un estudio de radio, “Radiodeiroonline” e
“Televiñagrande”, o noso estudio de televisión. O traballo no Informadeiro permite
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
88
ao alumando coñecer as características principais destes medios e o tipo de textos
e formatos que empregan, ademais de permitir que o alumnado poida darlle saída
a todo o traballo que realiza. https://oinformadeiro.wordpress.com/
Radiodeiroonline e Televiñagrande. A través das canles de radio e
televisión o alumnado planificou, realizou, gravou e emitiu diferentes programas
nos que recolleron entrevistas, contos, historias ou relatos, programas divulgativos
de diferentes temáticas, partes meteorolóxicos, novas de interese, cuñas
publicitarios, etc.
A xanela de Viñagrande é o xornal do noso centro. Este curso publicamos
cinco edicións (as dúas últimas foron versións interactiva), cunha selecta recollida
de noticias relevantes na vida do centro, actividades ou acontecementos que
tiveron lugar dentro e fóra do colexio, celebracións, traballos do alumnado, análise
de novas de actualidade… Ademais, tamén publicamos un número especial, unha
revista interactiva integramente dedicada a Carlos Casares. A elaboración do
xornal permite que o alumnado coñeza as características dos artigos periodísticos
e que lea e escriba diferentes tipoloxías de textos, de información, de opinión ou
mixtos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/709,
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/708
- Crucicontos. Ao longo do curso fixemos lecturas cruzadas entre o alumnado en
diferentes momentos. Nos días previos á celebración das Letras Galegas algúns
nenos acudiron ás aulas de Educación Infantil e 1º ciclo para ler aos seus
compañeiros algunha das obras de Carlos Casares. Ademais, algúns grupos de
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
89
alumnos fixeron representacións con marionetas para os máis pequenos de “O
can Rin e o lobo Crispín”. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/746
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/748
- Cantando contos. Fixemos versións musicais de contos gravadas polo
alumnado e sonorizacións de diferentes contos realizadas e gravadas por eles.
- Conta un conto animado. Realizamos unha película de animación a partires do
conto de Elmer con figuras de plastilina que creou o alumnado e coa gravación
das súas voces. Empregando aplicacións para a gravación e edición fixemos
videocontos a partires da lectura de Clásicos da Literatura Universal e audiolibros
a partires das obras de Carlos Casares. Noutras ocasións foron as propias
historias dos nenos as que serviron de base para os videocontos
- Eu recomendo… O alumnado e profesorado realizou recomendacións de
lecturas ou dos seus contos preferidos e fixo suxestións á biblioteca para mercar
novos fondos. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/705,
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/733
- Tertulias literarias. No Contexto Lingüístico realizamos tertulias arredor da obra
“La lección de August”. Nelas, os nenos falaron e compartiron reflexións,
sensacións e opinións acerca daqueles fragmentos que eran do seu interese ou
nos que se vían reflectidos por experiencias ou vivencias persoais.
Ao longo do curso tivemos a visita ao centro de diferentes persoas:
- Anxo Moure, con quen abrimos a biblioteca a comezos de curso. Subido no seu
“nubinete” levounos de viaxe a través dunha morea de historias sobre a natureza e
o coidado das árbores. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/633
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
90
- O Bardo Abelardo, espectáculo presentado por Servando Barreiro e que xiraba
en torno á obra de Carlos Casares, polo que contou e cantou varias obras do
autor. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/743
- Abraham Carreiro. O ilustrador fixo un obradoiro de debuxo no que nos dou
algún consello para debuxar e para encher de vida os nosos personaxes,
dándolles máis movemento e acentuando os trazos e as expresións da cara.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/737
- Xoán Curiel. O 18 de maio asistimos ao concerto deste músico, que interpretou
algunha das cancións do seu libro- disco “Estamos no verán”.
- Javier Olleros (cociñeiro profesional) e Adelina Padín (agricultora ecolóxica)
faláronnos sobre a riqueza dos produtos da nosa terra e a necesidade de
incorporalos na nosa alimentación para unha dieta saudable, así como a
necesidade de producilos de xeito respectuoso co medioambiente.
3.4- EN RELACIÓN Á EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN
INFORMACIÓN
A finais do curso pasado abordamos a elaboración dun novo Proxecto
Educativo no que propuxemos unha importante modificación metodolóxica,
acompañada dunha nova organización espazo- temporal que se implantou este
curso. Deste xeito, todo o alumnado do centro tivo un tempo diario de unha hora e
media que estivo dedicado á Aprendizaxe Baseada en Proxectos (non
empregamos ningún libro de texto en todo o centro). Ademais, a partires de 3º de
Educación Primaria o alumnado traballou en contextos de aprendizaxe durante
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
91
este momento (Laboratorio, Calculadeiro, Verbadeiro, Humanidade e
Informadeiro). Isto dou lugar ao desenvolvemento de diferentes proxectos ao
longo do curso nos que o alumnado, traballando en grupos cooperativos de idades
mesturadas, realizou actividades de investigación documental e de creación
(literaria, artística, audiovisual…), tratando sempre de propoñer a elaboración dun
produto final de interese para o alumnado e con repercusión no seu entorno.
Neste senso, cómpre dicir que as novas tecnoloxías xogan un papel
fundamental no traballo diario do alumando, facendo unha incorporación efectiva
das mesmas nos distintos espazos do centro. Agora ben, no enfoque que lle
dámos á tecnoloxía, o alumnado convértese no protagonista, sendo creadores de
contidos propios a través de diferentes “apps”, contidos que logo se exportan ao
exterior por medio da páxina web do centro e redes sociais. Por este motivo
creamos o espazo do “Informadeiro” dentro da biblioteca, un lugar esencial no
traballo diario do alumnado, a onde acoden para darlle saída ás súas producións
en diferentes formatos: radio, televisión, xornal, publicacións online… Deste xeito
tamén tratamos de conxugar o uso dos recursos impresos e dixitais, sendo ambos
igual de necesarios para a realización das diferentes tarefas.
Recollemos a continuación algúns dos proxectos que se levaron a cabo:
- Arte e natureza. Este proxecto de centro serviu, ao longo do curso, de fío
condutor de diferentes momentos e festividades como o Entroido ou a semana do
teatro.
No Entroido os nenos de Educación Infantil disfrazáronse de Frida Kahlo
(que tamén foi o personaxe do noso meco) e Diego de Rivera, no 1º ciclo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
92
disfrazáronse de pintores con motivos de cadros de Miró, no 2º ciclo de Cervantes
e no 3º ciclo pintaron en lenzos de cartón imitacións de cadros famosos.
Na II Semana do Teatro as obras representadas foron as seguintes: “A
cebra Camila” (adaptación do conto), “Ratiños en apuros”, “Cóidallo, cóidao… de ti
depende” sobre a importancia de falar a nosa lingua e o coidado do
medioambiente, “Deixádeme escoitar o parte”, “Todo é un conto”, obra na que se
mesturaron os personaxes de diversos contos infantís e “A pintora Frida Kahlo”,
unha representación biográfica.
Ademais, en relación a este proxecto participamos na VI Semana Mundial
da Educación Artística, colaborando na homenaxe que se fixo na comarca á artista
Lita Cabellut e realizamos un obradoiro de debuxo con Abraham Carreiro como
punto de partida para o traballo sobre a banda deseñada. En Educación Infantil
traballamos as torres como exemplo de arquitectura e a pintura a través de Frida
Kahlo e nas seccións bilingües traballamos o bodegón e o puntillismo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/706
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/639
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/671
Tamén fixemos actividades en relación á reciclaxe para tratar de
concienciar da importancia da regra das 3 R e da necesidade de ser responsables
cos residuos que producimos, tivemos un obradoiro para aprender a separar ben
os residuos nos diferentes colectores e visitamos a planta de Sogama en A
Coruña, fixemos papel reciclado e reutilizamos materiais para decorar macetas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
93
Ademais, iniciamos un horto escolar, fixemos un estudo sobre as árbores
do noso patio, incluíndo información sobre elas en carteis con códigos QR e
recreamos o ecosistema da praia de As Patiñas, moi próxima ao colexio.
Outros proxectos desenvolvidos nos contextos de aprendizaxe:
- Literatura Universal. Arredor da lectura de adaptacións das grandes obras da
literatura universal o alumnado buscou información sobre a biografía dos autores e
elaborou mapas mentais coa información seleccionada, escribiu microrrelatos
comezando coa primeira frase dalgunha das obras lidas e gravou videocontos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/687,
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/680
- Literatura Galega. Este proxecto estivo centrado na obra de Carlos Casares. O
alumnado fixo a adaptación para teatro de marionetas de “O can Rin e o lobo
Crispín” (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/701), ilustrou “Lolo
anda en bicicleta”, escribiu lendas, historias ou curiosidades relacionadas coa
parroquia de San Miguel de Deiro, da mesma maneira que o autor contaba en “A
galiña azul” acontecementos que sucederan na vila na que vivira cando era
pequeno e gravaron audiolibros a partires destas ou outras obras de Carlos
Casares.
- A alimentación.
No contexto humanístico o alumnado fixo un estudo do cultivo do mexillón
na batea, situou xeograficamente as rías galegas nas que se realiza este cultivo,
ademais de coñecer outros lugares do mundo nos que tamén se cultiva o mexillón,
construíu unha batea, reflexionou sobre o cambio climático e a súa influencia no
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
94
aumento das mareas vermellas que danan o mexillón e elaborou logotipos, carteis
e anuncios publicitarios para alentar ao consumo deste produto.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/657
No contexto científico elaboraron o seu propio almorzo equilibrado na aula,
reflexionando sobre a importancia do mesmo e analizando os nutrientes que o
almorzo incluía, crearon unha roda alimentaria, un trivial e un xogo da oca
relacionados co tema dos alimentos, elaboraron unha pirámide alimentaria en 3D,
reflexionaron sobre a alimentación saudable, fixeron miniquest, crearon un
receitario de receitas saudables e decálogos de hábitos saudables e estudaron os
distintos aparellos do corpo humano facendo murais e vídeos explicativos do seu
funcionamento.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/650
No contexto matemático buscaron os ingredientes dunha empanada de
mexillón, o seu prezo, a cantidade que sería necesaria de cada un deles,
calcularon despois o prezo total da empanada ou o prezo de porcións, fixeron
actividades con fraccións partindo do estudo da división en porcións da empanada
e actividades sobre xeometría estudando a forma da empanada ou das porcións.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/674
No contexto lingüístico crearon un glosario de palabras relacionadas coa
alimentación equilibrada, elaboraron menús e listas da compra, leron contos sobre
alimentación elaborando con eles o programa de radio “Contando contos e
alimentando bos consellos”, gravaron vídeos explicando a elaboración das as súas
comidas favoritas e fixeron un receitario con elas e crearon diferentes pasatempos
en relación ao tema da alimentación (encrucillados, adiviñas, sopas de letras)
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
95
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/614
- A nosa historia. O alumnado de 5º e 6º estudou sobre as Idades Antiga e
Contemporánea, traballando sobre a liña do tempo e realizando láminas con
imaxe e texto que serviron de base para a gravación de vídeos explicativos sobre
estas épocas da historia. Ademais, en relación á Idade Antiga, o alumnado
coñeceu diferentes mostras do legado romano tanto en Galicia coma noutros
lugares de España, así como a importancia dos mosaicos como elemento
decorativo, elaborando o seu propio mosaico con legumes a modo de teselas. En
relación á Idade Contemporánea, o alumnado realizou un estudo sobre a Unión
Europea e tamén sobre o cubismo e un dos seus máximos representantes,
Picasso, realizando autorretratos cubistas seguindo o seu estilo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/704
- Os segredos que agocha a Terra. Neste proxecto o alumnado estudou as
capas da Terra e da atmosfera, representándoas graficamente, estudou o relevo,
as rochas e os minerais, identificando o nome e as características daqueles que
tiñan na colección da aula. Ademais, experimentaron a erupción dun volcán, para
o que construíron unha maqueta dun volcán e simularon a súa erupción con auga,
xabón, bicarbonato sódico e vinagre, gravando todo o proceso e realizando un
vídeo explicativo do experimento.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/669
- O tempo e o clima. Estudaron a diferenza entre o tempo atmosférico e o clima,
así como aspectos relativos á temperatura, presión atmosférica, precipitacións,
etc., estudaron e situaron diferentes climas e zonas climáticas, construíron un
termómetro e gravaron nun vídeo explicando o proceso de construción e os
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
96
cambios que observaron nel e consultaron a información meteorolóxica en
páxinas de internet, analizando os mapas meteorolóxicos e os símbolos que
empregan, para despois ser quen de gravar eles mesmos as predicións
meteorolóxicas para os seguintes días cun mapa proxectado de fondo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/717
- Cantos somos? Este proxecto centrouse no estudo sobre a poboación e
diferentes aspectos que se relacionan con ela: Padrón, censo, crecemento da
poboación positivo ou negativo, factores que o provocan, emigración e
inmigración, poboación activa e inactiva, etc. Para interiorizar estes conceptos o
alumnado tivo que realizar diferentes actividades como a consulta dos datos do
Padrón municipal (para elaborar unha pirámide de poboación con Excel,
interpretando o significado da mesma), o estudo demográfico do alumando do
centro, a análise do censo de España (realizando diferentes tipos de gráficos que
recollían datos sobre os habitantes de cada comunidade, a poboación estranxeira
en España ou os españois residentes no estranxeiro), o estudo sobre a densidade
de poboación nas distintas provincias españolas ou a análise do fenómeno
migratoria en Galicia (realizando entrevistas a galegos que se viran na necesidade
de emigrar ou a persoas vidas doutros países e residentes na contorna do
alumnado). http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/745
- A auga. Arredor deste elemento tan importante nas nosas vidas o alumnado
escribiu consellos para aforrar auga e, partindo deles, elaborou un vídeo co fin de
concienciar á xente da necesidade de non malgastar este ben tan escaso. Fixeron
un estudo sobre a hidrosfera, os lugares na Terra nos que podemos atopar auga e
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
97
un estudo xeográfico dos ríos de España. Ademais, tamén traballaron sobre os
estados e o ciclo da auga, facendo diversos experimentos con auga que logo foron
recollidos en vídeos explicativos do proceso e do fenómeno que se pode observar
neles.
4- AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES E DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA A avaliación do funcionamento da biblioteca e do desenvolvemento do
proxecto presentado foi realizada partindo da valoración da situación inicial da
mesma, coa que nos atopamos a comezos de curso e tendo en conta os datos
recollidos en enquisas que pasamos a finais de curso a alumnado, profesorado e
familias, ademais de listados e estatísticas obtidos do MEIGA.
Tamén recollemos as valoracións do profesorado despois da realización de
diferentes actividades ao longo do curso. Por outro lado, nas sesións de traballo
do equipo de biblioteca (xuntanzas semanais todos os martes pola tarde)
comentamos e valoramos a organización e desenvolvemento das diferentes
actividades e as necesidades que fomos observando.
Estas son as conclusión que obtivemos:
Organización espazo- temporal
Despois da modificación que fixemos este curso, a disposición actual da
biblioteca é valorada moi positivamente, considerando que o espazo actual é
axeitado e permite usos moi diversos, ademais de favorecer a integración das
tecnoloxías da información e dos documentos impresos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
98
Faise unha valoración positiva do horario, se ben se detecta a necesidade
de ofrecer propostas variadas polas tardes para atraer a máis persoas á biblioteca.
Os recursos bibliográficos dos que dispoñemos considéranse adecuados,
pero segue a notarse a necesidade de ampliar o fondo documental, especialmente
de consulta, para poder apoiar todos os proxectos que se leven a cabo. Tamén se
botan en falta máis materiais en inglés así como unha maior visualización das
novidades.
Con respecto ao alumnado
A avaliación que se fai das actividades de fomento da lectura é, en xeral,
moi positiva, xa que se considera que favorecen o hábito lector . Os contacontos,
apadriñamentos lectores, versións de contos ou lecturas cruzadas manteñen vivo
o interese dos nenos cara aos contos e, xunto coas presentación de novidades e
as exposicións temáticas, axudan a que o alumando coñeza os fondos da
biblioteca.
O traballo por proxectos favorece o hábito de consulta, inda que se
considera que é necesario incidir máis na consulta de fondos bibliográficos.
Ademais, esta forma de traballar axuda a desenvolver as competencias do
alumnado, xa que non son meros receptores de contidos, senón que se converten
en artífices da súa aprendizaxe. A comunicación dos contidos creados mellora a
escritura e a oralidade. Dado que a biblioteca favorece o traballo por proxectos,
podemos dicir que axuda a avanzar no proceso de ensino aprendizaxe.
Nas enquisas pasadas ao alumnado, unha alta porcentaxe coñece que tipo
de recursos pode atopar na biblioteca e onde atopalos. Están, en xeral, moi
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
99
contentos cos cambios realizados na biblioteca e propoñen a creación de zonas
de música e de xogos de mesa, así como sesións de cine e a adquisición de máis
películas. Si puidemos observar que non coñecen moito o xornal “O Papagaio” ao
que nos subscribimos este curso, polo que tentaremos dalo a coñecer máis o
vindeiro curso.
Con respecto ao profesorado e familias
A implicación das familias nas actividades propostas é boa, pero
consideramos que é preciso propiciar moito máis a súa participación nas
actividades da biblioteca e, de feito, tamén as familias o solicitan nas enquisas.
As mochilas viaxeiras cumpren o obxectivo fundamental de compartir
lecturas en familia e implicalas no fomento do hábito lector dos seus fillos. Así o
entenden tamén as familias, sendo moi boa a aceptación desta actividade. En
xeral están contentas con levalas para a casa e propoñen seguilas mantendo. Si
fan propostas en canto ao contido das mesmas que trataremos de atender o
vindeiro curso.
Unha porcentaxe alta de familias tamén considera útiles os boletíns de
recomendacións, entendendo que facilitan a busca de lecturas de calidade en
diferentes formatos.
Na información recollida nas enquisas das familias podemos observar que
hai certo descoñecemento do horario e dos recursos da biblioteca. Por este
motivo, e sendo ademais este un ano de moitos cambios, propuxemos facer unha
xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer “in situ” o novo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
100
espazo e os recursos que alí poden atopar. Ademais, consideramos prioritario
mellorar a colaboración entre familias e biblioteca.
A implicación do profesorado nas actividades tamén foi positiva e a súa
valoración, tanto das propostas realizadas como do espazo creado e dos recursos
foi, en xeral, boa. Un número importante de profeses consideran necesario
continuar coa formación de usuarios de biblioteca, tanto no que se refire ao propio
profesorado como ao alumnado.
O traballo dos distintos equipos docentes realizouse de xeito coordinado,
elaborando a comezos de curso un calendario de actividades para tratar de que
estiveran relacionadas, entre elas e cos proxectos de traballo que se desenvolvían
nas aulas e para tratar de que non se solaparan unhas con outras. Ademais, na
organización das actividades colaboraron os distintos equipos de mestres.
Con respecto ás actividades
Tanto alumnado, como profesorado e familias valoran positivamente as
actividades levadas a cabo, as accións da biblioteca en canto ao fomento do
hábito lector e o apoio a proxectos. Sinálanse algunhas recomendacións ou
demandas que trataremos de atender o vindeiro curso.
Algunhas actividades como a Semana do teatro ou os contacontos e visitas
de autores son valoradas especialmente.
É necesario mellorar o desenvolvemento do PDI, xa que este ano o
proxecto “Arte e natureza” non foi tratado coa mesma profundidade en todas as
aulas, quedando nalgúns casos o seu desenvolvemento un pouco escaso.
5- PREVISIÓNS DE FUTURO
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
101
Este foi un curso de inflexión no noso centro en xeral e no funcionamento
da biblioteca en particular. Despois dunha gran modificación do espazo e dos
recursos da biblioteca é o momento de asentar o papel da biblioteca como eixo de
todos os procesos de ensino- aprendizaxe que se desenvolven no centro e de
mellorar aqueles aspectos que non están especialmente asentados. Así pois,
recollemos neste apartado as propostas de mellora para o vindeiro curso.
En relación ao espazo e aos recursos.
Continuaremos configurando aqueles espazos que non nos foi posible
rematar este curso, en concreto o quiosco e as zonas de música e de xogos.
Tamén son necesarios expositores que permitan visualizar facilmente os fondos,
algún sofá máis para completar as zonas de lectura relaxada e máis librarías para
poder organizar e dispoñer adecuadamente todos os recursos da biblioteca.
En canto a recursos é necesario seguir actualizando os fondos
bibliográficos, co fin de adquirir fondos cada vez máis diversos e que atendan os
gustos, necesidades e intereses de todo o alumnado do centro e co fin de cubrir
todas as demandas das aulas referidas a proxectos de traballo que se vaian
desenvolver en cada unha delas. Continuaremos tamén ampliando a colección de
libros de consulta, sobre temas educativos e pedagóxicos, para adultos.
Con respecto aos recursos tecnolóxicos consideramos necesario seguir
investindo para manter e mellorar os que xa temos e incorporar outros novos
como libros electrónicos, robots, realidade virtual e aumentada e impresoras 3D.
En relación ás actividades
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
102
Trataremos de mellorar a formación de usuarios da biblioteca con
actividades específicas, sistematizadas e ben secuenciadas en cada un dos
cursos, apoiándoas en guías de uso e boletíns informativos elaborados polo
equipo de biblioteca.
Tamén será preciso unha mellor organización do horario de actividades
dentro da biblioteca, co fin de que se poidan realizar varias de forma simultánea
con grupos diferentes de alumnos sen que unhas entorpezan as outras e sacando
o máximo proveito dos distintos espazos.
Neste senso e en relación ao “Informadeiro”, pretendemos que en cada un
dos espazos (prensa, radio e televisión) haxa dous alumnos (de 3º a 6º)
responsables das gravacións e edicións, que irán cambiando de forma rotatoria.
Desenvolvemento do PDI
O vindeiro curso propoñemos continuar co desenvolvemento dun proxecto
documental integrado en todo o centro, que favoreza a coordinación vertical entre
todos os niveis. Para o bo desenvolvemento deste proxecto, dende a biblioteca
farase unha estruturación ben organizada de todas as actividades a realizar ao
longo do curso, de tal xeito que se facilite a realización das mesmas nas aulas.
Fomento do hábito lector
Dada a importancia de fomentar o hábito lector, pensamos que é necesario
seguir facendo esforzos neste ámbito. Por iso, ademais de continuar con
actividades encamiñadas a este fin que xa se veñen facendo nos cursos pasados,
tentaremos prestar especial atención ao hábito de préstamos periódicos de fondos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
103
para levar para a casa, ademais de poñer en marcha outras iniciativas como clubs
de lectura ou rutas literarias.
Por outra banda, tamén queremos facer fincapé nas bibliotecas de aula,
configurándoas cunha importante colección de fondos, tanto de literatura como de
consulta e destacando, deste xeito, o papel que ocupan nas actividades diarias de
cada aula e no desenvolvemento dos proxectos. Queremos que sexan dinámicas
e atractivas, como complemento necesario da biblioteca central.
Colaboración coas familias
Este será unha das prioridades de cara ao vindeiro curso. Esperamos abrir
máis canles de participación para as familias, que teñan un maior e mellor
coñecemento dos recursos da biblioteca e que sexan máis partícipes das
actividades que se realicen. En moitas ocasións, as familias xa colaboran
achegando información ou materiais que axudan no desenvolvemento dos
proxectos, pero tamén queremos que participen en contacontos, en obradoiros, en
visitas de autores… Ademais, trataremos de levar a cabo algunhas actividades
polas tardes, como clubs de lectura ou encontros con autores, co fin de dinamizar
a biblioteca fóra do horario lectivo.
Tamén queremos que a Comisión de Biblioteca constituída este curso no
Consello Escolar se converta nun equipo de apoio e de colaboración coa
biblioteca, detectando necesidades, valorando as accións que se leven a cabo e
propoñendo novas iniciativas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
104
6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO.
Introducción
Recollemos nesta memoria do Proxecto de fomento e uso do Galego do CEIP
de Viñagrande Deiro, as diferentes actividades levadas a cabo dende o ENDL e
coa colaboración do equipo de Actividades Extraescolares e Biblioteca, para
acadar os obxectivos que nos propuxemos no proxecto.
Continuamos neste curso o traballo iniciado en anos anteriores polo ENDL,
dándolle un enfoque similar a algunhas das actividades propostas e a outras non,
e pretendendo ser máis ambiciosos na nosa loita diaria pola difusión,
conservación, protección,... da nosa lingua que é o galego. Este ano tivo como
eixo central a difusión do galego nos medios de comunicación e así garantir co
alumnado se exprese tanto oralmente coma na escrita no noso idioma. Estes
medios de comunicación que nos axudarán a exportar tódalas actividades que se
realizan no centro en galego serán a radio, a televisión, a prensa e as diferentes
redes sociais.
Deste xeito damos a coñecer a funcionalidade e significatividade da nosa lingua
como medio de comunicación e expresión dende distintas perspectivas e como
recoñecemento da lingua galega como eixo fundamental da nosa identidade
(conxuntamente coas nosas paisaxes, tradicións, festexos...).
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística actual constituído para o
curso 2016/2017 estivo formado polos seguintes membros:
Profesorado:
Isabel Blanco Silva: representante de educación infantil.
Manuel Piñeiro Sánchez: representante do primeiro ciclo.
Jacobo Aragunde Soutullo: representante das especialidades.
Sergio Rosales López: Coordinador e representante dos contextos.
Obxectivos
A realidade do centro como aparece no proxecto sitúase nun contorno castelán
falante, coa conseguinte necesidade de iniciar procesos, actividades e dinámicas
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
105
que favorezan unha modificación desta situación. O estudo sociolingüístico
demostrounos que a maioría do alumnado é castelán falante e as familias (que
son maioritariamente galego falantes) soen dirixirse aos máis cativos en lingua
castelá.
Sendo conscientes que a lingua galega no noso centro e na contorna máis
próxima está vivindo unha situación de retroceso, co perigo que iso vai ter para a
vida da nosa lingua, as actividades programadas tiveron como grandes
finalidades:
Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.
Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego
implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.
Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares
neste proceso.
Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do entorno
e de Galicia vinculados ao emprego do galego.
Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables
utilidades que ten o noso idioma.
Mellorar a valoración da nosa lingua.
Así, a partires destas finalidades establecemos os seguintes obxectivos:
A longo prazo
Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro
por parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra
delas.
Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e
familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.
A medio prazo
Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da
normalización.
Dispoñer de material didáctico e multimedia en galego para todas as
áreas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
106
Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se
desenvolve o alumnado en lingua galega.
A curto prazo
Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de
membros da comunidade educativa.
Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade
para lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.
Manter en galego toda a documentación administrativa e de xestión
do centro.
Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo
tipo de actividades que se realicen dende o centro.
Adquirir por parte do centro material en galego.
Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do
centro, planificando o emprego do galego como lingua vehicular do
ensino, partindo do coñecemento detallado e realista da situación.
Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a
prol da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no
seu conxunto.
Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua
que pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os
campos (artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con
amizades...).
Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa
lingua ten interese e utilidade social.
Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua
non vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a
nosa participación e uso individual van ser elementos positivos na
recuperación de usos.
Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas
cara ao noso idioma.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
107
Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar coa
axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa: alumnado,
profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.
Os obxectivos marcados a curto prazo, continuando co xa traballado o ano pasado
foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora falta un traballo se cadra
máis duro, ser quen de continuar acadando os obxectivos que nos marcabamos a
medio e longo prazo.
Actividades realizadas
Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao longo
este ano, tanto polo ENDL como polos equipos de extraescolares e biblioteca, xa
que unha parte moi importante das actividades programadas por estes equipos
tiñan coma finalidade o fomento do uso do galego.
Samaín
Esta celebración serviu para dar a coñecer a través de diferentes
actividades,... e coa recollida de cabazas unha tradición e costume moi
arraigada nesta zona e no colexio.
A participación das familias nesta actividade é maioritaria e as cabazas que
presentan para ser expostas no colexio destacan pola súa orixinalidade.
Esta actividade conta cunha gran participación do alumnado e familias e é
visitada por un gran número delas.
Como novidade este ano, elaboramos nas aulas as larpeiradas do Samaín.
Nas diferentes aulas o alumnado tivo que crear un prato monstruoso que
posteriormente foi exposto para ser degustado.
http://chisquinha.blogspot.com.es/2016/10/samain-16.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
108
http://chisquinha.blogspot.com.es/2016/10/larpeiradas-do-samain-
2016.html?view=snapshot
Magosto-Xogos tradicionais
Este ano a realización do magosto e o tradicional asado de castañas contou
novamente cunha colección de xogos tradicionais que axudaron a vivir esta
data propia da cultura galega.
Estes xogos tiveron moi boa aceptación e neles participaron a totalidade do
alumnado do centro, estes xogos estiveron distribuídos por diferentes
espazos e o alumnado foi pasando polos diferentes espazos habilitados.
As familias asistiron a dita celebración e a incorporación dos xogos axudou
a enriquecer a actividade na que as familias participaban activamente.
http://chisquinha.blogspot.com.es/2016/11/magosto.html?view=snapshot
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
109
Eu recomendo
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras dos pequenos do cole. Nos
seguintes vídeos poderedes descubrir cales son os seus contos favoritos e
o que máis lles gusta de cada un deles.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/733
Pandigueiro
Un ano máis o Pandigueiro achegouse ao noso cole para goce do
alumnado e deixarnos un agasallo. Estamos moi contentos da presenza do
noso amigo o Pandigueiro que percorre as diferentes aulas contando
diferentes contos das montañas onde vive.
http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/01/pandigueiro.html?view=snapshot
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
110
Entroido-Fareleiro
Celebramos o Entroido como parte da cultura tan arraigada a Galicia onde o
alumnado goza ano tras ano desta celebración. Este ano a temática foi a
“Arte” e os distintos ciclos escolleron o seu disfrace.
Continuamos a realizar o Entroido Fareleiro, no cal o alumnado recreou
unha batalla de fariña como se fai en Entroidos da zona de Ourense. Desta
maneira inténtase achegar ao colexio outras maneiras de gozar desta festa
e como novidade invitamos as familias a participar.
http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/03/vinagrande-fareleiro.html
http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/03/entroido-17.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
111
Visita ao Salón do Libro
Acudimos ao Salón do Libro de Pontevedra no que o alumnado gozou da
visita polas diferentes salas nos que os animais eran os protagonistas dos
libros, libros moitos deles escritos na nosa lingua. Nesta actividade
participou o alumnado de infantil e dos primeiros ciclos de primaria.
O clube da retranca
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
112
O alumnado realizou nunha actividade que consistía en expresarse con
humor na nosa lingua. Os diferentes chistes foron de temáticas moi
diversas e participou alumnado tanto de Ed. Infantil coma de Ed. Primaria.
https://youtu.be/_sECQSDiUAY
Teatro Caracol
A obra de teatro da compañía Caracol este ano levou por título “Invasores”,
polo xeral gustou bastante ao alumnado e ao profesorado.
Parécenos importante co alumnado teña a posibilidade de acudir a un teatro
e que este sexa en galego.
O maio
Este ano ao igual que o ano pasado o maio acompañouse de cantigas que
as familias puideron escoitar. O alumnado foi elaborando o maio en dous
días e cada ciclo dedicouse a unha tarefa concreta. Dende as casas
colabórase moito xa que traen dende pampullos, cartuchos, laranxas,
ovos,... en cantidade suficiente para a súa realización.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
113
http://chisquinha.blogspot.com.es/2017/05/maio-17.html
Spot Publicitario
Antes de dar comezo á semana das Letras Galegas publicitamos a nosa
lingua coa realización de spots publicitarios na que o alumnado realiza o
texto, a gravación, a edición,...
https://youtu.be/7xhgem2Y0uU
Abraham Carreiro
Recibimos a visita de Abraham Carreiro, debuxante, ilustrador e deseñador
gráfico e tamén director do xornal O Papagaio. Abraham ensinounos algúns
trucos para debuxar animais, acentuar a expresividade das caras e darlle
máis vida e movemento aos debuxos. Foi unha velada xenial!
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
114
Marionetas
Durante a semana das Letras Galegas dous grupos de nenos
representaron no teatro de marionetas a historia de "O can Rin e o lobo
Crsipín" de Carlos Casares, que prepararan no contexto lingüístico, aos
máis pequenos. Foron unhas sesións moi divertidas. Moitas grazas a todos
os participantes!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/748
Lemos a Carlos Casares
Este ano as Letras Galegas estiveron adicadas a Carlos Casares e para
coñecer algunhas das súas obras, que mellor que nolas veñan contar á
clase. Isto foi o que sucedeu durante esta semana nas aulas de Educación
Infantil, 1º e 2º. Como os nenos maiores xa coñecían moitos dos libros de
Carlos Casares, posto que desenvolveron un proxecto sobre o autor no
contexto lingüístico, foron xunto aos máis cativos a ler os contos de A
Galiña azul e As historias de Toribio.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
115
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/746
Letras Galegas
Esta é a gran semana de celebración das nosas letras no colexio e este
ano tivemos un gran cartel. Todas as actividades realizadas tiveron unha
gran acollida por parte do alumnado e dos mestres e mestras. Queremos
que estas actividades poidan ser abertas e nelas que participe toda a
comunidade educativa.
As actividades que realizamos foron as seguintes:
Xoán Curiel. Música Infantil
Javier Olleros e Adelina (Restaurante Culler de Pau). Charla
Xoán Silva e Blas. Música Tradicional
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
116
O Bardo Abelardo
Na semana das Letras Galegas tivemos no cole a Servando Barreiro
presentándonos o espectáculo O Bardo Abelardo. Acompañado co seu
acordeón fixemos unha pequena viaxe pola obra de Carlos Casares: demos
un paseo en bicicleta con Lolo, plantamos árbores, coñecemos algunhas
historias da Galiña Azul... Unha magnífica maneira de achegarnos ao
homenaxeado deste ano!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/743
Semana do teatro
Volvese a realizar a semana do teatro xunto co equipo de biblioteca e
resulta todo un acerto, pola participación do alumnado e a asistencia das
familias ás diferentes obras. O alumnado utilizou o galego para expresarse
na realización das diferentes obras.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/736
Blog do ENDL http://chisquinha.blogspot.com.es/
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
117
Web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/
GUIMENTO E AVALIACIÓN
Seguimento e avaliación
Mediante as reunións dos membros do ENDL realízase unha avaliación conxunta
das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro implicado
na realización destas actividades. Dita avaliación serviu para valorar o traballo que
se está a facer e para introducir os cambios precisos que nos levan cara unha
correcta actuación.
A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de decisións
sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades de
mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.
Todo isto queda reflectido na presente memoria final, a cal servirá para a
elaboración do proxecto do ano académico 2017/18.
Entre os aspectos avaliados nomeamos os seguintes:
- Unha parte dos obxectivos son acadados segundo o previsto. Pola contra, a
realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser modificada ou
cancelada por varios motivos:
Na organización e temporalización das diferentes actividades faltou
previsión e algunhas actividades non se chegaron a realizar.
Escasa colaboración e interese dalgún profesorado na realización dalgunha
actividade.
- Da valoración do profesorado podemos extraer as seguintes conclusións:
Aquelas actividades que gozan dun respaldo maioritario volveranse a
realizar ou propoñer para o vindeiro curso: Teatro, Contacontos, Música,
Entroido-Fariñento, Magosto-Xogos,...
Algunhas das visitas que recibimos deberíanse traballar na aula e en
reunións do profesorado para poder aproveitar moito mellor ditas visitas.
- A avaliación do proxecto dende o ENDL é necesaria e importante e cremos
necesario establecer unha maior coordinación cos outros equipos. O obxectivo
para o vindeiro ano será que os distintos equipos presentes no centro con
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
118
competencias para a programación de actividades busquen a maneira de levar a
cabo un proxecto común entre todos, cunha temporalización ben establecida
dende o inicio e co establecemento dos responsables en por en marcha as
actividades planificadas, tanto as que o alumnado desenvolva na aula co seu titor,
as que se realicen dende o centro como aquelas a realizar coa familia. Deste xeito
creemos que se establecerá unha maior implicación coa finalidade de garantir o
éxito na realización das diferentes actividades.
- Como propostas de mellora, dende o ENDL facemos as seguintes:
Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias
positivas no uso do galego na comunidade educativa.
Organizar as diferentes actividades en relación aos contidos que se estean
traballando nas aulas na medida do posible.
Establecer canles de comunicación coas familias a través da rede onde se
comenten as actividades desenvolvidas, se fagan propostas,...etc.
Programar actividades encamiñadas ao fomento da lingua oral en galego.
Propoñemos que o vindeiro ano se traballe o teatro, videoconferencias,
creación dunha radio escolar,... actividades que potencien o uso da
linguaxe oral en galego.
Necesidade de dispor dun tempo no que desenvolver as xuntanzas que
requiran do traballo conxunto non só do equipo de normalización, senón
cos demais equipos co fin de realizar un traballo conxunto.
O director O coordinador
Javier García García Sergio Rosales López
Asdo.: Asdo.:
En San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2017.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
119
6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
En primeiro lugar, comentar que na presente memoria se sinalan os proxectos
realizados a partir do 2º trimestre, que é cando me incorporo a este centro.
Na etapa de Infantil estes foron os proxectos que se levaron a cabo por
trimestre:
2º Trimestre: Frida Kahlo. Partindo do proxecto que levaron a cabo as titoras de
infantil, na área de inglés traballáronse temas relacionados co dito proxecto. Isto
é, as cores, os números, partes do corpo, a casa e as partes da casa.
3º Trimestre: As mascotas. Traballouse cos distintos tipos de mascotas, a súa
descrición e as súas principais características, valorando a importancia de ser
responsable á hora de coidar dun animal así como da natureza que nos rodea.
Na etapa de Primaria, estes foron os proxectos levados a cabo nos cursos
1º e 2º:
2º Trimestre: O corpo humano. Os alumnos traballaron co vocabulario relacionado
coas partes do corpo, e traballouse a diversidade e a importancia do respecto cara
aos demais independentemente, do seu aspecto físico.
3º Trimestre: A paisaxe. Tratáronse os distintos tipos da paisaxe, isto é, a paisaxe
de costa, do interior, e o vocabulario relacionado cos mesmos.
Os proxectos levados a cabo nos cursos 3º, 4º, 5º e 6º foron os seguintes:
2º Trimestre: Tempo metereolóxico, no que os alumnos aprenderon no só o
vocabulario relacionado co proxecto, senón tamén como utilizar este vocabulario
para facer a predición do tempo, coñecer e diferenciar os climas tanto de Galicia e
de España en xeral, cos de Inglaterra e Estados Unidos, coas súas propias
características.
2º Trimestre: O Espazo. Neste proxecto traballouse o vocabulario correspondente,
e tamén a Galaxia, o Sistema Solar e os planetas. Buscando a información máis
reseñable de todos eles. Ao final fíxose un último traballo consistente nun mural
no que se mostra o sistema solar, e mediante Códigos QR se recolle a principal
información dos diferentes planetas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
120
3º Trimestre: A cidade. Proxecto no que se traballaron as distintas estruturas e
vocabulario para poder moverse por unha cidade, pedindo información de cómo ir
a algún sitio en concreto o explicando onde estaba algún edificio determinado.
Para levar este proxecto adiante, os alumnos realizaron unha pequena cidade en
miniatura pola que eles mesmos se movían. Gustaríame sinalar que este traballo
ao final tamén resultou válido para que outros titores puideran utilizalo para os
seus propios proxectos.
3º Trimestre: O verán. Onde se traballaron aspectos como temas relacionados
coa época estival e plans de vacacións coas diferentes actividades que se poden
realizar nesta época.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Material tecnolóxico:
Tablets, ordenadores, cañóns, impresora.
Material funxible:
Fotocopias, revistas, témperas, folios, cartulinas, etc…
Material de reciclaxe:
Caixas de cartóns
Material didáctico:
Elaborado pola mestra de Inglés e polos propios alumnos, vídeos musicais,
películas en inglés, etc…
METODOLOXÍA EMPREGADA
PROGRAMA DE APRENDIZAXE VIVENCIAL
Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua
estranxeira, os valores sociais e cívicos, o teatro… deben ser aprendidos dende
unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado especialista
organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir,
vivir e emocionarse coas aprendizaxes.
Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un traballo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
121
manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas vivencias do
propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó inglés, aos
valores sociais e cívicos, aos obradoiros científicos, matemáticos, lingüísticos
e artísticos serán tratados dende unha vertente moito máis real e significativa:
bailes, cancións, ritmos e melodías, dramatizacións, obradoiros en inglés,
proxectos didácticos coordinados entre o profesorado… son exemplos nos que
desenvolvemos determinados contidos destes niveis e das áreas de
coñecemento.
En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e cun
maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou
proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: Música, EF,
Inglés e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en proxectos ou
obradoiros: marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación,
aprendizaxes vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado, rueiros,
mapas)…etc
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
A sinalar a boa integración dos alumnos e a súa participación no
desenvolvemento dos proxectos
CASOS PARTICULARES A SINALAR
Na etapa de infantil suliñar o caso de catro alumnos que por distintos
motivos mostraron algún tipo de dificultade, sexa para centrar a súa
atención ou distintos ritmos de aprendizaxe.
Na etapa de primaria, mencionar algúns casos con dificultades no seu ritmo
de aprendizaxe.
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
Nesta área de Inglés, o currículo foi desenvolvido na súa práctica
totalidade. Os alumnos, en líneas xerais e en maior ou menor grado,
conseguiron alcanzar os obxectivos marcados.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
122
DA COORDINACIÓN DOCENTE
Celebráronse reunións de ciclo de forma mensual o que facilitou en gran
medida o seguimento do alumnado e a maneira de enfocar o
desenvolvemento dos proxectos a levar a cabo en cada momento.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Na etapa de primaria houbo un alumno con necesidades de apoio e
medidas de atención a diversidade.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
Metodoloxía innovadora e moi positiva no só cara ao alumnado, senón
tamén cara ao profesorado.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Levouse a cabo mediante un seguimento continuo de todo o proceso de
aprendizaxe dos alumnos. É de recoñecer que debido ao novo sistema
educativo establecido, ás veces resultou un pouco complicado, pero máis
real que con outras metodoloxías.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
Hai que ter en conta que é o primeiro ano no que se establece este
sistema, e a mestura do alumnado por idades, polo que sempre haberá
cousas por mellorar cara ó vindeiro curso.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Dende o punto de vista da área de Inglés, este novo sistema resulta máis
eficaz á hora de ensinar o idioma, e para os alumnos é máis doado xa que
estudan de forma máis conectada coa realidade que lles rodea. O traballo
por proxectos motiva moito máis ós alumnos, así como a mestura de
idades. É un sistema onde os alumnos comproban que o que aprenden ten
unha conexión máis forte co mundo real. Vólvense máis autónomos e
responsables á hora de traballar. A nivel do docente implica un cambio de
rol, que aínda que máis complicado, tamén é máis gratificante á hora de
traballar.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Faltou máis comunicación entre titores e mestra de inglés á hora de enfocar
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
123
os proxectos. Debería facerse un esforzo por coordinar e colaborar máis.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Facerlles chegar aos alumnos, a mensaxe de que para conseguir uns
obxectivos hai que esforzarse e facerse responsable do seu propio
traballo. Non confundir o non ter exames co que non hai que traballar.
- Unha maior colaboración entre titores e mestre/a de inglés.
- Ao afianzar estes dous puntos, se solventarían moitas das outras
deficiencias.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
- Unha maior formación en novas tecnoloxías, no só a parte do
profesorado, senón a todo docente que traballe no centro e dentro
deste novo sistema.
- Máis formación cara á diversidade do alumnado.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
A especialista de Inglés
Asdo:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
124
6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL
MEMORIA DO MESTRE ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
Na etapa de educación infantil e primaria no curso 2016/17 atendéronse un total
de 12 alumnos distribuídos da seguinte maneira:
• 1º de Primaria__________ 4 alumnos.
• 2º de Primaria__________ 4 alumnos.
• 3º de Primaria__________ 3 alumnos..
• 5º de Primaria__________ 1 alumno.
No primeiro curso de educación primaria tivemos 4 alumno:
• 1 alumno con microdeleción en 2q23.1. que recibiu apoio 5 sesións
semanais.
• 1 alumno con TEA que recibiu apoio 5 sesións semanais.
• 1 alumno con TDAH que recibiu apoio 5 sesións semanais.
• 1 alumno con altas capacidades intelectuais que recibiu apoio 5 sesións
semanais.
Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático
en todo o grupo clase.
No segundo curso de educación primaria tivemos un total de 4 nenos:
• 2 alumnos con dificultades de aprendizaxe que recibiron apoio 5 sesións
semanais.
• 1 alumno posible TDAH que recibiu apoio 5 sesións semanais.
• 1 alumno diagnosticado de dislexia que recibirá apoio 5 sesións semanais.
Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático
en todo o grupo clase.
Non promocionan 2 dos 4 nenos atendidos por non acadar os obxectivos.
No terceiro curso de educación primaria tivemos un total de 3 nenos:
• 1 alumna con retraso global do desenrolo que recibiu apoio 4 sesións
semanais.
• 2 alumnos con dificultades de aprendizaxe que recibiron apoio 4 sesións
semanais.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
125
Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático
en todo o grupo clase.
No quinto curso de educación primaria, tivemos 1 alumno:
• 1 alumno con dificultades de aprendizaxe e ACS que recibiu apoio 2
sesións semanais.
Reforzo de aspectos como a compresión lectora e razoamento lóxico matemático
en todo o grupo clase.
OBXECTIVOS
Desde a concepción da pedagoxía-terapéutica, como o conxunto de recursos
persoais e materiais postos a disposición do centro educativo para poder dar unha
resposta axeitada as necesidades que, de forma permanente ou transitoria,
presenta o alumnado e defendendo unha posición cara a atención a diversidade
desde a perspectiva da inclusión; acadamos os seguintes obxectivos.
Obxectivos a nivel centro:
Colaboramos na toma de decisións respecto a metodoloxía, organización,
criterios de avaliación que favorezan a inclusión de alumnos con
necesidades educativas e se reflicten nos documentos oficiais do centro.
Colaboramos na elaboración dos criterios de atención a diversidade
recollidos nos diferentes documentos do centro.
Obxectivos a nivel de Equipo Educativo.
Colaboramos e asesoramos sobre adaptacións metodolóxicas.
Colaboramos e asesoramos sobre adaptacións curriculares.
Mantivemos reunións periódicas de coordinación cos titores e outros
profesionais que atenden a alumnos con necesidades educativas.
Colaboramos na elaboración e adaptación de materiais didácticos.
Orientamos sobre a avaliación e promoción de alumnos con necesidades
educativas específicas.
Obxectivos a nivel aula.
Colaboramos na planificación e desenvolvemento dos procesos de ensino-
aprendizaxe das aulas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
126
Colaboramos en medidas de flexibilización, organización, metodoloxía,
criterios de avaliación e promoción.
Colaboramos nos axustes curriculares dos alumnos con necesidades
educativas específicas.
Obxectivos de atención directa con alumnos.
Atendéronse aos nenos/as no ambiente máis normalizado e inclusivo
posible.
Desenvolvéronse obxectivos o máis funcionais posible.
Identidade e autonomía.
desenvolvemento sociopersoal.
comunicación oral (comprensión, expresión, memoria verbal).
comunicación escrita (mecánica lectora, comprensión, mecánica escritora,
comprensión escrita).
Comprensión de conceptos matemáticos.
Desenvolvéronse técnicas de traballo adecuadas.
Obxectivos con pais/nais.
Acadouse, soamente nalgúns casos, a participación dos pais/nais no
proceso de ensino-aprendizaxe.
Informouse da problemática dos seus fillos e das medidas que se adoptaron
ao respecto.
CONTIDOS.
Foron contextualizados en función das características e necesidades concretas do
alumnado. Tiveron como marco de referencia básico a función social que ten a
ensinanza e a relación co contexto particular.
Os criterios de selección e priorización dos contidos en relación coa diversidade
baseáronse na: significatividade, transferencia, representación cultural, a
eliminación ou compensación do etnocentrismo, sexismo, racismo,… a
funcionalidade e o equilibrio entre contidos cognitivos, procedimentais e
actitudinais.
METODOLOXÍA.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
127
Empregouse unha ampla variedade de actividades e experiencias educativas. A
intervención procurou desenvolver as destrezas, habilidades cognitivas e
metacognitivas tales como: aprenderlles a preguntar, aprenderlles a pensar,
aprenderlles a discutir, aprenderlles a resolver problemas e a buscar as respostas
por eles mesmos.
A metodoloxía foi levada a cabo en coordinación cos profesores titores de
cada alumno.
AVALIACIÓN.
Colaboramos na avaliación dos alumnos aportando instrumentos e recursos
variados en coherencia cos obxectivos fixados. Os instrumentos foron
preferentemente cualitativos utilizando os cuantitativos como unha axuda para
precisar aqueles.
ORGANIZACIÓN DAS AULAS DE APOIO.
A aula de pedagoxía terapéutica organizouse atendendo a cubrir minimamente as
necesidades do centro. O mestre prestou atención a alumnos de educación
primaria.
Priorizouse a atención nos primeiros niveles de primaria.
Realizáronse reunións periódicas cos titores co fin de traballar de forma
colaborativa de cara a establecer unha relación de axuda mutua co fin de dar
resposta a diversidade dos alumnos.
En San Miguel de deiro, a 26 de Xuño de 2017
O especialista en Pedagoxía Terapéutica
Jacobo Aragunde Soutullo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
128
MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE
Ó longo deste curso levouse a cabo unha atención ó alumnado que
presentou diversas dificultades na área da comunicación e da linguaxe.
Este curso académico, como especialista en Audición e Linguaxe, ocupei
unha praza itinerante compartida co C.E.I.P. San Roque, ambos no concello de
Vilanova de Arousa, funcionando 3 días no centro base: luns, martes e xoves de
9:35 a 14:35 horas e dous no C.E.I.P. de Viñagrande: mércores e venres 9.00 a
14.00 horas.
O alumnado tivo unha atención individualizada e ou grupal, en sesións de
30 a 50 minutos.
Así mesmo levouse a cabo programas de estimulación da linguaxe cos
grupos de nenos/as de 3 anos (con 12 nenos/as), 4 anos e 5 anos (en dous
grupos: Viñananos A e B con 13 nenos/as cada un) en sesións de 50‟ nas aulas
de Educación Infantil.
Sempre que se puido, as intervencións foron dentro da aula ordinaria xunto
cos seus compañeiros e titor/a (especialmente para xeneralizar o aprendido).
As intervencións específicas que levei a cabo como Mestra de Audición e
Linguaxe foron propostas e deseñadas polo Departamento de Orientación. A miña
labor neste centro desenvolveuse de forma coordinada cos/as titores/as dos
alumnos/as, co profesor de Pedagoxía Terapéutica e Orientadora do centro.
Alumnado atendido de audición e linguaxe
EDUCACIÓN INFANTIL
4 anos A (5º) 1 alumno
5 anos A (6º) 3 alumnos/a
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º A 3 alumnos/as
2º A 6 alumnos/as
3º A 1 alumno
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
129
A casuística atendida foi diversa: síndrome xenético, dislalias funcionais,
retrasos xeneralizados do desenvolvemento, trastornos específicos da linguaxe,
alteracións na lecto- escritura.
A acción educativa tivo sempre presente os principios de normalización e
inclusión educativa. A programación contemplou tanto as necesidades educativas
xa identificadas como as novas.
Recursos
Recursos persoais: O traballo en equipo foi imprescindible para o logro dos
obxectivos propostos. Traballarase conxuntamente con todo o profesorado do
centro, persoal Directivo, especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT) e
Orientadora do Centro; familias e os propios alumnos.
Recursos Espaciais:
Un aula de Audición e Linguaxe compartida con P.T.e Xefa de departamento
de orientación e tamén contamos co resto das instalacións do Centro.
Recursos materiais:
Todos aqueles dispoñibles na aula de A.L:, Departamento de Orientación e
do Centro en xeral, como por exemplo: ordenador con Internet, monicreques,
espello de parede, material de sopro, láminas, pictogramas, etc. Ademais de
materiais de elaboración propia.
Coordinación, reunións e actividades dende o Departamento de Orientación
Ao longo do curso, estableceuse unha liña de coordinación cos titores para
intercambiar información en relación ao desenvolvemento dos alumnos.
Cos pais, conversouse a través de reunións en presenza do titor/a co fin de
orientalos e intercambiar información acerca do funcionamento dos alumnos no
contorno escolar e familiar.
Avaliacións e informes finais
Realizouse informes trimestrais e un informe final para os pais de cada
alumno, titor/a e Departamento de Orientación, no que figura a valoración da
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
130
comunicación e da linguaxe, a evolución durante o curso, a súa actitude, os datos
familiares relevantes, si é o caso, e a conveniencia ou non de seguir coa
intervención da mestra/e de AL no próximo curso.
Entregouse ao Departamento de Orientación unha lista dos alumnos que
deberán seguir concorrendo o curso que vén e os posibles novos casos para
valorar.
Propostas de mellora para o próximo curso
Suxiro continuar coas sesións de apoios dados durante este curso.
Sería conveniente, dentro do posible, realizar máis reunións de
coordinación cos titores e cos membros do Departamento de Orientación para
xuntar criterios de actuacións e materiais.
É necesario contar con mais material acorde ás necesidades dos alumnos.
Silvia Alba González Hermida
Audición e Linguaxe
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
131
6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
Os proxectos desenvolvidos ao longo do curso foron os seguintes:
- Still life. En relación ao proxecto dos alimentos que se estaba a desenvolver
nos contextos de aprendizaxe cada alumno pintou a seu bodegón, a
partires do que traballamos aspectos como a perspectiva ou luces e
sombras e investigamos para coñecer os bodegóns máis famosos.
- Monster hands. Con motivo da celebración do Samaín fixemos unha
recreación de mans terroríficas empregando papel e cola.
- Puntillismo. Coñecemos en que consistía esta técnica artística e fixemos
dúas creacións diferentes: un conto ilustrado breve no que cada alumno
elaborou unha das viñetas empregando esta técnica e unha creación grupal
de gran tamaño na que representamos diferentes árbores do patio,
relacionándoo co traballo sobre as árbores que se estaba levando a cabo
no contexto científico.
- Elmer. Empregando plastilina, o alumnado modelou os diferentes
personaxes deste conto, co fin de realizar posteriormente unha curta de
animación utilizando a técnica do Stop Motion. Finalmente, esta curta non
foi posible finalizala por falta de tempo.
- Lita Cabellut. Participamos na VI Semana Mundial da Educación Artística e
na homenaxe que se lle fixo a Lita Cabellut en Vilanova de Arousa. Para
isto, o traballo realizado nas aulas polo alumnado consistiu na elaboración
de flores de papel, ás que logo lles puxemos os talos e pintamos con cola
branca. Estas flores serviron para a instalación que se colocou diante do
concello de Vilanova e que os nenos pintaron con pistolas de auga o día da
visita de Lita Cabelut.
- Creación dun cómic. Inicialmente, o alumnado (en parellas) elaborou o
guión da historia e o bocexo das viñetas: Logo debuxou e pintou cada unha
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
132
delas e, finalmente, fixeron un vídeo coas imaxes das viñetas e a gravación
das voces.
- Ademais, realizamos outras actividades máis puntuais como a elaboración
de elementos decorativos en Nadal, colaboración na elaboración dos
disfraces de Entroido de Viñagrandes, creación do Meco,murais colectivos
no día da Paz…
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No desenvolvemento das sesións empregamos material diverso habitual
para as creacións artísticas:
- Útiles de escritura e debuxo: lapis de cores, ceras, rotuladores, pinceis,
témperas, regras…
- Materiais funxibles: folios, cartolinas, papel continuo, celofán, cartón, cola…
Como recursos tecnolóxicos empregamos o ordenador e proxector, cámara
de fotos e de vídeo e tablets.
METODOLOXÍA EMPREGADA
Os proxectos que se propuxeron trataron de conxugar a creación artística,
tanto debuxo e pintura como creacións manuais, coa produción audiovisual.
Tivo gran relevancia o traballo colaborativo, sendo moitas das actividades
realizadas creacións feitas en grupo.
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
Todos os grupos traballaron de forma positiva, participando activamente
nas actividades propostas e amosando unha boa colaboración nas realizacións de
grupo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
133
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
Todo o alumnado conseguiu os obxectivos propostos en maior ou menor
medida. Si é certo que hai algúns alumnos que non acadaron unha notable
evolución no seu debuxo ou nas creacións de carácter máis manual, facéndose
notable en moitos casos, a necesidade de potenciar este tipo de actividades.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
As sesións de coordinación entre as dúas mestras responsables das
seccións bilingües resultou moi positiva, permitindo unha estreita colaboración na
planificación das sesións, na preparación dos materiais necesarios, na valoración
do desenvolvemento dos proxectos…
AVALIAR O FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES
Atopáronse moitas dificultades no que ao uso da lingua inglesa se refire,
resultando bastante complexo que o alumnado seguira as explicacións das
actividades cando estas se facían en inglés e sendo necesaria a aclaración na
nosa lingua. Tratouse de que o alumnado fora incorporando palabras ao seu
vocabulario referidas a materiais ou accións habituais no traballo artístico, así
como expresións que se empregan habitualmente nas aulas. Neste senso si
podemos facer unha valoración positiva do funcionamento das seccións bilingües.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Dadas as características das actividades artísticas, faise necesario contar
cunha zona axeitada para a súa realización, onde haxa espazo suficiente e onde
poder dispor dos útiles e materiais necesarios. Neste senso, botamos en falta este
espazo, pero grazas á creación dunha zona de expresión artística na biblioteca
que practicamente xa está rematada, esperamos que isto xa estea solucionado o
vindeiro curso.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
134
- Organizar proxectos de traballo de menor duración no tempo. Ao ter unha
sesión semanal, houbo algúns proxectos que se estenderon demasiado no
tempo, o que non favoreceu o seu desenvolvemento e incluso, non foi
posible rematar totalmente algún deles.
- Incluír obradoiros de construción ou creación manual (marquetería, barro,
pintura sobre cristal, sobre tea…)
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
A mestras responsables das seccións bilingües
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
135
6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
1. INTRODUCCIÓN
A Orde do 24 de xullo de 1998, da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, pola que se establece a organización e funcionamento da
orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG
31/07/98), refírese no artigo 15º.2 á memoria do Departamento de Orientación
como un documento que deberá redactar o orientador e determina que deberá
recoller polo menos:
- As modificacións introducidas no proceso de desenvolvemento do plan,
programa ou programas.
- Os cambios na realidade educativa.
- O grao de consecución dos obxectivos establecidos no plan.
- A implicación e participación dos diferentes profesionais que colaboren nel.
- As conclusións e propostas concretas de mellora.
Así, dando cumprimento ao prescrito, este Departamento presenta a
avaliación-memoria do presente curso, que foi elaborada a partir do establecido no
Plan de Orientación, en cada un dos seus subprogramas e no PAADO,
empregando os procedementos e instrumentos previamente determinados e
recollendo as valoracións dos membros da comunidade educativa implicados, co
obxecto de constatar a idoneidade e adecuación das actuacións desenvolvidas e
os aspectos sobre os que será necesario incidir no curso próximo.
2. MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN
Todos os obxectivos xerais recollidos no Plan de Orientación deste centro,
así como as actuacións previstas, foron levados a cabo satisfactoriamente; se ben
é certo que debemos considerar moitos destes obxectivos “en proceso” xa que
serán unha labor continua ao longo de varios cursos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
136
Deste xeito, en relación ao establecido no P.O. destacamos unha serie de
actuacións levadas a cabo:
a) En relación ao centro:
- Realización de diversos documentos: informes de derivación a servizos
médicos, modelos de compromisos familiares de entrega de documentos e
colaboración no apoio, contratos de conduta, horarios de apoios, etc.
- Participouse na realización e seguimento de diferentes documentos e
proxectos do centro.
- Informouse das novidades lexislativas relativas ao currículo, ANEAE, etc.
- Coordinámonos cos IES A Basella, aos que estamos adscritos por Lei,
sempre que se nos convocou e segundo as necesidades aparecidas.
- Coordinación do Contrato-Programa.
- Participicación na elaboración do Nivel de Concreción Curricular no
apartado referente a Atención a Diversidade.
b) En relación ao alumnado:
- Atención ao ANEAE:
. Leváronse a cabo a totalidade de avaliacións psicopedagóxicas en
función das demandas recibidas, así como a redacción dos
correspondentes informes.
. Confeccionouse o horario de atención ao ANEAE tendo en conta as
prioridades establecidas no PXAD.
. Elaborouse un cadro coa previsión do ANEAE para o próximo curso, de
cara a facilitar o traballo á orientadora que se incorpore, xa que o centro
non conta con orientador definitivo.
. A mestra AL levou a cabo un Programa de Estimulación da Linguaxe Oral
en Educación Infantil, e realizou varios informes que recollen as
dificultades existentes na linguaxe de diversos alumnos. En ocasións,
realizáronse reunións xunto cos titores coas familias dos nenos e nenas
para darlle unhas pautas/recomendacións para traballar as dificultades da
linguaxe e da comunicación detectadas nos nenos ou nenas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
137
. Realizáronse observacións sistemáticas a aqueles alumnos que, nun
primeiro momento, presentaban dificultades na aprendizaxe co fin de
axustar a resposta educativa.
. Atendéronse todas as demandas informais feitas polos titores ou familias,
facilitando as orientacións oportunas.
. Colaborouse na avaliación de varios nenos.
c) En relación ao profesorado:
- Asesorouse, colaborouse e ofrecéronselle recursos dende o Departamento
aos mestres-titores, mestres especialistas e equipo directivo en todo aquilo
que precisaron ao longo do curso.
- Informouse das modificacións lexislativas existentes.
- Asistimos (apoio e asesoramento) a diversas reunións que varios titores
mantiveron con pais, nais, servizos externos…
d) En relación ás familias:
- Informamos puntualmente aos pais/nais de todas as medidas adoptadas co
ANEAE para atender ás súas dificultades.
- Asesoramos ás familias no tocante a facilitarlles os contactos de axentes
externos para atender as necesidades dos seus fillos.
e) En relación aos servizos externos e a outras institucións:
- Establecéronse contactos cos distintos profesionais externos ao Centro que
inciden na atención aos ANEAE; contactos telefónicos, entrevistas,
intercambio de información e informes (incluíndo visitas ao Centro nalgún
caso)…
- Colaborouse cos Servizos Sociais do Concello de Vilanova (Educadora
Familiar), Gabinetes Privados, Equipo de Orientación Específico de
Pontevedra, Asociación XUNTOS, Servizo de Asesoramento de
Orientación da Xunta de Galicia e outros Orientadores de centros
próximos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
138
Asemade, recollemos a continuación varios aspectos que consideramos
necesario ter en conta:
Accións previstas e non realizadas:
- Colaborar na revisión e actualización do Plan de Convivencia.
- Colaborar na elaboración do NOF.
Reunións celebradas: Foron realizadas todas as reunión semanais
previstas, así como as reunións mensuais con todos os membros do D.O.
Participación nas reunións do Departamento: a participación nas reunións
foi sempre do 100%
Número de demandas recibidas: 10
Número de demandas atendidas: 10
Instrumentos e/ou documentos elaborados:
- PAADO.
- Informes de derivación a pediatría.
- Actas de reunión do D.O.
- Modelo de entrevista inicial ás familias.
- Informe individualizado final de etapa de EI.
- Informes para a USMI-X Pontevedra.
- Informes psicopedagóxicos.
- Carta informativa do servicio de atención temperá: UDIAF
3. MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
A avaliación do PXAD realizouse empregando o cuestionario incluído no
propio plan. A continuación recóllense os aspectos máis significativos desta
valoración:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
139
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: ANEAE
Nº de alumnos con RE do propio titor 29
Nº de alumnos con RE doutro profesor con horario dispoñible 20
Nº de alumnos con apoio do mestre PT 12
Nº de alumnos con apoio do mestre AL 14
Nº de alumnos atendidos por problemas de conduta (aula de
Convivencia)
---
Nº de alumnos obxecto de avaliación psicopedagóxica 7
Nº de alumnos obxecto de AC 2
Nº de alumnos que non promocionaron ao curso seguinte 3
Nº de alumnos que foron derivados a servizos externos (EOEs,
pediatría, USMI-X, servizos sociais, etc.)
8
Outras medidas desenvoltas __
Do mesmo xeito, cabe destacar que se seguiron todos os protocolos
establecidos no PXAD para atender ao ANEAE. Mantendo así mesmo a pauta de
priorizar sempre as necesidades existentes nos cursos inferiores.
4. MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO D.O.
Con respecto ao PAADO, destacar que algunhas das actuacións previstas
non foron levadas a cabo, así como outras non previstas si que foron postas en
práctica:
ACTUACIÓNS NON REALIZADAS:
- Establecer as directrices do Plan de Convivencia para o noso centro.
- Revisar o Plan de acollida.
- Propoñer cursos de formación aos titores en función das súas
necesidades.
- Formular propostas para o desenvolvemento das habilidades sociais e a
prevención de problemas de convivencia.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
140
ACTUACIÓNS NON PREVISTAS E LEVADAS A CABO:
- Cumprimentar a documentación relativa á petición de BECAS NEAE.
- Diferentes visitas a gabinetes externos, colaboracións con especialistas
e asistencia a cursos fóra do horario lectivo para completar a formación
e así mellorar a atención ao alumnado ANEAE con trastornos
específicos de aprendizaxe.
5. PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO.
Sabemos que a avaliación constitúe un elemento imprescindible para a
mellora do proceso educativo e os seus elementos. So dende unha reflexión
crítica compartida polos integrantes da comunidade educativa acerca do
desenvolvemento das actuacións levadas a cabo poden poñerse en marcha
procesos de mellora fundamentados e enriquecedores.
En consecuencia, de cara a planificación do traballo do vindeiro curso,
deberemos ter en conta que:
O desenvolvemento xeral e posta en marcha do PO, do PXAD e do PAADO
foron satisfactorios.
Os seguintes aspectos serán susceptibles de mellora:
- Revisión e actualización do Plan de Acción Titorial.
- Revisión e actualización do Plan de Convivencia.
- Para poder atender axeitadamente todo o alumnado que presenta
dificultades AL, sería necesario contar cuns recursos persoais mínimos.
Isto é, un Mestres especialista en AL exclusivo para o centro.
- Instaurar a realización dos seguintes talleres:
. Habilidades sociais.
. Técnicas de estudo.
- Colaborar na avaliación inicial do alumnado que comeza a etapa de EP
de maneira máis estreita, elaborando informes individualizados de cada
alumno.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
141
- Colaborar na avaliación final do alumnado de 6º de EP para coñecer as
necesidades que presentan os nenos e nenas que mudan de etapa
educativa e así, poder informar a orientadora do Instituto
correspondente.
6. CONSIDERACIÓNS FINAIS.
Esta memoria, logo da súa posta en común, foi aprobada por tódolos
membros do Departamento de Orientación con data 26 de xuño de 2017.
Vilanova de Arousa, 26 de xuño de 2017
A xefa do Departamento de Orientación
Mª del Carmen Mouriño Mouriño
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
142
6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE MATERIAL DIDÁCTICO E ESTÉTICA .
Tendo en conta as propostas que se incluíron na programación leváronse a cabo
as seguintes actuacións:
- No interior (planta baixa): colocouse unha mesa feita con palets e se
rehabilitaron os dous bancos na entrada ou recibidor do colexio. Emprégase
como un espazo o que os nen@s acoden a facer diversos traballos ou no
que as familias esperan, en caso de ser necesario, a ser atendidos para
entrevistas co profesorado.
- Ademais na porta de saída ao patio leváronse a cabo as actucións
previstas. A un lado, colocamos un moble con estantes onde estuveron
colocados diversos libros relacionados coa arte e na actualidade están
colocadas unhas macetas con plantas diferentes decoradas polo alumnado.
Á dereita habilitóuse un espazo para plantas naturais.
- Tamén se colocaron alfombras e obxectos decorativos acordes coa estética
do centro.
No exterior:
- É neste espazo onde non se actuou todo o que era necesario. Os nen@s
colaboraron facendo unha casiña para o patio e aumentouse a zona
destinada ao patio de Infantil.
- O director falou con diferentes organismos públicos para solicitar a
posibilidade de retirar o asfalto do patio, pero non obtivo unha resposta
positiva.
Planta superior:
- Creouse un almacén de material didáctico ordeado por materias e retirouse
moito material vello ou deteriorado. Ademais se colocaron carteis para
identificar o alí se pode atopar.
- Cremos que é responsabilidade dos titores de Primaria e especialistas a
organización do material didáctico no almacén da planta superior.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
143
Conclusións:
- Quizais na zona do patio infantil é onde non se levaron todas actuacións
que serían necesarias, moitas veces por falta de tempo e outras por non
contar coa colaboración necesaria por parte das entidades públicas.
Propostas de mellora:
- Non se percibe necesaria a presenza deste equipo para o vindeiro curso.
Cremos que as nosas funcións están determinadas por terceiras persoas:
ciclos, concello, persoal de obras e limpeza…
- Continuar coa esixencia da mellora no patio para Infantil suprimindo a pista
grande.
- Organizar mellor o material funxible en Conserxería. No primeiro trimestre
do vindeiro curso este equipo se compromete a organizar mellor este
espazo.
- Modificar a periodicidade das xuntanzas de equipos (excepto o equipo de
Biblioteca que polo PLAMBE necesitará reunirse semanalmente).
- Cremos que puidera ser necesario crear unha rama dentro do equipo del
biblioteca para levar a cabo un PDI ben definido e estruturado:
responsables, tempos, coas actividades deseñadas no mes de setembro
Asdo. A coordinadora do equipo
Cristina Louzao García
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
144
6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA
Introducción
Recollemos nesta memoria do equipo de Ecoloxía do CEIP de Viñagrande
Deiro,as diferentes actividades levadas a cabo dende dito equipo coa colaboración
de todo o profesorado do centro.
Comezamos neste curso con este novo equipo, conscientes da importancia dunha
conciencia ecolóxica no alumnado. Arrancamos con forza levando a cabo o
proxecto “Planeta Deiro” coa cal nos presentamos a dous concursos, “Voz Natura”
e o Plan Proxecta “Recíclate con Sogama”, conseguindo finalmente o primeiro
premio no segundo deles.
Como dixemos este ano o eixo central do equipo foi o proxecto “Planeta Deiro”
que se explicará mais tarde.
O Equipo de Ecoloxía constituído para o curso 2016/2017 estivo formado polos
seguintes membros:
Profesorado:
Jacobo Aragunde Soutullo: Coordinador. Mestre de Pedagoxía Terapéutica.
Manuel Piñeiro Sánchez : Titor 1º Educación Primaría.
Isabel Blanco Silva: Titora de 4º de Educación Infantil.
Amalia María Estévez Reino: Titora 6º Educación Primaria
Mercedes Ares Vieito : . Titora en substitución 6º Educación Primaria
Obxectivos
O obxectivo principal de este equipo é que o alumnado sexa o protagonista do
cambio nos comportamentos en relación coa natureza nos ambientes nos que vive
(colexio, casa, parroquia, concello e outros lugares). Dende o noso punto de vista
con este traballo póñense en valor modelos pedagóxicos e propostas didácticas
nas nosas aulas e no noso centro que ofrezan a posibilidade real de mellorar os
procesos de ensino e aprendizaxe.
Outros obxectivos específicos foron:
- Concienciar de forma lúdica e educativa sobre a importancia da reciclaxe.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
145
- Incentivar a erradicación de diferentes axentes contaminantes e concienciarnos
dos seus perigos.
- Contribuír a reducir a proliferación de focos contaminantes incontrolados na
contorna do colexio..
- Concienciar sobre a importancia da educación ambiental e a súas
consecuencias.
O grao de consecución dos obxectivos previstos para este programa podemos
consideralo moi elevado, pois co comezo da campaña conseguimos un cambio
nos hábitos de reciclaxe das nenas e nenos, así como a consecución dun
compromiso por parte das familias para implicarse neste proceso.
Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar coa
axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa: alumnado,
profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.
Os obxectivos marcados foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora
falta un traballo se cadra máis duro, ser quen de continuar acadando os
obxectivos que nos marcabamos a medio e longo prazo.
Actividades realizadas
Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao longo
deste ano:
PLAN PROXECTA RECICLATE CON SOGAMA E VOZ NATURA.
Coa finalidade de amosar ás novas xeracións os perigos do comportamento do ser
humano sobre o noso planeta naceu o proxecto “Planeta Deiro”. Tendo en conta a
velocidade coa que estamos desfacendo o noso planeta, é necesario máis que
nunca que o alumnado coñeza e sexa capaz de desenvolver un conxunto de
medidas en favor do medio ambiente no planeta terra e no noso “Planeta Deiro”
que representa a contorna onde vive e se relaciona socialmente o alumnado do
centro. A necesidade dun ensino significativo lévanos a centrar este proxecto na
contorna.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
146
Este foi un proxecto dirixido a todo o alumnado do CEIP de Viñagrande - Deiro,
abarcando as etapas de educación Infantil e Primaria. Fomentamos durante todo o
curso escolar medidas en favor da conservación do medio ambiente.
CONCURSO MELLOREMOS O NOSO COLE
Dende o equipo de medio ambiente do CEIP Viñagrande –Deiro, quixemos
recuperar para uso e goce de toda a comunidade educativa o pequeno xardín que
se atopa ao carón das escaleiras que dan aceso ao patio. Para iso, pretendemos
que cada aula presentase un pequeno proxecto para entre todas e todos decidir
que é o que imos a facer.
Dicir que a gañadora foi a clase de sexto e que o próximo ano intentarase levar a
bo porto a remodelación de ese xardín.
HORTO ESCOLARE
Coa axuda do programa voz Natura este ano construímos un horto escolar.
Debido a falla de tempo e prazos alleos ao centro ao final soamente se puideron
plantar unhas poucas leitugas que o alumnado levou para os seus fogares. Para o
ano e con maior planificación, este horto estará en funcionamento durante todo o
curso.
DOTACIÓN DE ILLAS DE RECICLAXE NAS AULAS.
Coas axuda do Plan Proxecta “Recíclate con Sogama” e cos cartos de “Voz
Natura”, este ano colocáronse illas de reciclaxe en tódalas aulas.
COLOCACIÓN DA TIRA GRÁFICA DE LUÍS DAVILA.
Luís Davila cedeunos unha tira gráfica para concienciar as rapazas e rapaces do
noso cole sobre o tema da reciclaxe. Grazas a este apoio visual, as nenas e nenos
do centro xa non terán dúbidas de onde botar o lixo que producimos.
VISITA DE JAVIER OLLEROS E ADELINA.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
147
O cociñeiro Javier Olleros e a produtora ecolóxica Adelina, viñeron a darnos unha
charla sobre a importancia dos produtos ecolóxicos na cociña.
Seguimento e avaliación
Mediante as reunións dos membros do equipo realízase unha avaliación conxunta
das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro implicado
na realización destas actividades. Dita avaliación serviu para valorar o traballo que
se está a facer e para introducir os cambios precisos que nos levan cara unha
correcta actuación.
A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de decisións
sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades de
mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.
Salientar que unha parte dos obxectivos son acadados segundo o previsto pero a
realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser modificada ou
cancelada por varios motivos como a falla de previsión
A avaliación do proxecto dende o equipo é necesaria e importante e cremos
necesario establecer unha maior coordinación cos outros equipos. O obxectivo
para o vindeiro ano será que os distintos equipos presentes no centro con
competencias para a programación de actividades busquen a maneira de levar a
cabo un proxecto común entre todos, cunha temporalización ben establecida
dende o inicio e co establecemento dos responsables en por en marcha as
actividades planificadas, tanto as que o alumnado desenvolva na aula co seu titor,
as que se realicen dende o centro como aquelas a realizar coa familia. Deste xeito
creemos que se establecerá unha maior implicación coa finalidade de garantir o
éxito na realización das diferentes actividades.
- Como propostas de mellora, dende o Equipo de Ecoloxía facemos as seguintes:
Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias
positivas no alumnado.
Organizar as diferentes actividades en relación aos contidos que se estean
traballando nas aulas na medida do posible.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
148
Establecer canles de comunicación coas familias a través da rede onde se
comenten as actividades desenvolvidas, se fagan propostas,...etc.
Programar actividades encamiñadas ao fomento da conciencia ecolóxica.
Facer un calendario anual de plantación.
Establecer sesións semanais por aula para o traballo no horto escolar.
Equipamento adecuado de traballo na escola para o horto escolar.(botas,
guantes, …)
Baleirado por parte do alumnado das illas de reciclaxe de aula.
En San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2017.
Asdo. O Coordinador do Equipo de Ecoloxía
Jacobo Aragunde Soutullo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
149
6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
Ao longo do curso desenvolvéronse os seguintes proxectos:
- Proxecto de estimulación temperá. Neste proxecto, desenvolvido en
Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, realizouse un traballo conxunto cos
titores destes cursos e a mestra de Educación Física. Dende música colaborouse
na programación das sesións de psicomotricidade e no desenvolvemento das
mesmas, no que se refire ao traballo do ritmo. As actividades propostas
centráronse na percusión corporal, no movemento rítmico e no ritmo da linguaxe.
- Música tradicional. Ao longo do curso traballáronse diversas cantigas
tradicionais en todos os niveis co fin de propiciar o coñecemento do patrimonio
musical galego.
- Sonorización de contos. Neste proxecto, desenvolvido no 3º ciclo de
Educación Primaria, o alumnado centrouse na exploración sonora, empregando
todos os recursos ao seu alcance (voces, instrumentos, obxectos, internet…) para
ambientar o entorno sonoro de diferentes contos infantís.
- Medioambiente e reciclaxe. En relación ao proxecto “Recíclate con
Sogama”, desenvolvido no centro, traballamos diferentes cancións e versións de
contos sobre temáticas referidas ao coidado do medioambiente.
Ademais, desenvolvéronse outras actividades dos distintos ámbitos da
Expresión Musical ao longo do curso relacionadas con outros proxectos que se
estaban a desenvolver no centro ou con determinados momentos do ano, como o
Samaín, o día da Paz ou o Nadal.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No desenvolvemento das sesións empregamos discografía e bibliografía
diversa, os distintos instrumentos que temos na aula (instrumentos de pequena
percusión, de placas e teclado), ademais de diferentes obxectos sonoros. O
alumnado de Viñagrandes tamén empregou a súa propia frauta.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
150
Como recursos tecnolóxicos empregamos o equipo de música, ordenador e
proxector, cámara de fotos e de vídeo e tablets.
METODOLOXÍA EMPREGADA
Nas contexto musical tratouse de desenvolver todos os contidos a partires
da práctica, primando a vivencia e a experimentación dos mesmos e incorporando
a linguaxe musical progresivamente, de xeito máis relevante a partires do 2º ciclo
de Educación Primaria.
A maioría das actividades desenvolvéronse en gran grupo, onde se fai
relevante a achega de cada alumno para acadar un resultado global. Pero tamén
se realizaron traballos individuais e en grupos pequenos. Nestes últimos, nos
cursos de Viñamedios e Viñagrandes propuxéronse plans de traballo para o seu
desenvolvemento.
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
Todos os grupos traballaron de forma positiva, acadando os obxectivos
establecidos e consolidándose as relacións interpersoais a medida que foi
avanzando o curso. Por este motivo, valoro moi positivamente o traballo en grupo
e a mestura de idades, xa que propiciou que os nenos se coñeceran mellor e se
axudaran mutuamente, de xeito que se favoreceron as relacións sociais e a
atención ao alumnado con máis dificultades. Unicamente sinalar as dificultades
atopadas nalgunhas ocasións cos grupos de Viñapeques, aos que resultou máis
difícil motivar e conseguir manter a súa atención ou o silencio necesario para a
realización de actividades de escoita ou audición.
CASOS PARTICULARES A SINALAR
En Educación Infantil cabe sinalar a situación de dous nenos que
amosaron importantes dificultades na realización das actividades musicais,
especialmente rítmicas e de expresión vocal.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
151
No 1º ciclo de Educación Primaria houbo varios nenos que amosaron
dificultades, non acadando os obxectivos un deles. O próximo curso valorarase a
posibilidade facer unha adaptación curricular.
No 2º ciclo non se atoparon dificultades especialmente relevantes, pero si
considero importante prestar especial atención á evolución dun alumno que
parece amosar cada vez máis dificultades.
No 3º ciclo sinalar a un alumno que amosa importantes dificultades rítmicas
e de expresión vocal, ao que se suma en moitas ocasións un nivel moi baixo de
atención. Ademais, resaltar dous nenos que seguen tendo dificultades para
integrarse efectivamente no grupo e colaborar no desenvolvemento das
actividades de forma positiva.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
As sesións de coordinación de ciclos semanais, ás que fomos asistindo os
especialistas de forma rotatoria, propiciaron unha mellor coordinación entre os
distintos mestres, facilitando o intercambio de opinións sobre o progreso dos
grupos e as dificultades que se foron atopando con algúns nenos en particular.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
En canto á metodoloxía empregada creo que é preciso mellorar a
organización das sesións, propiciando unha realización máis autónoma das
actividades por parte do alumando e dando maior cabida a actividades de creación
propia en pequeno e gran grupo.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Os criterios de cualificación establecidos na programación e tidos en conta
na avaliación foron explicados ao alumnado ao comezo de curso. Ademais, ao
longo do meso tamén se informou dos aspectos que se ían avaliar a través de
rúbricas nas diferentes actividades ou proxectos.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Debido á organización temporal do centro este curso, foi necesaria a
modificación da organización das sesións de Educación Musical. Considero que é
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
152
preciso unha maior variación das actividades desenvolvidas, especialmente no 1º
ciclo, onde non sempre se conseguiu manter a atención e motivación do
alumnado, polo que será preciso unha maior diversificación das actividades
desenvolvidas ao longo das sesións.
En canto á organización do espazo é preciso definir mellor algúns recantos
e crear unha zona de asemblea ou posta en común.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Organizar pequenos recantos dentro da aula co fin de establecer
momentos de traballo en pequenos grupos durante as sesións.
- Colocar un espello nunha das paredes da aula para permitir que o
alumnado se vise nas actividades de movemento e expresión corporal, co fin de
potenciar a conciencia corporal.
- Mudar as cadeiras de pala por outro tipo de mobiliario para crear unha
zona de asemblea máis acolledora que facilite as postas en común, as
explicacións previas a unha actividade ou o intercambio de opinións entre o
alumnado.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
As necesidades de formación que considero máis relevantes refírense a:
- educación e xestión emocional.
- neurociencia
- detención de posibles dificultades significativas no alumnado e atención
das mesmas.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
A especialista de Educación Musical
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
153
6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ: “ESTIMULA O TEU CORPO,
ACTIVA O TEU CEREBRO”
No curso que remata continuamos o proxecto de atención temperá “Estimula o teu
corpo, activa o teu cerebro” (en diante PET). O obxectivo fundamental foi traballar
e afianzar habilidades perceptivas a través do movemento co fin de favorecer un
desenvolvemento neurolóxico adecuado no alumnado da etapa de infantil, como
prevención de futuros trastornos de atención e aprendizaxe.
O alumnado entre os 3 e os 7 anos realizou unha sesión diaria de
psicomotricidade, impartidas polas mestras titoras, a mestra especialista en Ed.
Física e a mestra especialista e Ed. Musical.
Unha vez rematado o curso, somos máis conscientes da importancia de este tipo
de traballo xa que nos axudou a situarnos máis claramente en que momento
evolutivo se atopa o alumnado e a tomar as decisións necesarias en caso de
alumnos que precisen algún tipo de reforzo neste eido.
PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO) – CENTROS ACTIVOS E
SAUDABLES: “MÓVETE MÁIS EN VIÑAGRANDE”
Debido ao aumento das chamadas “enfermedades hipocinéticas” e dos trastornos
de atención e aprendizaxe por un mal afianzamento das habilidades
psicomotrices, consideramos que a práctica de actividade física en idade escolar
debe aumentar buscando unha infancia máis saudable. Con este obxectivo como
eixe fundamental o CEIP Viñagrande – Deiro participou no presente curso 2016-
2017 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola
práctica físico-deportiva e ensalzando valores de esforzo, superación persoal e a
toma de consciencia de que cada un ten a súa saúde nas súas propias mans.
Considerando, ademáis, que na meirande parte dos casos, representa o primeiro
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
154
contacto dos nenos coa práctica deportiva, podendo deste xeito trasladala ao seu
tempo de lecer.
UNIDADES DIDÁCTICAS TRABALLADAS AO LONDO DO CURSO:
Habilidades motrices básicas
As habilidades nos xogos colectivos
Deporte de adversario-implemento: bádminton
Coordinación e equilibrio
Xogos predeportivos
Floorball
Relaxación e control postural a través do ioga
Acrosport
NOTA: das unidades programadas traballáronse todas excepto “Xogos e rutas no medio natural” por falta de tempo.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No ximnasio utilizamos, ao longo deste curso, tanto pequeno material como
pelotas, ata gran material como pode ser a escaleira de braquiación.
En canto aos recursos humanos, as sesións de EF de 3º a 6º foron impartidas pola
mestra especialista mentres as clases de psicomotricidade foron impartidas pola
especialista e os tirores.
METODOLOXÍA EMPREGADA
PET (PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ):
Utilizouse unha metodoloxía activa e sistemática por descubrimento, onde
se plantexaban as diferentes tarefas deixando ao alumnado que atopase
unha execución motora adecuada buscando sempre unha maior eficacia
motriz. Cando isto non se conseguía sí se lle daban consignas para
logralo.
A organización podía ser en gran grupo, grupos reducidos, parellas ou
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
155
individuais.
EF (EDUCACIÓN FÍSICA):
En 3º, 4º, 5º e 6º de EP traballouse por circuitos aspectos relativos a
habilidades motrices simples. E a través de xogos e deportes (de
adversario e de equipo) a aplicación ás situacións complexas das
habilidades antes citadas.
AVALIACIÓN
Deixar constacia na memoria dunha breves referencias sobre a avaliación nestes
eidos:
Nos niveis onde se traballa o PET, a avaliación consiste nunha batería de
exercicios motrices, de ritmo e de comprobación de integración de reflexos
primitivos. Unha vez aplicada esta batería a tódolos nenos de infantil e 1º e 2º de
EP, obsérvase que a evolución motriz é significativa e positiva, exceptuando tres
casos en infantil e outros tres en 1º, que pese á súa mellora, esta non é a
correspondente coa súa idade cronolóxica. Salientar un neno en 1º que está moi
por debaixo do desenvolvemento psicomotor correspondente á súa idade
cronolóxica e para o curso que ven valorarase a realización dunha adaptación
curricular. Coa aplicación de esta batería púidose observar que o reflexo espinal
galant aínda está moi activo en líneas xerais polo que para o curso que ven será
necesario incidir nel.
Nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º as avaliacións das diferentes unidades didácticas
traballadas ao longo do curso, foron mediante rúbricas que se colgaban no
ximnasio para que o alumnado con anterioridade fora consciente de que aspectos
se ían ter en conta para obter unha nota final. A forma de avaliar foi continua, e
consistiu en probas específicas para comprobar o grao de afianzamento das
diferentes habilidades que se consideraban fundamentais para un adecuado
desenvolvemento psicomotriz e ademais empregouse fundamentalmente a
observación directa nas diferentes sesións.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
O que nos falta e máis formación. O traballo diario é suficiente e o material que
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
156
imos necesitando vaise comprando.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
As propostas de mellora para o curso 2017-2018 son:
Traballo na área:
o programar as actividades en función das carencias observadas
na avaliación
o facer dous grupos para o traballo da psicomotricidade en Ed.
Infantil, por limitacións de espacio.
o valorar a posibilidade de realizar algunha sesión no pavillón.
Instalacións e material.
o Pintar as paredes do ximnasio.
o Seguir invertindo en material para crear un almancén básico para
o traballo motriz.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Educación emocional.
Neurociencia.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
A especialista en Educación Física
María Castro Nine
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
157
6.16.- MEMORIA “CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES”
Título do proxecto:
MÓVETE MÁIS EN VIÑAGRANDE
Introdución (sinopse do proxecto):
Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro quixemos fomentar a práctica de
actividade física en idade escolar co fin de asentar as bases para unha infancia
máis saudable e menos sedentaria, favorecendo a través do movemento un
adecuado desenvolvemento neuromotriz e participar de este xeito na educación
integral do alumnado. Con este obxectivo, sumamos ó traballo que realizamos no
noso centro, a participación durante o curso 2016-2017 no programa XOGADE.
Debido ao aumento das chamadas “enfermedades hipocinéticas” e dos trastornos
de atención e aprendizaxe por un mal afianzamento das habilidades
psicomotrices, consideramos que a práctica de actividade física en idade escolar
debe aumentar buscando unha infancia máis saudable. Con este obxectivo como
eixe fundamental o CEIP Viñagrande – Deiro participou no presente curso 2016-
2017 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola
práctica físico-deportiva e ensalzando valores de esforzo, superación persoal e a
toma de consciencia de que cada un ten a súa saúde nas súas propias mans.
Considerando, ademáis, que nameirande parte dos casos, representa o primeiro
contacto dos nenos coa práctica deportiva, podendo deste xeito trasladala ao seu
tempo de lecer.
Para todo isto, o CEIP Viñagrande-Deiro solicitou a participación nas actividades
físicas e deportivas organizadas dentro de XOGADE.
A continuación móstrase o enlace á páxina web do centro onde se ían colgando
imaxes e videos das diferentes actividades deportivas. Premer no apartado de
Educación Física: www.edu.xunta.es/centros/ceipdevinhagrande/
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
158
Grao de consecución dos obxectivos:
Os obxectivos plantexados foron os seguintes:
- Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas a través do
movemento.
- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas a través da práctica
deportiva.
- Fomentar o traballo cooperativo dentro do equipo deportivo.
- Incentivar a práctica, dende un punto de vista educativo e saudable, de
actividades físicas por parte do alumnado.
- Eliminar a presenza de hábitos sedentarios na vida dos escolares.
- Fomentar as relacións sociais entre os nenos e nenas de diversos colexios.
- Practicar diferentes deportes dun xeito lúdico e recreativo.
- Favorecer a inclusión na práctica deportiva escolar.
Neste curso decir que a consecución dos obxectivos foi moi positiva xa que os
alumnos do colexio practicaron varios deportes na área de Educación Física
evitando deste xeito o sedentarismo, e buscando sempre o traballo das
competencias básicas tendo como eixe fundamental de traballo o mantemento da
saúde e o afianzamento de habilidades motrices perceptivas e básicas como
prevención de trastornos de atención e aprendizaxe. Todo este traballo súmase ao
realizado no centro a través do Programa de atención temperá “Estimula o teu
corpo, activa a teu cerebro”.
Os alumnos tiveron a oportunidade de practicar e vivenciar diferentes deportes
de xeito lúdico compartindo xornadas deportivas có alumnado doutros colexios o
que axudou a fomentar as relacións sociais entre eles.
En tódalas xornadas deportivas todo o alumnado participou
independentemente das súas cualidades físico-deportivas, feito imprescindible si
dende os centros educativos pretendemos favorecer a inclusión.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
159
Organización, desenvolvemento e metodoloxía:
Actividade deportiva-competitiva.
En estas actividades organízanse sesión multideporte nun centro educativo,
ademáis de carreiras de campo a través. O CeipViñagrande- Deiro participou nas
seguintes actividades:
A. Campo a través: carreira de campo a través celebrada na Azucareira o xoves 1
de decembro de 2016 (Portas). Prticiparon os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º
de Ed. Primaria.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85
B. 1ª Xornada de Deporte Escolar: en xaneiro de 2017 recibimos no noso colexio
ao alumnado do CEIP Enrique Barreiro de Vilariño (Cambados) para vivenciar
xuntos unha mañá deportiva practicando fútbol, baloncesto, balonmán, bádminton,
xadrez e brilé.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85
C. 2º Xornada de Deporte Escolar: non participamos porque o número de centros
na zona do Salnés é impar, polo que en cada xornada deportiva debe descansar
un centro.
D. 3º Xornada de Deporte Escolar: nesta ocasión o mércores 29 de marzo, o
alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria desplazouse ata Noalla para compartir
unha mañá de deporte co alumnado do CEIP Telleiro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85
Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):
Levouse a cabo unha avaliación continua, global e integradora, tendo en conta o
progreso e a consecución dos obxectivos plantexados.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
160
Unha vez rematada a participación en Xogade a valoración é positiva pois
alcanzáronse tódolos obxectivos previstos.
Logo de cinco cursos consecutivos participando no Programa Xogade o
profesorado e o alumnado do centro móstranse satisfeitos e con ganas de seguir o
próximo curso.
Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas:
María Castro Nine
Encargada de coordinar a participación do CEIP Viñagrande- Deiro en Xogade
(Plan proxecta). Organización das xornadas celebradas na "casa" e das saídas
tanto para participar en carreiras como para acudir a outros colexios.
Como mestra de Educación Física traballou os distintos deportes na súa área,
preparando previamente ao alumnado para a súa participación en Xogade.
Para a organización das xornadas multideporte e a arbitraxe dos diferentes
partidos das xornadas organizadas na casa, tamén colaboraron os seguintes
mestres:
- Jacobo Aragunde Soutullo
- José María Martínez Armas.
Bibliografía:
- Glen Doman, Douglas Doman e Bruce Hagy: Bebé en forma, bebé
inteligente. Desde el nacimiento a los seis años. La revolución pacífica.
EDAF, 2012.
- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Neuro-psico-
pedagogía infantil. Bases neurofuncionales del aprendizaje cognitivo y
emocional. Editorial Lebón, Barcelona, 2013.
- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: Técnicas
de tratamiento de los trastornos de la lateralidad. Editorial Lebón, Barcelona
2006.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
161
- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: El
desarrollo de la lateralidad infantil. Niño diestro – Niño zurdo. Editorial
Lebón, Barcelona 2014.
- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Lateralidad infantil.
100 preguntas – 100 respuestas. Editorial Lebón, Barcelona 2015.
- www.disanedu.com
- www.vozymovimiento.com
- Estimulaciónydesarrollo.blogspot.com
- https://escuelaconcerebro.wordpress.com
- Guía Así, así?: web da Consellería de política social.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
A coordinadora
Asdo: María Castro Nine
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
162
6.17.- MEMORIA “VOZ NATURA” E “RECÍCLATE CON SOGAMA”
TITULO DO PROXECTO
“PLANETA DEIRO”
Constituiu un mesmo proxecto para duas convocatorias diferentes.
INTRODUCCIÓN
Dende o curso 2014-2015 o CEIP Viñagrande-Deiro iniciou un proceso de
transformación na busca dun modelo de centro educativo, que sexa quen de dar
resposta ás actuais demandas da sociedade e ás características das xeracións
máis novas.
As sociedades evolucionan rapidamente mentres que os centros educativos
amósanse moi remisos a acompañar de preto esta transformación. Semellan estar
ancorados no século XX no referido ás súas estruturas organizativas, didácticas e
metodolóxicas sen atender a moitos factores que interveñen directamente nos
procesos de ensino e aprendizaxe do alumnado.
Consideramos prioritario poñer en funcionamento novas estruturas organizativas,
modelos pedagóxicos e propostas didácticas nas nosas aulas e no noso centro
que ofrezan a posibilidade de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.
Partindo desta premisa, de novos modelos pedagóxicos e propostas didácticas,
naceu este proxecto “Planeta Deiro”, coa finalidade de amosar ás novas xeracións
os perigos do comportamento do ser humano sobre o noso planeta. Tendo en
conta a velocidade coa que estamos desfacendo o noso planeta, é necesario máis
que nunca que o alumnado coñeza e sexa capaz de desenvolver un conxunto de
medidas en favor do medio ambiente no planeta terra e no noso “Planeta Deiro”
que representa a contorna onde vive e se relaciona socialmente o alumnado do
centro. A necesidade dun ensino significativo lévanos a centrar este proxecto
nesta contorna (parroquia, concello, colexio e nos fogares do noso alumnado).
Que podemos facer?
Antes da elaboración dun produto final pasamos por diferentes contidos
relacionados coa educación medio ambiental e que tratamos nas nosas aulas.
Todas as actividades que se propuxeron neste proxecto teñen un para que en si
mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas e outras veces e a saída que teñen
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
163
ata o exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,
internet, redes sociais,... etc.
Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, fan que medre o
interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as actividades determinará a
planificación, a responsabilidade do alumnado e a utilización dos recursos.
OBXECTIVOS
O obxectivo principal de este proxecto e que o alumnado sexa o protagonista do
cambio nos comportamentos en relación coa natureza nos ambientes nos que vive
(colexio, casa, parroquia, concello e outros lugares). Dende o noso punto de vista
con este traballo póñense en valor modelos pedagóxicos e propostas didácticas
nas nosas aulas e no noso centro que ofrezan a posibilidade real de mellorar os
procesos de ensino e aprendizaxe.
Outros obxectivos específicos foron:
- Concienciar de forma lúdica e educativa o sobre a importancia da reciclaxe.
- Coñecer as distintas fontes de enerxía e valorar as suas procedencias e os
seus usos.
- Incentivar a erradicación de diferentes axentes contaminantes e
concienciarnos dos seus perigos.
- Contribuír a reducir a proliferación de focos contaminantes incontrolados na
contorna do colexio..
- Concienciar sobre a importancia da educación ambiental e a súas
consecuencias.
O grao de consecución dos obxectivos previstos para este programa podemos
consideralo moi elevado, pois co comezo da campaña conseguimos un cambio
nos hábitos de reciclaxe das nenas e nenos, así como a consecución dun
compromiso por parte das familias para implicarse neste proceso para construír un
“PLANETA DEIRO” mellor.
Esa melloría e constatable por medio das enquisas que elaborou o alumnado e
que tiveron unha incidencia moi positiva. Como poderedes ver nos seguintes
enlaces:
- http://vinhagrandes.wixsite.com/voznatura/single-post/2016/10/21/ENQUISA
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
164
- http://vinhagrandes.wixsite.com/voznatura/single-
post/2017/05/22/INCIDENCIA-DO-PROXECTO-NOS-FOGARES
ORGANIZACIÓN
Este foi un proxecto dirixido a todo o alumnado do CEIP de Viñagrande - Deiro
(Vilanova de Arousa), abarcando as etapas de educación Infantil e Primaria.
Fomentamos durante todo o curso escolar medidas en favor da conservación do
medio ambiente.
Pretendemos levar a cabo este proxecto dunha forma lúdica e motivadora para
que o alumnado mostrase o maior interese e participación posible.
A primeira parada fixo referencia ao coñecemento das fontes de enerxía que
existen (renovables e non renovables,) para que o alumnado fora coñecedor do
excesivo consumo enerxético que temos os seres humanos. Cales son as fontes
de enerxía que consumimos?, Como son?, De onde saen?, Que provoca na
natureza o seu consumo?... son preguntas ás que temos que darlle resposta para
continuar no estudo e coñecemento doutras fontes de enerxía máis limpas (as
renovables).
A partires deste coñecemento, o alumnado elaborou un documento gráfico (texto,
imaxe e son) no que describe cales son estas fontes de enerxía e como estas
fontes de enerxía prexudican ou benefician o coidado do medio ambiente.
Pero non debemos quedarnos unicamente nas fontes de enerxía, tamén
centrarnos nas empresas e maquinaria que usamos a diario e que produce
contaminación. Na nosa contorna poderemos atoparnos con moitas realidades das
que aprendemos e ser conscientes que outros modelos enerxéticos son
necesarios.
Para iso, realizamos distintas actividades (escritos ao concello, ás familias, á
dirección do centro e a empresas da contorna, decálogos,...) nas que sexamos
quen de mostrar e solicitar melloras no uso e consumo enerxético en lugares moi
cercanos ao alumnado mediante carteis, códigos qr, cartas,...
Logo do traballo centrado nas fontes de enerxía centrámonos nos axentes
contaminantes. Cales son?, Que provocan na natureza?, Como poderiamos previr
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
165
estas consecuencias?, E o seu uso?,... estas preguntas axudarannos a
concienciarnos dos perigos que estes axentes teñen no medio ambiente.
Para o traballo cos axentes contaminantes elaboramos infografías onde aparezan
os diferentes axentes e ao igual que fixemos coas fontes de enerxía elaboramos
documentais gráficos (texto, imaxe e son) de diferentes decálogos para o colexio e
as casas do alumnado cos diferentes axentes contaminantes.
E cales son as consecuencias dos comportamentos do ser humano en relación co
medio ambiente? Debemos estudalas, mostralas aos demais e aportar solucións.
O produto final a esta pregunta terá dous camiños que percorrerá o alumnado.
O alumnado centrouse na reciclaxe para a elaboración do produto final e nos
diferentes puntos onde se localizan focos de contaminación incontrolados na
contorna do colexio.
No produto final da reciclaxe o alumnado mediante xeolocalización sitúa tódolos
colectores que hai na nosa contorna, nestes colectores ponse unha pegatina na
que mediante dúas apps Layar e QR Droid a xente pode acceder a unha chea de
información (localización de colectores, vídeos, imaxes, podcast explicativos do
que botar en cada colector,...). Este mapa virtual está acompañado dun mapa
físico no colexio e no que tamén se sitúan os diferentes colectores.
O alumnado localiza os diferentes lugares onde se produce algún tipo de
contaminación na contorna do colexio. Estes lugares están sinalizados nun mapa
virtual mediante xeolocalizadores acompañados de fotos, vídeos,... onde o
alumnado denuncia estes feitos. O traballo complétase coa realización de podcast
denunciando estes feitos e cartas denuncias ao Concello de Vilanova de Arousa e
a Policía Local informando do acontecido.
Utilizamos o traballo colaborativo e a cooperación para que o alumnado sexa
protagonista da súa aprendizaxe e que esta estea chea de significatividade e sexa
motivadora. O alumnado terá que ser creativo, crítico, autónomo,... no proceso de
construción dos seus aprendizaxes.
Destacar a gran variedade de actividades que se fixeron durante este curso, coa
implicación de tódolos mestres implicados neste proxecto.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
166
AVALIACIÓN
Ao comezo do proxecto avaliaranse os coñecementos previos do alumnado e o
grao de motivación existente. Ao finalizar o programa realizarase unha avaliación
final en base ao cumprimento dos seguintes puntos.
- Asimila conceptos relacionados cos temas tratados.
- Participa activamente na procura de información e colaboración co resto do
grupo.
- Contamos cos medios necesarios para levar a cabo este programa.
- As actividades teñen un proceso continuado e coherente.
A planificación estivo totalmente aberta a suxestións do grupo (nenos/as e
mestres/as).
O plan someteuse a un proceso continuo de avaliación formativa. As actividades
de avaliación foron encamiñadas a valorar en que medida iamos logrando os
obxectivos propostos e corrixir e mellorar as nosas actuacións cara unha maior
eficacia.
Partimos dunha avaliación inicial que determinou en parte as necesidades
existentes, recadamos información durante o proceso para producir as melloras e
desenvolvemos unha avaliación do plan para comprobar o grao de cumprimento
dos obxectivos e que nos serve para establecer as propostas de mellora.
Dicir que se lles pasou aos mestres unha táboa para que cubriran, con uns
criterios de avaliación e o grao de cumprimento.
En San Miguel de Deiro, 26 de xuño de 2017
Asdo. Jacobo Aragunde Soutullo
Coordinador dos proxectos de Voz Natura e Recíclate con Sogama
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
167
6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA)
1. Grao de consecución dos logros que se perseguen e indicadores que
foron acordados no contrato-programa, así como o valor acadado.
a) Os propios indicadores previstos no programa.
- A profesora acompañante traballou en cada sesión as habilidades
instrumentais básicas: comprensión e expresión oral e escrita, cálculo e
razonamento lóxico-matemático. A continuación correxiu os traballos feitos
polos alumnos e reflectiu nas fichas de seguemento individuais e grupais se
os obxectivos propostos foron alcanzados.
- Adicou un tempo ao reforzo de técnicas de estudo básicas como o
subliñado, resumo, realización de esquemas, etc. Aspectos que os alumnos
tiñan moi pouco traballados. Logo, sempre se correxiron os traballos
realizados.
- A mestra responsables do PROA analizou semanalmente o grao e calidade
das relacións que se deron entre o alumnado. Ademais proporcionoulle aos
titores (a través da coordinadora) información sobre a evolución das
condutas dos alumnos. Trimestralmente (nas sesión de avaliación) púxose
en común co resto de mestres que imparte docencia neses grupos a
evolución que están tendo os nenos nas sesións PROA, preguntouse aos
titores se están observando mellorías e cales foron.
- En cada sesión, a mestra acompañante reflectiu no documentos de „Plan de
cada Sesión‟ as actividades realizadas que incidiron sempre nunha
metodoloxía activa, que relacione os contidos escolares coa vida cotiá. Así
mesmo, reflectiu as actividades rematadas e as que quedaron pendentes
por falta de tempo.
- Traballouse con lecturas, cálculo mental, cálculo, en tódalas sesións,
comprobándose o grado de melloría na velocidade e comprensión lectora
en cada neno.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
168
- Traballouse cunha metodoloxía baseada no traballo cooperativo, a titoría
entre iguais, a corrección de traballos por parellas, etc. Sempre de cara a
mellorar as habilidades sociais dos alumnos así como as relacións e de
cara á prevención de de conflictos e a súa resolución de maneira pacífica.
Os titores comprobaron a evolución dos seus alumnos neste senso.
- Levouse a cabo un proxecto adicado aos experimentos para traballar
contidos curriculares.
b) Grao de cumprimento dos obxectivos previstos na programación anual do
centro: Acadamos os obxectivos previstos a nivel grupal.
c) Melloras acreditadas no rendemento escolar do alumnado,
Respecto ao alumnado con NEAE que participou no programa, a mellora foi
relativa, pois en moitos dos casos a situación familiar desfavorecida ou a propia
situación emocional e madurativa do neno non posibilitaron que acadase mellores
resultados.
Do mesmo xeito, debemos ter en conta que este curso o PROA comezou
en febreiro, o que consideramos escaso para acadar uns obxectivos razoables.
Nos indicadores específicos sinalados no Contrato Programa
acordamos: “ Asistencia continuada do 80 %”, os datos de asistencia poden
situarse entre o 80 e 90% durante o tempo que durou o programa; “ Aproban
todo en xuño, o 40%”, en canto aos alumnos asistentes ao programa o resultado
foi do 54% os que acadaron superar todas as materias en xuño superando así, o
esperado; “Mellorar nun 50% os resultados académicos respecto da 1ª
avaliación do alumnado implicado na actuación”,a mellora dos alumnos e
alumnas foi dun 55% respecto dos datos acadados entre a 1º avaliación e a 3º
avaliación; e “ Reducción de repetidores do 50%”, de todos os alumnos e
alumnas que asisten ao programa, non repite curso ningún deles.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
169
2. Descrición das medidas concretas levadas a cabo para o
desenvolvemento de cada unha das actuacións.
1. Realizouse a selección do alumnado a proposta dos titores de 3º, 4º, 5º e 6º
curso de Primaria en coordinación co Departamento de Orientación.
2. Solicitamos e recollemos a autorización asinada por cada unha das familias
de alumnos/as que asistiron ao PROA.
3. Establecéronse, en colaboración cos titores, os aspectos susceptibles de
mellora para cada un dos alumnos/as.
4. Púxose en marcha o grupo de PROA con alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP
(13 alumnos/as que permaneceron ata o final). O grupo asisitiu ao centro os
luns e mércores de 16 a 18 h.
5. A totalidade de alumnado desplazouse ao centro contando con servizo de
autobús.
6. Realizáronse as sesións de coordinación semanalmente a través do e-mail
ou do teléfono. As coordinacións presenciais foron unha vez cada tres
semanas os luns de 11:00 a 14:00 h.
7. Fíxose o seguimento do alumnado de forma minuciosa tal e como se recolle
nas plantillas de rexistro.
8. Utilizáronse diversidade de recursos materiais e didácticos: TICs, Biblioteca
do centro para diversas consultas e traballos do alumnado, etc.
9. Utilizáronse diversas estratexias organizativas, dende o traballo individual,
ao traballo en parellas ou pequenos grupos ou o traballo en gran grupo nas
exposicións xerais relacionadas coas técnicas de estudio, na posta en
común e valoración do traballo realizado na sesión.
10. Realizáronse entrevistas puntuais con varias das familias do alumnado para
comunicar a evolución do neno así como diversas incidencias.
11. Realizáronse as observacións sistemáticas relacionadas con aspectos de
relación e integración do alumnado que asiste ao PROA.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
170
3. Grao de satisfacción co desenvolvemento e resultados de cada unha das
actuacións.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Grao de participación das familias x
Grao de mellora da calidade educativa x
Grao de mellora da convivencia no centro x
Grao de satisfacción coa organización interna do
programa
x
4. Modificacións introducidas respecto ao proxecto inicial:
a) Cambios na metodoloxía didáctica: Non se aprecian cambios significativos
neste eido.
b) Cambios no número de grupos ou de alumnos participantes: Houbo unha
alta e unha baixa.
c) Modificacións no horario: Non se fixeron modificacións neste senso.
d) Modificacións en canto ao persoal docente: Non houbo modificacións.
e) Outras: -----------------
5. Dificultades atopadas:
a) Con relación ao alumnado (asistencia ás clases, motivación, diversidade…):
Dificultade de compaxinar actividades para alumnado de catro niveis
distintos. Ademáis das faltas de asistencia.
b) Con relación ao centro e ao profesorado (coordinación entre os
participantes do programa, horarios…): A mestra acompañante solicita un
maior grao de implicación por parte dos titores do alumnado, así como unha
maior coordinación para mellorar aspectos como: comunicar de maneira
máis específica os contidos que se están traballando na aula e as
necesidades de reforzo en cada neno.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
171
c) Con relación ás familias (implicación, participación…): Cremos que as faltas
de asistencia ou puntualidade se deben á falta de implicación por parte
dalgunhas das familias do alumnado participante.
6. Propostas de mellora:
- Iniciar o programa en outubro.
- Solicitar unha maior responsabilidade ás familias con respecto ao
seguimento dos seus fillos e fillas neste programa.
- Aumentar a coordinación entre os titores e os mestres acompañantes.
- Imposibilidade de coordinación co responsable de impartir o PROA en tres
centros educativos distintos dificultando enormemente o horario para levar a
cabo as coordinacións tan precisas para sacar adiante ao alumnado
beneficiario deste programa.
Viñagrande a 27 de xuño de 2017
A coordinadora do Contrato - Programa
Asdo: María del Carmen Mouriño Mouriño
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
172
6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
Na etapa de infantíl, estes foron os proxectos por trimestre:
1º - TRIMESTRE
- Proxecto da amizade. Partindo da importancia de ter amigos, quíxose
chegar a coñecer a un novo amigo chamado Xesús e a súa importancia no
Nadal. Ademáis, aproveitando que as titoras de infantíl estaban co proxecto
das torres, en relixión traballáronse os campanarios dos templos cristiás.
2º - TRIMESTRE
- Proxecto da paz. Coñeceron que hai paises (Siria) en guerra e a
destrucción que causa. Coñeceron a obra do artista sirio Tammam Azzam e
interrelacionouse co proxecto das titoras de infantíl sobre Frida Kahlo.
- Proxecto da Semana Santa. Descubriron algunha parábola de Xesús e
algún símbolo da semana santa.
3º - TRIMESTRE
- Proxecto da familia e da natureza. Valoraron a importancia de ter unha
familia igual que o noso amigo Xesús (coñeron a María, a súa nai). Por
último,aprender a respectar a natureza como obra da creación de Deus.
Na etapa de PRIMARIA, estes foron os proxectos por trimestre:
1º- TRIMESTRE
- Proxecto sobre a creación de Deus. Coñeceron os elementos da creación, o
seu coidado e a relación do ser humano con Deus.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
173
- Proxecto os patriarcas ( Abrahám, Moisés,...) e recordar o que celebramos
no Nadal.
2º - TRIMESTRE
- Proxecto da paz. Fixeron unha reflexión sobre o libro ¨Soy un punto¨.
Despois, traballaron a guerra en Siria e o arte. Coñeron a obra do artista
sirio Tammam Azzam.
- Proxecto Xesús e os séus amigos. Coñeceron algunha parábola de Xesús,
ós evanxelistas e os seus símbolos no arte. Recordaron o que celebramos
na semana santa.
3º - TRIMESTRE
- Proxecto a igrexa. Coñeceron e distinguiron os diferentes templos cristiáns.
Diferenciaron as palabras igrexa e Igrexa.
- Proxecto a Biblia. Descubriron cal é a estructura e composición da Biblia.
Traballar por proxectos, sin utilizar libros de texto, obriga a levar as sesións máis
planificadas. O aprendizaxe grupal axuda a que o ritmo da clase sexa un poco
máis homoxéneo á hora de traballar e rematar as tarefas.
Todos os alumnos de primaria desenvolveron un traballo adaptado para a súa
idade segundo os obxectivos que se querían conquerir.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Material humano:
Na clase de 5º e 6º de infantíl, a área de relixión estivo apoiada pola proferora
Josefa Castro.
Material tecnolóxico:
Tabletas, ordenadores, cañóns, impresora…
Material funxible:
Fotocopias, xornais, etc.
Material de reciclaxe:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
174
Unhas caixas de zapatos.
Material didáctico:
Elaborado pola mestra de relixión e polos alumnos, pellículas (Moisés,...), videos
musicais (parábolas,...), cancións (panxoliñas), libros da biblioteca do centro.
Recursos:
Espazos web online
METODOLOXÍA EMPREGADA
Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua
estranxeira, os valores sociais e cívicos, a relixión católica, o teatro… deben ser
aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado
especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a
oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.
Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un traballo
manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas vivencias do
propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó inglés, aos
valores sociais e cívicos, á relixión, aos obradoiros científicos, matemáticos,
lingüísticos e artísticos serán tratados dende unha vertente moito máis real e
significativa: bailes, cancións, ritmos e melodías, dramatizacións, obradoiros en
inglés, proxectos didácticos coordinados entre o profesorado… son exemplos
nos que desenvolvemos determinados contidos destes niveis e das áreas de
coñecemento.
En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e cun
maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou
proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: música, EF,
inglés, relixión e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en
obradoiros: cine, reciclaxe, origami, arte e arquitectura aprendizaxes vivenciais en
situacións reais ou simuladas (supermercado, rueiros, mapas)…etc
AVALIACIÓN
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
175
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
Os alumnos realizaron tarefas moi motivadoras e con isto logrouse o
desenvolvemento das mesmas.
Con algún grupo, o seguimento e ritmo da clase non foi como con outros debido
a motivos actitudinais.
CASOS PARTICULARES A SINALAR
- En infantíl, había catro alumnos ós que lles costaba centrar a atención.
- En primaria, había alumnos a os que lles costaba seguir o ritmo da clase.
Tamén houbo que resolver algúns conflictos actitudinais entre alumnos.
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
Na área de Relixión Católica, o currículo, foi desenvolvido na sua totalidade e
todos os alumnos/as lograron a consecución dos obxectivos en maior ou menor
medida.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
Realizouse unha coordinación mensual para cada ciclo, sendo moi positiva para
o mellor desenvolvemento das clases e o seguimento do alumnado.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Nesta área, non houbo ningún alumno/a coa necesidade de establecer medidas
de atención á diversidade.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
Resultou moi positiva de cara á relación social e a cooperación no aprendizaxe
dos alumnos.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Fíxose un seguimento continuo en cada sesión recollendo datos do alumnado
pero, ás veces, resultaba difícil.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
Sendo a primeira vez que, a mestra traballa por proxectos e co alumnado
mesturado por idades, procurarase mellorar e correxir algúns aspectos de cara
ao vindeiro curso.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
176
Dende a área de Relixión, o novo proxecto educativo, demostrou que o
alumnado tivo a oportunidade de mellorar e espertar nunha serie de
“sentimentos” coa aprendizaxe.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Facer un esforzo por coordinar as saídas e, ter presente a competencia relixiosa
xa que é doado de integrar coas demáis competencias. Temos un entorno
enriquecedor para que o alumnado coñeza, indistintamente da súa crenza ou non,
reforzando así o valor da tolerancia, o respecto aos demáis, o artístico e o
relixioso,...
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Procurar unha maior motivacion dalguns alumnos e seguir
concienciándoos na importancia do esforzo para a consecucion de
obxectivos.
- Respectar as sesións dos alumnos sin interrupcións que perxudiquen a
motivación e o desenvolvemento da clase.
- Visión e presenza das actividades da área de Relixión Católica.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Necesidade de formacion no centro sobre o acoso escolar ou a resolución de
conflictos, temas fundamentais para unha boa convivencia no ámbito escolar e
social.
Viñagrande a 26 de xuño de 2017
A especialista de Relixión Católica
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
177
6.20.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: INFORMA.GAL Descrición do proxecto
Consideramos prioritario poñer en funcionamento novas estruturas organizativas,
modelos pedagóxicos e propostas didácticas nas nosas aulas e no noso centro
que ofrezan a posibilidade de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.
Partindo desta premisa, de novos modelos pedagóxicos e propostas didácticas,
naceu entre outros este proxecto, “Informa.Gal”, coa finalidade de amosar o
galego as xeracións máis novas e a importancia da súa conservación, facendo
que o galego se converta no idioma vehicular dentro da escola e tamén fóra da
escola, onde se amplíe o seu uso habitual en situacións de interacción dominadas
na actualidade polo castelán.
Ao longo deste curso 2016-17, convertemos ao alumnado en xornalistas e fixemos
que a información que se transmita ao exterior sexa en galego, deste xeito
garantimos co alumnado se exprese tanto oralmente coma na escrita no noso
idioma.
Estes medios de comunicación que nos axudaron a exportar tódalas actividades
que se realizan no centro foron: a radio, a televisión, a prensa e as diferentes
redes sociais. Estes medios están situados nunha nova zona do colexio que
antigamente era un vello almacén e que actualmente se acondicionou entre outras
para esta finalidade. Pero tamén os dispositivos móbiles nos axudaron a facer
radio, televisión, prensa e uso das redes sociais en calquera espazo do noso
centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
178
Todas as actividades que se propoñen neste proxecto teñen un para que en si
mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas e outras veces é a saída que teñen ao
exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, redes
sociais,... etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, fan que
medre o interese e a motivación e todo isto no noso idioma, finalidade deste
proxecto, facer que o galego se converta na lingua vehicular do alumnado do
noso centro.
Estamos asegurando unha plena inmersión en galego coa realización de
actividades, na planificación, elaboración e realización de produtos para darlle
saída e na mesma saída coa utilización dos medios e tamén cos dispositivos
móbiles. A utilización dos dispositivos móbiles permitiunos utilizar diferentes apps
relacionadas coa televisión, a radio, o xornal e por suposto as redes sociais. Deste
xeito tamén estamos garantindo unha educación dixital non soamente ao
alumnado senón tamén a comunidade educativa que participou neste proxecto.
Obxectivos
Os obxectivos iniciais do proxecto eran os seguintes:
- Fomentar o uso da lingua galega como lingua oficial do centro tanto oral
como escrita, na realización das tarefas e na saída destas ao exterior nos
diferentes medios de comunicación.
- Garantir a presenza do galego coas novas tecnoloxías.
- Propiciar a aprendizaxe e goce coa realización de actividades nos medios
de comunicación empregando como lingua vehicular o idioma galego.
Unha vez rematado o proxecto podemos afirmar que o grao de consecución dos
mesmos é moi satisfactorio. Unha porcentaxe altísima do alumnado do centro,
realizou tarefas nas que precisou o galego tanto para realizalas como para darlle
saída as mesmas, nas que se traballou a oralidade e a escrita ao mesmo tempo.
Na planificación, realización e na produción a utilización das novas tecnoloxías
está presente dende o inicio ata o final, co que se garantiu a presenza absoluta do
galego nas novas tecnoloxías.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
179
O último obxectivo que mencionamos de inicio, era o que falaba dunha
aprendizaxe e goce coa realización de actividades, creo que é un obxectivo
fundamental para a aprendizaxe que se fomenta no noso colexio. Ademais,
sumámoslle o galego como lingua vehicular e o alumnado puido comprobar como
o noso idioma serve para ambas cousas, aprender e gozar.
Non podemos estar máis satisfeitos de poder afirmar como estes obxectivos que
nos propuxemos de inicio están logrados, sigamos pois neste camiño para garantir
un futuro mellor a nosa lingua.
Actividades desenvolvidas
Todas as actividades desenvolvidas neste proxecto pódense ver no blog de “O
Informadeiro” cuxo enlace engado a continuación.
https://oinformadeiro.wordpress.com/
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
180
Reflectimos a continuación as actividades realizadas cos enlaces ás mesmas.
- RadioDeirOnline
https://oinformadeiro.wordpress.com/radio/
- Xornal Escolar: A Xanela de Viñagrande
https://oinformadeiro.wordpress.com/xornal-escolar/
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
181
TeleViñagrande
https://oinformadeiro.wordpress.com/televinagrande/
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
182
- Redes Sociais: Facebook, Twitter e Instagram
https://www.facebook.com/profile.php?id=100011916888250
https://twitter.com/VinagrandeCeip
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
183
https://www.instagram.com/ceipdeiro/
Implicación do centro e a comunidade educativa
O centro aportou o investimento necesario para a creación destes novos espazos:
radio, televisión, prensa e redes sociais. Investimento que axudou a poder levar a
cabo este proxecto.
A totalidade do profesorado do centro participou neste proxecto, profesorado de
educación infantil, primaria e especialistas.
O profesorado implicouse no espazo dos medios atendendo ao alumnado que
acudiu a este espazo a difundir os seus traballos ou aqueles traballos que se
desenvolven neste mesmo espazo. Profesorado que se formou na utilización de
dispositivos móbiles, de apps, programas de maquetación, montaxe,... Unha
formación que nos fai mellorar no noso traballo diario e que vamos transmitindo ao
noso alumnado xa que pretendemos que na medida do posible este sexa
autónomo.
Avaliación
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
184
Utilizamos rúbricas para algúns aspectos e rexistros para outros. Reflicten o
aumento na utilización do galego no alumnado, nas familias e na comunidade
educativa. Así como a valoración que se ten do galego.
Esta información que recollemos vainos servir para mellorar a actividade e garantir
o éxito da mesma. Este éxito vai parello a unha valoración máis positiva do galego
e un incremento no seu uso, que estamos convencidos que se vai producir pola
execución deste proxecto.
Todos os indicadores que a continuación se mencionan melloraron.
- Cambio no uso da lingua habitual en favor do galego
- Aumenta a utilización do galego en intercambios comunicativos
- Valoración positiva do galego
- Mellora de actitudes no uso do galego
- Integración do galego na comunidade educativa
- Inclusión do galego nas actividades realizadas pola comunidade educativa
- Cambio na percepción que se ten do galego
- Maior número de opinións a favor do galego
O alumnado e a comunidade educativa van mellorar a súa competencia lingüística
en galego polo que dende o colexio con “Informa.Gal” vaise prestar un servizo a
comunidade de potenciación do uso do galego.
Conclusión
A oportunidade de desenvolver proxectos como “Informa.Gal”, permite compartir
experiencias con toda a comunidade educativa. Estas experiencias son
enriquecedoras e moi produtivas, xerando beneficios que repercuten no proceso
de aprendizaxe do alumnado.
Este proxecto axudou, por unha parte, a potenciar unha metodoloxía no noso
centro, os medios de comunicación como espazo no que se llan saída aos
produtos que elabora o alumnado, deste xeito, a expresión oral, escrita,... estanse
traballando e potenciando.
Por outra parte, este proxecto axudou a poñer en valor a nosa lingua, o seu uso e
tela en consideración son aspectos que temos a obriga de defender.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
185
Queremos amosar ás novas xeracións o noso idioma e a importancia da súa
conservación a partir dos medios de comunicación, e todo isto, gozando ao
mesmo tempo que aprendendo... e iso foi o que fixemos!!!
En San Miguel de Deiro a 27 de xuño de 2017
Asdo. O Coordinador do proxecto
Sergio Rosales López
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2016-2017 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
186
7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á
MEMORIA.
O Consello Escolar foi informado a Memoria do curso escolar 2016 - 2017 o
xoves día 29 de xuño de 2017.
O Claustro aprobou o contido da Memoria do curso escolar 2016-2017 o
xoves día 29 de xuño de 2017
En San Miguel de Deiro a 29 de xuño de 2017
Asdo. A xefa de Estudos Vº e prace. O director
María Castro Nine Javier García García