Las aceleraciones y sus efectos sobre los tripulantes de aeronaves
MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... ·...
Transcript of MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... ·...
MEMORIA DE ACTIVIDADES
KAIAK DE MAR
Actividades organizadas:
• VI Concentración de Kaiak de mar “Golfo Ártabro”.
• Quedada Ares-Chanteiro.
• Cursos de Kaiak de mar. Dende a última semana de xullo ata fin de ano.
Actividades nas que se participou:
• Xornadas técnicas de kaiak de mar. Organizadas pola AGKM en Muxía durante a semana santa.
• Todas as quedadas de fin de mes da AGKM (O Barqueiro, Ribeira, A Illa de Arousa, etc).
• Bautismo de mar aos rapaces do campamento urbano do Concello de Ares.
• Proporcionouse apoio á quedada “Cariño-Cedeira” da AGKM. • Travesía de Ribadeo. • X Travesía Aldán Ons. • Curso de entrenadores da FeGaPi.
Resumindo, coma todos os anos, participouse practicamente en todas as actividades de kaiak de mar organizadas en Galicia.
SECCION DE VELA “PLASTICALLO” E WINDSURF
Ano complicado no tocante á vela máis “lixeira”. Tanto o caravelle, que serve de base para os cursos de vela, como o material de windsurf, sufriron os problemas derivados da entrega do novo edificio, e da dispersión do material. Pero no caso do windsurf temos que engadir o complexo acceso ao mar pola rampa do Club que
desanimou a non poucos participantes.
Aínda así temos que resaltar que houbo clases de windsurf dende xaneiro a xuño, impartidas en Ares onde estiveron os contenedores co material durante a construcción do novo club, e que no Club existe un pequeno grupo estable de practicantes de windsurf na súa modalidade de “raceboard”.
Tamén é importante subliñar a demanda de cursos de caravelle, que anima a retomar esta actividade para o 2011.
Participación en competicións de vela cruceiro.
Coma sempre é necesario remarcar que a participación en competicións de vela cruceiro é unha actividade que se fai a nivel particular por un reducido número de socios que dispoñen de embarcacións axeitadas para este tipo de regatas, xa que o Club aínda non ten un barco propio. O
Marítimo de Redes presta apoio a estes barcos coa procura de tripulantes, desenvolvendo tarefas administrativas, informativas, etc..
Este ano se fixeron 37 licenzas federativas de vela, e os barcos do Marítimo de Redes participaron en gran cantidade de regatas, destacando os resultados obtidos polo Golafre (de Benito Calvo), o acompañaron a Rabuda e o Pingón:
REGATA MES CLUB Gol. Ping. Rab.
GRAND PRIX DE INVIERNO Xaneiro, Febreiro,
Marzo CLUB N. RIA DE
ARES 2 1 3
REGATA ANTROIDO Xaneiro, CLUB NAUTICO DE
SADA
GRAND PRIX DE PRIMAVERA Marzo, Abril, Maio CLUB N. RIA DE
ARES 1 2 3
VII TROFEO GUISANDA A DOS Abril R. C. N. DE LA CORUÑA
3 (g2)
2 (g3) 6 (g2)
VIII TROFEO MARINA SADA Abril CLUB MARINA
SADA 6 (RI)
3 (ORC)
REGATA PRIMAVERA Maio CLUB NAUTICO DE
SADA 4 3 2
XII REGATA CASTILLO DE SAN ANTON-REPSOL MAR E+
Maio R. C. N. DE LA CORUÑA
6 _ 2
XI REGATA SOLITARIOS Y A DOS Xuño R. C. N. DE LA CORUÑA
_ 3 _
XVII REGATA GRAL GABEIRAS-IV T.AUDI AUTOGANDARA
Xuño CLUB N. RIA DE
ARES 1 4 3
REGATA SAN XOAN- MEMORIAL PEDRO SANCHEZ
Xuño CLUB NAUTICO DE
SADA 1 _ _
XXII REGATA ILLAS SISARGAS Xullo R. C. N. DE LA CORUÑA
1 7 6
REGATA ISLAS MIRANDAS Xullo CLUB N. RIA DE
ARES 4 1 3
SPINAKER Agosto CLUB DO MAR DE
FERROL 2 _ 1
IV TROFEO CONCELLO DE ARES Agosto CLUB N. RIA DE
ARES 2 5 1
R. SAR INFANTA ELENA-TROFEO CAIXAGALICIA
Agosto R. C. N. DE LA CORUÑA
1 4 2
REGATA DE A GRAÑA Setembro CLUB DO MAR DE
FERROL 2 _ _
REGATA A2 Setembro CLUB NAUTICO DE
SADA 4 3 _
XXV REGATA DE LA AMISTAD Setembro R. C. N. DE LA CORUÑA
3 6 _
REGATA SAN FROILAN Outubro CLUB NAUTICO DE
SADA 1 2 _
GRAND PRIX DE OTOÑO Outubro, Novembro,
Decembro CLUB N. RIA DE
ARES 1 3 4
REGATA NADAL Decembro CLUB NAUTICO DE
SADA 1 2 3
VELA TRADICIONAL
Como ven ocorrendo nos últimos
anos, as embarcacións que
configuran a flota da localidade,
participaron nas concentracións
que tiveron lugar nas rías
próximas, concretamente na
Concentración de Embarcacións
Tradicionais de Ares celebrada en
agosto e na Xuntaza de
Embarcacións Tradicionais da
Parrocheira en Ferrol.
Hai que salientar, coma sempre a celebración da nosa regata, a VIII Regata de
Embarcacións Tradicionais “PORTO DE REDES”, que na presente edición
presentou algunha novidade con respecto ás anteriores: non houbo festa
despois da regata, nin xantar ao mediodía, nin tampouco a xa tradicional Festa
da Cabria. Tomamos nota das queixas, e intentaremos dar cun formato a gusto
de todos en vindeiras edicións.
Este ano pola contra, houbo máis actividade no mar; presentáronse máis
embarcacións aos desafíos, incluso algunha de plástico, e pasamos unha
xornada moi entretida, tanto para os tripulantes, como para os que nos
estiveron vendo dende terra. Grazas ao Marlett, Alivanta , Pandora, Pingón,
Masmadera, Trebón, Abur, Saunntress, Salmonete e Virandón.
Na regata do día seguinte, presentouse ao inicio un forte vento, que fixo pasar
algún mal rato, ás tripulacións con navíos de menor porte.Xuntámonos trinta
barcos,facendo desta concentración a máis numerosa do norte galaico.Grazas a
todos pola vosa fidelidade.
Por último, dar a benvida ao “Virandón”, propiedade de Miguel Amenedo e
Vicente Varela,que se uniu a flota esta
última tempada.
Tamén queremos dar a benvida aos
novos-as tripulantes que se uniron a
nós , e abrimos as portas a todos
aqueles que queren seguir con esta
fermosa tradición, a navegación a vela
en embarcacións tradicionais.
CALLOS&BLUES
No 2010 o festival Callos&Blues, solidario un ano
máis celebrouse o 27 de marzo coa tradicional
paparota de callos e os concertos, que correron a
cargo de Moondogs Blues Party (as Pontes) e
Emanems (Fene), cunhas actuacións de calidade e
moi divertidas que fixeron temblar o salon de actos
da Tenenecia con ritmos de blues e rock.
Como no ano pasado se repartiron a metade dos
beneficios cunha ONG, neste caso a Cociña
Económica de Ferrol recibeu unha pequena
colaboración á súa grande labor de axudar a os
máis necesitados.
Queremos agradecer á Agrupación Instructiva de
Caamouco a súa colaboración ao poñer o seu local á nosa enteira disposición
para que os veciños e veciñas de Caamouco disfrutasen da VIII Edición do xa
famoso festival Callos&Blues.
Resumo económico 2010
Gastos Ingresos Saldo en conta 31-12-2009 9.263,52 € SUBVENCIONS Xunta de Galicia 450,99 € Fundación Deporte Galego 329,12 € Deputación da Coruña 3.799,60 € GASTOS XERAIS Luz 100,18 € Teléfono 535,28 € Auga 70,00 € Ibi 32,68 € OUTROS GASTOS Gtos. Bancarios 53,85 € Taxas matrícula embarcación 69,61 € Material estibas 367,28 € Pintura e outros 150,00 € Publicidade 701,51 € Gtos. Xunta xeral socios 218,00 € Licencias 104,00 € SEGUROS Cursos kaiak 96,00 € Cursos windsurf-vela 126,00 € Embarcación 63,69 € Resp. Civil 634,78 € COMPRAS MATERIAL Material windsurf 1.323,53 € Embarcación e motor 6.991,70 € Resto factura kaiak 216,00 € ACTIVIDADES Callos&Blues 466,20 € Doazón Cociña Económica 233,10 € Regata Vela Tradicional 484,00 € Travesía kaiak 278,00 € Cursos windsurf-vela 1.198,00 € Cursos kaiak 162,00 € COTAS SOCIEDADES Fed. Galega Piragüismo 676,50 € FGCMF 100,00 € Fed. Galega de Vela 200,00 € Caamouconet 40,00 € Cotas socios (netas) 3.821,47 € Totales 13.587,69 € 10.505,38 € Saldo en conta Nova Caixa Galicia a 31-12-2010 6.181,21 €