MEMORIA DO PLAMBE CEIP O CASTIIÑEIRO 2010-11
-
Upload
ceipcastinheiro -
Category
Documents
-
view
2.865 -
download
13
Transcript of MEMORIA DO PLAMBE CEIP O CASTIIÑEIRO 2010-11
www.ceipocastineiro.es.vg
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
PLAN DE MELLORA DA
BIBLIOTECA ESCOLAR
MEMORIA
ÍNDICE
MEMORIA
CURSO 2010 - 2011
ÍNDICE
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
1
Cod.: 32015165
R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
2
LIMIAR
1.- INTRODUCIÓN
2.- CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DO PROXECTO
3.- HORARIO RESPONSABLE DA BIBLIOTECA E EQUIPO BIBLIOTECA
4.-ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
4.1.- DE XESTIÓN, ADECUACIÓN E ACONDICIONAMENTO DOS ESPAZOS
4.2.- DE ANIMACIÓN E PROMOCIÓN DA LECTURA
4.3.- DE FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL
4.4.- PUBLICACIÓNS DA BIBLIOTECA
4.- GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA E
CONTRIBUCIÓN DA BIBLIOTECA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS
5. GRADO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS
PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO
CURRÍCULO
6. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN
7. MATERIAIS PRODUCIDOS
8. AVALIACIÓN
9. PREVISIÓN DE FUTURO
ANEXOS E PROXECTO LECTOR
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
3
1.-INTRODUCCIÓN
Na presente memoria recollemos o traballo desenvolvido polo equipo de biblioteca do CEIP
O Castiñeiro (Ourense) ao longo do curso 2010/11.
Este é o primeiro curso que a biblioteca do noso centro participa no Plan de Mellora de
Bibliotecas Escolares co proxecto “Biblioteca Escolar do CEIP O Castiñeiro”, e a nosa
pretensión é continuar no PLAMBE dada a importancia que o no centro concedemos ao
impulso da lectura e da alfabetización en información.
A nosa biblioteca tense convertido, tras anos de traballo, nun importante elemento de
dinamización educativa que conta coa implicación de todo o profesorado na realización das
súas actividades. Deixou de ser un almacén de libros para ser un lugar onde ocorren e se fan
“cousas”.
Actualmente somos a única biblioteca pública do Concello á que poden ter acceso os
membros da comunidade educativa, de aí a relevancia que adquire o bo funcionamento da
mesma.
Este ano, grazas a inclusión no PLAMBE, o funcionamento da biblioteca sufriu un gran
impulso, a pesares dun par de paróns na súa actividade (fundamentalmente préstamos
bibliotecarios) debido ás obras de reforma do acceso entre as dúas salas e á pintura das
paredes. Entendemos que se facía necesaria esta reforma para que os alumnos accedan á
lectura nas mellores condicións posibles. No vindeiro curso tentaremos rematar a tarefa de
remodelación coa posible incorporación de chan de tarima, a reposición de novo mobiliario
para unha lectura máis acolledora, a reparacións e pintura dos armarios empotrados así como
a reparación das portas e a colocación de cortinas ou estores.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
4
2.- CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS
En xeral, facemos unha valoración positiva do grado de cumprimento dos obxectivos
propostos no proxecto inicial.
Os obxectivos xerais, a través das actividades realizadas pola biblioteca, víronse cumpridos
tanto os referidos á realización dun programa de actividades de animación e fomento da
lectura, como á formación continuada do profesorado ou a favorecer o deseño de estratexias
innovadoras no ensino das linguas e situar á biblioteca como referente tanto como espazo de
lecer, fonte de información e lugar de traballo.
Os obxectivos específicos tamén foron acadados nun grao satisfactorio. Así na capacitación
do profesorado para a xestión da biblioteca realizáronse sesións nas que se explicou a todo o
profesorado os criterios de colocación dos fondos, o uso dos espazos, as normas de uso da
biblioteca...
Tamén se elaboraron, dende un grupo de traballo “Dinamización da Biblioteca Escolar no
Rural” constituído por todos os compoñentes do equipo de biblioteca, unha serie de
actividades e programas para desenvolver a competencia no tratamento da información e a
competencia dixital. Realizáronse actividades de exposición, tanto oral como en distintos
soportes escritos, cos traballos realizados polo alumnado, e, en colaboración co ENDL
fomentouse a escrita de narracións por parte do alumnado do colexio mediante concursos e
obradoiros.
O Blog da biblioteca, e os recursos dixitais en xeral, foron actualizados con regularidade, e
fóronse dotando de contidos. Con todo esperamos avanzar moito máis neste campo,
tentando unha maior implicación do alumnado no mantemento, na consulta e cos
comentarios ás novas anotacións. Tentaremos durante o verán e no vindeiro curso actualizar
a nova web do centro.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
5
Os obxectivos propostos, en xeral, redundaron na consolidación das competencias básicas e
na compensación das diferenzas sociais.
Puntualizacións:
Non se cumpriu o obxectivo equilibrar a colección en todas as áreas do saber.
Necesitamos aumentar o número de fondos dos grupos 2,3,5,6,7 e 9, xa que este ano
invertemos máis en literatura infantil de primeiros lectores e lectores autónomos.
Só nos subscribimos a unha revista “Ediba, maesta e Primaria” e ao xornal “La Voz
de Galicia “por falta de propostas dos mestres/as neste sentido e por esgotalo
presuposto.
Non acabamos de rexistrar e catalogar todos os fondos no Meiga, están pendentes os
fondos de prelectores e primeiros lectores do grupo 8 da CDU. Por razóns técnicas
non empezamos ata marzo coa súa catalogación. No 1º trimestre do curso 2010/2011
temos pensado rematar a catalogación.
Faltan por centralizar fondos na biblioteca: os máis destacados son os mapas de
xeografía, historia e ciencias naturais. Os materiais do Departamento de Orientación
tampouco están centralizados, no próximo curso intentaremos incluílos na biblioteca.
Apenas adquirimos fondos audiovisuais por esgotar o presuposto.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
6
2.- Horario real do responsable da biblioteca e do equipo da biblioteca.
O horario de atención da biblioteca:
Luns Martes Mércores Xoves Venres
1 Juan Luis Rivero Patricia
Conde
Juan Luis
Rivero Andrea Marín
2 Isabel García Irene Raña Irene Raña
Recreo 1 dos mestres de garda
3
Comedor 1 dos mestres/as de garda de comedor e 2 alumnos/as auxiliares de biblioteca
4 Patricia Conde Isabel García
5 Patricia Conde
Dadas as necesidades docentes do noso centro, non se puido conseguir un horario completo
con máis horas de dedicación ás tarefas de biblioteca.
Hai que facer constar que o director do centro adicou moitas tardes e incluso fins de semana
a tarefas da biblioteca que non viñan no horario lectivo, nin complementario no centro .
Asemade, algunha das horas dedicadas a tarefas na biblioteca dos coordinadores de ciclo, no
DOC de principios de curso figuran como horas complementarias para tarefas de
coordinación por ser coordinadores, pero que despois na práctica se transformaron en horas
de dedicación á biblioteca, por iso as reflectimos neste horario.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
7
3.- ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS.
Ademais das actividades concretas que se realizaron ao longo do curso e que iremos
describindo a continuación, fíxose dende o equipo de biblioteca un gran esforzo por
conseguir que a biblioteca estivese máis presente nas prácticas docentes e no traballo cotián
do alumnado.
3.1.- De xestión, adecuación e acondicionamento dos espazos
Durante o mes de setembro solicitamos información de todo o profesorado sobre as
necesidades que consideraban prioritarias na adquisición de novos documentos, realizamos
unha enquisa aos profesores sobre o funcionamento da biblioteca e as melloras a
desenvolver. Cos datos obtidos planificamos a primeira compra de materiais para o curso.
Ao longo de todo o ano, atendemos aquelas solicitudes de fondos que nos foron remitidas
desde as titorías ou equipos de ciclo, dentro das nosas posibilidades.
Reformas na biblioteca: Grazas aos fondos recibidos do PLAMBE e aos fondos que puxo o
propio centro ampliamos o espazo destinado a andeis de fondos coa eliminación dos
armarios empotrados e a súa substitución por armarios de andeis para libros.
Outra reforma realizada foi a pintura de paredes. Non completamos a reforma da carpintería
que lle foi solicitada a Consellería no mes de Xaneiro e que tentaremos no vindeiro curso
realiza-la cos nosos recursos ou cos fondos que nos sexan concedidos. Fomos os propios
mestres/as os que nos encargamos de pintar toda a biblioteca. Solicitaremos a Consellería no
vindiero curso ou ao Concello de Laza a dotación de chan de tarima para todo o espazo da
biblioteca e da zona de lectura infantil da biblioteca .
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
8
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
9
Material adquirido. Coa partida destinada a material informático, audiovisual…
adquirimos dous novos ordenadores con acceso a internet mediante WIFI, unha impresora
multifunción e con WIFI de tinta a cor e un lector de código de barras. Ampliamos o
número de postos de acceso a internet cun ordenador que nos concedeu a ANPA O
Castiñeiro logo de llo solicitar e que foi colocado na zona infantil. Para a xestión colocamos
un ordenador do centro ao que lle foi instalado o Meiga. A ese ordenador mercámoslle unha
impresora cos fondos do centro.
Mercamos ademais un Monitor de TV de 32`` e un reproductor DVD. Así contamos
ademais cun reproductor VHS acoplado a este equipo. Fáltanos por mercar para o vindeiro
curso un canon dixital e un equipo de audio.
Mobiliario: Cos cartos recibidos do PLAMBE foron mercadas dúas esanterías móbiles para
libros que foron colocadas na zona infantil, dúas mesas e sillas para colocar os ordenadores
na zona de consulta, mobles expositores para a zona infantil. Tamén unha estantería móbil
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
10
para colocar o novo equipo audiovisual adquirido. Foron reformados 2 armarios empotrados
cos fondos do centro.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
11
Mercamos ademais dúas alfombras de cana de bambú e unha mesiña infantil para colocar
un ordenador doado pola ANPA.
Para o próximo curso intentaremos cambiar as mesas verdes por unhas máis atractivas que
fagan da biblioteca un lugar agradable e que non recorde ás aulas ordinarias e
modernizaremos o mobiliario do espazo de acceso a internet.
Gustaríanos colocar unha zona de lectura informal na entrada do cole onde colocar os
fondos destinados a adultos e unha zona de prensa tamén na entrada do cole para o que lle
solicitaremos a Consellería mobiliario.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
12
Fóronnos doados un sofá de tres prazas e outro dunha que foron colocados na zona infantil e
aos que se lles mercaron fundas con fondos do centro.
Doazóns á Biblioteca: Recibimos 3 doazóns na biblioteca escolar:
1ª DOAZÓN NA BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO
Alá polo mes de decembro recibimos no cole unha doazón de libros e vídeos por parte do
papá de Xaquín, alumno de 2º de Educación Primaria e membro da ANPA O Castiñeiro.
Trátase dunha colección de vídeos e libros: "LOS SECRETOS DE LA NATURALEZA" e
"DESAFÍOS DE LA VIDA". A colección de vídeos está composta de 38
cintas en VHS producidos pola BBC e editados polo "Club Internacional del Libro" no ano
1992 do autor Sir David Attenbourogh.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
13
Aquí vos deixamos a dirección do seu Blog. Moitas grazas "Joaquín".
briflaza.blogspot.com
Os libros, "Los secretos de la naturaleza" 8T de Josefa y Fernando Alonso (Club
Internacional del Libro) son 8 tomos. Cartoné ilustrado editorial. Gran formato 27 x 21 cm.
Unhas 1500 páxinas e moitas fotografías a toda cor. Todos os oito volumes co plástico
orixinal sen desprecintar. Mamíferos 1 e 2. Aves 1 e 2. Animais acuáticos 1 e 2.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
14
Animais anfibios e terrestres 1 e 2. Madrid 1994. Obra interesante para naturalistas,
biólogos, veterinarios e demais afeccionados ao mundo dos animais.
2ª DOAZÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP O CASTIÑEIRO
A asociación de Pais e Nais do CEIP O Castiñeiro de Laza doou no segundo trimestre un
ordenador para a Biblioteca do Cole que se puxo a disposición de tódolos usuarios da
Biblioteca Escolar.
O seu sistema operativo instalado é
o Linux Ubuntu e con software
libre. Quedou colocado na zona
infantil.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
15
A pantalla correu a cargo do Cole.
Características: CPU Ordenador sobremesa caixa MicroATX
- Caixa MicroATX
- Cpu Intel Pentium Dual Core E5700 a 3 Ghz
- Placa base Gigabyte MicroATX Chipset Intel
- Disco Duro 500 Gb SATA2
- Regrabadora DVD-/+RW Dual doble Capa
- Lector de tarjetas todo nun
- Teclado logitech
- Rato optico Logitech
- Altavoces autoamplificados
A este ordenador instalámoslle o sistema operativo Linux Ubuntu 11.04, sistema libre e
gratuíto e con acceso a internet WIFI.
3ª DOAZÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP O CASTIÑEIRO
A Librería Cortes de Verín doou no segundo trimestre unha colección de libros en galego e
castelán. 19 libros para a Biblioteca do Cole que se puxo a disposición de tódolos usuarios
da Biblioteca Escolar.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
16
Zonas de lec tura informal. Dentro do espazo da biblioteca creamos un espazo, grazas a
colaboración do Concello de Laza que nos abríu un acceso a outra aula sin uso, destinado á
lectura para os nenos/as de Ed. Infantil, aínda que tamén é usada polos nenos de 1º ciclo.
Fóra, colocamos unha mesa para as novidades, e para o vindeiro curso aproveitamos o
espazo do corredor que está diante da porta de acceso á biblioteca para crear un recuncho de
lectura informal que fai que cumpre a función de escaparate e atracción.
Espurgo: Aproveitamos os meses de obras (decembro e xaneiro), para realizar un espurgo
dos fondos, fundamentalmente afectou a enciclopedias de escasa actualización e a libros
destinados a nenos máis maiores (lectura xuvenil). Estes documentos espurgados
permanecen nun aula que non se utiliza que fai de arquivo.
CDU: Durante o primeiro trimestre e parte do segundo cambiamos a organización dos
fondos da biblioteca e adaptámola aos criterios da CDU para bibliotecas escolares segundo
as orientacións de Bibliotecas escolares de Galicia. Temos os diferentes grupos do saber
organizados pola “Margarida de cores” para que aos usuarios da mesma lles sexa máis
doado atopar o material que buscan. Na zona de lectura colocamos un gran cartaz coa
margarida de cores que lles serve aos usuarios de guía orientativa para atopar os materiais
que buscan. Todos os andeis foron rotulados con novos e vistosos indicadores.
Nos fondos do grupo 8 de Lingua e Literatura fixemos unha nova clasificación dos fondos
por cores, onde cada cor está destinado a unha clase de lector diferente:
Prelectores. – EDUCACIÓN INFANIL – “LARANXA”
1º lectores. – 1º CICLO DE PRIMARIA – “VERDE”
Lectores autónomos. – 2ºCICLO DE PRIMARIA – “VERMELLO”
Lectores expertos. – 3º CICLO DE PRIMARIA – “AMARELO”
Lectores xuvenís – ADULTOS > 13 ANOS – “AZUL”
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
17
Colocando identificados de cores por parte do profesorado
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
18
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
19
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
20
Margarida de cores: Seguindo as directrices dadas polos responsables de Bibliotecas
escolares de Galicia elaboramos unha margarida de cores no que a cada unha das áreas do
coñecemento se lle adxudica unha cor diferente. Nos respectivos andeis da biblioteca
rotulamos cada área de coñecemento coa súa cor.
Meiga: No mes de xaneiro asistimos todo o equipo de biblioteca a unhas sesións de
información sobre o programa Meiga organizadas polo noso grupo de traballo. Por todo isto,
non empezamos ata o mes de marzo a catalogar e rexistrar o fondos da biblioteca no
programa Meiga. O noso desexo é ter catalogados todos os fondos ao longo do 1º trimestre
do próximo curso.
Demos a coñecer á comunidade educativa a páxina do Opac Meiga da súa biblioteca, así
como amosamos a súa utilidade como buscador dos fondos do noso catálogo e súa gran
versatilidade como buscador de recursos accesíbeis dende ela, aínda que estedebe ser un
contido a prioriar de cara ao vindeiro curso.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
21
Colaboradores/auxiliar de/a biblioteca Os alumnos e alumnas de terceiro ciclo prestan
voluntariamente a súa colaboración nas tarefas de biblioteca: empréstamos; recoller e
ordenar o mobiliario; información aos máis pequenos; mantemento do orde.
Fixéronse quendas con tódolos alumnos/as de Primaria, aínda que foron sempre os de 3º
ciclo os reposables das mesmas.
Mercamos uns petos que foron serigrafiados para que os responsables fosen reoñecidos
mellor.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
22
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
23
3.2.- DE ANIMACIÓN E PROMOCIÓN DA LECTURA:
Mascota da biblioteca: Unha das primeiras actividades que realizamos para dinamizar o
funcionamento da nosa biblioteca foi a convocatoria dun concurso de mascotas entre toda a
comunidade educativa.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
24
Presentáronse traballos de moita calidade o que dificultou a elección do traballo gañador. A
mascota que resultou gañadora foi que realizou NOÉ GONZÁLEZ LOSADA de 2º curso de
Educación Primaria e que se chama DON LECTURÍN.
Os traballos estiveron expostos nun mural na entrada do cole durante dúas se semanas.
Todo o personal do centro votou polo que máis lle gustou que foi o gañador.
Hora de ler: Este ano por vez primeira desenvolveuse no centro un plan de lectura
silenciosa en horario lectivo. Basicamente trátase de coincidir diariamente todo o colexio,
incluídos mestres, na actividade común da lectura. Realizouse os venres pola tarde de 14.30
a 15.15 un espazo de tempo de 30 minutos de lectura exclusiva e de 15 minutos para coller e
deposita-lo libro. Neste tempo o alumnado e o profesorado len libremente o libro da súa
elección. Non se realizan probas sobre estas lecturas xa que están orientadas cara a
adquisición do hábito lector.
Esta actividade ven a completar as outras actividades de lectura propias da aula (lecturas
colectivas, en alta voz, con preguntas sobre comprensión lectora...).
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
25
Durante o 1º trimestre do curso e a segunda metade do 2º deixamos que os alumnos/as
escollesen libremente o espazo físico no que querían estar para ler xa fose dentro do cole ou
no exterior aproveitando os día de bo tempo.
No resto do curso os alumnos/as, sobre todo os de 2º e 3º ciclo colleron libros para a súa
lectura ata o remate pero xa nas aulas.
Visto o éxito da actividade, para o próximo curso temos pensado estendelo a todos os días
da semana. No ANEXO figura o modelo de avaliación que se fixo sobre esta actividade
Resulta unha actividade interesante que agrada moito aos nenos e nenas do colexio, sobre
todo aos de menor idade, e que contribúe a aumentar a confianza en si mesmos, a se integrar
na vida do centro e a consolidar o seu gusto pola lectura.
Barchilas Viaxeiras, punto de lectura: Co fin de promover a lectura, no CEIP
CASTIÑEIRO de Laza puxemos en marcha para o fomento da lectura un proxecto piloto,
dentro do Plan de Mellora da Biblioteca Escolar, en colaboración coas cafeterías e bares de
Laza que consiste en ler libros en cando imos cos papás, mamás, avós, avoas,… a tomar un
descanso a unha cafetería ou bar.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
26
Distintivo que atoparás na entrada do local
Do mesmo xeito que os maiores poden ler o xornal, podemos atopar libros en
galego,castelán ou inglés para que os cativos poidan pasar un bo anaco. Despois volvemos a
colocalo no seu lugar e ata outro día.
Distintivo que atoparás no local
Sempre que vexas o cartel que aparece máis abaixo poderás escoller entre varios títulos para
disfrutar da lectura.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
27
Logo poderás anotar o teu nome no final do libro de rexistro e acadar o carné de lectura de
simpatizante da Biblioteca Escolar do CEIP O Castiñeiro de Laza.
O local rexitra os carnes de simpatizante que se entregan. Non hai norma para netregar
carnes, o propietario entrega o carné segundo a asiduidade do lector/a, como premio.
Busca os puntos de lectura máis próximos e ponte a ler!!!
Taberna do Ardillas (P.Piloto)
……………………………..
……………………………..
A idea é amplialo no 3º trimestre do curso 2010-11 aos seguintes locais.
Bar Descanso do Peregrino
Bar da Picota
Bar de Cimadevila
Bar o Peliqueiro
Etc….
No vindeiro curso tocaríalle aos locais do pobos do Concello de Laza.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
28
O establecemento autorizado conta cun carné de Colaborador que certifica o seu ompromiso.
Para poñer en marcha o proxecto preparamos unhas mochilas, mellor dito,
"BARCHILAS", con diferentes títulos adaptados ás diferentes niveis de Infantil e Primaria.
Cada caixa contén varios títulos moi atractivos para esas idades.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
29
Queredes ver como nos quedaron ao final?
Estes son algúns dos libros que poderedes atopar...
LAS AMBICIONES DE LUCKY
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
30
LOS SOLDADOS
PINOCHO
INCENDIOS FORESTALES (CÓMIC)
VUELO 714 PARA SIDNEY
EL PRÍNCIPE MERCADER, KI-MET Y EL REY, EL ENANO JORABADO
TOPO GIGIO Y EL AUTOMÓVIL
LA BELLA DURMIENTE
A TORRE DO RELOXIO
HASSAN, EL CORDELERO. MARTÍN Y PEPÓN, EL PEQUEÑO JUEZ
LA PEQUEÑA CICINERA
LA CIUDAD PERDIDA
BESTIARIO FANTÁSTICO
MILA EN LA NIEVE
EL VALIENTE SOLDADITO DE PLOMO
EL VIENTO Y EL REY. EL SACRIFICIO DE HIMAYA
CONTRASTES. CADA DÍA APRENDO ALGO
ALMENDRITA
EL LEJANO OESTE
EL FRIJOL MÁGICO
EL NIÑO LLORÓN
LOS TIGRES DE MOMORACEM
EL GARAGE DE LOS ANIMALES
LOA HIJOS DEL CAPITÁN GRANT
EL PUENTE
LA LUUVIA QUE LLOVIÓ POR PRIMERA VEZ
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
31
E aquí tedes as fotografías da cafetería co punto de lectura co que pomos en marcha
esta idea.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
32
Aquí podes ver un plano de Laza
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
33
Os libros que se entregan apúntanse no rexistro da Biblioteca Escolar en papel e apuntaranse
como entregas no programa "Meiga da Biblioteca". O establecemento contará cun carné de
COLABORADOR.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
34
O propietario do local, cando se proceda a renovación, xeralmente cada trimetre anotará as
observacións pertinentes. Logo o equipo da biblioteca tomará as decisións oportunas
segundo estas indicacións para facer unha nova lista e entrega de libros.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
35
Este programa debe renovarse no mes de setembro co comezo do curso escolar.
Préstamo: Durante este ano académico realizáronse préstamos ao alumnado no horario de
do recreo do comedor (13:40 a 14:25) . Primeiro utilizamos un talón de papel que logo foi
substituído polo rexistro no Meiga. Os préstamos tamén foron realizados polos titores
respectivos nas horas de biblioteca do curso.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
36
O día do libro entregámoslles aos alumnos os novos carnets de biblioteca cos que xa poden
facer solicitudes de préstamos de libros no programa Meiga daqueles que están rexistrados e
catalogados.
Cartaces e marcapáxinas: En varias ocasións ao longo do curso os alumnos realizaron
marcapáxinas para as súas lecturas. Tamén foron varios os cartaces que se elaboraron ou
promoveron desde a biblioteca escolar para conmemorar diferentes datas ou para ambientar
a BE.
Letreiro entrada da biblioteca
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
37
Letreiro entrada da zona infantil
No 3º trimetre do curso fixemos un concurso de marcapáxinas entre tódolos alumnos/as para
elexir o marcapáxinas oficial da Biblioteca. Foron todos expostos na entrada da do cole.
Todo o persoal do centro e os alumnos/as votaron.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
38
Exposición de cartaces
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
39
Fomento lectura,Harry potter y la piedra filosofal (en caselán): Desde la Biblioteca
escolar diseñamos una actividad para el fomento de la lectura aprovechando el tirón de un
éxito de ventas tanto en literatura como en cine.
Distintas actividades sobre la película Harry Potter y La Piedra Filosofal, mediante la cual
una vez observada la película se intentan rescatar la capacidad de atención de alumnos,
mejorar la comprensión de las consignas y reconocer algunos aspectos de los personajes.
“PROGRAMA DE LA ACTIVIDAD”
VISIONADO DE LA PELÍCULA
o VIERNES 1ª parte
o LUNES 2ª parte
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
40
ACTIVIDADES JCLIC
o MARTES - INFANTIL Y 2º PRIMARIA
o MIÉRCOLES - 3º, 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
o JUEVES - 5º, 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
41
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
42
http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3152
Una vez realizadas estas actividades esperamos haber despertado el interés por la lectura de
los alumnos/as y se animen a coger el libro en la biblioteca y disfrutar de sus aventuras.
ABRAPALABRA: O martes 16 de novembro, o mago Carlos Coira fixo, en directo, sen
trampa nin cartón, múltiples trucos a través dos que gozar da maxia das palabras, pero,
tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre todo, moi doado.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
43
“Porque, a ver, cantos libros hai no mundo capaces de sosterse de pé?. É o que ten a
maxia, que nos permite facer este tipo de cousas.”
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
44
Todo esto fíxose no salón de actos da Casa do Concello xa que estabamos traballando na
nosa Biblioteca grazas ao plan de mellora.
Esta actividade estivo moi ben, os nenos e nenas pasárono en grande, foi una nova
experiencia, novedosa, relacionar a maxia coa lingua.Cada neno recibíu un agasallo, un libro
con estas actividades.
Esperamos que nos volvan a facer unha visita.
Visita a Biblioteca Municipal de Verín: Nun dos puntos do noso PLAMBE, Plan de
Mellora para a Biblioteca Escolar que comezamos neste curso 2010-11 programaouse unha
visita a unha Biblioteca Pública e dado que no Concello de Laza non hai decidimos visitar a
de Verín.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
45
A visita fixémola o 11 de Maio de 2011, onte puidemos comprobar as melloras que se
fixeron, a súa distribución, a catalogación dos libros, as zona de lectura, a zona infantil e a
zona multimedia que está a espera de melloras.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
46
Tomamos nota do que vimos para porder mellora-la nosa.
Cé Orquestra Pantasma: O 2 de Marzo tivemos unha singular actuación no cole de Laza.
Tratouse de Ce Orquestra pantasma, mais ben dito, o home orquestra. César Frieiría, un
vigués que fixo as delicias dos nenos e nenas do cole coa súa actuación.
Dado que necesitabamos un espazo máis grande co dispoñible na biblioteca decidimos
facelo na pista polideportiva xa que tivemos que colocar un equipo de música e altofalante
profesionales, ademais o cantaautor necesitaba moverse.
Cé, o home orquestra diveríu aos nenos/as con divertidas melodías e cantigas infantís nas
que participaron xogando, cantando e bailando todo o que lles petou.
Ce orquestra
Fixemos unha gravación da acuación e elaboramos un vídeo que está colgado no Blog da
Biblioteca xunto co seu artigo
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
47
“http://bibliotecaceipocastineiro.blogspot.com”
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
48
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
49
Creemos un conto!!!: Durante ao 1º trimestre do curso contamos cunha alumna de maxisterio en
prácticas, Alba Glez. Suárez, que desenrolou a súa actividade na aula de Infantil e 2º de primaria.
Colaborou tamén coas actividades da Biblioteca coa creación dun conto, A FADA MARTA,
conto sobre o Nadal e cunha serie de actividades como secuencias, debuxos, traballo con
plastilina e contaconto. Este traballo foille enviado a universidade.
Lectura e Seguridade: Autoprotéxete con Proteliña: Ovenres 3 de maio tivemos unha
xornada de seguridade e primeiros auxilios cos voluntarios de Protección Civil de Laza e cos
Bombeiros da Comarca de Verín.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
50
Os Bombeiros explicaronlles , nunha actividade na Biblioteca as medidas de seguridade
cunha proxección e coa entraga dos caderniños de “Autoprotéxete con Proteliña” mediante o
cal os alumnos/as aprenderon e disfrutaron coa lectura en forma de cómic.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
51
Lectura e natureza, Día da árbore 2011: O venres 25 de marzo celebramos no cole o Día
da Árbore.
2º Ciclo de Primaria 3º Ciclo de Primaria
1º Ciclo de Primaria
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
52
Mercamos uns castiñeiros nos viveiros de Ecoagro en Castrelo do Val. Preparamos unhas
caixiñas que nos entregou no curso pasado o Distrito Forestal XIV de Verín-Viana xunto
cun cómic "Os nosos bosques, xestionar para o futuro" que os alumnos/as leron despois de
plantar un castiñeiro por ciclo, ao igual que os mestres/as que tamén plantaron outro e que
deben coidar ao longo do curso.
HORA DE LER
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
53
Obras de teatro: Traballamos sobre un par de obriñas de teatro como foron, Indo para o
samáin, que se representou no festival de Nadal e O Ladrón do Nadal quen representamos
no salón de actod do Concello de Laza.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
54
Creamos fichas de teatro sobre a obra Indo para o Samaín que están colgadas no Blog.
Contacontos: Programamos unha sesión de contacontos para o remate do curso. O noso
compañeiro Francisco Guede García, mestre no CEIP Amaro Refoxo de Verín prestouse a
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
55
ter unha sesión de Contacontos na nosa biblioteca. Foi o 25 de Maio e constou de catro
contos:
“http://bibliotecaceipocastineiro.blogspot.com/2011/05/contacontos-fran-guede.html”
UNHA EIRUGA MOI LAPEIRA
A QUE SABE A LÚA
O PITO CAIRO
A CASA DA MOSCA CHOSCA
Nos días seguintes os alumnos/as traballaron as actividades LIM que están na web sobre
estes contos:
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
56
http://actividadeslim.nireblog.com/post/2011/
05/10/a-casa-da-mosca-chosca
http://chiscos.net/almacen/lim/limeiruga1/li
m.swf?libro=limeiruga.lim
http://actividadeslim.nireblog.com/post/2011/
02/20/a-que-sabe-a-lua
Elaboramos vídeos co programa Windows Movie Maker sobre a actuación do contacontos
que están colgados no blog xunto cos seus artigos.
Docencia na biblioteca: Todos os cursos tiveron sesións de biblioteca para realizar nela
actividades de carácter curricular ou para renovar os libros da biblioteca de aula, realizar
lecturas colectivas, procuras de información... No vindeiro curso intentaremos ampliar a
presenza dos alumnos na biblioteca para apoiar ao proceso de ensino e aprendizaxe.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
57
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
58
O Soldadiño de chumbo. Este ano no entroido decidimos traballar o conto de “O soldadiño
de chumbo”. Durante toda a semana se traballou o conto, en diferentes versións, en todos os
ciclos e etapas. Na véspera do xoves de comadres de entroido proxectámoslle aos alumnos
unhas diapositivas con música baixiña coas fotos que aparecen no libro sobre a adaptación
que fixo a Editorial Galaxia. Ao mesmo tempo as 3 alumnas de 6º de Primaria ían lendo a
medida que pasaban as diapositivas. Logo para facer áinda máis interesante a proxectamos a
película.
A semana seguinte e ao vir do entroido traballamos no programa JClic a actividade sobre o
soldadiño de chumbo. Así mesmo tiveron que completar un resumo sobre aa actividade.
Día das Letras Galegas
Mural sobre a vida e obra de Lois Pereiro e Pop Art. Realización dun gran mural sobre a
vida e obra de Lois Pereiro cos mural que nosenviou a Consellería e que servise de
información para toda a comunidade educativa.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
59
Dito mural foi colocado no 1º andar ao centro, facilitando así a lectura e contemplación do
mesmo a todos os visitantes do noso colexio.
Os alumnos/as elaboraron un mural POP ART cos rostro de Lois Pereiro
Invetiga, quen é Lois Pereiro?. Antes das letras galegas gravamos aos alumnos/as en vídeo
e por parexas con cuestións sobre Lois Pereiro, vida, obra, etc.. Deuselles uns cadernos que
nos enviaron dende Bibliotecas Escolares e nos que debían investigar na Biblioteca sobre o
autor, xa fase en material bibliográfico, en internet ou en publicacións que nos remitiron
dende a Consellería e na que deberían ir facendo as anotacións que considerasen oportunas.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
60
Ao remate da semana das letras galegas volvemos a gravalos e so resultado xa foi ben
distinto e positivo aínda que observamos que aos alumnos/as lles custa porse diante das
cámaras.
Co resultado elaboramos un video que está colgado no Blog da Biblioteca.
Antes das letras galegas gravamos aos alumnos/as en vídeo e por parexas
IV Romaría Popular das Letras Galegas. As alumnas de 6º de primaria acudiron o 25 de
maio, convidadas ao IES Castro de Baroncelli de Verín onde asistiron a romería popular que
celebran no centro. Dentro das celebracións una das actividades foi un festival con obras de
teatro, recital de poesías, etc.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
61
Semana da prensa. Durante a semana da prensa, do 8 ao 12 de marzo, traballouse con
xornais, tanto en formato impreso como dixital, en todos os ciclos e etapas.
Aproveitamos esta datas para ver o potencial que ten a web e comprobar como podemos
estar informados do que pasa en calquera recuncho do mundo sen saír da nosa biblioteca.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
62
Os alumnos de 2º ciclo eleboraron un xornal ,buscaron e redactaron novas, fixeron pés de
imaxe, e analizazon as diferentes seccións que ten un xornal de tirada local.
3.3 De competencia en información: formación de usuarios, educación documental.
Formación de usuarios: Unha vez que se remataron as obras na biblioteca tivemos unha
sesión para explicarlle aos mestres a nova organización dos fondos (segundo a CDU e a
margarida de cores), as normas, o horario, os servizos… Como complemento a esta
información facilitámoslle o tríptico de información de normas e uso da biblioteca. Estas
sesións de información repetímolas co alumnado, por ciclos, co seu titor presente realizando
unha visita guiada ao espazo da biblioteca despois da súa inauguración. Aos alumnos de
Educación Primaria tamén lle facilitamos o tríptico informativo.
Asesoramento bibliográfico: Como todo o claustro pertence ao equipo de biblioteca, foinos
fácil asesorar a todos os mestres que o solicitaron na axuda de busca de información para o
traballo con documentos educativos para o seu posterior uso nas aulas.
Destacamos os seguintes: UD sobre o Samaín; UD sobre Lois Pereiro ; UD sobre o magosto;
e UD sobre o entroido.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
63
Tamén elaboramos unha compilación de materiais dispoñibles en internet para traballar o
O samaín e está dispoñibles no blog.
Recreo do comedor: Na hora do recreo do comedor (13:40 a 14:25) a biblioteca
permaneceu aberta para aqueles alumnos que querían ler, navegar por internet, xogar a
xogos educativos ou mesmo para facer as tarefas de clase. Esta actividade tivo moito éxito
de participación, sobre todo os días de chuvia. Un mestre e os alumnos
colaboradores/auxiares de biblioteca encargabanse de que todo estivese en orde.
Acceso á internet: Dispuxemos de tres ordenadores de sobremesa para o uso do alumnado
na biblioteca. Nas primeiras semanas de curso, coordinados co equipo TIC realizamos varias
sesións formativas cos alumnos de 2º e 3º ciclo no que se lles facilitou información de cómo
realizar buscas en internet. Temos unha serie de normas establecidas para o uso de
ordenadores na biblioteca, e destacamos a de que non se pode usar para chatear ou entrar en
redes sociais.
Fichas resumo das lecturas: O equipo de biblioteca elaborou fichas de resumo das lecturas
realizadas. Cada etapa ten unha ficha distinta adaptada ao nivel lector dos alumnos. Nun
lugar visible figura a ficha que recolle os libros totais lidos para que eles mesmos comparen
o nº de lecturas realizadas e se motiven a ler máis.
Normas da Biblioteca. Elaboramos un folleto en 8 páxinas sobre as normas da biblioteca,
incluíndo servizos, normas de uso, normas e recomendacións, horarios de apertura, etc.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
64
Guía da Biblioteca. Tamén elaboramos un tríptico falando da biblioteca que usamos
fundamentalmente para información ao profesorado novo no centro e para alumnado de
nova incorporación, co fin de facilitarlles a integración nas actividades do centro.
Guías de Lectura: Na semana previa ás vacacións de Nadal elaboramos conxtamente coa
coordinadora de Verín unha guía de lecturas recomendadas para cada un dos ciclo se etapas
educativas que se imparten no centro. Estamo sa punto de imprimir a guía de lectura que lles
propomos para o verán.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
65
Blog da biblioteca: A comezos de curso creamos un novo blog en Blogger, xa que o outro
que tiñamos non resultaba moi vistoso e atractivo. Intentamos que sexa un instrumento máis
de dinamización da nosa biblioteca. Nel reflectimos todas aquelas novas que nos parecen
interesantes para a nosa comunidade educativa. Para o próximo curso incidiremos en que
funcione como un escaparate da biblioteca, para atraer a novos usuarios.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
66
Na seguinte ligazón pódese acceder ao blog:
http://bibliotecaceipocastineiro.blogspot.com/
Consideramos o Blog un dos eixes fundamentais da nosa biblioteca xa que nel non sso se
expón o noso traballo senón que os alumnos/as poden traballar nel colocando resumes de
libros, exposicións temáticas, novidades, etc.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
67
4.- GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
Valoramos positivamente a implicación de toda a comunidade educativa no
desenvolvemento do proxecto de biblioteca:.
Direción:
o A dirección está moi implicada no proxecto de biblioteca, de feito o director
pertence ao equipo de biblioteca e participou activamente no Grupo de
Traballo que realizamos no centro.
o A biblioteca ten asignada unha dotación económica do presuposto anual para
gastos de funcionamento (uns 600 euros) que unidos á achega do PLAMBE
permitiron un cambio substancial no papel que está a desenvolver.
o A pesar da boa disposición da dirección cara a biblioteca, non foi posible
cubrir ao 100% a atención da biblioteca en horario lectivo debido a que
somos un centro moi pequeno con moi pouco persoal dispoñible ( 6 mestres,
dos cales 2 son itinerantes).
Alumnado:
o O alumnado do centro participou activamente en todas as actividades
propostas, incluso naquelas que tiñan un carácter voluntario. Desde que
ampliamos o espazo destinado á biblioteca e dende que o reformamos os
alumnos acoden en maior cantidade e frecuencia de xeito voluntario.
Profesorado:
o Todo o profesorado está implicado no proxecto de biblioteca, participando
naquelas actividades que se promovían desde o equipo de biblioteca ou
solicitando asesoramento para a realización de traballos de aula ou unidades
didácticas.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
68
o Por outro lado, ao estar todo o claustro implicado no equipo de biblioteca e
Grupo de Traballo, a maioría dos mestres aporta as súas suxestións para a
mellora das actividades, involúcrase na súa preparación, motiva ao seu
alumnado para que tomen parte nas propostas de traballo e pide orientacións
bibliográficas para o seu traballo na aula.
Familias.
o No tocante á implicación das familias temos que facer constar que ao ser o
primeiro ano no PLAMBE, e ao non dispor da biblioteca a pleno
funcionamento ata o mes de febreiro, apenas se programaron actividades
específicas para as familias. Non obstante naquelas que se solicitou a súa
participación ( lecturas compartidas cos seus fillas, asistencia ás obras de
teatro…) participaron de xeito masivo. Teremos que tentar atopar canles para
a participación das familias e ampliar o área de influencia da biblioteca ao
entorno do centro, tendo en conta que somos a única biblioteca non privada
que funciona no Concello.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
69
5.- GRADO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS
PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO
CURRÍCULO.
No noso centro seguimos as pautas marcadas na LOE para integrar a biblioteca no centro
educativo e no currículo. Por iso temos moi claro que a biblioteca escolar debe contribuír a
fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e outros recursos para o
aprendizaxe das demais áreas e materias e que poda formarse no uso crítico dos mesmos. En
definitiva, apostamos polo funcionamento da biblioteca como recurso didáctico e non como
un almacén de libros.
Desde o momento en que decidimos centralizar todos os fondos documentais no espazo da
biblioteca estamos facilitando o acceso á información e a súa utilización, e non só ás áreas
de lingua, senón que o resto das áreas tamén se ven favorecidas.
Entendemos que a biblioteca non só ten que estar presente no currículo, tamén ten que
aparecer regulada a súa estrutura e funcionamento no PXA e no Proxecto Educativo do
centro.
Para poder levar a cabo isto fíxose necesario actualizar os fondos e organizalos
axeitadamente atendendo á CDU. Faise imprescindible que se regule desde a
Administración, por medio dos novos ROC, a dedicación de persoal docente especializado
para que o bo funcionamento da mesma non dependa da boa vontade e disposición dos
mestres e claustros.
Grazas a que o profesorado é novo no centro, e aínda non adquiriu vicios profesionais,
fíxose doado o sensibilizalos para este novo cambio de metodoloxía, aínda que nos queda
moito camiño por percorrer.
A biblioteca e as actividades que se promoven desde ela xogan un papel moi importante na
adquisición das competencias, e non só das relacionadas coa lectura e a escritura.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
70
As competencias no tratamento da información e competencia dixital ou a competencia para
aprender a aprender, foron traballadas dun xeito cotián na biblioteca en moitas das
actividades propostas: webquest; procuras de información; uso de internet; traballos de
investigación…
A biblioteca axuda aos alumnos e alumnas a desenvolver destrezas de aprendizaxe de
carácter vitalicio, así como a súa imaxinación e lles axuda a ser responsables.
A verdade é que non é fácil conseguir que a biblioteca cumpra coa función educativa e que
estea perfectamente integrada na vida académica como nos propuxemos ao inicio deste
proxecto, pero a valoración que facemos deste “primeiro asalto” é moi positiva… quédanos
a satisfacción de que estamos moito mellor que hai un ano.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
71
6.- ACTIVIDADES DE FORMACIÓN
A actividade central de formación do equipo de biblioteca foi a creación dun Grupo de
Traballo no que participamos todos os membros do equipo e unnha mestra itinerante.
O título do Grupo foi “Dinamizando a biblioteca escolar no rural”. O noso traballo estivo
dirixido a organizar e realizar actividades para dinamizar o funcionamento da biblioteca e
foi coordinado pola mestra Irene Raña Amido
O responsable da biblioteca participou nos Encontros do PLAMBE 2009/2010 realizadas en
Santiago o 07 e 08 de abril de 2011.
Grupo de Traballo. O equipo de biblioteca creou un curso de traballo, Dinamización da
Biblioteca Escolar no Rural” durante o 2º e 3º trimestre do curso ao longo do curso para
dinamizar o funcionamento d a biblioteca.
O grupo de traballo que presentamos nace como froito da avaliación e posterior reflexión
das accións desenvolvidas durante o curso escolar 2009-2010 encamiñadas a poñer a
mellorar o funcionamento a Biblioteca Escolar que ata ese momento estaba sendo utilizada
pero que contaba con escasos recursos. Para iso preparamos nese curso escolar o Plan de
Mellora da Biblioteca Escolar orientado principalmente a dar a coñecer o espazo da
Biblioteca aos nosos alumnos. A experiencia, no seu estado inicial, foi ben acollida por parte
do profesorado, pero sobre todo con gran entusiasmo por parte dos alumnos, que viron con
alegría, como se lles abriría un espazo novo no centro.
Tamén descubrimos que o profesorado, cun traballo ben organizado e con medios é capaz de
entrar en procesos que ata o momento parecían fóra do noso alcance. Concluímos que a
biblioteca podería ser o motor que dinamizara a vida da escola e vinculase a esta coa
contorna, tanto próxima como remota.
Doutra banda, a asistencia a outros proxectos de formación organizados no CEIP,
animounos aínda máis a desenvolver esta nova experiencia.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
72
Os obxectivos propostos durante este curso de 30 horas foron acadados e que foron os
seguintes:
a. Realización dun expurgo.
b. Distribución de espazos
c. Establecemento das normas de uso da Biblioteca e préstamos en sala, así
como o horario.
d. Iniciar a catalogación e o texuelo por medio de códigos específicos.
e. Adquisición de fondos bibliográficos, preferentemente para o nivel de
infantil.
f. Renovación dos fondos bibliográficos.
g. Adquisición dun equipo informático: unidade, monitor, impresora e lector
óptico.
h. Establecemento dun horario para a asistencia dos alumnos á biblioteca por
titorías .
i. Establecemento dun horario de apertura da Biblioteca durante o período de
recreo.
j. Realización da hora de ler.
k. Difundir entre o profesorado documentación sobre animación á lectura e
dinamización de bibliotecas.
l. Coñecer e familiarizarse co uso do programa Meiga de xestión de bibliotecas.
m. Reflexionar e contrastar en grupo a realidade do nivel lector dos alumnos e
intentar buscar solucións ás carencias detectadas.
n. Utilizar as TICS para dinamizar a biblioteca.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
73
Temos pensado para o vindiero curso
colocar toda esta información na páxina
web do centro coa creación do seu curso en
moodle.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
74
7.- MATERIAIS PRODUCIDOS
Como xa se ten comentado noutros apartados desta memoria, foron varias as publicacións e
materiais informáticos elaborados polo persoal do equipo de apoio á biblioteca:
01 - Resumo-Libro-Lectura-Infantil
02 -Resumo-Libro-Lectura-Primaria
03 - Turnos Bibliotecarios-as
04 - Horarios Préstamo
05 - Talóns préstamo (Provosional)
06 - Normas da Biblioteca
07 - Rexistro Barchilas Viaxeiras - Punto de Lectura
08 - Barchilas-Viaxeiras-Punto-de-Lectura-Infantil-Rexistro-Carnes-Simpatizantes
09 -OBSERVACIONS-REXISTRO-BARCHILAS-VIAXEIRAS
10 - FICHA-CONTROL-LIBROS-LIDOS-CEIP-O-CASTINEIRO
11 -FICHA-CONTROL-TOTAL-LIBROS-LIDOS-NUN-ANO-CEIP-O-
CASTINEIRO
12 - Convocatoria concurso marcapáxinas
13 - Punto de Lectura 1
14 - Mapa de Laza
15 - RÓTULOS CDU 2
16- Carné de colaborador
17- Carné de simpatizante
18- CONVOCATORIA CONCURSO PARA ELIXIR A MASCOTA
19 - Doazón ANPA
20 - Doazón JOAQUÍN
21 - FOLLETO LOCALES - PUNTO DE LECTURA CEIP O CASTIÑEIRO
21 - RÓTULOS LECTORES
22 - MARGARIDA DE CORES CDU
23 - Punto de lectura 2
24 - RÓTULOS CDU AMARELO LITERATURA SUB
25 - RÓTULOS CDU
26 - Carné da Biblioteca
27 - LETREIRO BIBLIOTECA 1
28 - DEBUXOS AMBIETE
28 - LOIS PEREIRO POP ART
29 – VÍDEOS
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
75
8.- AVALIACIÓN
O Equipo de Biblioteca reunírase mensualmente co fin de :
Deseñar e organizar actividades.
Avaliar o funcionamento das actividades.
Revisar o grao de cumprimento dos Obxectivos propostos.
A Comisión de Biblioteca do Consello Escolar, reunida trimestralmente:
Analizou necesidades propostas polo equipo de biblioteca.
Realizou propostas de adquisición de fondos e equipamento.
Avaliación inicial. No mes de setembro, partimos das observacións reflectidas no Proxecto
presentado para o PLAMBE e incluímos este proxecto de biblioteca na Programación Xeral
Anual
Avaliación procesual, sobre as actuacións previstas no Plan inicial. Ésta baseouse na
autoavaliación e nela analizamos os aspectos seguintes:
Os obxectivos propostos fórense conseguindo, a pesar de que se demorou un pouco
máis do previsto as obras realizadas.
A metodoloxía empregada foi a axeitada, baseada sempre en actividades motivadoras
e lúdicas. O profesorado amosou unhas actitudes e motivacións positivas.
Comprobamos a idoneidade das propostas desenvolvidas, non tivemos que
abandonar ningunha das tarefas realizadas.
As actuacións formativas realizadas polos membros do equipo de biblioteca foron
acertadas, delas sacamos moitas ideas e experiencias para realizar cos nosos
alumnos.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
76
Os materiais e recursos empregado foron os adecuados para a realización das
actividades. Incidir en que naquelas actividades de busca da información a través de
internet, ás veces, foi un pouco tediosa polo malo acceso que temos á rede.
Temporalización: quizás foi o aspecto que menos se cumpriu dos programados
inicialmente. Esta viuse perxudicada polas obras realizadas no espazo da biblioteca
nos meses de decembro e xaneiro.
Avaliación final:
Progreso do alumnado en relación coa adquisición de hábitos lectores ponse de
manifesto no aumento da presenza de alumnado na biblioteca en tempos de lecer e
no aumento considerable dos préstamos. Estes hábitos incidirán positivamente na
mellora da súa competencia lectora en a mellor ados resultados académicos.
Grao de consecución dos obxectivos propostos é máis que aceptable para ser o
primeiro ano que participamos no PLAMBE, de todos xeitos queda aínda moito
camiño por recorrer.
As actuacións previstas foron realizadas case na súa totalidade. Quedounos por
completar a catalogación no programa Meiga.
Os recursos que nos ofrecía o centro foron aproveitados ao máximo: dispoñibilidade
de horarios, conexións a internet, materiais, orzamentos,…
A coordinación funcionou dentro dos parámetros de normalidade e viuse favorecida
por ser un centro pequeno onde todos os mestres están implicados en co proxecto de
biblioteca.
Grao de implicación:
o Profesorado: estivo moi implicado no desenvolvemento deste proxecto.
Todos os mestres pertencían ao equipo de biblioteca e case todos ao grupo de
traballo. O claustro fixo unha valoración moi positiva deste ano de traballo e
esforzo.
o Alumnado: foi moi receptivo a cantas actividades se lles propuxeron desde a
biblioteca, nalgunhas delas participou o 100%. Os dos cursos más baixos de
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
77
Ed. Primaria foi moito máis doado implicalos. Os de 3º ciclo engancháronse a
esta aventura bibliotecaria grazas a papel que xogaban os colaboradores de
biblioteca no funcionamento do mesmo.
o Resto da comunidade: Este curso apenas se realizaron actividades dirixidas ás
familias, en parte debido ao período de reformas que sufriu o espazo da
biblioteca.
Clima lector do centro: a pesar de que aumentou o uso da biblioteca por parte de
mestres e alumnos, pódese mellorar moito máis neste aspecto e esperamos que así
sexa cada curso.
Actividades de formación: valoramos positivamente as actividades formativas
promovidas polos membros do equipo de biblioteca. Hai que destacar que o
desenvolvemento do grupo de traballo, con mestres do propio centro, nos facilitou
moito a labor dinamizadora e de coordinación do proxecto. Para o próximo curso
volveremos a formar un grupo de traballo. Non nos debemos esquecer da calidade
das Xornadas e Encontros que se organizaron desde a Asesoría de Bibliotecas en
Santiago, pola cualificación da maioría dos relatores e as experiencias que aportaron
aos oíntes.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
78
9.- PREVISIÓN DE FUTURO.
1.- Actuacións en relación coa organización e xestión:
Tras a ampliación da biblioteca e a reestruturación do seu espazo, haberá que traballar e
realizar as reformas necesarias para compatibilizar distintos usos do lugar. Botamos de
menos a posibilidade de realizar distintas actividades simultaneamente, por exemplo o uso
dos audiovisuais coa realización de traballos de investigación, ou mesmo xogos de mesa,
sen que unha interfira na outra. Formulámonos daquela a posibilidade de adquirir uns paneis
móbiles que permitan compartimentar a biblioteca creando lugares idóneos para a práctica
das distintas actividades. Asemade estes paneis poderían servir para a realización de
exposicións temáticas, de traballos do alumnado...
Queremos tamén armonizar a dimensión lúdica na oferta da biblioteca, mediante a
adquisición de máis xogos que desenvolvan capacidades de expresión e que amplíen os
coñecementos do alumnado e que teñan unha dinámica silenciosa compatible con outras
actividades.
Xa neste último ano tivemos unha xestión compartida co alumnado que levou adiante
labores de empréstamo, e queremos ampliala capacitando os/as voluntarios/as na colocación
dos libros nos andeis para o que realizaremos unha formación ad hoc.
Por último sinalar que na medida en que estamos a falar de diversificar a oferta da
biblioteca, unha actividade que queremos potenciar é o conta-contos dos maiores aos máis
cativos. Teremos que adquirir uns banquiños e alfombras onde sentar a oír as historias toda
vez que non puidemos mercalas por falta de presuposto.
2.- En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, coa súa
integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das
competencias básicas do alumnado.
Seguiremos desenvolvendo actividades xa asentadas na nosa biblioteca como a elaboración
de guías de lectura e a creación doutras como exposicións de novidades, edición do boletín
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
79
da biblioteca no que se inserirán recomendacións lectoras, enderezos web de interese para o
alumnado, anuncios de actividades promovidas pola biblioteca...
Crearemos a “Hora dos deberes” durante o recreo do comedor, facilitando a realización das
tarefas de investigación encargadas nas aulas.
Noutro orde de cousas seguiremos a manter vivo o blogue da biblioteca, e teremos que
procurar darlle unha maior vida no tocante a visitas e comentarios. Na avaliación do
proxecto do presente ano comprobamos como o profesorado, aínda valorando en grande
medida os contidos do blogue, non adoitaba visitalo con frecuencia. Necesitamos, agora
máis que nunca, ilusionar ao profesorado nos sitios web da biblioteca, xa que se
conseguimos motivalo a visita do alumnado viría de contado.
Tamén queremos sinalar a boa valoración que fixemos das “Barchilas Viaxeiras”, e dos
obxectivos acadados neste proxecto, polo que de cara ao curso que vén tentaremos mantelo e
melloralo.
3.-Actuacións en relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á
información (educación documental)
Comezaremos coa elaboración de webquests, procuras do tesouro, titoriais para un bo
manexo na rede, Jclics, etc... dentro do noso traballo na Biblioteca, e como apoio que se
ofrece para o traballo de determinadas materias.
Pero é na realización de proxectos documentais integrados onde queremos facer fincapé para
o próximo curso. Sería convinte contar cunha pizarra dixital na biblioteca tamén para que o
profesorado mellore o seu coñecemento e a súa predisposición para levar adiante un
proxecto destas características. Procuraremos xa que logo desenvolver un proxecto deste
tipo tentando implicar ao maior número de mestres.
Continuaremos coas actividades de formación de usuarios presenciais e virtuais, tamén
seguiremos tentando ampliar o número de ordenadores na biblioteca e mellorar as
condicións do seu uso.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
80
Tentaremos crear unha Olimpíada do Saber, propiciando a participación en varios niveis,
podendo incluso chegar a xogar en tres niveis, un por cada ciclo de primaria. Valoramos
como moi positiva a implicación do profesorado do primeiro ciclo, que se converterá deste
xeito nun verdadeiro elemento de aprendizaxe na formación de usuarios.
Por último os axudantes de biblioteca teñen realizado un moi importante labor durante este
curso no tocante á xestión de empréstamos e devolucións, etiquetaxe e selado. De cara ao
curso que vén tentaremos que se impliquen noutras funcións, como a colocación dos libros
nos andeis, actividades de conta-contos cos máis cativos, etc...
4.-Actividades en relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto
lector do centro.
No tocante a este apartado formularemos as mesmas actividades que ata o de agora, xa que
consideramos que teñen dado froitos axeitados ás nosas expectativas, son ben valoradas pola
xeneralidade da nosa comunidade educativa como demostran as taxas de participación e a
valoración nas enquisas de avaliación realizadas. Emporiso trataremos de inserir
modificacións nalgunha delas para corrixir defectos no seu funcionamento.
Programa de lectura silenciosa “Hora de Ler”; este programa que acadouo moi boas
valoracións polo profesorado, que maioritariamente o consideran un bo elemento para
acadar unha mellor competencia lectora. A distribución horaria cambiará e pasará a ser
tódolos días de 14.30 a 15.00, xa que non prexudica ningunha clase en particular.
Tamén tentaremos realizar a activade “Cóntoche un conto?” . Esta actividade, na que
esperamos atrae-lo alumnado no recreo para ler/contar en voz alta un conto o resto do
alumnado.
Conta contos: Estas actividades serán traballadas como todos os anos coa colaboración das
editoriais coas que traballamos no centro.
A Procura do Tesouro: Actividade de enigmas, conta contos, procura de tesouro no patio,
ambientación de espazos da escola...terá carácter primordial a realización desta actividade.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
81
Diploma de lectores: O alumnado leva un sistema de contabilidade dos libros lidos en
empréstamos da biblioteca que, acadado un certo número, fannos acredores dun diploma ao
mellor lector.
Clubs de lectura: Tentaremos por en marcha un club de lectura dirixidos aos cursos de 4º, 5º
e 6º, aínda que se permite a algúns alumnos de 3º especialmente interesado e que o solicitan,
a participación neles.
Por último, e en relación co Proxecto Lector de Centro pensamos que se debe acometer unha
reforma do documento actual no que se inclúan moitas das actividades que foron xurdindo
nos últimos anos, así como introducir as reformas de itinerarios lectores e algunhas
actividades alí recollidas.
Clubs de escritores: Comezaremos a andaina dun club de escritores que porán os traballos
realizados no blogue, revista das letras e no boletín da biblioteca. Non temos dúbida do
grande interese na adquisición da competencia escritora, a máis de contribuír en grande
medida ao desenvolvemento dunha capacidade crítica nas lecturas e á comprensión da súa
estrutura.
A respecto do proxecto lector, adiouse a redacción definitiva de cara o vindeiro curso tendo
xa discutido no Equipo de Biblioteca os novos aspectos a inserir na redacción do documento
e algúns puntos que habería que modificar.
5.- Outras actuacións.
Crearemos unha Guía de Benvida da Biblioteca para o profesorado que chegue novo ao
centro e ao alumnado e as familias que se integren na nosa comunidade educativa.
En canto á nosa presenza na Web, reformarémolo noso sitio, mellorando a páxina de
proxectos, e queremos enchela de de contidos, colgando as nosas publicacións, webquests,
titoriais de uso da rede, proxectos de investigación e de recollida documental, etc...
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
82
No apartado de celebracións o día do libro queremos facer unha actividade no centro do
“Mercadiño de intercambio de libros” e a motivación cara á lectura que supón.
Por último sinalar que durante o curso, e co fin de promocionar o uso da sección de
audiovisuais da Biblioteca, creremos unha sesión de “Cine club” os Venres en horario do
recreo.. A elección destas películas baséase na súa duración reducida, non molestar a outros
usos paralelos da biblioteca.
Xa neste curso a resposta do alumnado foi moi boa, xa que logo se fixeron actividades con
Jclic e impresas.
6.-Criterios e procedementos de avaliación
A avaliación do proxecto será permanente ao longo de todo o proceso, introducíndose as
modificacións que sexan pertinentes co fin de garantir o mellor funcionamento posible de
todas as actividades.
Realizarase unha avaliación inicial nos primeiros días do curso e ao remate do curso escolar
realizarase unha avaliación final mediante unha enquisa realizada a todo o profesorado do
centro, e cos datos obtidos en ámbalas dúas se valorarán as actividades da biblioteca e a súa
repercusión na mellora da eficacia lectora e no coñecemento e implicación nas actividades
promovidas polo PLC.
Se fomentará a participación do alumnado e do resto do profesorado mediante unha caixa de
suxestións, e coa inclusión nas ordes do día das reunións de ciclos de aspectos avaliativos a
respecto do funcionamento da biblioteca.
Por último sinalar algúns indicadores que se terán en conta á hora de valorar o
funcionamento e aceptación da comunidade deste programa de actividades:
1. Número de empréstamos realizados pola biblioteca central ao alumnado.
2. Número de empréstamos realizados polo profesorado (bibliotecas de aula)
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
83
3. Número de alumno/as asistentes aos clubs de lectura e escritura.
4. Porcentaxes de participación na Olimpíada do Saber
5. Aumento da eficacia lectora no alumnado.
6. Calidade dos traballos realizados como froito das tarefas de investigación
7. Número de profesorado implicado nas distintas actividades da biblioteca.
7.- Persoa designada como responsable/dinamizadora da biblioteca escolar.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
84
7.-PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/DINAMIZADORA DA
BIBLIOTECA ESCOLAR. EQUIPO DE APOIO. HORARIO PREVISTO
A persoa designada como responsable da Biblioteca escolar será Irene Raña Amido.
Decidimos cambiar a responsable xa que está a espera de destino definitivo e dentro da
política de rotacións do centro.
Dado que a meirande parte dos membros do equipo de apoio á biblioteca son
profesionais con destino definitivo neste centro, a súa composición tampouco variará moito
e se asegura así unha continuidade no traballo que resulta moi interesante, sen que iso
empece as aportacións que o novo persoal (provisional e interino) poida facer para a
ampliación e mellora da oferta da biblioteca.
En canto ao horario previsto contará con 3 horas de dedicación da responsable e 2
horas por parte de cada mestre/a ao longo da semana que se explicitarán na PXA a comezo
do curso. Dado que hai 3 unidades cada centro disporá de 5 horas exclusivas para uso da
biblioteca e as demais serán de acordo co novo horario. A biblioteca permanecerá aberta
durante os recreos da mañá e mediodía xa que o centro ten xornada partida, estando aberta
unha hora e media a semana pola tarde para que os pais/nais de alumnos/as poidan retirar
libros.
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14 e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
85
En Laza a 7 de xuño de 2010
Vº e Prace
O Director Responsable
Asdo.: Juan Luis Rivero Gallego Asdo: Patricia Conde Cid