Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

20

Transcript of Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Page 1: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Page 2: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

O CEIP. Os Casais súmase á campaña "Tapóns para unha nova vida", unha

iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa

Fundación Seur.

Os obxectivos desta campaña de reciclaxe de tapóns de plástico son:

Axudar nenos e nenas sen recursos a acceder a tratamentos médicos non

reglados no sistema sanitario co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Facilitar a nenos e nenas sen recursos os aparatos ortopédicos que non lles

son otorgados por outros medios.

Animar á toda a sociedade a colaborar mediante a súa actuación a realizar

unha fácil,pero importante, acción social e humanitaria.

Invitar a toda a sociedade mediante a súa participación da facilidade que conle-

va unha reciclaxe sinxela realizando o simple xesto de gardar os tapóns de

plástico en vez de tiralos indiscriminadamente ao contenedor do lixo.

No presente curso, 2013-2014, toda a comunidade educativa de Os Casais,

os nenos e nenas coa colaboración das familias, o profesorado e o personal

non docente, participamos con entusiasmo nesta tarefa, pequeña e grande a un

tempo.

Neste curso os nosos tapóns foron

para Alex.

Gustounos moito a foto que nos en-

viou co mural que nós fixemos para el.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 3: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Este curso 2013/2014 a ONG En-treculturas propón, co seu calenda-rio, facer un repaso da historia da conquista dos dereitos humanos. A única maneira da promover e defender os nosos dereitos e os de tódalas persoas é cumplir cos nosos deberes e facernos responsables. Participar nos asuntos que afectan á familia humana é un dereito e unha responsabilidade. Cada mes está dedicado a un de-reito ou grupo de dereitos, tanto a aqueles que están recollidos na De-claración Universal dos Dereitos Humanos, como na Convención In-ternacional sobre os Dereitos da In-fancia e a Adolescencia. Fan tamén referencia a aqueles dereitos polos que se esforzan na actualidade mi-lleiros de persoas: os chamados de-reitos de terceira xeneración, entre os que están o dereito ao desenvol-vemento, os dereitos vinculados ao medio ambiente e o dereito á paz. Coas súas propostas pretenden

facilitar ideas para xenerar espazos

de participación infantil e xuvenil

orientados ao descubrimento e ao

compromiso cos dereitos humanos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 4: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

O Servicio de Solidariedade SOS África é unha organización huma-nitaria recoñecida polo Estado. Foi fundada no ano 1992 para promover a solidariedade hacia o continente africano. Dende entón traballa incansablemente cos pro-pios afectados para mellorar as condicións de vida da poboación, particularmente dos nenos e as nenas, a través do apadriñamento e os proxectos de desenvolve-mento humano integral no campo da educación, a cultura, a sanida-de, a agricultura e no terreo da promoción e valoración das cultu-ras autóctonas. En Europa pro-move a solidariedade con coñece-mento de causa baseada na vi-sión poritiva da realidade de Áfri-ca, das súas culturas e das súas xentes. No CEIP. Os Casais participa-mos na campaña de recollida de roupa e calzado usados, que ten como fin recaudar fondos para apoiar os proxectos que esta ONG está a desenvolver en Gui-nea Ecuatorial, Sur de Sudán, Se-negal, Etiopía e Angola.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 5: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Durante este curso, igual que fixeron nos anteriores, os alumnos e alumnas do Pri-meiro Ciclo de Educación Primaria participan no blogue REDECMiniverso, de En-treculturas, aportando as súas ideas sobre o coidado do medioambiente, a igualda-de ou a importancia da participación para construir unha cidadanía responsable. No Miniverso hai valores e normas comúns que axudan aos seus habitantes a

convivir mellor. Tratan de coidarse e de ser responsables, porque todas as persoas

son, somos, valiosas. Aunque somos diferentes podemos entendernos e levarnos

moi ben. Cada persoa ten un lugar especial na Cidade Planeta. Todos contamos,

todos aportamos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 6: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

A Cocina Económica de Ferrol é unha Asociación creada o 20 de setembro de 1891, coa finalidade de proporcionar comida, principalmente cociñada, a persoas con escasos recursos. Proporciona a diario un xantar completo e unha cea. Isto faise, tanto no seu comedor, como tamén, a aqueles usuarios que, au-torizados polos Servizos Sociais, lévano para consumo nos seus domicilios. A estes usuarios, tamén se lles proporcionan víveres para os almorzos e as ceas. Coopera con outras asociacións de carácter social, fomentan-do a integración da rede social da nosa comarca. Reciben o apoio de particulares, empresas, asociacións, cen-tros educativos, parroquias e confrarías, sindicatos... A nosa ANPA, Río de Va, consciente do incremento da de-

manda dos servizos da Cocina Económica que se está a produ-

cir nos últimos tempos, organizou unha recollida de alimentos

para os almorzos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 7: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Co obxectivo de reforzar os seus proxectos, Intervida e máis Educación Sin Fronteras uníronse e crearon Educo, unha ONG global de cooperación para o de-senvolvemento que actúa alí onde máis os necesitan. A súa prioridade continúa a ser a infancia e a defensa dos seus dereitos, de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade. Xuntaron as súas experiencias e os seus esforzos co obxectivo de continuar impulsando os proxectos actuais e emprender retos novos.

Esta foi a razón de que no presente curso a nosa amiga Paula se fixera esperar un pouco máis de tempo. Pero agora temos xa todo disposto para organizar os ta-lleres deste ano. O calendario queda como sigue: OBRADOIRO PARA O PROFESORADO: Martes, 3 de decembro. 16:30 - 18:00 h. OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS: Martes, 10 de decembro. 16:30- 18:00 h. OBRADOIROS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Martes, 14 de xaneiro Martes, 25 de marzo Martes, 27 de maio

Neste curso 2013-2014 traballaremos sobre o dereito á participación, porque os ne-

nos e nenas somos quen de participar na sociedade e temos dereito a facelo.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 8: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

De novo foi solicitada a nosa colaboración nunha

campaña de recollida de roupa usada e calzado. En

esta ocasión tratouse de Global Humanitaria, ONG

que traballa dende 1999 na cooperación internacional

e na defensa dos dereitos dos nenos, favorecendo

procesos de desenvolvemento que garantan a igualda-

de de oportunidades das persoas e dos pobos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 9: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Como tódolos anos, no mes de novembro fixemos actividades relacionadas cos Dereitos dos Nenos e Nenas e Adolescentes. Neste curso 2013-2014 centrámonos en tres contidos clave: necesidades, desex-os e dereitos, así como no dereito á participación. Traballamos a diferencia entre as necesidades e os desexos, para descubrir que a cada necesidade correspóndelle un dereito humano. Os obxectivos foron:

Descubrir que hai cousas que necesitamos para medrar e poder ser felices e outras que simplemente desexamos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 10: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Continuamos seguindo (na medida das posibilidades) a proposta de Entrecultu-ras: Cada mes un dereito, cada día unha responsabilidade. Nesta ocasión, mes de decembro, o dereito elixido é o dereito a ter un fogar. Ese fogar que proporciona ás persoas amor e cariño, comprensión, protección, serenidade... Os obxectivos son:

Achegar aos nenos e as nenas a realidade de moitos nenos, nenas e adoles-centes que non disfrutan dun fogar.

Entender o que nos brinda un fogar e por qué é un dereito.

Reflexionar sobre a responsabilidade dos nosos gobernos de facer cumplir este dereito.

Fomentar actitudes de solidariedade e colaboración no noso entorno máis cer-cano para defender o dereito a un fogar en todo o mundo.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 11: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Temos tamén xa preparados os nosos Pasaportes Solidarios, para comple-

tar neles tódalas cousas solidarias ou sobre valores en xeral que vamos fa-

cendo ao longo do curso. Así caeremos na conta de que estamos apren-

dendo a ser, ou máis ben que xa somos, persoas solidarias.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 12: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Cando se achegaba o tempo de escribir a car-

ta aos Reis Magos, como non queremos que

ningunha quede sen resposta, colaboramos co

Concello de Fene nunha recollida de xoguetes.

Page 13: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

A actividade que fixemos neste curso 2013-2014 levou por título Planeta de Paz.

Cada clase fixo o seu propio planeta de paz, confeccionamos un gran mural, recopi-

lamos frases célebres sobre a paz, fixemos pombas, recitamos poesías, proclama-

mos un manifesto, e cantamos a canción Seguiremos, de Macaco, que nos serviu

como lema.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 14: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria participamos na actividade en rede

Conectandomundos, de OXFAM-Intermón. Investigamos moitas cousas sobre a

alimentación, non so da nosa, senón tamén a dun país que nos mesmos elixi-

mos, o Congo. Descubrimos que no mundo hai moita xente que pasa fame.

Tamén tivemos a oportunidade de compartir as nosas experiencias con outros

colexios de moi diferentes sitios. Algúns deles eran de Italia e Portugal. Ao final

fixemos un mural para que todos puideran ver o que traballamos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 15: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

Os nenos e nenas do 3ºCiclo

participaron no 30 Concurso Es-

colar ONCE. Unha parte das ta-

refas que houbo que realizar era

a través da Rede, pero outra

non: cada curso fixo un cartel

para promocionar o Día da Ilu-

sión e cadanseu oncedecálogo

da ilusión. Isto foi o que presen-

tamos ao concurso.

Por segundo ano consecutivo o noso

cole foi o gañador autonómico na súa

categoría.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 16: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Os nenos e as nenas de 5º e 6º fixeron

unha actividade que levou por título

"Mulleres da Auga".

Todos xuntos, despois de facer a activi-

dade mediante o correo electrónico, con-

feccionaron un mural, que colocaron no

corredor, para conmemorar o 8 de marzo.

Page 17: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Este ano o lema da Campaña Mundial pola Educación era Sumemos Capaci-

dades, para reivindicar unha educación inclusiva, que atenda a todas as diver-

sidades por igual.

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), apoiada pola UNESCO, está organizada pola Campaña Mundial pola Educación (CME). A Campaña Mundial pola Educación, fundada en 1999, promove a educación co-mo un dereito humano básico e está impulsada pola convicción de que unha educa-ción de calidade para todos é alcanzable e pola preocupación polo enorme custo social nos países que carecen dela. Reúne organizacións non gobernamentais e sindicatos de educación en máis de cento cincuenta países do mundo, polo que conta cunha capacidade singular de mobilización da sociedade civil. A Semana de Acción Mundial pola Educación, que se organiza anualmente dende 2001, é unha semana de mobilización cidadá, fundamentalmente de nenos, nenas e mozos, que pretende achegar as reivindicacións da Campaña á sociedade en xe-ral e aos responsables políticos de cada país e chamar a súa atención sobre a ne-cesidade de facer real o dereito a unha educación básica de calidade.

Page 18: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

O mes de Abril tivémolo dedicado ao medioambiente. É necesario coidar a Natureza; debemos conservar o noso planeta. E unha das cousas que máis debe-mos coidar é a auga, necesaria para a vida. Por iso, o terceiro ciclo fixo un proxecto sobre a auga e un mural co-operativo onde quedou plasmado o seu traballo e as conclusións ás que chegaron despois de reflexionar sobre este tema.

Page 19: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

Protección Civil organizou unha campaña de recollida de alimentos para o banco de Cáritas de Fene. Pediron a nosa colaboración e, coma sempre , aí esti-

vemos nós e as nosas familias que, solidarias, prestan a

súa axuda e colaboración dende o primeiro día.

Page 20: Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14

PROXECTO Somos quen

CURSO 2013-14

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es

O ano 2013 foi declarado Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga.

Por iso neste curso traballamos esta temática, cun material elaborado polo Con-

sejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Aqualogy, co obxectivo de

reflexionar e concienciarmonos sobre o papel que ten a sociedade (ou sexa, que

temos todas as persoas)para mellorar a calidade e o acceso á auga.

Todo aquelo que investigamos e máis as nosas conclusións quedaron plasma-

das nun gran mural cooperativo que colocamos no corredor.