Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
-
Upload
bibliotecaiespoetaanon -
Category
Documents
-
view
328 -
download
8
description
Transcript of Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
![Page 1: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/1.jpg)
CONCURSO DE MICRORRELATO
S
Textos gañadores e finalistas
IES POETA AÑÓN
Novembro 2011 CO
NTR
A A
VIO
LEN
CIA
DE
X
ÉN
ER
O
![Page 2: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/2.jpg)
TEXTOSGAÑADORES
![Page 3: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/3.jpg)
Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a realidade da vida nas súas fotografías. El é contable nunha pequena empresa. El é capaz de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.
CRISTINA PONCELAS ABEIJÓN 1º PCPI
MICRORRELATO GAÑADOR do 1º CICLO
![Page 4: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/4.jpg)
Un día regaláchesme un sorriso. Logo chegaron os abrazos, as búsquedas entre a xente, as mans nas costas… . Non tardaron en aparecer as miradas que o dicían todo, os silencios eternos as palabras bonitas… os bicos… E si, agora, coas mans ensanguentadas, pregúntome o porqué. O porqué daquel sorriso.SARA MATO GONZÁLEZ 4ºA
UN DÍA REGALÁCHESME UN SORRISO
MICRORRELATO GAÑADOR do 2º CICLO
![Page 5: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/5.jpg)
FINALISTAS
![Page 6: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/6.jpg)
MANUEL RONQUETE FERNÁNDEZ 2ºPCPI
Eu son un home que se sente culpable por non ver que a ían matar. Como veciño vin a súa evolución: comezou insultándoa, logo empurrándoa, ameazándoa e finalmente matándoa.Fun incapaz de comprender a situación.É fácil ver cando e como rematan as cousas pero non nos decatamos cando comezan.
![Page 7: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/7.jpg)
Estaba asustada. O seu marido estaba fóra, seguramente borracho. Tiña medo, non sabía o que facer. Dubidaba, estaba indecisa e non sabía se denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase insegura. Pero cando contou o seu problema sentíase moito mellor.
SIMÓN MATO GONZÁLEZ 2ºB
A DECISIÓN
![Page 8: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/8.jpg)
Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes medo. Hai que loitar moito, e seguir adiante pero quédanche moitas secuelas. Pensar que todos os días por calquera cousa era abuso continuo e tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e contalo. A vida despois parece outra.
AINARA SOUTO FERNÁNDEZ 2ºB
SENTIRSE MALTRATADA
![Page 9: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/9.jpg)
Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu, descontroleime. Odio, egoísmo, medo a perdela, non houbo un día en que ela non sufrise. Ese foi o único e gran fallo na miña vida. Agora non teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de presos salvaxes.
ÁLVARO GARCÍA LAGO 3ºB
![Page 10: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/10.jpg)
Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do que viu … pero o pánico envolveuna de novo. Atopou á súa nai no chan da cociña … Esta vez non choraba, non temblaba, simplemente estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai. ¿Escaparía?Uxía non volveu a ser ela.MARTÍN MANUEL LÓPEZ MÍGUEZ 3º B
![Page 11: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/11.jpg)
-Por que non intentas facer algo?-Teño medo...-Medo? Pero se malla en ti todos os dias?
Mírate!-E se me mata?-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da
túa caixa, mamá!-Deus Santo! Non digas eso!-Chorando e rezando as cousas non
mellorarán...-Xa pero…
ALBA LADO CAAMAÑO 3ºB
![Page 12: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/12.jpg)
Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.
ALBA LADO CAAMAÑO 3ºB
![Page 13: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022050805/557da8a4d8b42a467c8b4985/html5/thumbnails/13.jpg)
AGRADECEMENTOSA todo o alumnado participante.
Aos profesores colaboradores.Aos membros do xurado.
BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES-CURSO 2011-2012