Morfoloxía

7
Lingua e Literatura Galega 3ºeso MORFOLOXÍA ANÁLISE MORFOLÓXICA A palabra é a unidade mínima separable con significado propio. PARTES DA PALABRA. A palabra está composta por unidades menores dotadas de significado, pero non independentes denominadas MORFEMAS (monemas: lexemas ou morfemas). Estes poden ser: LÉXICOS MORFEMAS PREFIXOS GRAMATICAIS DERIVATIVOS ALTERATIVOS SUFIXOS FLEXIVOS CLASIFICACIÓN DAS PALABRAS Segundo o anteriormente exposto, encontramos os seguintes tipos de palabras: A) Monomorfemáticas / Polimorfemáticas. (Segundo o número de morfemas) B) Simples / Compostas. (Segundo posúan unha ou máis raíces). C) Variábeis /Invariábeis. (Flexivas ou non flexivas). (Segundo posúan ou non morfemas flexivos). D) Primitivas / Derivadas ou Parasintéticas. (Segundo posúan ou non morfemas derivativos). E) Aumentativas, diminutivas, desprezativas... (Segundo posúan ou non morfemas alterativos). FORMACIÓN DAS PALABRAS. As linguas teñen a capacidade de crear novas palabras a partir de palabras xa existentes mediante os seguintes procedementos: a) Derivación: consiste na adición dun sufixo (derivación sufixal) ou prefixo (derivación prefixal) a unha RAÍZ (habitualmente con significado léxico, por iso se chama lexema). Segundo a clase de palabra que se produza, distínguense varios tipos de derivación: substantiva, adxectiva, verbal e adverbial. b) Parasíntese: consiste na adición a un mesmo tempo dun sufixo e dun prefixo a unha RAÍZ (habitualmente léxica, por iso se chama lexema). Unha palabra é parasinté-tica sempre que non existan con anterioridade palabras for-madas só pola

Transcript of Morfoloxía

Page 1: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

MORFOLOXÍA ANÁLISE MORFOLÓXICA

A palabra é a unidade mínima separable con signific ado propio. PARTES DA PALABRA. A palabra está composta por unidades menores dotadas de significado, pero non independentes denominadas MORFEMAS (monemas: lexemas ou morfemas). Estes poden ser: LÉXICOS MORFEMAS PREFIXOS GRAMATICAIS DERIVATIVOS ALTERATIVOS SUFIXOS FLEXIVOS CLASIFICACIÓN DAS PALABRAS Segundo o anteriormente exposto, encontramos os seguintes tipos de palabras: A) Monomorfemáticas / Polimorfemáticas. (Segundo o número de morfemas)

B) Simples / Compostas. (Segundo posúan unha ou máis raíces). C) Variábeis /Invariábeis. (Flexivas ou non flexivas). (Segundo posúan ou non

morfemas flexivos). D) Primitivas / Derivadas ou Parasintéticas. (Segundo posúan ou non morfemas

derivativos). E) Aumentativas, diminutivas, desprezativas... (Segundo posúan ou non morfemas alterativos). FORMACIÓN DAS PALABRAS . As linguas teñen a capacidade de crear novas palabras a partir de palabras xa existentes mediante os seguintes procedementos: a) Derivación : consiste na adición dun sufixo (derivación sufixal) ou prefixo (derivación prefixal) a unha RAÍZ (habitualmente con significado léxico, por iso se chama lexema). Segundo a clase de palabra que se produza, distínguense varios tipos de derivación: substantiva, adxectiva, verbal e adverbial. b) Parasíntese : consiste na adición a un mesmo tempo dun sufixo e dun prefixo a unha RAÍZ (habitualmente léxica, por iso se chama lexema). Unha palabra é parasinté-tica sempre que non existan con anterioridade palabras for-madas só pola

Page 2: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

unión de pref. + lexema ou de lexema + suf. c) Composición : consiste na fusión de dúas ou máis raíces (léxicas, por iso reciben o nome de lexemas) con forma e significados propios. As combinacións poden ser moi variadas: - substantivo + substantivo - substantivo + adxectivo - adxectivo + adxectivo - verbo + verbo - verbo + substantivo - adverbio + outro lexema VALORES DALGÚNS DOS PRINCIPAIS SUFIXOS E PREFIXOS:

Prefixos

- Negativos : a (amoral), in (inerme), anti (antinuclear) - Superlativos : extra (extraordiario), super (supersónico), ultra (ultraconxelado) - Numéricos : mono (monoteísta), bi (bimembre), tri (triciclo), tetra (tetrasílabo), penta (pentagrama) pluri (pluriemprego), multi (multidisciplinar) - Movemento : pro (proseguir), retro (retroceder), ex (extraer), intro (introverter), extro (extroverter) - Locativos : ante (antesala), pos (posdata), sobre (sobrepoer), trans (transalpino), sub (subterráneo), co (cohabitar) - Temporais : ante (antediluviano), pos (pospoñer), pre (predicir) - Repetición : re (reiniciar) - Oposición : contra (contraorde)

Sufixos - Acción : ción (abolición), ment (acompañamento), dur (botadura) - Profesionais : eir (porteiro), dor (vendedor), ista (almacenista), ante (comerciante) - Xentilicios : és (vigués), an (ourensán, americano), ense (estradense), in (chantadino), eg (manchego), eir (rianxeiro), í (magrebí) - Locativos : deir (apeadeiro), doir (miradoiro), dor (comedor) eir (leñeira) - Temporais : ad, noitada. í (invernía) - Aumentativos : az (barcaza), ón (durmiñón) - Diminutivos : iñ (neniño), el (cadelo), ech (pequenecho) - Despectivos : ach (riacho), uz (xentuza) - Colectivos : ed (acevedo), id (biduído), eir (silveira), al (piñeiral) - Árbore : eir (pereira) Sufixos derivativos :

- Profesionais: -eir-, -dor-, -ista, -nte - Acción: -ción, -ment-, -dur- - Xentilicios: -és, -an-, -ense, -eir-, -in- - Locativos: -deir-, -doir-, -dor - Colectivos: -ed-, -id-, -al, -eir-, -ad- - Obxecto, recipiente: -eir-, -dor

Sufixos alterativos :

Page 3: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

- Diminutivos: -iñ-, -el-, -ach-, -ech- - Aumentativos: -az-, -ón - Despectivos: -ach-, -uz-

Sufixos flexionais : - Xénero: -o, -a

- Número: -s, -es, -is

EXERCICIOS

1.- Dividir as seguintes palabras nos seus constitu íntes:

INÚTILES PAXARIÑOS MONÓCULO XORDOMUDO XESTAL PARASOLES MIRADOIRO TENDUCHA TRISTURA PERNEIRA CHUCHAMEL NORUEGUESA RAPAZADA PEQUENECHO ANTIDROGA

2.- Clasificar as seguintes palabras en simples, de rivadas, parasintéticas e compostas:

CORTAUÑAS ESFAMEADO AFACER SETEMESIÑO CEMPÉS EMPOBRECIDA GRANDÍSIMOS RAÑACEOS PEQUENIÑAS CARACOL INDEPENDENTE CONTRATAR EMBALAXE PAISAXE FERREIRO EMBARCACIÓN DESORDENAR EMPUÑAR TIRAPEDRAS CASUCHA IRMANDADE

3.- Formar unha palabra parasintética a partir de c ada unha das palabras simples:

XORDO TERRA VELLO PRISIÓN PEOR LÍMITE DEREITO NOITE GROSO BARCO XABÓN DESTRO PADRÓN PORCO SANGUE

4.- Compor palabras a partir das bases cultas dadas :

ANTROPO + CIDA ORTO + PODO CLAUSTRO + NIMO FRATRI + FAGO CINE + FOBIA VERMI + FORME CEFALO + FILO TOPO + PÉDICO

Page 4: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

ODONT + LATRÍA

HEPAT + SCOPIO EGO + TENSO TELE + SÓNICO HIDRO + CIDA PARRI + ALXIA

HIPO + ITE ULTRA + FOBIA 5.- Transformar as frases segundo o modelo exposto:

Un xogador que suple= un xogador suplente

a) A persoa que sobreviviu b) Un metal que reloce c) Unha mercadoría que provén de Rianxo d) A páxina que segue e) unha rapaza que sobresae f) Un guerrilleiro que combate g) O saúdo que convén h) Os que oen a radio

i) Unha persoa que cre é 6.- Indicar os adxectivos derivados dos seguintes s ubstantivos:

ACEDO DOCE ENFERMO MADURO NEGRO SOBRIO CONTRARIO SOLIDARIO REAL ESCURO NOVO FALSO MOZO ANTIGO MIÚDO CONSERVADOR TRISTE LIBRE

7.-Substituír os complementos subliñados por adxect ivos:

a) Aqueles turistas de Italia viñan con moitos aires b) Nunca me gustaron as tunas, e mesmo a de Compostela c) Aquela muller da horta díxome que en realidade era da Mariña d) A xente da urbe é máis propensa a falar castelán e) A maior parte da poboación de Bolivia é seguidora da doutrina de Cristo f) A xente das camadas máis pobres tanto de Perú como de Colombia ten máis

posibilidades de enfermar de cólera g) O poema que tiven que analizar non pertencía á obra de Rosalía senón á de

Pondal h) É un obxecto de culto das civilizacións dos pagáns i) O seu prezo é alto porque se trata dun colar de artesanía l) Aquela tertulia convertérase en costume de cotío m) Eses son hábitos das vilas n) Foi a unha exposición de fotos dunhas marabillosas paisaxes de aldeas

Page 5: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

o) Anda con dificultade porque hai un par de anos rompeu o óso da pelve nun

accidente de circulación 8.- Indicar os sustantivos derivados dos seguintes adxectivos:

NOXO BALOR CINSA SOMBRA MARZO BARRO LAMA FAME MEDO RISO MENTIRA SABOR CALOR RIGOR GOBERNO

9.- Dar un verbo derivado das seguintes palabras:

DEREITO FRACO PODRE CHEO MADURO BOTÓN SINAL MONTÓN RISCO FARIÑA AGUILLÓN CAMA SAL NOME ILLA POBO ORDE SAN GROMO BOIA ROLO FÍO VELLO MOL

10.- Dar un sustantivo derivado dos seguintes verbo s:

PEDIR DESPEDIR PAGAR SUBMINISTRAR INVESTIR INVERTER REXEITAR CESAR PARTIR FINANCIAR DESALOXAR RISCAR ESTREAR RACHAR APUNTAR

11.- Sinalar os sufixos derivativos e alterativos e indicar o seu valor:

PIANISTA PAPELÓN PORTEIRO NOITIÑA AMERICANO VENDEDOR COQUEIRAL ARBOREDA CARBALLEIRA APARCAMENTO APARCADOIRO FRACUCHO BERGANTIÑÁN CUMPRIMENTO EXECUCIÓN

12.- Engadir -eiro ou -eira e comentar o significado que aporta este sufixo á palabra formada:

AZUCRE SILVA COELLO VIDRO RÚA PO LIMÓN TENDA ALFINETE MAR MULLER MENTIRA NÉBOA RISO MOEDA XABÓN ABELÁ RIANXO

CANCIÓN BOMBA TOXO

Page 6: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

13.- Formar o colectivo engadindo o sufixo pertinen te:

FUNCIONARIO CARTEL XESTA REFRÁN POEMA CAMPESIÑO GOL LOUSA ÓSO

14.- Formar o xentilicio engadindo o sufixo pertine nte:

Albania ..................... Alxeria ..................... Angola ................Bosnia ........ Brasil ......................... Canadá ....................China ...................Chipre ............ Congo ........................Costa Rica ...............Dinamarca .............Irak ....................... Irán ...........................Kenya ................. Kuwait ....................Magreb .....................

Marrocos ..................Mónaco ...............Mozambique ...........Nicaragua .................. Noruega ..................Romanía ..................Ucraína ...................Allariz .........

Caldas ..................Caldelas ..................Chantada ................A Guarda Mondoñedo Monforte .............. Navia .................... Negreira

Noia .........................Rianxo .....................Ribeira .....................Tui.............................. Vilagarcía .................Viveiro .....................Xinzo ...........................

15.- Sinala os prefixos e indica o seu valor:

HIPERSENSIBLE ANTEPROXECTO RECAER ISOBARA SUBCUTÁNEO COOPERACIÓN POSPOÑER ANTICLERICAL ARRITMIA HIPOCENTRO EPICENTRO RETROVISOR TRIDIMENSIONAL ATEO RECONDUCIR INMORAL PLURIMEMBRE HIPERCRÍTICO

16.- Compor palabras a partir dos prefixos cultos:

NEO + SENSIBLE AUTO + REGULAMENTARIO

BIO + METRO HIPER + PRAZA MICRO + QUÍMICA PERI + RETRATO MONO + CIRURXÍA

ANTI + NAZI 18.- Relacionar cada prefixo grego co seu signific ado e buscar unha palabra que o presente: FOTO son

XEO tempo CEFAL pobo CRONO terra TOPO auga

Page 7: Morfoloxía

Lingua e Literatura Galega 3ºeso

ETNO cabeza HIDRO luz FONO lugar

19.- Buscar as palabras resultantes das posibles co mbinacións:

A / CON / CONTRA / ENTRE / RE / SOBRE / TR ANS

BATER --------------------------------------------------------------------------------------------------- COLLER -------------------------------------------------------------------------------------------------- DICIR -----------------------------------------------------------------------------------------------------ESCRIBIR ------------------------------------------------------------------------------------------------- PASAR ---------------------------------------------------------------------------------------------------- PORTAR ------------------------------------------------------------------------------------------------- TER ----------------------------------------------------------------------------------------------------- VER -----------------------------------------------------------------------------------------------------