Normas servizo consulta internet
-
Upload
biblioleiras -
Category
Documents
-
view
235 -
download
0
description
Transcript of Normas servizo consulta internet
SERVIZO DE CONSULTA EN INTERNET
A Biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a
Internet para realizar buscas documentais e traballos
académicos.
Para utilizar os ordenadores deberás pedir ao profesorado
responsable que te anote no caderno de rexistro co número de ordenador
correspondente e solicitar un rato.
1. O uso será de carácter individual.
2. No caso de que haxa moita demanda o profesorado de garda limitará o
tempo de utilización de cada usuario a 15 minutos.
3. Está prohibido visitar páxinas con contido inadecuado, ilegal, racista ou
pornográfico.
4. Permítese utilizar o correo electrónico e programas de mensaxería, sempre
que a súa finalidade sexa a procura de información con fins educativos.
5. Permítese baixar documentos sempre que se garden en dispositivos USB.
6. Os documentos non se poden gardar no disco duro dos equipos.
7. Baixo ningunha circunstancia se instalará ou desinstalará o software sen
autorización dun responsable.
8. Non se pode chatear nin xogar nin baixar música ou películas ou facer
gravacións.
9. Utilizaranse os equipos co debido coidado.
10. No caso do incumprimento destas normas, o profesorado de garda na
Biblioteca poderá prohibir o acceso á sala temporal ou permanentemente.