Normas uso ebooks
-
Upload
rebeca-ares -
Category
Documents
-
view
243 -
download
0
description
Transcript of Normas uso ebooks
BIBLIOTECA
IES XESÚS TABOADA CHVITE
http://bibliochivite.blogia.com
Guía e normas de uso
dos e-readers
Algúns dos títulos que podedes atopar...
« Cando levas un ebook en préstamo, ti es o único responsable do
seu uso. Non podes descargar libros nin modificar a configuración
do dispositivo pola túa conta.
« O libro préstase cunha funda e un cargador que che permitirá
cargar a batería cando esta se esgote. Ten especial coidado coa
pantalla!
« Débese devolver o dispositivo e os seus accesorios no mesmo
estado no que se levou.
« Calquera dano no aparato ou fallos de funcionamento que
detectes, deben ser comunicados inmediatamente ao
profesorado de garda na Biblioteca.
Estableceranse sancións polos seguintes motivos:
« Retraso na data de devolución (1 semana de sanción por cada día
de retraso)
« Por alteración da configuración, destrucción, deterioro
irreparable do dispositivo. Neste caso terase que repoñer o
dispositivo por outro igual ou ben aboar os gastos de reparación.
Responsabilidades
Incumprimento das normas
Trátase dun dispositivo que permite cargar e ler libros (chamados ebooks)
nun so clic. Os modelos que poñemos á vosa disposición so o Kindle e o Sony
ambos con pantalla de tinta electrónica que non teñen retroiluminación, o
que proporciona unha sensación de lectura equiparable a ler en papel.
« Calquera membro da comunidade escolar pode levar para casa o
dispositivo, sempre que non teña libros pendentes ou sancións.
« Deberá solicitarse ao profesorado de garda, nos recreos,
cumprimentando un impreso, que deberá ser asinado, antes da entrega
do libro, polo pai/nai/titor legal do menor de idade, aceptando as
normas e o compromiso de reposición no caso de deterioro.
« Cada dispositivo contén uns libros que podedes consultar no listado que
temos na Biblioteca.
« PRAZO DO PRÉSTAMO: 15 días renovables a outros 15 días, sempre
que non haxa lista de espera (pódese reservar)
Que é un e-reader?
Normas de préstamo