O-adxectivo 2º eso

4
O ADXECTIVO 1 FUNCIÓNS DO ADXECTIVO 1.1 Complemento do substantivo Achega unha cualidade ou estado ao substantivo ao que acompaña: Muller fermosa . 1.2 Atributo Vai detrás dos verbos copulativos SER, ESTAR, PARECER ou SEMELLAR. O adxectivo en función de atributo concorda en xº e nº co suxeito da oración. Fernando é parvo . As mozas parecían contentas. 2 CLASES DE ADXECTIVOS 2.1 Especificativos Van sempre detrás do nome e sinalan unha cualidade do susbtantivo que serve para o diferenciar doutros das súas mesmas características: Un automóbil negro. (É dicir, de todos os coches, o negro.) 2.2 Explicativos ou epítetos Van diante ou detrás do nome e a súa función é sinalar unha cualidade inherente do substantivo sen que esta cualidade sexa necesaria para diferencialo. A branca e fría neve encántame Os adxectivos BRANCA e FRÍA non achegan nada novo ao concepto que todos temos da neve, posto que a neve sempre é branca. Se suprimimos o adxectivo branca, a oración dá unha información menor, pero completa. IMPORTANTE: o adxectivo cualificativo concorda sempre co substantivo en xº e en nº. CASAS BRANCAS, VACA TOLA, NENO TRAVESO. Aínda que hai adxectivos cualificativos que son invariábeis en xénero. Polo tanto, non variará esta forma. Home áxil, muller áxil, homes áxiles, mulleres áxiles. - Cando son puramente cualificativos indican formas, cores, dimensións, sentidos ou valores e admiten gradación: redondo, azul, profundo, brando... - Tamén poden sinalar diferentes tipos de relación a partir dos substantivos de orixe: son adxectivos derivados por sufixación e fan referencia a persoas, lugares, relixións, cargos ou oficios, estacións: Grovense (do Grove), mortal (de morte), ministerial (de Ministerio)... 3 OS GRAOS DO ADXECTIVO 3.1 Grao positivo É o adxectivo tal cal aparece, indícase unha cualidade: Uxía é intelixente / O meu curmán é listo. INFERIORIDADE menos + adx. + ca/ que / do que + 2º elemento É menos falangueiro ca / que Xurxo. Ti sempre tes menos cartos ca min. Había moita menos xente do que pensaba. Gusta menos do caldo con repolo que con grelos . IGUALDADE Tan/tanto + adx. +como/coma + 2º elemento É tan falangueiro coma/como Xurxo. Ninguén sabe deste tema tanto coma ti. Fíxeno tan ben como souben. 3.2 Grao comparativo A comparación é un recurso que estabelece unha relación entre dúas ou máis referencias SUPERIORIDADE máis + adx. + ca/ que / do que + 2º elemento É máis falangueiro ca / que Xurxo. Ti sempre tes máis cartos ca min. Había moita máis xente do que pensaba. Gusta máis do caldo con repolo que con grelos.

Transcript of O-adxectivo 2º eso

Page 1: O-adxectivo 2º eso

O ADXECTIVO 1

FUNCIÓNS DO ADXECTIVO

1.1

Complemento do

substantivo

Achega unha cualidade ou estado ao substantivo ao que acompaña:

Muller fermosa .

1.2

Atributo

Vai detrás dos verbos copulativos SER, ESTAR, PARECER ou SEMELLAR . O

adxectivo en función de atributo concorda en xº e nº co suxeito da oración. Fernando é parvo . As mozas parecían contentas.

2

CLASES DE ADXECTIVOS

2.1

Especificativos

Van sempre detrás do nome e sinalan unha cualidade do susbtantivo que serve

para o diferenciar doutros das súas mesmas características: Un automóbil negro . (É dicir, de todos os coches, o negro.)

2.2

Explicativos ou epítetos

Van diante ou detrás do nome e a súa función é sinalar unha cualidade inherente

do substantivo sen que esta cualidade sexa necesaria para diferencialo. A branca e fría neve encántame

Os adxectivos BRANCA e FRÍA non achegan nada novo ao concepto que todos temos da neve, posto que a neve sempre é branca. Se suprimimos o adxectivo

branca , a oración dá unha información menor, pero completa.

IMPORTANTE: o adxectivo cualificativo concorda sempre co substantivo en xº e en nº. CASAS BRANCAS, VACA TOLA, NENO TRAVESO . Aínda que hai adxectivos cualificativos que son invariábeis en xénero. Polo tanto, non variará esta forma.

Home áxil , muller áxil, homes áxiles , mulleres áxiles .

- Cando son puramente cualificativos indican formas, cores, dimensións, sentidos ou valores e admiten gradación: redondo , azul , profundo , brando ...

- Tamén poden sinalar diferentes tipos de relación a partir dos substantivos de orixe: son adxectivos derivados por sufixación e fan referencia a persoas, lugares, relixións, cargos ou oficios, estacións: Grovense (do Grove), mortal (de morte), ministerial (de Ministerio)...

3

OS GRAOS DO ADXECTIVO

3.1

Grao positivo

É o adxectivo tal cal aparece, indícase unha cualidade: Uxía é intelixente / O meu curmán é listo.

INFERIORIDADE menos + adx. +

ca/ que / do que + 2º elemento

É menos falangueiro ca / que Xurxo. Ti sempre tes menos cartos ca min.

Había moita menos xente do que pensaba. Gusta menos do caldo con repolo que con grelos

.

IGUALDADE Tan/tanto + adx.

+como/coma + 2º elemento

É tan falangueiro coma/como Xurxo. Ninguén sabe deste tema tanto coma ti.

Fíxeno tan ben como souben.

3.2

Grao comparativo

A comparación é un recurso que estabelece unha relación entre dúas ou máis referencias

SUPERIORIDADE máis + adx. + ca/ que / do que + 2º

elemento

É máis falangueiro ca / que Xurxo. Ti sempre tes máis cartos ca min.

Había moita máis xente do que pensaba. Gusta máis do caldo con repolo que con grelos.

Page 2: O-adxectivo 2º eso

ABSOLUTO

Non se establece comparación

Fórmase engadindo -ísimo ou -érrimo, ou antepoñendo os adverbios moi e ben ou os prefixos: hiper-, super-, arqui-, reque-, etc.

A lebre é rapídisima . Un deportista celebérrimo . Vai un temporal ben bo .

3.3

Grao superlativo

Atribúese unha cualidade no seu

grao extremo RELATIVO Atribúese o maior grao dunha cualidade no seo dun conxunto

Fórmase coa estrutura o máis ______de___

É o máis espelido da clase

Fomos os máis rápidos da carreira.

Algúns adxectivos presentan unha forma sintética para o comparativo de superioridade e para o superlativo:

adxectivos con formas sintéticas comparativo superlativo bo mellor óptimo

malo peor pésimo grande maior/meirande máximo

pequeno menor mínimo alto superior supremo

baixo inferior ínfimo

CONCORDANCIA ENTRE SUBSTANTIVO E ADXECTIVO

a. Adxectivo e susbtantivo concordan en xº e nº gramaticais: Cravos vermellos (masc. pl.) Planta herbácea (fem. sg.)

b. O adxectivo referido a dous ou máis substantivos vai en plural:

Mar, ceo e paisaxe norteños. Melodía e letra nostáxicas.

c. Adxectivo referido de distinto xénero, toma a terminación masculina:

Vento e chuva racheados. Automóbil e vivenda antigos.

EXERCICIOS 1. Identifica o adxectivo calificativo nas seguintes oracións e indica a que substantivo modifica. Di tamén que

función desenvolve o adxectivo (complemento do substantivo ou atributo):

A casa vella é da miña nai.

A dura pedra serve para forrar fachadas

Sabela é algo tímida.

O mar azul é infinito.

A cadeira nova vai a xogo coa mesa de traballo.

2. Pon cinco exemplos de adxectivo epíteto e cinco de adxectivo especificativo. Escribe unha frase con cada

un deles.

Page 3: O-adxectivo 2º eso

3. Sinala en que grao se encontran os adxectivos das seguintes oracións:

A filla é máis alta có seu fillo. O home é tan parvo coma ela.

O gato é máis intelixente có can. O rapaz é educadísimo

4. Sobre que adxectivo están formados os seguintes superlativos?

Miserrimo

Paupérrimo

Pulquérrimo

Acérrimo

Libérrimo

Celebérrimo

5. Escribe o superlativo relativo e absoluto dos seguintes adxectivos:

Frío

Nobre

Sagrado

Bo

Fiel

Forte

Antigo

Sabio

Débil

6. Indica os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos:

listo

alto

fácil

malo

fiel

amábel

pequeno

tolo

rico

baixo

cruel

sabio

acre

pobre

feo

grande

vello

seguro

frío

cheo

ENCONTRO DO ARTIGO COA CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA

O A OS AS

CA có / ca o cá / ca a cós / ca os cás / ca as

O encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado represéntase das dúas formas posíbeis que

aparecen no cadro anterior.

- có / ca o: O cinema está máis vivo ca o / có teatro.

- cá / ca a: Betanzos é máis pequeno ca a / cá Coruña.

- cós / ca os: Estas lámpadas alumean menos ca os / cós focos halóxenos.

- cás / ca as: Os telegramas chegan ao destino antes ca as / cás cartas.

É importante non confundir as contraccións da partícula ca coas contraccións da preposición con:

- con + o: Atopeime co meu xefe no elevador.

- con + a: Foi coa túa avoa ao mercado.

- con + os: Estiven toda a noite cos teus fillos no xardín.

- con + as: Sempre está xogando coas cadelas da veciña.

Debemos ter en conta que a conxunción ca nunca contrae coa preposición a:

Aprezouna máis a ela ca a ti. Quéreme máis a ti ca a min.

Tampouco contrae cando xa hai unha contracción de preposición + artigo:

Vai de mellor gana ao museo ca ao centro comercial.

Caeulle máis auga á nosa casa ca á deles.

Page 4: O-adxectivo 2º eso

1. Emprega segundo conveña ca, có, cá, cós, cás, co, coa, coa, cos, coas:

- Se tiras _______ cousas quedarás sen elas.

- Por que tiraches _______ martelo? Pensas que é peor ______ teu?

- As leitugas naceron mellor _______ ano pasado.

- Chegou _______ lingua de fóra e _______ xeonllos cheos de magoaduras.

- Os amorodos déronse mellor _______ da última tempada.

- Lois é máis amigo de ir cear os venres ______ Xoán.

- Meu irmán é máis novo _______ miña curmá.

2. Enche os ocos para formar comparacións:

- Sempre foi _______ alta _______ ti.

- Ten _______ libros na súa casa _______ parece.

- Obtivo unhas cualificacións _______ altas _______ el.

- Os textos son _______ fáciles _______ dixo.

- Despois da operación cirúrxica está _______ avellado _______ Breixo.

3. Escribe unha frase con cada un dos seguintes pares de conxuncións:

cá / coa:

co / có:

4. Completade as seguintes frases comparativas, empregando todas as posibilidades:

1. Estaba _____________ preto _____________ eu cría.

2. É _____________ alto _____________ ti, e _____________ _____________ min.

3. Hoxe vai un día _____________ bo _____________ o de onte.

4. Estaban _____________ preparados _____________ nós pensábamos.

5. Come _____________ un boi.

6. Este xornal ten _____________ páxinas ___________ ese.

7. A Encina sempre tivo moitos _____________ cartos _____________ el.

8. O Rubén era _____________ fedello _____________ o seu curmán.

9. O Miguel obtivo resultados _____________ bos _____________ pensaba.

10. O Daniel é case _____________ rico _____________ o veciño.