O ciclo de maio
-
Upload
equipo-de-endl -
Category
Education
-
view
11 -
download
0
description
Transcript of O ciclo de maio
Equipo de Normalización e Dinamización LingüísticaCEP de Ventín
Curso 2002009/10
En Galicia, dado o carácter eminentemente agrario da sociedade tradicional galega, tiveron moita forza as distintas manifestacións do ciclo de maio.
Dise que este ciclo comeza a mediados de Abril e remata a mediados de maio, aínda que hai quen o fai chegar ata San Xoán.Pero…
sabemos cal foi a súa orixe?
cales son as manifestacións que se daban e séguense dando en Galicia?

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Dende a máis remota antigüidade o home ven celebrando a chegada da primavera. Hai autores que defenden que a orixe desta celebración ten os seus antecedentes na Prehistoria, no momento en que o home comeza a traballar a terra e a domesticar aos animais.
O que si é certo, é que foron poucos os pobos antigos que non contaron con algunha destas manifestacións: os gregos coa celebración da deusa Deméter, a nai dos cereais, e, sobre todo os romanos, que durante os meses de abril e maio festexaban divindades relacionadas coa agricultura e a gandería.
É de supoñer que ao longo do tempo estas manifestacións sufrisen diferentes trocos sobre todo pola influencia do cristianismo.
Tendo en conta o exposto anteriormente podemos concluír dicindo que:
1.As manifestacións do ciclo de maio están, en xeral, relacionadas coa fecundidade, sobre todo vexetal, pero tamén animal e mesmo humana (tempo axeitado para o amor).
2.A súa orixe e procedencia son descoñecidas debido a gran cantidade de manifestacións e os lugares tan lonxanos nos que se practicaban.
3.O mesmo sucede coa data de aparición, que pode ir dende a Prehistoria ata a Idade Media ou aínda máis recente.
4.Hai que ter moi en conta o papel decisivo do cristianismo que acabou con unhas e fixo xurdir outras.

En Galicia houbo, e aínda hai, prácticas vencelladas coa agricultura, gandería, mar, co xogo, co amor, e outras consideradas cristiás.
Hai varios tipos de manifestacións:
•Manifestacións agrarias.
•Manifestacións pecuarias.
•Manifestacións mariñeiras.
•Manifestacións lúdicas.
•Manifestacións amorosas.
•Manifestacións cristianizadas.

A súa finalidade é a de favorecer a medra da colleita arredando o mal, xa sexa o que provén do home (meigas) coma dos animais e mesmo dos axentes meteorolóxicos.
Pertencen a este tipo de manifestacións:
•“Alumea-lo pan ou danzas do pan”:
Consiste en percorrer os campos sementados con fachucos de palla prendidos ao mesmo tempo que se recitan cantigas propiciatorias sobre o froito sementado.
Preme aquí para escoitar a cantiga
Alumea o pancada espiga seu toledám*
Alumea o liñocada febra seu cerriño
Alumea o pan cada espiga seu toledám
Alumea o trigocada espiga seu moletiño
* (unidade de medida)
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Outros en vez de andar con fachicos fan fogueiras ou cacharelas, como as da noite de San Xoán. Arredor delas toda a comunidade di as cantigas propiciatorias.
Estas manifestacións celébranse na derradeira noite de abril. É un rito que aínda hoxe se conserva nalgunhas zonas de Serra de Outes, Rois e Negreira. Noutros tempos foi practicada no Barbanza, na bisbarra de A Maía e nas Rías Baixas.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Val da A Maía (Ames e Brión)
•“Poñe-lo ramo” :
Consiste en poñer poliñas nas leiras, durante o traballo ou despois. O máis normal é que sexan de xesta, arbusto considerado na cultura popular como posuidor de propiedades que fan alonxar as influencias maléficas; de aí que se poñan o primeiro de maio nas fiestras e portas das casas, nos apeiros de labranza, nos barcos de pesca,… para que a súa presenza arrede o mal para todo o ano.
•“Bendición dos campos”:
Rociar os campos con auga bendita ou de fontes de recoñecida valía.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
O gando é o protagonista. Actualmente desapareceron todas. Era costume deixar sen atar o gando o día 3 de maio, día da Santa Cruz, ou adornalo con flores ou poñerlle algún sinal.
Nos Ancares (Lugo), a principios de século aínda se adornaban as vacas con flores o primeiro de maio. Tamén este día era o de marcar os años, cabritos, etc para que puideran andar ceibos polo monte.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Son escasas, o primeiro de maio póñense unhas poliñas de xestas nas proas dos barcos en varios portos, en particular nas Rías Baixas.
A este tipo pertencen os barcos de maio de Pontevedra, Marín, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Illa de Arousa, Caldas de Reis,…
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
A súa finalidade é anunciar a eclosión primaveral, e teñen lugar nos días de abril e maio. Os principais protagonistas son nenos e mozotes.
Son as que mellor se conservan e as máis coñecidas popularmente. Poden ter diversas formas:
•“Arcos de flores”:
Facíanse arcos con polas, vimbias, … engalanados con cintas e flores que se colocaban en prazas e camiños. Tamén había o costume de cubrir o chan de certos lugares con flores e follas.
Un caso excepcional pola súa beleza e o seu tamaño é o Maio ou Arco de Tabagón ( O Rosal – Pontevedra) que aínda que conserva o seu nome xa non se fai no mes de maio senón en febreiro
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
•A “árbore de maio”:
Costume xa case desaparecido, uns mozos rouban unha árbore, córtana, límpana, e entre cantigas lévana á praza onde permanece varios días. Aínda se conserva en Laza (Ourense).
Noutras zonas, como a bisbarra da A Maía, era costume cortar tamén unha árbore, pero remataba sendo queimada nun sitio dende onde se ollaba toda a aldea, mentres os veciños repetían cantigas propiciatorias.
Outra modalidade era a de Entrimo (Ourense): da árbore penduran un boneco de palla (“o maio”). Este boneco representaba o “aforcamento” (a fin) do inverno para que entrara o bo tempo.
A “árbore de maio” é coñecida en Alemaña, Francia, Inglaterra, Irlanda
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
•Os “Maios”
Son a expresión máis enxebre. Catro son os tipos de Maios dos que hoxe temos referencia:
Ramos de maio ou Maios-ramos
Maios humanos
Maios figurados
Maias
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Tradicionalmente considerábanse os primeiros días de maio como moi axeitados para o amor e a galantería. Podemos falar de varias expresións:
•Ramos e enramadas:
O mozo entregáballe un ramo de xesta á moza que pretendía: se o ramo era aceptado entendíase que a moza aceptaba que o quería como pretendente. O máis normal era por os ramos nas fiestras, se a relación ía ben póñanse de xestas, se ía mal substituíanse polo toxo.
•Maios amorosos:
Consiste na inclusión de coplas amorosas nas cantigas dos Maios. Son escasos en Galicia.
•Os quintos.
Son cantigas sobre a marcha dos mozos ao servizo militar, cantadas por mozas enfeitadas con flores e portando un ramo.
Algúns Maios nas súas cantigas tamén se refiren a este feito:
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Moitas destas expresións pagás foron asimiladas polo cristianismo, ben porque algúns dos seus elementos fosen comúns coa nova doutrina, ben polo seu fracaso en facelas desaparecer.
•O Santoral: Numerosos santos pasaron a facerse cargo
da protección de cultivos, animais e sementes (San Xurxo, San Marcos,…). A festa da Ascensión converteuse na festa grande que pechaba o ciclo de maio.
•Ramos, cruces e bendicións:Os ritos de protección de sementes e
animais con poliñas e ramallos de xesta ou codeso foron enriquecidos ou substituídos por elementos cristiáns: a auga bendita, a poliña de oliveira.
•As cruces de maio: A celebración do 3 de maio foi mudando en
exaltación da Santa Cruz. A meirande parte das cerimonias e ritos que neste día se realizaban tiñan a cruz como símbolo ineludible que presidía os Maios, prazas e camiños, ou era levado a igrexas e capelas
•Ramos procesionais
•Escenificacións relixiosas
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – CEP de Ventín - Curso 2009/10
Documentación:
•A festa do Maios (Clodio González Pérez)•A festa dos Maios en Compostela (Concello de Santiago de Compostela)•Os Maios (Colectivo Ollo de sapo)
Debuxos: alumnado do CEP de Ventín:•Adriana 2º A•Manuel 3º C•Paula 2º A
Fotografías:•Google imaxes
Música:• Arrolín, arrolán (Manuel Rico)•O Maio (Pablo Quintana)
Realizado por:Equipo de Normalización e Dinamización do CEP de Ventín